o meu nome os meus apelidos o meu … san bruno, o fundador da orde dos cartuxos. naceu en colonia e...

7
O MEU NOME OS MEUS APELIDOS O MEU LUGAR DE NACEMENTO BRUNO BARRIO NIEVES 3ºESO B IES LAMAS DE ABADE 7/12/13

Upload: buidien

Post on 16-Dec-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

O MEU NOME OS MEUS APELIDOS O MEU LUGAR DE NACEMENTO

BRUNO BARRIO NIEVES

3ºESO B IES LAMAS DE ABADE

7/12/13

ÍNDICE

1.- O MEU NOME

2.-O MEU PRIMEIRO APELIDO

3.-O MEU SEGUNDO APELIDO

4.-O MEU LUGAR DE NACEMENTO

1

O MEU NOME

O meu nome é Bruno, meus pais chamáronme así porque lles gustaba este nome. Neste nome coinciden varias etimoloxías. Na súa raíz xermana (Brun) significa “de pel escura, arrubiada ou queimada” Pola súa proximidade ao latín pode significar prunja, é dicir, “coiraza”. Metaforicamente representa o lume , a coraxe, o valor da intelixencia. É o que ofrece resplandor e protección, “o aceso”, o que é ardente.

Aínda que este nome tamén existiu en España non estivo moi presente. Nos últimos anos comezouse a popularizar grazas a influencia italiana, país onde é moi frecuente. A difusión deste nome débese ó culto a varios santos. Destaca San Bruno, o fundador da Orde dos Cartuxos. Naceu en Colonia e estudou na escola da catedral de Reims, converteuse en mestre e director de todos os centros da dioceses. Foi chamado polo papa Urbano II para ser o seu conselleiro, aceptou con reticencia, pero o que a el realmente lle gustaba era a vida contemplativa, o silencio absoluto roto só pola pregaria e a misa, foi a isto ó que realmente se dedicou fundando as cartuxas.

Imaxe de San Bruno, Cartuxa de Santa María de Miraflores (Burgos).

2

O MEU PRIMEIRO APELIDO

O meu primeiro apelido é Barrio, este é o meu apelido paterno. O étimo desta palabra é árabe (barri) e significa exterior. Existen moitas liñaxes espalladas polo norte do Estado Español. Segundo comenta a GEG: “este apelido non ten entre si a menor relación de orixe e dependencia porque tomou o seu nome correntemente dos numerosos lugares e vilas que coa designación se reparten profusamente polas provincias de que proceden. En Galiza existen casas solares en Lugo e Ourense." Armas: O Padre Crespo en “Blasóns y Liñaxes de Galicia”: escudo mantelado: 1º e 2º, en campo de ouro, 3 flores de lis de azur, ben ordenadas. O mantel de prata cun león rampante da sua cor natural. Bordo de gules con 4 veneras e 4 aspas, todo de ouro alternando. García Garrafa en “Enciclopedia Heráldica y Genealogica Hispano-Americana”, recolle o mesmo escudo, pero con 8 aspas e 8 veneras que figuran no bordo.

3

O MEU SEGUNDO APELIDO

O meu segundo apelido é Nieves, este é o meu apelido materno. Significa Neve, e ven do latín niveus. O apelido Nieves aparece recollido polo cronista de Armas, Don Vicente de Cárdenas y Vicent, no seu “repertorio de Blasones de la Comunidad Hispánica”, isto significa que o apelido Nieves ten armas oficiais certificadas polo Rei de Armas. Este Repertorio de Blasóns é a maior obra heráldica española. Nela están incluídos os manuscritos da Biblioteca Nacional de Madrid que recolle apelidos, que como Nieves, son españois e moi vinculados a España. En resumen que o apelido Nieves realizou algunha proba de nobreza e fidalguía. Segundo o tratadista Carlos Platero Férnandez o apelido Nieves ten rama nas Illas Canarias. Ao longo do tempo Canarias estivo moi unida a América polo paso das naves ata o novo continente e moitas familias canarias fundaron as cidades de Montevideo e San Antonio de Texas. Sospéitase, polo tanto, que este apelido tamén se instalou en América. No escudo aparece un león de Sinople cunha ferida de Gules no peito.

4

O MEU LUGAR DE NACEMENTO

Eu nacín en Santiago de Compostela.

Durante o século X comezou a consolidarse como un emerxente centro demográfico, administrativo e de intercambio. No XI e no XII, produciuse un importante desenvolvemento urbanístico, no ano 1075 Diego Peláez deu comezo á construción da Catedral. Desde estes séculos ata finais do XVIII a cidade-santuario foi escollida como lugar de residencia da Nobreza e das principais ordes relixiosas, ademais de converterse, con Roma e Xerusalén, no centro de peregrinación máis importante de occidente. A principios do século XVI créase a universidade de Santiago de Compostela, patrocinada polo forte poder eclesiástico. No XVIII a actividade económica inicia un traslado progresivo ata o litoral. Desde esta época ata o século XX as actividades máis importantes de Santiago son a universitaria, a relixiosa e a sanitaria. A partir dos anos 60, grazas ó incremento considerable da poboación estudantil, a cidade comeza a recuperar a súa antiga prosperidade. No 1985 a zona antiga foi elixida pola Unesco Patrimonio da Humanidade. No 1993 o camiño de Santiago tamén foi elixido Patrimonio Cultural da humanidade.

5

BIBLIOGRAFÍA

http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=2&cad=rja&ved=0CDwQ6QUoADAB&url=http%3A%2F%2Fwww.tuparada.com%2Fnombres%2F&ei=stRzUu7HKoyV7AaOwoDoCA&usg=AFQjCNE_O8pPLILn_6Y5nL3rb1akS0_IdQ&bvm=bv.55819444,d.ZGU

www.heraldicapellido.com/B5/Barrio.htm

www.misapellidos.com/significado-de-Nieves-22908.html

es.wikipedia.org/wiki/Santiago_de_Compostela

www.plusesmas.com/genealogia/escudos/37.html

www.misabueso.com/nombres/apellido.php

6