lecturas a carón do lume

54
PARA LER A CARÓN DO LUME, EN TEMPO DE MORTOS E CASTAÑAS

Upload: susana-losada

Post on 24-May-2015

1.274 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lecturas a carón do lume

• PARA LER A CARÓN DO LUME, EN TEMPO DE MORTOS E CASTAÑAS

Page 2: Lecturas a carón do lume

A NOITE DE SAMAÍN

Pepe Carreiro, Ed. Toxosoutos

O paso dunha estación a outra dáseexactamente na noite que vai do últimodía de outono ao primeiro día de Santos. Anoite de Samaín, ademais de separar oano, confunde o mundo do máis alá conoso mundo terreal. E iso xa é outrahistoria. O terror apodérase dosprotagonistas e vai subindo de tonosegundo son visitados polas distintaspantasmas: Orcabella, a Estadea e mesmoa máis terríbel das fadas.

Page 3: Lecturas a carón do lume

TRASMALLO: O TESOURO DE CARRAXE

• Eles crían que co mapa do tesouro no seu poder non debería ser difícil atopalo, pero ás veces, as cousas máis sinxelas complícanse, e máis co pirata Trasmallo e os seus alumnos polo medio.

• Gochi, ed. Cerditos de Guinea

Page 4: Lecturas a carón do lume

TRASMALLO: A SANTA COMPAÑA

• O pirata retirado Trasmallo montou unha escola no Barbanza para adestrar grumetes. O personaxe naceu nas páxinas da extinta revista Golfiño. Neste seu segundo álbum, Trasmallo e os seus alumnos crúzanse no camiño da Santa Compaña, mesturando acción, humor e aventura con lendas e paisaxes galegas.

• Gochi, ed. Cerditos de Guinea

Page 5: Lecturas a carón do lume

COURTNEY CRUMRIN Y LA ASAMBLEA DE LOS MÍSTICOS

• Courtney acaba de descubrir un novo e fascinante mundo infestado de bruxas e feiticeiros, que lle serve para escapar da súa aburida e mundana existencia. Pero cando unha serie de horribles crimes empecen a sacudir á comunidade de bruxos, darase conta de que a corrupción e o odio non son algo exclusivo dos seres humanos. Só a Asemblea de Místicos parece capaz de acabar co máis horripilante dos trasgos.

• Ted Naifeh, Norma Editorial

Page 6: Lecturas a carón do lume

COURTNEY CRUMRIN EN EL REINO DE CREPÚSCULO

• Terceira entrega da serie de Courtney Crumrim, con novas aventuras da xoven meiga entre o mundo dos humanos e dos criaturas da noite.

• Ted Naifeh, Norma Editorial

Page 7: Lecturas a carón do lume

UN OLLO DE VIDRO

Castelao. Ed. Galaxia

• O conto foi que un día collín o camiño do cimeterio e atopei ó enterrador, e dispois de falarmos moito díxome que tiña de contarme en segredo unha cousa, sempre que eu fose home de ben e amigo leal. Eu fiquei un pouco encorado polo medo á sorpresa descoñecida e, dispois de collerme polo ombreiro e arrechegarme os seus beizos podres á miña orella, díxome paseniñamente:

—¡Atopei uns papeles nunha caixa…! Nunha caixa que non sei de quen sería. O esquelete tiña na calivera un ollo de vidro que me fitaba con senreira.

• A través deste ollo, imos vendo cousas que pasan nos cemiterios e que nos fan rir e pensar.

Page 8: Lecturas a carón do lume

A LUS DO CANDIL• Anxel Fole. Ed. Galaxia

• Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira. Nesta obra descubrimos un mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos... Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura.

Page 9: Lecturas a carón do lume

CONTRA MORTE E AMOR

• Marina Mayoral, ed. Xerais

Os personaxes desta novela nada poden facer contra a morte e o amor, esas forzas poderosas que zarandean as súas vidas, que as unen, que as separan e que as trastornan.Dá igual que vivan nun barrio obreiro que nunha luxosa mansión. O amor vence sempre, e ao final a Morte espera a súa quenda. O único que se pode facer é gozar polo menos do camiño.

Page 10: Lecturas a carón do lume

PAUTO DO DEMOÁnxel Fole. Ed. Galaxia

Esta obra de teatro presenta un episodio situado no marco dos costumes da aldea galega, e trata temas tan tradicionais como os espíritos, a maxia, o demo, as bruxas ou as populares conversas de taberna nas que todos os personaxes comentan os feitos máis importantes do lugar. A linguaxe artificiosa de Don Pancho contrasta coa mentalidade e a expresión dos paisanos, dando paso a unha serie de escenas humorísticas

Page 11: Lecturas a carón do lume

AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE• Álvaro Cunqueiro, ed. Galaxia

• Son as crónicas dos espectros que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias.

• Historias de misterio e crime que se convertiron nun clásico da literatura galega.

Page 12: Lecturas a carón do lume

MEDIANOCHE

• Claudia Gray. Ed. Montena

• Bianca é unha moza que vai vivir cos seus pais a un internado. A pesar de que ao comezo odia este lugar, coñecerá a Lucas, outro estudante do internado e ademais, ao ser os seus pais profesores do mesmo, non lle quedará máis remedio que quedar. Estes dous achéganse máis un ao outro até o punto culminante: descóbrese que Bianca é un vampiro, Lucas, o seu completo antónimo, un cazador de vampiros, e o internado unha tapadeira para instruír alí vampiros que morreron sendo adolescentes.

Page 13: Lecturas a carón do lume

LA MUERTE Y OTRAS SORPRESAS

• Mario Benedetti. Ed. Alfaguara

Nesta obra, composta por dezanove contos, Mario Benedetti trata os grandes temas que afectan á clase media das cidades: a soedade, as dificultades de comunicación, o medo á morte, os deterioros provocados polo paso do tempo...

Page 14: Lecturas a carón do lume

DOS ARQUIVOS DO TRASNO

• Rafael Dieste. Ed.Galaxia

• "O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Esta é unha das sentenzas que no limiar do libro dá Dieste sobre a súa forma de entender o relato. E presenta a continuación contos breves, intensos, de linguaxe estilizada, nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade.

• Que pasaría se o Bieito fose vivo e un dos que levaba a caixa non se atrevese a dicilo? E se o dixese?

Page 15: Lecturas a carón do lume

LA SOMBRA DEL GATO Y OTROS RELATOS DE TERROR

Concha López Narváez. Ed. Alfaguara Juvenil

• Este libro contén catro relatos de terror cuxa acción se sitúa en circunstancias que se prestan ao misterio: casas solitarias no campo, bosques sombríos, illas perdidas, etc. Os protagonistas deixan escapar o mal en lugar de controlalo. Este mal medra e vaise transformando en terror. As historias van sendo cada vez máis intrigantes, e o bo estilo co que están escritas axuda a manter a tensión e o interese. Nesta obra, Concha López Narváez consegue que ao lector se lle corte a respiración.

Page 16: Lecturas a carón do lume

LA MUERTE ACECHA

• Alfred Hitchcock, ed. Pocket Edhasa

• O famoso director de cine A. Hitchcock reúne neste volume narracións de misterio e suspense en torno a morte.

Page 17: Lecturas a carón do lume

CREPÚSCULO

• “Hai tres cousas das que estou completamente segura. Primeira, Edward é un vampiro. Segunda, unha parte del tolea por beber o meu sangue. E terceira, estou total e perdidamente namorada del”.

• Cando Isabella Swan se muda a Forks, pensa que é o máis aburrido que lle podía ocorrer na vida. Pero esta dá un xiro excitante e aterrador unha vez que se atopa co misterioso e seductor Edward Cullen. Até ese momento, Edgard amañouse para manter en segredo a súa identidade vampírica, pero agora ninguén se atopa a salvo, e principalmente Isabella, a persoa a quen máis quere Edward...

Stephenie Meyer. Ed.Alfaguara

Page 18: Lecturas a carón do lume

LUNA NUEVA

Para Bella Swan, hai unha cousa máis importante que a súa propia vida: Edward Cullen. Pero namorarse dun vampiro é máis perigoso do que ela nunca podería imaxinar. Edward xa rescatou a Bella das gadoupas dun diabólico vampiro, mais agora, a medida que a súa arriscada relación ameaza todo o que é próximo e querido para eles, danse conta de que os seus problemas non fan mais que comezar.

Stephenie Meyer. Ed.Alfaguara

Page 19: Lecturas a carón do lume

ECLIPSE

• Mentres Seatle é arrasada por unha estraña oleada de asasinatos, e unha maliciosa vampiresa continúa a súa busca de vinganza, Bella atópase outra vez rodeada de perigo. Vese obrigada a decidir entre o seu amor por Edward ou a súa amizade con Jacob... sabendo que a súa decisión ten o potencial para avivar a centenaria loita entre vampiros e homes lobo. Coa súa graduación aproximándose rapidamente, ten outra decisión máis que tomar: vida ou morte, pero... Cal é cal?.

Stephenie Meyer. Ed. Alfaguara

Page 20: Lecturas a carón do lume

AMANECERStephenie Meyer. Ed. Alfaguara

• Edward e Bella casan nunha gran cerimonia organizada por Alice e pasan a súa lúa de mel na Illa Esme. Bela queda embarazada e o rápido crecemento do feto metade humano metade vampiro afectan a súa saúde e lévana ao bordo da morte. Edward trata de convencela de abortar o bebé para salvar a súa propia vida, pero Bela sente un lazo co seu fillo non-nato e insiste en telo.

Page 21: Lecturas a carón do lume

A LEI DAS ÁNIMAS

A novela comeza cando unha parella volve para a súa casa despois de pasar un día na enigmática e fermosa praia das Catedrais. Entre a néboa, prodúcese un crime violento e estraño que chamará a atención do capitán da Garda Civil Agapito Landín, que decide trasladarse dende Madrid para investigar o caso. Nestas aparecen Nivardo Castro e Carlos Conde, que seguirán o crime cun dobre obxectivo: axudar na investigación e conseguir un bo titular para o xornal. Así comeza unha aventura na que as forzas deste mundo e as do outro se xuntan nunha conxunción misteriosa, enigmática e mesmo perigosa.

• Carlos Reigosa. Ed. Galaxia

Page 22: Lecturas a carón do lume

AS BRUXAS

• Roald Dahl, Ed. Xerais

• Pensades que as bruxas son mulleres que visten de negro, levan grandes sombreiros e voan en vasoiras? Pensades que viven en covas no alto da montaña e pasan o día facendo encantamentos? Pois... Estades equivocados. O protagonista desta novela sabe que, realmente, as bruxas son moi, moi parecidas ás mulleres de verdade... (a todas as mulleres?)

Page 23: Lecturas a carón do lume

VAMPIRO A MI PESAR• Andreu Martín, ed. Anaya

• Un neno chamado Ilya é atacado un día por un home lobo. Á mañá seguinte o seu pai tenta espertalo para que empece coas tarefas de campo de todos os días. Con moita pena dano por morto, e comezan os preparativos do velorio. Pero Ilya non estaba en verdade morto senón que lle deu un ataque de catalepsia. No medio do velorio o neno recupérase do seu malestar o que provoca o pánico de todos os presentes que cren que o ataque do home lobo converteu a Ilya nun vampiro.

• O neno logra fuxir e sálvase así dunha morte segura. Aquí é cando empezan os seus verdadeiros problemas: el cre que é un vampiro, o seu pai tamén, pero non pode converterse nin en morcego nin en lobo e o que é peor, dálle moito noxo o sangue. Que facer?

Page 24: Lecturas a carón do lume

LA PUERTA OSCURA. EL VIAJERO

• Hai dez minutos, Pascal non sabía que estaba completamente namorado.

• Hai cinco minutos, non sabía que a súa vida ía convertirse nunha carreira contrareloxo.

• Hai un minuto, non sabia que a porta escura conducía ao mesmo inferno.

• Agora, no mundo dos mortos, a morte non é a peor das opcións.

• David Lozano, ed. SM

Page 25: Lecturas a carón do lume

CONFESIONES DE UN VAMPIRO• Anne Rice, ed. Timun Mas

• Louis, un antigo propietario de ascendencia francesa desesperado pola morte da súa esposa e fillo, é un vampiro que decide contar a súa historia. Tanto invoca á morte que Lestat, un vampiro que vive dende hai catrocentos anos, acode á súa chamada e convértelle, por medio dunha dentada, nun ser desapiadado e inmortal en contra da súa propia vontade. A súa única alegría será unha nena, Claudia, á que paradoxalmente, salvará da morte mordéndoa. Desde entón, a historia pasa por diferentes estadios: a descrición da familia de vampiros, a fartura de Louis e a súa inconformidade co seu estado actual, a morte da nena rebelde ou o enfrontamento co máis vello dos vampiros, Armand que está namorado de Louis

Page 26: Lecturas a carón do lume

LESTAT, EL VAMPIRO• Anne Rice, ed. Punto de Lectura

• Moi diferente dos vampiros clásicos, aínda que tamén sexa inmortal e se alimente de sangue humano, o vampiro Lestat ten pouco que ver cos mortos: ao contrario, é un personaxe cheo de vida cuxa apaixonante biografía abarca desde o lascivo París do século XVIII á Roma de Augusto e a Bretaña dos druídas; desde o Exipto satánico da prehistoria ao mundo frenético das estrelas do rock... Toda a historia, practicamente, mentres busca o segredo da súa propia inmortalidade.

Page 27: Lecturas a carón do lume

LA VISITA DEL VAMPIRO• César Fdez García, ed. Siruela

• Noite de Halloween. Un morcego cun medallón colgado ao pescozo voa ao redor da casa de Pablo. Pouco despois, a familia recibe a visita dun estraño parente que vén dun país afastado: trae unha estraña caixa repleta de diminutos buracos e leva un medallón semellante ao do morcego. Para Pablo está claro: o seu tío Ernesto é un vampiro... A partir de agora, Pablo e a súa irmá Lida terán que vencer os seus propios medos se queren saber máis achega do inquietante personaxe. A vida esconde misterios, medos, perigos e, se sabes buscar, tamén moita felicidade.

Page 28: Lecturas a carón do lume

LOS VAMPIROS NO CREEN EN FLANAGANS

• Ándreu Martín, ed. Anaya

• Johnny Flanagan, un estudante de dezasete anos que se dedica a resolver casos de misterio no seu tempo libre, decide pasar o fin de ano coa súa noiva e os amigos desta na aldea de Floc, un pequeno pobo dos Pireneos no que hai algúns anos un suposto vampiro deu morte a catro persoas.

• O desexo de pescudar o que ocorreu verdadeiramente na aldea fai que os protagonistas vivan perigosas aventuras no hotel dos Cumes en Floc.

Page 29: Lecturas a carón do lume

EL PEQUEÑO VAMPIRO• Angela Sommer-Bodenburg, ed. Alfaguara

• Saga de novelas que tratan da amizade entre o neno humano Anton e o neno vampiro Rüdiger. Anton vive inquietantes aventuras entre os vampiros, acompañado por Rüdiger, que adoita visitalo aparecendo inesperadamente no alféizar da súa xanela. Unha das dificultades ás que se enfrontan é a de tratar de evitar que os pais de Anton cheguen a decatarse de que Rüdiger é un vampiro.

Page 30: Lecturas a carón do lume

ALMUERZO DE VAMPIROS• Carlos Franz, ed. Alfaguara

• Novela gótica ambientada en Chile en dous espazos temporais: a dictadura de Pinochet e o Chile democrático.

• Nunha cafetería de moda dunha gran cidade, dous antigos alumnos descubren que o seu prfesor de literatura, desaparecido na dictadura trinta anos atrás, aínda está vivo. É posible que o seu profesor esté convertido nun vampiro xa que en palabras do propio autor, moita xente "no pudo evitar dejarse el alma en el camino y se ha convertido sin saberlo en vampiro"

Page 31: Lecturas a carón do lume

GHOSTGIRL• Tonia Hurley, ed. Alfaguara

• Charlotte Usher séntese practicamente invisible ata que un día o é de verdade. Peor aínda: está morta. E todo por culpa dun osiño de goma!

• Pero a morte non impide que Charlotte siga co seu plan. Todo o contrario, vólvese moito máis creativa e fará calquera cousa por conseguir o seu obxectivo: ser popular para seducir ao mozo que

lle gusta.

Page 32: Lecturas a carón do lume

CARTAS DE INVERNO

• Aos amantes das historias de misterio gustaravos este libro. Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre enviado polo seu irmán Xabier desde un lugar Doroña (Vilamaior). No seu interior atopa unha carta e outro sobre fechado. Na carta Xabier indícalle que non abra o sobre e que, en caso de non ter noticias del nunha semana, llo entregue ao Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo. Pero Tareixa non resiste a tentación e abre o sobre. Así atopa as cartas que lle enviara a Xabier o seu amigo o pintor Adrián Louzao nas que lle conta os terribles sucesos que están acontecendo na casa que acaba de mercar.

• Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais

Page 33: Lecturas a carón do lume

AIRE NEGRO

• Tres anos despois de ocorridos os feitos, un ex psiquiatra cóntanos unha experiencia estarrecedora coa súa primeira paciente. Imos coñecendo por el e mais pola voz narradora de Laura Novo a historia da aparición da Gran Besta, un ser monstruoso que habita nunha cova. Con elementos de novela psicolóxica e de misterio, esta historia de amor imposible é unha auténtica viaxe ao corazón das tebras.

• Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais

Page 34: Lecturas a carón do lume

DRÁCULA

• Levada ao cinema en numerosas ocasións, esta novela universal agocha, tras o mito do vampiro, asuntos humanos fundamentais que todas as persoas senten e coñecen. O autor fai confluír en Drácula dúas tradicións: o vampiro literario e o folclórico. O vampiro, esa alma diabólica condenada a vagar eternamente sen repouso, está presente en moitas culturas, porque en todas elas o sangue se percibe como unha forma de enerxía vital.

• Bram Stoker, ed. Anaya

Page 35: Lecturas a carón do lume

FRANKENSTEIN

• O doutor Frankestein ten un soño: crear un ser humano vivo a partir de restos mortais. Axuudado polo seu criado Fritz intérnase durante a noite nos cemiterios da localidade para roubar a materia prima.

• Mary Shelley, ed. Anaya

Page 36: Lecturas a carón do lume

LEYENDAS• Gustavo Adolfo Bécquer, ed.

Espasa-Calpe

• Recompilación de lendas de diversas procedencias, aínda que españolas na súa maioría. Atopamos entre elas algunhas fantasmagóricas, como ‘Maese Pérez el organista’, “El monte de las ánimas”...

Page 37: Lecturas a carón do lume

OTRA VUELTA DE TUERCA

• Unha institutriz chega a unha vella mansión inglesa para encargarse da educación de dous irmáns. Os nenos reciben periodicamente a visita de sus antigos preceptores... Xa falecidos.

• Henry James, ed. Anaya

Page 38: Lecturas a carón do lume

EL GATO NEGRO• Edgar Allan Poe, ed. Anaya

• Once relatos entre os que se atopan algúns dos contos máis célebres de E. A. Poe. Espazos pechados, amores fúnebres, mares tenebrosos, tumbas, cadáveres, sangue e esa típica opresión psicolóxica que procede do extraordinario, é dicir, do que está máis aló dos sentidos, de toda natureza, de calquera lóxica.

Page 39: Lecturas a carón do lume

CUENTOS

• Edgar Allan Poe, ed. Alianza

• O primeiro volume reúne contos de terror e o segundo contos máis fermosos e filosóficos, ambos na magnífica tradución de J. Cortázar.

Page 40: Lecturas a carón do lume

DR. JEKYLL E MR. HYDE

• A novela sitúase na cidade de Londres, no inverno de 1884. Nesta cidade envolta en néboa e frío comenzan a suceder feitos macabros. O señor Utterson, un prestixioso avogado londinense, notario do doutor Jekyll, rele o testamento que deixou o científico: ‘Eu, o firmante Henry Jekyll, desexo que a miña morte todos os meus bens pasen ao meu gran amigo e benefactor Edward Hyde”.

• R.L. Stevenson, Edicións Xerais

Page 41: Lecturas a carón do lume

ANTOLOGIA. LOS MEJORES RELATOS DE TERROR

Varios autores, ed. Alfaguara

• Os mellores relatos de de terror e autores consagrados coma Poe, Gautier, Bierce, Jacobs, Wells, Machen, Quiroga, Lovecraft... Selecionados por M. Molina

Page 42: Lecturas a carón do lume

ANTOLOGÍA DE CUENTOS DE TERROR

• Tres volumes nos que se recollen relatos de A. Machen, A. Blacwood, O. Onions, W. Fernandez Florez, H. Lovecraft, L. De Vega, D. Defoe, D. Sade, E. A. Poe, W. Scott, M. G. Lewis, Ch. Nordier, Ch. Dikens, J. Sheridan Le Fanu, M. Olipfant, P. A. Alarcon, G.A. Becquer

• Varios Autores, ed. Alianza

Page 43: Lecturas a carón do lume

RELATOS DE TERROR

• Relatos de terror reune oito relatos de Lovecraft que mostran como este xenial autor foi o inventor dun novo xénero, o conto materialista de terror, no que utiliza os símbolos que perviven no inconsciente das persoas para espertar eses terrores ancestrais que xacen dentro do noso cerebro. Trátase desa literatura de terror " cósmico " que se dirixe á parte máis profunda do cerebro, dominada polos instintos e emocións que están na orixe do xénero humano.

• H.P. Lovecraft, Edicións Xerais

Page 44: Lecturas a carón do lume

RELATOS FANTÁSTICOS• H.P. Lovecraft, Edicións Xerais

• Este volume reúne seis relatos fantásticos de Lovecraft que, a través dunha atmósfera moi especial, penetran na mente do lector ó longo destas páxinas maxistrais que abalan entre o medo e a fantasía. Aquí están moitos dos seus temas e obsesións: as civilizacións secretas que habitan no fondo do mar, os monumentos ciclópeos que remiten a unha realidade anterior á vida humana sobre a terra, os sucesos que contradín as leis da natureza, os cultos sacrílegos a deuses innomeables...

Page 45: Lecturas a carón do lume

EL CASO DE CHARLES DEXTER WARD

• H.P. Lovecraft, ed. Alianza

• Baseada no coñecido asunto das Bruxas de Salem en 1692 e ambientada na súa Providence natal, o autor relata os estraños eventos que rodean ao protagonista (Charles Dexter Ward) e ao seu misterioso antepasado, o ocultista Joseph Curwen, desaparecido en vésperas da Guerra da Independencia dos Estados Unidos. Excelente combinación de relato policial cos Mitos de Cthulhu cun emocionante duelo máxico como final.

Page 46: Lecturas a carón do lume

LOS MITOS DE CTHULHU

• Ciclo de literatura de terror fantástico , producto dun traballo colectivo de escritores do círculo de H. Ph. Lovecraft.

• Converte o horror gótico de pantasmas e seres inmateriais nun terror material, nunha sorte de terror psicolóxico completamente irracional . Así, as divindades de pobos case desaparecidos resultan ser entidades alieníxenas blasfemas e habitualmente irracionais que loitan e compiten en ciclos de destrución fronte ao home.

• H.P. Lovecraft, ed. Alianza

Page 47: Lecturas a carón do lume

EN LAS MONTAÑAS DE LA LOCURA

• Memoria dun grupo de científicos que narra os seus descubrimentos nunha expedición á Antártida

• Enmarcado no ciclo dos mitos de Cthulhu, describe a historia dos Primordiais dende a súa chegada á Terra, no medio das tebras primigenias, até a súa suposta desaparición. Completan o volume «A Casa Maldita», orixinal reelaboración dun argumento de vampirismo, e «Os soños da Casa da Bruxa».

• H.P. Lovecraft, ed. Alianza

Page 48: Lecturas a carón do lume

EL HORLA Y OTROS CUENTOS FANTÁSTICOS

• Guy de Maupassant, ed. Alianza

• Dezaoito relatos de G. de Maupassanta nos que o misterio, a tolemia, os crimes de escura orixe, o suicidio, o medo e a soidade son os protagonistas. Neles o elemento fantástico introdúces na vida cotiá; é o incognoscible que rolda en torno ao home, pero tamén o reflexo das pantasmas que habitan o seu cerebro.

• Contén obras mestras coma El Horla, A tolemia, o medo e a morte coa Tola, O medo e a man, o tema da guerra franco-prusiana en Nai Sauvage e Mademoiselle Fifí. O Maupassant máis simbolista e poético en Sobre a auga. E relatos mundanos, non exentos de humor, nas irmás Rondoli e O crime do tío Boniface.

Page 49: Lecturas a carón do lume

CUENTOS DE UN SOÑADOR

• Lord Dunsay, ed. Alianza

• Dezaseis relatos breves en torno a tradiciones populares, épica celta e exotismo oriental que nos describen un mundo fantástico cheo de matices e detalles, sen relación con fantasías anteriores. Escritos nunha coidada linguaxe, convértense nos pioneiros da fantasía heroica e tiveron unha influencia decisiva nos primeiros relatos de Lovecraft.

Page 50: Lecturas a carón do lume

LA CASA DE LOS ESPÍRITUS

• Narra a saga familiar dos Trueba, ao longo do século XX.Maxistralmente ambientada nalgún lugar de América Latina, a novela sigue paso a paso o dramático e extravagante destino duns personaxes atrapados nun entorno sorprendente e misterioso. Unha novela de impecable pulso estilístico e aguda lucidez histórica e social.

• Isabel Allende, ed. Plaza y Janés

Page 51: Lecturas a carón do lume

CUMBRES BORRASCOSAS• Emily Brontë, ed. Cátedra

• Heathcliff é un neno abandonado ao que recolle o señor Earnshaw e decide crialo como a un fillo na súa casa, Cumbres Borrascosas. O rapaz deseguido gaña o afecto da filla do dono, Catherine (Cathy) e o odio do irmán maior desta, Hindley. Catherine Earnshaw e Heathcliff desenvolven unha relación de dependencia mutua ao longo da súa vida, desde a infancia até máis aló da morte.

• Unha historia de amor e de vinganza, de odio e tolemia, de vida e de morteao longo de dúas xeracións.

Page 52: Lecturas a carón do lume

JANE EYRE• Charlotte Brontë, ed. Cátedra• A orfa Jane Eyre vive coa súa tía e as súas

curmás. Cando se rebela polo mal trato que recibe, mándana ao internado de Lowood, no que pasa oito anos, os dous últimos como profesora.

• Con dezaoito anos é contratada como institutriz en Thornfield Hall para coidar de Adèle, unha nena que depende do dono da casa, Edward Rochester. As relacións de Jane con Rochester evolucionan cara ao namoramento, pero cando están a punto de casar, descóbrese que Rochester ten unha esposa tola. Jane fuxe.

• Cando está a punto de refacer a súa vida coa familia Rivers, Jane sinte unha imperiosa chamada...

Page 53: Lecturas a carón do lume

ANCHO MAR DE LOS SARGAZOS

• Jean Rhys, ed. Anagrama

• Conta historia de Antoinette Cosway, a primeira señora de Rochester (o enigmático personaxe da novela Jane Eyre de Charlotte Brontë), a esposa tola que viviu encerrada na bufarda de Thornfield Hall e suicidouse no incendio que ela mesma provocara.

• Jane Rhys fai unha versión libre do personaxe esbozado por Ch. Brontë, creando un personaxe feminino desgarrado e apaixoante.

Page 54: Lecturas a carón do lume

• Todos estes libros están agardando por ti na biblioteca do IES de Melide, Ven a velos!!