itinerario ambiental "polas ribeiras do xuvia"

32
Polas ribeiras do Xuvia Vén descubrir as xoias que agocha o río Xuvia Itinerario ambiental XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 1

Upload: brais-martinez

Post on 08-Mar-2016

235 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

Itinerario ambiental "Polas ribeiras do Xuvia"

TRANSCRIPT

Polasribeirasdo Xuvia

Vén descubrir as xoias que agocha o río Xuvia

Itinerario ambiental

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 1

Concellería de Medio Ambiente

Servizo Sociocomunitario MunicipalFondo de Material e Recursos Didácticos.

Serie:Educación Ambiental e Didáctica do Patrimonio.

Título:Polas ribeiras do Xuvia.

CoordenaciónFrancisco Brea e Xoán Fontaíña

Elaboración de textos e deseño da publicación:

cem, s.coop. galega

Deseño e coordinación do programa:Alfonso Filgueira López.

Fotografía:Arquivo cem, s.coop.galegaArquivo Concello de Narón

Ilustracións:Suso Cubeiro e Rafael Salvadores

Normalización lingüística:Ramiro Combo

Impresión:XXXXXXXXXXXXXX

Depósito Legal:XXXXXXXXXXXXXXXXX

Edita:Concello de NarónServizo Sociocomunitario Municipal

Narón 2009Esta publicación foi elaborada cunha axuda económica daConsellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible.

Publicación concibida e elaborada con criterios de sustentabilidade e materiais reciclados e ecolóxicos.

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 2

OSTE

RRITOR

IOSD

ORÍOXU

VIA

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 3

¿Como comportarnos mentres camiñamos?Para evitar crear impactos innecesarios, debes ter en conta algunhas das seguintes recomendacións:— Leva contigo o lixo que produzas durante a túa visita. Sería importante que fixeses unha recollida

selectiva.— A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. Nós mesmos ou outros

seres vivos poderiamos precisala máis adiante.— Ten coidado co lume. Un incendio causa graves prexuízos na natureza e mesmo podemos poñernos en

perigo nós.— Lembra que os animais domésticos ceibos poden asustar outras persoas ou molestar os animais que

teñen neste lugar un refuxio de tranquilidade.— Arrincando plantas e capturando animais o único que facemos é axudar a destruír o noso medio

ambiente. É mellor tomar notas, facer debuxos e fotografías e gozar observando a natureza.— Se respectamos as persoas que traballan nos arredores, gañaremos uns amigos. Evitemos pisar a súa

horta, estragar os valados ou molestar o gando.— Prepara e planifica o teu itinerario previamente, levando un mapa ou publicación da zona, calzado

adecuado, auga para o camiño e comida, chuvasqueiro, teléfonos de emerxencia…— Aproveita estes momentos para gozar do contacto coa natureza. Esquece as présas, utiliza todos os

sentidos, presta atención ás pequenas cousas e ven visitar este espazo en distintas épocas do ano.— Axúdanos a conservar todo este patrimonio que é teu e de todos. Respecta os dereitos do río.

¿Como usar esta guía?Esta pequena guía pretende que os visitantes deste Espazo Natural LIC Xuvia-Castro coñezan e gocen detodos aqueles aspectos naturais, culturais, paisaxísticos e patrimoniais relacionados con este lugar. O río Xuviaconforma unha ribeira fluvial moi rica e fermosa, adecuada para aprender en contacto directo co medio e,polo tanto, para concienciar da necesaria conservación deste espazo natural. Así que move as túas pernase activa todos os teus sentidos para oír, ver, ulir, sentir e descubrir os segredos e xoias que garda o noso ríoXuvia.Os itinerarios organízanse arredor de temas, centros de interese ou paradas relativos a aspectos do medionatural, etnográfico e cultural que, pola súa peculiaridade, valor ou singularidade, merecen ser destacados.Os percorridos discorren sempre polas beiras do Xuvia ou arredores, tendo en todo momento un mapa dereferencia onde se indica axeitadamente a situación do recurso.

Polasribeirasdo Xuvia

Vén descubrir as xoias que agocha o río Xuvia

Itinerario ambiental

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 4

Tramo azul 3

Inicio - FinPonte Xuvia ou dos Andrade→ Muíño do Chao de PedrosoVolta polo mesmo sitio ou collendo o tren FEVE desde a Estación ou apeadeiro de Pedroso.Consulta o plano. Este itinerario inclúe os tramos marrón e verde.Distancia: 10 Km. Percorrido lineal de ida e volta. Collendo á volta o FEVE serían 5 Km.Duración: 2 horas de ida. Completo unhas 3 horas.Dificultade: media-baixa, non accesible para público con mobilidade reducida e discapacita-dos agás en determinadas partes que se especifican no esquema.

¿Como escoller o itinerario adecuado ás túas capacidades?Deberás escoller o itinerario que se axuste máis ás túas capacidades físicas, ten en conta que é mellor co-mezar polos paseos pequenos e posteriormente ir aumentando a distancia e dificultade progresivamente.Os catro percorridos propostos van de menor a maior dificultade e en todos ofrécese a posibilidade de uti-lizar o tren FEVE –transporte público– para a ida ou a volta nas distintas estacións.

Tramo vermello 4

Tramo verde 2

Inicio - FinPonte Xuvia ou dos Andrade→ Muíño de Gradaille e Ponte de CerdeirasVolta polo mesmo sitio ou collendo o tren FEVE desde a Estación ou apeadeiro de Pedroso ou taménSedes.Consulta o plano. Este itinerario inclúe o tramo marrón.Distancia: 7,2 Km. Percorrido lineal de ida e volta. Collendo á volta o FEVE serían 3,6 Km.Duración: 1,5 horas de ida. Completo unhas 2,5 horas.Dificultade: baixa, non accesible para público con mobilidade reducida e discapacitados agásen determinadas partes que se especifican no esquema.

Tramo marrón 1

Inicio - FinPonte Xuvia ou dos Andrade → Presa do Rei e volta polo mesmo sitio ou collendo o tren FEVEdesde a Estación ou apeadeiro de Ferrerías.Consulta o plano.Distancia: 2,2 Km. Percorrido lineal de ida e volta. Collendo á volta o FEVE serían 1,4 Km.Duración: 1 hora de ida. Completo unhas 1,5 horas.Dificultade: baixa, non accesible para público con mobilidade reducida e discapacitados.

Inicio - FinPonte Xuvia ou dos Andrade→ Muíño de PerfectoPódese acurtar a volta collendo o tren FEVE desde a Estación ou apeadeiro de San Sadurniño.Consulta o plano. Este itinerario inclúe os tramos marrón, verde e azul.Distancia: 18 Km. Percorrido lineal de ida e volta. Collendo á volta o FEVE serían 9 Km.Duración: 4 horas de ida. Completo unhas 6 horas e media.Dificultade: media, non accesible para público con mobilidade reducida e discapacitados agásna área do Pedroso.

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 5

Prados

San Cremenzo

As Cerdeiras

Os

Os Barreiros

Os Bicás

As Ferrerías

Os Barracós

Samil

Pena Branca

As Telleiras

Placente

Xubia

Pedroso

Pielas

O

O Castro

Bazón

A Costeira

Painzás

A GaibaAs Barreiras

Trasmonte

O Cote

O Pereiro

A Gándara

A Revolta

A Pedreira

A Rocha

A Fraga

A Verruga

O Carballo

Vilallonte

O Castiñeiro

O Vilar

A Ponte de Xubia

A Corredoira

A Gándara

A Pereiruga

Os Bidueiros

A Pereiruga de Abaixo

A Pereiruga de Arriba

A Espiñeira

Ermida de San Vicenzo

O Regueiro

Apeadeiro

Muíño de Ricardo

(Matadeiro)

Muíño de Grandal

Muíño das Penas

Muíño de Vizoso

Muíño do C

A RetortaMuíñode Gradaílle

A Fábrica de Xubia

Apeadeirode Piñeiros-Narón

A Revolta

(Castro)

Apeadeiro de Sedes

Presa do Rei

Ponte Medieva

Apeadeirodas Ferrerías

(Miradoiro)

Área Recre

Muíño de Entrerios oRío Pequeno

AG-64CP-5404

Río Grande de Xubia

Fonte do Carballo

Rego das Salgueiras

Rego dos Prados

Rego de Pradosou Rego Vello

Regato da FRío Bello

Pena dos Gatos

K.8

K.9

K.11K.12

K.13

K.14

K.10

AC-112

K.4 AC-112

RÍA DE FERROL

Río Castro

Monte de

O Coto

Monte da Pereiruga

Monte de Vilallonte

Monte do Rei

Monte do Castro

Monte de Ancos

Monte Eirado

Sobreira

O Rego

O Pico

Cantarrana

Antigapiscifactoria

Muíño deXubia

Inicio itinerario

Itinerario 1

Itinerario 2Itinerario 3Itinerario 4Acceso ao FEVE

ITINERARIOS

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 6

Muíño do Aceiteiro

Agra de Arriba

Agra de Abaixo

Vista Alegre

Piñeiros Rupiallo

Gunduriz

OrxásSilvalonga

as

As Congostras

Os Loureiros

Berenxas

San Sadurniño

Doso

PedrosoO Castro da Ermida

O Outeiro

Bidueda

O Casal

A Bidueda

Pielas

O Chao

O Carballo Furado

O Bustelo

A Braña

A CasanovaO Castro

ira

iba

A Portela

O Río do Couto

A Penela

A Vacariza

O Coteloa

Gándara

reiruga

BidueirosOs Feá

ereiruga de Abaixo

reiruga de Arriba

eira

Cornide

Apeadeirode San Sadurniño

Capela de Santiago

Muíño do Aceiteiro

Ermida da Virxe da O

Capela NosaSeñora de Belén

(Factoría Madeireira)

Apeadeiro de Pedroso

A Penamoura

Capela de San Cristovo

Muíño de Varela

Muíño do Chao de Pedroso

A Revolta

Ponte Medieval

(Polígono Industrial)Área Recreativa

Muíño de Entrerios ouRío Pequeno

A Ponte da Marquesa

(Castro)

C-642

CP-7601

Regato da Fontenovaío Bello

Río AceiteiroK.14

K.15

K.16

K.17

K.15 AG-64

K.10 C-642

112

Río Castro

O Penso

Liñares

Monte de Mugardos

Monte Eirado

O Pico

A Croa

Montes da Penamoura

Montes da Marquesa

Moimentos

Os Carballiños

Muíño dePerfecto

Final itinerario

1,0 km0 500 m100 200 300 400

Área recreativa

Muíño

Punto inicio/fin

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 7

Comezamos o nosa andaina na ponte dos Andrade ouponte Xuvia, pola beira dereita do río, segundo baixa,no espazo do paseo marítimo na desembocadura doXuvia. Tamén se pode comezar nos puntos referidosanteriormente, río arriba, collendo o tren FEVE.

1. As ribeiras do río Xuvia forman parte dunespazo natural moi valioso

Este espazo natural, chamado LIC (lugar deinterese comunitario) Xuvia-Castro, incorporouseá Rede Natura 2000 no ano 2001, e ten unhaextensión dunhas 2.000 ha. A dita rede é unconxunto de espazos naturais a nivel europeoque pretende protexer e conservar os lugarescon valores naturais especialmente importantes.Este espazo comprende o tramo medio e baixodo Xuvia e o seu afluente Castro e subafluenteCando, así como a serra de Forgoselo. Os seusprincipais valores están relacionados coa boaconservación do bosque de ribeira, mantendonos seus territorios especies moi importantes.

O río Xuvia nace nos montes de Tafornelos,a uns 480 m de altitude, no concello das So-mozas. No seu camiño ata a desembocadura

na ría percorre 31 km sinuosos, nos que se in-corpora, á altura do concello de Narón, o río Cas-tro, o máis importante dos seus afluentes. Ocaudal medio do Xuvia é forte: 3,4 m3/seg,que proveñen das choivas invernais; no veránprodúcese unha redución deste, sobre todo deagosto a setembro. Este caudal correspóndesecun clima oceánico ou húmido, cunha media dechuvia de 1.388 mm. A súa cunca hidrográficaten unha extensión de 182 km2.

Nesta andaina imos descubrir, polo tanto,os valores máis importantes da ribeira fluvial,tanto a nivel natural (a vida nas augas nesteecosistema de ribeira) como a nivel sociocultu-ral (aproveitamentos tradicionais ou actuais, ar-quitectura popular, tradicións, lendas...), froitoda convivencia durante moitos séculos entre asactividades humanas e a natureza.

Toda esta fonte de riqueza e diversidade pre-cisa tamén afondar na importancia da conser-vación destes espazos como garante da boasaúde do medio natural e social e da nosa pro-pia calidade de vida.¿Coñeces algún outro espazonatural en Galicia?

8 Polas ribeiras do Xuvia

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 8

2. Desde a antigüidade os humanostransformamos os recursos do río Xuviaque contribuíron ao desenvolvementoeconómico

As pontes: construciónspara as comunicacións

Desde tempos antigos as pontes cons-truíronse para salvar obstáculos do territorio,comunicar e posibilitar o intercambio de mer-cadorías e as relacións sociais, e fóronse per-feccionando co tempo. A ponte dos Andrade,tamén chamada ponte Xuvia, posibilita a co-municación entre os concellos de Narón e Nedae en xeral comunicou a comarca de Ferrolterra

coa meseta ou con Madrid a través da estradade Castela. Esta ponte mandouna construír Fer-nán Pérez de Andrade arredor do ano 1370,formando parte dunha calzada marítima conpontes que levan os símbolos da familia: o osoe o porco (ponte de Pontedeume). A calzadacomunicaba as súas posesións e cobraban pon-tádego para pasar. En determinadas épocas fun-cionou tamén un servizo de barcazas. A súaconstrución orixinal foi con tres arcos de pedra através das contribucións de xente condenadaa traballos forzados. Ao longo da historia aponte sufriu caídas e remodelacións; a últimafoi despois da guerra civil, que a converte nunhaponte de dous arcos con cantaría de perpiaño.

9Polas ribeiras do Xuvia

A forza das augas do Xuvia creadesenvolvemento económico

A carón desta ponte podemos observar omuíño de Xuvia, que tivo unha grande impor-tancia como motor industrial. En 1858 era oprincipal muíño do país en capacidade de pro-

dución na súa clase; recibía o trigo en barcosvidos do Báltico, de América e de Santander.Pero non acabou aí a súa contribución á econo-mía da zona, e anos máis tarde este muíño fa-

Ponte dos Andrade

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 9

10 Polas ribeiras do Xuvia

riñeiro chegou a mover unha fábrica de papel,unha de tecidos e unha de laminados de cobre.A posterior perda da súa importancia económicanon lle restou nin un ápice da súa beleza aoconxunto arquitectónico co río.

¿Sabedes por que motivos per-deu importancia ou deixou defuncionar?

En fronte do muíño, na beira de Neda, venseos restos da antiga Fábrica de Xuvia, como secoñece popularmente esta factoría que come-

zou sendo Fábrica Nacional e Cobraría de Xuvia,en 1790, para abastecemento de materiais decobre aos estaleiros de Ferrol. Converteuse enReal Fábrica de Moeda ou Ceca en 1811, emi-tindo moeda en nome do rei lexítimo, FernandoVII. En 1812 cuñáronse as primeiras moedas,concretamente moedas de 8 marabedís, e dei-xou a súa actividade en 1868.

O terreo vendeuse en poxa en 1873 e con-verteuse en fábrica téxtil, elaborando teas deliño de gran calidade. Na actualidade segue a fa-bricar tecidos a empresa Galicia Textil, S.A., ela-borando fiados e tecidos de algodón 100%.

Mulleres traballando na Real fábrica de moeda

3. Un magnolio centenario e paseo demagnolios do Xuvia

Antes de introducirnos no camiño do río e decruzar a estrada de Castela, poderemos ver unhagrande árbore monumental, un magnolio ao quese lle calculan máis de 300 anos, o único destaidade que se conserva en Galicia. Posiblemente o

plantase algún mariñeiro local ou un emigranteque puido traer esta árbore como algo exótico,xa que é orixinario de América do Norte. Xunto ael, xa no camiño do río, destaca un paseo demagnolios, estes si, algo máis novos.

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 10

Na Idade Media recorríase á infusión das fo-llas e das flores de magnolio para aliviar mo-lestias dixestivas e para curar a gota. A súamadeira pódese utilizar para ebanistaría.

4. Consumimos demasiada auga. Aforra augae axudarás a conservar os nosos ríos

As fontes e os mananciais foron desde a an-tigüidade subministradores de auga para todasas operacións diarias, especialmente ata me-diados do século XIX, cando empezaron a che-gar as traídas de auga para as casas. Ata esemomento era labor das mulleres carrexar nassellas, sobre as súas cabezas, a auga necesariapara a casa. Desde aquela ata hoxe a cantidadede auga que consumimos diariamente medroumoito, ata alcanzar unha media na área de Fe-

rrol de 200 litros persoa/día. Este consumo re-sulta moi elevado e orixina cantidades impor-tantes de auga residual que temos a obrigamoral e legal de depurar e devolver limpa á na-

11Polas ribeiras do Xuvia

Flor de magnolio e magnolio centenario

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 11

12 Polas ribeiras do Xuvia

tureza. Na nosa andaina polas beiras do Xuviaatoparemos varias fontes nas que, coa debidasprecaucións, poderemos saborear a fresca augada terra. Tamén teremos a oportunidade de ob-servar varias instalacións (balsa de decantación,pequenas depuradoras…) que tratan a auga.

¿Sabes de onde vén a augaque utilizas na túa casa e se,unha vez usada, vai a unha de-puradora?Pensa nalgunhas medidas ouestratexias para aforrar auga.

5. O bosque de ribeira coida e conservaa riqueza do río Xuvia

Os bosques de ribeira semellan gardar o ríocomo un tesouro. Forman un estreito corredorverde que se estende ao longo do seu leito.Desde os séculos pasados ata a actualidade,como consecuencia dos aproveitamentos hu-manos, este bosque caducifolio viu recortada asúa extensión. Transformáronse as zonas bai-xas dos vales e as máis próximas ao río, moifértiles polas periódicas enchentes do río, en

campos de cultivo, prados de regadío moiprodutivos de herba para pastar o gando e al-deas con boa dispoñibilidade de auga.

Este bosque cumpre un papel fundamentalpara axudar a conservar os nosos ríos, prestán-donos unha serie de servizos esenciais para asupervivencia e calidade de vida dos humanos:

Por un lado, as súas raíces fixan as marxes e,desta forma, evitan a erosión que provocarían aschuvias torrenciais. Tamén filtran determinadasaugas contaminantes. Axudan a regular a tem-peratura das augas do río, manténdoa case cons-tante, especialmente no verán. Os bosques deribeira serven de refuxio e despensa de alimentospara unha gran diversidade de animais.

Actúan como corredores de vida ao facilita-ren a dispersión das especies e comunicaren osdistintos lugares do territorio, diversificando apaisaxe.

¿Que ocorrería se se cortase obosque de ribeira?

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 12

13Polas ribeiras do Xuvia

6. As árbores que viven ás beiras do río

Cando nos introducimos neste bosque do río,podemos apreciar as súas dúas característicasprincipais: lugar sombrío e con moita humidade.No río, as árbores están adaptadas á presenzacase permanente de auga nas súas raíces. Estebosque de ribeira está formado por distintas ár-bores de folla caduca e autóctonas.

Os ameneiros debuxan as beiras do ríoO ameneiro é unha das árbores da beira dos

ríos que máis altura pode alcanzar, achegán-dose en ocasións aos 25 metros. Estas árboresconforman o aspecto xeral deste bosque e pre-cisan que as súas raíces estean encharcadas,por iso se encontran tan próximos á beira dorío.

A madeira do ameneiro empregouse parafacer pontes, pezas de muíños, etc., pois resistemoi ben a humidade e non podrece facilmente.

Os ameneiros teñen, ademais, outra curio-sidade: as súas raíces están asociadas a uns fun-gos que lles permiten fixar o nitróxeno daatmosfera e, deste xeito, enriquecen enorme-mente o solo sobre o que viven.

Fíxate nas follas do ameneiro,tócaas… Son pegañentas.¿Sabes que as follas do ame-neiro se poden empregar paracoidar os pés despois dunhalonga camiñada?

Ameneiro

O salgueiro pode vivir na augaOutra árbore común é o salgueiro, unha es-

pecie que soporta perfectamente as grandes cre-cidas do río. Fíxate nas súas follas. Teñen unhacor cinsenta escura moi característica. Coas súasflexibles polas fanse cestos.

É unha árbore que florece moi cedo. A par-tir do mes de febreiro e antes de que abrochenas follas aparecen as flores. O feito de que asflores saian tan cedo convérteno nunha árboremoi visitada polas abellas e por outros insectos,que ao tempo que encontran alimento facilitana polinización dos salgueiros.

No río hai moita diversidade de árboresOutra das árbores que vive cerca do río é a

abeleira, unha árbore xeralmente baixa cotronco moi dividido desde a base. Os seus froi-tos comestibles fixeron que acompañase a hu-manidade desde a antigüidade. As súas pólasdan unhas excelentes varas para camiñar. Com-para a súa folla coa do ameneiro. ¿En que se di-ferencian?

O freixo é outra árbore que vive case sem-pre próxima aos cursos de auga. Coa madeirado freixo facíanse os mangos dos apeiros de la-branza ou os eixes dos carros. As súas semen-tes están rodeadas dunhas as membranosas.

¿Que medio pensas que utili-zan para dispersaren as súassementes?

Salgueiro

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 13

14 Polas ribeiras do Xuvia

No noso percorrido tamén podemos atoparchopos, pradairos, carballos, castiñeiros, bi-dueiros…

7. As plantacións de árbores estranxeiraspoden estragar os nosos ríos

Ao longo de todo o río Xuvia e da súa cuncahidrográfica poderemos atopar árbores de fórade Galicia, introducidas como cultivos forestaispara a produción de madeira ou como orna-mentais e que agora se estenderon moito nascomunidades naturais galegas. Os eucaliptos,orixinarios de Australia, cultívanse para fabricarpasta de papel e a súa madeira tamén se utiliza

Abeleira

Freixo

na construción. Ao longo das beiras do Xuviaexisten varias plantacións moi próximas ao ríoque poden causar danos diversos pola súa ele-vada absorción de auga e pola ocupación dunespazo que debe ser das árbores autóctonas queacollen e conservan a vida. Tamén poderemosobservar plantacións de piñeiros, acacias… Axestión destas especies debe estar planificada,tendo en conta a conservación dos nosos bos-ques e fragas autóctonas.

8. Os fentos, unhas plantas moi antigassen flores

Os fentos estaban na Terra hai 500 millónsde anos e formaron extensos bosques. Unhadas súas características principais é a de se re-produciren por esporas. A súa diversidade nomundo é enorme e ao longo do río teremos aoportunidade de ver o fento real ou dentabrún,que ten as súas esporas no cumio da planta,unha estratexia de adaptación que lle permiteprotexer as esporas das enchentes do río. Acom-pañan esta especie ao longo do río outras comoo fento macho ou común, o blecho ou fento feroe os fentos protexidos de grande porte Culcitamacrocarpa ou Woodwardia radicans, que sonespecies singulares, sobreviventes dun climasubtropical.

Fento real

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 14

O reo e o salmón, nadadores de fondo eespecies migradoras en perigo

No Couto de Pesca do río Xuvia, o reo outroita mariña é a especie máis pescada e apre-ciada gastronomicamente. O reo, especie moipróxima á troita, ten un ciclo de vida moi se-mellante ao salmón, e comparte espazo noXuvia con poboacións máis pequenas. Nacen norío, pasan aquí algún tempo e despois migrancara ao mar. Uns anos despois volven remon-tar, na etapa fértil, os nosos ríos ata o lugar dedesova nun despregamento de forza e adapta-ción ao medio impresionantes. O reo, por exem-plo, pon uns 1.500 ovos por quilo de peso evolve ao ano seguinte, xa que non morre des-pois da freza.

A conservación do reo e do salmón ten unhaelevada importancia, pois son especies cualifi-cadas como vulnerables e as súas poboaciónsestán en retroceso. No Xuvia véñense pescandonos últimos anos arredor dun centenar de reos,e os pescadores reclaman que se respecte o cau-dal mínimo ecolóxico na escala e que se me-

15Polas ribeiras do Xuvia

9. A presa do Rei, un aproveitamentohistórico

Seguimos o noso camiñar e atopámonoscoa presa do Rei, que foi construída arredor de1795 coa finalidade de darlle forza e mover amaquinaria da Real Fábrica de Xuvia. O seunome vén da súa creación nos tempos en quereinaba o rei Afonso XIII. Hoxe en día segue asubministrarlle auga á actual fabrica de produ-tos téxtiles. Nesta parte do río a paisaxe amó-sanos a fervenza da auga que cae da presa e,máis adiante, as augas tranquilas onde os gran-des ameneiros se deitan sobre o río como que-rendo usar a lámina de auga de espello.

Nesta beira podemos ver unhas plataformasmetálicas polas que flúe a auga, trátase dunhaescala de peixes construída para que poidan se-guir o seu camiño río arriba; este dispositivo re-duce o principal problema ambiental que podencausar os encoros nos ríos: o “efecto barreira”,e así poder manter as poboacións de peixes ríoarriba, evitando a súa desaparición.

Presa do Rei e a escala de peixes

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 15

16 Polas ribeiras do Xuvia

llore a calidade das augas mediante a depura-ción e saneamento da ría de Ferrol. No couto deSan Sadurniño realízase pesca sen morte, mo-dalidade de pesca que introduce un pensamentomáis conservacionista e sustentable neste de-porte.

A estes peixes acompáñanos no Xuvia aboga, a anguía –especie vulnerable– e a troitacomún.

¿Ocórrenseche algunhas medi-das para a protección destasespecies?

10. ¿Por que se encaixa o río? ¿Que idadesten o chan que pisamos?

O relevo na cunca hidrográfica do Xuvia tenunha longa historia de millóns de anos quesegue a evolucionar na actualidade. O río levaunha dirección xeral de leste a oeste e vai cam-biando en función do relevo, dos materiais conque se atopa e da capacidade de erosión dassúas augas. Cando encontra rochas duras, comoo granito, encáixase e, cando discorre por ma-teriais menos duros, como as lousas, xistos esedimentos, o val ensánchase. Desde o seu na-cemento, as augas do río flúen por terreos conxistos e lousas de hai 440 millóns de anos. Des-pois, en territorios de Moeche, San Sadurniño eNarón, na parroquia de Pedroso, pasa por sedi-mentos da era cuaternaria de hai 2,5 millónsde anos. No último tramo discorre desde a Re-torta ata a antiga piscifactoría por xistos e lou-sas e, logo, por rochas graníticas. Á altura da

Reo

desembocadura do río Prados, o Xuvia dá unhavolta para sortear o obstáculo do monte Ancos,con 262 m de natureza granítica moi dura, eencáixase para precipitarse ao seu encontro comar.

11. As plantas adaptadas e asociadas á auga

Se paramos e observamos con detemento,poderemos comprobar que no bosque de ribeiraexisten moitas plantas: a herba salgueira, o péde lobo, o amarelle, a herba pulgueira, os se-necios, a menta de lobo, o bonito lirio amareloou a propia menta de auga. Podes achegarte aunha e ulila. ¿A que che re-corda? A menta acuática tenas mesmas propiedades queo poexo, que se empregacomo dixestivo tónico.

No río tamén viven plan-tas que desenvolven distin-tas estratexias para evitar serarrastradas pola corrente e,asemade, completar o seu ciclo vital.Algunhas plantas viven enraizadas nofondo do leito e somerxidas totalmente, comoa alga Chara fragilis, que forma unhas grandesmasas de cor verde. Outras teñen as follas e flo-res por enriba da auga, como as oucas. Estasmasas de plantas son un excelente refuxio elugar de alimentación para a fauna do río.

Amenta de auga

Lirio

Ouca

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 16

17Polas ribeiras do Xuvia

nta de auga

O corzo, agachado entre o bosqueCon aproximadamente 70 cm de altura,

gústalle andar a partir da noitiña ou no amen-cer polos bosques, consumindo follas de arbus-tos, herba, pequenos froitos… Ao posuír unestómago moi pequeno, ten que comer a inter-valos e logo descansar. Os machos son territo-riais, e os seus cornos, de ata 23 cm de longo,cáenlle sobre novembro e vólvenlle medrar arre-dor de febreiro. Aparéanse en torno a agosto,permanecendo o embrión no útero sen desen-volverse e, a partir de xaneiro, comezan a xes-tación ata finais de maio. Este fenómenoproporciónalles un grande éxito reprodutor emaiores posibilidades de supervivencia para asdúas ou tres que críasque teñen.

Os corzos emi-ten un son chamado“ladrido”, semellante ao doscans, polo cal poden ser reco-ñecidos.

As súas pegadas son duns 5 cmen forma de corazón invertido.

3. Pequenas árbores e grandes propiedades

A vexetación que se atopa baixo as árboresdo bosque de ribeira está adaptada á sombra;este sotobosque non supera os 5 m de altura.

O estripeiro dálle cor ao ríoEste arbusto de folla caduca, tamén cha-

mado espiño albar, non adoita superar os 4 mde altura. Tradicionalmente veuse utilizandocomo patrón para os enxertos de árbores froi-teiras como as pereiras e maceiras. A partir domes de maio florece, tinguindo a ribeira de fer-mosas cores brancas. Os froitos vermellos per-

12. As pegadas descóbrennos os segredosdos bosques de ribeira

No noso camiñar pola natureza existen al-gúns animais moi esquivos que nos será moi di-fícil velos e que poderemos descubrir polas súaspegadas ou outros sinais que vaian deixando nomedio. Atoparemos algún cartel do TECOR So-cietario Narón, que se corresponde con terreoscinexeticamente ordenados, onde se pode prac-ticar a caza.

O xabaril, ten o sentido do olfactomoi desenvolvido

Este mamífero, que pode chegar a pesar100 kg, é moi común hoxe en día en Galiciacomo consecuencia do abandono do campo e a

desaparición na zona de depre-dadores naturais comoo lobo. Á parte da pe-gada do seu pezuñona lama, podemos

atopar outros rastrosou sinais moi caracterís-

ticos do seu comporta-mento, como as fozaduras no chan

que fai en busca de todo tipo de alimentos, ra-íces, tubérculos, insectos, vermes, etc., que lo-caliza perfectamente co seu fino olfacto. Taménpoderemos ver os seus bañadeiros de lama ouos seus excrementos. Ás veces causa estragosnos cultivos onde entra para alimentarse demillo, patacas… É un animal de especial rele-vancia para a caza. Acompañando o xabaril estáoutro mamífero como o raposo.

¿Sabes por que sebañan na lama?

Pegadas de xabaril

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 17

18 Polas ribeiras do Xuvia

manecen na árbore unha boa parte do outono,ofrecéndolles alimento a moitos animais. A súamadeira, moi dura e densa, é boa para facercarbón vexetal. As flores constitúen un excelentetónico para o corazón, mellorando as arritmias;tamén son sedantes e regulan a presión san-guínea.

Algunhas especies que acompañan o estri-peiro no sotobosque son o bieiteiro, o san-

guiño, a hedra, a silveira, o chuchamel, oloureiro real e tamén sebes de

buxo.

14. Os cogomelos non son nin vexetaisnin animais

A partir da época de primavera e outono,coas choivas, poderemos ver moitos cogome-los. Tradicionalmente en Galicia o aproveita-mento destas especies ten asociada unhadesconfianza, seguramente producida por casosde envelenamento e polo descoñecemento dasespecies comestibles. Os cogomelos pertencenao reino dos fungos, xa que non son nin vexe-tais nin animais, e teñen que fabricar o seu ali-mento para vivir a partir da materia orgánica endescomposición, sendo uns auténticos recicla-dores. Outros conseguen o alimento asocián-dose con outros seres vivos ou parasitándoos.

A amanita muscaria,é tóxica

A diversidade de cogomelos en Galicia é moi im-portante e, dado que existen moitos velenosos,debemos ter coidado á hora de collelos paracomer, asesorándonos sempre con expertos notema, recollendo exclusivamente os que coñe-cemos ben e cortando o seu pé cunha navallapara que ao ano seguinte poida volver a saír. Oaproveitamento dos cogomelos pode represen-tar no futuro, ordenado e ben planificado, unsector económico moi importante.

As lesmas poden alimentarsede cogomelos

Estes moluscos sen cuncha son moi abon-dosos en Galicia. Viven en lugares húmidos,agáchanse baixo as pedras ou as follas do chane teñen hábitos nocturnos. A súa comida estáconstituída por cogomelos e por outra vexeta-ción que desgastan coas súas potentes rádulas.

¿Sabías que en Galicia o mocode babosa se usaba para elimi-nar as verrugas e que tamén éun bo antiséptico?

Os liques cooperan para sobrevivirComo algúns cogomelos que se asocian

con outros seres vivos, os liques son o resul-tado dunha simbiose entre unha alga e unfungo. A alga achega a súa capacidade paraproducir clorofila e o fungo dálle protección esales minerais. A barba de vello desenvólveseen lugares con aire de boa calidade, indicán-donos desta maneira a presenza ou non decontaminación.

Lesma negra

Estripeiro

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 18

16. O merlo rieiro precisa o río limpoe ben conservado

Nestes tramos do río, se imos atentos e ensilencio, poderemos ver o merlo rieiro e outrasaves que comparten este ecosistema. O merlomergúllase no río e, coa axuda das súas ás mó-vese, pero faino camiñando polo fondo do leitoagarrándose coas súas fortes uñas ás pedras,en busca dos invertebrados (larvas de eféme-ras, libélulas...) que constitúen o seu alimento.

19Polas ribeiras do Xuvia

Desta especie extráese actualmente unhasubstancia de aplicación medicinal antibiótica ebactericida moi eficaz; antigamente servía paratinguir.

15. Un delito ecolóxico no Xuvia que acaboucoa piscifactoría

No lugar que ocupaban antigamente os mu-íños e presa de Fabián, instalouse en 1973 apiscifactoría de troita do Xuvia. Nos anos oitentachegou a producir arredor de 300 toneladas depeixe anuais. No ano 1986 unha vertedura con-taminante ao río da conserveira El Cisne, hoxedesaparecida, situada en San Sadurniño, pro-vocou unha catástrofe ecolóxica que obrigou aabandonar a actividade das instalacións. Na ac-tualidade a piscifactoría está abandonada e co-lonizada de novo pola natureza. Estes feitosfannos reflexionar sobre a necesidade de coidaros nosos ríos e de obrigar as industrias a cum-prir a normativa ambiental.

¿Que sanción cres que podeter contaminar un río, afectandoa toda a vida e aproveitamen-tos que se desenvolven nel?

Troita

Barba de vello

lavandeira

Merlo rieiro

O babeiro branco nun pequeno corpo repoludode cor achocolatada faino inconfundible.

A boa calidade das augas dun río é funda-mental para contar coa presenza do merlo, poistrátase dunha ave moi sensible ácontaminación dos leitos.

Poderemos ver outrasaves facilmente, como as lavandeirasbranca e real, que camiñan pola beirado río ou polas pedras do seu leito enbusca de pequenos insectos dos que se ali-menta; a garza, inmóbil, coas súas patas meti-das na auga para arpoar algún peixe; o lavancoreal, unha especie de pato cuxos machos teñena cabeza verde e vistosas cores para atraeren asfemias; o picapeixe, lanzándose en picado para

pescar pequenos peixes; taménvoan os ferreiriños e ferreiros

bacachis e abelleiro e, pola noite,o morcego.

picapeixe

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 19

20 Polas ribeiras do Xuvia

Achegándonos xa aos lugares de Retorta,Cerdeiras e Doso, atopámonos cos campos decultivo preto do río, conformados por camposde pasto para o gando, hortas, árbores froitei-ras... Os labores agrarios e gandeiros sobrevi-ven realizados pola poboación máis vella, quesegue a manter vínculos coa terra para o con-sumo propio. Nos últimos 20 anos os usos agra-rios sufriron grandes transformacións queconducen ao abandono de terras ou á súa trans-formación en cultivos forestais con piñeiro oueucalipto.

A arquitectura popular, funcionalidadee materiais da zona

Os lugares organizan as súas casas a carónda estrada ou dos camiños, con campos de cul-tivo e hortas, arbores froiteiras e o río ao arre-dor. As vivendas tradicionais teñen unha plantarectangular xeralmente con dous andares: unhaplanta térrea na que se dispoñen cociña conforno e cortes para o gando, e o primeiro andar,comunicado por escaleira interior, que conta condiversos cuartos e unha sala. O alpendre ou al-boio para gardar os apeiros de labranza nor-malmente vai acaroado á casa.

Fíxate con que materiais estánfeitas as casas tradicionais, oshórreos e os seus teitos ¿Porque?

17. Nas aldeas, o medio reflicte os usosagrogandeiros

Antes de chegarmos á aldea de Retorta, po-demos cruzar a ponte de orixe medieval sobreo Xuvia e ver o muíño de Gradaílle. A súa cons-trución con planta baixa e primeiro andar, astres moas e a presa en roda que abastece deauga o muíño dannos unha idea da importanciaque tivo no pasado para a zona.

Uns metros máis abaixo da ponte, cando asaugas van baixas, pódense ver os restos dunhaantiga pesqueira medieval, documentada noMosteiro de San Salvador de Pedroso. Nestespequenos diques de pedra ou guiadoiros deixa-ban unhas aperturas estreitas ou caneiros ondeos pescadores colocaban as nasas para atrapara troitas, reos, anguías e salmóns.

Pesqueira

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 20

Omiñato, un cazadorincansable desde os aires

Nesta zona de cultivos e cam-pas, mesturados coa ve-xetación de ribeira emonte con planta-cións forestais,podemos vero miñato, unhaave de rapina moi común en Galicia, de tamañomedio; ten unha envergadura duns 135 cm.Normalmente vese voar planeando en círculosutilizando as correntes de aire quente ascen-dentes ou pousado nos postes. Posúe unhasgrandes gadoupas que son axeitadas para cazarpequenos mamíferos, pequenas aves, insectos,réptiles…, cumprindo unha función moi im-portante no ecosistema.

Outras aves de rapina que se poden ver polazona son o azor e o gabián, sobre todo nas par-tes máis próximas ao bosque.

18. Á area medioambiental e recreativade Pedroso, un lugar para gozardo patrimonio

Neste lugar, o río Castro únese ao Xuvia, su-mando así as augas da serra de Forgoselo, quetamén forma parte do Espazo Natural ou LICXuvia-Castro. Ao longo do seu percorrido, ade-mais do Castro, o afluente máis importante, ver-ten as súas augas numerosos regatos, arredorde 30, abastecedores continuos de auga quefan aumentar o caudal do Xuvia. A cunca hi-drográfica convértese así nunha grande árboreramificada na que o Xuvia é un poderoso tronco.Os pequenos ríos e regatos que alimentan oXuvia teñen unha grande importancia ecolóxicaporque son refuxio dos alevíns de peixe ata quevan para o río grande ou ao mar.

Neste punto da desembocadura do río Cas-tro, atopámonos co muíño de Entrerríos, res-taurado polo Concello de Narón. A intervencióncreou unha área medioambiental da que formanparte tamén o muíño do Chao ou da Muiñeira,un cámping e unha área recreativa. Esta áreahabilita e pon en valor o espazo para que a so-ciedade poida gozar do medio natural e socialpróximo ao río, poñendo á disposición da xenteunha serie de servizos necesarios para pasar undía de campo: merendeiro con churrasqueiros emesas, aparcadoiro, cámping, parque de xogosinfantís...

Os muíños, motores socioeconómicose culturais

Desde moi antigo o home aprendeu a apro-veitar a forza da auga no seu beneficio. Un dosaproveitamentos máis comúns en Galicia foi omuíño de regato, pola abundancia de auga. Asmans artesáns elaboraron as pezas de pedra,ferro e madeira e encaixáronas con precisión nomuíño. Augas arriba unha presa deriva a augado río. A través dunha canle chega ao cubo,

21Polas ribeiras do Xuvia

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 21

22 Polas ribeiras do Xuvia

onde baixa con forza e fai mover o rodicio, ocal, á súa vez, move unha pedra, a capa. Omovemento da capa sobre a outra pedra queé fixa, o pé, tritura o gran, converténdoo en fa-riña, utilizada para dar de comer aos animaisou para elaborar o pan, alimento básico enGalicia.

¿De quen eran os muíños?A forma de propiedade máis común eran os

muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes per-tencían a varios veciños, e moíase por quendas.

Despois estaban os muíños de maquía,como é este muíño de Chao ou da Muiñeira,como indica o seu nome. Estes pertencían a un

so propietario. Normalmente eran máis grandese servían tamén como vivenda do muiñeiro eda súa familia. O muiñeiro cobraba unha parteda fariña, a maquía, que era proporcional á can-tidade moída. Estes muíños podían ter máisdunha moa e así moían mellor outras varieda-des de gran (trigo, centeo, millo...).

Os muíños reviven, amosándonosos costumes e as tradiciónsda nosa cultura

Asociado aos muíños, ao seu mundo e á súapaisaxe, desenvolveuse un rico e variado con-xunto de manifestacións culturais e etnográfi-cas que temos a obriga de conservar. No muíño

CANLE TREMIÑADOQUENLLA

MOEGACARRACA

BURRO

CAPA OU MOABEO

MESARODICIOPECHADOIROBUXA

INFERNO

As pezas do muíño, un mecanismo sinxelo quefunciona con enerxía limpa, a forza da auga.

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 22

non só se moía. Tamén era un lugar de encon-tro; aquí naceron cantigas, contos, bailes, re-fráns e lendas, e nel encontraron conselloaqueles que o buscaban. Ademais, era o lugaronde se traían e levaban as noticias.

Os muíños tamén están relacionados a ou-tros labores, como a malla, a amasadura e co-cedura do pan no forno…

No muíño fan cantigas,no muíño fan concellos,no muíño fanse amorese contan contos os vellos...

Despois da área do Pedroso, seguimos a cami-ñar a carón do río Xuvia, pasando por debaixoda ponte da autovía AG-64. Na seguinte pe-quena ponte que atopamos podemos seguir va-rios trazados para chegar ao final no muíño dePerfecto. Como a beira dereita do río adoitaestar moi inundada, cruzamos a ponte e anda-mos pola beira esquerda acompañando unhagranxa ou explotación gandeira ata chegar áseguinte ponte, onde veremos o muíño de Per-fecto derruído. Unha segunda opción será se-guir a pista asfaltada que sae da ponte endirección norte cara á Capela da O e logo se-guir a dirección do curso do río ata chegar aofinal.

19. A lontra precisa augas limpas para vivir

A lontra é un animal esquivo, e o máis pro-bable é que só vexamos as evidencias da súaexistencia ou ben nas súas pegadas ou ben nosseus excrementos. Precisa augas limpas e eco-sistemas ben conservados para poder vivir. EnGalicia aínda conserva poboacións estables. Estáperfectamente adaptada á vida no río. O corpoen forma de fuso, as pequenas orellas para re-

ducir a resistencia á auga, as patas traseiras pal-meadas e a súa cola aplanada como un temónson algunhas das adaptacións deste mamífero.Teñen fama de ser moi rebuldeiras; xogan entreindividuos da mesma especie para fortalecerenos vencellos entre os membros da familia. Paraadestraren, poden xogar con pedras, escorre-gando polos tobogáns...

Caza peixes á noitiña, sorprendéndoos oueliminando os individuos vellos ou enfermos,pero tamén se alimenta de ras, sapos, toupas,cangrexos, ratas de auga. Pode chegar a vivirata 15 anos. Se imos en silencio e a sorte nospermite ver este mamífero acuático, unha per-fecta máquina de nadar, mergullar e pescar,entón seguro que non o esqueceremos na vida.

Pode chegar a nadar a unha velocidade de 11km/hora, cando un nadador olímpico só chega a uns7 km/h, e aguantar debaixo da auga ata 4 minutos.

20. Os bosques inundados, zonas húmidascon moita riqueza

Na parroquia de Doso, ás augas do Xuviaaínda se lles permite desbordarse por unhachaira que se inunda periodicamente candochove con intensidade, sobre todo nos mesesde inverno. Esta zona húmida do Chao está for-mada maioritariamente por zonas boscosas,pero asociadas a elas tamén podemos ver gán-daras, brañas ou veigas que historicamente eranzonas de pasto e que hoxe son transformadasen prados de sega ou para cultivo de especiesforraxeiras para o gando, xa que son zonas de

23Polas ribeiras do Xuvia

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 23

24 Polas ribeiras do Xuvia

alta produtividade durantetodo o ano. Tamén estesbosques aluviais ou deinundación foron obxectodunha intensa explotaciónco fin de proverse de ma-deira para a construciónou leña. Estes espazosposúen unha grande va-riedade de hábitats inter-

medios entre os ambientesterrestre e acuático, e representan,

polo tanto, un importante papel na conserva-ción da biodiversidade e no desenvolvementoeconómico. Sustentan unha importante floraadaptada ás condicións de enchoupamento dosolo. No estrato herbáceo abundan o xunco, asespadanas, o amarelle ou a xunca de algodón,que destaca pola súa brancura algodonosa,unha planta cada vez máis rara e escasa nasnosas turbeiras que debemos protexer. As ár-bores que predominan nestes bosques son es-pecies como o ameneiro, o salgueiro, o freixo eo bidueiro.

Os anfibios, unha vida entre a augae a terra

Nestes medios enchoupados viven tamén osanfibios, un grupo de animais intimamente li-gados ao medio acuático. Os máis comúns, asras, sapos e pintafontes, pasan unha parte im-portante da súa vida neste medio, ben na súafase larvaria ou nalgúns momentos da súa faseadulta. Tanto uns como outros cando son adul-tos aliméntanse de insectos, cumprindo un im-portante papel na natureza. Son moi sensiblesaos procesos de contaminación dos ríos. Candochega o inverno, agáchanse e pasan esta esta-ción hibernando.

Un pequeno anfibio galego que vivenos bosques dos ríos

O mundo da píntega encóntrase preto dosríos que discorren entre os bosques, nas proxi-midades da auga; curiosamente, este anfibio étotalmente terrestre e xamais se introduce naauga, xa que afogaría. A píntega común ten ac-tividade exclusivamente nocturna. Aliméntasede miñocas, insectos, arañas e lesmas. É a máis

Xunca dealgodón

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 24

abundante das nosas píntegas. Pre-cisa unha alta humidade no am-

biente, polo que é común velasao anoitecer despois dun chu-

vasco. Atribúenselle unfato de falsos poderes,como o de apagar o

lume, relacionado co animal mitolóxico que so-brevive ao lume; outras crenzas din que se atocas podes perder o membro que contactoucon ela ou provocar doenzas graves ou a morte.Sen dúbida estas, lendas derivan das súas coresatraentes, pero a píntega é un anfibio total-mente inofensivo e a súa secreción velenosa sópode causar proído en contacto coas mucosas.

As lendas e tradicións, transmitidasde boca a boca

Moi preto do río Xuvia á altura de Doso, po-démonos desviar por unha pista asfaltada caraá esquerda para atoparnos coa capela ou er-mida da Virxe da O, lugar de culto que cada se-gundo domingo do mes de maio se converte enpunto de reunión de centos de devotos quelevan candeas e exvotos para lle ofrecer á Virxeda O. Durante a procesión, a imaxe é trasladadaá Fonte das Areas, xa que en tempos de seca selle rogaba para pedir que chovese. Esta tradi-ción, posiblemente con orixe en ritos pagáns,foi cristianizada e deste xeito consérvase na ac-tualidade.

Moi preto da capela está o castro da Ermida.Os castros son tradicionalmente lugares ondepermaneceron as lendas, tesouros gardadospolo noso pobo que se foron transmitindo dexeito oral de xeración en xeración. Sobre o cas-tro de Eiravedra, situado en Sedes, conta unhalenda que unha parella quería casar pero o paidela non llo permitía, polo que a ameazou conencantala e levala á croa do castro. Ao saír unhagaliña cos seus poliños dando voltas arredor docastro, a moza quedou convertida nunha grandee fea cobra. Para desencantala, o noivo deberí-alle dar un bico e, aínda que lle custaba facelo,por fin decidiuse. Entón a serpe converteusenunha fermosa muller espida.

Os seres “encantados” das nosas augasA historia e a mitoloxía de Galicia está chea

de mitos e crenzas referidas ás zonas húmidas,cunha orixe en moitos casos incerta. Sobre opai dos ríos galegos, o Miño, están vivas na tra-dición oral unha gran variedade de xenios acuá-ticos, como os encantos, os homes-peixe, aslavandeiras, as feiticeiras, a moura troita, os xa-cios (seres de corpo humano e vida anfibia) ouas anas e aureanas,entes femininos da ferti-lidade que aparecen en-cantados nas fontes,pozos e ríos de todo opaís, e quen os queiradesencantar ten que llesentregar un bolo de panou un queixo de varioscornechos.

¿Sabes algunhalenda? cóntallaa alguén

25Polas ribeiras do Xuvia

Píntega

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 25

26 Polas ribeiras do Xuvia

21. Animais pequenos pero moi importantespara o ecosistema

A diversidade de invertebrados acuáticos queviven no río é enorme, constituíndo unha partemoi importante da cadea alimentaria e a basede alimentación e supervivencia dos animaismaiores do río. Todos estes animais adáptanseá auga en movemento. Uns dos máis comúnsnos ríos posiblemente sexan os zapateiros, queviven sobre a superficie da auga. O segredo doszapateiros para non se afundiren é que son moilixeiros, teñen o extremo das súas patas comounha coitela de patín de xeo e o corpo recubertoduns peliños aceitosos.

Outra das estratexias para se adaptaren aeste medio é posuír un corpo aplanado; isto per-mítelles a algunhas larvas de efémeras ou ás pla-

narias vivir baixo as pedras ou ben mantersesobre elas. Algúns animais constrúen pequenosestoxos nos que viven evitando ser arrastradospolas augas. É o caso das larvas dos tricópteros.As samesugas teñen dúas potentes ventosas queevitan que sexan arrastradas pola corrente.

Pero a lista segue con moluscos como o Ancy-clus, un pequeno caracol que vive sobre as pe-dras alimentándose de algas; insectos como osgaiteiros e libélulas, que tinguen o ceo de visto-sas cores cando son adultos; pequenos crustáceosque se alimentan de restos orgánicos; escarave-llos acuáticos como o ditisco, un eficaz predador;ou o barqueiro, que detecta as vibracións de cal-quera animal na superficie para despois comelo.

Conviven con todos estes animais acuáticosoutros insectos como vacalouras, arañas, abellase bolboretas de bonitas cores.

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 26

¿Que sucedería se a auga esti-vese algo contaminada e nonexistisen algúns destes ani-mais?

22. O lagarto das silvas é quen de nadar

A maioría dos réptiles conquistaron a terrahai uns millóns de anos, pero aínda quedan al-gunhas especies asociadas á auga. Para mantera súa temperatura corporal, teñen que buscar acalor, por iso podemos velos moitas veces naspedras tomando o sol. Un dos animais máis cu-riosos que habita na beira dos ríos e que nonlle ten medo á auga é o lagarto das silvas, unprecioso lagarto, especialmente os machoscando están en celo; nesta época locen unhacor verde-amarelada case esmeralda, salpicadade ocelos escuros, e a súa garganta está tinxidade azul, facéndoo inconfundible.

Este lagarto ten entreos seus curio-sos costumeso de nadar, algoque fai con bastanteeficacia. Ademais, en caso de perigo, incluso sepode mergullar para agacharse no fondo do leitoentre a lama e agardar alí uns segundos.

Outros réptiles presentes no río Xuvia son acobra sapeira, a lagarta galega e o escáncer.

As especies exóticas ameazano equilibrio ecolóxico

Unha das especies vistas no Xuvia é o sa-poconcho riscado. Esta especie non é autóctona,senón que é orixinaria do mediterráneo e nortede África. Seguramente escapou de terreos, xar-díns ou casas onde manteñen poboacións en ca-tividade. Outras introducións de especies defóra, como o sapoconcho de Florida, o cangrexo

e o visón americanos ou a troita arco iris, cau-san unha grave ameaza para as especies de Ga-licia e poñen en perigo as súas poboacións, xaque compiten polos mesmos recursos no río,afectando finalmente ao funcionamento ecoló-xico do ecosistema fluvial.

No caso de que te queiras desfacer dun des-tes animais exóticos que poidas ter na casa,debes chamar ao Centro de Recuperación deFauna Salvaxe máis próximo para que o reco-llan e así evitarás crear un dano na natureza,ás veces moi difícil de solucionar.

23. Os problemas dos ríos son orixinadospor nós

Ao longo deste tramo final do noso itinerarioatoparémonos con algúns dos problemas am-bientais dos ríos que se describen a continua-ción.

A densa rede fluvial do noso país posúe unnotable interese natural, sendo unha das máisvaliosas de Europa. A vida da auga é unha ma-nifestación de alegría expresada polos sons queemite e pola explosión de diversidade; candomorre convértese nun dos espectáculos máis tris-tes e silandeiros. Todos temos visto algunha vezunha chea de peixes mortos no río.

Durante as últimas décadas os cursos flu-viais sufriron innumerables agresións: contami-nación por verteduras de augas residuais queprovocan unha deterioración da calidade daauga, invasión das ribeiras dos ríos pola agri-cultura e gandaría que causan contaminaciónpor fertilizantes e fitosanitarios e plantacións fo-restais que ameazan a vexetación de ribeira,destrución de bosques autóctonos de ribeira porcorta e urbanizacións, construción de grandesencoros e minicentrais que alteran o réxime hi-drolóxico e impiden o paso ás especies migra-

27Polas ribeiras do Xuvia

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 27

28 Polas ribeiras do Xuvia

torias, pesca abusiva, canalizacións, introduciónde especies exóticas que desprazan e ameazanas galegas, explotación de áridos, vertedoirosilegais, usos recreativos con alto impacto comoos quads ou todoterreos ou actividades masi-vas, falta de delimitación do dominio público hi-dráulico relacionado coa ocupación de leitos eribeiras sen respectar as servidumes, deslindese camiños, escasa sensibilización ambiental dasociedade, non xestionar a cunca hidrográficacomo unha unidade dun recurso indivisible...

Polo visto, quédanos moito que aprender naxestión do noso patrimonio, natural e sociocul-tural. Esperamos que no futuro, co fomento danova cultura da auga e do desenvolvemento sus-tentable, poidamos conseguir a conservaciónefectiva de toda a extraordinaria riqueza quenos ofrecen os ríos.

O río Xuvia mantén un bo estadode conservación

A cunca do río Xuvia mantense nun estadobastante favorable, aínda que está sometido,como todas as ribeiras fluviais, a numerosasameazas que, mal xestionadas, poñerían en pe-rigo a súa riqueza.

A presenza de industrias téxtiles, fábricas deferro e aceiro, fábricas madeireiras, matadoiros,explotacións agropecuarias, forestais, os usosresidenciais e as zonas recreativas que se dis-tribúen ao longo da ribeira fluvial supoñen pre-sións sobre o medio con verteduras ocasionaisao río e ao aire que, de non se desenvolverendesde un punto de vista de aproveitamento po-sitivo dos recursos naturais, poderían alterar gra-vemente o equilibrio dos ecosistemas de ribeirae, polo tanto, afectar tamén á nosa saúde.

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 28

As conclusións que se tiran de estudos rea-lizados sobre a calidade de auga do Xuvia sonboas. A calidade de auga mantén niveis ade-cuados, con certas matizacións, referentes a queexisten algúns puntos conflitivos nos que certasverteduras incorporan unha cor gris á auga quenon inflúen na súa calidade fisicoquímica.

24. A conservación dos nosos ríos dependede ti, de todos nós

Ata aquí chegou o noso itinerario; podé-moslle botar unha última ollada ao río e refle-xionar sobre algúns aspectos que abordamosdurante deste percorrido.

Puidemos ver a diversidade de vida que al-berga o río, a importancia que este ten na súaconservación e algúns dos aproveitamentos tra-dicionais e outros máis actuais. De especial re-levancia é protexer todos os ríos da cuncahidrográfica para que así o Xuvia manteña boasaúde.

A conservación dos nosos ríos é algo que de-pende tamén de nós, dos nosos comportamen-tos na vida diaria. Dando un pequeno paso,facendo un uso racional da auga, xa estamosavanzando na conservación deste importanterecurso.

29Polas ribeiras do Xuvia

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 29

30 Polas ribeiras do Xuvia

Neste punto chegamos ao muíño de Perfecto,hoxe xa derruído, no lugar de Portela, no con-cello de San Sadurniño, final do noso itinerarioxeral a pé. Desde aquí podemos volver a caróndo río ata o inicio na ponte dos Andrade ou co-ller o tren FEVE no apeadeiro de San Sadurniñoen Silvalonga.

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 30

31Polas ribeiras do Xuvia

Aquí dá comezo unha nova e apaixonante andaina para ti, para que coñezas, entendas e colabores na con-servación do río. Animámoste a seguir observando e camiñando para descubrir máis cousas do río e da na-tureza, utilizando todos os sentidos.

Agardamos que o itinerario fose do teu agradoe que gozases desta visita polas beirasdo Xuvia.

Anota o que descubriches cos teus sentidos:

�Ollos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

�Boca: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

�Orella: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

�Mans: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

�Nariz: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 31

O río

Da outra banda, Señor, vexo este verdee terra de ben dare un regato con vimbios de ouro velloe un pombal de mensaxeirase un anxo que esfolla as espigas do millocabo dun hórreo de cen pés.Sei que nunca cruzarei ese ríoque para min murmura o laio dun adeus.Ficarei nas ruínas do muíñocoa foula branqueando a xanela dos ollos.Eis esa soberbia que chamarei destino.Pero eu fun dos teus, Señor.Quizais aínda gardes recordo daquel outroque brincaba as roseiras tras o sino da campáe creu ter escrito par ti o poema do pan.Pai Noso, pois, que estás nos ceos,en memoria daquel que eu fun,dille ao río Grande que toqueoutra vez ese blues.

O exército do bosqueMANUEL RIVAS

XubiaC:Maquetación 1 14/10/09 17:17 Página 32