mitoloxía grecolatina no museo do prado

58
MITOLOXÍA GRECO LATINA NO MUSEO DO PRADO.

Upload: biblioteca-landra

Post on 08-Jul-2015

429 views

Category:

Education


9 download

DESCRIPTION

Un percorrido polas pinturas máis destacadas con referentes mitolóxicos do Museo do Prado.

TRANSCRIPT

MITOLOXÍA GRECO LATINA NO MUSEO DO PRADO.

DEUSESPREOLÍMPICOS

CRONOS/SATURNO

Crono, co nome romano de Saturno, era un Titán fillo de Xea e Urano. Despois de destronar ó seu pai, o oráculo díxolle que un fillo seu faría o mesmo que él fixera co seu pai, destronalo.

Estaba casado coa súa irmá Rea e ambos eran os deuses supremos. Saturno decidíu comerse a todos os seus fillos segndo ían nacendo e chegou a comerse aos cinco primeiros: Hestia (Vesta), Deméter (Ceres), Hera (Juno), Posidón (Neptuno) e Hades (Plutón).

Rea, sen poder conter máis o seu sufrimento, cando tivo a Zeus (Xúpiter) enganou a Saturno dándolle unha pedra envolta en panos, pedra que comeu Saturno crendo que era o seu fillo.

O oráculo cumpliuse e cando Zeus se fixo maior rescatou aos seus irmáns facendo que o seu pai os vomitase e tras unha guerra, chamada Titanomaquia, derrotou aos Titáns e derrocou ao seu pai.

RUBENSSaturno devorando ao seu fillo.Escola flamenca. s. XVII

GOYASaturno devorando ao seu fillo.

1819-23

DEUSESOLÍMPICOS

ZEUS/XÚPITER

É o pai dos deuses e os homes, o soberano do ceo e terra. Fillo de Cronos e Rea. A súa autoridade imponse entre os deuses e entre os mortais.

É o deus da tormenta, do raio e do lóstrego. O animal que o representa é a aguia. Séntase no trono co cetro nunha man ou ben se lle representa lanzando o raio.

Loitou contra os Titáns, os Xigantes e Tifón, e saíu victorioso. A súa vida amorosa está repleta de nomes femininos tanto entre as deusas e as ninfas como entre as mortais pero a súa esposa lexítima é Hera-Xuno.

OS AMORES DE ZEUS: DÁNAE

Filla de Acrisio, rei de Argos. Cando Dánae naceu, Acrisio consultou un oráculo que lle dixo que un fillo de Dánae o mataría. Para evitalo, o rei encerrou a súa filla nunha habitación de bronce, impedindo que tivera contacto con algún varón.

Zeus, prendado da beleza de Dánae, introduciuse na habitación baixo a forma de chuvia de ouro e deixou embarazada á xoven. O fillo que naceu de esta unión foi o heroe Perseo, que matou á Medusa e liberou a Andrómeda.

TIZIANODánae recibindo a chuvia de ouroEscola veneciana. S. XVI

OS AMORES DE ZEUS: EUROPA

Segundo se relata nas Metamorfosis, libro II de Ovidio, Xúpiter, namorado da princesa Europa, convírtese nun touro blanco co fin de raptala. Sixilosamente acércase á praia onde ela xogaba coas súas compañeiras para atraela e levala mar adentro cara a Creta.

O cupido sobre un delfín, alude á impaciencia do Amor, mentras os dous amorciños que os acompañan co arco e as frechas do amor anuncian o éxito do deus na sedución.

RUBENS. O rapto de Europa. Escola flamenca. XVII

HADES/PLUTÓN

O mundo dos Infernos estaba gobernado por Hades (Plutón) e a súa esposa Perséfone (Proserpina). O mundo Infernal e o dos vivos estaba separado pola Lagoa Estixia e os deuses dos Infernos estaban axudados, entre otros, polo Can Cerbero, can de tres cabezas, que impedía que os mortos saísen do inframundo.

Tamén eran axudados por Caronte, barqueiro vello, sucio e con barbas, que cruzaba na súa barca, previo pago dunha moeda, ás almas dos mortos cara a ribeira Infernal.

JOACHIM PATINIRO paso da lagoa EstixiaEscola flamenca. S. XVI

O MUNDO DE HADES: ORFEO E EURÍDICE

Orfeo descende ata o Averno para recuperar a súa esposa Eurídice, morta pola mordedura dunha serpe. Coa música da súa lira consegue conmover a Plutón e Proserpina, deuses do inferno, que lle conceden a súa petición. Como condición ímpóñenlle conter o seu desexo e non mirar a súa amada ata saír do mundo subterráneo.

Pero, Orfeo, movido polo seu amor comeza a mirar atrás para ver a súa amada, pouco antes de que ela se desvaneza en fume, por incumpli-la advertencia dos deuses.

RUBENS. Orfeo e Eurídice. Escola flamenca. s. XVII

PERSÉFONE/PROSERPINA

Perséfone, Proserpina para os romanos, era filla de Zeus e de Deméter, a deusa da agricultura.

Hades, namorado dela subíu á terra, raptouna e levouna aos Infernos. Deméter, afundida pola dor, adicouse a buscala e non se preocupou dos cultivos. A Terra non producía froitos e Zeus pedíu a Hades que devolvese a xoven á súa nai.

Proserpina xa probara os froitos dos Infernos e non podía estar apartada moito tempo do seu marido nin do seu reino. Por elo, acordan que Proserpina pase a metade do ano coa súa nai na Terra, e a outra metade no Inferno.

No tempo que Proserpina pasa coa súa nai, a Terra florece e da froitos, é a primaveira e o verán. Cando está nos Infernos, Deméter está triste e a Terra non da froitos, é inverno.

RUBENS. O rapto de Proserpina. Escola flamenca. s. XVII

DEMÉTER/CERES

Filla de Cronos e Rea. Irmá de Zeus. É a deusa da agricultura e máis concretamente dos cereais. Ela e a súa filla, Perséfone, ensinaron aos homes a cultiva-los cereais a través do xove Triptólemo.

O corno da abundancia e o cesto con froitos, símbolos desta deusa, aluden á fecundidade e a fertilidade da terra.

RUBENS. Ceres e Pan. Escola flamenca. S. XVII

AFRODITA/VENUS

Filla de Urano, nacida ao mesturarse o semen e o sangue de Urano coa escuma do mar, despois que o seu fillo o Titán Crono o castrara e arroxara ao mar os seus xenitais. Outra lenda menos famosa é a que a considera filla de Zeus e Dione.

É a deusa do amor e da beleza, soe ir núa ou con pouca roupa, acompañada por Cupido e rodeada polas pombas.

Casada co deus coxo Hefesto tivo numerosos amores entre os que destaca a súa tempestuosa relación con Ares, Marte para os romanos, o deus da guerra.

TIZIANO. Venus e a música. Escola veneciana. S. XVI

OS AMORES DE VENUS: ADONIS

Adonis, fillo de Mirra, era o máis fermoso dos mortais. Perséfone e Afrodita dispútanse o seu amor polo que Zeus decidíu que pasara unha parte do ano con cada unha delas.

Nunha cacería, Adonis sen atender aos consellos da súa amante Afrodita, disparou un flechazo a un feroz xabarín. Éste, malferido xa, perseguíu a Adonis, ata acadalo e matalo.

Afrodita acudíu ó momento pero nada puido facer . Adonis morre nos seus brazos e do sangue deste nace a anémona, flor tamén belísima pero de corta vida.

TIZIANO. Venus e Adonis. Escola veneciana. S. XVI

O XUIZO DE PARIS

   Eris, a deusa da Discordia, non foi invitada ás vodas de Tetis e Peleo; rexeitada lanzou unha mazá de ouro en medio do convite cunha lenda que dicía "para a deusa máis fermosa". Atenea, Hera e Afrodita pretenderon que a mazá era para cada unha delas e pediron a opinión de Zeus. Zeus temendo entrar na disputa nomeou xuíz a Paris que era un príncipe troiano que vivira illado no monte Ida.

As tres deusas presentáronse ante Paris, acompañadas polo deus Hermes, mensaxeiro dos deuses. Hera prometeulle o poder sobre Asia, Atenea ofreceulle a sabedoría na guerra e Afrodita o amor da muller máis bela, Helena, a esposa do rei Menelao.

Paris entregou a mazá a Afrodita. Ó cabo do tempo Paris raptou a Helena e provocou a guerra máis famosa da antigüidade, a guerra de Troia, e deu lugar á Ilíada e á Odisea

RUBENS. O Xuizo de Paris. Escola flamenca. S. XVII

ARES/MARTE

É o único fillo varón entre os deuses olímpicos da parella Zeus-Hera. É o deus da guerra e a matanza, da loita indiscriminada.

Representa a morte, a dor e a destrucción. Non é ben recibido nin honrado en ningún lugar de Grecia e ten que recluirse na súa terra, a belicosa Tracia, onde habitan as súas fillas, as Amazonas.

É algo fanfarrón e as veces participa nas loitas entre os mortais nas que non sempre gaña. O acompañan o Medo e o Terror. Represémtaselle como un fornido xove armado. En Roma ten cualidades moito máis positivas.

VELÁZQUEZ. Marte. Escola española. S. XVII

HEFESTO/VULCANO

É fillo da deusa Hera, ó igual que Atenea o era de Zeus. Naceu deforme, con coxeira polo que a súa nai o rexeitou e botouno desde o Olimpo. Caeu ó mar onde o acolle a deusa marina Tetis e posteriormente vive na illa de Lemnos onde practica a actividade da que é protector.

É o deus da fragua, o ferrador e ourive diviño, encargado de facer as armas e xoias de deuses e heroes. É aceptado no Olimpo e reconcíliase coa súa nai. Obtén a man da máis bela das deusas, Afrodita.

VELÁZQUEZ. A Fragua de Vulcano. Escola española. S. XVII

ATENEA/MINERVA

Naceu da cabeza de Zeus que previamente se tragara a Metis. É a deusa da intelixencia teórica e práctica. Preside a guerra tacticamente organizada e as actividades artesanais ben executadas, como a artesanía. É deusa conselleira e protectora das instituciones políticas da ciudade, especialmente de Atenas de quen é protectora, ademáis de darlle o nome.

É unha deusa virxe. O seu animal representativo é a curuxa e a árbore é a oliveira por ensinar ós homes a cultivalo. Protexe especialmente a todos os heroes, especialmente a Odiseo-Ulises.

ATENEA Y ARACNE

Aracne era filla dun tintoreiro de Lidia; era unha gran experta no arte de tecer e bordar, e as ninfas do bosque acudían a ver a súa obra considerándoa discípula da deusa Atenea, que era a deusa das fiandeiras e bordadoras.

Aracne non aceptaba ser discípula de ninguén, dicía que a súa habilidade a adquirira ela soa e que desafiaba á deusa Atenea a tecer. Presentouse a deusa baixo a forma dunha vella e aconselloulle prudencia e que non desafiase aos deuses, pero Aracne contestoulle con insultos e reiterou o seu desafío.

Atenea aceptou o reto e teceu un tapiz mostrando en toda a súa maxestade aos Olímpicos e, nas esquinas, escenas dos castigos aos mortais que desafiaran aos deuses.

Aracne teceu outro tapiz burlándose das metamorfosis de Zeus en touro, cisne, etc. para conseguer o amor das mortais. Os tapices eran perfectos pero Atenea furiosa destrúe o tapiz e Aracne, asustada afórcase. Atenea revívea, convírtea en araña e condéaa a tecer toda a vida unha arañeira.

VELÁZQUEZ. As Fiandeiras. Escola española. S. XVII

APOLO

Apolo, irmá xemelgo de Ártemis, era fillo de Leto e de Zeus. Era o deus da profecía, das artes, da música e era identificado con Helios como deus do Sol; os seus atributos son a lira, o arco, o loureiro e os símbolos do Sol.

A pesar de ser considerado tamén o deus da fermosura, foi moi pouco afortunado en amores. En certa ocasión burlouse das pequenas frechas de Eros, quen enfadado lle clavou unha frecha do amor mentras contemplaba a Dafne e a ésta lle disparou unha frecha de desamor.

Dafne era unha ninfa seguidora de Ártemis e que polo tanto non tiña relación con varóns. Canto máis a perseguía Apolo incitado pola frecha de Eros, máis fuxía Dafne impulsada polo desamor, pedindo a axuda dos deuses. Ó fin as divinidades se apiadan da ninfa e a convirten en loureiro. Apolo desconsolado leva unha coroa de loureiro na súa cabeza en recordo de Dafne.

CORNELIS DE VOS. Apolo e Dafne. Escola flamenca. S. XVII

ÁRTEMIS/DIANA

Filla de Zeus e Leto e irmá xemelga de Apolo. Pedíu ao seu pai o don da virxinidade ó non querer saber nada do contacto con varóns.

É a deusa da caza e amante dos bosques e prados que percorre co seu séquito de ninfas practicando a súa actividade favorita. Represéntaselle cun arco e unha carcasa chea de frechas acompañada dun cervo e ás veces os cans de caza.

Por paralelismo co seu irmán Apolo, é identificada coa deusa Selene, que representa a Lúa e con esta personalidade sí se lle coñece un idilio amoroso co fermoso pastor Endimión.

DIANA E CALISTO

Considerada ninfa do séquito de Diana, era unha xoven moi fermosa e como todas as ninfas da deusa Diana gardaba celosamente a súa virxinidade e non tiña ningunha relación cos varóns.

Zeus sentíuse moi atraído pola ninfa e, convertido en Diana, tivo amores con Calisto. A ninfa ou ben castigada por Diana ou ben polos ciumes da esposa de Zeus, Hera, é convertida en osa e o seu fillo, Arcade, é criado polo centauro Quirón, chegando a ser un gran cazador.

Cando Árcade crece, nunha das súas múltiples cacerías polos bosques atopa a súa nai transformada en osa e, sen recoñecela, vaina matar. Zeus vendo o cruel destino que vai sufrir Calisto e o seu propio fillo, decide intervir e levaa ó ceo convertida na Osa Maior e a seu fillo Árcade transformao na constelación Arturo.

RUBENS. Diana e Calisto. Escola flamenca. S.XVII

HERMES/MERCURIO

Fillo de Zeus e Maia. É o deus mensaxeiro dos deuses, especialmente do seu pai ó que presta todo tipo de servicios.

É protector dos camiños e guía de viaxeiros. É inxenioso e aventureiro. Inventa a lira e cámbialla a Apolo polo caduceo, un bastón no que se quedan enroscadas as serpes. Desde entón pasa a ser o atributo principal e fácilmente recoñecible deste deus.

Outro símbolo de Hermes é o "pétasos" o gorro con alas e as sandalias aladas, elementos que lle facilitan o vó. É tamén protector do comercio, inventa as pesas e medidas que se usan nel e outros instrumentos da vida cotiá dos gregos.

RUBENS. Mercurio. Escola flamenca. S. XVII

MERCURIO E ARGOS

Argos era un monstro que tiña cen ollos e que nunca durmía de todo, porque, mentras 50 ollos estaban pechados, os outros 50 estaban abertos. Era un gardián moi apreciado pola deusa Hera e, cando Argos morreu, Hera colocou os seus cen ollos na cola do pavo real, que era o seu animal emblemático.

Io era unha xoven de gran beleza da que se namorou Zeus. Cando Hera descubríu este amor, Zeus convirtíu a Io en vaca e sentíuse obrigado a regalarlla á deusa. Hera puxo a Io baixo a custodia de Argos, quen a levou por toda a terra, convertida en vaca, facéndoa sufrir moito. Por fin Zeus, compadecido, manda a Hermes, Mercurio para os romanos, que mate a Argos e libere a Io.

VELÁZQUEZ. Mercurio e Argos. Escola española. s. XVII

DIONISIO/BACO

Dioniso era fillo de Sémele e de Zeus. Sémele morreu porque Hera a convenceu para que pedise a Zeus o desexo de velo en todo o seu esplendor. Zeus fixo medrar ó fillo de ambos no seu muslo ata que foi o bastante forte para nacer.

É o deus do viño e dos sentimentos e vai acompañado por sátiros e bacantes que desfilaban bebendo e cantando.

Ensinou aos humanos o cultivo da vide, producto moi importante na antigüidade.

VELÁZQUEZ. Triunfo de Baco. Escola española. s.XVII

TIZIANO. Bacanal. Escola veneciana. S. XVI

DEUSESMENORES

AS PARCAS. GOYA. S. XIX

Son fillas de Zeus e da Titánide Temis, e polo tanto irmás das Horas. Son a personificación do destino que nin siquera os mesmos deuses poden transgredir sen poñer en perigo a orde do universo. Son seres aos que se soe colocar no mundo do Averno.

Son tres irmás chamadas Átropo, Cloto e Láquesis, e se adican a traballar un fio que é a vida de cada ser humano; unha fiaba o fio e era a que decidía as cuestións relacionadas co nacemento, outra facía un ovillo e era responsable da vida que ía a levar cada home, por fin a derradeira cortaba o fio e provocaba con elo o fin da vida e o paso ó mundo dos mortos.

AS TRES GRACIAS. RUBENS. S. XVII

Son fillas de Zeus e de Eurínome que a súa vez é filla do Titán Océano e de Temis. As veces son identificadas coas Horas e nese caso serían irmás das Parcas.

Deusas da beleza, xuventude e ledicía, habitan no Olimpo e alegran a vida e os banquetes dos deuses. Viven en compañía das Musas e pertencen ó séquito de Apolo. Acompañan con gusto a Atenea, Dioniso, Afrodita e Eros.

Son tres e chámanse Eufrósine, Talía e Áglae; soen aparecer núas e collidas polos ombreiros; unha delas está de costas e as outras dúas unha enfrente da outra; tócanse entre sí formando un corro.

HEROES

NACEMENTO DA VÍA LÁCTEA.

Segundo a lenda Hércules, o fillo de Zeus e de Alcmena, atopábase chorando de fame cando Zeus e a súa esposa Hera pasaron preto del. Hera ó ver un neno tan guapo chorando compadeceuse dél e dispuxose a darlle o peito. O pequeno Hércules faille dano ó mamar e Hera retira o peito, facendo que se derrame do peito o leite da deusa.

O leite que se derramou pola forza de Hércules, a pesar de ser tan pequeno, deu lugar no ceo á Vía Láctea, que significa precisamente "camiño de leite".

Creación da Vía Láctea. Rubens. Escola flamenca. S. XVII.

PERSEO E ANDRÓMEDA. RUBENS. S. XVII

Andrómeda, filla de Cefeo e de Casiopea, foi castigada a ser devorada por un monstro mariño enviado por Posidón, porque a súa nai ofendera ás Nereidas dicindo que era máis fermosa que elas.

Perseo atópaa cando volve de matar á Medusa, mata ó monstro mariño, libéraa, casan e despois de varias aventuras chega con ela á illa de Sérifos onde viven felices en compañía de Dánae.

HOMES

PROMETEO

Prometeo é fillo do Titán Japeto e curmá polo tanto de Zeus. Segundo uns creou os primeiros homes modelándoos con arxila, segundo outros era un simple benefactor da humanidade.

Unha vez que os homes ofreceron un boi a Zeus, él fixo dúas partes: unha parte tiña os trozos máis saborosos e agochounos na panza do animal, outra parte tiña os osos e cubríunos con apetitosa graxa. Zeus colleu a parte mala e castigou aos homes impedídolles o acceso ó lume.Na terra había fame e frío pola falta de lume e Prometeo roubou o lume na roda do Sol ou na fragua de Vulcano. Zeus neste caso impuxo un dobre castigo: encadeou a Prometeo no Caúcaso mentras un aguia lle comía polo día o fígado que se rexeneraba pola noite; en canto aos homes lles enviou un ser fermosísimo modelado con todas as perfeccións pero levando unha caixa que contiña todos os males, Pandora..

PROMETEO. COSSIERS. ESCOLA FLAMENCA. S. XVII

No cadro vemos ó Titán Prometeocorrendo polo Ceo despois de roubaró Sol, o lume, e disposto a levarlleloós homes para que puideran combatir o frío e cociñar os seus alimentos

HIPOMENES E ATALANTA.

Atalanta era filla de Esqueneo que só quería ter varóns e abandonouna ó nacer. Alimentouna unha osa, criárona uns cazadores e mantívose virxe adicándose á caza como a súa patrona Ártemis. Era moi veloz e ningún home era capaz de acadala.

Hipomenes deseaba o amor de Atalanta e coas mazás de ouro que lle dera Afrodita aceptou o reto. Durante a carreira, cada vez que Atalanta ía adelantalo, tiraba ó chan unha mazá que recollía Atalanta retrasando así a súa carreira e sendo, polo tanto, vencida. Atalanta cumpríu a súa palabra e casou con Hipomenes.

Ó cabo do tempo, durante unha cacería, os esposos saciaron a súa ansia de amor nun santuario de Cibeles (cousa absolutamente sacrílega) e foron convertidos en leóns. Dícese que desde entón arrastran o carro de Cibeles, que ten os corceis máis rápidos do mundo.

HIPOMENES E ATALANTA. GUIDO RENI. S. XVII

No cadro vemos en plena carreira a Hipomenes tirando ó chan unha das mazás de ouro que lle dera Afrodita. Atalanta, sexa por amor ou por codicia, agáchase para recollela perdendo a carreira.

AQUILES DESCUBERTO POR ULISES. RUBENS. S. XVII

RAPTO DE GANÍMEDES. RUBENS. XVII

SÍSIFO. TIZIANO. S. XVI