o paxaro de lume

16
O paxaro de lume Libros da fonte

Upload: librosdafonte

Post on 26-Jul-2015

1.369 views

Category:

Documents


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: O paxaro de lume

O paxaro de lumeLibros da fonte

Page 2: O paxaro de lume

Música: Igor StravinskyDebuxos: nenas e nenos do Ceip.Fontiñas

Page 3: O paxaro de lume

O príncipe Iván chega ao xardín de Kastchei. Alí xoga ou baila, non se sabe ben, o paxaro de lume entre as maceiras das

mazás de ouro…

Page 4: O paxaro de lume

O príncipe Iván atrapa ao paxaro… logo dun anaco decide ceibalo e o paxaro, agradecido, dálle unha pluma de agasallo.

Page 5: O paxaro de lume

As princesas, unha ducia, bailan no xardín a ronda das doce princesas. Iván, detrás das árbores, coma sempre…

Page 6: O paxaro de lume

Zarevna, a princesa número trece, mira para Iván con ollos grandes. O príncipe, claro, olla tamén a Zarevna…

Page 7: O paxaro de lume

Toca susto que entra Kastchei con fanfarria e ventos de orquestra. A cousa pinta mal.

Page 8: O paxaro de lume

O exército de Kastchei, unha ringleira de príncipes encantados, obedece ao seu señor. E Iván? Onde anda o

príncipe? Agachado tras dunha maceira? Si, pero pensando na pluma do paxaro de lume…

Page 9: O paxaro de lume

Esa pluma que axita e chama polo paxaro.

Page 10: O paxaro de lume

Un canto adormecedor, coma un canto de berce, fai que pouco a pouco todos durman, mesmo Katschei empeza a

soñar… O paxaro aproveita para dicirlle a Iván onde está o ovo que garda todo o poder de Kastchei.

Page 11: O paxaro de lume

O príncipe Iván escacha o ovo e con el, desfai todo o poder de Kastchei. O xardín recupera as cores e príncipes e princesas

saen do feitizo que os tiña presos.

Page 12: O paxaro de lume

Baile final e aplausos para…

Page 13: O paxaro de lume

Kastchei

Page 14: O paxaro de lume

O paxaro de lume e o príncipe Iván

Page 15: O paxaro de lume

As princesas

Page 16: O paxaro de lume

E tamén para os principes, aos que xa non vemos ben porque cae o pano