normativa para persoas con discapacidade renda 2012 · 1/1994, lei xeral da seguridade social e as...

8
RENDA POLO CAMIÑO DIRECTO Normativa para persoas con discapacidade RENDA 2012

Upload: others

Post on 21-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Normativa para persoas con discapacidade RENDA 2012 · 1/1994, Lei xeral da seguridade social e as pensións e haberes pasivos de orfandade a favor de netos e irmáns incapacitados

RENDAPOLO CAMIÑO DIRECTO

Normativa para persoas con discapacidade RENDA 2012

Page 2: Normativa para persoas con discapacidade RENDA 2012 · 1/1994, Lei xeral da seguridade social e as pensións e haberes pasivos de orfandade a favor de netos e irmáns incapacitados

As prestacións económicas recoñecidas pola seguridade social:

−Consecuencia de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.

−Prestacións familiares reguladas no capítulo IX, título II do Real Decreto Lexislativo 1/1994, Lei xeral da seguridade social e as pensións e haberes pasivos de orfandade a favor de netos e irmáns incapacitados para calquera traballo.

DefiniciónPara os efectos do IRPF, teñen a consideración de persoas con discapacidade os contribuíntes que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

AcreditaciónO grao de discapacidade deberá acreditarse mediante o certificado ou a resolución expedido polo Instituto de Migracións e Servizos Sociais (IMSERSO) ou polo órgano competente das Comunidades Autónomas (CCAA). De igual xeito acreditarase a necesidade de axuda para terceiras persoas ou a mobilidade reducida (segundo ditame dos equipos de valoración e orientación dependentes das CCAA).

Considerarase acreditado un grao de discapacidade:

Igual ou superior ao 33%, aos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez e aos pensionistas de Clases Pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

Igual ou superior ao 65 %, para as persoas cuxa incapacidade se declare por vía xudicial, aínda que non alcancen o devandito grao.

Normativa específica para persoas con discapacidade - Renda 2012

Para o ano 2012, a Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), continúa prestando especial atención ás persoas con discapacidade e as súas familias, en particular aqueles cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 % ou que, sen alcanzalo, necesitan a axuda de terceiras persoas ou teñen mobilidade reducida.

Non tributan no imposto sobre a renda das persoas físicas

Persoas con discapacidade

As prestacións que, en situacións idénticas ás anteriores, se lles recoñecen aos profesionais non integrados no réxime especial da seguridade social dos traballadores por conta propia ou autónomos polas mutualidades de previsión social, que actúen como alternativas ao réxime especial da seguridade social mencionado. Así mesmo, terase en conta que a contía exenta ten como límite o importe da prestación máxima que recoñeza a Seguridade Social polo concepto que corresponda. O exceso tributará como rendemento do traballo.

As pensións por inutilidade ou incapacidade permanente do réxime de Clases Pasivas, sempre que a lesión ou enfermidade que fose causa destas inhabilite por completo o perceptor da pensión para toda profesión ou oficio, e as pagadas igualmente por Clases Pasivas en favor de netos e irmáns incapacitados para todo traballo.

As cantidades percibidas de institucións públicas por acollemento de persoas con discapacidade, en modalidade simple, permanente ou preadoptivo ou as equivalentes previstas nos ordenamentos das CCAA.

As axudas económicas outorgadas por institucións públicas a persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 % para financiar a súa estancia en residencias ou centros de día, se o resto das súas rendas non exceden do dobre do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM para 2012: 7.455,14 € - LÍMITE: 7.455,14 € X 2 =14.910,28 €).

As prestacións por desemprego percibidas na modalidade de pagamento único, calquera que sexa a súa contía, por traballadores con discapacidade que se convertan en traballadores autónomos (para traballadores sen discapacidade, a exención só se aplica por un máximo percibido de 15.500 €).

Os rendementos do traballo derivados das prestacións obtidas en forma de renda por persoas con discapacidade correspondentes ás achegas ao sistema de previsión social especial constituído a favor destas. Tamén están exentos os rendementos do traballo derivados das achegas a patrimonios protexidos das persoas con discapacidade. O límite anual conxunto desta exención é 3 veces o IPREM (2012: 7.455,14 € - LÍMITE: 7.455,14 € X 3 = 22.365,42 €).

As prestacións económicas públicas vinculadas ao servizo, para coidados no ámbito familiar e asistencia personalizada que deriven da Lei de promoción da autonomía persoal e atención en situación de dependencia, necesidades económicas de vellez e da dependencia.

As pensións recoñecidas a persoas lesionadas ou mutiladas pola guerra civil (1936/1939) do réxime de Clases Pasivas do Estado ou por lexislación específica.

As axudas excepcionais por danos persoais por incapacidade absoluta permanentepor incendios forestais e catástrofes naturais que se poidan aplicar segundo o Real Decreto Lei 25/12 de 7 de setembro e o Real Decreto 1505/2012 do 2 de novembro.

2

Page 3: Normativa para persoas con discapacidade RENDA 2012 · 1/1994, Lei xeral da seguridade social e as pensións e haberes pasivos de orfandade a favor de netos e irmáns incapacitados

As reducións por obter rendementos netos do traballo, con carácter xeral (sexa ou non discapacitado o perceptor), son:

Redución por rendementos do traballo. Oscila entre 4.080 € e 2.652 € anuais e depende da contía tanto das rendas do traballo coma doutras rendas distintas ás do traballo.

Redución por prolongar a actividade laboral. O importe da redución xeral anterior incrementarase nun 100 % nos traballadores activos maiores de 65 anos que prolonguen a actividade laboral ou estatutaria. Percibirá rendementos do traballo como consecuencia da prestación efectiva dos seus servizos retribuídos por conta allea e dentro do ámbito de organización e dirección doutra persoa física ou xurídica.

Redución por mobilidade xeográfica. A redución xeral do punto primeiro incrementarase nun 100 % para os contribuíntes desempregados inscritos na oficina de emprego que acepten un posto de traballo que esixa trasladar a súa residencia habitual a un novo municipio. É aplicable no período impositivo no que se produza o cambio de residencia e no seguinte.

Os traballadores activos discapacitados, ademais das reducións anteriores que lles correspondan, terán dereito á redución por discapacidade de traballadores activos, segundo o seguinte detalle:

Na tributación conxunta de unidades familiares con varios traballadores activos con discapacidade, a redución será única e aplicarase o importe do traballador activo da unidade familiar con maior grao de discapacidade.

A redución por discapacidade de traballadores activos aplícase cando en calquera momento do período impositivo concorren estas dúas circunstancias simultaneamente:

−Ter o grao de discapacidade esixido.

−Ser traballador activo.

Como consecuencia da aplicación das reducións pola obtención de rendementos netos do traballo, o saldo resultante non poderá ser negativo.

Rendementos do traballo

O contribuínte que ao exercer a actividade económica poida aplicar a redución especial establecida para determinados rendementos en actividades en estimación directa (entre 4.080 € e 2.652 €), poderá, adicionalmente, e se é persoa con discapacidade, minorar o rendemento neto destas en 3.264 € anuais con carácter xeral, ou en 7.242 € se acredita necesitar axuda de terceiras persoas, ou mobilidade reducida ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A Orde EHA/3257/2011, do 21 de novembro, pola que se desenvolve para 2012 o método de estimación obxectiva, considera as seguintes reducións para aplicar os módulos:

−Módulo de persoal non asalariado: Computarase o 75% do módulo do persoal non asalariado cun grao de discapacidade do 33 % ou superior (situación existente á remuneración do imposto).

−Módulo de persoal asalariado: Computarase nun 40% ao persoal asalariado que sexa unha persoa con discapacidade, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Se obtén o grao de discapacidade durante o período impositivo, o cómputo da porcentaxe efectuarase na parte do período na que se dean esas circunstancias.

− Índice corrector por nova actividade: Cando o contribuínte teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, os índices correctores aplicables serán do 0,60 se se trata do primeiro ano do exercicio da actividade, ou do 0,70 se se trata do segundo.

Rendementos de actividades económicas

A Lei 41/2003 regula os patrimonios protexidos das persoas con discapacidade. Ten como obxectivo favorecer a constitución destes fondos patrimoniais vinculados a satisfacer as necesidades vitais das persoas con discapacidade. Establece unha serie de medidas para favorecer as achegas a título gratuíto aos patrimonios protexidos reforzando os beneficios fiscais a favor das persoas con discapacidade.

Ganancias e perdas patrimoniais

Estímase que non existe ganancia ou perda patrimonial por achegas a patrimonios protexidos constituídos a favor de persoas con discapacidade.

Está exenta a transmisión da vivenda habitual en persoas con dependencia severa ou gran dependencia de acordo coa Lei de promoción á autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia.

Patrimonios protexidos de persoas con discapacidade

Grao de discapacidadeRedución por discapacidade

de traballadores activos

Igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%

Igual ou superior ao 33% e inferior ao 65% que acrediten necesitar axuda de terceiras

persoas ou mobilidade reducida

Igual ou superior ao 65 %

3.264 €

7.242 €

7.242 €

3

Page 4: Normativa para persoas con discapacidade RENDA 2012 · 1/1994, Lei xeral da seguridade social e as pensións e haberes pasivos de orfandade a favor de netos e irmáns incapacitados

Contía da redución:

As achegas realizadas (monetarias ou non monetarias), darán dereito a reducir a base impoñible do contribuínte, co límite máximo de 10.000 € anuais.

O conxunto das reducións aplicadas por todas as persoas que efectúen achegas a favor dun mesmo patrimonio protexido non poderá exceder de 24.250 € anuais. Cando proceda reducir as achegas, deberá facerse de forma proporcional.

Cando as achegas excedan dos límites previstos ou naqueles casos en que non proceda a redución por insuficiencia de base impoñible, terase dereito a redución nos catro períodos impositivos seguintes, ata esgotar en cada un deles os importes máximos de redución. En caso de concorrencia aplicarase en primeiro lugar a redución de exercicios anteriores.

Tratamento fiscal das achegas recibidas para o contribuínte con discapacidade

Cando os contribuíntes sexan persoas físicas, terán a consideración de rendementos de traballo ata o importe de 10.000 € anuais por cada contribuínte e 24.250 € anuais en conxunto.

Cando os contribuínte estean suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades (IS), terán a consideración de rendementos de traballo sempre que fosen gasto deducible no IS, co límite de 10.000 € anuais. Este límite é independente dos anteriores.

Cando estas achegas se realicen a favor dos parentes, cónxuxes ou persoas a cargo dos empregados do contribuínte, só terán a consideración de rendementos de traballo para o titular do patrimonio protexido.

Estes rendementos están exentos ata un máximo anual de 3 veces o IPREM. Este límite aplícase conxuntamente para as prestacións en forma de renda derivadas de sistemas de previsión social de persoas con discapacidade (límite: 22.365,42 €).

Achegas

Dan dereito a reducir a base impoñible, as achegas realizadas a plans de pensións, mutualidades de previsión social, plans de previsión asegurados, plans de previsión social empresarial e seguros de dependencia severa ou de gran dependencia, constituídos a favor de:

1. Persoas cunha discapacidade psíquica igual ou superior ao 33%.

2. Persoas cunha discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65%.

3. Persoas que teñan unha incapacidade declarada xudicialmente con independencia do seu grao.

Os límites establecidos serán conxuntos para todos os sistemas de previsión social constituídos en favor de persoas con discapacidade.

Prestacións

Estas prestacións constitúen rendementos do traballo nomomento da súa percepción polas persoas discapacitadas. A mesma cualificación procederá en caso de disposición anticipada dos dereitos consolidados.

As prestacións en forma de renda están exentas ata un importe máximo de 3 veces o IPREM (límite: 22.365, 42 €). O límite de ata 3 veces o IPREM aplícase conxuntamente cos rendementos do traballo derivados das achegas a patrimonios protexidos de persoas con discapacidade.

Plans de pensións e outros sistemas de previsión social constituídos a favor de persoas con discapacidade

Partícipe con discapacidadeCada parente da persoa

con discapacidade

Redución anual máxima

Redución anual máxima conxunta(polas achegas de todos, con prioridade na redución das do discapacitado)

24.250 € 10.000 €

24.250 €

Reducións por achegas ao patrimonio protexido

Persoas con dereito á redución:

−As que teñan unha relación de parentesco en liña directa ou colateral ata o terceiro grao inclusive, coa persoa discapacitada.

−O cónxuxe da persoa discapacitada.

−As que o tiveran ao seu cargo en réxime de tutela ou acollemento.

Beneficiarios do patrimonio protexido

Terán esta consideración, exclusivamente, as persoas cos seguintes graos de discapacidade:

As afectadas por unha discapacidade psíquica igual ou superior ao 33%.

As afectadas por unha discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65%.

As achegas pódense facer por:

O propio partícipe con discapacidade; reducen a base impoñible na declaración do contribuínte con discapacidade que realiza a achega.

Aqueles que teñan relación de parentesco coa persoa discapacitada en liña directa ou colateral ata o terceiro grao inclusive e polo cónxuxe ou os que o tivesen ao seu cargo en réxime de tutela ou acollemento; reducen a base impoñible na declaración da persoa que a realiza.

As achegas que non se puidesen reducir por insuficiencia de base poderán reducirse nos 5 exercicios seguintes.

4

Page 5: Normativa para persoas con discapacidade RENDA 2012 · 1/1994, Lei xeral da seguridade social e as pensións e haberes pasivos de orfandade a favor de netos e irmáns incapacitados

As circunstancias persoais e familiares do contribuínte agrúpanse no mínimo persoal e familiar, o cal constitúe a parte da base liquidable que, ao estar destinada a satisfacer necesidades básicas persoais e familiares do contribuínte, non se somete a tributación do IRPF.

Este mínimo configúrase tecnicamente como un tramo a tipo cero, o que supón aplicar a tarifa á base liquidable xeral e calcular a cota íntegra xeral correspondente, e aplicar a tarifa ao importe do mínimo persoal e familiar e este resultado restalo da operación anterior. Se o mínimo persoal e familiar fose superior á base liquidable xeral, ao exceso aplicaríaselle o mesmo procedemento da base liquidable do aforro.

Este mínimo é o resultado de sumar o mínimo do contribuínte e os mínimos por descendentes, ascendentes e a discapacidade.

O mínimo do contribuínte establécese en 5.151 €, incrementándose en 918 € se ten máis de 65 anos e, adicionalmente, en 1.122 € se ten máis de 75 anos.

Para beneficiarse do mínimo por descendentes, estes han de cumprir os seguintes requisitos:

Convivir co contribuínte que aplica o mínimo familiar (situación existente na data de remuneración do imposto; 31 de decembro de cada ano ou falecemento do contribuínte en día distinto).

Entre outros casos, considerarase que conviven co contribuínte os descendentes que, dependendo deste, estean internados en centros especializados.

Ser menor de 25 anos, ou con grao de discapacidade igual ou superior ao 33% calquera que sexa a súa idade.

Non ter rendas anuais superiores a 8.000 €, excluídas as exentas.

Asimílanse aos descendentes as persoas vinculadas ao contribuínte por razón de tutela e acollemento, nos termos previstos na lexislación civil aplicable.

Para aplicar o mínimo por ascendentes, estes han de cumprir os requisitos seguintes:

O ascendente debe ter máis de 65 anos ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% calquera que sexa a súa idade.

Que conviva co contribuínte, polo menos, a metade do período impositivo. Considerarase que conviven co contribuínte os ascendentes con discapacidade que, dependendo deste, sexan internados en centros especializados.

Que non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 €.

Mínimo persoal e familiar

Grao de discapacidade

Igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%

Igual ou superior ao 33% e inferior ao 65% e que acredite

necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida

Igual ou superior ao 65%

Gastos de asistencia

-

2.316 €

2.316 €

Total

2.316 €

4.632 €

9.354 €

Discapacidade do contribuínte, ascendente ou descendente

2.316 €

2.316 €

7.038 €

O mínimo por discapacidade é a suma do mínimo por discapacidade do contribuínte e do mínimo por discapacidade de ascendentes e descendentes.

O mínimo por discapacidade do contribuínte é de 2.316 € anuais e 7.038 € anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

Dito mínimo aumentarase, en concepto de gastos de asistencia, en 2.316 € cando se acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

O mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes será de 2.316 € anuais e 7.038 € cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Dito mínimo aumentarase, en concepto de gastos de asistencia, en 2.316 € por cada ascendente ou descendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Para beneficiarse do mínimo por discapacidade de ascendentes ou de descendentes, estes han xerar á súa vez o dereito a aplicar o mínimo por ascendentes e descendentes.

En ambos os casos, considerarase que conviven co contribuínte os que, dependendo deste, estean internados en centros especializados.

Mínimo por discapacidade

5

Mínimo por descendentes

(menores de 25 anos ou con discapacidade)

Mínimo doContribuínte

Mínimo porascendentes

Xeral

Máis de 75 anos

3º 4º e seguintes

Para descendentes menores de 3 anos

Máis de 65 anos ou con discapacidadeMáis de 75 anos

Máis de 65 anos

5.151 €

1.836 €

5.151 € + 918 €

2.040 €

5.151 € + 918 € + 1.122 €

3.672 €4.182 €

918 €

+2.244 €

918 + 1.122 €

A Lei 22/2009, do 18 de decembro, outorga competencias normativas sobre o mínimo persoal e familiar aplicable ao tramo autonómico. Só o exerceu a CA de Madrid.

Page 6: Normativa para persoas con discapacidade RENDA 2012 · 1/1994, Lei xeral da seguridade social e as pensións e haberes pasivos de orfandade a favor de netos e irmáns incapacitados

Como regra xeral, os contribuíntes con discapacidade aplicarán a dedución segundo as normas e porcentaxes establecidas con carácter xeral.

Esta dedución ten un tramo estatal e un tramo autonómico. Este último pode ser modificado á alza ou á baixa, dentro de determinados límites, polas CCAA. A CA de Cataluña estableceu o 9% (7,50% con carácter xeral) para os contribuíntes que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Poden aplicar esta dedución os contribuíntes que efectúen obras e instalacións de adecuación da súa vivenda habitual por razón da súa propia discapacidade ou da do seu cónxuxe, ou un parente en liña directa ou colateral consanguínea ou por afinidade, ata o terceiro grao inclusive sempre que convivan con el, e sempre que a vivenda sexa ocupada por calquera deles a título de propietario, arrendatario, subarrendatario ou usufrutuario.

Para estes efectos, teñen a consideración de obras ou instalacións de adecuación:

Dedución por investimento en vivenda habitual

Dedución por obras e instalacións de adecuación da vivenda habitual de persoas con discapacidade

Forma de acreditación

As obras e instalacións de adaptación deberán ser certificadas pola administración competente (IMSERSO ou órgano ao que corresponde das CCAA), como necesarias para a accesibilidade e comunicación sensorial que facilite o desenvolvemento digno e axeitado destes contribuíntes.

Porcentaxes de dedución

Adecuación realizada tanto con financiamento propio como alleo:

10 % estatal.

10 % autonómico.

Na CA de Cataluña esta dedución é do 15%, aplicable ao tramo autonómico.

Deducións autonómicasAs seguintes CCAA, cos requisitos que se establecen na súa normativa, aprobaron as seguintes deducións sobre a cota autonómica do IRPF en materia de discapacidade:

ANDALUCÍA:

Os contribuíntes con grao de discapacidade igual ou superior ao 33% teñen dereito a aplicar unha dedución de 100 € na cota íntegra autonómica se cumpren os requisitos esixidos.

Os contribuíntes poden deducir da cota íntegra autonómica a cantidade de 100 € por cada ascendente ou descendente que dea dereito a aplicar o mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes.

Adicionalmente, cando se acredite que as persoas con discapacidade necesitan axuda de terceiras persoas e xeren o dereito a aplicar o mínimo por gastos de asistencia, o contribuínte poderá deducir o 15% do importe satisfeito á seguridade social en concepto da cota fixa que sexa por conta do empregador, co límite de 500 €.Esta dedución só pode ser aplicada polo contribuínte titular do fogar familiar que conste como tal na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Por axuda doméstica a familias monoparentais con fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada, o 15% do importe satisfeito polo contribuínte á seguridade social correspondente á cotización anual dun empregado do fogar familiar que constitúe unha vivenda habitual.

ARAGÓN:

A dedución de 500 € ou 600 € polo nacemento dun terceiro fillo ou posterior, pode aplicarse a partir do nacemento dun segundo fillo, cando este teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que se cumpran os requisitos establecidos con carácter xeral.

Dedución de 150 € por cada ascendente ou descendente, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, que conviva co contribuínte polo menos durante a metade do período impositivo, se cumpren os requisitos esixidos.

As que impliquen unha reforma do interior da vivenda.

A modificación dos elementos comúns do edificio que sirvan de paso necesario entre o terreo urbano e a vía pública, tales como escaleiras, ascensores, corredores, portais ou calquera outro elemento arquitectónico.

As necesarias para a aplicación de dispositivos electrónicos que sirvan para superar barreiras de comunicación sensorial ou de promoción da súa seguridade.

Poderán aplicar esta dedución, ademais do contribuínte ao que fixemos referencia, os contribuíntes que sexan copropietarios do inmoble no que se encontre a vivenda.

A base máxima de dedución é de 12.080 €, e é independente do límite de 9.040 € establecido con carácter xeral para a dedución por adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual.

6

Page 7: Normativa para persoas con discapacidade RENDA 2012 · 1/1994, Lei xeral da seguridade social e as pensións e haberes pasivos de orfandade a favor de netos e irmáns incapacitados

Por cada fillo nacido ou adoptado que teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, pódese deducir da cota íntegra autonómica, adicionalmente ás cantidades establecidas con carácter xeral, a cantidade de 400 €, se se trata do primeiro ou segundo fillo con esa discapacidade, ou 800 € se se trata do terceiro ou posterior fillo con esa discapacidade, se cumpren os requisitos esixidos.

A dedución por familia numerosa é de 500 € para familias numerosas de categoría xeral, ou de 1.000 € de categoría especial (200 € ou 400 € aplicables con carácter xeral), cando algún dos cónxuxes ou descendentes con dereito ao mínimo familiar teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Por obras de adecuación da vivenda habitual por persoas con discapacidade establécese a porcentaxe do 0,75 %, calquera que sexa o seu importe.

Por obras de rehabilitación ou reforma satisfeitas ou executadas entre o 15 de setembro de 2011 e 31 de decembro de 2012, dedución do 12% das cantidades satisfeitas por discapacidade do contribuínte ou nun parente en liña directa ou colateral consanguínea ou por afinidade ata o terceiro grao e sempre que conviva co contribuínte.

CANTABRIA:

Os contribuíntes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% poden aplicar a dedución do 10% por arrendamento da vivenda habitual con independencia da súa idade (con carácter xeral requírese ser menor de 35 anos ou maior de 65), se cumpren os requisitos esixidos.

Por cada ascendente ou descendente cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, pode aplicarse unha dedución de 100 €, se cumpren os requisitos esixidos.

CASTELA-A MANCHA

Os contribuíntes cun grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65%, poden deducir da cota íntegra autonómica a cantidade de 300 €, se cumpren os requisitos esixidos.

Por cada ascendente ou descendente que xere o dereito ao mínimo por discapacidade e que teña un grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65%, pode aplicar unha dedución de €, se cumpren os requisitos esixidos.

Os contribuíntes poden aplicar unha dedución do 1% das cantidades satisfeitas polas obras e instalacións de adecuación da súa vivenda habitual a persoas con discapacidade, se cumpren os requisitos esixidos.

Por familia numerosa, cando algún dos cónxuxes ou descendentes teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% 300 € en familia numerosa de categoría xeral e 900 € se é de categoría especial.

ASTURIAS:

Se o contribuínte ou o seu cónxuxe, descendentes ou ascendentes cos que conviva, son persoas con discapacidade en grao igual ou superior ao 65%, pode aplicar unha dedución do 3% das cantidades invertidas, a excepción dos xuros, na adquisición ou adecuación da súa vivenda habitual no Principado de Asturias, se cumpren os requisitos esixidos.

Dedución por familia numerosa de categoría xeral, 505 € e 1.010 € por categoría especial.

Dedución de 303 € por familias monoparentais que teñan ao seu cargo fillos maiores de idade discapacitados que convivan co contribuínte e non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 €.

ILLAS BALEARES

Por cada contribuínte, e no seu caso, por cada membro da unidade familiar, pódense deducir as seguintes cantidades, se cumpren os requisitos esixidos:

−80 € por discapacidade física ou sensorial con grao igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%.

−150 € por discapacidade física ou sensorial cun grao igual ou superior ao 65%.

−150 € por discapacidade psíquica de grao igual ou superior ao 33%.

As persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% poden deducir o 15% das cantidades satisfeitas polo aluguer da súa vivenda habitual, cun máximo de 300 €, se cumpren o resto dos requisitos esixidos.

Dedución do 50% da cota satisfeita polo Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP e AXD) pola adquisición da vivenda habitual por discapacitados cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou ter a condición de familia numerosa.

Dedución do 75 % da cota satisfeita polo ITP e AXD pola vivenda habitual protexida se a adquisición non goza de exención no devandito imposto e é un discapacitado con grao igual ou superior ao 65% ou ten a condición de familia numerosa.

CANARIAS:

Por cada contribuínte cun grao de discapacidade superior ao 33% establécese unha dedución de 300 €.

Na dedución por doazóns en metálico a descendentes ou adoptados menores de 35 anos para a adquisición da súa primeira vivenda habitual, establécense as porcentaxes de dedución e contías máximas incrementadas cando o descendente teña unha discapacidade:

− Igual ou superior ao 33%, 2% da doazón, cun máximo de 480 €.

− Igual ou superior ao 65%, 3% da doazón, cun máximo de 720 €.

7

Page 8: Normativa para persoas con discapacidade RENDA 2012 · 1/1994, Lei xeral da seguridade social e as pensións e haberes pasivos de orfandade a favor de netos e irmáns incapacitados

CASTELA E LEÓN

Dedución por familia numerosa de 492 € cando algún dos cónxuxes ou descendentes que teñan dereito ao mínimo familiar presenten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Os contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e menores de 65 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% aplicarán unha dedución de 300 €.A dedución será de 656 €, se a idade é igual ou superior a 65 anos e o grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, cos requisitos esixidos.

10% dos investimentos en instalacións ambientais e de adaptación a discapacitados na vivenda habitual. Sempre que estes sexan o suxeito pasivo, o seu cónxuxe ou parente en liña directa ou colateral, consanguínea ou por afinidade ata o terceiro grao inclusive.

Por nacemento ou adopción de fillos: a dedución establecida con carácter xeral duplicarase se o fillo nacido ou adoptado ten recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Se ademais residen en municipios de menos de 5.000 habitantes, a contía da dedución incrementarase o 35%.

CATALUÑA:

Os contribuíntes que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, ou formen parte dunha familia numerosa por ter algúns dos seus membros a condición de discapacitado, poden deducir o 10% das cantidades satisfeitas polo arrendamento da vivenda habitual, ata un máximo de 300 € anuais (600 € en tributación conxunta), se cumpren os requisitos.

ESTREMADURA:

Os contribuíntes que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, ou formen parte dunha familia numerosa por ter algún dos seus membros a condición de discapacitado, poden deducir o 10% das cantidades satisfeitas polo aluguer da súa vivenda habitual, co límite de 300 €, se cumpren os requisitos esixidos (para remuneracións anteriores ao 29 de xuño de 2012). Se máis dun contribuínte ten dereito á dedución dunha mesma vivenda, o límite ratearase entre eles.

Dedución de 100 € para contribuíntes de familia monoparental, con algún fillo incapacitado xudicialmente suxeito a patria potestade prorrogada ou rehabilitada (para remuneracións anteriores ao 29 de xuño de 2012).

Por coidados de familiares con discapacidade: ascendente ou descendente, incluído os afíns, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, pode aplicar unha dedución de 150 €, se cumpren os requisitos esixidos.

GALICIA:

Os importes da dedución por familia numerosa duplícanse cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa aplicable o mínimo familiar teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, e concederanse 500 € ou 800 € segundo a categoría da familia numerosa. Cando se trate de familias numerosas con discapacitados que non alcancen o devandito grao, a dedución será de 250 € se é de categoría xeral e 400 € se é especial.

Os contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% e que precisen axuda de terceiras persoas, poden deducir o 10% das cantidades que lles satisfagan, co límite de 600 € se cumpren os requisitos.

MADRID:

Por acollemento non remunerado de persoas maiores de 65 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, deduciranse 900 € se cumpren os requisitos.

COMUNIDADE VALENCIANA:

Por nacemento ou adopción dun fillo cun grao de discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65% ou psíquica en grao igual ou superior ao 33%, aplicarase unha dedución de 224 € polo primeiro fillo con discapacidade e de 275 € polo segundo ou posterior.

Por familia numerosa, 204 € se é de categoría xeral e 464 € se é especial.

Polo propio contribuínte de idade igual ou superior a 65 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% establécese unha dedución de 179 €.

Por cada ascendente, incluído os afíns maiores de 65 anos cun grao de discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65% ou psíquica de grao igual ou superior ao 33%, establécese unha dedución de 179 €, se cumpren os requisitos esixidos. Tamén se aplica se a incapacidade se declara xudicialmente aínda que non se alcancen os devanditos graos.

Por adquisición de vivenda habitual por persoas con discapacidade física ou sensorial con grao igual ou superior ao 65% ou psíquica cun grao igual ou superior ao 33%, o 5% das cantidades investidas a excepción dos xuros.

Por arrendamento da vivenda habitual, se cumpren os requisitos esixidos, por persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grao igual ou superior ao 65%, ou psíquica cun grao igual ou superior ao 33%, o 20% das cantidades satisfeitas, co límite de 612 €. Ademais, se o arrendatario ten unha idade igual ou inferior a 35 anos poderá deducirse o 25% co límite de 765 €.

www.agenciatributaria.es Información Tributaria: 901 33 55 33