museo das mariñas (de betanzos)

14
521 Anuario Brigantino 2011, nº 34 MUSEO DAS MARIÑAS, DE BETANZOS Museo das Mariñas (de Betanzos) (I) Museo das Mariñas (de Betanzos) (I) ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ* * Alfredo Erias Martínez * é director do Anuario Brigantino, do Museo das Mariñas, arquiveiro- bibliotecario municipal de Betanzos e coordinador xeral de Restauro: revista internacional del Patrimonio Histórico. <http://www.alfredoerias.com>, <http://anuariobrigantino.betanzos.net>, <http://hemeroteca.betanzos.net>, <http://www.revistarestauro.com>. Sumario Iniciamos aquí a presentación do Museo das Mariñas, de Betanzos. Abstract Here we begin the presentation of the Betanzos Museum das Mariñas. O EDIFICIO DO MUSEO: O EXCONVENTO DE SANTO DOMINGO A Orde de Santo Domingo en Betanzos tivo a súa orixe no testamento do presbíte- ro da cidade, D. Antonio González de Sosa. Aberto o día seguinte do seu enterro, acae- cido o 12-I-1558, comprobouse que deixaba todos os seus bens vinculares á primeira das dúas ordes relixiosas, de Santo Domin- go ou de San Agustín, que se establecesen na cidade con 4 confesores e un bo predica- dor. Fr. Diego de Chaves, catedrático de Teoloxía na Univ. de Santiago e confesor de Felipe II, aceptou a donación con dilixencia e enviou ó Padre Luís de Sosa (parente de D. Antonio) e outros relixiosos a Betanzos (Pardo, 1930-1931). Provisionalmente instaláronse nunha chamada “casa do Hórreo”, pronto conver- tida en pequeno convento coa súa capela pública e, logo de ratificada a donación por parte do vicario provincial de España, Fr. Cristóbal de Mendoza (13-II-1558), inauguráronse inmediatamente as obras do

Upload: others

Post on 04-Nov-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Museo das Mariñas (de Betanzos)

521

Anuario Brigantino 2011, nº 34

MUSEO DAS MARIÑAS, DE BETANZOS

Museo das Mariñas

(de Betanzos)(I)

Museo das Mariñas

(de Betanzos)(I)

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ*

* Alfredo Erias Martínez * é director do Anuario Brigantino, do Museo das Mariñas, arquiveiro-bibliotecario municipal de Betanzos e coordinador xeral de Restauro: revista internacional del PatrimonioHistórico. <http://www.alfredoerias.com>, <http://anuariobrigantino.betanzos.net>,<http://hemeroteca.betanzos.net>, <http://www.revistarestauro.com>.

SumarioIniciamos aquí a presentación do Museo das Mariñas, de Betanzos.

AbstractHere we begin the presentation of the Betanzos Museum das Mariñas.

O EDIFICIO DO MUSEO:O EXCONVENTO DE SANTO DOMINGO

A Orde de Santo Domingo en Betanzostivo a súa orixe no testamento do presbíte-ro da cidade, D. Antonio González de Sosa.Aberto o día seguinte do seu enterro, acae-cido o 12-I-1558, comprobouse que deixabatodos os seus bens vinculares á primeiradas dúas ordes relixiosas, de Santo Domin-go ou de San Agustín, que se establecesenna cidade con 4 confesores e un bo predica-dor. Fr. Diego de Chaves, catedrático de

Teoloxía na Univ. de Santiago e confesor deFelipe II, aceptou a donación con dilixenciae enviou ó Padre Luís de Sosa (parente deD. Antonio) e outros relixiosos a Betanzos(Pardo, 1930-1931).

Provisionalmente instaláronse nunhachamada “casa do Hórreo”, pronto conver-tida en pequeno convento coa súa capelapública e, logo de ratificada a donación porparte do vicario provincial de España, Fr.Cristóbal de Mendoza (13-II-1558),inauguráronse inmediatamente as obras do

Page 2: Museo das Mariñas (de Betanzos)

522

Anuario Brigantino 2011, nº 34

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

convento e igrexa que coñecemos, ó Sur,fóra da cidade amurallada, nun extremo do«campo da feira de sanrroque» (denomina-ción do mapa de 1616), en terreos daquelapertencentes á parroquia de S. Martín deBrabío e substituíndo unha antiga capela.

Os traballos foron prolongados ecustosos. O 30-V-1605 axustouse co mestrede cantería, Rodrigo Martínez, a obra docampanario. Por ese tempo, entre 1603 e1613, non contaban con máis de 6 relixiosos,pero, ó parecer, cara a 1615 foi elevado ó

O convento de Santo Domingo no «mapa» que debuxou Antonio Vázquez no 1616 para testemuñaros efectos do gran incendio que tivo lugar na cidade de Betanzos o 18 de setembro dese ano.Daquela o convento xa estaba construido, pero non a igrexa e torre barroca que hoxe coñecemos.

A torre que se ve neste debuxo (con niño de cigoña enriba) é a que se axustou o 30-V-1605 comestre de cantería, Rodrigo Martínez (Barreiro/Rey, AB 2010).

rango de priorato, o que implicaba unhacomunidade de doce frades como mínimo.En 1667 contratábase ó mestre de cantería,Francisco de Zelis, a construción de “unquarto en dicho convento, desde la capi-lla mayor donde está començado acer lasacristía, el qual dicho quarto a de tener delargo ciento seis pies y en hueco diez y ocho,con sus puertas, ventanas, celdas y demásoficinas y dependencias”. O altar maiorconstruiuse algúns anos despois, estandoaínda sen pintar a súa obra de talla en 1680.

Page 3: Museo das Mariñas (de Betanzos)

523

Anuario Brigantino 2011, nº 34

MUSEO DAS MARIÑAS, DE BETANZOS

Procesión do Xoves Santo (1894). Véxase a igrexa e convento de Santo Domingo á esquerda,ó fondo. Foto: F. J. Martínez Santiso. AMB

Expediente de demolición do exconvento de Santo Domingo en 1843 (non apareceron osdocumentos do mesmo), que non se levou a cabo por falta de cartos. AMB, c. 538.

Page 4: Museo das Mariñas (de Betanzos)

524

Anuario Brigantino 2011, nº 34

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

Vista parcial dunha fotografía de F. J. Martínez Santiso, datada en 1901, na que se podeobservar o convento de Santo Domingo rodeado por hortas cara o Leste e cara o Sur. AMB.

O favor de importantes familias deBetanzos incrementou o poder dacomunidade dominica. En 1695, DonBaltasar de Ulloa y Seijas, no seu testamen-to, pretendeu e conseguiu que os domini-cos lle cedesen o patronato do conventopara el e os seus herdeiros e un nicho nacapela maior, coas súas armas, onde se co-locasen as súas cinzas e as dos seus suce-sores... A cambio disto, deixaba ácomunidade 12.000 ducados e fundaba dúascátedras (unha de Artes e outra de Moral),rexentadas por relixiosos. Os dominicosaceptaron.

O mestre Sebastián Monteagudo dirixíaas obras en 1698 e aínda se seguíatraballando entre 1711 e 1714, época na quese rematou a fermosa torre barroca quechega ata nós, quizais deseñada por Do-mingo de Andrade (aínda que a construcióndebeuse a Fernando de Casas), que foicusteada polo arcebispo de Santiago, Fr.Antonio de Monroy (Ríos, AB1984).

As cátedras de Artes e Moral funciona-ban en 1721, e, desde 1736 ata 1770 debeucursarse tamén Teoloxía Dogmática. En1812, polo menos a de Artes seguía funcio-nando. En 1793 recolleron algunhas comu-nidades relixiosas francesas que fuxían dosefectos da Revolución. O 11-I-1809 o exércitode Napoleón entraba na cidade e no con-vento, converténdoo inmediatamente encuartel: era a primeira vez, pero non a últi-ma, que cumpriría esta función.

A Lei de 25-X-1820 pola que deixaban deexistir as comunidades relixiosas de menosde 24 individuos, supuxo a pechadura doconvento en 1821. Con todo, a petición daConfraría de Ánimas, o 2-I-1822, a igrexavolveu abrir ó culto.

Unha vez pasado o trienio liberal, acomunidade refíxose, pero non por moitotempo, porque, como consecuencia daexclaustración xeral (desamortización ecle-siástica), os nove dominicos existentesforon expulsados o 25 de agosto de 1835,

Page 5: Museo das Mariñas (de Betanzos)

525

Anuario Brigantino 2011, nº 34

MUSEO DAS MARIÑAS, DE BETANZOS

25 de febreiro de 1983. Inauguación do Museo das Mariñas polo Presidente da Xunta deGalicia, D. Gerardo Fernández Albor, en presencia do Alcalde,

D. Vicente de la Fuente García.

perdéronse os papeis do Arquivo e os li-bros da Biblioteca e ata o Goberno decretoua demolición do convento, feito que, evi-dentemente, non chegou a producirse, de-bido á intervención do Conde de Taboada,Don Vicente Roldán y Gil. Aínda o 28-I-1843o Concello pretendía a demolición do edifi-cio, pero a idea tampouco prosperou, porfalta de cartos.

Desde a marcha dos dominicos, asfuncións do edificio foron múltiples. En 1849documéntase xa alí a estancia da “GuardiaCivil de Caballería” que, con intermitenciasou sen elas, permanecería no edificio ata1981, ano de inauguración do novo cuartelna Feira Nova.

En 1867 tamén tiña alí a súa sé o LiceoRecreativo, que estivo ata que se instalouno Edificio Arquivo en 1873 (Rodríguez,AB1989). Ese mesmo 1873 estableceuse o“Instituto de Segunda Enseñanza Libre” eunha “Cátedra de Dibujo”, creada poloConcello.

Unha das actividades máis persistentesfoi como teatro e logo cine no baixo do corpooccidental do edificio. Alí, o 12 de novembrode 1882 foi inaugurado o Teatro Alfonsettie nel tamén, en 1897, tivo lugar a primeirafunción dun cinematógrafo na cidade, utili-zando a nacente luz eléctrica.

En 1894 serve de cuartel ó “Regimientode Infantería de Reserva de La Coruña” een 1899 estábanse proxectando importan-tes obras para o Cuartel da Garda Civil.

En 1901 tamén vemos alí a Academia deMúsica. En 1919, o “Escuadrón de Caza-dores de Galicia”, en 1920 funciona unha“Escuela Nacional de Niños” e mesmo en1925 hai obras para instalar o Xulgado Mu-nicipal, que vemos funcionando en 1934,xunto á Academia de Música, o «Institutode Segunda Enseñanza» e a «Guardia Civil».

Anos máis tarde, tamén estivo alí unhaemisora de radio, un club de xadrez, asmajorettes, etc. E, cando aínda algunhasdestas entidades non se marcharan, o 25 de

Page 6: Museo das Mariñas (de Betanzos)

526

Anuario Brigantino 2011, nº 34

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

Fermosa porta barroca no extremonorte do corredor baixooriental, que comuni-caba a sacristíada igrexa coconvento.Foto:Erias.

Page 7: Museo das Mariñas (de Betanzos)

527

Anuario Brigantino 2011, nº 34

MUSEO DAS MARIÑAS, DE BETANZOS

febreiro de 1983 inaugurouse o Museo dasMariñas, sendo Alcalde D. Vicente de laFuente García. Pero o edificio non estabaen boas condicións e iso implicou que, ensetembro de 1985, se trasladase ó desapa-recido Centro Primario de Higiene (Avda.Linares Rivas), onde permanecería aberto ópúblico ata o seu retorno a Santo Domingo,unha vez que as obras remataron.

Por fin, o 17 de maio de 1993, sendo Al-calde D. Manuel Lagares Pérez,inaugurouse o chamado “Centro CulturalSanto Domingo” que alberga a BibliotecaPública Municipal “Castelao”, o ArquivoMunicipal de Betanzos e o Museo dasMariñas. Quen entre no edificio, nonsoamente se asombrará da magnífica vistada torre barroca desde o acolledor patio

«Proyecto de reforma del convento de Sto Domingo para la instalación de un puesto de GuardiaCivil en la Ciudad de Betanzos. Arquitecto: Dn. Pedro Ramiro Mariño. Año 1899». AMB, c. 538.

Page 8: Museo das Mariñas (de Betanzos)

528

Anuario Brigantino 2011, nº 34

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

Fachada posterior do antigo convento de Santo Domingo, datada arredor dadécada de 1940. AMB.

Vista da igrexa e parte do convento de Santo Domingo, coa emblemática «casa de DoñaÁgueda» ó fondo. Foto: Villar, ca. 1920. AMB.

Page 9: Museo das Mariñas (de Betanzos)

529

Anuario Brigantino 2011, nº 34

MUSEO DAS MARIÑAS, DE BETANZOS

Fachada posterior do antigo convento de Santo Domingo, que se convertiría, ó remate dasobras, na principal do Museo, do Arquivo e da Biblioteca. Arriba, en marzo de 1986

e, abaixo, en novembro do ano seguinte. Fotos: Alfredo Erias.

Page 10: Museo das Mariñas (de Betanzos)

530

Anuario Brigantino 2011, nº 34

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

SecundinoAbeal, un dosmagníficoscanteiros deAmbroa(VI-1989).Foto: Erias.

Manuel Mellid Pena, ogran xefe de obras(VI-1989). Foto: Erias.

Eri

as

Eri

as

(IV-1986).

(III-1986).

Eri

as

Page 11: Museo das Mariñas (de Betanzos)

531

Anuario Brigantino 2011, nº 34

MUSEO DAS MARIÑAS, DE BETANZOS

central, senón tamén das fermosas tres por-tas barrocas do corredor baixo-leste ou daescaleira monumental. O edificio é, desdelogo, un dos principais atractivos para ovisitante.

Un precedente próximo do Museo dasMariñas atópase no decreto do 10/10/1974polo que se creaba en Betanzos o «Museodel Traje Regional Gallego» (ideado porD. Manuel Chamoso Lamas), dependentedo Ministerio de Educación y Ciencia.Expropiouse para iso o Pazo de Bendaña,pero nunca se rehabilitou para ese fin (hoxeé Delegación de Facenda) nin se chegarona adquirir as pezas necesarias.

Un precedente máis próximo foi a expo-sición realizada en xuño de 1981 na sala doBanco de Bilbao, enmarcada nos actos dehomenaxe da cidade a D. Francisco ValesVillamarín e coordinada por quen subscri-be. Alí presentouse ó público un museo enpequeno, ó concentrarse obras e pezas queforon obxecto de estudo por parte de D.Francisco: documentos, a ara romana de

Rafael VicenteTeijo, o grancarpinteiro(XII-1992).Foto: Erias.

Eri

as

(VI-1989). (VI-1989).

Page 12: Museo das Mariñas (de Betanzos)

532

Anuario Brigantino 2011, nº 34

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

Fervenzas, o ídolo fálico de Paderne, pintu-ras, debuxos, táboas do Apostolado daEscola de Rubens, etc. Así mesmo, tivo granrepercusión a exposición de fotografíasantigas, tamén coordinada por quen subs-cribe, “Betanzos Onte”, que organizou oGrupo Untia en xaneiro do ano seguinte.

Había un ambiente xeral de entusiasmopola cultura local, onde tivo moito que ver avisión de D. Santiago de la Fuente García sj,que creou o Grupo Untia, iniciou o FondoLocal na Biblioteca Municipal á que donounumerosos libros, escribiu obras, fotocopioue puxo a disposición das institucións, docu-mentos de diversas procedencias e, sobretodo, uniu persoas moi dispares para a con-secución de grandes obxectivos culturais.

Así as cousas, o Concello, presidido porD. Vicente de la Fuente García, decidiu crear

o Museo das Mariñas, apoiado no entusias-mo e nas propostas do Grupo Untia (D. XoséAntón García Ledo tivo un papel destacado ábeira do nacente Museo), inaugurándose o25 de febreiro de 1983. A principios de 1984,sendo Alcalde D. Antolín Sánchez Presedo,o Museo foi adscrito ós servizos doArquivo e da Biblioteca e, desde ese mo-mento, as tres institucións camiñan xuntase todas tamén intimamente conectadas coAnuario Brigantino, revista de investigaciónde ámbito galego. Pero o edificio tiña gra-ves deficiencias e una serie de proxectos,relativos á súa rehabilitación, se sucederonó longo da década de 1980 para culminarfinalmente na súa reinauguración o 17 demaio de 1993, sendo alcalde D. Manuel La-gares Pérez. Para chegar a esa meta, foi moiimportante o apoio de D. Antolín SánchezPresedo que, como conselleiro de Ordena-ción do Territorio e Obras Públicas, forma-ba parte do goberno da Xunta de Galiciaentre 1987 e 1989.

En canto á instalación das pezas, oConcello confiou no director que subscribe(nomeado como tal en febreiro de 1984) ostraballos correspondentes e, para iso,contouse con magníficos profesionais dosoficios clásicos da construción: canteiros,albaneis e carpinteiros.

Para empezar, xa publicara no AnuarioBrigantino 1988 unhas liñas básicas doque se podía facer, no traballo, “O Museodas Mariñas: ideas para renacer” que servi-rían como punto de partida. E, en conso-nancia coa cidade, co edificio e con moitasdas pezas con que contabamos, buscouseun ambiente xeral tradicional, acorde coanosa cultura secular, dando ó Museo un arvoluntariamente antigo, empezando por uti-lizar a cor branca, a madeira de castaño e ogranito como elementos dominantes. A par-tir de aí, prantexouse o esquema xeral dainstalación, tendo en conta que a cidade émedieval e conta cun elenco privilexiado desepulcros antropomorfos. O visitante, polo

Albaneis traballando (VI-1989). Foto: Erias.

Page 13: Museo das Mariñas (de Betanzos)

533

Anuario Brigantino 2011, nº 34

MUSEO DAS MARIÑAS, DE BETANZOS

tanto, debía atoparse rapidamente nesteambiente, que contaba ademais con pezasmoi significativas. Pero logo debía ver algo,polo menos, da pegada de Roma e do mun-do prehistórico. Ademais, era preciso repre-sentar oficios tradicionais como os deriva-dos do cultivo da vide, dos cereais ou doliño, sen esquecer a cestería ou a cerámicaxunto con algunhas manifestacións dosnosos vellos ferreiros.

Betanzos é unha cidade con moita histo-ria e iso determinaría tamén a necesidade decontar con salas especiais, tales como asdedicadas ó Apostolado da Escola deRubens, ó Traxe Galego, á FundaciónJiménez Cossío, ós símbolos de Betanzos,de Galicia e de España ou ás nosas vellasescolas que aínda puidemos rescatardalgunha maneira. E, ano tras ano,atopámonos con novas pezas que frecuen-temente desbordan as nosas expectativas.É, pois, hora de visitar este Museo, amplo ediverso, formado de xeito natural ó redor daantiga cidade de Betanzos e da terra dasMariñas.

BIBLIOGRAFÍABARREIRO MALLON, Baudilio y REY

CASTELAO, Ofelia, 2011, «El incendio deBetanzos de 1616». Anuario Brigantino 2010.

ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo, 1989, «O Museo dasMariñas: ideas para renacer». AnuarioBrigantino 1988.

PARDO VILLAR, Aureliano, 1930-1931, «Elconvento de Santo Domingo de Betanzos».Boletín de la Real Academia Gallega.

RÍOS MIRAMONTES, Mª Teresa, 1985, «La torrede la iglesia de Santo Domingo de Betanzos».Anuario Brigantino 1984.

RODRÍGUEZ OTERO, Mª Ángeles, 1990, «El LiceoRecreativo» de Betanzos 1861-1874. AnuarioBrigantino 1989.

Dous albaneis (1º e 3º polaesquerda) e os catrocanteiros de Ambroa,co director do Museoen xuño de 1989.

Page 14: Museo das Mariñas (de Betanzos)

534

Anuario Brigantino 2011, nº 34

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

Inauguración do «Centro Cultural Santo Domingo», logo da rehabilitación integral do edificio,o 17 de maio de 1993, sendo Alcalde de Betanzos D. Manuel Lagares Pérez.