novas formaciÓn / 6 bolsas e axudas / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf ·...

16
20 de xuño de 2016 Revista 1077 1 17 de outubro de 2016 – Revista 1093 EN PORTADA / 2 NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7 PREMIOS E CONCURSOS / 8 NOVAS DE EMPREGO / 9 NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX /15 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Upload: others

Post on 18-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

20 de xuño de 2016 – Revista 1077

1 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

EN PORTADA / 2

NOVAS FORMACIÓN / 6

BOLSAS E AXUDAS / 7

PREMIOS E CONCURSOS / 8

NOVAS DE EMPREGO / 9

NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX /15

17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Page 2: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

2 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

A directora xeral de Xuventude visita o proxecto de Iniciativa Xove Sabor emprendedor, posto en marcha pola asociación Efa Fonteboa de Carballo

Venres, 14 Outubro 2016 07:24

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe en Carballo aos participantes no proxecto Sabor Emprendedor. Unha iniciativa desenvolvida no marco do programa Iniciativa Xove, que permite realizar a compra de produtos agrícolas de maneira áxil e sinxela dende o propio móbil e recollela na porta do establecemento. Isto é posible grazas á aplicación denominada FeiraNaPorta, deseñada polos mozos e mozas que integran a Asociación Efa Fonteboa e que está dispoñible para os terminais con sistema operativo Android. FeiraNaPorta busca a implicación e o interese dos mozos e mozas nos mercados locais ou feiras periódicas aos que acoden os pequenos produtores da zona a vender os seus produtos. Apoiándose nas TICs tratan de contribuír á dinamización e expansión das feiras entre os xóvenes, de xeito que descubran e experimenten unha nova forma de comercio resultado da fusión da feira tradicional e o comercio dixital. Por outra parte, a súa participación no

desenvolvemento do software permitiulles aumentar os seus coñecementos TIC e abrir un amplo abano de posibilidades para experimentar o comercio dixital de cara ao seu futuro profesional.

Cecilia Vázquez sinalou que “actividades coma esta evidencian a capacidade de iniciativa dos nosos mozos e mozas e contribúen a descubrir e potenciar o talento xuvenil, fins últimos do programa de participación xuvenil Iniciativa Xove”. A directora xeral tamén destacou o éxito deste programa, que no ano 2016 permitiu financiar proxectos dun total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas, que obtiveron unha axuda para costear o cen por cen do orzamento da iniciativa, cun máximo de 5.000 euros e coa posibilidade de obter un anticipo do 80%.

Os mozos e mozas galegos levaron a cabo iniciativas interesantísimas en distintas temáticas, que inciden na mellora das competencias, habilidades e destrezas dos participantes, cara a incentivar a súa participación social e facilitar a súa inserción laboral, tal e como recoñece o Estudo da Universidade de Santiago sobre Os programas de Educación non formal e a empregabilidade da Xuventude en Galicia, que foi presentando este mesmo ano e que analizou científicamente varios programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre eles Iniciativa Xove.

Neste estudo, a satisfacción xeral coa formación adquirida no caso dos participantes en Iniciativa xove foi do 82% e ante a pregunta de si recomendarían o programa un 88% responden afirmativamente. En canto á utilidade dos coñecementos adquiridos para o emprego, responden positivamente un 76% dos participantes no programa.

A Consellería de Política Social destinou no 2016 preto de 550.000 euros do orzamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ao programa Iniciativa Xove.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado apoia a aprendizaxe-servizo como unión entre éxito educativo e compromiso social

Luns, 17 Outubro 2016 07:42

O congreso, organizado polo grupo de investigación ESCULCA da Universidade de Santiago de Compostela, reunirá a docentes, investigadores, alumnado e técnicos de entidades socioeducativas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, asistiu esta mañá á inauguración do VII Congreso Nacional e II Internacional de Aprendizaxe- Servizo Universitario, un evento organizado polo grupo de investigación ESCULCA da Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrará ao longo das vindeiras xornadas na Facultade de Ciencias da Educación da USC e congregará a docentes, investigadores, alumnado e técnicos de entidades socioeducativas.

A aprendizaxe-servizo é unha metodoloxía educativa que combina o currículum académico co servizo comunitario, frecuentemente vinculada aos mozos e mozas, e empregada como vía para enriquecer a experiencia educativa. É un método para unir o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores: os alumnos e alumnas aprenden a ser competente para ser útil a outros. Trátase dunha ferramenta educativa e dunha ferramenta social, e a sociedade

complexa actual necesita máis que nunca a adquisición de valores, habilidades e actitudes.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado leva anos traballando no ámbito da educación non formal fomentando a posta en marcha de iniciativas e proxectos por parte dos mozos e mozas que inciden así mesmo na adquisición destas habilidades e na consecución dunha mocidade comprometida a través de programas como o Voluntariado Xuvenil ou Iniciativa Xove.

As experiencias de aprendizaxe-servizo e de educación non formal contribúen ao desenvolvemento de competencias básicas nos mozos e mozas como traballar en equipo, comunicarse eficazmente, asumir responsabilidades, desenvolver a iniciativa persoal e aprender a organizar e xestionar recursos, aspectos cada vez teñen unha maior consideración e importancia á hora de buscar un emprego.

A directora xeral amosou o apoio da Consellería de Política Social á celebración do congreso e agradeceu ao grupo de investigación ESCULCA a organización do mesmo, “o que sen dúbida contribuirá a mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas”, concluíu Cecilia Vázquez.

Paro xuvenil mes de setembro 2016

Martes, 11 Outubro 2016 07:43

Resumo paro xuvenil mes de setembro.

Paro xuvenil mes de setembro 2016

EN PORTADA EN PORTADA

EN PORTADA NOVAS E ACTIVIDADES

Page 3: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

3 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Pregunta a Navracsics. Fai que se oia a túa voz!

Martes, 11 Outubro 2016 08:02

Tibor Navracsics, comisario europeo para a Mocidade, quere axudar á mocidade a implicarse nas súas comunidades a través do voluntariado e outras actividades. Recentemente debateu online e en persoa as cuestións xerais cun grupo de mozos e agora gustaríalle escoitar a moitos máis de toda Europa. O comisario e o seu equipo utilizará a túa opinión e as túas ideas para influír nas políticas e prácticas a escala europea e nacional.

Hai aspectos que disuaden aos mozos á hora de implicarse na súa comunidade, como, por exemplo:

Falta de motivación e de información sobre como empezar a facer voluntariado Escaseza de modelos de referencia que poidan inspirar á novas Información insuficiente sobre as oportunidades e os proxectos dispoñibles Gastos de participación que poden ser demasiado elevados Moi escaso recoñecemento de todo o esforzo realizado Pouca aceptación por posibles empleadores das novas competencias adquiridas ao involucrarse e participar.

Por iso interésalle a túa opinión sobre que facer para reducir ou eliminar estes obstáculos e calquera outra barreira que impida aos mozos implicarse nas súas comunidades.

Tómache, por favor, o tempo necesario para responder a cada pregunta da súa web e engade as túas suxestións. A túa opinión interesa moito. Tes ata o 15 de novembro. Grazas por participar!

Tamén podes manterche ao día sobre esta consulta a través de Facebook e Twitter usando o hashtag #AskNavracsics.

http://europa.eu/youth/asknavracsics_es#take-part

“20 anos construíndo SVE”: talleres de asesoramento sobre o Servizo Voluntario Europeo (Erasmus+: Xuventude en Acción).

Mercores, 12 Outubro 2016 14:40

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, en colaboración coa Axencia Nacional do programa Erasmus+: Xuventude en Acción”, organiza uns talleres de difusión e asesoramento do Servizo Voluntario Europeo con motivo da celebración do seu 20 aniversario.

Datas e lugar de celebración:

• 25 de outubro de 2016.

Centro Coordinador de Información Xuvenil.

Rúa Ramón Piñeiro, 17-19

15701 Santiago de Compostela

• 26 de outubro de 2016.

Casa do Deporte

Fotógrafo Luis Ksado, 17

36209-Vigo (Pontevedra)

• 27 de outubro de 2016.

Centro residencial xuvenil Lug

Pintor Corredoira, 2

27002 Lugo

• 28 de outubro de 2016.

Centro Quérote. A Coruña

Avenida Linares Rivas, 28-8º

A Coruña

• 4 de novembro de 2016.

Espazo Xove de Ourense

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27

Page 4: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

4 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

32004 Ourense

Horario das xornadas:

De 10:00 a 13:00 horas.

Destinatarios:

• Técnicos/as de xuventude.

• Representantes e membros de asociacións xuvenís

• Mozos/as non asociados

• Informadores xuvenís

• Interesados en xeral

Número de prazas:

25 por taller.

Mínimo para a realización do taller, 10 persoas.

Inscricións:

Mediante envío de formulario electrónico.

As prazas serán outorgadas por estrito orde de envío da solicitude.

A confirmación da obtención de praza realizarase por correo electrónico. No caso de que o/a solicitante non reciba un correo de confirmación de praza con anterioridade das 13:00 horas do día anterior de data solicitada para a realización do curso, considerase que non obtivo praza.

Prazo de inscrición:

Ata as 12:00 horas do día anterior á realización do taller elixido.

Máis información:

[email protected]

981 545 712

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Boletín Eurodesk de outubro 2016

Xoves, 13 Outubro 2016 06:46

Boletín Eurodesk de outubro de 2016

Page 5: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

5 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Programa Xogade

Venres, 14 Outubro 2016 07:01

A Secretaría xeral para o Deporte convoca o programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2016/2017, dirixidos a primaria, secundaria e bacharelato.

As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son:

– Actividade deportiva escolar. – Actividade deportiva federada. – Multixogo 6 a 8 anos. – Actividade lúdica. – Coñece o meu club. – Xogos populares. – Educación, deporte e valores. – Proxecto deportivo de centro. – Xogando co mar. – Actividades de tempada. – Actividades formativas. – Promoción da igualdade a través do deporte. – Seguro federado de 6 a 16 anos.

Máis información en http://xogade.xunta.es/es/xogade

Voluntarios/as para o Banco de Alimentos Rías Altas

Venres, 14 Outubro 2016 07:03

O Banco de Alimentos Rías Altas prepara a cuarta edición da Gran Recollida para os

próximos días 25 e 26 de novembro e busca 1.500 voluntarios/as para distribuír entre todas as grandes superficies comerciais que participarán na campaña.. Está previsto recoller produtos non perecedoiros en 157 establecementos de Coruña, Ferrol e Santiago das cadeas O Corte Inglés, Gadisa, Dia, Carrefour, Eroski, Alcampo e Mercadona onde esperan superar os 400.000 quilos de 2015. Por iso necesitarán 20 voluntarios como mínimo por tenda e quenda para atender ao público, organizar a mercadoría e trasladala aos almacéns dos comercios. En total, buscan a 1.460 persoas dispostas a cubrir quendas dunhas dúas horas.

Máis información no Banco de Alimentos Rías Altas.

Lugar de San José 41, Meicende.

A Coruña

Teléfono 981 271 567

[email protected]

http://www.balrial.org/

Ágora Xove no Espazo Xove de Betanzos

Venres, 14 Outubro 2016 12:56

Ágora Xove - Voluntariado pretende ser un espazo de encontro entre os mozos da comarca de Betanzos e as entidades de acción voluntaria que traballan no seu ámbito territorial máis próximo. Ao mesmo tempo buscamos facilitar o intercambio de experiencias e boas prácticas entre as propias entidades de acción voluntaria e posibilitar novas liñas de colaboración entre elas.

Para todo isto, desde a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, preparamos o seguinte programa de actividades para o venres día 28 de outubro no Espazo Xove de Betanzos:

18:00 PRESENTACIÓN ÁGORA XOVE. 18:15 INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: O voluntariado como expresión de compromiso social. 18:30 MESA REDONDA: Voluntariado e educación non formal: competencias clave desenvolvidas no ámbito da acción voluntaria.

ESFERA EDUCATIVA – Ana Vázquez Rodríguez, membro do Grupo de Investigación Esculca da Facultade de Ciencias da Educación da USC. ESFERA SOCIAL - Mercedes Casanova Díaz, presidenta provincial de Cruz Vermella en A Coruña. 19:15 DESCANSO 19:30 ACTIVIDADES SIMULTÁNEAS. BIBLIOTECA HUMANA. Contacto directo con voluntarios dos distintos ámbitos da acción voluntaria. 1. Voluntariado no ámbito xuvenil: representante da Asociación Xuvenil Brigantium. 2. Voluntariado no ámbito ambiental: representante da Fundación Fragas do Mandeo. 3. Voluntariado no ámbito europeo: representante do Concello de A Baña. 4. Voluntariado no ámbito da intervención social: representante de Cáritas Interparroquial de Betanzos. 5. Voluntariado no ámbito da inmigración: representante de Cruz Vermella Betanzos. 6. Voluntariado no ámbito da dependencia: representante de ASPACE. 7. Voluntariado no ámbito da violencia de xénero: representante da Asociación Mirabal. 8. Voluntariado no ámbito da protección dos animais: representante da Asociación Gatocán. FOCUS GROUP. Retos e desafíos no ámbito do voluntariado. 20:30 CLAUSURA: Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Formulario de inscrición

Page 6: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

6 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Curso de Director/a de actividades de tempo libre en Lugo

Martes, 11 Outubro 2016 07:08

A Escola Rural de Tempo Libre organiza en Lugo un curso de Director/a de actividades de tempo libre. Datas: do 5 de novembro ao 2 de abril (unha fin de semana por mes) Novembro: 5 e 6 Decembro: 17 e 18 Xaneiro: 14 e 15 Febreiro: 25 e 26 Marzo: 18 e 19 Abril: 1 e 2 Horario: 9:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 Duración: 150 horas Prezo: 200 € Lugar: Centro LUG2. Rúa Pintor Corredeira, 4. Lugo

Máis información: Escola Rural de Tempo Libre. Teléfono 982 804 149 en horario de oficina. http://www.escolaruraldetempolibre.org/ [email protected]

Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Carballiño

Venres, 14 Outubro 2016 11:57

A Escola de Tempo Libre Recursos organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Carballiño

Datas: do 12 de novembro ao 12 de febreiro de 2017, en fins de semana e con pernocta. Horario: de 09.30 a 14.00h e de 16.00 a 19.30h Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro de 2016 Prezo: 250€ Máis información na Escola de Tempo Libre Recursos. Teléfono de contacto: 981 558 374

http://www.recursosgalicia.es/course_category/tiempo-libre/

Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Silleda

Venres, 14 Outubro 2016 11:59

A Escola de Tempo Libre Recursos organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Silleda

Datas: do 12 de novembro ao 12 de febreiro de 2017, en fins de semana e con pernocta. Horario: de 09.30 a 14.00h e de 16.00 a 19.30h Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro de 2016 Prezo: 250€

Máis información na Escola de Tempo Libre Recursos. Teléfono de contacto: 981 558 374

http://www.recursosgalicia.es/course_category/tiempo-libre/

Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Pontevedra

Venres, 14 Outubro 2016 12:01

A Escola de Tempo Libre Barlovento organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Pontevedra.

Datas: do 4 de novembro ao 18 de decembro de 2016, en fins de semana e venres pola tarde. Horario: de 09.30 a 14.00h e de 16.00 a 21h os sábados e domingos e de 16.00 a 21.00h os venres.

Inclúe formación en actividades naúticas e de aventura no tempo libre.

Máis información na Escola de Tempo Libre Barlovento. Teléfono de contacto: 670 892 307

http://marexada.es/

NOVAS FORMACIÓN CURSOS DE TEMPO LIBRE

Page 7: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

7 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Bolsas de música da Fundación Musical Yamaha de Europa

Martes, 11 Outubro 2016 07:32

A Fundación Musical Yamaha de Europa convoca bolsas para estudos musicais para mozos/as.

O concurso de bolsas YMFE está aberto aos estudantes de música a tempo completo de calquera nacionalidade que non sexan maiores de 25 anos no momento da solicitude.

Cada bolsa ten un valor de 1.000 a 2.000 €, dependendo do país onde estea a estudar o aspirante. A bolsa cobre un ano e o diñeiro pode utilizarse para calquera propósito relacionado co avance no estudo.

Os solicitantes serán seleccionados de acordo á súa capacidade musical actual e ao potencial futuro que demostren.

A base para esta avaliación é unha primeira rolda cunha interpretación gravada e logo unha actuación en directo na selección final. Os comités de selección, constituídos por figuras experimentadas do mundo da música, seleccionarán aos aspirantes máis idóneos.

As regras poden variar dependendo de cada país. Os solicitantes deben descargar e encher o formulario de solicitude e envialo á dirección de contacto apropiada xunto cunha gravación con dous temas. É importante enviar un CD ou DVD coas túas gravacións xunto co formulario de solicitude. A duración de cada unha das dúas pezas gravadas non debe exceder de 20 minutos e ambas deberán ser de estilos diferentes. A calidade do son non inflúe no posterior proceso de selección.

As solicitudes para as bolsas 2016/2017 poderán presentarse ata o 30 de novembro de 2016.

Máis información: http://es.yamaha.com/es/music_education/ymfe/

Bolsas do Congreso de Deputados sobre comunicación institucional

Venres, 14 Outubro 2016 07:27

O Congreso dos Deputados convoca catro bolsas individuais para realizar traballos ou estudos sobre comunicación institucional relacionados coa actividade parlamentaria. Cada unha das catro bolsas terá unha duración de doce meses, e a súa contía total será de 12.900 €. Requisitos:

Licenciados universitarios españois en Ciencias da Información que finalizasen os estudos con posterioridade a xaneiro de 2012. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de outubro de 2016.

Máis información no BOE do 14 de outubro de 2016 e en www.congreso.es

Bolsas no Instituto Nacional de Estatística

Luns, 17 Outubro 2016 07:12

O Instituto Nacional de Estatística convoca 15 bolsas de postgrao en estatística.

A súa finalidade é fomentar e promocionar a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de posgraos. Requisitos: título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, ou de Grao, que deberá terse obtido durante os últimos

tres anos anteriores á data da convocatoria das bolsas.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de novembro de 2016.

Máis información no BOE do 15 de outubro de 2016 e en http://www.ine.es/

III Premio "Camino del Emprendimiento" 2016

Venres, 14 Outubro 2016 08:46

A Cámara de Comercio de Santiago co patrocinio de ABANCA Corporación Bancaria S.A., convocan este premio dirixido a emprendedores que teñan unha empresa cunha antiguedade non superior ós dous anos. Tamén a emprendedores que non fundaran a súa empresa pero teñan previsto facelo nun prazo non superior a 6 meses. O premio consiste en 3 bolsas do 50% dos gastos no viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago e dereito a solicitar líñas de finanziamento preferenciais con ABANCA. Máis información www.camaracompostela.com

BOLSAS E AXUDAS FORMACIÓN PRÁCTICA

BOLSAS E AXUDAS OUTRAS

Page 8: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

8 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Premio de Teatro Radiofónico "Margarita Xirgu"

Martes, 11 Outubro 2016 09:08

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Radio Exterior de España / Radio Nacional de España

2.- DESTINATARIOS

Para calquera persoa física, maior de idade, de nacionalidade española ou de calquera dos estados iberoamericanos de fala española

3.- DATA LÍMITE

05/11/2016

4.- MÁIS INFORMACIÓN

Os guións deberán durar entre 25 e 30 minutos (ao redor das 25 páxinas aproximadamente)

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

http://www.rtve.es/radio/20160707/ree-rne-convocan-xxvi-premio-teatro-radiofonico-margarida-xirgu-colaboracion-fundacion-sgae/1368103.shtml

Premio Europeo ás Capacidades Dixitais 2016

Martes, 11 Outubro 2016 09:09

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Comisión Europea

2.- DESTINATARIOS

interesados en xeral, organizacións, empresas, autoridades públicas, colexios, universidades, Ong e asociacións poden presentar as súas

candidaturas

3.- DATA LÍMITE

30.10.2016

4.- PÁXINA WEB

https://ec.europa.eu/dixital-single-market/en/news/apply-now-new-european-dixital-skills-award-2016

5.- MÁIS INFORMACIÓN

A Comisión Europea convida o envío de nomeamentos para este premio que recoñecerá aqueles proxectos que animen aos cidadáns para mellorar

as súas capacidades dixitais. A intención é identificar proxectos que poidan inspirar a outros a emprender accións similares en toda Europa.

Os gañadores e finalistas serán convidados a presentar os seus proxectos nunha conferencia e ademais serán presentados pola Comisión nos

medios, páxinas webs e newsletters.

The Humanity Photo Awards 2017

Martes, 11 Outubro 2016 09:10

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Chinesa Folclore Photographic Association / UNESCO

2.- DESTINATARIOS

Para fotógrafos de todo o mundo

3.- DATA LÍMITE

15/04/2017

4.- MÁIS INFORMACIÓN

Categorías: retrato e vestiario, arquitectura, hábitos de vida, produción e comercio, festas, ritos tradicionais

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

http://www.hpa.org.cn/content.php?catid=4&pl=en

PREMIOS E CONCURSOS PREMIOS E CONCURSOS

Page 9: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

9 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Concurso Internacional de Vídeos de Estudantes

Martes, 11 Outubro 2016 09:11

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

The World of 7 billion

2.- DESTINATARIOS

Para estudantes de todo o mundo que teñan entre 11 e 18 anos de idade

3.- DATA LÍMITE

23/02/2017

4.- MÁIS INFORMACIÓN

Os vídeos non poderán superar os 60 segundos de duración e deberán tratar algúns destes temas: cambio climático, saúde dos océanos e rápida

urbanización

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

https://www.worldof7billion.org/student-vídeo-contest/

Concursos Europe Direct 2016

Venres, 14 Outubro 2016 08:44

O Concello de Cáceres convoca este concurso: "30 anos en Europa. España e Portugal: 1986-2016", nas categorías de Concurso Relato breve, Concurso de fotografía, e Concurso de Cómic. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 18 de novembro. Máis informaciónhttp://europedirect.ayto-caceres.es/noticias/abierta-la-convocatoria-de-los-concursos-europe-direct-2016-30-anos-en-europa-espana-y-port

XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía

Xoves, 13 Outubro 2016 07:48

O Ministerio de Educación convoca o XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía para o curso 2016-2017, co fin de fomentar o uso correcto da lingua española.

Destinatarios:

Alumnado que esté matriculado durante o ano académico 2016/2017 en 2º curso de Bacharelato. Dotación:

Primeiro premio: 1.000 euros Segundo premio: 500 euros O prazo para presentar solicitudes estará aberto entre o 28 de novembro e o

19 de decembro de 2106 Máis información no BOE do 6 de outubro de 2016

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-

mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-

subvenciones/premios/estudiantes/no-universitarios/concurso-

hispanoamericano-ortografia.html

Lista de contratación de persoal docente e investigador na USC

Martes, 11 Outubro 2016 05:49

A Universidade de Santiago de Compostela convoca concurso público para a elaboración dunha lista de agarda de persoal docente e investigador contratado interino para cubrir as necesidades docentes de distintas áreas de coñecemento desta universidade para o curso académico 2016/17. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 29 de outubro de 2016.

Máis información no DOG do 11 de outubro de 2016 e en http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/solicitudes.html

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PÚBLICO

PREMIOS E CONCURSOS EXPOSICIÓNS, CERTAMES E CONCERTOS

Page 10: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

10 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Profesorado contratado doutor na UDC

Martes, 11 Outubro 2016 05:54

A Universidade da Coruña convoca a concurso público prazas de profesor contratado doutor.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 24 de outubro de 2016.

Máis información no DOG do 11 de outubro de 2016 e en http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

Xuíz de Paz en Boqueixón

Martes, 11 Outubro 2016 06:24

O Concello de Boqueixón fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz titular.

Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da

función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou

inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.

Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 24 de outubro de 2016.

Máis información no BOP da Coruña do 11 de outubro de 2016.

Xuíz de Paz en Toén

Martes, 11 Outubro 2016 06:28

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz titular e substituto do Concello de Toén.

Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da

función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou

inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.

Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 22 de outubro de 2016.

Máis información no BOP de Ourense do 8 de outubro de 2016.

Médico para o Concello de Burela

Martes, 11 Outubro 2016 06:58

O Concello de Burela necesita contratar un/ha de médico para prestar servizos na Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD)

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 19 de outubro de 2016.

Máis información no BOP de Lugo do 11 de outubro de 2016.

Persoal para o Concello de Vimianzo

Xoves, 13 Outubro 2016 07:28

O Concello de Vimianzo convoca unha bolsa de emprego para a contratación dun Técnico/a para o Programa Integrado de Emprego “Vir Fluvius 2016” Requisitos:

Titulación universitaria (licenciatura, diplomatura, grado, master). Estar en posesión de permiso de conducir B O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de outubro de 2016

Máis información no BOP da Coruña do 13 de outubro de 2o16 e en http://www.vimianzo.gal/ofertas.php?sec=15&idioma=gl&id=214

Convocadas 6 prazas de policía local no Concello de Guadalajara.

Xoves, 13 Outubro 2016 10:41

As prazas, son convocadas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días desde a publicación o 11 de outubro no

boe.

Máis información www.boe.es

Convocadas 5 prazas do Corpo de Profesores Químicos de Laboratorio de Aduanas.

Xoves, 13 Outubro 2016 10:42

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas convoca estas prazas polo sistema de oposición, o prazo de presentación de solicitudes é de 20

días naturais, contados

a partir da publicación no BOE. Máis información www.boe.es do 13 de outubro.

Convocada 1 praza temporal enxeiro de Camiños, Canais e Portos ou Obras Públicas na UDC.

Xoves, 13 Outubro 2016 10:43

A Universidade da Coruña, convoca esta praza temporal (7 meses) , e como colaborador/a en proxectos de investigación. O prazo de presentación

de solicitudes é de 10 días desde a publicación o 10 de outubro na páxina www.udc.es

Convocada 1 praza temporal doutor/a en bioloxía área de xenética na UDC.

Xoves, 13 Outubro 2016 10:44

Page 11: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

11 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

A Universidade da Coruña, convoca esta praza temporal (4 meses) , e como colaborador/a en proxectos de investigación. O prazo de presentación

de solicitudes é de 10 días desde a publicación o 10 de outubro na páxina www.udc.es

Convocada 1 praza temporal ciclo superior grao informática na UDC.

Xoves, 13 Outubro 2016 10:47

A Universidade da Coruña, convoca esta praza temporal (2 meses) , e como colaborador/a en proxectos de investigación. O prazo de presentación

de solicitudes é de 10 días desde a publicación o 10 de outubro na páxina www.udc.es

Convocada 2 praza temporal enxeiro de Camiños, Canais e Portos ou Obras Públicas na UDC

Xoves, 13 Outubro 2016 10:48

A Universidade da Coruña, convoca estas prazas temporais (4 e 11 meses) , e como colaborador/a en proxectos de investigación. O prazo de

presentación de solicitudes é de 10 días desde a publicación o 10 de outubro na páxina www.udc.es

Convocada 1 praza temporal doutor/a en Ciencias ou en Enxeñaría na UDC.

Xoves, 13 Outubro 2016 10:48

A Universidade da Coruña, convoca esta praza temporal (4 meses) , e como colaborador/a en proxectos de investigación. O prazo de presentación

de solicitudes é de 10 días desde a publicación o 10 de outubro na páxina www.udc.es

Convocada 1 praza temporal licenciado/a ou graduado/a en Química na UDC.

Xoves, 13 Outubro 2016 10:49

A Universidade da Coruña, convoca esta praza temporal (2 meses) , e como colaborador/a en proxectos de investigación. O prazo de presentación

de solicitudes é de 10 días desde a publicación o 10 de outubro na páxina www.udc.es

Convocada 1 praza temporal licenciado/a ou graduado/a en Química na UDC.

Xoves, 13 Outubro 2016 10:49

A Universidade da Coruña, convoca esta praza temporal (2 meses) , e como colaborador/a en proxectos de investigación. O prazo de presentación

de solicitudes é de 10 días desde a publicación o 10 de outubro na páxina www.udc.es

Convocada 1 praza temporal enxeiro/a informática na UDC.

Xoves, 13 Outubro 2016 10:50

A Universidade da Coruña, convoca esta praza temporal (10 meses) , e como colaborador/a en proxectos de investigación. O prazo de presentación

de solicitudes é de 10 días desde a publicación o 10 de outubro na páxina www.udc.es

Convocada 1 praza temporal enxeiro de Camiños, Canais e Portos ou Obras Públicas na UDC.

Xoves, 13 Outubro 2016 10:51

A Universidade da Coruña, convoca esta praza temporal (24 meses) , e como colaborador/a en proxectos de investigación. O prazo de presentación

de solicitudes é de 10 días desde a publicación o 11 de outubro na páxina www.udc.es

Profesor/a de linguaxe musical nas Pontes de García Rodríguez

Venres, 14 Outubro 2016 07:30

O Concello das Pontes de García Rodríguez necesita contratar un/ha profesor/a de linguaxe musical.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de outubro de 2016 Máis inforamción en http://aspontes.org/es/

Bolsa de emprego de Recaudador/a Municipal do Concello da Pobra do Caramiñal

Venres, 14 Outubro 2016 08:25

O Concello da Pobra do Caramiñal convoca un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para a cobertura dunha plaza de Recaudador/a Municipal

Requisitos: título de bacharelato, técnico/a ou ter aprobadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de outubro de 2016. Máis información no BOP da Coruña do 14 de outubro de 2016 e en https://sede.apobra.org/es/informacion/

Page 12: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

12 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Administrativo/a para o Concello de San Sadurniño

Venres, 14 Outubro 2016 08:29

O Concello de San Sadurniño fai unha convocatoria para provisión dunha praza de administrativo/a interino/a.

Requisitos:

Título de bacharelato ou titulación equivalente.

Estar en posesión da titulación de lingua galega Celga 4 ou equivalente.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de novembro de 2016.

Máis información no BOP da Coruña do 14 de outubro de 2016

Auxiliar de axuda no fogar en Samos

Venres, 14 Outubro 2016 08:36

O Concello de Samos necesita contratar un/ha auxiliar dae axuda no fogar O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de outubro de 2016.

Máis información no BOP de Lugo do 13 de outubro de 2016 e en www.concellosamos.es

Convocadas 4 prazas de auxiliar administrativo no Instituto Cervantes

Venres, 14 Outubro 2016 08:47

As convocatoria consta de probas, valoración de méritos e entrevista persoal. As prazas son de persoal laboral fixo. O prazo de presentación de

solicitudes é ata o 26 de outubro. Máis información Centro de Información Administrativa publicado o 11 de outubro.

http://documentos.060.es/trabaje_en_la_administracion/publicaciones/common//EMP_DISP_462774.pdf

www.060.es

Convocada 1 bolsa de emprego de monitor deportivo en Lalín (Pontevedra)

Venres, 14 Outubro 2016 08:47

A praza convocada é de monitor deportivo a tempor parcial.O prazo para presentar as instancias será de 10 días habiles, a partir da publicación no

BOPPO do 14 de outubro.

Máis información www.boppo.depo.es

Convocada praza de xuíz de paz no Concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Venres, 14 Outubro 2016 08:48

A praza convocada é por un período de 4 anos. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir da publicación na

páxinawww.boppo.depo.es

Técnico/a superior de investigación en radiofísica

Luns, 17 Outubro 2016 06:54

A Universidade de Santiago convoca probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación, radiofísica, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de novembro de 2016. Máis información no DOG do 17 de outubro de 2016

Auxiliares administrativos no concello da Laracha

Luns, 17 Outubro 2016 07:22

O Concello de Laracha necesita contratar dous auxiliares administrativos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de novembro de 2016.

Máis información no BOP da Coruña do 17 de outubro de 2016

Auxiliares de axuda no fogar en Baltar

Luns, 17 Outubro 2016 07:31

O Concello de Baltar necesita contratar dous auxiliares de axuda no fogar.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de outubro de 2016.

Máis información no BOP de Ourense do 15 de outubro de 2016.

Convocadas 8 prazas de profesor tutti, da Orquesta Nacional de España

Luns, 17 Outubro 2016 11:00

Page 13: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

13 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

As prazas son convocadas, polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación

no BOE.

Máis información www.boe.es

Convocadas 3 prazas de policía local no Concello de Valdepeñas (Ciudad Real)

Luns, 17 Outubro 2016 11:01

As prazas son convocadas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días desde a publicación o 15 de outubro.Máis

información www.boe.es

Convocada 1 praza peón e 1 de condutor no Concello de Arbo (Pontevedra)

Luns, 17 Outubro 2016 11:02

As prazas teñen unha duración de 6 meses.Son para reparar e limpar espazos públicos. O sistema de seleción é por concurso de méritos.Máis

información Faro de Vigo do 16 de outubro. www.concellodearbo.es

Enfermeiros/as para o hospital Universitätsklinikum Münster (Alemaña)

Martes, 11 Outubro 2016 07:24

O hospital Universitätsklinikum Münster en Münster (Alemaña) busca a través de iLabora de 10 a 12 enfermeiros/as para as unidades de coidados intensivos e outras especialidades.

Máis información O CV deberase enviar a [email protected] en formato Word ou pdf. Máis información: http://klinikum.uni-muenster.de/ http://ilabora.com/oferta-de-empleo-para-enfermerosas-para-las-unidades-de-cuidados-intensivos-y-otras-especialidades-en-hospital-publico-de-munster-alemania/

Ofertas Servizo Público de Emprego 14/10/2016

Venres, 14 Outubro 2016 08:40

Nº de oferta: 12/2016/10757

Data: 14/10/2016

Posto ofertado: canteiros/as de construción

Localidade: Cambados (Pontevedra)

Requisitos: canteiros/as de construción. Certificado de profesionalidade.

Nº de oferta: 12/2016/10780

Data: 14/10/2016

Posto ofertado: panadeiros/as

Localidade: Allariz (Ourense)

Requisitos: necesítanse panadeiros/as. Traballo nocturno.

Nº de oferta: 12/2016/10798

Data: 14/10/2016

Posto ofertado: técnicos/as en comercio exterior

Localidade: Ourense

Requisitos: técnico/a comercio exterior para levar a cabo negociación con proveedores exclusivamente chineses. Establecer política de compras de

produtos para a actividade, establecemento procesos e protocolos que garantan a mellor calidade-prezo. Negociación con fábrica, recepción de

mercadurias en aduana e traslado a locais.

Nº de oferta: 12/2016/10871

Data: 14/10/2016

Posto ofertado: enxeñeiros en agronomía

Localidade: Estrada, A (Pontevedra)

Requisitos: enxeñeiro/a agrícola. Media xornada para o desempeño de servizos de asesoramento, xestión da PAC e revisión da condicionalidade de

explotacións agrarias.

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PRIVADO

Page 14: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

14 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Nº de oferta: 12/2016/10908

Data: 14/10/2016

Posto ofertado: economistas

Localidade: Coruña, A

Requisitos: necesítase economista para empresa adicada ao asesoramento a outras empresas. Necesaria experiencia.

Nº de oferta: 12/2016/10961

Data: 14/10/2016

Posto ofertado: cociñeiros/as, en xeral.

Localidade: Verín (Ourense)

Requisitos: necesítase cociñeiro/a.

Nº de oferta: 12/2016/10998

Data: 14/10/2016

Posto ofertado: operadores de máquinas para elaborar café e/ou sucedáneos

Localidade: Arteixo (A Coruña)

Requisitos: necesítanse operadores de máquinas para elaborar café.

Máis información no tfono 012 e na páxina web:

http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/

Selección Sector Hostelería para Salzburg.Austria

Venres, 14 Outubro 2016 08:49

Acto organizado por SOIB-EURES en Palma de Mallorca, e dirixido a solicitantes de emprego no sector da hostelería. Máis información: eures-

[email protected]

https://ec.europa.eu/eures/public/es/events-calendar#/details/3901

Profesores. Federación Galega de Comercio

Luns, 17 Outubro 2016 12:12

A Federación Galega de Comercio precisa incorporar Profesores para a Docencia de varios módulos do Certificado de Profesionalidade ADGG0208

Actividades Administrativas en Relación co Cliente (RD 1210/2009) e o Certificado de Profesionalidade COMM0110 Marketing e Compravenda

Internacional (RD 1522/2011)

Os Certificados de Profesionalidade están previstos impartilos entre o 24 de outubro de 2016 e o 28 de abril de 2017 en Lugo cidade, Ronda da

Muralla, 52 entlo dta.

Os módulos a impartir son os seguintes: MF1007_3; MF1008_3; MF1009_3; MF1010_3; MF1011_3; MF0975_2; MF0976_2; MF0973_2; MF0977_2;

MF0978_2 e MF0933_2.

Requisitos:

Formación académica relacionada co as materias a impartir.

Experiencia laboral mínima ACREDITABLE de un ano no ámbito de competencia do curso.

Competencia DOCENTE demostrable a traveso dun dos seguintes puntos:

-Certificado de profesionalidade de Formador Ocupacional, CAP/Máster en Formación do Profesorado de Secundaria.

Licenciatura en Pedagoxía, Psicopedagoxía e de Mestre en calquera das súas especialidades.

Experiencia docente ACREDITABLE de a lo menos 600 hrs., nos últimos dez anos.

Información LOPD en www.comerciogalicia.es

Se ofrece contrato no RSS/Contrato Mercantil

Interesados remitri CV axustados a oferta á conta email: [email protected]

Información: 982255120

El Progreso, do Domingo 16 de outubro de 2016

Page 15: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

15 17 de outubro de 2016 – Revista 1093

Antenas de Información Xuvenil na Coruña

Venres, 14 Outubro 2016 10:22

O CMIX da Coruña busca voluntarios/as para a edición 2016-2017 do "Programa de Acción Voluntaria Antenas de Información Xuvenil en centros públicos e centros concertados con ESO e Bacharelato da Coruña". Ofrecenche:

A posibilidade de estar máis e mellor "enterado/a" que ninguén do que acontece Entradas a eventos organizados ou programados polo Concello (concertos, deportes, cine, teatro) Recibir gratuitamente o carné xove, o carné internacional de estudante, e o carné de alberguista durante o ano escolar no que estás como antena Obter un certificado que acredite a súa participación no programa Recibir formación en materia de información xuvenil Cales serán as túas funcións: Manter o taboleiro informativo actualizado semanalmente, ordenado e atraente. Redifundir información de interese xuvenil a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, compañeiros de instituto, delegados de clase... Asistir ás accións formativas e reunións de coordinación que se convoquen. Establecer un acordo de incorporación para o desenvolvemento deste programa. Prazo:

Ata o martes 26 de outubro, achegándote ao Centro Municipal de Información Xuvenil, de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e sábados de 11 a 14 horas, coa seguinte documentación: A ficha de solicitude, cos teus datos ben claros e completos Unha copia do teu DNI Unha CARTA DE MOTIVACIÓN comentando a) Cales son as túas expectativas respecto a este programa e os intereses que te levaron a presentarte b) Qué farías para animar os teus compañeiros/as a estar ben informados/as e cal sería a túa proposta de difusión complementaria de información a través das canles dixitais ao teu alcance c) Pertences a algunha asociación ou colectivo non formal? Nese caso indica nome do grupo ou asociación, función que desempeñas, dende canto tempo, etc. Se presentas unha solicitude conxunta con outros/as compañeiros/as do teu centro, a carta de motivación será unha por candidatura, non por persoa As persoas menores de idade, deberán presentar unha autorización firmada polo pai, nai ou titor para poder participar neste programa acompañada da copia do DNI da persoa que firma a autorización (descarga aquí o modelo de autorización) Tamén podes entregar a túa inscrición por correo electrónico a [email protected] (non esquezas enviarnos a túa carta de motivación e o resto da documentación)

Cando saberás se estás elexido?

O 27 de outubro publicarase na web www.coruna.es/cmix o listado provisional coas persoas seleccionadas

CURSO DE CROWDFUNDING

Martes, 11 Outubro 2016 09:42

ESPAZO XOVE DE TUI

CURSO DE CROWDFUNDING (Micromecenazgo):

Mocidade de 18 a 35 anos

Venres, 11 de novembro de 18.00 a 20.00

Inscricións: telf: 886110797 / [email protected]

NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX OMIX NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX CASAS DA XUVENTUDE

Page 16: NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 7xuventude.xunta.es/.../2016/boletin_xuventude_1093.pdf · As actuacións do programa para a tempada 2016/17 son: – Actividade deportiva escolar

16 17 de outubro de 2016 – Revista 1093