nº 183 marzo 2019 castro ribeiras queixo e pan, sempre da...

40
marzo 2019 nº 183 Concurso de Debuxo da Filloa Invitouse a parcipar aos co- lexios da Terra Chá. Pax. 10 Queixo e pan, sempre da mán O mes de marzo acollerá, como é tradicional, a XII edición do Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa e a Feira do Queixo e Pan de Ousá O Pleno da Deputación apro- bou as bases e orzamento do Plan Único 2019 cos vo- tos a favor de PSOE, BNG e PP e co voto en contra do deputado non adscrito. Está dotado de 21 millóns da De- putación e o seu obxectivo é mellorar ou incrementar os servizos e prestacións pú- blicas aos máis de 330.000 veciños dos 67 concellos da provincia, entre eles os 15 da Chaira. Pax. 16 O Plan Único do 2019 repartirá 4,8 millóns O concurso de tapas do Queixo San Simón da Costa de Vilalba deste ano desen- volverase entre o 21 e o 31 de marzo. Nesta edición, a XII, contará coa parcipación de 39 locais que ofrecerán tapas elaboradas con este pico queixo. Por outra ban- da, o concello de Friol acolle- rá unha nova edición da Fei- ra do Queixo e Pan de Ousá, que chega á súa 27 edición e que terá lugar o 24 de mar- zo no centro da localidade, onde, un ano máis, se ubica- rá unha gran carpa para aco- ller aos produtores destes tesouros da alimentación, estrelas desta celebración. Pax. 2 e 22 O pan de Ousá e o queixo de San Simón, os produtos homenaxeados Un ano máis, a localidade de Castro Ribeiras de Lea prepa- rou o programa de Entroido para os días 8 e 9 de marzo, organizado pola asociación CuldeCastro e en colabora- ción cos hostaleiros da zona. O concurso de disfraces con- tará este ano con máis de 6.000 euros en premios. Ta- mén o Concello de Begonte celebrará a súa tradicional festa de Entroido o día 9 de marzo, a fin de semana se- guinte ao martes de Entroido, tal e como é habitual noutras vilas galegas e o seu popular concurso de disfraces conta- rá con premios dentre os 40 e os 500 euros. Pax. 9 Castro Ribeiras de Lea e Begonte son os úl mos en celebrar o Entroido outeiro. O BNG pide unha comisión para inves- gar as dietas. Pax. 14 xermade. O Concello abre o novo parque infanl de Piñeiro. Pax. 14 muras. Ampliado o prazo para solicitar as axudas ao pago do recibo da luz. Pax. 6 rábade. O Máster de Futbolín celebrarase entre o 18 e o 20 de abril. Pax. 8 as pontes. O Concello está inmerso na renovación de varias vías. Pax. 26 vilalba. O Concello pre- senta un orzamento de case 12 millóns de euros. Pax. 2 cospeito. O PSOE de- nuncia o estado de abando- no do punto limpo. Pax. 10 A Feira do Ferro será o 14 de abril Este ano será a súa edición número XIII. Pax. 23 Premio Díaz Castro de poesía Xosé Luís Mosquera Camba foi o gañador. Pax. 12 EXEMPLAR GRATUÍTO

Upload: others

Post on 25-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 nº 183

Concurso de Debuxo da Filloa

Invitouse a parti cipar aos co-lexios da Terra Chá. Pax. 10

Queixo e pan, sempre da mánO mes de marzo acollerá, como é tradicional, a XII edición do Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa e a Feira do Queixo e Pan de Ousá

O Pleno da Deputación apro-bou as bases e orzamento do Plan Único 2019 cos vo-tos a favor de PSOE, BNG e PP e co voto en contra do deputado non adscrito. Está dotado de 21 millóns da De-

putación e o seu obxectivo é mellorar ou incrementar os servizos e prestacións pú-blicas aos máis de 330.000 veciños dos 67 concellos da provincia, entre eles os 15 da Chaira. Pax. 16

O Plan Único do 2019 repartirá 4,8 millóns

O concurso de tapas do Queixo San Simón da Costa de Vilalba deste ano desen-volverase entre o 21 e o 31 de marzo. Nesta edición, a XII, contará coa parti cipación de 39 locais que ofrecerán tapas elaboradas con este tí pico queixo. Por outra ban-da, o concello de Friol acolle-rá unha nova edición da Fei-ra do Queixo e Pan de Ousá, que chega á súa 27 edición e que terá lugar o 24 de mar-zo no centro da localidade, onde, un ano máis, se ubica-rá unha gran carpa para aco-ller aos produtores destes tesouros da alimentación, estrelas desta celebración. Pax. 2 e 22 O pan de Ousá e o queixo de San Simón, os produtos homenaxeados

Un ano máis, a localidade de Castro Ribeiras de Lea prepa-rou o programa de Entroido para os días 8 e 9 de marzo, organizado pola asociación CuldeCastro e en colabora-ción cos hostaleiros da zona. O concurso de disfraces con-tará este ano con máis de 6.000 euros en premios. Ta-mén o Concello de Begonte celebrará a súa tradicional festa de Entroido o día 9 de marzo, a fi n de semana se-guinte ao martes de Entroido, tal e como é habitual noutras vilas galegas e o seu popular concurso de disfraces conta-rá con premios dentre os 40 e os 500 euros. Pax. 9

Castro Ribeiras de Lea e Begonte son os últi mos en celebrar o Entroido

outeiro. O BNG pide unha comisión para investi -gar as dietas. Pax. 14

xermade. O Concello abre o novo parque infanti l de Piñeiro. Pax. 14

muras. Ampliado o prazo para solicitar as axudas ao pago do recibo da luz. Pax. 6

rábade. O Máster de Futbolín celebrarase entre o 18 e o 20 de abril. Pax. 8

as pontes. O Concello está inmerso na renovación de varias vías. Pax. 26

vilalba. O Concello pre-senta un orzamento de case 12 millóns de euros. Pax. 2

cospeito. O PSOE de-nuncia o estado de abando-no do punto limpo. Pax. 10

A Feira do Ferro será o 14 de abril

Este ano será a súa edición número XIII. Pax. 23

Premio Díaz Castro de poesía

Xosé Luís Mosquera Camba foi o gañador. Pax. 12

EXEMPLAR GRATUÍTO

Page 2: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade2 marzo 2019

NOVAS vilalba

A comarcal de Mans Unidas organiza un festi val solidario para recadar fondos para un proxecto en Kataboi, Turkana, ao noroeste de Kenya que As Hermanas Misioneras de Cristo Crucifi cado solicitan para mellorar a nutrición infanti l e em-poderamento das mulleres. A situación da muller é extrema. Ao tratarse dunha sociedade patriarcal, é frecuente o mal-trato e os matrimonios de conveniencia.Estas misioneiras contan xa cunha hor-ta comunitaria onde producen froitas, verduras e legumes para as garderías da zona. Pero queren aumentar a produción e así poder axudar a máis xente. Para isto precisan dispoñer dunha traída de auga e poder almacenala para as épocas de seca, para elo necesitan construír: dúas cisternas, dous tanques, un sistema para fi ltrar a auga e unha placa solar. Este proxecto inclúe tamén formar ás mulle-res en técnicas agrícolas. O importe total ascende a 47.137,00 euros. O proxecto benefi cia a 523 nenos e a 15 mulleres. Indirectamente veríanse benefi ciadas 1.232 persoas. Os benefi ciarios viven en condicións de extrema pobreza. As tare-fas domésti cas e a busca de auga corre á conta das nenas e das súas nais e os nenos alindan o pouco gando que teñen. A todo isto hai que engadir a carencia de servizos e unha baixa escolarización.O festi val terá lugar o sábado, 23 de mar-zo ás 20:00 horas, no Auditorio de Vilalba e estará presentado por Mª Xosé Lamas.O prezo da entrada é de 5 euros e terá como arti stas colaboradores aos Jin Tony’s Son, que interpretan versións dos mellores temas de rock, pop, blues e jazz co único obxecti vo de divertí ren-se e de diverti r a quen asista aos seus concertos; Estrella Naseiro e Carmen Gómez Mato, dúas arti stas plásti cas que deu a Terra Chá, de todos e todas coñecidas pola súa pintura levada a im-portantes exposicións; Toxos e Froles, ti veron a súa orixe no seo da orquestra de punteo Airiños da miña terra de Fe-rrol en 1907.

O festi val solidario de Mans Unidas volve recadar fondos en marzo

39 locais de hostalería de Vilalba suma-ranse este ano á XII edición do Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa, que se realizará previamente á feira, que será o 6 de abril. Do 39 locais, cinco se presentarán na categoría de tapa creati -va e o resto en tradicional, aumentando así o dato de parti cipación con respecto ao ano pasado.O concurso de tapas deste ano desen-volverase entre o 21 e o 31 de marzo e esti vo aberto á parti cipación de todos os locais. Xa o ano pasado ti vo unha gran re-percusión xa que parti ciparon 38 locais.Durante estos dez días de tapas, cada local presentará a súa proposta a un pú-blico esixente cun único requisito, que

conteña queixo San Simón da Costa. Como en edicións anteriores, haberá dúas categorías neste concurso de tapas, as creati vas e as tradicionais. De cada un destes grupos escolleranse catro semifi -nalistas, que serán as catro máis votadas polo público, e as que se presenten na gran fi nal, que terá lugar o sábado, aínda que a hora non está determinada.Para dárlle máis relevancia a esta fi nal, os oito pratos seleccionados terán que cociñarse en directo e posteriomente serán valorados por un xurado formado por un representante do Concello, outro da Denominación de Orixe e dous coci-ñeiros, aínda sen determinar, o mesmo día da Feira.

Para poder probar as tapas deste concur-so hai que acudir aos locais parti cipantes en horario de tapeo polas tardes e as fi ns de semana tamén ao mediodía. As tapas do concurso terán un prezo de 1,50 euros os da categoría tradicional e a parti r de 2,50 as da categoría creati va.Os consumidores poderán ademáis par-ti cipar na Ruta do Tapeo ata o día 31 de marzo de 2019. Haberá a disposición do usuario unhas papeletas nas que apare-cerán todos os establecementos parti ci-pantes, así como un mapa indicador da súa localización. Cada establecemento dispón dun espacio para que o consu-midor, ao degustar a tapa, poida solicitar que lle selen o devandito espacio coa

marca do establecemento.Cando o consumidor acade dez selos de dez establecementos diferentes, pode introducir a papeleta debidamente cum-plimentada cos seus datos persoais, pa-sando así a parti cipar no sorteo de varios agasallos que se sortearán ao fi nalizar o concurso e serán citados, previa chama-da telefónica, para a súa recollida.

39 locais parti ciparán no concurso de tapas do Queixo San Simón

O equipo do Goberno de Vilalba presen-tará en sesión plenaria os orzamentos para a súa aprobación, que ascenden a un total de 11.824.959,65 euros. A pre-visión municipal é facer a aprobación do orzamento no Pleno do 12 de marzo. Trátase dun orzamento de case tres-centos mils euros máis baixo que o ano pasado xa que disminúen os ingresos pola baixada da recadación como con-secuencia da disminuición de impostos aprobada polo Goberno municipal, espe-cialmente no capítulo do IBI.Tal e como explica o alcalde, Agustí n Baamonde, baixouse o ti po impositi vo, do 0,50 ao 0,45 que representa unha diminución do 10% dos recibos que se pagaron no 2018 e que tamén afectarán aos recibos do ano en curso. A este des-censo hai que sumar a bonifi cación do 90% para as viviendas situadas no rural

e adscritas a un uso agrícola ou gandeiro. Inclúense tamén as bonifi cacións que se realizaron para as familias numerosas de ata o 95%. En total, repercute no orza-mento en preto de 300.000 euros que se deixan de percibir por esas bonifi cacións.Desglosado por capítulos, os maio-res gastos lévaos como o ano anterior os gastos de persoal, que ascenden a 2.968.000 euros, e os gastos correntes en benes e servicios, que asecenden a 7.146.000 euros. Ademais, a transfe-rencias correntes desti naranse 698.000 euros; a invesións reais 936.000 euros e a trasferencias de capital 75.000 euros.Como sinala o alcalde, “grazas á caracte-rísti ca de que este ano a débeda é cero nos permiti rá a incoporación de rema-nentes de tesourería por importe de 600.000 euros”. Esta canti dade sumarase posteriormente para outras accións.

A este pleno levarán tamén a aprobación da modifi cación para a redacción do Plan Xeral, a modifi cación do contrato do lixo para incorporar a melllora de recollida na zona rural e o convenio coa Consellería de Medio Ambiente para a fi nanciación da obra do Plan Urbe cosistente na reno-vación da rede de auga na rúa do Calva-rio, por un importe de 170.000 euros.

OBRAS. O Concello tamén preparou os proxectos para o Plan de Camiños, que inclúe o aglomerado de dúas pistas, en Belesar en San Covade, por importe de 135.000 euros. No Plan Único 2019 o Goberno ten previsto incluír as obras de aglomerado das pistas que van de Alba a Buriz e de Corbite a Román, que se com-pletarán este ano, xa que o ano pasado fí xose a primeira parte da obra. Contan cunha dotación de 300.000 euros.

Vilalba presentará un orzamento de preto de 12 millóns de euros

O Concello de Vilalba organiza unha serie de acti vidades para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. A primeira delas é un taller de Sensibilización na rúa: cóntallo a Violeta, programado de 11:30 a 14:30 horas na praza da Consti tución.Máis tarde, ás 12:45 horas, será a II An-daina pola Igualdade con saída dende a praza da Consti tución. As inscricións de-ben facerse na páxina web de champion-chipnorte ou na ofi cina do CIM.Xa o día 12 haberá un obradoiro de Prevención da violencia de xénero, no IES Basanta Silva, que está adicado ao alumnado de 2º de ESO. O día 13 chega a quenda do contacontos Os animaliños do bosque, unha acti vidade para o alum-nado de 2º e 3º da Escola de Educación Infanti l. Por últi mo os días 14 e 15 haberá un obradoiro ti tulado Estereoti pos e ro-les de xénero para os alumnos de 5º e 6º Primaria dos CEIPs Mato Vizoso, Ínsua Bermúdez, Terra Chá e Monseivane.

O Día da Muller festexarase o 10 cunha andaina

Page 3: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019actualidade 3

O Concello de Vilalba vén de po-ñer en marcha diferentes talleres gratuítos que se desenvolverán nas parroquias do concello e nos que poderá participar calquera persoa interesada nas diferentes temáticas impartidas.Os cursos a impartir serán de Au-toestima e Valoración da Muller, Memoria e Estimulación Cogni-tiva, Ximnasia de Mantemento, Laborterapia ou Manualidades, Actividades Físicas, Actividades na Natureza e Nocións de Seguridade e Primeiros Auxilios.Desenvolveranse nas sedes sociais ou casas escola das parroquias de Sancovade, Noche, Oleiros, Nete, Xoibán, Ladra, Insua, Soexo, Bele-sar, Torre, Alba, Boizán, Mouren-ce, Gondaisque, Distriz, Tardad, Codesido, Santaballa, Lanzós, Vi-lapedre, San Simón, Samarugo, Corbelle, Árbol, Rioaveso, Román, Carballido e Goiriz.Para recibir información sobre os cursos que se imparten e como realizar a inscrición, poderán acu-dir aos representantes das asocia-cións das parroquias ou á sede da Cruz Vermella de Vilalba no Polí-gono Industrial Sete Pontes, no te-léfono 620.218.127 ou no 639 94 63 07. O comezo dos talleres esta

previsto para o mes de marzo.No mes de xullo realizarase unha xornada lúdica onde participarán todos aqueles participantes dos talleres e outras persoas que así o desexen. Durante a mesma, ha-berá unha comida e diversas acti-vidades relacionadas con todo o traballado nos diferentes cursos, exhibición de actividades físicas, exposición de traballos e outras actividades de entretemento que farán da xornada un momento agradable para compartir con to-dos os veciños.

Vilalba impartirá cursos de dinaminación dos entornos rurais nas parroquias

As empresas vilalbesas Tecnoreno-va e Carpers foron as grandes pre-miadas na I Gala de Empresarios que se celebrou en Vilalba organi-zada pola Asociación de Empresa-rios Sete Pontes.Así, Alberto Román, xerente de Tec-norenova, adicada ao sector eólico, foi distinguido como Mellor empre-sario do ano polo seu traballo ao longo destes últimos anos inmerso na construción, mantemento e repa-ración de parques eólicos. A empre-sa factura 25 millóns de euros anuais

e contan con 150 traballadores.Pola súa banda, Marta Seoane le-veouse a distinción de Emprende-dora do Ano polo proxecto Carpers, que naceu o ano pasado para a fa-bricación de xinebra rosa, un pro-ducto que conta cunha produción inicial de 15.000 unidades.Ademais dos dous premiados dé-ronse cinco mencións de honra para outras tantas firmas vilalbesas. Mariví Sanjurjo, de Sanjurjo Moda, recibiu a mención ao empresario no sector servizos; Ernesto Prieto foi

considerado o mellor empresario vilalbés no exterior para súa empre-sa HUSO 29 Renovables, situada nas Somozas tamén vinculado ao sector eólico.O terceiro premio foi para a quei-xeiría Entrepinares, pola súa res-ponsabilidade social e empresarial. Nesta empresa o 49% dos traballa-dores son mulleres. Tamén houbo premio para Lactalis polo seu carac-ter internaciolizador. Finalmente, Severiano levouse a mención ao empresario da comarca.

Tecnorenova e Carpers, premiados na Gala dos Empresarios vilalbesa

Premiados na primeira edición da Gala de Empresarios de Vilalba, celebrada no auditorio

Page 4: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

4 marzo 2019 actualidade

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha bate-ría de preguntas no Concello, ao respecto da problemáti ca derivada do estado ac-tual dalgunhas das árbores que poboan o paseo do Rañego. Unha interpelación, que chega logo de se producir a caída dunha delas, con data do pasado sábado 9 de febreiro.Neste senso, e ao tempo que criti can o “deixamento de funcións do alcalde”, dende a formación faise referencia á lexislación vixente, ao respecto das po-sibilidades de actuación das “persoas fí sicas ou xurídicas que quixeran realizar curtas ou talas de especies arbóreas na zona de servidume das canles públicas”. Un marco legal, que delimita para o Con-cello “a obtención con carácter previo da oportuna autorización por parte do organismo de conca.” Autorización, lem-bran, “que sería independente doutras que puideran resultar precepti vas, en especial daquelas obrigatorias no ámbito forestal ou medio ambiental.”Interpelarán ao Goberno, pois, “se o pa-seo é municipal, o Concello ten a obriga de mantelo dentro dunhas condicións de seguridade mínimas para os viandantes. Só ten que pedir permiso.” Neste senso se pronunciará na vindeira sesión ordinaria de marzo, a fi n de coñe-cer se existe “algunha actuación ou inter-locución administrati va que xusti fi que a pasividade do Goberno Municipal”.

CÓDIGO ÉTICO. Por outra banda, o candidato á Alcaldía de Vilalba Aberta, Modesto Renda, percibirá, de ser o vin-deiro alcalde, un máximo salarial neto de 25.794 euros (2,7 salarios mínimos interprofesionais). Así o ven de aprobar a asemblea da formación, no marco dun novo Documento Éti co.Un novo código de prácti cas e accións concretas, de obrigado cumprimento para os cargos electos de Vilalba Aber-ta, e que os 20 membros da candida-tura deberán asinar, a fi n de “asegurar unha xesti ón políti ca comprometi da e próxima á veciñanza, con mecanismos efi caces de transparencia e rendición de contas e con espazos reais de parti cipa-ción e decisión dos vilalbeses nos asun-tos públicos.” Nesta liña, tamén se expoñen diversos compromisos e medidas que teñen como obxecti vo garanti r que todos eles podan dedicar o tempo necesario á xesti ón políti ca e ás funcións públi-cas e, ao mesmo tempo, “acabar cos privilexios dos.”Un compromiso de éti ca políti ca que, tal e como apuntan dende a forma-ción, “parte da confi anza e o compro-miso que esta candidatura mantén coas persoas que ocuparán un cargo de responsabilidade pública, ademais de signifi car un mecanismo de apoio, supervisión e control á súa tarefa”.

Vilalba Aberta chama a atención sobre o estado das árbores no Paseo do Rañego

O martes 5 de marzo o Concello de Vilalba celebrará o seu tradicional concurso de disfraces de Entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila, que será ás 18.00 horas e amenizado coa Charanga DGT, Futurismo Galáctico, Tchymini-gagua e o Río Samba Show.A saída será dende a estación de autobuses ata a praza da Constitu-ción, e en caso de que as condicións climatolóxicas sexan adversas, os actos celebraranse na carpa ins-titucional que nesta ocasión terá gradas para que todos os asisten-tes poidan ver ben. Despois farase entrega dos premios para todos os participantes.O prazo de inscrición para este con-curso rematou o 1 de marzo. Os premios en cada categoría serán, na modalidade individual, infantil e xuvenil, de 0 a 14 anos, o primeiro de 60 euros, o segundo de 40 e o terceiro de 20. Na modalidade in-dividual adulto, o primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 50 e o terceiro de 30 euros.

Na modalidade de parellas infantil e xuvenil, o primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 60 e terceiro de 30. En adultos, corres-ponderán 180 euros, 80 e 40, res-pectivamente.Para as comparsas infantís e xuve-nís o primeiro premio será de 250 euros, o segundo de 150 e o tercei-ro de 120. En comparsas de adulto, o primeiro premio será de 600 eu-ros, o segundo de 400 e o terceiro de 300. Haberá un cuarto premio de 150 euros.Tamén distinguiranse a mellor pos-ta en escea e o mellor humor, cun premio de 200 euros cada un. Ta-mén se establece un premio de comparsas de adultos e infantís a repartir según criterio do xurado de 200 euros. E ademais haberá un ac-césit de participación de 100 euros as comparsas de máis de 8 compo-ñentes .Daranse por nulos, os concursantes que repitan con disfraces de anos anteriores. En todas as modalidades participantes no desfile de disfraces

e comparsas deberase nomear a unha persoa como responsable e irá identificada en todo momento como tal por motivos de seguridade.O mércores 6 de marzo terá lugar o tamén tradicional Enterro da Sardi-ña, ás 20.30h na Praza da Constitu-ción, organizada pola Escola Munici-pal de Teatro.

Vilalba, preparada para o Entroido

O Salon de Actos da Casa da Cultura vilalbesa acolleu unha charla sobre a Doazón e Trasplantes de órganos, orga-nizada pola Asociación de Exhalcohóli-cos Axúdate e o Concello de Vilalba coa parti cipación da Asociación Galega de Trasplantes Airiños.O acto foi inagurado polo alcalde Agus-tí n Baamonde, que fi xo un alegato á necesidade de Concienciar a sociedade sobre a doazón de órganos.As intervencións principais correron a cargo de Carmen Alfonsín, supervisora e coordinadora da planta de enfermos e trasplantados do CHUAC, que puxo de manifesto a importancia do servizo de enfermería tanto antes como des-pois do trasplante.Abelardo Sanchez Sanjurjo, presiden-te da Asociación Galega de Trasplan-tes Airiños, na súa intervención cen-trouse na necesidade da doazón para poder salvar vidas despois da morte. Fixo mención aos grandes avances experimentados en Galicia gracias a actos como estos, no que se pode

trasladar á sociedade a mensaxe para crear conciencia social a favor da doa-zón. Un só doante pode salvar ata sete vidas cos seus disti ntos órganos tras o falecemento. En Galicia estabamos fai dous anos preto do 30% de negati vas familiares dos posibles doantes. “O dato deste últi mo ano resulta alenta-dor xa que chegamos a un porcentaxe de negati vas de tan só o 16%, polo que

temos que estar moi orgullosos do cambio de mentalidade da sociedade galega”, explicou na charla.Dende Axúdarte dan as gracias tanto a Airiñons como o Concello de Vilalba pola colaboración en actos tan intere-santes como este. Así mesmo, organi-zarán no mes de maio unhas xornadas sobre transplantes aínda que as datas están sen concretar.

Conti núa a programación sobre transplantes de órganos

Parti cipantes na charla sobre doazón e trasplantes de órganos

O Concello de Vilalba vén de poñer en marcha un amplo programa cultural para este mes de marzo. Aínda que xa comezou, a primeira acti vidade é a tradicional Mostra de Teatro que con-ti nuará os días 10 e 16. Esta mostra consisti rá na representa-ción de varias obras, unha por xorna-da, no Auditorio Municipal Carmen Es-tévez de Vilalba, con entrada de balde e son aptas para todos os públicos. A obra do día 3 esti vo a cargo da Es-cola Municipal de teatro de Vilalba. O día 10 terá lugar a segunda repre-sentación, que estará a cargo da Es-cola Municipal de teatro de Castro de Rei, e o últi mo día, o 16, será a vez da Escola Municipal de teatro da Pon-tenova.

O 17 de marzo será a quenda do Circo Boriska, onde haberá un espectáculo misturado con música, baile e humor. É unha actuación adicada aos máis pe-quenos.Trala celebración da gala solidaria de Mans Unidas, o 31 de marzo haberá un gran espectáculo. Trátase da res-presentación da ópera, con orquestra en directo, Cavallería rusti cana e gran-des coros de ópera, onde haberá que mercar a entrada previamente ou na taquilla.Do 1 ao 30 de marzo na Casa da Cultu-ra poderase ver a nova exposición de Adolfi na Mesa, Natureza ínti ma.O 15 de marzo na Casa da Cultura ta-mén será a presentación do novo libro de Ticiana Ghiglione Darriba.

O Concello pon en marcha un amplo programa cultural

Page 5: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 5actualidade

O Grupo Municipal Socialista vén de fa-cer unha proposta ao goberno local para que solicite a subvención anunciada pola Consellería de Cultura e Turismo para o equipamento e mellora das instalacións e locais culturais, como é o caso da Biblio-teca Municipal. Os socialistas consideran que se podería facer unha mellora moito máis ampla este ano, aproveitando as obras para a incorporación do ascensor. Neste senso, tal e como indica a orde, as axudas contribuirían á mellora do equi-pamento e mobiliario, obras de reforma, ampliación, modernización, así como a adquisición de materiais técnicos ou ade-cuación ás novas tecnoloxías.Desde o PSOE incitan ao equipo de go-berno a que solicite esta axuda, con contí a máxima de ata 30.000 euros, que contempla na propia convocatoria “inversión en bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais”. En palabras da voceira dos socialistas, Elba Veleiro, “este investi mento poderíase desti nar a melloras no mobiliario do edifi cio da biblioteca, aproveitando esta oportuni-dade para, ademais de eliminar barreiras arquitectónicas coas obras actuais, facer da biblioteca un espazo con máis recur-sos para todas as persoas que empregan este servizo”. Porén, criti can que despois dun mes, “aínda non se nos aportou a documentación que pedimos no que ati nxe á subvención do ascensor, ade-mais de que as obras que ían ser para un

mes xa levan o dobre e o edifi cio segue pechado”.A oposición socialista subliña que esta podería ser “a ocasión perfecta para dar pulo ao fomento da lectura, abrir a bi-blioteca, e por tanto a cultura, a persoas de todas a idades e condicións, e pro-gramar acti vidades neste senso”. Tamén trasladaron a necesidade de aproveitar para un maior uso e de máis calidade o salón de actos, “olvidado para o Concello salvo contadas excepcións”.Nesta liña, as e os socialistas fi xeron es-pecial fi ncapé en habilitar aulas de estu-do. O Grupo Socialista considera tamén imprescidible ter unha planifi cación específi ca para xuventude e atender as

súas demandas, polo que tamén piden que o goberno de Baamonde estude po-sibilidades nesta área.Mais tamén fan outra proposta ao gober-no popular de Vilalba, pois a Consellería de Políti ca Social vén de anunciar a co-mezos deste mes unha liña de axudas en-marcadas no programa “Iniciati va Joven”, para o fi nanciamento e posta en marcha de proxectos da man de grupos xuvenís. “Pensamos que o Parti do Popular ten to-talmente olvidada á mocidade vilalbesa, acordándose dela exclusivamente para eventos festi vos, sen aproveitar o seu ta-lento, sen apoiar proxectos de futuro, e en defi niti va, relegándoos a un posto de cidadáns de segunda”, zanxan.

O PSOE propón melloras na Biblioteca e sinala unha liña de axudas da Xunta

Biblioteca pública do Concello de Vilalba

O PSOE vén de facer unha críti ca ao goberno local por non ter presentado os orzamentos deste ano a tres meses das eleccións municipais. Así mesmo, os socialistas sinalan que o equipo de goberno ten a cinco edís cobrando das arcas públicas e unha maioría ab-soluta para sacar adiante a principal ferramenta de xesti ón.A voceira dos socialistas, Elba Veleiro, aseverou que “os investi mentos no ano 2019 veranse condicionados coa aprobación tan tardía dos orzamen-tos”, engadindo que “non hai descul-pas nin xusti fi cacións posibles para tal demora que arrastran ano tras ano”. Desde o Parti do Socialista con-sideran que o alcalde fai deixadez de funcións conti nuadamente, e poñen de manifesto que “ben faría en non considerar a alcaldía de Vilalba como o seu reti ro parti cular”. Neste senso, afi rman que “Vilalba leva demasiados anos sumida na falta de iniciati vas que posibiliten un punto de infl exión na perda de oportunidades para o desenvolvemento socioeconómico da capital da Terra Chá”, segundo Veleiro.

Criti can que non estén presentados os orzamentos

O Concello de Pol organiza un obra-doiro sobre Gobernanza coopera-tiva nas Comunidades de Montes Veciñais os días 25, 26, 27, 28 e 29 de marzo no centro sociocultural de Mosteiro, de 16:00 a 19:00 horas.Os obxetivos deste obradoiro é impulsar o emprendemento a tra-vés do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veci-ñais, favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante coope-rativas entre os produtores. Tamén buscan espertar o interese dos pro-pietarios de terras e das persoas mozas desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.No obradoiro falarase das iniciati-vas innovadoras no medio rural, da valorización dos montes veciñais en mán común, da gobernanza e a organización cooperativa das comu-nidades de montes, da fiscalidade das comunidades de montes e da súa titularidade.Para realizar a inscrición previa, de carácter gratuíto, pódese chamar ao 981 58 47 83 ou enviar un e-mail a [email protected].

O Concello de Pol organiza un obradoiro sobre Comunidades de Montes Veciñais

pol

Page 6: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade6 marzo 2019

A Pastoriza puxo xa en funcionamen-to a iluminación do últi mo tramo do acceso ao parque industrial. Unha demanda feita polos veciños usuarios da zona, tal e como indicou o alcalde da localidade, Primiti vo Iglesias. Esta obra fí xose en tres etapas, que xa re-mataron, e faltaba por completar o úl-ti mo treito ata o parque industrial. O orzamento desta obra foi duns 22.000 euros e consisti u na implantación de

luminarias LED con sistema de regula-ción de consumo.Segundo a programación da iluminación pública, as lámparas acenden cunha de-terminada potencia pero pasada a media-noite esa potencia redúcese para aforrar consumo e volve ás primeiras horas do día coa fi nalidade de aforrar gasto e enerxía.Esta obra era moi demandada porque moita xente uti liza a zona para pasear e quedaba un traxecto sen iluminación.

Remata o últi mo tramo da iluminación do polígono

a pastoriza

Presentación A Casa da Cultura da Pastoriza acolleu a presentación do novo libro da asturiana Enedina Mallada Paniagua La belleza de las pequeñas cosas. O acto foi presentado polo alcalde, Primiti vo Iglesias, e durante a presentación a autora fi xo unha sipnose da súa obra, que está baseada en pequenos apuntamentos que ela foi elaborando ao longo dos últi mos anos e publicando na prensa astur. Desta experien-cia de arti gos semanais, fi xo unha recompilación nun volume analizando vivencias e situacións aparantemente intrascendentes pero que teñen un fondo calado no senti -mento e na conciencia da autora e tamén dos posibles lectores.

O Concello da Pastoriza mantén en licita-ción estes días o proxecto de pavimenta-ción de camiños nas parroquias de Álva-re, Vián, A Guarda, Pastoriza, Reigosa e Bretoña. Este proxecto, que ten un orza-mento de 300.427 euros, está fi nanciado integramente polo concello. Comprende un total de 12 quilometros nos que se priorizará os viais de acceso a núcleos de poboación, en especial aqueles uti lizados para a circulación de vehículos.A este proxecto hai que sumar o do Aga-der, que vai ser desti nado para o arranxo

de vías na parroquia de Baltar e para o que hai un orzamento de 68.000 para un período bianual.As empresas teñen de prazo ata o 6 de marzo para presentar plicas. Unha vez pechado este, procederase á apertura de propostas e a dar comezo as obras, que, segundo indicou a tenente de alcalde, Elva Carrera, queren rematar antes do verán “sempre e cando o tempo o permi-ta”. Os traballos consisti rán no reafi rma-do das vías, limpeza de cunetas e implan-tación de rego asfálti co.

Licitado o proxecto de reparación de 12 quilómetros de vías rurais

muras

O Concello de Muras vén de sacar a licitación a xesti ón do bar coñecido como O Chiringuito, local de propie-dade municipal, que se arrenderá por un período de dez anos.O contrato adxudicarase por proce-demento aberto, no que toda persoa interesada poderá presentar unha proposición. Para a valoración das propostas e a determinación da ofer-ta economicamente máis vantaxosa atenderase a dous criterios de adxu-dicación: un dependente dun xuízo de valor e outro dependente dun criterio automáti co.Establécese como ti po mínimo de li-citación que poderá ser mellorado á alza polos licitadores 2.712 euros ano,

IVE excluído. O prezo do contrato será o que resulte da adxudicación. Man-terase invariable durante a anualidade 2019, actualizándose a parti r do 2020. O prazo de presentación de solicitu-des está aberto ata o día 7 de marzo.

O Concello saca a licitación a explotación do Chiringuito

O Concello de Muras ven de poñer en marcha unha nova actividade, na que necesitan toda a colaboración posible para facela realidade.Propoñen facer unha recollida de fotos antigas, de Muras e das suas xentes ata o ano 1990. No concello copiaranas e dixitalizaranas para construir un bo traballo da historia de Muras e das súas xentes. Ade-mais de poder expoñelas na seguin-te edición da Romaxe. Para poder facilitalas haberá que achegarse ao concello ou envialas por correo electrónico a [email protected].

Piden colaboración veciñal para un álbum de fotos anti gas

O Concello de Muras ampliou o prazo para pedir as axudas por gasto de luz nos fogares dos veciños de Muras ata o 11 de marzo de 2019 correspondente á pasada anualidade. Como en edicións anteriores, todos os interesados en so-licitar esta axuda terán que presentar as facturas correspondentes ao todo o ano pasado nas ofi cinas municipais, no Rexistro Xeral. Este ano, como novida-de, o abono farase nun único pago.O importe individual das achegas non superará os 500€ por unidade familiar

e concederase en función da Renda per Cápita anual da unidade familiar.Concederase unha soa axuda a cada familia que o solicite e unha soa por vivenda habitual e por contador da luz desti nado á vivenda habitual. No caso de edifi cios de vivendas, poderase con-ceder a axuda a cada vivenda que for-me parte del e que así conste no padrón municipal de habitantes. Non poderán optar a estas axudas as vivendas que teñan débedas coa administración agás que sexan abonadas.

Ampliado o prazo para pedir as axudas locais por gasto de luz

Co gallo do 8 de marzo, Día Interna-cional as Mulleres, un día antes, o 7, proxectarase no Local Social de Mu-ras, ás 19:00, o documental Tecido resistente, dirixido pola xornalista Marina Chiavegatto sobre as traba-lladoras da antiga fábrica de tecidos de Présaras, mulleres que gozaron dunha independencia inusual no ru-ral de principios do século XX e coas que puido falar. Elas traballaron en Fiados e Tecidos de Vilasantar, fac-toría preto do río Tambre, que esti-vo aberta ata que un lume en 1962 destruiuna. A propia xornalista esta-rá na proxección e participará nun coloquio posterior,Este traballo foi un un dos gaña-dores do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualda-de convocado pola Deputación da Coruña, que o subvencionou con 18.000 euros.

Proxección dun documental polo Día da Muller

Imaxe do edifi cio do Chiringuito

O tenente de alcalde de Muras, Ma-rio Rouco lembrou que xa están re-matadas unha serie de vías realiza-das no concello de Muras cos cartos aportados polo Plan Único da Depu-tación do ano pasado. Trátase de va-rias vías e accesos como a senda Co-to-Ferrerio, senda da Fraga, senda da Loma, senda Rego da Xestosa, acceso a Penagrande, curral da Carballos, A Baín, o Barral, A Bedille de Abaixo, á estrada do Caneiro, ao Carregal e ao Castro. Para estas obras desti ráronse un total de 130.135 euros pero como a maioría das obras saíron á baixa na licitación, cos cartos sobrantes fi eron outras obras en vías como as pistas dos Carballás, de Armada de Arriba, en Freán, Vilariño, O Alto, Musdra-das, Ponte da Balsa e a pista que vai da LU-P-3402 a LU-P-3406 e a pista do porto da Gañidoira.

Rematan as obras en vías con cargo ao Plan Único 2018

O Concello de Muras vén de poñer en marcha o seu plan de melloras en servizos básicos coa obra do ce-miterio, coa que pretenden facer unha rehabilitación do camposan-to, é dicir, ampliar a oito o número de nichos e ademais botar o chan en formigón xa que agora é grava. Tamén darase un lavado de cara ao pechamento exterior.O orzamento do proxecto ascendía a 54.745,07 euros e finalmente a

empresa adxudicataria BCenor SL. conseguiu a obra por 42.261,55 euros, polo tanto 12.483,52 é o so-brante desta obra, que servirá para facer outros proxectos de servizo público no concello.Desde o Concello recalcan que este é un servizo básico que vai na liña que propoñen dende o goberno mu-nicipal de ir mellorando e poñendo en marcha servizos básicos que non existí an ou que estaban deteriorados.

Comezan as obras de mellora e ampliación do cemiterio

Ampliarase a oito o número de nichos e botarase formigón no chan

Page 7: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 7publicidade

Page 8: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade8 marzo 2019

rábade

Parellas de toda España reuniranse no tradicional Máster de Futbolín de Rábade os días 18,19 e 20 de abril no torneo que reparte uns 10.000 euros en premios, segundo avanza-ron desde a organización, para facer coincidir un ano máis esta celebra-ción coa Semana Santa.Trátase da 22 edición. O número de participantes calcúlase que será como outros anos, aínda que as in-cripcións, que previsiblemente cus-tarán 25 euros por persoa, pecharán días antes do torneo. Xogarase no pavillón do colexio, e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.No máster hai as modalidades para tres niveis de parado, movemento, combinada, feminina e infantil. As categorías raíñas recibirán como premios 1.200 euros e a estancia do ano que vén no Coto Real, as demáis categorías repartiranse premios mo-netarios e roupa deportiva.Haberá tamén os trofeos Alejandro Finisterre, para o xogador máis re-gular e o trofeo David García, para o mellor porteiro. A organización fará a presentación do Máster o 9 de marzo, data na que se fará público o cartel do evento.

Preparan a nova edición do Máster de Futbolín, que será do 18 ao 20 de abril

Imaxes da edición do ano pasado do Máster de Futbolín

O Concello de Rábade terá este ano un orzamento de 1.738.900 euros, dos que máis de 270.000 euros adi-caranse a investi mentos reais, o que supón o 15% do total.O Goberno biparti to sacou as contas ás que ti ldou de “reais e axustadas” e que son similares a outros anos. Os populares rabadenses votaron en contra xa que consideran que están desequilibrados. En concreto no ca-pítulo de gastos máis da metade do orzamento adícase a gastos corren-tes en bens e servizos, uns 940.521 euros, e 481.000 son para gastos de persoal.A parti da de gastos de persoal viuse afectada con respecto ao 2018 xa

que o pasado ano asumiron a xes-ti ón do taller de emprego. Ademais o Concello prevé pavimentar estradas municipais con máis de 140.000 eu-ros, dos cales 121.000 corresponden á Deputación de Lugo. Ademais, in-vesti ranse 25.000 euros en ilumina-ción pública e outros 49.000 euros na reposición de camiños e outras infraestruturas. Os orzamentos con-templan ademais unha parti da de 24.600 euros adicada a subvencións para enti dades locais.No apartado de ingresos destacan 705.000 euros para transferencias correntes, 490.000 euros para im-postos directos e un total de 341.000 euros para taxas e prezos públicos.

Presentan un orzamento de 2,7 millóns de euros

O 23 de marzo haberá a tradicional Foliada de Primavera no centro socio-cultural de Rábade, que estará organi-zada polo propio Concello e pola aso-ciación cultural e xuvenil Treboada.Comezará ás 17:00 horas, cun curso de canto e pandeireta a cargo de Ja-vier Feijóo Chisco, mestre de Canto Popular da Escola Municipal de Músi-ca Folk e Tradicional de Vigo e terá un custe de 5 euros. Ás 20:00 horas será a quenda da foliada dos grupos par-ti cpantes e ás 22:00 haberá pinchos para todos os asistentes e a esperada foliada aberta.Para apuntarse haberá que chamar ao 651 15 05 21 ou escribir un correo electrónico a [email protected].

A Foliada de Primavera terá lugar o 23 de marzo

O voceiro do BNG, Iván Sangiao, deman-dou que se revise a sinalización da ruta de sendeirismo que parte do entorno da Casa das Insuas de Rábade. A ruta Peri-metral Rabadense ten unha lonxitude total 9,27 km e percorre unha boa por-ción do concello de Rábade aproveitando camiños e corredoiras, tamén transcorre paralelo a un tramo do Miño, ten un total de 38 puntos de interese.Iván Sangiao sinalou que “dentro de pou-co empezará o bo tempo e o concello debe facer vixilancia do percorrido para sinalizar aqueles puntos nos que o perco-rrido é confuso e para coidar o entorno por onde transcorre a ruta”. O BNG en Rábade aposta pola posta en valor do patrimonio natural que existe no entor-no da vila e do Miño como atracti vo tu-rísti co “por eso propuxemos, fai tempo, a creación desta ruta e tamén insisti mos en que se faga un correcto mantemento da mesma”.

BAIXA ILUMINACIÓN. O voceiro do BNG no concello de Rábade dirixiuse ao goberno municipal para “suxerir” que, unha vez están aprobados os orzamen-tos municipais, “se encendan os puntos de luz do barrio de Regabaixo”. “No ba-rrio de Regobaixo hai farolas, pero den-

de fai moitos anos están sen funcionar”, explicou Iván Sangiao. O voceiro do BNG pediu que se trate de igual xeito ás veci-ñas e veciños desta zona do concello que ao resto e se lles dea servizo como nou-tros barrios.Neste barrio existen vivendas, que a pe-sar da súa dispersión, teñen xa instaladas as luminarias pero non están en funcio-namento. Para o BNG “nos orzamentos non se trata, unicamente, das canti dades de cartos que se asignan a cada parti da se non de como se xesti ona”.

O BNG reclama unha sinalización clara da ruta de sendeirismo

Seguindo coas acti vidades na Casa das Insuas de Rábade, o seguinte obradoiro estará adicado a Cestería de pequenas estruturas de vimbio en maceta, e será o 15 de marzo.O horario será de 10:30 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 e terá un prezo de 35 euros (socios AGCT) e 40 euros (non socios).As inscricións poden facerse por email no [email protected] ou no 680560882 (Alba). Recoméndase levar roupa e calzado de traballo para o cam-po, adaptado a meteoroloxía.Para os vindeiros meses teñen progra-mados outros cursos. Xa en maio será de cestaría de marañas ao azar, en set-embro de cesto para setas e en novem-bro de comedeiros e bandexas.

A Casa das Insuas prepara novos cursos para este trimestre

Iván Sangiao, falando cunha veciña

Page 9: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019actualidade 9

castro de rei

O Castro de Viladonga consolidará nas próximas actuacións os restos da es-caleira, o torreón e o alxibe que foron descubertos recentemente nas últi mas escavacións realizadas neste xacemento de Castro de Rei. Segundo os expertos, os valiosos achados que deixou a últi ma campaña de escavacións obrigou a esca-var máis alá do que estaba inicialmente previsto no proxecto e condicionará as intervencións dos vindeiros meses.Os traballos executados afectaron a unha superfi cie de 1.250 metros cadrados situados no sector nordeste do Castro, dos cales 100 foron de nova escavación e o resto actuacións sobre estruturas arqueolóxicas que foron exhumadas nos anos 70 e 80 do século XX para garanti r a súa conservación.O resultado é un percorrido máis accesi-ble e completo, de forma que os visitan-tes poden ter unha mellor e máis segura

experiencia na visita do castro. Así, acon-dicionouse o paseo superior da muralla, incluíndo a colocación de chanzos de madeira ben integrados na pendente existente e dunha varanda acorde co entorno.Igualmente, as obras serviron para po-ñer en valor o corte existente no sistema defensivo do castro, de forma que se permita a visualización dos diferentes compoñentes estruturais da muralla e do foso. Ademais, executáronse as ramplas necesarias para mellorar a accesibilidade das zonas de actuación dentro do iti nera-rio de visita do castro e instaláronse nal-gúns puntos varandas de madeira para maior seguridade. Estas intervencións súmanse ás levadas a cabo entre os anos 2016 e 2017 para corrixir as defi ciencias detectadas no estudo de diagnose elabo-rado en 2015, que esixían dun proxecto de conservación preventi va.

O Castro de Viladonga consolidará os novos achados

Unha vista aérea dos novos achados

Un ano máis, a localidade de Castro Ribeiras de Lea celebrará o Entroido os días 8 e 9 de marzo, organizado pola asociación CuldeCastro e en colabora-ción cos hostaleiros.A celebración terá lugar no anti go cam-po de fútbol baixo unha carpa para protexer das posibles inclemencias do tempo e dará comezo o día 8, venres, cunha verbena a cargo da orquestra A Fórmula, que fará nesta celebración en parti cular a súa presentación ofi cial. Se-rán cinco horas de música con discoteca móbil e gogós.O sábado 9 a programación arrincará ás 12.00 cunha sesión de xogos tradicio-nais, organizados por Xotramu, combi-nados con animación infanti l.Sobre as 13.30 horas haberá unha se-sión vermú a cargo de Stereo Show deixando para as 16.30 horas o comezo do desfi le de entroido.Ás 21.00 horas haberá unha cea na car-pa para todos os veciños cun menú a base de empanada, xamón cocido, ca-llos, orellas de entroido e pan cun prezo de dez euros por persoa. Os ti ckets para a mesma poden mercarse en Amándoa, Mariva, Fénix, L&M ou na popia carpa o mesmo día.Finalizará a festa cunha verbena a cargo tamen de Stereo Show.O concurso de disfraces contará este

ano con máis de 6.000 euros en pre-mios. Así, as tres primeiras comparsas recibirán 1.500, 700 e 300 euros, res-pecti camente. Por parellas de adultos haberá 400, 200 e 100 euros en pre-mios. En individual de adultos os pre-mios serán de 250, 125 e 60 euros.Tamén haberá un apartado infanti l. As tres mellores parellas recibirán 150, 70 e 40 euros mentres que os mellores disfraces individuais terán 120, 60 e 30 euros, respecti vamente.A organización sorteará de madrugada un carro cheo de sorpresas valorado en 1.500 euros.

VAL DE FRANCOS. Un ano máis ha-berá Entroido tamén na parroquia de Val de Francos, que se celebrará o 5 de marzo. A festa dará comezo ás 16.30 horas coa actuación de grupo de gaitas Os Valuros, antes do acto ofi cial de sermón sentencia e queima do entroido. A conti nuación, terá lu-gar o sorteo de cestas para dar inicio, ás 18.00 horas, ao baile, que estará a cargo da orquestra Triunfo. A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha car-pa para as posibles inclemencias do tempo.

O entroido de Castro reparti rá 6.000 euros en premios

O Concello de Castro de Rei recibe unha axuda do IDAE-FEDER para a mellora da efi ciencia enerxéti ca do alumeado públi-co de Castro Ribeiras de Lea, que suporá actuar en 343 puntos de luz existentes, susti tuindo as actuais luminarias por unhas de tecnoloxía LED máis efi cientes, o que disminuirá a potencia pasando de 50’63kw a 18’55kw conseguindo un aforro enerxéti co do 61% e unha mellor iluminación en zonas públicas.O importe da actuación, que ten un cus-te aproximado de 150.000 euros, conta cunha subvención do 80% do custe total que ascende a 117.000 euros, e suporá

un importante aforro para as arcas muni-cipais no recibo mensual da luz, á vez que favorecerá unha economía baixa en car-bono, reducindo a contaminación e me-llorando a calidade do alumeado público.Igualmente o Concello de Castro de Rei ten en tramitación outra subvención ante o mesmo organismo, a través da Deputación provincial de lugo coa que pretende mellorar a efi ciencia enerxéti -ca do alumeado público na vila de Cas-tro de Rei, que ascende a 25.000 euros e co que se pretende igualmente reducir o consumo e mellorar a calidade do alu-meado público.

O Concello mellorará o alumeado público de Castro Ribeiras de Lea

begonte

O Concello de Begonte celebrará a súa tradicional festa de Entroido o día 9 de marzo, a fin de semana se-guinte ao martes de Entroido, tal e como é habitual.A celebración dará comezo ás 17.00 horas no Pavillón Pavillón Municipal de Baamonde con popular concurso de disfraces, que contará con premios entre os 40 e os 500 euros.Unha vez fi nalizado o desfi le, que du-rará ata as 20.30h, terá lugar a festa en familia do entroido, onde os ne-nos poderán gorzar nos inchables e nos talleres de maquillaxe e globlo-

fl exia que o concello ten programa-dos para ese día. Para os adultos está previsto un baile amenizado coa dis-coteca móvil Eventec. Os nenos que parti cipen no concurso terán churros con chocolate grati s.As bases e inscricións están dispo-ñibles na web www.concellodebe-gonte.es e nas oficinas do Concello. O prazo de inscrición é ata o mérco-res 6 de marzo, e esta debe facerse na oficina do Concello de Begonte, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, ou a través da sede electrónica.

O Entroido será o 8 e 9 de marzo

Page 10: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade10 marzo 2019

Santi ago García Souto, será o xuíz en-cargado desta edición da Moexmu, según confi rmou Conafe e Africor Lugo. É propietario da gandería Finca La Asunción en Quión – Touro (A Co-ruña) e será a primera vez que xulga no concurso de gando da Moexmu.Este respectado gandeiro coruñés ten acadado, coa súa granxa, importan-tes premios en concurso de carácter autonómico e nacional, como os tí -tulos de Gran Campiona a nivel gale-go, nas categorías de vacas e novillas nos anos 1990, 1996, 1997 e 1998; ademáis de mellor rebaño e mellor criador na Semana Verde de Galicia no ano 1998 e Novilla Gran Campioa nos concursos nacionais nas edicións celebradas no 1996 e 1998.García Souto é xuíz Nacional de Conafe dende 1995 e membro do Co-mité de Xuíces da Confederación de Asociaciones de Frisonas Española,

e ten parti cipado en varias reunións a nivel europeo para a armonización de xuíces. No ano 2000 formou par-te, como representante de España, a nivel internacional dos xuíces encar-gados do xulgamento dos lotes por países da Confrontación Europea que se celebrou en Bruselas.A nivel nacional, destaca a súa par-

ti cipación como xuíz no Concurso Nacional de Primavera no ano 2000 e no Concurso Nacional de Outono CONAFE 2007, ademáis dos rexionais de Asturias, Cataluña, Andalucía, Cas-tela e León e Galicia. Ten sido director técnico das Escolas de Xuíces celebra-dos en Cádiz, Pozoblanco (Córdoba), Asturias, Cantabria e Menorca, así como en varias celebradas en Galicia.Tamén ten experiencia internacional, xa que ten acudido a Portugal, Fran-cia, Italia e os Países Baixos.Conti núa aberto o prazo de inscripción para a reserva de stand e parcelas na Moexmu 2019 a ubicar no recinto fei-ral Manuel Vila López. A organización tamén informou de que o domingo 7 de abril haberá unha nova edición do Concurso Monográfi co de Can de Pa-lleiro dentro da programación feiral. A inscrición, que xa está aberta, deberá facerse antes do día 3 de abril.

Santi ago García Souto

Santi ago García Souto será o xuíz da Moexmu 2019

cospeito

O vicepresidente da Deputación, Ar-gelio Fernández Queipo, informou que o Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno investimentos de 1,4 millóns de euros máis deste organismo para mellorar dotacións e servizos públicos nos concellos de Chantada, Lugo, Láncara, Cospeito e A Fonsagrada. En Cospeito achéganse 77.500 eu-ros para rehabilitar a pista que vai ao Víncalo, moi importante por que une Santa Cristina de Roás e dá ser-vizo a Momán, Xustás ou Rubiños; a pavimentación da rúa Avenida Río Támoga, que conecta a LU-P-1716 e a LU-111 e é empregada por moitos veciños; así coma a dotación de va-rios puntos de luz LED nos núcleos de Teixeiro, Os Carballiños, Rúa Nova e Grandameá, na parroquia de Roas.

A Deputación desti na 77.500 euros para rehabilitar a pista ao Víncalo

A XXVIII edición da Festa de Filloa celebrarase o primeiro mércores de maio, polo que xa foi convocada a XX edición do Concurso de Debuxo e Re-lato - Filloa 2018.Nas vindeiras xornadas serán envia-das as bases aos diferentes centros escolares de primaria e secundaria de toda a comarca da Terra Chá, un total de 25.Nesta edición os nenos terán que fa-cer os seus traballos sobre A Festa da Filloa e as Zocas na que a idea princi-pal é que os máis novos intenten vin-cular estas dúas tradicións galegas, a fi lloa e as zocas, para lograr que sigan vivas na sociedade. Aínda que as bases especifi can as zocas, como dedicatoria ao Museo da Zoca que Xotramu inaugurará no Pórti co da Igrexa Vella de Muimenta en vindei-ras datas, pode relacionarse con cal-queira outro ofi cio da cultura galega.Os traballos gañadores serán expos-tos durante a celebración de dita fes-ta gastronómica e os galardonados recibirán os seus premios despois do pregón da Festa o vindeiro primeiro de maio.Espérase contar, como ven sendo habitual dende o ano 2010, cunha colaboración por parte da Univer-sidade de Santi ago de Compostela, que será entregado a un dos dezaseis premiados, premios nos que tamén se espera contar coa colaboración do

Concello de Cospeito, da Deputación, e as enti dades Abanca, Caixa Bank e Sabadell Gallego entre outras.Igualmente, o vindeiro 26 de abril, a comisión está a organizar unha viaxe ao programa Luar para a promoción da XXVIII edición da Festa da Filloa de Muimenta. Quen desexe ir de público debe apuntarse na tenda Desexos de Muimenta.

IRMANDADE. A comisión organiza-dora da XXVIII edición da Festa da Filloa de Muimenta parti cipou na presentación da XVI Festa da Filloa da Pedra do Concello da Baña, a cal se celebrou o 23 e 24 de febreiro. Os lugueses foron invitados polo Conce-llo da Baña para coñecer as disti ntas festas e modalidades de preparación da fi lloa ao longo de toda Galicia, a través dunha pequena demostración e degustación deste tí pico produto, moti vo do logro da disti nción de Fes-ta de Interese Turísti co de Galicia.A cita coa Filloa de A Baña, acudiron tamén as festas da fi lloa de Lestedo e de Zas. A IV edición da Festa da Filloa de Zas será o 16 de marzo, a XVI edi-ción da Festa da Filloa de Pedra de A Baña foi o 23 e 24 de febreiro, a XXX-VI edición Festa da Filloa de Lestedo cae no 10 de marzo e a XXVIII edición da Festa da Filloa de Muimenta (Festa de Interese Turísti co de Galicia) será o 1 de maio.

Convocado o Concurso de Debuxo da Festa da Filloa

A Asociación de Nais e Pais A Gran-da de Muimenta vén de poñer en marcha unha iniciati va solidaria co obxecti vo de recadar fondos para a loita contra o cancro. Así, elabora-ron un calendario con debuxos fei-tos polos nenos do colexio de Mui-menta que están á venda a un prezo de 5 euros. O obxecti vo é que o recadado vaia para a asociación SO-MOS Unidos polo Cancro, de Lugo.As persoas que desexen mercar un destes calendarios poden facelo en diferentes establecementos da co-marca: frutería Capricho Andaluz, en Feira do Monte; estanco e zapa-taría Iglesias, en Muimenta; libraría Maduca, en Castro de Rei; libraría Amodrín, en Castro Ribeiras de Lea; libraría Soños, na Pastoriza, e Aiti -lex, en Vilalba.

Nenos de Muimenta fan un calendario solidario

O PSOE de Cospeito denuncia que o ac-tual estado no que se atopa o Punto lim-po municipal, totalmente abandonado, responde a desidia do alcalde do PP e do seu equipo de goberno. A voceira socia-lista, Rosa Morán, explicou que na actua-lidade os residuos depositados na insta-lación municipal sobresaen, superando o peche do perímetro, acumulándose na vía e bloqueando unha das saídas, ade-mais de incumprir as mínimas normas de salubridade. O PSOE criti ca que non se están a cumprir as normas do punto limpo pois hai residuos como neumáti -cos, neveiras, televisores, entre outros, que non se poden depositar.Os socialistas presentaron en outubro de 2018 unha proposta no Pleno que foi aprobada por unanimidade por todos os grupos políti cos na que se instaba ao goberno municipal do PP a sinalizar cun cartel o punto limpo, indicar o horario de apertura, as condicións e obrigas para a recollida e informar aos veciños de Cos-peito para dar a coñecer este servizo.Rosa Morán subliñou que “durante estes 4 meses o alcalde non fi xo absolutamen-te nada, nin puxo un cartel. Hai denun-cias de roubos de materiais, non hai se-guridade porque o peche é moi baixo, as pistas que rodean o recinto están cheas de lixo, deixando unha imaxe lamentable

do noso Concello. O punto limpo é un au-ténti co vertedoiro descontrolado”.“Este problema é un exemplo máis do desgoberno e a inacción do PP no mu-nicipio. Esiximos xa ao rexedor popular que solucione esta situación, atenda, por unha vez, as demandas dos veciños e cumpra os acordos plenarios” apuntou a socialista.

REVISTA. Os socialistas de Cospeito seguen a repartir a súa revista, cun-ha tirada de 2500 exemplares, na

que falan da realidade do Concello, das “falsedades” do actual goberno municipal e ao mesmo tempo dos proxectos de futuro que lles gusta-ría facer se saen elexidos nos próxi-mos comicios.Están a repartir está revista porta a porta para que todos os veciños coñezan de primeira mán as nece-sidades e carencias do Concello e podan ao mesmo tempo formular as preguntas e inquedanzas que teñan.

O PSOE denuncia o estado de abandono do punto limpo

Estado actual do punto limpo de Cospeito

Page 11: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 11actualidade

abadín

Aniversario. O centro de Día de Abadín celebrou esta se-mana o décimo aniversario da súa apertura. A dirección do cen-tro organizou un programa de ac-ti vidades cheo de emoción e ilu-sión no que parti ciparon tamén autoridades, usuarios, familias, veciños e amigos do centro. Pola tarde, contaron coa amenización do grupo de música Amigos de Guiti riz, que comparten cada ano está tradición tan especial.

A subdelegada do Goberno, Isabel Ro-dríguez, efectuou unha visita en Aba-dín, ás obras que está a levar a cabo o ministerio de Fomento para a mellora do fi rme na N-634. Estas obras inclúen-se dentro do plan de choque de acon-dicionamento da rede de estradas do Estado na provincia de Lugo.Isabel Rodríguez remarcou “o com-promiso do Goberno coa provincia de Lugo, que queda patente co esforzo que está a facer Fomento para garan-ti r o bo estado da rede estatal de es-tradas, logo de anos de abandono”. Tamén destacou que con estas obras de mellora do fi rme “aseguramos a conservación das principais vías de co-municación da provincia, pero ademais contribuímos a mellorar a seguridade vial, que é o noso principal obxecti vo”.A subdelegada inspeccionou os traba-llos de mellora do fi rme que nesta fase se están a ulti mar hoxe no municipio de Abadín. Esta actuación inclúese no plan de posta a punto do fi rme na

N-634, a N-VI, a N-540 e a N-120 e con-ta con un presuposto total de 2,22 mi-llóns de euros. A actual fase das obras de emerxencia na N-634 afectan aos concellos de Abadín, Vilalba, Lourenzá e Barreiros.

Fomento xa leva investi dos en obras de conservación nas estradas da provincia máis de 21,1 millóns de euros e contaba con unha parti da de 26 millóns de euros para o mesmo fi n no proxecto dos Pre-supostos Xerais do Estado para este ano.

O Goberno ulti ma os traballos de mellora do fi rme da estrada N-634

A subdelegada do Goberno, visitando as obras

O parti do socialista de Abadín pre-sentará no próximo pleno unha pro-posta para substi tuír o céspede do campo de fútbol de Abadín. O voceiro socialista, Pablo Díaz López, explicou que instarán ao PP a que inclúa estas actuacións nas obras que fi nancia a Deputación a través do Plan Único.Pablo Díaz informou que o terreo de xogo non permite a práctica da ac-tividade futbolística en condicións óptimas por culpa da mal drenaxe do céspede. Actualmente empre-gan estas instalacións deportivas os

3 clubs do Concello: o Abadín C.F.F, que xoga en segunda rexional; o A.D.C. Abadinense, que está en pri-meira provincial de veteranos; e o Montouto Veteranos, que compite en segunda provincial.“Chegáronnos moitas queixas dos xogadores, pois o céspede está levan-tado o que pode ocasionar algunha lesión deporti va. Ante esta situación é urxente dotar dun novo céspede para os máis de 60 deporti stas que adestran e xogan todas as semanas. O Concello ten unha boa oportunida-

de para solucionar este problema in-cluíndo esta actuación no Plan Único da Deputación, como fi xeron outros municipios da provincia como Burela, Chantada ou Paradela”.“É importante que Abadín conte cunhas instalacións renovadas e de calidade para a práctica deportiva, que sirvan para dinamizar social-mente a vila e a economía do noso municipio. Agardamos que o Alcal-de apoie esta iniciativa e atenda esta demanda veciñal ” subliñou o voceiro socialista”.

O PSOE reclama cambiar o céspede do campo de fútbol

Page 12: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade12 marzo 2019

A alcadesa, Regina Polín, anunciou que o concello acometerá nas próximas da-tas a renovación do parque infanti l de Sete Muíños, unha obra que ronda os 80.000 euros de licitación aínda que se presentaron baixas.O concello, que xa abriu estes días as propostas das empresas para realizar as obras, ten previsto adxudicalas o máis rápido posible para que esta instalación esté rematada a fi nais do mes que ven.A obras consisti rán na renovación total do parque, que implica non só o cam-bio de xogos, que foron reti rados polo mal estado no que se atopaban, senón tamén de todo o parque sen cambiar a estrutura inicial. As obras realizaranse con cargo ao Plan Único 2018.

ESTRADAS. Por outra banda, tamén es-tán para adxudicar as obras de rexene-ración de varias estradas das parroquias de Santa Cruz, San Salvador, Os Vilares e Trasparga. Os traballos consisti rán na limpeza de cunetas e en botar unha capa de aglomerado en quente. Na maior parte delas están no proceso de abrir os sobres e en rematar o proceso de adxudicación para comerzar en bre-ve, xa que teñen todos os permisos para comezar a execución dos traballos, agás unha que vai con cargo al Plan Marco.

RUTA DE SENDEIRISMO. Dentro da

programación de acti vidades na honra de Rosalía fí xose unha ruta semanal coa que se inaugurou a ruta de sendei-rismo do Río Requeixo-Roca. Fixeron a caminata completa, que consta de dez quilómetros e na capela de Bascuas fi xeron unha parada técnica para facer unha lembranza de Rosalía, leuse un poema e tomouse un pequeno refrixe-rio consistente en fresas e café con torta de millo coa intención de dar pulo á ali-mentación saudable.Este novo roteiro percorre dende a Ponte de Roca ata Buriz ao longo do río Requeixo (ou Roca), pasando pola presa de Narla. Trátase dunha zona de muí-ños e de rocas no medio do río dunha gran beleza paisaxísti ca que ten unha extensión de dez quilómetros e que ten a denominación de Reserva da Biosfera.Para facer esta senda aproveitáronse os carreiros de pescadores, na marxe es-querda do río. Ademais da adecuación do piso, contemplouse a construción de pontes para pasar á outra beira nas zo-nas de interese, así como a sinalización e a colocación de paneis ao tratarse dunha zona protexida de fl ora e fauna.Esta obra contou cunha achega de 19.000 euros que aportou Rede Natura aos que se suman os 4.000 do concello. A intención do Goberno local con esta construcción é “recuperar a ribeira e protexela”, indica Regina Polín.

Guiti riz renovará totalmente o parque de Sete Muíños

O equipo de Goberno vén de ampliar o prazo de presentación de solicitudes para a creación dunha bolsa de empre-go temporal de auxiliares de Axuda no Fogar mediante concurso de méritos. O Concello estableceu como nova data límite de presentación o 8 de marzo. O obxecti vo desta listaxe é a creación dunha bolsa de emprego temporal de auxiliares para posibles substi tucións do persoal contratado por incapacida-de laboral, vacacións, acumulación de tarefas, etc.Esta listaxe terá unha duración de tres anos (2019-2022) e a contratación labo-ral será de ata un máximo de seis meses. O traballo conssiti rá na realizacón de ac-ti vidades refl ecti das no plan de traballo que se elaborará no departamento de servizo sociais para cada persoa benefi -ciaria e serán os referidos á atención de carácter persoal, domésti co, atencións de ropua, compra, preparación de ali-mentos, e outras que así o determinen.Os traballos realizaranse nos domicilios dos benefi ciados deste servizo dentro dos límites municipais.

Amplíada a bolsa de emprego do SAF

guiti riz

O escritor Xosé Luís Mosquera Camba foi o gañador da cuarta edición do Certame Díaz Castro de Poesía. A obra premiada, presentaba co lema Ada Murati , foi A traxedia da arquitectura.O xurado, formado por Miguel Anxo Fer-nán Vello, Ánxela Gracián e Armando Re-queixo escolleu de forma unánime esta obra entre as 4o presentadas e valorou da mesma “o excelente traballo de fusión e recreación das máis diversas tradicións poéti cas para conformar un fulgurante collage, no que ecoan voces referenciais preceentes que constrúen unha estéti ca do sincréti co, panliteraria e en constante diálogo intertextual”.“O poema ilumínase a través dun ela-borado proceso de decantación lectora,

un instantaneísmo que reconfi gura o texto, dende o onírico, o abstracto e a fractalización de planos, para espallar un novo molde resultante da converxencia de múlti peles achegas”, salientaron os membros do xurado. Quixeron destacar así mesmo a “excelente calidade dun número importante” dos orixinais pre-sentados, o que evidencia “o estado de magnífi ca saúde da nosa poesía e a boa acollida do premio”. O xurado fi xo públi-co o premio na mesma xornada na que se presentou o libro gañador da tercei-ra edición, Oracións profanas, de Xurxo Alonso, publicada por Espiral Maior.O acto de comunicación do fallo do xura-do e a presentación do libro contou coa actuación do grupo Amigos da Música.

Xosé Luis Mosquera gaña o premio Díaz Castro de poesía

O Concello de Guiti riz xunto con Ribeirán Proxectos Naturais propoñen novamente un curso de formación en voluntariado ambiental que terá unha duración total de 24 horas, e que constará dunha par-te teórica de 16 horas, reparti da en dúas xornadas de 8 horas cada unha, e unha parte prácti ca que estaría contemplada nunha xornada de 8 horas. Este curso terá lugar os días 16 (parte teórica), 17 e 23 (parte prácti ca). Cada xornada terá 8 horas reparti das entre a mañá e a tarde.Na parte teórica falarase da historia do voluntariado ambiental, do seu marco le-gal, e das persoas voluntarias. Da xesti ón de proxectos, do traballo en equipo. Ta-mén falarase das acti vidades de volunta-riado ambiental desenvolvidas en Galicia, das enti dades que realizan voluntariados ambientais e das experiencias en traba-llos de voluntariado ambiental. Por últi mo deseñarase un proxecto par-ti cipati vo coa detección por medio dos parti cipantes das necesidades ambien-tais do concello e a proposta de actua-ción con voluntariado para mellorar a

situación ambiental do concello.Na parte prácti ca, aplicaranse as novas tecnoloxías para a recollida e aporte de datos a proxectos acti vos na actualidade. A idea é realizar dúas xornadas de oito horas de duración, unha pola mañá e outra pola tarde. A prácti ca constará da eliminación de especies vexetais exóti cas invasoras; da detección e eliminación de vertedoiros incontrolados; da limpeza de lixo en ríos e eliminación de invasoras nas súas beiras, e por últi mo, das propostas resultantes do deseño parti cipati vo de proxectos de voluntariado ambiental.O orzamento para a realización das par-tes teórica e prácti ca é de 960 euros máis ive, e inclúe a elaboración e docencia da parte teórica, a xesti ón de acti vidades prácti cas e do material para docencia e prácti cas. Non inclúe o seguro dos par-ti cipantes nin os medios de transporte para desprazarse aos lugares de realiza-ción das prácti cas.Ribeirán Proxectos Naturais fi xo no 2018 o Campo de Traballo Internacional Auga e Pedra do Concello de Guiti riz.

Realizarán un curso formati vo en voluntariado ambiental

Baixo o tí tulo xenérico de Guiados por Rosalía e Díaz Castro: Tempo de lecer en familia o Concello de Guiti riz vén de poñer en marcha un programa cultural no que se inclúen disti ntos obradoiros, charlas e actuacións. O eixe principal de todas estas acti vidades é o seu carácter saudable, ecolóxico e lúdico orientado a todas as familias.O obxecti vo destas acti vidades é sensi-bilizar sobre determinados aspectos co-ti áns, facer que a familia se sinta unida, loitar contra as discriminacións, favore-cer hábitos responsables e saudables, concienciar da importancia dos pe-quenos detalles, manter e mellorar as relacións entre o vecindario e formar, entreter e diverti r. As acti vidades deron comezo coa inauguración da mostra Nos tamén fomos emigrantes, que per-manecerá aberta ata o 10 de marzo na Casa Habanera. Tamén incluiuse neste programa a homenaxe a Alfonso Blan-co e a charla sobre a reuti lización do aceite usado dentro do proxecto Aceto.Xa no mes de marzo, o día 8, farase unha homenaxe á Muller con moti vo da súa celebración internacional.O domingo 10 de marzo será tempo de teatro, coa representación da obra Roedores, para público infanti l e fami-

liar, a parti r das 18.00 horas na Casa Habanera.O 12 de marzo comezarán dous obra-doiros. Por unha banda, haberá un de merendas saudables ás 16.10 horas no CEIP Lagostelle e por outra iniciarase o de Autoesti ma, que consisti rá en cinco sesións de dúas horas que terán o seu comezo o 12 de marzo e se prolonga-rán ata o 23 de abril. As sesións terán lugar a parti r das 11.30 horas na Casa Habanera e os que desexen anotarse deberán facelo no concello.O obxecti vo deste curso é aprender a quererse, coidarse e superar as metas.A programación conti nuará o 22 de marzo co Festi val de Narrati va Oral Atlánti ca 2019 patrocinado pola Depu-tación Provincial de Lugo. Conti nuarán con máis obradoiros para familias o 28 de marzo, cun taller sobre eti quetado de alimentos e compras saudables, as 16.30 horas na Casa Habanera.Finalmente, a primeira fi n de semana de abril celebranse as últi mas sesións. O sábado 6 terá lugar unha obra de tea-tro co tí tulo Invisibles, ás 20.00 horas na Casa Habanera, e, o domingo, un taller de autodefensa, que se imparti rá de 11.00 a 14.00 horas tamén na Casa Habanera.

O Concello abre un programa de acti vidades para familias

Un momento da presentación do fallo do certame de poesía

O Pleno de Guiti riz aprobou a súa ad-hesión ao Pacto de Alcaldes Polo Clima e a Enerxía, o maior movemento mun-dial de autoridades para loitar contra o cambio climáti co.A adhesión implica asumir os obxec-ti vos da Unión Europea para frear o cambio climáti co, adoptando as medi-das necesarias para reducir, de aquí ao 2030, un 27% do consumo enerxéti co e un 40% as emisións de CO2, ao tempo que se aumenta un 27% o emprego de enerxías renovables.Ademáis, supón a adopción de medi-das de adaptación fronte aos riscos e vulnerabilidades aparelladas ao cambio climáti co, como son as secas, a elevación do nivel do mar, ou unha maior frecuencia dos episodios de temperaturas extremas e chuvias to-rrenciais.Unha vez aprobada a adhesión ao Pac-to, o Concello presentará un plan de acción que garanta o cumprimento destes obxecti vos no ano 2030.Así, o Concello de Guiti riz acordou no pleno a súa adhesión ao Pacto. Este foi lanzado en Europa no ano 2008, e implica xa a case 8.000 autoridades lo-cais pertencentes a 57 países de todo o mundo. Ademais, coa adhesión ao Pacto, o Concello contribúe á consecu-ción da Axenda 2030, un chamamento universal para acadar un mundo máis xusto e sustentable.

O Concello súmase ao Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía

Page 13: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 13publicidade

Page 14: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade14 marzo 2019

outeiro de rei

A Consellería de Infraestruturas e Mobi-lidade anunciou que adxudicará de xeito “inminente” as obras de mellora do siste-ma de abastecemento de auga no muni-cipio de Outeiro de Rei tralas intentesas protestas por parte do Bloque Naciona-lista Galego e polos veciños que viñan queixándose en numerosas ocasións da turbidez da auga.Segundo a Xunta, nestes días están a ter lugar as mesas de contratación que ava-lían as ofertas presentadas. A actuación ten por obxecto reforzar o servizo de sub-ministro de auga mediante a ampliación da rede tal e como demandaban os veci-ños e os parti dos da oposición.O proxecto ten un orzamento de lici-

tación de 600.000 euros e un prazo de execución de seis meses. Prevé ampliar a rede de abastecemento, conectando a rede de distribución -que actualmente se alimenta mediante unha tubaxe que vai dende o depósito de cabeceira ata o polígono industrial de Matela- coa rede que se abastece da propia Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP). O concello de Outeiro de Rei dispón dunha ETAP que foi ampliada en dúas ocasións para aumentar a súa capacidade, e dous depósitos de cabeceira de 1000 e 2700 metros cúbicos, respecti vamente.As obras consisti rán na execución dun ramal principal cunha lonxitude aproxi-mada de 3.032 metros de tubaxe de PVC.

Saen a licitación as obras da rede de auga tralas protestas veciñaisA subdelegada do Goberno, Isabel

Rodríguez, supervisou as obras de mellora do firme que realizou o ministerio de Fomento na estrada N-VI ao seu paso polo concello de Outeiro de Rei. Isabel Rodríguez destacou que “Fomento está a facer obras nas principais estradas e en moitos concellos da provincia por-que a prioridade deste Goberno é que Lugo dispoña das mellores in-fraestruturas”.A subdelegada visitou a primeira fase da actuación de emerxencia en Outeiro de Rei, onde remataron os traballos de reparación do firme que se realizaron nun treito de algo máis de 6 quilómetros. Para a sema-na que vén, Fomento ten previsto continuar as obras de mellora do firme e a seguridade vial na mesma

estrada en dirección a Pedrafita.Estas obras forman parte dunha ac-tuación que leva a cabo Fomento en catro das principais estradas da nosa provincia. Ademais da N-VI, realizanse melloras do firme na N-540, a N-120 e a N-634. O investi-mento total nestas obras é de 2,22 millóns de euros. Unha actuación coa que o Goberno traballa para manter en bo estado de conserva-ción a rede estatal de estradas na provincia de Lugo.Co mesmo obxectivo, Fomento leva investidos na conservación e man-temento das estradas da provincia máis de 21,1 millóns de euros nos últimos meses. Para este ano, os Presupostos Xerais do Estado in-cluían unha partida de 26 millóns de euros para o mesmo fin.

Fomento remata os traballos de mellora do fi rme da N-VI

A subdelegada do Goberno, visitando o fi n das obras

O BNG pedirá, de xeito formal, copias das actas e convocatorias das comisións extraordinarias e polas que se lle están pagando dietas a ediles do PP. Xosé Ferreiro explicou que “estas comisións non son ningunha das que, segundo contempla a lei deben existi r obrigato-riamente nun concello como Outeiro de Rei, que son a Comisión Xeral de Contas e Comisión de Asuntos do Pleno”. Fe-rreiro explicou “dubidamos da existen-cia efecti va dunhas comisións que se convoca co fi n de facer un reparto de dietas entre os afí ns ao alcalde”.

“Estáselles cobrando aos veciños polo entronque da auga e despois repártan-se cartos en dietas de comisións inne-cesarias” explicou Ferreiro que sinalou “non é entendible que á veciñanza se lle cobre un servizo báse e despois se repartan cartos entre ediles afí ns ao alcalde”. Ferreiro sinalou, tamén, “nesa comisión non hai ningún membro do Grupo Municipal do Bloque Naciona-lista Galego, nin de ningún outro grupo da oposición, descoñecemos completa-mente as datas e horas de celebración así como o tratado e acordado nesa

comisión, cuesti ón que consideramos fundamental para levar a cabo o noso traballo como concelleiros”.O BNG solicitará que na maior brevi-dade posible, no mínimo tempo a lei contempla, se permita consultar a do-cumentación descrita, convocatorias e actas, así como que se subministre as copias correspondentes das reu-nións celebradas durante esta lexisla-tura desta comisión non obrigatoria e que “parece que foi creada exclusiva-mente con membros do Grupo Muni-cipal do PP”.

O BNG pide unha comisión para investi gar o reparto de dietas

José Pardo Lombao será o candidato do PP en Outeiro de Rei onde é alcalde den-de fai máis de 21 anos. O popular mani-festa, ante os novos comicios de maio, a súa intención de “seguir traballando para que Outeiro de Rei sexa un concello atracti vo para vivir e traballar” apostan-do por “ofrecer servizos e acti vidades lú-dicas, facilitar a conciliación e fomentar a implantación de empresas”.A ese respecto, o candidato popular sina-lou que “agardamos que o crecemento da poboación experimentado no noso municipio se manteña no tempo” e amo-sa a súa intención de “seguir traballando para ofrecer servizos aos veciños e veci-ñas de todas as idades”.

José Pardo Lombao repite como candidato do PP

xermade

O Concello de Xermade vén de rematar as obras de construción dun novo parque infanti l na parroquia de Piñeiro, unha obra que ti ña un orzamento de 10.254 euros, con cargo a fondos propios.As obras consisti ron na colocación dunha base de formigón que despois recubriron con caucho para protexer aos pequenos nas caídas. Finalmente, colocaron os xogos infantí s que con-sisten na colocación dun columpio, un balancín e un tobogán.Trátase dun parque de nova creación que complementa as obras de mellora dos accesos e estradas nesta mesma parro-quia. A intención do concello con esta obra foi ofrecer un espazo de esparce-mento aos máis pequenos.

ILUMINACIÓN. Por outra banda, o con-cello cambiará tamén as 380 bombillas por outras con tecnoloxía LED nas princi-pais oito parroquias do termo municipal. Esta será a primeira actuación que aco-meterá o concello, que conti nuará traba-llando nesta liña no resto de parroquias ata completar todasas casas. Esta acción lévase a cabo cos cartos concedidos den-tro do Plan Único do 2018.

CAMIÓN GRÚA. Ademais, o concello de Xermade comprou un camión con

grúa por un valor de 31.460 euros. O custe foi dividido entre a Deputación, que puxo 22.000 euros, e o Concello, con 9.460. Esta compra serve para seguir aumen-tando o parque movil do Concello, aín-da que nesta lexislatura xa se mercaron dous tractores con catro desbrozado-ras, unha retroexcavadora, un coche para servizos municipais, un carrito de emerxencias con bombas de achique, un cortacéspede e unha furgoneta de proteccion civil.

Remata a obra do parque infanti l de PiñeiroO Concello conmemorará o Día da Muller o sábado 9 de marzo cunha xornada que dará comezo ás 21.00 horas no local da asociación de veci-ños de Cabreiros. A primera acción será unha charla co tí tulo Por que as mulleres no rural paramos o 8 de marzo?, que estará a cargo de Rosa Arcos, presidenta de Fademur Galicia.A conti nuación terá lugar unha cea, a cargo do restaurante O paso, de Can-damil. A xornada rematará cunha ac-tuación musical a cargo do Dúo Estre-llas e un sorteo de agasallos. O prazo para inscribirse para a cea remata o 6 de marzo. Ten un prezo de 15 euros.

Día da Muller en Cabreiros

O Concello de Xermade levará as acti -vidades tamén ás parroquias coa cele-bración dun curso de xabóns e cremas cosméti cas que se desenvolverá dende marzo a maio en tres parroquias do Con-cello. Momán será a primeira en acoller esta formación, entre o 23 e o 30 de mar-zo en sesións de 16.00 a 18.00 horas. Se-guidamente, terá lugar a mesma entre o 6 e o 13 de abril en Xermade. Finalmente, en Candamil, o curso imparti rase do 11 ao 18 de maio, todos co mesmo horario.O custe do curso é de 5 euros por persoa e para parti cipar é necesario inscribirse no concello. Hai vinte prazas.

O Concello organiza un curso de xabóns en tres parroquias

Unha imaxe do novo parque de Xermade, en Piñeiro

Page 15: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 15reportaxe

unha ollada polo rural

“Antes traballaba de fotógrafa de bo-das, bauti zos e comunións e quedei no paro”. Así explica Inés López como comezou a súa aventura vexetal esta vivairense afi ncada na parroquia xer-madense de Cabreiros, que abriu un obrador de cociña 100% vexetal para elaborar pratos e postres sen ovos, nin leite, nin manteiga . “Xa fai uns seis anos que a miña parella tivo un problema intestinal e non podía comer produtos refina-dos”, di para explicar como come-zou a cociñar pratos vexetais ou con outros ingredentes. Esto fixo que profundizara no seu pequeno gusto pola cociña. Sendo unha persoa au-todidacta e despois de moito practi-car e de facer cursos e talleres, Inés comezou a elaborar os seus delicio-sos e orixinais biscoitos.Unha vez coa idea na cabeza, viu o momento de buscar unha ubicación acorde con este traballo tan artesán e natural. “Tiñamos claro que que-ríamos algo no rural, por exemplo no meu caso, para ter unha horta coa que abastecer a cociña”, acla-ra Inés. Así despois de moito mirar, atoparon un lugar perfecto para os seus proxectos na parroquia xerma-dense de Cabreiros, donde fai vida e mostra a súa creatividade nos fo-góns.Inés López é unha artesá da cociña,

viu un interese popular na cociña vexetal, así que aproveitou este fi-lón e lanzouse a montar SenSucre, nome oficial da súa pequena em-presa emprendedora dedicada á elaboración de pasteis e biscoitos con produtos naturais. A súa oferta é 100% vexetal, apta para veganos e moi ecolóxica, aínda que non teña o selo de calidade. A súa primeira liña de traballo é a Doce, na que se centra na elaboración de diferentes produtos de repostería sen usar su-cre, tan só endozando con estevia e usando fariñas integrais ou de es-pelta.Ademais, Inés aposta polos produ-tos de tempada, como por exem-plo os pasteis que se poden atopar agora, como a laranxa ou cabaza, ademais doutras froitas que están todo o ano. Complementa todo o coidado que lle mete ao plato con facer unha bonita presentación do seu pastel, porque o que lle gusta é “facer unha cociña rica, saudable e vistosa”.Traballa por encargo pero tamén ten algúns puntos de ventas, como o Mercado da Terra en Lugo ou a cooperativa coruñesa Zocamiñoca, vinculados todos eles á cociña eco-lóxica.Esta cociñeira ten claro que o seu seguinte paso é abrir unha liña

Salgada, na que ten idea de facer patés vexetais, pesto ou falafel. Tra-taríase de pratos máis elaborados, pero quere que siga a mesma liña de sostenibilidade e de coherencia vexetal.Pero para seguir ampliando o seu negocio tradicional e profundamen-te artesanal, Inés está pendente de diferentes permisos, pero, sobre todo, do financiamento necesario para seguir adiante porque como ela dí, “tan só coas boas ideas non se vai a ningures”.A súa cociña orixinal e totalmen-te diferente estase a convertir nun exemplo seguido por moitos afeccio-nados á cociña cen por cento vexetal e sen aditivos. Así, polo momento realiza obradoiros e talleres nos co-lexios e centros sociais da contorna cando a chaman e non dubida en se-guir creando cousas novas.Para os namorados da gastronomía, non deixa de ser un exemplo de orixinalidade e saber facer combi-nando unha alimentación totalmen-te saudable cunha presentación in-maculada e diferente.

Inés cambiou a cámara fotográfi ca polos fogónsEsta emprendedora viveirense, afi ncada en Cabreiros, elabora de forma 100% vexetal unha liña de produtos doces

A súa elaboración orixinal e

diferenciada estase a converti r nun

exemplo seguido por moitos afeccionados polo cen por cento

vexetal e sen aditi vos

Bundt de cabaza e laranxa confi tadaIngredientes:300gr. de fariña de espelta integral.50 gr. de fariña de garavanzo.300 gr. de pure de cabaza ( cabaza cocida con auga xusta para cubrir, sen sal, e pasada pola bati dora) a temperatura ambiente.200 gr. de zume de laranxa.50 gr de aceite de oliva virxe extra.4 ml de estevia.8 gr de gasifi cante e unha pizca de bicarbonato.unha pizca de sal2 laranxas (a ralladura e o zume , que máis ou menos xa son os 200 gr)Para confi tadar: 1 laranxa e 100 gr. de panela, ou azucre de coco e 125 gr. de auga

Elaboración:Lavamos ben a laranxa e cortámola en láminas duns 3 mm. Nunha pota de base ancha poñemos o azucre elixido e a auga mesturados e poñemos a ferver. Cando empezo o fervor dispoñemos as láminas de laranxas de maneira que todas toquen o líquido e non superen as dúas capas, baixamos o lume ao mínimo e deixámolo durante unha hora máis ou menos, ata que se faga caramelo. Sacamos as laranxas e deixámolas arre-friar nunha reixa e reservamos o caramelo para usar en calquera outra elaboración.

Para o biscoito:Precalentamos o horno a 170º. Rallamos a pel das dúas laranxas e as exprimimos. Nun bol mesturamos os ingredientes secos (fariñas, sal, bicarbonato e gasifi cante). Mes-turamos o puré, o zume, a estevia e a ralladura. Engadimos os líquidos aos sólidos e mesturamos ben. Collemos o molde e poñemos as laranxas confi tadas no fondo e envorcamos a mestura. Levamos ao forno durante uns 30-35 minutos. Hai que ir vixiando xa que, dependendo da altura e material do molde, tardará máis ou menos.

Page 16: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

16 marzo 2019 actualidade

DEPUTACIÓN

O Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou por unanimidade as propostas que levou o presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio de Bombeiros, Darío Campos Conde, para iniciar a parti res do 1 de maio a xesti ón directa dos parques comarcais de bom-beiros, que é cando rematan os contra-tos das empresas que actualmente se ocupan da mesma.O modelo de xesti ón proposto por Campos Conde supón un aforro de 260.000 euros ao ano, a subrogación dos 117 profesionais que ofrecen este servizo e a mellora das súas condicións laborais. Por exemplo, pasarán a ser considerados como profesionais de ac-ti vidades de risco.Son 75 bombeiros, 36 cabos e 6 xefes de parque que, tal e como reivindica-ban estes profesionais e como se com-prometeu Campos Conde, pasarán a ser persoal laboral dos parques que for-man parte do Consorcio Provincial de Bombeiros: Viveiro, Vilalba, Barreiros, Monforte de Lemos, Sarria e Chantada.

Esta medida engádese á equiparación salarial, que sempre defendeu Campos Conde, e que se conseguiu no mes de xuño, supoñendo que os 117 traballa-dores dos parques de bombeiros da provincia de Lugo por fi n cobren exac-tamente o mesmo que o resto dos seus compañeiros en Galicia.Ditas propostas baseáronse en infor-mes xurídicos e económicos realizados pola Deputación de Lugo, que garanten a viabilidade da xesti ón pública dos par-ques de bombeiros.O cambio no modelo de xesti ón dos parques de bombeiros é unha proposta feita polos presidentes das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra á Xunta de Galicia xa no 2016. Fixérono nunha reunión na que tamén parti cipou a De-putación de Ourense. Naquel momen-to, Baltar opúxose ao cambio de xesti ón e a Xunta mantí vose ao marxe, tal e como dixo publicamente o Conselleiro de Presidencia, deixando aos organis-mos provinciais avanzar na súa propos-ta en solitario.

A xesti ón dos parques de bombeiros pasa á Deputación

O Pleno da Deputación aprobou as ba-ses e orzamento do Plan Único 2019 cos votos a favor de PSOE, BNG e PP e co voto en contra do Deputado non adscrito. Está dotado de 21 millóns da Deputación e o seu obxecti vo é mello-rar ou incrementar os servizos e pres-tacións públicas aos máis de 330.000 veciños dos 67 concellos da provin-cia. Pois estes fondos son para no-vas obras en instalacións municipais, servizos sociais, emprego, iniciati vas turísti cas, deporti vas e culturais, ad-ministración electrónica e protección civil. Todo isto para dinamizar social e economicamente o conxunto do terri-torio lugués, atendendo ás necesida-des veciñais.Na proposta presentada por Campos Conde, distribúense os 21 millóns nos 67 municipios en base aos seguintes criterios obxecti vos: poboación, super-fi cie, núcleos poboacionais e taxa de envellecemento. Isto supón máximos de 500.000 euros en Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria, e mínimos duns 200.000 en Negueira de Muñiz, Rábade ou Triacastela.Os Concellos deberán desti nar como mínimo o 50% dos fondos que lles corresponden a investi mentos. Isto implica que cando menos 10,5 millóns de euros sexan para novas melloras nas instalacións públicas municipiais (acondicionamento de accesos, estra-das, rúas, instalacións deporti vas ou culturais, traídas de auga, alumeados públicos...).Tendo en conta a taxa de envellece-mento e a necesidade de ofrecer ser-vizos sociais aos maiores da provincia, os municipios terán que desti nar un mínimo de 1,5 millóns de euros ao Ser-

vizo de Axuda no Fogar a persoas non dependentes; prestación para a que a Xunta de Galicia non achega nin un só euro.Os restantes 9 millóns de euros pode-rán desti narse a máis obras, máis ser-vizos sociais ou ao fi nanciamento de acti vidades turísti cas, deporti vas, cul-turais, grupos de protección civil ou á administración electrónica.

Campos Conde incorpora na súa pro-posta un anti cipo do 50% dos fondos aos concellos para inxectar canto antes no conxunto da provincia a metade do orzamento do Plan Único 2019, que ascende aos 10,5 millóns. O Pleno de-bateu a proposta do presidente e ao aprobarse, de seguido os municipios poderán solicitar este anti cipo e pre-sentar os proxectos.

O Plan Único do 2019 reparti rá 4,8 millóns entre os 15 concellos da Chaira

15 lucenses no paro iniciaron a forma-ción gratuíta que ofrece a Deputación no eido forestal, concretamente na trans-formación da madeira, co fi n de ofrecer solucións a falta de man de obra tal e como reclama o sector. Logo de parti ci-par nesta iniciati va, os alumnos poderán acadar un traballo como condutores de maquinaria, técnicos de motoserras ou especialistas en procesadoras forestais.É unha acción formati va que puxo en marcha para dar resposta ás necesidades do propio sector, que apuntan que exis-te un défi cit de persoal cualifi cado para traballar no eido forestal. Estí mase que ao redor do 80% dos parti cipantes neste obradoiro poderán atopar traballo unha vez fi nalizada a formación.A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, ex-plicou que o forestal é un sector que en Lugo dá traballo a unhas 10.000 persoas, 3.000 de xeito directo e 7.000 indirecto,

o que da mostra da importancia que ten nunha provincia eminentemente rural.De feito, un dos principais problemas que xorden da escasa man de obra é a impo-sibilidade de que as empresas lucenses conti núen a medrar, pois non existe persoal cualifi cado que permita facelo. Neste senso, a ti tular en emprego puxo en valor que no sector forestal existe o “pleno emprego” e a incorporación no mercado laboral de especialidades como a dos Grao en Forestais é de case o 100%.O Goberno decidiu pór en marcha esta programación formati va gratuíta para ofrecer novos postos de traballo que o sector forestal demanda, especialmente no eido da transformación e aproveita-mento forestal: condutores de maquina-ria, técnicos de motoserras ou especia-listas en procesadoras forestais; postos para os que non existe formación especí-fi ca. Deste xeito, a Deputación busca cua-lifi car a persoas interesadas no sector fo-

restal, en postos moi demandados e que non contan con formación en ámbitos como o do mantemento e tratamento de maquinaria ou a prevención de riscos.Os 15 alumnos seleccionados xa están a recibir formación especializada da man da Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira. Este curso de capacitación, que se estende ata o vindeiro 10 de maio, dispón de máis de 300 horas de formación, das que máis do 60% son de carácter prácti co. Estas rea-lizaranse en parcelas forestais con ma-quinaria, co fi n de que os parti cipantes poidan adquirir as competencias xerais precisas para traballar en empresas deste sector. Os módulos que se van a imparti r, que contan con sesión teóricas, son apeo e procesado de árbores con motoserra ou con colleita forestal, desembosque e tratamentos de subprodutos forestais e manexo e mantemento de maquinaria e tractores forestais.

A Deputación forma a quince lucenses en paro no sector forestal

Mérito Turísti co. A deputada de Cultura, Pilar García Porto, recibiu a Gran Pla-ca ao Mérito Turísti co que concedeu a Fundación de la Orden del Camino de Santi a-go ao Goberno da Deputación nun acto celebrado en Xantar. A Orden del Camino de Santi ago decidiu entregar a súa condecoración á Deputación pola importancia terri-torial e infl uencia que a provincia de Lugo aporta aos Camiños de Santi ago e tamén, polo apoio que o Executi vo Provincial presta aos concellos e asociacións vinculadas ás 4 rutas xacobeas que atravesan a provincia así como pola dinamización que desde o Goberno provincial se está a facer para impulsar os Camiños de Santi ago.

A deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou as axudas directas que ofrece a Depu-tación ao teatro profesional da provin-cia que este ano chega ata os 50.000 euros, duplicando o seu investi mento con respecto ao ano pasado. Fíxoo nun encontro con representantes deste sector, no que parti ciparon Con-celleiros de Cultura e técnicos munici-pais, así como enti dades e asociacións implicadas nesta programación. O ca-lendario de actuacións de representa-ción das compañías lucenses será den-de o 4 de maio ata o 31 de decembro de 2019, e o caché de cada represen-

tación dependerá da ti poloxía e na-tureza das obras, que oscilarán como máximo entre os 4.000 e os 5.500 eu-ros. Os concellos ou asociacións sen ánimo de lucro que desexen parti cipar nesta iniciati va deberán aportar o 50% de cada actuación, e o restante corre-rá a cargo da Deputación.Para realizar o calendario de Proscenio, consti tuiuse unha comisión técnica para analizar a presentación de solicitu-des, tanto das peti cións de actuacións nos diferentes Concellos e Asociacións, como as inscricións dos grupos de tea-tro de acordo co establecido nas bases deste convocatoria.

As axudas ao teatro profesional duplícanse ata os 50.000 euros

Page 17: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019actualidade 17

TERRA CHÁ

Forma-T é unha empresa de orixe mei-rense pero firmemente asentada en Vi-lalba que fixo da formación o seu modo de negocio. A súa actividade e crecemen-to levounos a ser hoxe unha referencia nacional e internacional na prevención de riscos no sector eólico. Iván Fernán-dez Hermida é o propietario da empresa.

Cal é a función principal de Foma-T?Forma-T é unha empresa adicada sobre todo á prevención de riscos, pero non só a este tema senón tamén a todo o que é práctica, quero dicir, temos talleres de práctica de todo tipo de formación e prevención sobre todo no sector eólico. Estamos tamén moi orientados no sec-tor forestal, onde levamos todo o que é dar formación e prevención dos recursos forestais do monte para unha empresa multinacional dende Santander ata Por-tugal. Pero tamén facemos outro tipo de formacións como é o CAP de transportis-ta, os fitosanitarios e moitos máis, aínda que o máis forte é a prevención de riscos.

Cando empezou?Esta aventura empezou no ano 2011, arrincamos primeiro en Meira e a pri-meiros do 2012 demos o paso a Vilalba, que é onde temos a nosa base e tamén a clientela máis importante da empresa.

Cantos alumnos teñen?Polo xeral hai uns 110 alumnos pola mañá e pola tarde sobre 150, falando da escola de Vilalba, a estos hai que sumar os 30 de media que temos en Meira. Eso no caso dos alumnos pero hai que enga-dir que somos ademais uns vinte forma-dores en Vilalba.

A academia mantén a súa función den-de a orixe ou foi cambiando en función da demanda?O que hai agora é un sistema elabora-do cando dimos o paso a Vilalba. Incli-námonos por un sector co que tiñamos un pouco de contacto e críamos xa nel, esto era o eólico. Daquela xa había unha parte fundamental que era a derivada da prevención, porque as esixencias son moito máis altas, xa que nestas empre-sas non pode haber accidentes, ten que ser accidentes cero. Despois fomos en-gadindo outras cousas e fomos crecen-do nos distintos sectores, pero o máis forte foi ao dar o paso a Vilalba polo sector eólico.

Están integrados no sistema formativo das Administracións. Cantos cursos Es-tán dando?O número de cursos varia, eso depende dos concursos que saen e unhas veces

tocan tres, outras tocan sete, pero nós o que buscamos é que nos outorguen cursos adaptados ao sector laboral, un sector no que podemos incentivar a xen-te e no que o que buscamos é que este tipo de perfil saia de aquí e busque un traballo en todo o que xa nos rodea dese sector.

Cal é a formación máis demandada?No tema de forestal traballamos moito, este ano foi o 30% da empresa. Tamén temos outra parte que é o do CAP dos transportistas que ten moita demanda, e tamén o fitosanitario, pero iso xa está máis diversificado. A última novidade foi a incorporación dos cursos Telco, ne-cesarios para todos os traballadores do sector das comunicacións. Agora mesmo estamos homologados para dar todas as variedades desta rama. Que tipo de alumnado teñen?Polo xeral no noso centro a xente ten me-nos de 40 anos, é raro que teñan máis, porque nos sectores onde nos movemos o traballo é bastante físico, entón é xente moza.

Canto duran de media os cursos?Os nosos cursos teñen unha duración aproximada dunha semana. Ademais,

aquí ven xente de toda España e den-de Portugal, pero de Vilalba son os menos.

De cara ao futuro teñen algo previsto?De cara ao futuro o que queremos é man-ternos. Que a base desta empresa sexa seguir ampliando os distintos sectores que ahora estamos internacionalizando, así o que intentaremos será manter isto forte e intentar saír coa nosa formación a outros países, porque a nosa empresa hoxe, no sector eólico, está reglada a for-mación baixo o distintito GWO, polo que os nosos cursos teñen validez mundial. Esto é así porque neste sector somos a empresa máis importante de España e a oitava do mundo.

Os profesores son todos de aquí ?O noso equipo é casi todo galego, ven

sexan de Santiago, Lugo ou doutras ci-dades. Hai bos profesores e as distan-cias non son un problema. Vilalba está moi ben comunicada nese senso.

Está prevista algunha ampliación?A idea é seguir consolidando este sec-tor. Estamos nun punto estratéxico por-que estamos onde naceu o sector eóli-co porque Galicia impulsou este sector nesta comarca. Temos intención tamén de modificar as instalacións para seguir crecendo polas esixencias que nos pi-den, e intentar potenciar unha forma-cion para a que tamén estamos homo-logados que é dar formación a todo o que estea a traballar nun barco. Ata o de agora non. Ata agora non puidemos atallarlle moito porque a empresa foi crecendo moito e fúmonos facendo con distintos mercados.

“Os nosos cursos de prevención de riscos teñen validez mundial”Iván Fernández Hermida é o propietario das academias Forma-T en Vilalba e Meira

Iván Fernández Hermida, responsable de Forma-T

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou sobre a aprobación en Xunta de Goberno de obras de mellora en 54 quilómetros de 23 estradas pro-vinciais, que discorren por 9 concellos, cun investimento da Deputación de 2,2 millóns de euros.Do total de fondos, adxudicáronse obras de 1,7 millóns para rehabilitar 44 quiló-metros de 18 vías en 7 municipios: Be-gonte, Sober, Ourol, Outeiro de Rei, Mu-ras, Samos e Portomarín.En Begonte actuarase en 2,8 quilómetros da estrada LU-P-0801, que vai dende a N-IV en Begonte, a Veigas de Baltar.En Outeiro de Rei ocuparanse de 6,2 qui-

lómetros de 2 estradas: LU-P-1109, que vai de Dumpon, por Cornide a Arcos, e LU-P-3907, que vai de Arcos ao Ceao, en Lugo, por Vilar.Tamén actuarán en Muras, en 12 quiló-metros de 4 vías provinciais: LU-P-3401, que vai de Aguias a Igrexa do Burgo; LU-P-3404, de Casateita pola Escola de Paio, LU-P-3406, de Picheira por Irixoa á Balsa, e LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a ChavinPor outra banda iniciouse o proceso de contratación de melloras en 10 quilóme-tros de 5 estradas provinciais en Cervan-tes e Vilalba por valor de 500.000 euros.En Vilalba destinaranse 300.000 euros

para 6 quilómetros de 3 estradas: LU-P-6505 de Martiñán a Corvelle; LU-P-6513 de Vilalba a Momán; e LU-P- 6517 de Mourence á Igrexa Mourence.Tamén se aprobaron os plan de seguri-dade e saúde no traballo que permiten iniciar nos vindeiros días melloras nou-tras 7 estradas provinciais en Abadín, Xermade e Baleira. En Abadín serán 3 quilómetros da LU-P-0107, de Abadín a Fanoi.E en Xermade: 7,3 quilómetros de 3 es-tradas: LU-P-2201, de Candamil por Xer-made a Pedrón; LU-P-2202, de Pedreira a Casanova; e LU-P-2206, de Roupar por Lousada a Vilapedre.

Melloras en estradas de nove concellos

A Audiencia Provincial de Lugo puxo en marcha, tras unha primeira reunión, a Comisión Provincial de Violencia de Xé-nero, un organismo que estará dirixido polo presidente do alto órgano xudicial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, e no que estarán representadas as insti-tucións con competencias neste tipo de delitos, entre as que figuran, ademais da xudicatura, Fiscalía, Concello, Xunta, De-legación do Goberno, Garda Civil, Policía Nacional, Colexios de Avogados e Procu-radores de Lugo, Instituto de Medicina Legal de Galicia e asociacións de vítimas.

O acto de constitución da comisión foi presidido por Miguel Ángel Cadenas So-breira, presidente do TSXG, quen desta-cou que a violencia sobre a muller é “un fenómeno que hai que atallar entre to-dos, debido a que se trata dun problema que dana a toda a sociedade e que pare-ce que non somos capaces de reverter”. Cadenas mostrou especial preocupación polo impacto deste problema.O presidente da Audiencia Provincial de Lugo explicou que o obxectivo desta co-misión é “crear un foro no que se poidan achegar ideas e detectar erros”.

A Audiencia crea a Comisión Provincial de Violencia de Xénero

Page 18: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade18 marzo 2019

O presidente da Deputación, Darío Cam-pos Conde, xunto ao alcalde de Xerma-de, Roberto García Pernas, manti vo este luns un encontro con veciños de Momán para dárlles conta polo miúdo sobre as actuacións que se están a levar a cabo na LU-P-2204. É a estrada provincial que une esta zona da Terra Chá co dito mu-nipio coruñés, así como a vía de comu-nicación máis empregada polos veciños da Comarca chairega para ir a Santi ago de Compostela e aos aeroportos. O seu arranxo era unha demanda veciñal que Campos sempre comparti u, comprome-téndose, polo tanto, a dárlle resposta progresivamente en base ás dispoñibili-dades orzamentarias. O Goberno da De-putación vén de acadar un investi mento de 1,1 millóns de euros na súa mellora.Campos explicou que “vimos de contra-tar o proxecto e as obras do treito entre os puntos quilométricos 4 e 7, facendo un novo esforzo inversor de 452.000 eu-ros. Estas son as melloras que poremos en marcha nas vindeiras semanas, pois temos listas as do treito entre os puntos quilométricos 0 ao 2, ás que achegamos 240.000 euros; e tamén as do treito en-tre os quilómetros 2 e 4, que contaron con outros 414.000 euros. Sumamos polo tanto un investi mento de 1,1 mi-llóns e o arranxo de 7 quilómetros. Qué-danos pendente tan só 2,8 quilómetros

para rematar coa mellora integral da vía”.As obras implican a mellora do fi rme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e incremento da seguridade con e nova sinalización horizontal e verti cal.O alcalde puxo en valor “o compromi-so dos meus compañeiros no Goberno Provincial cos veciños da Terra Chá e, especialmente, cos de Xermade, que demostran con feitos”. O Rexedor con-trapuxo isto “co abandono e discrimi-nación do Parti do Popular na Xunta de Galicia cos meus veciños, pois levamos anos reclamándolle a mellora da LU-170 e nada se fi xo aínda todas as recla-

macións, manifestacións e iniciati vas que presentamos nas insti tucións pola súa necesidade. Esta estrada autonó-mica é fundamental porque dá acceso ao polígono industrial e comunica esta zona da Terra Chá coa Mariña. Confl úe en Momán coa LU-P-2204. Polo tanto, se o Goberno galego atendese dunha vez por todas as peti cións veciñais, a nosa Comarca tería unhas boas comu-nicación ata a Mariña e ata Santi ago de Compostela. Os non feitos polo Go-berno galego e o PP teñen demostrado que os chairegos non contamos para eles”.

Incrementado o investimento na estrada de Momán ás Pontes

O presidente da Deputación e o alcalde da Xermade, visitando as obras

A deputada de Promoción Económi-ca e Social, Sonsoles López Izquierdo, avanzou que o servizo de Teleasis-tencia gratuíto que ofrece o Gober-no da Deputación atende a día de hoxe a 1.629 maiores de toda a pro-vincia. Actualmente os 67 concellos da provincia contan con usuarios de teleasistencia. A través deste servizo, fi nanciado con 324.000 euros, favo-récese a permanencia e integración no entorno familiar e social das per-soas usuarias.López Izquierdo sinalou que “con esta prestación gratuíta ofrecemos atención conti nuada aos máis maio-res da provincia. A diferencia da teleasistencia da Xunta, ofrecemos este servizo a persoas catalogadas como dependentes, pero tamén a non dependentes. Durante o ano pasado o servizo de teleasistencia atendeu a 1.773 usuarios de toda a provincia, o que supón un incremen-to do 17,26% con respecto ao 2017. O perfi l maioritario das persoas que reciben este servizo gratuíto é o de mulleres maiores de 80 anos”.O Executi vo Provincial ofrece, de xeito gratuíto, Teleasistencia a todos os maiores da provincia, con difi cul-tades na súa autonomía, garanti n-do atención as 24 horas do día e os 365 días do ano. Con este servizo, os usuarios e os seus familiares gozan dunha maior tranquilidade sabendo

que, a pesar de vivir solos, na maio-ría dos casos, contan cun sistema de chamada en situacións de emerxen-cia.Por outra banda, a Teleasistencia da Deputación chega a vilas illadas no rural, nas que o número de veciños é moi reducido, polo que ademais de ser un servizo de atención en casos de urxencia, convértese nun acom-pañamento para moitos maiores a través de charlas telefónicas. No ano 2018, realizáronse un total de 2.773 chamadas por parte dos usuarios para falar ou saudar aos teleopera-dores do Centro de Atención.A través deste servizo, realízase un completo seguimento e mantense contacto coas persoas usuarias a través de comunicacións e chama-das diarias, semanais ou quincenais, dependendo da situación de cada persoa usuaria; ou visitas de coor-dinación como seguimento ou tras unha circunstancia excepcional. No 2018, as chamadas que se recibiron ascenden a 20.155, sendo soamente un 1.70% do total realizadas a cau-sa dunha situación de emerxencia; isto débese ao labor de comunica-ción que se realiza dende o Centro de atención, pois fronte as máis de 20.000 chamadas recibidas, reali-záronse preto de 69.000 co fi n de realizar un seguimento do usuario completo e semanal.

Máis de 1.600 maiores reciben Teleasistencia gratuíta

Os concellos, enti dades sen ánimo de lu-cro especializadas na atención a persoas con capacidades diferentes e en risco de exclusión social e as confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia xa poden solicitar as axudas da Xunta para apoiar a contratación ou mantemento de orientadores laborais. O prazo de solicitude está aberto ata o próximo 12 de marzo.A Administración autonómica prevé con estes apoios a creación ou mantemento de 251 empregos. Os contratos terán unha duración dun ano fi nanciándose estes empregos cunha contí a máxima de 25.000 euros por cada técnico contrata-do a tempo completo e con 28.000 euros cando o contrato se desenvolva nunha enti dade sen ánimo de lucro que realice acti vidades de atención a persoas con ca-pacidades diferentes.Galicia conta cunha Rede galega de orientadores laborais, formada por preto de 500 persoas, que atende de media a máis de 80.000 desempregados.

Os orientadores encárganse, entre ou-tras funcións, de elaborar diagnoses indi-vidualizadas sobre o perfi l e necesidades dos desempregados; proporcionar infor-mación sobre o mercado de traballo e os disti ntos incenti vos; deseñar iti nerarios individuais e personalizados de empre-go; contactar con empresas para difundir as súas iniciati vas e realizar unha pros-pección das necesidades das empresas; ou informar sobre a oferta de accións de formación profesional ou o proceso de recoñecemento das competencias.A mellora da orientación laboral cun en-foque a servizos e dirixida tanto a deman-dantes de emprego como ás empresas é un obxecti vo prioritario da Axenda 20, a folla de ruta do Goberno galego en ma-teria laboral. Para iso, a Consellería está a traballar para poñer en marcha o novo modelo de orientación aberta, achegan-do o servizo aos usuarios e combinando accións presenciais e en liña, para o que está a facer unha importante aposta polo desenvolvemento das novas tecnoloxías.

Abre o prazo das axudas para a contratación de orientadores laborais

O I Campionato de Cetraría Tecor Terra Chá celebrouse con gran afl uencia de publico. En total houbo 26 parti ciantes que puxeron en competi ción 40 aves rapaces. O campionatato constaba de 5 modalidades, Altanería, Mán por mán, Harris, Azores e Pequenas Aves.Cabe destacar que había harriseiros de alto nivel como os campións de España nas modalidades de Azores e Harris e os campións galegos en Mán por mán, Ha-rries e Pequenas Aves. O primeiro posto de Altanería foi para Roberto Fagundez Argote e o segundo para Roger Domín-guez. En Mán por mán Miguel Vázquez foi o primeiro e o segundo posto foi para Rafael Regos. Na modalidade de Harris o gañador foi Rafael Regos e o segundo Francisco González. En Pequenas Aves houbo unha gañadora, Laura Vázquez , e o segundo posto foi para Evaristo Gon-zález. Na proba de Azores o primeiro posto foi para Pedro San Juan e o segun-do para Evaristo González.Destacaron entre os parti pantes, Laura Vázquez, de 11 anos, que se proclamou gañadora na proba de Pequenas Aves e ademais gañou durante toda esta tem-

pada as probas celebradas en Galicia.Tamén houbo un voo de exhibición dun-ha aguia real, ademais de varios paxaros que esti veron en exhibición como un buho real, un buho nival, un buho chico ou unha curuxa entre outros dos que puideron desfrutar todos os visitantes.Esta proba enmárcase nun proxecto do Tecor e co que pretende é que o couto sexa un referente para a prácti ca de cetraría, que é o único metodo de caza

que é patrimonio cultural e inmaterial da humanidade. Este proxecto chega ao seu primeiro ano de vida cun total de 18 socios cetreiros no couto e con moitas ganas de conti nuar.Dende a directi va queren agradecer a colaboración da Federación Galega de Caza en Lugo, dos concellos de Cospei-to, Castro de Rei e A Pastoriza, a Deputa-ción de Lugo e as empresas colaborado-ras, Falcóns Galicia e Procegal.

O I Campionato de Cetraría contou con 26 parti cipantes

Algúns dos premiados nesta primeira edición do campionato

Page 19: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019actualidade 19

Este ano sairá a licitación a primeira fase da mellora da estrada entre Friol, Palas de Rei e Begonte, cun investi mento de 2,8 millóns de euros, unha obra moi demandada polos representantes dos concellos que percorre esta vía.O DOG recolleu o inicio da informa-ción pública do proxecto de mellora do primeiro treito, que vai dende Friol a Castrelo, en Palas de Rei, sumando 9 km. Con este trámite se dá comezo ao proceso expropiatorio de máis de 200 parcelas para o arranxo da vía.As persoas interesadas en facer achegas a este trazado poden trasladar as súas observacións ata o 3 de abril. Unha vez fi nalizado este proceso, acometerase o trámite expropiatorio para contratar as

obras e executalas en 12 meses.Esta intervención contempla, entre outros aspectos, anchear os carrís, in-corporar beiravías e recti fi car 12 curvas para mellorar o trazado.Por outra banda, no mes de marzo fa-rase público o proxecto para o segundo treito, que vai dende Castrelo á Baiuca, en Palas de Rei, co fi n de avanzar nos seguintes trámites. Así, completarase o arranxo do tramo autonómico deste importante eixe de comunicación, que suma uns 18 km e un investi mento de máis de 6 millóns de euros, incluídas as expropiacións. Esta obra permiti rá co-nectar os concellos de Palas de Rei, Friol e Begonte entre si e coa A-54 e a A-6 en condicións de seguridade.

Sae a exposición pública o proxecto de mellora da estrada de Friol a Begonte

O Goberno da Deputación, a Asocia-ción Provincial de Hostaleiros de Lugo (APEHL), representantes de empresas gastronómicas, das asociacións de pro-dutores, e das Denominacións de Orixe Lucenses manti veron un encontro no que acordaron a creación de xornadas gastronómicas anuais, coas que se porá en valor a gastronomía lucense. Trátase dun evento desti nado a dinamizar a ac-ti vidade do sector servizos, mediante a degustación en restaurantes de toda a provincia de produtos acreditados con selo de calidade. A previsión é que as primeiras xornadas se celebren en abril e teñan conti nuidade.O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, subliñou que “a gastronomía lucense é un valor en alza que contribúe a impulsar a economía en toda a pro-vincia e a atraer o turismo cara ao noso territorio. Con este acordo, pretendemos favorecer o consumo de produtos autóc-tonos. A clave deste proxecto é resaltar a calidade dos alimentos que se produ-cen no noso territorio. É un paso máis na nosa aposta pola gastronomía como elemento promocional da nosa cultura”.“A gastronomía é unha chave para o des-envolvemento. Neste senso, temos dado pasos importantes, con selos de calidade que amparan zonas xeográfi cas concre-tas dentro do noso territorio, tanto de produción, como de transformación e

elaboración dos nosos produtos. Os selos de Indicación Xeográfi ca Protexida e de Denominación de Orixe Protexida escu-dan, como non podía ser doutro xeito, unha gran canti dade de produtos gale-gos, e por ende, lucenses. Nun territorio onde cultura, tradición e diversidade van da man, a gastronomía consti túe un im-portante factor de promoción económi-ca, social, turísti ca e cultural”, destacou.A celebración consisti rá na degustación de produtos autóctonos con selo de cali-dade en restaurantes de toda a provincia. Durante o evento, os hostaleiros incluirán nas súas cartas menús con alimentos ben que conten con Indicación Xeográfi ca Protexida, Denominación de Orixe ou raza autóctona con selo de calidade.Entre os obxecti vos destas xornadas gas-tronómicas tamén se atopa a desestacio-nalización de produtos, como un incen-ti vo máis que contribúa a xerar riqueza na provincia. O fi n é dar conti nuidade á promoción de produtos fóra das épocas propias de produción.Neste primeiro encontro parti ciparon un total de 19 representantes de disti ntos colecti vos que tomarán parte na organi-zación destas xornadas gastronómicas. Así, esti veron presentes voceiros dos Consellos Reguladores das Denomina-cións de Orixe, de Indicacións Xeográfi cas Protexidas, e representantes de empre-sas e de asociacións de produtores.

Acordo para crear as xornadas gastronómicas de produtos con D.O.

Presentación das xornadas gastronómicas, na Deputación Provincial

Este ano vanse acometer melloras en dúas das estradas autonómicas que ver-tebran o municipio de Baleira coa Terra Chá, actuacións ás que se desti na un in-vesti mento de 314.600 euros. Os proxec-tos de mellora da LU-710 e da LU-750, ambas conexións fundamentais, inclúen a reparación integral da travesía desta localidade cun orzamento de máis de 88.000 euros. Explicaron que estas vías conectan Baleira con Pol e Meira por un lado (LU-750), e con Baralla e a autovía A-6 polo outro (LU-710). En concreto, os proxectos sinalados supoñen un inves-ti mento de 139.400 euros en Baleira, 83.200 euros en Baralla, 74.000 euros en Pol e 18.000 en Meira.A Axencia Galega de Infraestruturas lici-tará e adxudicará as obras nos vindeiros meses para rematalas este ano.

Na LU-750 invístense 180.300 euros para a execución de melloras en 16,2 quiló-metros entre Rioxoán (Pol) e o remate no Cádavo. Os traballos consisti rán na reali-zación de fresados localizados nos treitos nos que o fi rme se atope máis deterio-rado e a reposición con mestura bitu-minosa a carril completo. Non obstante, nos case 400 metros de travesía urbana do Cádavo a actuación será completa e incluirá a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a lonxitude.Polo que respecta á estrada LU-710, im-plica un investi mento de 134.300 euros para traballos de mellora en preto de 12 quilómetros entre O Cádavo e o enlace coa A-6 en Baralla. Neste caso tamén se procederá á execución de fresados locali-zados e a reposición con mestura bitumi-nosa a carril completo.

Licitan as obras da estrada que une o concello de Baleira con Pol e Meira

O Executi vo Provincial recibiu preto de 900 solicitudes para optar aos 56 perfí s profesionais ofertados co Tecendo Em-prego, o plan laboral do Goberno da De-putación na provincia, o que pon de ma-nifesto o éxito desta nova programación tras rematar o prazo de inscrición O proceso de selección, que terá lugar no mes de marzo, para os 56 perfí s profesio-nais realizarase a través dunha entrevista persoal, na que os parti cipantes deberán acreditar mediante orixinais a documen-tación relati va ao perfi l solicitado: no caso de ser necesaria a acreditación da ti tulación académica esixida, contratos de traballo ou nóminas para acreditar a experiencia laboral e demais esixencias concretas para cada posto de traballo. Na entrevista curricular terase en conta a formación e experiencia relacionada co perfi l profesional que se solicita, ou a acti tude e apti tude que demostre o can-didato, entre outras cualidades.

900 solicitudes para o programa Tecendo Emprego

Ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2019/20, para todo o alumnado que en-tra por primeira vez no sistema educati vo (maioritariamente en 4º curso de Educa-ción Infanti l), así como para os alumnos de Educación Infanti l, de Educación Pri-maria de ESO e de Bacharelato que des-exan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.Para tal fi n, os proxenitores dispoñen dunha ferramenta informáti ca a través da cal, se así o desexan, poderán cum-primentar e presentar as solicitudes de escolarización. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía, a través da aplica-ción ‘admisionalumnado’, ao acceso elec-trónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.Nesta aplicación pode consultarse tamén o estado de tramitación da solicitude.

Abre o prazo de matrícula nos centros de ensino

Page 20: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

20 marzo 2019 publirreportaxe

O Concello de Begonte está somerxi-do estes días nunha importante obra de reforma da praza Irmáns Souto Montenegro, que porá fin ao proxecto de mellora de servizos e infraestrutu-ras presentado polo seu alcalde, José Ulla, hai catro anos como programa electoral.Como explica o mandatario, “a aposta do concello era cumprir o programa electoral, que hoxe é unha realidade polo que estamos moi satisfeitos”.O eixe principal deste proceso de cambio e renovación do Concello es-tivo baseado na mellora das infraes-truturas e servizos públicos básicos. “Vivimos nun concello que xa ten un nivel de servizos bastante alto com-parado con outros dun tamaño si-milar ao noso. De feito, temos unha rede de abastecemento e saneamen-to de auga nas parroquias moi amplio que nos permite ofrecer un produto de alta calidade”, explica o alcalde. Actualmente funcionan nove depu-radoras noutras tantas parroquias que dan servizo á práctica totalidade deses veciños, “agás nalgunhas casas illadas, ás que estamos tentando che-gar pero que nos resulta difícil polo disperso da poboación”.Con esta situación de base foi máis fácil para o Concello seguir traballan-do para completar o servizo de abas-tecemento e saneamento en todo o territorio, destinando anualmente unha media de 150.000 euros. “Pero a intención é seguir nesta mesma liña e seguir ampliándoa nos vindeiros anos”, indica Ulla.Tamén se fixo nesta lexislatura ao cambio das tubaxes de abastecemen-to de auga que estaban en fibroce-mento por outras de polietileno cun-ha subvención da Xunta de Galicia de máis de 250.000 euros; así como a renovación de todas as bombas de impulsión de auga e da infraestrutura que estas necesitan por parte de Au-gas de Galicia, cunha achega de 50.00 euros.“Hoxe temos un servizo extendido a todas as parroquias e nunhas condi-cións optimas. Non queda ningunha

tubaxe en fibrocemento polo que po-demos ofrecer un servizo mellorado impedindo as avarías e cunha gran calidade da auga”, engade o alcalde.

INFRAESTRUTURAS. No tocante a in-fraestruturas a proposta do Equipo de Goberno para estes catro anos era renovar a rede viaria municipal. “Só tiñamos unha estrada arranxada en aglomerado en quente pero agora xa temos moitos quiolómetros con este novo sistema nas parroquias, como Sa-avedra, Damil, Felmil, Trobo, Bóveda, Illán, Gaibor, Baamonde ou Begonte.Como explica o alcalde, a intención é “seguir a mellorar de cara á próxima lexislatura dotando a estas estradas de maior calidade utilizando aglome-rado en quente, que ofrece máis du-rabilidade, nas estradas e camiños do termo municipal.Outra das preocupacións do Equipo de Goberno era cumprir as demandas dos veciños no tocante a infraestrutu-ras. Así amañáronse as beirarrúas en

Baamonde, ao longo da Nacional VI, que comunican o casco urbano co ce-miterio municipal, unha vía que forma parte do Camiño de Santiago. “A nece-sidade desta obra obedeceu tamén á seguridade tanto de veciños coma de peregrinos, xa que é unha vía moi uti-lizada de forma peonil, e agora en vez de ir polo arcén poden ir polas beira-rrúas mías seguros”, aclara o rexedor.Se fi xeron tamén beirarrúas e accesos ás dúas praias fl uviais, a de Baamonde e a de Begonte, que tamén coincide que forma parte da vía alternati va do Cami-ño de Santi ago. Tamén neste caso cum-priuse o dobre obxecti vo de facilitar a comunicación a veciños do Concello e mirar pola seguridade dos peregrinos.

LOCAIS SOCIAIS. Destacaron tamén nestes catro anos a mellora e a cons-trución dos locais sociais naquelas parroquias que non os tiñan, como é o caso de Baamonde, que se está a re-matar agora a través dun obradoiro de emprego. Tamén se fixo a reparación

daqueles que se atopaban en malas condicións, como en San Vicente, que tamén se está a rematar agora.Ademais, de cara aos vindeiros meses están previstas dúas partidas orzamen-tarias coas que se pretende dotar de campo de festa e multiusos ás parro-quias de Santalla de Pena. “Estamos no proceso de dotalo dun campo da festa ou campo multiusos ao lado da igrexa. Trátase dun terreo adquirido polos ve-ciños que o Concello se comprometeu a acondicionar, tal e como fixo no cam-po da festa tamen de Saavedra, unha vella demanda dos veciños por seu solo de zahorra que o concello se com-prometeu a arrranxar en condicións axeitadas”, explica o alcalde.

PRAZA DE BEGONTE. Pero a gran obra desta lexislatura é a renovación e am-pliación da praza de Begonte, á que se sumaron 800 metros cuadrados máis trala compra do terreo por parte do Concello a un particular.O proxecto contempla tamén a huma-

nización da mesma cun orzamento de case 430.000 euros, aportado ao cen por cento a través dunha achega da Xunta de Galicia.Estas obras, que contemplan un cam-bio de estrutura e de pavimentación están aínda en proceso.Esta nova praza contará cun novo parque infantil, novo alumeado, novo mobiliario urbano e un novo reparto do espazo que formará parte dunha vila máis moderna, accesible e com-pleta. As previsión municipais son que a obra esté rematada a finais do mes marzo. Xunto á praza e por proximida-de tamén se destinou unha partida or-zamentaria de medio millón de euros para a remodelación da casa consisto-rial co obxectivo principal de dotala de accesibilidade coa instalación dun ascensor.Actualmente tamén se está a traballar na recuperación do edifi cio da anti ga Cámara Agraria na contorna da praza, un edifi cio de tres plantas de 200 me-tros cadrados cada unha, no que está previsto que se centralicen a maior par-te das acti vidades culturais que se des-envolven en Begonte. De cara ao futuro hai unha aposta pola mellora do alumeado público. Anuncia o alcalde que ao longo deste ano vanse cambiar todas as lumina-rias á tecnoloxía LED, facendo chegar o alumeado a todas aquelas parro-quias onde non o tiñan. “Ao remate do ano estarán a totalidade das parro-quias”, puntualiza.

DEPORTE. O Goberno que preside José Ulla fixo tamén unha forte aposta polas actividades culturais e deporti-vas levándoas ás distintas parroquias “e non só nas vilas de Begonte e Baa-monde”, puntualiza.En canto a infraestruturas, apostouse polas escolas deportivas e o fútbol sala mellorando o pavillón de Baa-monde cunha nova pavimentación e pintura, unha nova iluminación e un novo marcador. “Deste xeito quere-mos mostrar que apostamos polo de-porte e a cultura como complemento educativo”, recalca Ulla.

Begonte renova servizos e infraestruturasEste mes fi nalizan os traballos na praza Irmáns Souto, co que quedarían rematadas todas as obras de mellora anunciadas no programa electoral

Dúas imaxes de simulación de como quedará a praza de Begonte tralas obras de ampliación e rexeneración que se están levando a cabo e que está previsto que rematen este mes

Alzado do proxecto de rehabilitación da anti ga Cámara Agraria de Begonte

Page 21: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 21publirreportaxe

>> Ampliación e rexeneración da praza Irmáns Souto Montenegro de Begonte.

>> Rehabilitación da Casa Con-sistorial e da Cámara Agraria de Begonte.

>> Renovación integral das tu-baxes do servizo de augas e das bombas de impulsión.

>> Ampliación do servizo de sa-neamento nas parroquias.

>> Acondicionamento dos locais sociais e construción onde non había.

>> Adecuación de campos mul-ti usos nas parroquias de Saave-dra e Santalla de Pena.

>> Reparación do pavillón poli-deporti vo de Baamonde.

>> Beirarrúas e accesos ás dúas praias fl uviais.

>> Aglomerado de todas as vías de comunicación da parroquia.

>> Renovación da iluminación.

>> Asfaltado de todas as vías.

GRANDES CAMBIOS

Estamos sati sfeitos de ter cumprido o noso programa electoral no tocante a infraestruturas e servizos

Begonte renova servizos e infraestruturasEste mes fi nalizan os traballos na praza Irmáns Souto, co que quedarían rematadas todas as obras de mellora anunciadas no programa electoral

Beirarrúas na N-VI ata o cemiterio en BaamondeOptouse por unha pavimentación en quente das estradas do Concello

Acceso á praia fl uvial de Baamonde

Acondicionamento do local social de Baamonde

Mellora nas instalacións de bombeo de auga en Pacios e Baamonde

Pavillón dos Deportes de Baamonde, onde se fi xeron reparacións

De cara ao futuro, hai unha aposta por cambiar todo o alumeado público á tecnoloxía LED e chegar a todas as casas

Page 22: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade22 marzo 2019

AO NOSO CARÓN

O Concello de Friol conti núa mellorando as instalacións dos centros sociais das súas parroquias como é o caso recente do que está situado en Lea, que foi en-tragado aos veciños polo alcalde do mu-nicipio, José A. Santos. O obxecti vo desta iniciati va é “que poidan comezar a facer uso deste centro canto antes, porque os centros sociais teñen como fi nalidade ser un lugar de encontro dos veciños para levar a cabo nesas instalacións disti ntos actos que os propios veciños consideren axeitado non seu propio benefi cio”.O alcalde anunciou tamén que está pre-visto en breve a entrega doutro novo centro, neste caso están ulti mando pe-quenos detalles da rehabilitación integral da anti ga casa da escola de Vilafi z.A rehabilitación deste centro social de Lea iniciouse no ano 2017 e terminouse a fi nais do ano 2018, nel investí ronse ao redor de 40.000 euros provenientes de fondos propios municipais. As obras, rea-lizadas pola empresa Cholo SL, supuxe-ron a rehabilitación total do edifi cio, o cal consta dunha planta duns 100 metros cadrados. Tamén se levaron a cabo obras como o acondicionamento da contorna, cimentacións, estrutura, cuberta, facha-

das, illamento e impermeabilizacións, parti cións interiores e falsos teitos, re-vesti mentos, carpinterías, fontanería, electricidade e iluminación, calefacción e venti lación, protección contra incendios, aparellos sanitarios, urbanización exte-rior e xesti ón de residuos.Desde o equipo de Goberno, conti núan na liña de rehabilitar os centros xa exis-tentes ou crear uns novos en todas aquelas parroquias onde os veciños o demanden, “o esforzo é enorme, dado que unha gran maioría das 32 parroquias xa contan con ditas instalacións, e deste xeito xa gozan das mesmas”, di o alcalde.José Angel Santos comenta que desde o Concello estase redactando o proxec-to de rehabilitación do centro social da parroquia de Vilalvite, trátase da anti ga casa escola que na actualidade está en desuso debido ao gran deterioro que sofre tanto no interior como no exterior do edifi cio, debido á demanda que os veciños de dita parroquia transmití ronlle nunha reunión celebrada en días pasa-dos no propio consistorio. No equipo de Goberno empezaron coas xesti óns nece-sarias para que esta rehabilitación sexa unha realidade o máis pronto posible.

Inauguran un centro social en Lea

Un momento da inauguración do novo centro social

Unha senda peonil e ciclista en Friol unirá o parque empresarial de Friol co núcleo urbano, unha obra na que se investi rán 268.600 euros a través da Axencia Galega de Infraestruturas.Tal e como indicou o alcalde na presen-tación do proxeto, esta obra mellorará a seguridade da estrada, especialmen-te no que respecta aos peóns e ciclistas, que son os usuarios máis vulnerables, e facilitará a mobilidade dos traballado-res do polígono industrial.O proxecto forma parte do Plan de Sen-das de Galicia, que pretende promover unha mobilidade máis sustentable fa-vorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternati vos á uti lización do vehículo parti cular.No caso de Friol, a senda discorre pola marxe do polígono industrial ata en-lazar coas beirarrúas da área urbana, polo que os traballadores e usuarios das empresas instaladas no parque po-derán desprazarse a pe sen necesidade

de invadir a calzada da estrada LU-232 (Lugo-Friol).A senda terá unha lonxitude de 570 me-tros e unha anchura de dous metros, se ben será preciso ampliar a sección transversal da estrada en case 5 metros para construír a maiores unha cuneta de seguridade, unha pequena zona verde, e outra cuneta exterior con arquetas e tubaxe para a recollida das augas de es-correntí a. Balseiro explicou que a Xunta licitará e adxudicará as obras proxima-mente, coa previsión de que poidan es-tar rematadas este mesmo ano.A esta actuación sumase a recente reforma da travesía da localidade (na LU-934), cun investi mento próximo aos 100.000 euros, e a construción de vías peonís no parque empresarial, proxecto que fi nanciou a Consellería de Economía, Emprego e Industria -xunto coa mellora da xesti ón de residuos- con 21.500 euros, o 80% do orzamento xus-ti fi cado.

O polígono conectarase coa vila a través dunha senda peonil

Un ano máis, o concello de Friol aco-llerá unha nova edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá, que chega á súa 27 edición e que terá lugar o 24 de marzo no centro da localidade, onde se ubicará unha gran carpa para acoller aos produtores destes tesou-ros da alimentación, estrelas desta celebración.“A feira do Queixo e Pan de Ousá é un gran escaparate gastronómico e tu-rísti co, sendo un dos principais sinais de identi dade da vila, que axuda a dinamizar de maneira decidida a acti -vidade económica, especialmente do sector primario. Sendo este o princi-pal motor na actualidade, debemos contribuír a súa potenciación para que sexa o máis competi ti vo posible”, explicou o alcalde, José Ángel Santos. Aínda que a presentación non ti vo lu-gar, o alcalde avanzou que seguirá a mesma liña de progreso e crecemen-to dos últi mos anos.Unha gran carpa ubicada na praza An-dón Cebreiro acollerá arredor das 95 queixerías e 5 panaderías, que ano a ano expoñen os seus produtos para a súa venda e que ronda, segundo ci-fras de anos precedentes, os 10.000 queixos e 3.000 pezas de pan nunha única xornada.Ao carón desta carpa principal tamén estará situado o stand municipal, onde a parti res do medio día todos os asistentes poderán degustar to-

talmente de balde os dous principais produtos acompañados dun viño.Ademais, arredor desta instalación, o Concello colocará stands onde pode-rán mercarse outros produtos agroa-limentarios do concello, como carne, mel e ovos, entre outros.Debido tanto á feira como á gran can-ti dade de público esperado, perma-necerán pechadas ao tráfi co tamén as rúas Deputación e Santa Isabel, onde se instalarán as pulperías e ten-das ambulantes. Previsiblemente o programa será parecido aos anos an-teriores, e a festa dará comezo pola mañá co lanzamento de foguetes, para, media hora máis tarde, asignar os stands ás queixeiras e panaderías parti cipantes. A feira abrirá as súas

portas ao público arredor das 11.30 da mañá, co tradicional corte de cin-ta. Pero a parte musical prolongara-se, como o ano pasado, cara a sesión vesperti na que ofrecerá un concerto de folk no Centro Sociocultural de Friol, e asi mesmo coincidirá coa nova apertura desta instalación trala fi nali-zación das obras.Finalmente, haberá unha romería que porá punto e fi nal a unha das xor-nadas festi vas máis importantes de Friol. E unha orquestra será a encar-gada deste apartado, que se clausura-rá sobre as dúas da madrugada. Debi-do á aglomeración de xente esperada, o concello habilitará un aparcadoiro nas instalacións do Mercado Munici-pal e nas rúas do Polígono Industrial.

Celebrarán o 24 a XXVII edición da Feira do Queixo e Pan de OusáCoincidirá coa nova apertura do Centro Sociocultural tralas obras

Unha imaxe da feira do ano pasado, que volveu ser un éxito de público

friol

Nas diferentes parti das que desde o Con-cello se desti nan a servizos sociais, desta-can as cen familias que foron atendidas polo Servizo de Axuda no Fogar en 2018, con 27.000 horas recibidas nos domici-lios das persoas usuarias. Unha empresa externa, con máis de vinte auxiliares, foi a encargada de executar este programa, tanto na modalidade de Dependencia como Libre Concurrencia.Os cen benefi ciarios pertencían a 25 das 32 parroquias coas que conta o munici-pio, destacando a de Xiá, con 14; Condes e Carballo, con 9 cada unha e a propia ca-pital municipal, con 10. Un terzo de aten-didos superaban os 90 anos. Desas cen usuarias, tratábase de persoas que vivían soas nos seus domicilios. Por sexos, as mulleres superan aos homes; 69 a 31.

Desde os servizos sociais municipais atendéronse a máis de 700 persoas, reali-zando unhas 200 tramitacións, destacan-do as 74 de valoración de dependencia.O alcalde, José Anxo Santos, indicou que “o Concello está e estará á beira dos máis desfavorecidos e necesitados, neste caso os maiores con grado de dependencia do municipio, “de aí o gran esforzo que supón para o Concello que cada ano se podan incrementar as horas de atención de dito servizo, prioritario para o equipo de Goberno coa única fi nalidade de que os nosos maiores teñan un nivel de vida digno e como se merecen”.Doutra banda, o Punto de Atención á In-fancia (PAI), ti vo completas as 20 prazas, desti nadas a nenos e nenas de ata tres anos de idade.

O Concello atendeu a máis de cen familias a través do SAF

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, manti vo unha reunión para ulti mar os detalles de colaboración entre adminis-tracións no futuro convenio cun importe de 200.000 euros para o abastecemento de auga na parroquia de Seixón.Desde o Concello estanse ulti mado os últi mos detalles da redacción do proxec-to e iniciando os trámites para obter os permisos necesarios. O proxecto consta de dous partes, a primeira sería a capta-ción co caudal sufi ciente para abastecer dun xeito ópti mo a todas as vivendas e explotacións e a segunda parte sería a construción dos depósitos para almace-nar a auga da captación, entubar desde os depósitos cara ás vivendas e explota-cións cos correspondentes entronques, todo iso sen custo algún para os veciños.Segundo destacou o alcalde o obxeti vo que se pretende con estas obras é de do-tar de abastecemento de auga a todas as vivendas e explotacións existentes na pa-rroquian, conseguindo con iso mellorar a calidade de vida de todos os veciños e unha maior rendabilidade das explotacións .

O Concello busca fi nanciamento para o abastecemento de auga a Seixón

Page 23: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 23actualidade

meira

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o alcalde de Mei-ra, Antonio De Dios, supervisaron as obras de mellora que se están executando na rúa Federico Gon-zález López, no municipio chaire-go. O Goberno da Deputación e o Concello achegan preto de 140.000 euros para a realización destes tra-ballos, que suporán a rehabilitación total da vía. Trátase dunha das rúas máis transitadas do Concello, pois ademais de atoparse no centro ur-bano de Meira, alberga diferentes servizos: gardería, colexio, pavillón polideportivo, centro cultural ou instituto. Ademais, comunica coa rúa Grupo Escolar, na que se atopa a Residencia da terceira idade de Mei-ra; e coa avenida de Lugo, unha das máis transitadas pola cantidade de negocios que alberga.Campos Conde, subliñou que “con es-tes traballos damos resposta a unha demanda veciñal de mellorar e mo-dernizar esta rúa, unha das máis tran-sitadas pola canti dade de servizos que ofrece e a súa localización no centro do municipio. Deste xeito, seguimos

amosando que somos unha Depu-tación social, rural e coas persoas; e que traballamos sempre na procura de atender as demandas de todos os veciños da provincia”.Entre as actuacións que se están a executar atópanse a rehabilitación do asfalto con aglomerado en quen-te, mellora da iluminación coa ins-

talación de novas farolas de luces led, instalación de novas beirarrúas de plaqueta no lugar das existentes, instalación de novos contedores de lixo ou a canalización da luz e da fi -bra ópti ca. A previsión é que as obras podan estar rematadas a fi nais deste mes, se as condicións meteorolóxicas así o permiten.

Deputación e Concello renovan unha das principais rúas con 140.000 euros

Remataron as obras de reforzo do firme da LU-124 no treito entre Riotorto e Vilameá (A Ponteno-va), coas que queda completado o acondicionamento da estrada LU-124 en todo o seu percorrido, logo dun investimento global de máis de 3 millóns de euros entre as di-ferentes actuacións executadas.Os traballos realizados no tramo Riotorto-Vilameá desenvolvéronse dende a saída da travesía de Rio-torto (quilómetro 23+040) ata o final da estrada en Vilameá, na in-tersección coa estrada N-640 (qui-lómetro 29+550). Esta intervención

supuxo a extensión dunha nova capa de rodaxe na vía, incluídas as travesías de Recesende e Vilameá.Destinouse un orzamento de 604.000 euros á mellora deste treito, incluídas actuacións com-plementarias para incrementar a seguridade, mediante o reforzo da sinalización vertical, a substitución dos postes das barreiras de seguri-dade e a colocación de novos tra-mos de sistemas de contención. A obra contemplou a construción de cunetas de formigón para a mello-ra da drenaxe, que ademais serven como sobreancho practicable.

Rematan as obras entre Riotorto e Vilameá

riotorto

O presidente da Deputación e o alcalde de Meira, en primeiro plano

Riotorto ve cada vez máis preto a crea-ción do seu polígono industrial, unha iniciati va para atraer empresas e xerar postos de traballo, e que desde o Conce-llo din que é moi necesario xa que o mu-nicipio non dispón de solo industrial para a promoción das empresas locais.O Consello de Adminsitración de Suplusa aprobou iniciar os trámites para formali-zar un convenio co Concello de Riotorto co fi n de poder ofrecer o solo empresa-rial do futuro polígono “a un prezo com-peti ti vo” que estaría arredor dos 25 e 30 euros o metro cadrado. En principio, sai-rían á venda once parcelas que se entre-garían aos interesados con todos os ser-vizos de saneamento e abastecemento. Co proxecto xa rematado e aprobado só queda o últi mo paso, que sería a aproba-ción do mesmo no vindeiro Pleno.A intención do rexidor, Clemente Igle-sias, é sacar unha ordenanza municipal de axudas para a compra do terreo, para así facilitar a instalación das empresas no polígono. “Xa no 2017 cando anunciou o plan con todos os informes houbo varias empresas interesándose, pero agora ha-berá que dárlle maior difusión, para que volvan a mostar interese”, di o alcalde.O organismo provincial comprometérase co alcalde do Concello para a redacción do proxecto de urbanización da zona do polígono, que fi nalmente reunirá once

parcelas nun total de 10.215 metros ca-drados desti nados a tal fi n e que terá un importe que rondará os 400.000 euros.

PISTA MULTIDEPORTE. Por outra banda tamén están a plantexar a contrución dunha pista multi deporte diante do actual centro sociocultural, obra que estaría fi nanciada integramente pola Secretaría Xeral para o Deporte por un importe de 30.000 euros. Aínda estase a fi rmar o convenio para despois sacala a li-citación. Os terreos onde se vai construír teñen unha superfi cie de 20x10 metros e a intención é reunir neste espazo as condicións para a prácti ca de diferentes deportes.

ACESOS ÁS PARROQUIAS. O alcalde anunciou que non próximos meses in-vesti ranse preto de 121.000 euros en acondicionar as vías de acceso a diferen-tes parroquias do termo municipal. Unha destas parti das, que teñen un orzamento de 25.500 euros, consiste na mellora dos accesos a Augaxosa e Muxoeira. Investi -ránse 46.949 euros para facer obras simi-lares en Grandal, Ribadiña e Chaira.O últi mo investi mento previsto para os próximos meses será a realización e acon-dicionamento de accesos ás parroquias de Ferrería, Castro e Lamas (Vilaseca) por un importe de 48375 euros.

O Concello deseñará axudas para a compra de terreos no polígono

O alcalde de Riotorto, á dereita, no anuncio de fi nalización das obras

O Concello de Riotorto vén de anunciar que a Feira da artesanía do Ferro, que chega este ano a súa edición número XIII, terá lugar o domingo 14 de abril. Aínda que non hai decidido nada e que o programa no se fixo público si se coñece xa o cartel anunciador do evento.Esta festa está organizada polo Concello de Riotorto e a Asociación de Ferreiros e subvencionada pola Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. Non deixa de ser unha das celebracións de máis trancendencia en Riotorto acollendo todos os anos unha gran cantidade de visitantes que se achegan a ver traballar a es-tes artesán en directo.

A Feira do Ferro será o 14 de abril

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o alcalde de Meira, Antonio de Dios, acompañados de veciños, inauguraron a praza Maior da vila na que se celebra a tradicional feira quincenal ou a Festa da Malla, e que a parti r de agora non terá barrei-ras arquitectónicas e será totalmente accesible grazas á Deputación e ao Concello. Estas melloras supuxeron un investi mento económico do Executi vo Provincial de 122.000 euros.A praza de Meira é o punto neurálxico da vila, neste espazo celebrase unha das feiras máis importantes da provin-cia, que atrae a centenares de visitan-tes e comerciantes cada 15 días que se

celebra este cita. Neste espazo tamén se conmemoran outro ti po de aconte-cementos como a Festa da Malla, que acolle a recreación deste traballo agrí-cola, que inclúe un amplo programa de acti vidades.As melloras que se executaron con car-go ao investi mento de 122.000 euros consisti ron na eliminación das barrei-ras arquitectónicas, a instalación de 4 rampas de acceso, a rehabilitación da pedra e de todas as táboas dos bancos, así como a renovación da luminaria para obter unha mellor efi ciencia enerxéti co. E a mellora do fi rme con aglomerado en quente, ademais de novas zonas de aparcadoiro para servizos de urxencias.

Unha praza Maior sen barreiras

Percorrido das autoridades pola praza Maior da localidade

Page 24: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade24 marzo 2019

as pontes

O concelleiro de Réxime Interno e Recur-sos Humanos, José Alén, e a representan-te da Anpa do CEIP Santa María, asinaron un convenio de colaboración polo que o goberno local asigna 7.040 euros aoó programa Eu almorzo no cole que arrin-caba, por primeira vez, en xaneiro.Esta axuda, desti nada a sufragar os gastos de infraestrutura e equipa-mentos precisos para garanti r o bo funcionamento do programa, súmase ós 29.800 euros xa asignados aos co-lexios A Fraga e A Magdalena, acadan-do, deste xeito, ás achegas municipais, para o curso escolar 2018-2019, a con-tí a total de 36.840 euros.José Alén apunta a importancia da si-natura deste novo convenio, xa que “referenda a necesidade de contar cun programa de conciliación familiar que permita dar resposta ás demandas dun número, cada vez máis alto, de fami-lias que por cuesti ón laborais precisan deixar os seus fi llos e fi llas no colexio antes do inicio da xornada escolar”.Durante este curso escolar serán 124 as familias que se benefi ciarán deste programa. No colexio Santa María o número de alumnos e alumnas que

parti cipan no programa todos os días ascende a once mentres que son nove os nenos e as nenas que o empregan de xeito esporádico.No caso do colexio de A Fraga almor-zan, diariamente, 25 alumnos e alum-nas, con idades comprendidas entre os tres e os doce anos, e unha ducia acce-den a este servizo en días soltos. Men-tres que no CEIP A Magdalena o núme-ro de benefi ciarios e benefi ciarias do programa Eu almorzo no cole ascende a 67, sendo 37 os nenos e nenas que o empregan cada día mentres que os 30 usuarios e usuarias restantes fan uso de xeito puntual, en días soltos.O programa municipal Eu almorzo no cole, posto en marcha hai 10 anos a tra-vés da Concellería de Benestar Social, ten como obxecti vo prioritario axudar ás familias pontesas a compati bilizar a vida laboral e familiar e promover hábi-tos saudables entre os rapaces e rapa-zas benefi ciarios, a través de propostas de almorzos baseadas no consumo de froitas, lácteos e cereais así como me-diante acti vidades lúdicas complemen-tarias, relacionadas coa dieta e a prác-ti ca de exercicio fí sico.

O Concello amplía en 7.000 euros as achegas do programa Eu almorzo no cole

O Centro de Información á Muller do Concello das Pontes atendeu, duran-te o ano 2018, a 175 mulleres que se achegaron ata as instalacións situadas na Casa Dopeso na procura de asesora-mento xurídico ou psicolóxico.En total foron 949 as consultas realiza-das, 125 corresponderon á área xurídica e 824 á área psicolóxica e dirección do CIM. No caso da área xurídica, a maior parte das consultas esti veron vencella-das co dereito civil (herdanzas e suce-sións, vivenda, alugueiro, incapacita-cións, modifi cacións da capacidade...) e o dereito de familia (réxime económico matrimonial, parellas de feito, incumpri-mento de setenzas de divorcio, etc.)As consultas relacionadas cos permisos de residencia, a califi cación da discapa-cidade, a protección da maternidade, as condicións laborais ou o desempre-go ocuparon un lugar destacado xunto coas consultas relacionadas coa violen-cia de xénero e a prestación de xusti za de balde.Polo que respecta á área psicolóxica, a atención prestada centrouse en te-rapias e seguimento psicolóxico, tanto individuais como en grupo, terapia coa parella así como na atención a mulleres víti mas de violencia de xénero.O traballo desta área esti vo encamiña-

do a realizar un diagnósti co da situación persoal das usuarias e facer un segui-mento personalizado para, desde dife-rentes ámbitos, ofrecer solucións aos problemas polos que acudiron ao CIM, ofrecéndolles unha intervención inte-gral. Asemade, o CIM tamén prestou servizos de orientación para o emprego, facilitou información de recursos sobre axudas periódicas para mulleres que sofren violencia de xénero e funcionou como punto de apoio, información e asesoramento na loita pola igualdade de trato e a non discriminación de les-

bianas, gais, transexuais, bisexuais e in-tersexuais, das súas familias e persoas achegadas no municipio das Pontes.O servizo, no que actualmente traba-llan unha psicóloga e unha avogada, ten como obxecti vos prioritarios a pro-moción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero e así, xunto coa atención directa, desde o CIM puxé-ronse en marcha diferentes acti vidades informati vas e formati vas de cara á sen-sibilización da veciñanza no principio de igualdade e a prevención da violencia de xénero en todos os ámbitos.

O Centro de información á Muller atendeu a 175 persoas no ano 2018

Membros do CIM das Pontes, no Día contra a violencia de xénero

Creada unha rede de trece mini puntos limpos

As Pontes, co obxecti vo de incrementar a recollida selecti va de lixo e facilitar á veciñanza o depósito de diversos mate-riais de refugallo, vén de instalar unha rede de mini puntos limpos no munici-pio.O Concello instalou un total de 13 colec-tores, reparti dos entre o centro urbano, na rúa A Casilla e a rúa Caraveles, e as parroquias de Goente, fronte á Casa Do Mel, A Faeira, no campo da festa, e fronte aos locais das asociacións ve-ciñais de San Pedro de Eume, Gondré, Saa, Ribadeume, Marraxón, Pontoibo, Espiñaredo, O Freixo e O Aparral.Trátase de espazos pechados con bocas de vertedura na súa superfi cie, que se comunican interiormente con 7 caixóns para o depósito de teléfonos móbiles, CDs e DVDs, cartuchos de impresora, pilas e baterías móbiles, lámpadas ha-lóxenas e lámpadas led.

O grupo de goberno apunta que se tra-tan de materiais reciclables que non se poden depositar nos contedores situa-dos na vía pública e que se acumulan nas casas sen que os veciños e veciñas saiban onde os hai que depositar.“A través desta rede de mini puntos lim-pos queremos facilitar a súa recollida e aumentar a taxa de residuos inorgáni-cos reciclados, contribuíndo a reducir a factura polo tratamento do lixo no municipio”, subliña a concelleira de Atención, Parti cipación Cidadá e Desen-volvemento Local, Montserrat García.A instalación destes mini puntos limpos responde ó compromiso do Concello das Pontes co coidado do medio am-biente, una cuesti ón que afecta a toda a veciñanza e que require da implicación de todos os ponteses e pontesas para avanzar cara unha vila máis sustentable e respectuosa coa contorna natural.

Un dos mini puntos limpos do Concello das Pontes

O Concello das Pontes puxo de novo en marcha o seu proxecto de revitalización das rúas do municipio a través de inter-vencións plásti cas baseadas na técnica do muralismo, que permiti rán converter ao pobo nun museo ao aire libre.Miguel Peralta, integrante da coopera-ti va cultural galega Cestola na Cachola, desenvolveu, o seu proxecto artí sti co na medianeira da avenida de Galicia, na zona máis próxima ao río Eume, ao carón da ponte de Isabel II.A través do seu mural plasmou unha len-da local que conta que na noite de San Xoán, nun lugar do Monte Caxado, unha dama encantada, que se agocha no in-terior dun penedo, sae transformada en

pita, rodeada dos seu piti ños, para regre-sar ao amencer ao seu interior.Unha lenda relacionada coa cultura ga-lega máis tradicional, coas mouras e a constelación das Pléiades, un dos princi-pias indicadores do ciclo anual que marca o comezo da época das acti vidades agrí-colas, gandeiras e pastorais, coa que o goberno local quere recuperar a historia de As Pontes.Así mesmo, o mural permiti rá darlle un novo signifi cado a unha das vías princi-pais de acceso ao municipio para crear unha porta de entrada a un espazo urba-no no que se aposta pola humanización, a accesibilidade, a seguridade nas rúas poñendo especial atención na súa esté-

ti ca e beleza, sempre en prol da calidade de vida da veciñanza.Esta intervención únese ás xa realizadas na rúa Santi ago, na zona do Rego do Campo, pola arti sta hiperrealista inter-nacional, Lula Goce, e a levada a cabo na praza do Hospital, na intersección da rúa Castelao coa avenida da Habana, por Miguel Ruíz.Desde o goberno local avanzan que “xa se está traballando na procura de novos espazos urbanos para conti nuar con este proxecto de rexeneración urbana, a tra-vés da arte, para poñer en valor lugares históricos da vila e convertelos nunha si-nal de identi dade de As Pontes”.

Conti núa o proxecto artí sti co para revitalizar as rúas do municipio

Page 25: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019actualidade 25

A cabalgata de Entroido, organizada polo Concello das Pontes e que se celebrará o próximo 5 de marzo, reparti rá máis de 7.500 euros entre os seus parti cipantes.O xurado terá en conta na súa valora-ción aspectos como a orixinalidade, o vesti ario, a maquillaxe, a calidade mu-sical, a coreografí a así como o desen-fado na interpretación dos disfraces e o número de compoñentes nos grupos para outorgar os premios ás mellores carrozas, con 800, 650 e 400 euros para os tres primeiros clasifi cados.Establécense, así mesmo, dúas moda-lidades para os grupos, en función do número de integrantes. De tal xeito que, os grupos de entre 3 e 9 persoas opta-rán a premios de 400, 300 e 200 euros mentres que, entre as agrupacións de 10 ou máis membros reparti ranse tres premios de 650, 475 e 325 euros.Ademais, o Concello das Pontes pre-miará ás tres primeiras parellas adultas clasifi cadas con 200, 150 e 100 euros, respecti vamente e, a nivel individual, os adultos que tomen a saída no desfi le poderán gañar 120, 90 e 60 euros se se sitúan entre os tres disfraces máis valo-rados polo xurado.Como en edicións anteriores, As Pontes tamén premiará aos parti cipantes máis novos e, deste xeito, na categoría infanti l haberá sete premios, de 150 euros cada un, para os grupos e outros tantos para as parellas e os parti cipantes individuais,

dotados con 75 euros e 50 euros, respec-ti vamente, cada un deles.Aos premiados nas categorías infantí s en-tregaráselles un vale trocable por libros, material, xogos educati vos e didácti cos mentres que para os nenos e nenas me-nores de 8 anos, o premio será un conto.A cabalgata de entroido parti rá ás 17:00 da rúa Monte Caxado para realizar a con-ti nuación, un percorrido que discorrerá pola avenida de Orti gueira, a avenida de Castelao, a praza do Hospital, a avenida de Galicia e a rúa Rosalía de Castro para fi nalizar no pati o do Colexio Santa Ma-ría, lugar onde se efectuará a entrega de premios. O desfi le estará amenizado por Batucada Perkusiona e Louband.

O Entroido repartirá máis de 7.500 euros en premios

A cabalgata será o 5 de marzo

O concello das Pontes aprobou o expe-diente para a contratación dos traballos de acondicionamento e mellora da anti -ga escola unitaria do Paraño, que servirá como local social e de reunión para os veciños da parroquia.A concelleira de Atención, Parti cipa-ción Cidadá e Desenvolvemento Local, Montserrat García, explica que: “Era dunha vella demanda veciñal. A actua-ción foi consensuada coa veciñanza tratando de dar resposta as súas ne-cesidades e suxesti óns e súmase ao proxecto municipal de recuperación de vellos inmobles en desuso, a través do que buscamos contribuír a recuperar o patrimonio histórico do municipio, po-ñelo en valor e impulsar a parti cipación cidadá, amosando o noso compromiso co tecido asociati vo das Pontes”.A obra, que conta cun orzamento de 183.817,71 euros e que será fi nanciada integramente pola Deputación da Coru-ña a través do Plan de Obras e Servizos (POS) 2018, ten como principal obxecti -vo recuperar o anti go inmoble para usos sociais, respectando a súa identi dade ti -polóxica pero adecuándoa ás esixencias construti vas, de accesibilidade, seguri-dade e efi ciencia enerxéti ca, que mar-can as normati vas vixentes, así como ao seu novo uso.Trátase dunha rehabilitación integral que inclúe o acondicionamento exterior do edifi cio por medio de actuacións na

fachada, a cuberta e os chans así como no seu interior por medio da creación dunha ampla sala de reunións, aseos e unha zona de servizos complementa-rios, tratando de racionalizar o uso do espazo, apostando pola funcionalidade e a comodidade.Os traballos tamén contemplan a insta-lación de todos os elementos necesa-rios para dotar ao edifi cio de electrici-dade, iluminación, telecomunicacións, evacuación de residuos, saneamento así como de venti lación, fontanería, calefacción e climati zación, apostando por sistemas que potencien o aforro e a

efi ciencia enerxéti ca.Xunto a estas actuacións levarase a cabo a mellora do acceso exterior ao edifi cio, coa pavimentación do camiño de en-trada e a instalación dunha nova rede de iluminación. Ambos estarán plena-mente integrados coa contorna natural e respectarán as característi cas propias da zona.Tanto o acceso ao edifi cio como ás zo-nas comúns interiores estarán proxecta-dos para que sexan completamente ac-cesibles para as persoas con mobilidade reducida, coa eliminación das barreiras arquitectónicas.

O Concello pontés licita as obras da escola de Paraño

Estado no que se atopa actualmente o edifi cio da Escola de Paraño

O Concello das Pontes adxudicou á em-presa Excavaciones Saavedra y López, a obra de reparación da capa da rodadura dos camiños de Caivancas, Reboredos e Morixoso, na parroquia de Goente e no viario que conduce cara ó encoro da Ri-beira, na parroquia de Somede.As actuacións, cun orzamento de 74.853,96 euros con cargo ó Pos Adi-cional 2018 da Deputación da Coruña, están encamiñadas a dotar ós camiños rurais dunha maior calidade, estrutural e superfi cial, facendo que sexan máis accesibles, cómodos e seguros, tanto para o tráfi co rodado como para os viandantes.O proxecto, contempla, previo ao inicio das obras, a limpeza das cunetas para o correcto drenaxe do fi rme e o aporte de grava e tratamento asfálti co naquelas

zonas nas que existan fochancas para proceder, a conti nuación, á renovación da capa de rodadura con pavimento bituminoso.Así mesmo, as actuacións tamén permi-ti rán a renovación da sinalización hori-zontal co pintado das liñas nos bordes do viario e das sinais precisas, segundo marco o código de circulación vixente.Estas obras forman parte do plan de traballo deseñado polo goberno local para as parroquias do rural pontés, des-ti nado a mellorar a rede de estradas e camiños, a conti nuar coa incorporación de novos servizos públicos así como a renovar os equipamentos, seguindo co seu compromiso para mellorar as infraestruturas do ámbito rural e favo-recer a calidade de vida de toda a ve-ciñanza.

Adxudicada a mellora de vías en Goente e Somede

O Concello das Pontes ten previsto inves-ti r 234.724,56 euros, a través do Plan de Obras e Servizos 2018, da Deputación da Coruña, na reurbanización da praza da Madalena e a súa contorna.A Xunta de Goberno local aprobou o ex-pediente de licitación deste proxecto que ten como obxecti vo prioritario recuperar o espírito orixinal da praza e o seu carác-ter como punto de encontro dos veciños e as veciñas, mediante a creación de zo-nas verdes, unha área de xogo infanti l e a renovación dos servizos públicos.Este proxecto, do mesmo xeito que as intervencións realizadas polo Concello noutras áreas de esparexemento e lecer

no núcleo urbano, permiti rá incrementar os niveis de funcionalidade, seguridade, accesibilidade, efi ciencia enerxéti ca, ca-lidade ambiental e sustentabilidade da zona e por extensión, a calidade de vida e benestar da veciñanza.O espazo será completamente inclusivo, estando deseñado para todos os veciños e veciñas, eliminado as barreiras arqui-tectónicas que existen na actualidade para impulsar un espazo accesible para as persoas con diversidade funcional e problemas de mobilidade, incluíndo a instalación de mobiliario urbano de dis-ti ntas lonxitudes, deseñados de acordo cos criterios de accesibilidade.

O proxecto tamén contempla a mello-ra da iluminación pública con farois de 5 metros de altura e lámpadas led que permiti rán o aforro de custos co máximo rendemento lumínico.Así mesmo, para as zonas verdes execu-tarase unha rede de rega independente da rede de auga potable e unha estación meteorolóxica controlará a totalidade dos circuítos para fomentar a maior sus-tentabilidade no consumo hídrico.Por outra banda, as obras tamén con-templan a execución dunha rede de electricidade conectada á rede existen-te, para prestar subministración tanto á rede de rega como á fonte.

Investi rán preto de 235.000 euros na reforma da praza da Madalena

Page 26: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade26 marzo 2019

O Concello das Pontes aposta pola reno-vación e as obras e está a facer un gran esforzo orzamentario para investi r nun gran núnero de obras no centros históri-co da vila, obras que afectan a varias vías.

RÚA CABANAS. Con fondos provenien-tes do Plan de Obras e Servizos da Depu-tación da Coruña do ano 2019, acomete-rá a reforma integral da rúa Cabanas.Esta actuación permiti rá, por unha banda, mellorar o servizo público mu-nicipal de saneamento e, por outro lado, a substi tución dos pavimentos das beirarrúas e da calzada, ó longo de todo o viario.Así, está proxectada a execución dun-ha nova rede separati va de recollida de augas pluviais e a creación dos corres-pondentes sumidoiros, con arquetas de recollida nas acometi das das vivendas.A reposición do pavimento das beira-rrúas levarase a cabo seguindo a mesma liña estrutural, funcional e estéti ca dese-ñada polo goberno local para o centro urbano, con sobreanchos no inicio e fi n das mesmas co obxecti vo de garanti r a seguridade dos peóns, mellorando a súa visibilidade e facendo máis cómoda a súa estadía durante os tempos de espera para cruzar a rúa.Rematados os traballos de repavimenta-ción das beirarrúas procederase ao aglo-merado do viario e, o proxecto concluirá coa dotación de bancos, papeleiras e xar-dineiras, coa sinalización horizontal preci-sa e coa recolocación dos sinais verti cais e portacolectores.

SAUDE E OURENSE. O Concello das Pon-tes comezou as obras de acondiciona-mento e mellora da accesibilidade das beirarrúas da rúa Saúde e da rúa Ouren-se, iniciando os traballos no tramo com-prendido entre a rúa Reitoral e o paso de peóns situado fronte ao centro de saúde, na súa marxe dereita.Este proxecto permiti rá o acondiciona-mento das actuais beirarrúas, con mello-ras na pavimentación e na accesibilidade, mediante a supresión das barreiras ar-quitectónicas, a ampliación do ancho das beirarrúas e a creación de vaos peonís adaptados para persoas con mobilidade reducida e invidentes.Así mesmo, as obras inclúen a substi tu-ción do actual alumeado público por ou-tro de maior efi ciencia e aforro enerxéti -co, seguindo as liñas mestras deseñadas polo goberno local para avanzar cara un pobo máis sosti ble e seguro, e a renova-ción do mobiliario urbano para contribuír á humanización da zona.

A obra, cun orzamento de 90.508 euros con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, conti nuará, re-matada esta primeira fase, coa reforma do tramo que resta, ata a intersección coa rúa Ourense e no tramo da rúa Ou-rense que comunica a avenida de Orti -gueira coa rúa Saúde.

VÍA ROMANA. O proxecto de rehabilita-ción do casco urbano deseñado polo gru-po de goberno das Pontes para garanti r a calidade de vida da veciñanza, apostando pola humanización e a mellora da acce-sibilidade dos espazos urbanos, chegará ata a Vía Romana.Para acadar este obxecti vo, o Concello ten previsto acometer, con cargo ao POS 2019 da Deputación da Coruña, a reforma do viario, promovendo a seguridade, a mobilidade e a comodi-dade para darlle prioridade aos peóns, seguindo a mesma liña estrutural, fun-cional e estéti ca deseñada para todo o casco urbano pontés.A actuación, que conta cun orzamento de 180.974 euros, contempla a mello-ra do acondicionamento do viario coa substi tución do pavimento das beira-rrúas, a rehabilitación do fi rme da cal-zada e a defi nición de vaos para salvar as diferenzas de rasante entre o viario e as beirarrúas.O proxecto tamén inclúe a execución de actuacións complementarias de renovación da rede de alumeado que será reemplazado por outro de maior efi ciencia enerxéti ca, a pé de rúa, con tecnoloxía LED que permiti rá incre-mentar os niveis de iluminación ac-tuais, e reducir o consumo e a contami-nación lumínica.Así mesmo, a rede unitaria de saneamen-to mellorarase coa execución dunha rede separati va de augas pluviais e residuais, con novos colectores, pozos de rexistro e as acometi das correspondentes, que permiti rán dispor dunha rede máis mo-derna e efi ciente para prestar un servizo municipal de ópti ma calidade.Procederase, ao mesmo tempo, á co-locación de varandas de protección, de mobiliario urbano (bancos e papelei-ras) e de sinalización horizontal e ver-ti cal, seguindo o código de circulación vixente.

RÚA CASILLA. O Concello das Pontes investi rá, con cargo ó POS 2019 da De-putación da Coruña, 86.491 euros na re-habilitación da rúa A Casilla. O proxecto, aprobado polo Pleno, permiti rá mellorar a pavimentación e a accesibilidade na

marxe dereita do viario, entre as rúas Eduardo Pondal e Curros Enríquez.A través desta actuación, o Concello das Pontes quere dar resposta a unha vella demanda da veciñanza para impulsar a contorna, eliminar as barreiras arquitec-tónicas e mellorar a mobilidade na zona, aumentando a calidade de vida dos ve-ciños. As obras, xunto coa substi tución da pavimentación actual por formigón impreso, contempla a renovación dos servizos públicos municipais.Tamén se procederá á renovación das instalacións de saneamento mediante a construción dunha rede separati va de augas pluviais e fecais que incluirá a creación de arquetas para a recollida das acometi das individuais das edifi cacións así como as acometi das dos sumidoiros e de recollida das augas procedentes do domicilios.Ademais disporanse pozos de rexistro se-parati vos e levarase a cabo a adaptación dos rexistros existentes (pozos e arque-tas) á rasante fi nal da rúa.

RUA DA IGREXA. O Concello das Pontes ten previsto acometer a rehabilitación do inmoble situado no número 3 da rúa da Igrexa, no casco vello do municipio. A obra será fi nanciada pola Deputación da Coruña, a través do Plan de Obras e Servizos 2019, e terá un orzamento de 242.000 euros.O proxecto, que se levará a cabo nunha zona emblemáti ca do municipio, ten como obxecti vo esencial revitalizar a zona mediante a creación dun espazo so-ciocultural e lúdico que se converterá no centro neurálxico do casco da Vila, o nú-cleo de poboación más anti go e de maior valor histórico da localidade.As actuacións previstas, co obxecti vo de aproveitar ao máximo o espazo existen-te, prevén, en cada planta, a creación dunha aula taller e un ámbito multi usos. Na zona central de cada planta, separan-do os disti ntos ámbitos, crearase unha zona que albergará todas as comunica-cións verti cais do edifi cio (ascensor e escaleiras), os aseos e as zonas de alma-cenaxe.Así mesmo, debido ao estado actual do inmoble, levarase a cabo unha rehabilita-ción integral da edifi cación que contem-pla a instalación de todos os elementos necesarios para dotar ao edifi cio de electricidade, iluminación, telecomuni-cacións, evacuación de residuos e reco-llida de pluviais así como de venti lación, fontanería, calefacción e climati zación, apostando por sistemas que potencien o aforro e a efi ciencia enerxéti ca. De arriba abaixo, as rúas Cabanas, Igrexa, Saúde e Vía Romana

As Pontes aposta pola renovación O Concello está inmerso na renovacion de varias vías do centro, como as rúas Cabanas, Saúde, Ourense, Vía Romana e Casilla, e un inmoble na rúa Igrexa

Page 27: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 27publirreportaxe

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a vicerreitora do Campus de Lugo, Montserrat Val-cárcel, supervisaron as obras de construción Granxa Experimental do Campus Terra, que o organismo pro-vincial está a construír nos terreos provincias da Granxa Gayoso Castro, en Castro Ribeiras de Lea. Arestora, estanse a executar os traballos de construción das 5 naves coas que conta esta pioneira instalación: nave central para vacas, nave para maqui-naria, edificio de prácticas e labo-ratorio, fosa de purín ou silos. Este proxecto está dotado de 2 millóns de euros: 1,3 millóns achégaos a Depu-tación para as obras e 740.000 euros a USC para o equipamento. O presidente informou que o grao de execución da obra se sitúa no 20% e que os traballos rematarán, previsi-blemente, nos vindeiros meses. Con-cretamente, os traballos executados foron a explanación e rasantes do terreo de toda a parcela, incluíndoas as rasantes das distintas naves, así como a cimentación e instalación de pilares de varias das naves. Arestora, son máis de 11 operarios e 3 técni-cos os que están a traballar na obra. Ademais das obras nas naves, están a actuar nos silos, nos que se están colocando os módulos verticais para realizar posteriormente a solera. Estanse a levantar os muros de con-tención perimetráis e de división central da fosa de purín, que dispón de 2 vasos. De seguido, arrancará a instalación dos módulos das naves e

dos tellados, que son estruturas pre-fabricadas polo que, nun prazo de 2 semanas, quedarán practicamente as naves pechadas e con cuberta. “A través deste proxecto, dende a Deputación e a Universidade busca-mos crear valor engadido no siste-ma de produción leiteira co fin de propoñer solucións e melloras nas explotacións leiteiras. Con estas obras, mellorarase a formación de veterinarios e enxeñeiros agróno-mos e darémoslle un impulso á in-novación sobre todo no tocante ao smart farming, ou o que é o mes-mo, a agricultura intelixente e ao impulso dos sistemas de pastoreo”, destacou. A granxa pretende ter un contacto directo e próximo cos produtores da zona, unha das máis produtivas de todo o Estado, ofrecendo cursos de formación e xornadas de cam-po para compartir preocupacións e solucións a pé de leira e aplicar os resultados en situacións reais. Como diferenza técnica principal a granxa conta cun robot de muxido automa-tizado, e en canto ao sistema de pro-dución prevese que as vacas teñan acceso libre aos pastos a maior parte do ano. É, precisamente, a vocación expe-rimental da granxa a que permitirá complementar as investigacións teó-ricas do persoal docente e investiga-dor do Campus Terra ca súa posta en práctica. Esta vertente experimental facilita, á súa vez, a participación en proxectos de investigación e a capta-ción de recursos.

Deputación e USC constrúen en Castro o primeiro centro de investigación láctea da provincia

O presidente da Deputación, Darío Campos, e a vicerreitora do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, visitaron as obras de execución da Granxa Experimental do Campus Terra

Unha vista en tres dimensións do proxecto da granxa experimental

Page 28: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

28 marzo 2019 publirreportaxe

A Granxa Experimental do Campus Terra terá como obxectivos avanzar na redución de custos de produción do leite, así como na automatiza-ción e na incorporación das novas tecnoloxías a este proceso.Con isto preténdese combater un dos principais problemas que sofre o sector lácteo: os baixos prezos do leite, a falta de man de obra de cali-dade de vida dos seus profesionais.Este proxecto responde a unha de-manda histórica do Campus Terra, que é a de establecer unha granxa experimental de leite que dea res-posta ás necesidades docentes e investigadoras dos dous centros que máis definen esencialmente a universidade lucense: Veterinaria e Politécnica.A granxa Experimental do Campus Terra da provincia de Lugo conta cun investimento de 2 millóns de euros. A empresa encargada de executar ditas obras é Copcisa, que presentou a oferta máis ventaxosa, cuns 930.000 euros.Esta nova infraestrutura axuda a reforzar o papel do Campus Terra como unha referencia internacional da xestión sustentable dos recursos a través da innovación e do coñece-mento, que axudará a que o sector produtor de leite, tan importante para a economía de Lugo e de Gali-cia, sexa máis eficiente e teña máis futuro, nun mercado cada vez máisglobal e competitivo.En Lugo existen cunhas 3.600 ex-plotacións lácteas. O sector do leite representa un 18% do emprego da provincia. Lugo lidera a produción leiteira en Galicia e en España con máis de 1,2 millóns de toneladas ao ano.

Por tanto, o sector lácteo é unha prioridade para o desenvolvementosocial e económico da provincia. “Queremos contribuír ao seu im-pulso, a axudar aos profesionais para reducir custos de produción, a facer máis competitivas as súas explotacións ou a mellorar a súa calidade de vida. Buscamos facelo a través da investigación e da innova-

ción; aproveitando o gran potencial humano que temos no Campus de Lugo, explican fontes da Deputa-ción Provincial.

REFERENTE DO SECTOR LÁCTEOA Comarca de Terra Chá e os mu-nicipios que a integran, como o de Castro de Rei, é unha zona crave na provincia para o sector lácteo polo número de gandeiros, explotacións de leite ou o volume de produción láctea. O obxectivo, polo tanto, de Universidade de Deptuació é con-verter a esta granxa experimental nun referente do sector tamén po-las pioneiras instalacións que acolle para a mellora e impulso deste sec-tor, como o Centro de Recría.

PARTICIPACIÓN DO SECTORA participación dos gandeiros é un de eixos principais da granxa.Está prevista a creación dun grupo de traballo formado por gandeiros, especialmente da contorna, para detectar as problemáticas máis in-mediatas e tratar de incorporalas á axenda investigadora e experimen-tal da granxa. Promoverase a orga-nización de cursos e xornadas de utilidade que dean resposta a esas problemáticas de formación.

Un referente no sector lácteoA Granxa Experimental do Campus Terra ten como obxecti vo a parti cipación dos gandeiros e rebaixar os custes de produción

Un momento da visita que se realizou ás obras durante os pasados días

Sobre estas liñas, dúas imaxes do aspecto que terán as diferentes naves que se construirán. Abaixo, unha recreación da parte central da granxa

A granxa contará cun robot de ordeño automati zado e, en canto ao sistema de produción, prevese que as vacas teñan acceso libre aos pastos a maior parte do ano. Tamén contribui-rá a mellorar a formación de veterinarios e enxeñeiros agrónomos.

Nave de Gando de Leite, de 2.500 metros cadrados, que acollerá unhas 70 vacas en pro-dución. Estará composta por dous módulos de cubículos, dispostos cola con cola, entre os cales existe un corredor de limpeza. Dispoñerá tamén dunha zona para vacas secas con 17 cubículos. Toda esta infraestrutura estará equipada con sistema de ordeño automáti co, lazareto, paritorios, leitería, arrobaderas de cable...

Nave de Maquinaria, de 500 metros cadrados, para gardar a maquinaria. Tamén haberá un taller para realizar o mantemento das propias máquinas, zona de lavado e combusti ble.

Edifi cio de Prácti cas, de 400 metros cadrados, que poderá acoller a un total de 60 persoas, 40 alumnos na aula, e 20 investi gadores e docentes no Laboratorio.

Fosa de Xurro, que terá unha profundidade de 2 metros e unha capacidade total de 1.050 m3. Irá cuberta con lona de seguridade impermeable construída a base dunha trama de poliéster revesti da con lámina de PVC nas dúas caras.

Creación de 2 silos de formigón armado de 35x8. Terán unha capacidade total de 560 m3 e dispoñerán dun sistema propio para recoller a lixivia e desti nala á fosa de xurro.

CARACTERÍSTICAS

Page 29: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 29publirreportaxe

Copcisa é unha empresa constru-tora con presenza en España e Chile e pertence ao grupo Copci-sa Corp.Desde os seus inicios, en 1965, ata hoxe consolidaron a súa posición no mercado grazas a un modelo empresarial baseado no compro-miso e o traballo ben feito.Copcisa desenvolve a súa activi-dade no ámbito de obra civil, na edificación, nos servizos e nas concesións. As administracións públicas e as empresas privadas teñen depositada a súa confianza na súa solidez e na súa profesio-nalidade. Por todo elo Copcisa converteuse nunha das empresas construtoras de maior prestixio.A granxa Experimental do Campus Terra da provincia de Lugo conta cun investimento de 2 millóns de euros. A empresa encargada de executar ditas obras é Copcisa, que presentou a oferta máis ven-taxosa, cuns 930.000 euros.Na construción da Granxa Expe-rimental do Campus Terra em-pregáronse áridos de diferentes granulometrías, zahorras, formi-góns, terra vexetal, aceiro, ma-deira, etc. Tamén reutilizáronse e reciclaáronse materiais proce-dentes da excavación da obra.

As actuacións estanse a rea-lizar no centro de Matodoso, no concello de Castro de Rei, na comarca da Terra Chá, pro-vincia de Lugo, próxima ao nú-cleo de Castro Ribeiras de Lea. Emplázase na parcela catastral 27010A219000020000PT.Son un total de 57 profesionais de Copcisa como enxeñeiros de camiños, arquitectos técnicos, enxeñeiros de edificación e enxe-ñeiros civís entre moitos máis profesionais como encargados de dirección e execución da obra.O equipo de profesionais que des-envolve dita obra está contratado baixo as condicións reguladas polo Convenio Colectivo de Traballo para a actividade de Edificación e Obras Públicas, e o Convenio Co-lectivo do Comercio de Materiais de Construción e Saneamento, ambos na provincia de Lugo.A adecuada organización de tem-pos de execución de dita obra permite conseguir un máximo rendemento e aproveitamento de equipos de traballo e de ma-teriais.Na obra da Granxa Experimental empréganse materiais sostibles e ademáis recíclanse e reutilízanse outros para facela máis sostible.

Copcisa, calidade e innovaciónA construción da Granxa Experimental está a cargo desta empresa, responsable de grandes proxectos nacionais e internacionais

Úsanse materiais

sostibles e recíclanse e reutilízanse outros para facela máis

sostible

Page 30: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

30 marzo 2019 publirreportaxe

A granxa conta cunha situación pri-vilexiada en canto á distribución das parcelas, xa que concentra toda a superficie ao redor da nave prin-cipal, o que nos permitirá combinar o robot de muxido cun modelo de produción en base ao pastoreo, sis-tema amplamente aplicado en paí-ses como Holanda e practicamente inexistente en Galicia, e que pre-tendemos sirva de referente para aquelas explotacións que se deci-dan por sistemas menos intensivos.

NÚMERO DE PROFESIONAIS QUE TRABALLARÁN NESTE CENTROPara o manexo diario a granxa con-tará co persoal da deputación vin-culado tradicionalmente á Granxa Gaioso Castro, por parte da USC ha-berá un xestor da granxa encargado de coordinar as necesidades docen-tes e investigadoras do Campus Te-rra da USC cos recursos dispoñibles na granxa en cada momento, así

como da busca de posibles oportu-nidades en I+D+i en coordinación co Persoal Docente e Investigador (PDI) da universidade e os axentes dos sector. Para a posta en mar-cha dos proxectos dependerá da carga de traballo que supoña cada proxecto concreto, cabendo a posi-bilidade de que se contrate persoal específico para acompañar aos in-vestigadores no desenvolvemento dos mesmos.

INVESTIGACIÓNActualmente existen diversos gru-pos no campus que investigan sobre as problemáticas do sector nun am-plo abanico de temáticas, dende as máis vencelladas ao comportamen-to e saúde dos animais como son os grupos de veterinaria, ata os ligados ao estudo das dinámicas produtivas do sector, pasando por aqueles que estudan os aspectos máis técnicos das novas tecnoloxías de mecani-zación rural. Dos 40 grupos de in-vestigación que hai actualmente no Campus, unha ducia encaixaría na temática. Ademais, aspírase a que outros grupos do Campus se espe-

cialicen na temática da granxa e a que entren outros de Santiago. As instalacións da granxa permitirán, ademais das actividades de prácti-cas docentes, o desenvolvemento de múltiples liñas de investigación e a posibilidade de converxer cos axentes clave do sector, o que fai á granxa especialmente atractiva para os grupos de investigaciónOs grupos están formados princi-palmente por investigadores e es-tudantes de doutoramento, o que se coñece como investigadores pre-doutorais en formación. Ademais destes os grupos de investigación poden contar con persoal técnico para o desenvolvemento de deter-minadas tarefas necesarias para levar a cabo a actividade investiga-dora.

PARTICIPACIÓN DIRECTA DE GAN-DEIROSSen dúbida, a participación dos gandeiras é unha das patas princi-pais da granxa, está prevista a crea-ción dun grupo de traballo formado por gandeiros, especialmente da contorna, para detectar as proble-máticas máis inmediatas e tratar de incorporalas á axenda investiga-dora e experimental da granxa, en coordinación con outros centros, promovendo a organización de cur-sos e xornadas de utilidade que den resposta a esas problemáticas.

TRABÁLLASE O LEITE ATA QUE QUE-DA O PRODUTO FINALO Campus Terra xa dispón en Lugo dun centro punteiro na transfor-mación do leite como é a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Ali-mentarias, polo que a granxa está deseñada para tratar a cadea de va-lor ata que se produce o leite, con especial incidencia da alimentación e do ben estar animal.

ALUMNOS BENEFICIADOS DA CREACIÓN DESTE CENTROPrincipalmente os alumnos de ve-terinaria e da EPSE, anque a granxa pretende ser un lugar de referencia para o alumnado do Campus de Lugo en xeral a través do desenvol-vemento de actividades na granxa, por exemplo está prevista unha vi-sita semestral de todo o alumnado internacional do Campus Terra. Por outra banda buscarase a par-ticipación ampla de gandeiros nas xornadas de campo e nos cursos de formación.

BENEFICIOS PARA O CONCELLO DE CASTRO DE REIO concello de Castro é un dos gran-des referentes en canto a volume de produción leiteira en Galicia, e conta xa, nas súas inmediacións, co principal centro de recría do noroeste e o segundo máis grande de todo o Estado. A construción da granxa experimental do Campus Terra ven a apuntalar a aposta da Deputación pola promoción deste concello como referente nun sector clave do agro galego. A granxa supón tamén un atractivo para o desenvolvemento e consoli-dación das empresas do sector ter-ciario de Castro.

O proxecto da granxa, en detalle

Un momento da visita do presidente da Deputación e da vicerreitora ao gando existente na granxa

O presidente da Deputación e a vicerreitora esti veron acompañados do deputado de medioambiente, Lino Rodríguez

>> Establecemento dun sistema efi ciente que combine robot de muxido co pastoreo que permita a distribución das parcelas de xeito que se maximice o aproveitamento dos pastos minimizando o desprazamento dos animais.

>> Ensaio de disti ntos materiais nas camas dos animais.

>>Investi gación sobre o comportamento diario dos animais a tra-vés do sistema de seguemento incorporado coa adquisición do robot.

>> En xeral todo o relati vo ao benestar animal.

PROXECTOS A LEVAR A CABO A granxa pretende ter un contacto

directo e próximo cos

produtores da zona, facendo

cursos e xornadas

Conta cun robot de muxido

automati zado, e prevese que as vacas teñan

acceso libre aos pastos

Page 31: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 31publirreportaxe

Un proxecto de tales dimensións terá unha ampla repercusión sobre a provincia, sobre o sector e esepcial-mente sobre a universidade. A vice-rreitora do Campus de Lugo explica a repercusión que terá este proxecto.

Cal é o obxectivo deste proxecto?A granxa experimental do Campus Terra nace con vocación de servi-zo a un sector que ven de sufrir un forte golpe ca crise de prezos. Este compromiso verase materializado por unha banda nunha mellor for-mación de veterinarios e enxeñeiros agrónomos e por outra nun impulso á innovación sobre todo no tocante ao concepto de smart farming, ou agricultura intelixente, e ao impulso dos sistemas de pastoreo. Por outra banda, de cara ao sector, proponse a creación de distintos grupos de tra-ballo para garantir o fluxo de infor-mación sobre necesidades de inno-vación e posibles solucións entre o mundo académico e os produtores, incluíndo ás empresas de servizos e cooperativas. A granxa pretende ter un contacto directo e próximo cos produtores da zona, unha das máis produtivas de todo o Estado, ofrecendo cursos de formación e xornadas de campo para compartir preocupacións e solucións a pé de leira.

É o primeiro centro de estas carac-terísticas que haberá en Galicia? Será a primeira granxa de vacún xestionada por unha universidade. Como diferenza técnica principal a granxa conta cun robot de muxido automatizado, e en canto ao siste-ma de produción prevese que as va-cas teñan acceso libre aos pastos a maior parte do ano.En Galicia existen centros de refe-rencia como o Centro de Investi-gacións Agrarias de Mabegondo,

cunha longa traxectoria en canto a investigación e transferencia e ou-tros como o de Sergude ou EFA Fon-teboa especializados na formación. Neste sentido a granxa conecta cos distintos centros de referencia e aspira a manter unha coordinación permanente cos mesmos en canto a liñas de investigación, participación conxunta en consorcios e redes in-ternacionais ou actividades de difu-sión a través do contacto directo e da creación dos distintos grupos de traballo.Buscarase a coordinación perma-nente en canto a investigación, do-cencia e transferencia de coñece-mentos ao sector.

Que o diferencia do resto?A granxa experimental do Campus Terra ten unhas características par-ticulares que dificilmente se poden trasladar nunha comparación direc-ta con outros centros. A importancia medirase en termos de publicacións, proxectos, volume de financiamento captado, desenvolvemento da ac-tividade docente, etc. Aínda é moi pronto para situar á granxa.A comparación con outros centros é dificil, normalmente este tipo de granxas experimentais están centra-dos integramente na investigación o que facilita a captación de recur-so. Sendo moi moi cautos estimase unha captación de recursos duns 100.000 euros anuais, pero estes números van depender de moitos factores e sería aventurado pechalos neste momento.

Arestora, dende a USC, existen gru-pos de investigación que estean a afondar sobre a produción leiteira?Actualmente existen diversos gru-pos no campus que investigan sobre as problemáticas do sector nun am-plo abanico de temáticas, dende as

máis vencelladas ao comportamen-to e saúde dos animais como son os grupos de veterinaria, ata os ligados ao estudo das dinámicas produtivas do sector, pasando por aqueles que estudan os aspectos máis técnicos das novas tecnoloxías de mecaniza-ción rural.

Que alumnos serán os beneficiados da creación deste centro?Principalmente os alumnos de ve-terinaria e da EPSE, anque a granxa pretende ser un lugar de referen-cia para o alumnado do Campus de Lugo en xeral a través do desenvol-vemento de actividades na granxa, por exemplo está prevista unha vi-sita semestral de todo o alumnado

internacional do Campus Terra. Por outra banda buscarase a participa-ción ampla de gandeiros nas xorna-das de campo e nos cursos de forma-ción. Estímase que as instalacións da granxa permitan acoller prácticas dunhas 14 materias de veterinaria e 11 da Escola Politécnica Superior de Enxeñería.

Que benegicios supará para os estu-dantes a creación deste centro?Mellor calidade das prácticas con-centradas nunha soa explotación, o que redundará no coñecemento integral da explotación, ademais de ser un centro de referencia para eles en canto a oportunidades de desenvolvemento das súas carrei-

ras (investigación, docencia, trans-ferencia)

Quen formará eses grupos? Os grupos están formados princi-palmente por investigadores e estu-dantes de doutoramento, o que se coñece como investigadores predou-torais en formación. Ademais destes os grupos de investigación poden contar con persoal técnico para o desenvolvemento de determinadas tarefas necesarias para levar a cabo a actividade investigadora.

As accións que se desenvolvan se-rán só teóricas ou tamén haberá unha posta en práctica?É, precisamente, a vocación expe-rimental da granxa a que permitirá complementar as investigacións teó-ricas do persoal docente e investiga-dor do Campus Terra ca súa posta en práctica. Esta vertente experimental facilita, á súa vez, a participación en proxectos de investigación e a capta-ción de recursos.

>> Comezou no ano 12/13 e conti nuou ata o 14/15, despois houbo un parón dun ano para reorganizalo, e volveu no 17/18.

>> Cubre un dos piares nos que se sustenta a economía gale-ga, a produción leiteira, posto que Galicia aporta case o 40% de toda a produción leiteira estatal.

>> Único máster que abarca a produción do leite de forma integral en toda España.

>> Plantel de 52 docentes, profesionais especialistas de recoñecido presti xio no sector, procedentes de Centros de Investi gación coma o CIAM de Mabegondo ou o IRTA de Ca-taluña, as coperati vas agrarias como CLUN e AIRA, empresas privadas (EmbrioVet, Farm Vet, Seragro e Servepo), Xunta de Galicia e da propia Universidade.

>> Alumnos de outras comunidades, como Asturias, León, Can-tabria, Valencia ou Navarra; e este ano 4 estudantes de Portugal.

>> Media de idade dos alumnos: entre 25 e 30 anos. Tamén maiores de 40 anos que veñen para actualizar os seus coñe-cementos.

>> Sobre 150 alumnos internacionais.

INFORMACIÓN DO MÁSTER

A granxa pretende ser un lugar de referencia

para todo o alumnado do Campus de

Lugo Monserrat Valcárcel, vicerreitora do Campus de Lugo

Vista aérea das futuras instalacións da granxa experimental de Castro Ribeiras de Lea

“Será a primeira granxa de vacún xesti onada por unha universidade”Montserrat Valcárcel, vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo

Page 32: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

actualidade32 marzo 2019

DEPORTES

A Deputación aprobou en Xunta de Go-berno desti nar 1 millón de euros máis ao conxunto do tecido deporti vo da pro-vincia. Son 500.000 euros para todos os clubs deporti vos da provincia e modali-dades e 440.000 para o Ensino, o Burela Fútbol Sala, o Peluquería Mixta Friol e o Emevé, todos eles en primeira ou segun-da división.O prazo para solicitar as axudas de con-correncia competi ti va para os clubs e enti dades deporti vas da provincia xa está aberto trala publicación das bases no BOP. Os clubs teñen ata vindeiro 18 de marzo e, ao tratarse de axudas de concorrencia competi ti va, poden solicitalas todos os interesados. Toda a información e requisitos, así como a documentación necesaria atópase na páxina web da Deputación, www.depu-tacionlugo.gal.Este ano aumentou a suma das axudas ata acadar o medio millón de euros, divididos entre os 415.000 euros para axudar aos clubs a sufragar os gastos derivados da acti vidade competi ti va da temporada, e 85.000 para a organiza-ción de eventos deporti vos nos conce-llos da provincia.O importe mínimo das axudas á acti vi-dade competi ti va será de 300 euros e o máximo de 4.000, mentres que na liña de axudas á organización de eventos a canti -dade mínima a percibir será de 300 euros e a máxima de 2.000 euros.Como novidade este ano, na liña de axudas á acti vidade competi ti va cada disciplina deporti va conta cun importe de acordo co número de licenzas ofi -ciais que posúe cada modalidade na provincia de Lugo. Así mesmo, os clubs

ou enti dades deporti vas que desen-volvan a súa acti vidade competi ti va en máis dunha disciplina deporti va pode-rán optar a un máximo de tres axudas: dúas solicitudes por acti vidade compe-ti ti va e unha por organización de even-tos deporti vos.O voceiro do Goberno provincial, Ál-varo Santos Ramos, destacou que “un dato público, ofi cial e moi revelador disto é que mentres dende este Gober-no da Deputación investi mos en depor-te 12,92 euros por habitante, a Xunta faino con 6,29 euros. É dicir, duplica-mos o investi mento da Xunta en Lugo tamén en deportes. E todo isto cando a Xunta ten as competencias directas en deportes e conta cun orzamento máis de 100 veces superior ao da De-putación, pois o orzamento provincial non chega aos 90 millóns e o da admi-nistración autonómica supera os 9.000 millóns de euros”O voceiro lembrou que durante os úl-ti mos anos, o Goberno da Deputación desti nou case 4 millóns de euros a través desas liñas de colaboración deporti va, que permiti u ofrecer unhas 1.350 axudas de 35 modalidades deporti vas. É preciso tamén destacar que ao redor do 97% do total das axudas foron de concorrencia competi ti va, o que signifi ca que todos os pequenos clubs da provincia puideron optar e solicitar as mesmas, promovendo o deporte base lucense.Os restantes 440.000 euros son as axu-das dirixidas aos clubs deporti vos da pro-vincia de primeira e segunda división ou categoría, e non son SAD. Estes equipos son os o Ensino, o Burela Fútbol Sala, o Peluquería Mixta Friol e o Emevé.

Abre o prazo para pedir as axudas da Deputación

O alcalde de Friol, José A. Santos, fi xo entrega no Pavillón de Deportes da localidade da nova vesti menta para o Club de Atleti smo, nesta ocasión acompañado pola concelleira de De-portes, Josefa Janeiro; pola presidenta do Club, Asunción López, e polo ades-trador Felipe Barata. As autoridades entregaron os anoraks a todos os membros das categorías de menores do club.O Club Atleti smo Friol conta con máis de 50 nenos e nenas que están com-peti ndo por toda a xeografí a autonó-

mica e nacional e conta cun amplo abano de deporti stas que ti veron re-presentación en diferentes campiona-tos de España, como María Carballido, Noelia Sánchez, Nerea Lage, Vanesa Branco, Lucía Varela ou Samuel Caste-do, todas elas demostraron con fartu-ra o estado de forma do Club, subindo ao pódium na maioría dos campiona-tos onde parti ciparon.O alcalde felicitoulles pola implica-ción que demostran con este depor-te, un deporte que precisa dunha dedicación e unha disciplina, ambas

demostradas con fartura por todos os compoñentes do club. Tamén puxo a disposición dos deportistas o apoio que desde a Administración local pódelles servir de axuda para o correcto funcionamento do equi-po, así como agradeceu o esforzo e o sacrificio das familias dos nenos e nenas que forman parte do club, dado que “sen o apoio familiar non sería posible cosechar os éxitos que este grupo de mozos deportistas con Felipe Barata á fronte están lo-grando”.

O Club Atleti smo Friol ten nova equipación

Os rapaces do Club Atleti smo Friol posando coa súa nova equipación, entregada polo Concello

O campionato galego júnior de loita celebrouse esta pasada fin de se-mana no pavillón do CGTD de Pon-tevedra. Vilalba acudíu á cita con catro loitadores júnior, a metade do equipo debido a baixas de última hora, pero aínda así puideron subir ao podio tras o pleno de medallas dos deportistas.Samuel García Miragaya acadou o ouro en menos de 62 kg, Roberto Díaz Orosa prata en menos de 70 kg, igual que Rubén Fraga Cal en menos de 74 kg e Oussama Lahnin

en menos de 79 kg.Destacou tamén o papel feito de polos compañeiros do Rábade, que coa prata de Jonathan Pernas en menos de 86 kg e sobre todo o ouro de Carmen Carrasco en menos de 62 kg, demostran que seguen a abrir camiño na loita femina da provincia. O próximo evento será o Campionato de España absoluto que se celebrará en Santiago o 2 de marzo e no que os mellores loita-dores tentarán acadar un posto na selección española.

Os deporti stas júnior da loita olímpica vilalbesa suman catro medallas máis

Os deporti stas do club vilalbés de Loita, coas súas medallas

O domingo 28 de abril disputarase a VII edición da Carreira Popular de Friol, organizada polo Concello de Friol en colaboración co club de at-leti smo local. Este ano haberá novo regulamento, que está feito para dar un maior atracti vo a carreira e, sobre todo, tendo en conta o espírito au-ténti camente popular deste evento.Como novidade, este ano haberá unha categoría por parellas, que percorrerán 5 quilómetros, que se disputa xunto coa absoluta. A parti-cipación por parellas non é compati-ble coa clasificación por equipos, e se fará a través da inscrición habili-tada na páxina de championchipnor-te, a mesma onde se poden facer xa as incricións en todas as disciplinas.Levarán trofeos os oito primeiros clasificados das categorías sénior e máster; os tres primeiros equipos clasificados, tanto a categoría mas-culina como feminina; as tres primei-ras parellas na categoría masculina, feminina e mixta e os mellores das categorías inferiores. Tamén haberá

medallas para todos os participantes das carreiras e camiseta técnicas de manga longa para os participantes na carreira absoluta. Ademais, habe-rá outras moitas sorpresas e xa está aberta a inscrición.A carreira, que completa este ano a sétima edición, terá a saída dian-te do colexio de Friol, na Praza de España. Dende aí xirarán á dereita tomando a avenida de Lugo. Pasada a gasolineira, collerán a estrada de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de Friol dirección ao pobo. Alí collerán a rúa Santa Isa-bel ata enlazar outra vez coa avenida de Lugo. Unha vez que se chegue á altura do colexio, darase unha volta ao mesmo para entrar na meta.Nesta edición haberá cinco catego-rías: a absoluta, con saída ás 12:00 horas e percorrerá 5km; a sub14 ás 11:40 e 1.400m.; a sub12 ás 11:30 horas e 1.400m; a sub10 ás 11:25 horas farán 700m.; prebenxamín ás 11:20 serán 300m e pitufos ás 11:15 que percorrerán 100m.

A VII Carreira Popular de Friol será o 28 de abril

O Ddeputado pola Comarca da Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, man-ti vo un encontro cos deporti stas do Club de Loitas de Vilalba para coñe-cer de primeira man os resultados da colaboración do Executi vo Provincial con esta enti dade. No acto tamén parti ciparon o presidente do Club, Juan Carlos Quintana Domínguez, e o director Técnico, Iván Castro. Vidal Baamonde avanzou que “asinamos un novo convenio co Club de Loita por valor de 7.000 euros, que axu-dará á enti dade a sufragar os gastos da temporada, permití ndolles ter un adestrador a tempo completo que adapte os seus horarios aos deporti s-tas de alto nivel que precisan ata dous adestramentos diarios”.O club de Loitas conta con máis de 200 deporti stas nas súas fi las, dividíndose en todas as categorías: desde escolas deporti vas e de base, na que parti ci-pan uns 140 rapaces en idade escolar, ata a alta competi ción, na que desta-can José Cuba, en sénior; Carlos Yobani García, como júnior; e Ramón Monas-terio, en Sub-23. Ambos contarán co adestramento adicional, cun instrutor de presti xio internacional.

O Club engade un segundo adestrador

Page 33: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019actualidade 33

O Concello das Pontes inaugurou o campo de céspede artificial do Po-boado coa disputa dun encontro de veteranos entre o Club Deportivo da Coruña e o Real Celta de Vigo.Trátase dun campo polivalente, reali-zado con cargo ó POS+ da Deputación da Coruña e cun orzamento que supe-rou os 649.000 euros, a través do que o goberno local referenda o seu com-promiso co deporte local e de base.A nova infraestrutura deportiva está deseñada para ser utilizada tanto polos 200 nenos e nenas que integran o Club Deportivo As Pontes como para a prác-tica doutros deportes tales como o rug-by, o tiro con arco ou o fútbol gaéligo.As dimensións exteriores do céspede son de 111 por 71 metros, cunha su-perficie total de 7.881 metros cadra-dos, que permiten obter un campo de fútbol 11 (100×65 metros), un de rug-by (95×65) e dous de fútbol 7 (65×44).Conta cunha beirarrúa perimetral de formigón de 2 metros de ancho en tres dos lados, e de 3,5 metros no outro para permitir o paso da ma-quinaria necesaria para os labores de mantemento e coidado do campo, e así mesmo, dispón dos sistemas de saneamento, rego, alumeado e o equipamento preciso para a práctica deportiva que inclúe porterías, ban-

derines, redes de protección e bancos.Esta actuación, que foi posible grazas a sinatura do convenio entre Endesa e o Concello das Pontes, polo que as ins-talacións deportivas do Poboado das Veigas pasaban a ser propiedade mu-nicipal, enmárcase dentro do proxecto do goberno municipal para poñer en valor as instalacións deportivas da vila e favorecer a práctica deportiva entre a veciñanza, tendo como obxectivo prioritario albergar a maior cantida-de de deportes posibles, permitindo practicalos en mellores condicións e reducindo os envites das condicións climatolóxicas sobre o terreo de xogo.No acto de inauguración, o goberno local rendeulle homenaxe a Evaristo Puentes Durán, falecido fai cinco anos e que fora, durante máis de tres décadas, coidador das instalacións deportivas do Poboado, encargado do material do club de fútbol das Pontes e masaxista.Jesús Tembrás, concelleiro de Depor-te e Xuventude, apunta que: “A través desta homenaxe queremos recordar o compromiso, o traballo e a dedicación dunha persoa moi vencellada ó depor-te local, en especial ó fútbol, e que tan-to fixo polo mantemento dunhas insta-lacións das que, a partir do domingo, poderemos gozar todos os ponteses, completamente renovadas”.

As Pontes inaugura o campo artificial do Poboado da Veiga

Muras foi o lugar escollido para dar a saída ao Raid Gallaecia 2019, que se disputará na Mariña do 12 ao 15 de maio do 2019. A proba inclúese no circuíto das series mundiais -a terceira cita, tras Paraguai e Austra-lia- e será a única en España e unha das dúas que se celebrarán en Euro-pa xunto á do Reino Unido. O Raid Gallaecia trátase dunha competición de aventura na que a orientación xoga un papel decisivo e combínase co deporte extremo. Ao longo dos 500 quilómetros do percorrido os equipos -que deberán incluír polo menos unha muller- deberán atra-vesar tramos inhóspitos practicando trekking (carreira de montaña a pé), tirolina, espeleoloxía ou barranquis-mo, entre outras disciplinas.A carreira partirá de Muras, percorre-rá todos os concellos da Mariña e Vi-veiro será o epicentro. Na cidade do Landro hospedaranse todos os parti-cipantes, que poderían roldar os 200 dunhas 24 nacionalidades, e instala-rase a liña de meta. Os equipos dis-poñen de cinco días (120 horas) para completar o percorrido, aínda que se espera que os primeiros empreguen unhas 80 horas. Os dous mellores cuartetos accederán directamente ao campionato mundial.Os conxuntos franceses, neozelan-deses e escandinavos encabezarán o ránking de favoritos nunha proba que prohibe os dispositivos electró-nicos que faciliten a orientación e na que os deportistas deberán exprimir ao máximo os seus corpos, e por su-

posto as súas mentes, para non fra-casar no intento.Trátase dunha carreira de aventu-ras por equipos, necesariamente mixtos, ou por parellas que une trekking, MTB, kayak, rappel, es-peleoloxía e orientación cun total de entre 74 e 120 horas totais de competición. O percorrido transco-rrerá polos 16 concellos da Mariña así como por Muras e o municipio asturiano de Castropol, sendo Vi-veiro centro neurálxico e punto de meta. Unha singular proba de preto de 500 quilómetros que contará con participantes de Estonia, Polonia, Francia, Holanda, Suíza e incluso de Uruguai e Brasil, ademais de equipos

de diversos puntos da península”. O presidente da Deputación, Darío Campos Conde explicou que “trá-tase doutra boa oportunidade para exportar o noso patrimonio natural como atractivo turístico e deportivo. Temos moito máis que ofrecer ade-mais das praias; o interior da Mariña é unha zona descoñecida para moi-tos, cun gran potencial polo seu va-lor ecolóxico e turístico”.Os equipos estarán localizados en cada momento grazas a tecnoloxía creada especificamente para este tipo de probas, que ademais permitirá mo-nitorizar o cumprimento das normas e os puntos de paso máis interesantes para poder observar a competición.

Muras dará saída á Raid Gallaecia

Un momento da presentación do Raid Gallaecia en Viveiro

Page 34: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

34 marzo 2019

O goberno galego confi rmou que a pro-hibición de plantar patacas nos 33 mu-nicipios galegos afectados pola praga da couza guatemalteca será prorrogada, a pesar de que o decreto ministerial fi xaba inicialmente dous anos de corentena.Neste momento non se dan as condi-cións para levantar as restricións im-postas, dado que a praga non está erra-dicada en todos os municipios e a veda non será suspendida ata que deixen de aparecer capturas nas trampas coloca-das. Neste senti do, o voceiro do goberno lembrou que “de nada serviría levantar a veda e que nun ano volva aparecer esta praga”. Aseguran que “os expertos insis-ten en que se non hai patacas, a polilla non pode reproducirse”.Desde marzo, haberá controis e as mul-tas serán de 3.000 euros para as persoas que non fagan caso á prohibición. A Xun-ta fi xo público un documento onde se detallan as zonas infestadas e as zonas tampón, que impiden a expansión.O 3 de marzo de 2017 o Consello de mi-nistros do Goberno de España aprobou un Real Decreto que prohibe o culti vo

de pataca por un mínimo de dous anos. Tamén se establece unha zona tampón “os terreos comprendidos dentro dunha franxa de 5 quilómetros arredor do límite dos concellos infestados”. As disposicións sobre a zona tampón inclúen medidas de control e erradicación aplicables ás par-celas de culti vo, ás instalacións de alma-cenamento, ao almacenamento de pata-

cas por parti culares para autoconsumo e ao movemento de patacas desde esa zona a zonas non demarcadas. En Lugo a zona tampón comprende os concellos chairegos de Xermade, Muras, Vilalba, Cospeito, Castro de Rei, Pol e Meira. En-tre os infestados está Abadín, A Pastoriza e Riotorto. Ademais de todos os munici-pios da Mariña lucense.

actualidade

AGRO

Xa está aberta unha nova convocatoria para que os gandeiros soliciten os paga-mentos da PAC correspondentes ao ano 2019, e o prazo de solicitudes está aberto ata o 30 de abril.Polo que respecta aos datos da últi ma campaña, o importe principal correspon-de ás axudas directas, que sumaron 83,1 millóns de euros e inclúen o denomina-do pago básico, o pago verde, axudas vinculadas a culti vos para alimentación animal ou á produción de legumes de calidade, ás explotacións que manteñan vacas nutrices, vacún de cebo ou vacún de leite, así como ovino e caprino, e aos agricultores que inicien a súa acti vidade con menos de 40 anos.Por outra banda, concedéronse axudas ás explotacións situadas en zonas con limitacións naturais, por unha contí a glo-bal de máis de 9,5 millóns de euros. En terceiro lugar fi guran as axudas agroam-bientais, por valor de 8,9 millóns de euros, para primar aos agricultores que aplican prácti cas benefi ciosas para o cli-ma ou o medio ambiente. E por últi mo, os pagos para a produción ecolóxica che-garon aos 1,4 millóns de euros na provin-cia de Lugo.En canto á distribución por comarcas, Terra Chá e Meira asumen 28,5 millóns de euros.

Xa se poden pedir as axudas da PAC

O Diario Ofi cial de Galicia publicou a resolución do Insti tuto Enerxéti co de Galicia (INEGA) pola que convo-ca as subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e efi ciencia enerxéti ca nas empresas de produción agrícola primaria e que contan cun orzamento de 1.720.000 euros.Poderán ser benefi ciarios das subven-cións as empresas legalmente consti -tuídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluí-dos no sector de produción agrícola primaria.As empresas de servizos enerxéti cos que xesti onen total ou parcialmente instalacións consumidoras de ener-xía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presen-tes bases e, en concreto, desenvolver

algunha das acti vidades recollidas no punto anterior.A contí a da axuda será do 35 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxec-to e de 300.000 € por empresa. A in-tensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedi-das a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.O prazo de presentación de solicitu-des comezará 10 días naturais despois daquel en que se publiquen as pre-sentes bases no DOG, ás 9.00 horas, salvo que coincida en día inhábil, que se entenderá prorrogado ao primeiro días hábil seguinte, e concluirá o 31 de maio de 2019.A presentación das solicitudes rea-lizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web do Inega, www.inega.gal.

Convocadas achegas para a instalación de enerxías renovables

A prohibición de plantar pataca prorrogarase un ano máis

O portavoz de Gandaría do Grupo Socia-lista, José Manuel Pérez Seco, acusou ao PP de negarse a pedirlle á Xunta medidas preventi vas fronte á chegada da peste porcina africana a Galicia. Pérez Seco pre-sentou unha proposición non de Lei na Comisión de Agricultura do Parlamento que foi vetada polo PP, pechando os ollos así ás reclamacións do Ministerio de Agri-cultura e dos expertos en sanidade sero-lóxica no gando porcino.O responsable socialista sinalou ás reco-mendacións do Ministerio de Agricultura fronte ao risco de que este animal esten-da a peste porcina, como está a suceder no resto de Europa, con campañas de concienciación entre os sectores implica-dos para minimizar a súa entrada. Sinalou a importancia de tomar as medidas pre-venti vas antes de que a praga chegue a Galicia e evitar situacións como as que se teñen rexistrados noutras pragas.Lamentou do risco desta acti tude do PP e do goberno galego de negar o problema, máxime cando “aínda que na actualida-de non existe unha vacina cen por cen efi caz, a comunidade cientí fi ca prevé

tela ulti mada en dous anos, aproximada-mente”, polo que urxe a “tomar medidas para evitar que os xabarís da península se infecten”.Sinalou á difi cultade de controlar o move-mento dos animais dunha especie, como é o xabaril, que vén de rexistrar unha ele-vada concentración en toda Europa e un crecemento exponencial en España e Ga-licia. A últi ma vez que entrou foi no ano 1960, sendo erradicada en 1995, malia focos localizados en 2001 e 2005, gracias ao traballo do Ministerio de Agricultura, que serviu para que o sector porcino se situara á vangarda de bioseguridade, be-nestar animal e seguridade alimentaria.Lamentou a escasa atención do goberno galego e do PP á situación desta especie en Galicia, logo de ter rexeitado sistema-ti camente as advertencias dos socialistas. A últi ma delas ti vo lugar no pasado mes de outubro, cando reclamaran un censo da poboación do xabaril e un plan de xes-ti ón desta especie para estabilizar á súa poboación e limitar os danos na agricul-tura, a gandaría, a circulación viaria e o equilibro medioambiental.

O PSOE reclama á Xunta e ao PP medidas preventi vas contra a peste porcina

Por estas datas un importante nú-mero de gandeiros e gandeiras deste país, están a recibir as ofertas para asignar os novos contratos de comer-cialización do leite. Concretamente as empresas de maior volume de re-collida no país, están a formalizar os contratos cos produtores e produto-ras. “Pero unha vez máis a situación repítese, o sector produtor non ten ningunha opción de poder negociar o prezo do seu leite. A empresa entré-gache o contrato, e se o queres asig-nar ben, e se non deixa de te recoller o leite, tendo o gandeiro que buscar outra empresa, ou someterse as con-dicións que che impón o seu modelo de contrato”, así o explican dende Fruga, a Federación Rural Galega.Este representantes do sector afi r-man que tralas mobilizacións do ano 2015, asignábase un acordo lácteo en Madrid, co fi n de valorizar o pre-

zo do leite, pasados mais de 3 anos a situación segue nas mesmas. “O poder de negociación das explota-cións leiteiras segue a ser nulo. No que respecta aplicación do paque-te lácteo estamos a observar, que a día de hoxe os documentos que se manexan, non dan ningún ti po de garantí as ao sector produtor. Por un lado vemos que se pode seguir fi xan-do o prezo do leite en base a datos de prezos pagados, publicados polo Fondo Español de Garantí a Agraria, e por outra banda observamos como as garantí as que se lles esixen os primeiros compradores non son su-fi cientes garanti r o cobro ás explota-cións”, engaden.O decreto de identi fi cación do leite, que entrou en vigor o pasado día 22 de xaneiro está sendo moi publicita-do, soamente esixe que fi gure o esta-do de procedencia da materia prima.

Fruga cre que o novo eti quetado do leite non garante prezos xustos

Page 35: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 35opinión

COLABORACIÓNS

Pasaron moitas cousas des-de que nos deixaches sen a túa compaña. Menos mal que nos quedou o resplan-dor dos teus Nimbos, eses

poemas ou cimentos de poemas que teño na memoria e recito mentalmente a diario porque a beleza da túa poesía feriume para sempre. Aquí estamos, meu amigo, na patria da túa dona, lonxe desa terra verde e mar de orballo a cu-xas portas se perde todo cheiro alleo de terra ou mar, tal coma os romanos no rio Limia, o noso río do esquecemento; neste pais que como moi ben dicías ti dá un paso adiante e outro atrás.O ano pasado polo verán aproveitei para visitar outra vez os castros do For-no e da Abeleira e os túmulos escavados por Bouza Brei no Pilreu, por detrás do Vilariño, onde ti naciches, nos que hoxe medran os toxos e as silvas; incluso al-gún inconsciente plantou eucaliptos amosando pouco amor pola nosa his-toria e un profundo desprezo polo patri-monio que nos legaron os devanceiros. O que me parece raro é que ti non viras a medorra das Carriceiras que atopou agora Luís de Fabete, coas veces que tes andado por alí coas vacas e co que che gusta a ti a historia e a arqueoloxía.

Penso que a ti tamén che gustaría sa-ber que ulti mamente ao noso Alfonso de Xermolos estanlle a facer moitos e merecidos homenaxes. Primeiro foi en Láncara, onde lle deron o premio Ramón Piñeiro por “Facer País”; en xullo do ano pasado tamén o homenaxeamos na Santa Mariña dedicándolles a el e aos Irmáns da Lexía un monumento que se pode ollar desde a autovía; na Eira da Xoana colocaron a súa fi gura entre as persoas crentes xa homenaxeadas ante-riormente; despois, o día 24 de novem-bro, o Concello nomeouno Fillo Adopti vo de Guiti riz e este ano escollérono tamén para dar conti nuidade a Xabier Docam-po, Manuel María e outros escritores no hectómetro literario, chantando no seu honor un monólito no Paseo dos Soños de Vilalba, cerca do muiño do Rañego. Non sei si coñeciches ese muíño, pero é un lugar encantado como moitos outros que hai pola nosa chaira adiante. Dende alí a Vilalba din que hai cinco quilóme-tros de soños que corren ao longo do manso rio Magdalena e que, presumo eu, foi o crego Alfonso quen bauti zou o paseo con ese fermoso nome. Nunca un nome puido ser mais apropiado para un lugar, nin o lugar tan adecuado para renderlle homenaxe a ese home que tra-balla tanto polo noso idioma e alimenta o espírito cultural da nosa nación. Eu sempre dixen que aos poetas e escrito-res debemos honrarvos en vida, lem-brarvos sempre e difundir a vosa obra esteades ou non entre nós.

Ademais de todos estes recoñecemen-tos, o pasado 19 de febreiro, coincidindo co 105 aniversario do teu nacemento, in-auguraron na súa honra un monumento de granito, obra de do gran canteiro Xa-bier Quijada, fronte á Escola Habaneira de Guiti riz, e cando estou escribindo esta conversa, nun acto organizado pola Aso-ciación Lareira de Soños, estano agasa-llando con poesías na Escola Habanera de Guiti riz os membros da Nova Poesía Guiti rica.Xa saberás que os amigos Mini e Mero musicaron catorce poemas teus para A Quenlla. Houbérache gustado escoitar eses preciosos poemas cantados por eses dous personaxes entrañables que o dan todo a cambio de nada recorrendo a xeografí a galega sempre que haxa un evento que dignifi que a nosa cultura, que reivindique esta matria que están a esnaquizar os que nos desgobernan e que, nestes actos, despois de comer en irmandade, sempre ti veron a xenti leza de deleitarnos coa súa música.O outro día esti vemos no Vilariño co Presidente da Deputación e a alcaldesa de Guiti riz, que, por fi n, seica van dar algúns cartos para amañar a túa casa e convertela na Casa da Xente como a ti che houbera gustado que fose.Aínda teño moitas mais cousas que con-tarche, pero xa sabes ti dos problemas de espazo nos periódicos, así que deixa-rémolo para outra vez.Unha forte aperta deste teu amigo que non te esquece.

Raul Río

Conversas con Xosé María Díaz CastroFAÍSCAS QUE ESPALLA O VENTO

F ai algo máis dun mes aparecía no Facebook da asociación “Os peludiños” de Vilalba unha publica-ción na que indicaban que

precisaban casas de acollida para que os cans que tiñan ao seu cargo puidesen pasar a ola de frío que se aproximaba, no calor dunha casa. Entre as fotos que aparecían, unha chamoume a atención, unha cadeli-ña branca de ollos tristes. Así como que non quere á cousa, deixei caer que poderíamos traela para casa durante un tempo, xa temos dúas, pero ¿quen podía resistirse?. Falamos cunha das rapazas que le-van a asociación e fumos a coñecer a Hanna, “non é sinxelo” nos dixe-ron. E é verdade, Hanna ten moito medo, trema por todo, ás veces gru-ñe e non te mira case nunca, pero cando o fai, eses olliños transmiten que a súa vida ata o de agora, non debeu ser fácil.Durante unhas semanas Hanna e máis eu saimos a pasear os fins de semana para afacernos a unha coa outra, as veces non quería andar, outras parábase en seco ante cal-quera ruído, se a acariciabas por sorpresa asustábase... e o que me parecía máis incrible de todo, non quería chuches, eses premios que volven tolas as miñas outras cade-las a ela dábanlle igual, só tremía e metía o rabo entre as patas.Cando trouxemos a Hanna para casa aínda tardou uns días en afa-cerse ao seu novo entorno, ao prin-cipio non quería saír da cama que lle puxemos, tremía cando cruxía o chan, cando chamaban ao timbre

ou cando escoitaba algún ruído. No prazo dunha semana foi collendo un pouquiño de confianza, asomaba o fuciño pola porta e achegábase ata onde estábamos, aínda que despois volvera para o seu sitio... Todo pa-recía ir ben. O sábado pasado mentres paseá-bamos algo asustouna, soltouse do arnés e escapou, só me deu tempo a ver o seu rabiño branco alonxarse cada vez máis á presa. A sensación de culpa que tiven foi inmensa. A buscamos durante todo o día coa axuda das rapazas da asociación que tentaban calmar a miña sen-sación de profunda inutilidade no coidado de aquela cadeliña tan temerosa. “Non te preocupes, xa verás como aparece” dicíanme. Eu tamén mo repetía a ver si era ca-paz de créelo, aínda que fose só un pouquiño. E apareceu, non tardou moito, o día seguinte estaba diante da porta do refuxio. Toda a culpa do día anterior converteuse en ledicia cando nos avisaron de que aparece-ra. Fomos a buscala e a trouxemos de novo con nós.Ter un animal ao noso cargo supón ademais dunha responsabilidade, un proceso de adaptación que de-bemos superar e que inclúe coñecer e aceptar as características da nosa mascota e estar dispostos a superar obstáculos. Se aínda non sabes se estás prepa-rado para adoptar definitivamente, podes facerte casa de acollida ofre-cendo de xeito temporal a túa casa a un deses animaliños sen fogar. Se pensas que non vas ter tempo ou o teu entorno non acepta a idea, ta-mén podes colaborar nas tarefas de limpeza e coidado facéndote volun-tario ou apadriñando a algún deles, as opcións para axudalos son múl-tiples ¿anímaste a botarlles unha man?

Lara Real LemaPsies Psicoloxía

MARABILLOSA-MENTE

Hanna

E non ten trazas de parar. Estamos a referírmonos ás mortes acontecidas en diferentes puntos do País, podando ou cortando ár-

bores, no que levamos de ano. Xa son media ducia os homes que van aló rea-lizando eses tí picos traballos de campo que, como moitos outros, levan consi-go certa perigosidade, aínda que sendo considerados ruti narios non se toman as medidas de seguridade axeitadas. Despois de cada fatal accidente, onde as víti mas están a ser de diferentes ida-des, desde novos ata vellos, achácase á mala fortuna, ó desti no –tí ñaa aí-, pero polo xeral é a imprudencia a cau-sa principal. Calquera acti vidade laboral conleva ris-cos, en maior ou menor medida, sobre todo cando manipulamos maquinaria, ou temos que realizala nun terreo non uniforme ou subirnos ás alturas. O traballo de podar e talar non debería tomarse a broma e cumpriría tomar unhas precaucións acordes ó que se vai

realizar. Incluso o sector da madeira, onde se presume unha profesionalida-de, estanse producindo accidentes con resultado de morte. Neste punto reite-ramos unha e mil veces máis a falta de concienciación en todo o referido á pre-vención de riscos laborais, un auténti co debe no agro galego. Cando vemos nos medios de comunicación unha visita insitucional a unha infraestrutura en obras, sexa unha estrada, un edifi cio, etc. e observamos as autoridades pa-seando cun casco marelo na cabeza, provoca a lóxica brincadeira, mais non o é en absoluto. Temos unha asignatu-ra pendente que non somos quen de aprobala porque en xeral, nin a prepa-ramos, nin temos interese en pasar o correspondente exame. Xorden varias questi ón a ter en conta, a primeira se dispoñemos de forma-ción para poñernos a traballar con algunhas máquinas, como por exem-plo as motoserras. Acaso asisti mos a unha mínima charla sobre o modo de uti lizala e como evitar accidentes que, nalgúns casos poden ser moi graves… A segunda, temos conscien-cia sufi ciente de que esas acti vidades que os nosos ancestros realizaban habitualmente poden xerar perigo…

E por últi mo, queremos aprender a evitar posibles males nesas tarefas coti ás do campo ou seguimos igual… Se o pensamos ben e imos respostan-do unha a unha, sae un non –salvan-do excepcións- rotundo. Resulta inaceptable esa cifra de mor-tos en apenas sesenta días de ano, al-gunhas delas tamén na nosa bisbarra e arredores. Son falecementos que se podían ter evitado se simplemente fó-semos quen de seguir unhas mínimas precaucións. Insisti mos novamente -e non pararemos de facelo- na necesi-dade de desenvolver todo un plan que inclúa a formación en prevención de riscos laborais. É imprescindible levar a cabo esa labor de concienciación; cóm-pre educar a aqueles que, ben de forma habitual ou ben esporadicamente, se poñen a realizar estas labouras agríco-las. De non facelo, moito nos tememos que nos vindeiros meses precisaremos algo máis cós dedos das mans para contar os membros desa fatí dica lista. Entón virán as lamentacións.Queda pendente a análise doutra lacra do agro galego, como é os accidentes mortais de tractor. Outra triste realida-de que nos sacude a cotí o. Pero, para outra ocasión.

Pablo Veiga

A lista conti núaCOA NOSA VOZ

Page 36: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

36 marzo 2019 sociedade

O grupo de maiores da Escola de Música de Guiti riz amenizou coa súa música a festa organizada con mo-ti vo da celebración do décimo aniversario do Centro de Día de Abadín.

Inauguración en Guiti riz da exposición Nós fomos emigrantes. O acto contou coa presenza dos alumnos do IES Poeta Díaz Castro de 2º da ESO.

Nova edición do Btt eando por Guiti riz. Desta volta esti veron na Cova da Serpe, unha paraxe moi especial para o club, cunha gran mañá de ciclismo na que todos os presentes poideron desfrutar do seu encanto.

Foron entregados os premios do sorteo Merca en Rábade organizado pola Asociación de Comerciantes da localidade e polos hostaleiros.

O IES Lois Peña Novo fi xo un obradoiro Usando lego para pensar en como emprender, no que mediante a creación dunha miniempresa, os rapaces deseñaron, crearon e pensaron en equipo diferentes propostas.

O taller de ocio e memoria en San Cosme da Pastoriza foi de uti lidade para todos e serviu para contar uns contos e botar unhas risas.

Medio centear de alumnos de disti ntas facultades visitaron Sotavento nunha acti vidade centrada especifi camente na sustentabilidade.

Page 37: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 37sociedade

Excepcional actuación das atletas friolenses sub 18, que se proclamaron campioas galegas por equipos na Rúa. O conxunto de Friol estaba formado por Noelia Sánchez, Nerea Lage, Lucía Varela e Vanesa Blanco.

O alumnado do Obradoiro Pontes de Emprego III participou nunha xornada sobre primeiros auxilios e RCP.

Visita do alumnado do CM de Dependencia do Lois Peña Novo á central autonómica de Teleasistencia de Cruz Vermella e ao seu centro de Día e Servizo de Ambulancias na Coruña.

Catro xogadores que parti ciparon na segunda xornada de tenis do CT Vilalbés, que está formado por 11 deporti stas.

Coñece o noso centro foi a actividade de benvida para os futuros alumnos de 1° de ESO do IES Río Miño de Rábade, para que coñeceran o centro e as súas posibilidades.

Visita do alumnado do CM de Instalacións Eléctricas e Automáti cas de Vilalba á Central Hidroeléctrica de Chavín, en Viveiro.

Page 38: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

38 marzo 2019 cultura

AXENDA DA TERRA CHÁ

A PASTORIZAConcello: 982 33 21 97 / 982 33 21 60Garda Civil: 982 34 90 20Centro de Saúde: 982 33 21 41

COSPEITOConcello: 982 52 00 01 / 982 50 40 57Garda Civil: 982 52 00 17Centro de Saúde (cita previa): 982 52 01 20Feira do Monte: 982 50 34 69Consultorio de Muimenta: 982 50 40 57

CASTRO DE REIConcello: 982 31 40 34 / 982 31 41 32Garda Civil: 982 31 40 02Centros de Saúde (cita previa) 982 31 10 18Castro de Rei: 982 31 42 11Ribeiras de Lea: 982 31 11 14

BEGONTEConcello: 982 39 61 43Garda Civil: 982 39 80 08Centro de Saúde: 982 39 69 02

XERMADEConcello: 982 50 10 01 / 982 50 20 03

/ 982 50 10 27Garda Civil: 982 50 10 08Centro de Saúde: 982 50 11 34 / 982 50 10 55

RÁBADEConcello: 982 39 00 62 / 982 39 00 52Garda Civil: 982 39 00 05Centro de Saúde: 982 39 01 01

MURASConcello: 982 50 00 01Garda Civil: 982 50 00 20Centro de Saúde: 982 50 01 23

GUITIRIZConcello: 982 37 01 09 / 982 37 58 00Garda Civil: 982 37 00 01Centro de Saúde: 982 37 21 10Parga P.A.C: 982 37 05 00

VILALBAConcello: 982 51 03 05 / 982 51 07 16Policía Local: 982 51 07 67 / 608 08 00 50Garda Civil: 982 51 03 07Centro de Saúde (cita previa): 982 51 03 11

FRIOLConcello: 982 37 50 01Garda Civil : 982 37 50 02Centro de Saúde: 982 37 10 98Cita Previa 982 37 10 05 OUTEIRO DE REI

Concello: 982 39 32 81 / 982 39 30 55Garda Civil: 982 39 00 05Ambulancia: 982 23 16 13Centro de Saúde: 982 39 25 98Cita previa: 982 39 32 67P.A.C.: 982 39 34 00

MEIRAConcello: 982 33 01 02Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 35 69 27 Cita previa: 982 33 02 40

POLConcello: 982 34 50 29Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 34 59 20 / 982 34 53 76

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

ABADÍNConcello: 982 50 80 21Garda Civil: 982 50 80 11Centro de Saúde: 982 50 81 22

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

Teléfonos: www.terrachaxa.com+

TELÉFONOS DE INTERESE

Os arti gos de opinión publicados refl icten unicamente posturas persoais dos seus autores. O conti do dos arti gos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

ENTROIDO EN VILALBA5 e 6 de marzoVilalba

ENTROIDO EN RIOTORTO5 de marzoRiotorto

ENTROIDO NAS PONTES5 de marzoAs Pontes

ENTROIDO EN VAL DE FRANCOS5 de marzoVal de Francos

ENTROIDO EN BEGONTE9 de marzoBegonte

ENTROIDO EN CASTRO DE REI8 e 9 de marzoCastro de Rei

TEATRO “ROEDORES”10 de marzoGuiti riz

MOSTRA DE TEATRO10 e 16 de marzoVilalba

CIRCO BORISKA17 de marzoVilalba

EVENTOSFESTIVAL DE NARRATIVA22 de marzoGuiti riz

FESTIVAL MANS UNIDAS23 de marzoVilalba

ÓPERA CARMEN DE BIZET31 de marzoVilalba

V RUTA BTT QUEIXO SAN SIMÓN 6 de abrilVilalba

TEATRO “INVISIBLES”6 de abrilGuiti riz

IV COMIDA POPULAR6 de abrilXermade

CONCERTO ACÚSTICO DE MARWAN13 de abrilAs Pontes

FEIRA DO FERRO14 de abrilRiotorto

FIV26 e 27 de abrilVilalba

CURSOSCURSO DE AUTOESTIMA12 de marzoGuiti riz

CURSO SOBRE ETIQUETADO DE ALI-MENTOS E COMPRAS SAUDABLES28 de marzoGuiti riz

CURSO DE ENXERTOAta o 16 de marzoOuteiro de Rei

CURSO DE MÁRKETINGAta o 20 de setembroOuteiro de Rei

CURSO DE COMPRAVENDAAta o 20 de setembroOuteiro de Rei

CURSO DE XABÓNSMomán do 23 e o 30 de marzoXermade do 6 e o 13 de abrilCandamil do 11 ao 18 de maio

CURSO DE AUTODEFENSA7 de abrilGuiti riz

CURSO DE PODA9, 16, 23 e 30 de marzoXermade

CONCURSO DE VIDEOPOEMASAta o 18 de marzoOuteiro de Rei

CONCURSOS

NÓS TAMÉN FOMOS EMIGRANTES EN GUITIRIZAta o 10 de marzoGuiti riz

38 FOTOS DE NATUREZAAta o 21 de abrilCentro de Interpretación Terras do Miño

NATUREZA ÍNTIMAAta o 31 de marzoCasa da Cultura de Vilalba

EXPOSICIÓNS

Page 39: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

marzo 2019 39cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...que ler?

que ver?

Unha curtametraxe que serve de portal a outros once relatos escritos para televisión. Algúns gardan desenlaces sorprendentes e, igual ca un tapiz, fí os que só cobran senti do a través da distancia. Calquera orde de lectura é a correcta. O conxunto semella incla-sifi cable: a área de descanso da autovía Madrid-Vigo converti da en zona cero dunha invasión alieníxena, un vampiro existencialista que compra compulsivamente, un neno coa capacidade de ver constelacións dentro dunha saia, dous sinistros emprendedores, unha viaxe ao fondo lendario do mesmo atlánti co que mudará en épica a distopía. Sobre as rúas de Artabria, en realidade tamén baixo o seu formigón gris, conspiran organismos biocibernéti cos -ás veces entrañables, ás veces letais- e un conto deste libro ben podería ser o primeiro do noso idioma deseñado e escrito a parti r dunha app, afi rmou o autor nunha entrevista.

Relatos para televisiónXabier Cordal, narrati va

que escoitar?

Ultraligero é o quinto álbum de Novidades Carminha. Anúnciase como “unha viaxe de ida e volta polas cavilacións da música de baile”. Achéganse a registros como o dub, a rumba, o funk-soul, a cumbia, a música disco, o chiptune, o hip-hop máis espacial ou o dancehall. Gravado de forma íntegra fóra diso Ya no te veo (Estudos Mans) no Estudo La Mina de Sevilla con produción de Raúl Pérez e a propia banda. Espaciaron a gravación das cancións en diferentes fases (desde a primeira delas, Te quiero igual, na primeira metade de 2017; ata a últi ma fase de produción, a principios de decembro de 2018, pasou case un ano e medio).Inclúe avances como Te quiero igual, El vivo al baile, Verbena, Ya no te veo, e Hay un siti o pa ti .

Novedades CarminhaUltraligero, 2019

Unha nova versión do clásico das novelas de Arthur Conan Doyle que presentará de novo a Sherlock Holmes e ao seu querido e leal amigo, o doutor James Watson. A película dirixida e escrita por Etan Coen, Tropic Thunder, pretende aportar un novo toque de humor ao personaxe británico introducindo unha trama aínda descoñecida. O reparto da película está composto por Will Ferrell como Holmes, John C. Reilly como o doutor Watson e Kelly Macdonald como a señorita Hudson. Ademais, a película conta tamén coas intervencións de Ralph Fiennes, Hugh Laurie, Rebecca Hall, Lauren Lapkus e Rob Bryden.

Holmes & WatsonEtan Cohen, 2019

José Ángel Santos Alcalde de Friol

un libro un disco

Non teño tempo para ler Siropede Alejando Sanz

unha película unha personaxe histórica

Venganzade Luc Besson

Rosalía de Castro

un lugar para visitar un siti o onde vivir

Sevilla Friol

unha comida unha bebida

Un bo cocido de Friol Auga

Page 40: nº 183 marzo 2019 Castro Ribeiras Queixo e pan, sempre da mánterrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRCX_183-marzo... · 2019. 3. 9. · nº 183 marzo 2019 Concurso de Debuxo

40 marzo 2019 reportaxe

A Casa da Torre de BalmonteDESCUBRINDO O PATRIMONIO CHAIREGO

O Concello de Castro de Rei é ben coñecido por conservar un bo número de pazos e casas grandes espallados ó longo das

súas 25 parroquias, unha ti poloxía de arquitectura civil que revela neste lugar uns exemplos de gran calidade que nos falan da historia e presenza de certos liñaxes e familias de renome galegos, os cales estableceron neste concello as súas residencias familia-res, funcionando coma centros econó-micos e administrati vos dende os que

dominaban boa parte do territorio. A Casa da Torre é un destes fermosos exemplos de pazos de construción señorial, ergueito nun pequen alti pla-no da parroquia de San Salvador de Balmonte, probablemente durante o século XVI, segundo os datos xenealó-xicos e vitais dos seus primeiros seño-res: D. Pedro Saavedra e a súa dona, Dª Inés Fernández. Orixinariamente

este pazo posuía unha torre claramen-te defensiva da que seguro tomou o nome que hoxe en día a identi fi ca, máis esta construción foi derruída por perigo de derrubamento a principios do século XX. Da torre do pazo co-ñecemos que posuía una planta cua-drangular, cuns oito ou dez metros de lado, paredes de cachotería de pedra e lousa, tres pisos de tres metros (o primeiro concibido coma semi soto) e só dúas ventás saeteiras, unha cara o nordeste e outra cara o noroeste.O edifi cio principal ou pazo foi retoca-

do tamén a principios do século pasa-do para adaptalo á vida moderna dos seus moradores máis recentes (inte-rior, cuberta, etc.), presentándosenos como un edifi cio de planta rectangular con dous andares e faio cego. O andar ou piso baixo era onde orixinariamen-te se dispuñan as cortes para os ca-balos e o gando, as dependencias do servizo, un amplo pati o e unha cocina

con lareira, mentres que o piso alto estaba adicado á vivenda dos señores, dividida nos disti ntos cuartos: alco-bas, comedor, biblioteca- despacho e salón. Na fachada do corpo superior do ángulo sur foi empotrado un escu-do tallado en varios sillares de granito, con decoración de esti lo barroco e os emblemas dos Rivadeneyra, os Cor-nide de Bendia, os Teijeiro, os Pardo-Balmonte e os Baamonde.Na fachada principal, con portas de entrada ós dous niveis, destaca un corpo rectangular estreito adosado á

planta principal do edifi cio, elemento que corresponde cun amplo corredor de acceso ó segundo piso cuxa cuber-ta descansa nunha das súas metades sobre dúas columnas cilíndricas con capiteis sinxelos e outras tres de estru-tura cuadrangular. Para acceder a este corredor, e á porta da vivenda dos se-ñores, o edifi cio conta cunhas amplas escaleiras de granito con varanda pé-

trea. Como nos recorda o refrán “ca-pela, pazo, e ciprés, pazo és”, esta casa fi dalga conserva outras dependencias anexas relacionadas: un hórreo ti po asturiano, unha pequena capela, dis-ti ntas dependencias para os apeiros e animais e varias árbores senlleiras. A capela, construída por mandato de D. José-Benito Pardo Rodríguez a me-diados do século pasado, é de planta rectangular e cuberta a dúas augas, ergueita a base de muros de cacho-tería e sillares de granito. A fachada remata cunha sinxela espadana gra-

níti ca dunha soa campá acompañada e culminada mediante pináculos que recordan ós empregados no esti lo ba-rroco (tamén nas esquinas superiores da mesma), mentres que no seu muro existe un óculo de escasa dimensión que permite a entrada da luz no inte-rior. Ata principios deste século esta capela albergaba un sinxelo retablo de liñas neoclásicas, disti ntas tallas de

santos e a sepultura de D. José Benito, elementos que non se puideron com-probar (conservación) pero que agar-damos que se manteñan.Desgraciadamente o estado actual da Casa-Torre de Balmonte e o seu en-torno é bastante ruinoso, moi lonxe de como un día se debeu de mostrar este pazo, morada dunha familia de relevancia que co paso do tempo foi emparentando coa maior parte da nobreza de Castro de Rei e doutras liñaxes importantes da Chaira (e alén dela), pasando durante xeracións

como posesión prezada polas mans dos seus descendentes. A pesar da perda da maxestosidade e importancia da que noutrora foi ex-poñente, a Casa-Torre de Balmonte segue a ser un fi to que nos axuda a coñecer a historia da fi dalguía chaire-ga, das súas posesión e dunha forma de vida que se desenvolveu aproxima-damente entre os séculos XVI e XVIII.

O estado actual

da Casa-Torre é

bastante ruinoso,

moi lonxe de

como un día se

debeu de mostrar

este pazo,

morada dunha

familia de

relevancia Á esquerda, a Casa da Torre e, á dereita, a capela no seu estado actual