manuel cabaleiro goás · mestre. outros destacables traballos, como “problemas actuales de las...

9
ÁLBUM DA CIENCIA: A elaboración desta nova versión do Álbum da Ciencia supón un esforzo investigador e divulgativo dun amplo equipo de especialistas. A dirección foi encomendada a Xosé A. Fraga Vázquez, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello, quen contou coa colaboración do coordinador desa Sección, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, na codirección, e de Alfonso Mato na coordinación e redacción. Manuel Cabaleiro Goás Psiquiatra e antropólogo médico, figura clave na asistencia psiquiátrica pública ourensá e galega Nacemento:A Coruña 1918. Falecemento: Ourense 1977 Autor/a da biografía: Ponte Hernando, Fernando; Simón Lorda, David; González Castroagudín, Sonia Data de alta: 22/03/2014 Ámbitos de ocupación: Medicina / Psiquiatría / Quen sería xunto co seu mestre José Pérez López-Villamil, un dos máis destacados psiquiatras do século XX galego, veu ó mundo na Coruña, o día de Reis de 1918, ano da terrible pandemia gripal e do fin da I Guerra Mundial, a Grande Guerra, o conflito máis sanguento e custoso de toda a historia, en vidas e bens, ata ese momento. Bautizado como Manuel María Eulogio Justo Gaspar Cabaleiro Goás, era fillo de Manuel Cabaleiro Otero, de Muras, provincia de Lugo, e de María Goás Latas, de Mondoñedo. Tamén tiña ascendencia lucense por parte dos seus avós maternos que eran de Vilalba e Outeiro de Rei.

Upload: duonglien

Post on 05-Oct-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Manuel Cabaleiro Goás · mestre. Outros destacables traballos, como “Problemas actuales de las psicosis esquizofrénicas”,

ÁLBUM DA CIENCIA:

A elaboración desta nova versión do Álbum da Ciencia supón un esforzo investigador e divulgativo dun amplo equipo de

especialistas. A dirección foi encomendada a Xosé A. Fraga Vázquez, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello,

quen contou coa colaboración do coordinador desa Sección, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, na codirección, e de Alfonso Mato na

coordinación e redacción.

Manuel Cabaleiro

GoásPsiquiatra e antropólogo

médico, figura clave na

asistencia psiquiátrica pública

ourensá e galegaNacemento:A Coruña 1918. Falecemento: Ourense 1977

Autor/a da biografía: Ponte Hernando, Fernando; Simón

Lorda, David; González Castroagudín, Sonia

Data de alta: 22/03/2014

Ámbitos de ocupación: Medicina / Psiquiatría /

Quen sería xunto co seu mestre José Pérez López-Villamil, un dos máis destacados psiquiatras do século

XX galego, veu ó mundo na Coruña, o día de Reis de 1918, ano da terrible pandemia gripal e do fin da I

Guerra Mundial, a Grande Guerra, o conflito máis sanguento e custoso de toda a historia, en vidas e bens,

ata ese momento. Bautizado como Manuel María Eulogio Justo Gaspar Cabaleiro Goás, era fillo de

Manuel Cabaleiro Otero, de Muras, provincia de Lugo, e de María Goás Latas, de Mondoñedo. Tamén tiña

ascendencia lucense por parte dos seus avós maternos que eran de Vilalba e Outeiro de Rei.

Page 2: Manuel Cabaleiro Goás · mestre. Outros destacables traballos, como “Problemas actuales de las psicosis esquizofrénicas”,

Formación médica

Logo de cursar o bacharelato no Instituto da Coruña (o título foi expedido o 10 de decembro de 1934),

comezou a carreira de Medicina na Facultade compostelá en 1934-35. Realizou con normalidade os dous

primeiros anos, sen angustias nin grandes triunfos académicos. O inicio da Guerra Civil ao final do

segundo curso, supuxo un paréntese nos seus estudos. Rematada a contenda, fixo uns cursiños

acelerados co ánimo de recuperar o tempo perdido. Tanto foi así que, só en 1939-40, cursou nada menos

que 14 materias entre xuño e setembro. Continuou outros dous anos escolares, cun maior sosego, e obtivo

o grao de Licenciado, con sobresaínte, o 25 de febreiro de 1942, tras desenvolver no exercicio de grao os

temas: 1.- Indicacións terapéuticas para o tratamento da insuficiencia cardíaca; 2.- Síntomas da apendicite

nas súas distintas formas, estudados paralelamente a evolución das súas lesións anatómicas.

Nos últimos cursos foi alumno interno numerario por oposición de Medicina Legal, materia na que naquela

época acostumaban a encadrarse un escaso número de leccións de índole psiquiátrica, máis ben

relacionadas coa actividade forense. Nesta situación formouse en Neuroloxía e Psiquiatría co seu mestre

Villamil, tamén no Sanatorio San José, centro privado que este tiña en Vigo. Asi mesmo, estivo un tempo

ampliando estudos na cátedra de Psiquiatría de Madrid con López Ibor.

En 1941 e 1942, José Pérez López-Villamil publicou en Santiago, en dous tomos, o seu Manual de

Psiquiatría (Editorial Compostela). No seu prólogo, el mesmo manifesta a súa adhesión á Escola

Histolóxica Española, especialmente meritoria nos estudos neurohistolóxicos de Cajal e os seus

discípulos, a pesares de que, segundo di, nese momento o estado desta ciencia non podía aínda aportar

moito ó coñecemento da enfermidade mental. Por outra parte, Villamil mostra o seu recoñecemento á

Escola Psiquiátrica Barcelonesa do profesor Mira quen, continuado polo Dr. Sarró: «Se orienta hacia la

hipótesis de fundamentación psicológica primordial». Finalmente, deposita as súas esperanzas na cátedra

de Psiquiatría de doutorado que rexenta en Madrid López Ibor: «Y en el y su obra tenemos puestos

nuestros afanes y entusiasmos, cuantos en las distintas escuelas de Medicina española esperamos el

momento en que sea realidad la enseñanza de las enfermedades mentales, como asignatura

independiente». Así estaban as cousas por aquel entón.

Manuel Cabaleiro obtivo o grao de doutor, con sobresaínte, na Universidade de Madrid, o 2 de setembro

de 1953, coa tese: La Psiquiatría en la Medicina Popular de Galicia, dirixida por Pedro Laín Entralgo e

baseada na multitude de historias clínicas de pacientes da súa consulta, fundamentalmente do mundo

rural, na liña de interese -sen dúbida baixo a influencia de Laín- polos temas antropolóxicos que mantería

toda a súa vida. Por este motivo, o doutor Emilio González, non sen razón, achacáballe que, en dita tese,

facía ciencia, pero ciencia antropolóxica.

Exercicio profesional: A Psiquiatría de Cabaleiro

Xa nos tempos previos á Guerra Civil, Cabaleiro coñecera a Nicandro Pérez Vázquez, quen sería o seu

socio e compañeiro durante moitos anos. Nicandro Pérez (1907-2000) era médico e militante das

Xuventudes de Acción Popular, integradas na dereitista CEDA (Confederación Española de Dereitas

Autónomas), comandada polo exministro José María Gil Robles.

Page 3: Manuel Cabaleiro Goás · mestre. Outros destacables traballos, como “Problemas actuales de las psicosis esquizofrénicas”,

Ámbolos dous participaron activamente, en 1935, en mitins en zonas rurais e mariñeiras próximas a

Santiago, nomeando Nicandro Pérez a Cabaleiro secretario da zoa Norte. Permaneceron xuntos durante a

contenda civil e chegaron a participar activamente na retagarda do conflito, na fronte de Madrid, Nicandro

Pérez como tenente médico e Cabaleiro como enfermeiro da súa compañía. Logo de rematar a contenda,

en 1943, abrirán a primeira clínica psiquiátrica de Ourense.

O sanatorio psiquiátrico privado de Cabaleiro e Nicandro Pérez foi o centro de Hospitalización e consulta

psiquiátrica máis importante na provincia ourensá dende 1943 a 1959, e en moitos aspectos pioneiro e de

referencia, non só para Ourense senón para toda Galicia. Podemos encadrar a Cabaleiro e Nicandro

Péreza dentro da psiquiatría española da posguerra, situados ideoloxicamente na dereita católica, cun

enfoque bioloxicista na práctica (insulinoterapia, electrochoque, electronarcosis, sumación alternante

coramina-electrochoque, sumación alternante insulina- electronarcosis) e orientación teórica

fenomenóloxica-antropolóxica. Os dous foron debedores da “tutela científica” e doutrinal das figuras

dominantes do panorama psiquiátrico e da intelectualidade franquista da época, principalmente de López

Ibor e de Laín Entralgo.

Durante o primeiro franquismo, dende 1943 a 1959, tivo lugar o afianzamento profesional de Cabaleiro

como clínico e publicista. Ademais de prestixio, a clínica produciulles, tanto a el como a Nicandro Pérez,

importantes beneficios económicos o que, non cabe dúbida, permitiulle un máis cómodo desenvolvemento

da súa carreira científica que, como veremos, foi, ó menos no aspecto académico, bastante accidentada,

por causas alleas á vontade de Cabaleiro.

O Hospital Psiquiátrico de Toén (Ourense), inaugurado a iniciativa do Patronato Nacional de Asistencia

Psiquiátrica (PANAP), e que dirixirá Cabaleiro dende a súa apertura no verán de 1959 ata a súa morte en

1977, supuxo a primeira intervención na asistencia psiquiátrica hospitalaria pública en Galicia, planificada

dende a competencia do Estado central franquista. Foi un hospital de 150 camas, exclusivamente para

homes, e con perfil de enfermos rehabilitables. Cabaleiro coñecía de primeira man o funcionamento e

actividade de diferentes centros psiquiátricos europeos xa que entre 1954 e 1961, realizou estancias de

varios meses en Francia, Suíza e Alemaña, visitando Sainte-Anne, con Delay, Charenton, con Henri Baruk,

Bonneval, con Henri Ey, ou o Centro de Tratamento e Readaptación en Neully-Sur-Marne, dirixido por Paul

Sivadon.

Cabaleiro foi un autor moi aberto ó pensamento das diferentes correntes, tanto asistenciais como filosófico

políticas, da psiquiatría e da sociedade do tempo que lle tocou vivir. A súa obra máis destacada foron os

dous voluminosos tomos titulados Temas Psiquiátricos (1959,1963). O primeiro, Cuestiones Generales y

direcciones de investigación, foi prologado por Pedro Laín Entralgo en forma de carta, na que Laín, que,

non esquezamos, era psiquiatra (aínda cando el mesmo recoñece: «Haber perdido hace no pocos años mi

contacto con el curso vivo y diario del saber psiquiátrico y en mi actividad de historiador de la medicina

nunca he pasado de contornear la historia interna de ese saber»), felicítao tanto por «Su gran talento, su

generosidad intelectual y su entusiasta dedicación al trabajo de cada día», como por «El valor intrínseco

de este imponente volumen, testimonio insigne del nivel alcanzado por la psiquiatría española y muestra

fehaciente de cómo la calma habitual y la aparente lejanía de una capital de provincia no se oponen a la

posesión de una información científica tan alertada, puntual y discriminadora como la que puede brindar el

centro de trabajo más abastecido». O segundo tomo da obra, Cuestiones psicopatológicas generales, está

Page 4: Manuel Cabaleiro Goás · mestre. Outros destacables traballos, como “Problemas actuales de las psicosis esquizofrénicas”,

dedicado a Laín Entralgo con estas palabras: «Al Prof. Dr. Pedro Laín Entralgo, excepcional maestro,

eximio humanista y gran pensador de la España de hoy, que sabe hacer de la amistad -a la que ha

dedicado algunas de sus más bellas páginas- un auténtico “amor de coefusión”». O tomo segundo foi

prologado por Juan José López Ibor, que lle dedicou palabras non menos eloxiosas que as de Laín,

cualificando esta obra como «empresa gigantesca», e afirmando que neste volume «se muerden, por así

decirlo, las nueces más duras de la Psiquiatría, los problemas Psicopatológicos».

Para Cabaleiro non existen os cadros clínicos senón os homes afectados por estes cadros. Baixa da

xeneralización nosolóxica ó «home enfermo». Os modos persoais do enfermar humano, intimamente

relacionados con ideas, crenzas e situacións persoais de toda índole e matiz, foron unha gran

preocupación do seu mestre Laín que neste punto deixa notar claramente a súa influencia no pensamento

de Cabaleiro.

Dedica Cabaleiro a maior parte dos seus traballos o análise e comprensión do «home-esquizofrénico», e

así o indican moitos dos títulos dos seus libros e monografías, por exemplo: Psicosis Esquizofrénicas,

publicada ós sete anos de obter a súa licenciatura en Medicina e con prólogo do profesor José Pérez

Villamil, con quen iniciou a súa formación como neuropsiquiatra e ó que sempre recoñeceu como o seu

mestre. Outros destacables traballos, como “Problemas actuales de las psicosis esquizofrénicas”,

“Esquizofrenias pseudoneuróticas” ou “Concepto y delimitación de las psicosis esquizofrénicas”, dan conta

da súa inquietude para esta enfermidade.

Pese a estar situado no marco espacial dunha periferia (o Ourense provinciano dos anos 1943-1975),

Cabaleiro Goás vai a publicar un gran número de obras de revisión e compilación baseadas sempre na

súa práctica clínica (fundamentalmente a nivel privado), cunha especial predilección polas psicoses

endóxenas, os delirios, a esquizofrenia... e que en palabras de Berrios fixérono figurar como un dos

integrantes da «Xeración perdida» da psiquiatría española, compartindo cartel con Lafora, Sacristán,

Martín Santos, Valenciano... Fronte a outros autores, é destacable a ausencia dun discurso de exaltación

nacional no seus escritos e a actitude respectuosa cara o paciente, case sempre citado como home-

enfermo. Así mesmo, e de modo particularmente significativo, a reivindicación das outras figuras da

psiquiatría española, condenadas á censura e ó ouvido trala contenda da guerra civil.

Docencia

Segundo consta no seu expediente persoal, ós poucos días de licenciarse, o 14 de marzo de 1942, foi

nomeado axudante de clases prácticas de Medicina Legal, cesando en setembro do mesmo ano. Volveu

ser contratado en idéntica situación do 14 de novembro de 1942 ó 30 de setembro do 1943.

Posteriormente, e tras un longo período, figura como axudante de clases prácticas, xa de Psiquiatría, o 6

de novembro de 1954, tomando posesión o 8 do mesmo mes.

Villamil xubilouse voluntariamente en 1971 co ánimo de que a cátedra de Psiquiatría fora para Cabaleiro.

Os dous crían que contaban co apoio de López Ibor no tribunal de oposicións, pero resulta non ser así.

Contoullo o propio Villamil ó doutor Tiburcio Angosto, como López Ibor non cumpriu coa palabra dada de

apoiar a Cabaleiro que, segundo o seu mestre, estivo nas dúas oposicións «fantásticamente bien». Villamil

doíase de que López Ibor, que lle debía a el a cátedra en boa parte, lle houbera fallado co seu discípulo. A

Page 5: Manuel Cabaleiro Goás · mestre. Outros destacables traballos, como “Problemas actuales de las psicosis esquizofrénicas”,

primeira vez que Cabaleiro opositou, a cátedra foi para o profesor Rojo Sierra, que en poucos días

marchouse de Santiago. A segunda vez, foi para o profesor Obiols Vié, gañando Alonso Fernández, da

Coruña, a de Sevilla. Isto ocasionaba, ademais da natural decepción, un continuo e deprimente cambio na

situación administrativa de Cabaleiro, que pasaba de ser profesor encargado de cátedra a adxunto, unha e

outra vez, como reflexa a folla de servizos do seu expediente. Esta situación deu ó traste co seu ánimo e

posiblemente coa súa mesma saúde e vida, segundo os seus achegados.

A Academia Médico-Cirúrxica de Ourense

Cabaleiro, preocupado permanentemente pola formación e actualización científica dos médicos, en xaneiro

de 1960, foi o impulsor da creación da Academia Médico-Cirúrxica ourensá, e o seu primeiro presidente,

reelixido en sucesivas ocasións ata 1974. Ó longo de case 20 anos, entre o ano 1960 e ata o seu

falecemento en 1977, preocupouse por acercar a psiquiatría ó resto de especialidades a través de

numerosas intervencións en forma de cursos ou conferencias.

Viaxes a Hispanoamérica

Foron tamén moi significativas as relacións establecidas por Cabaleiro coa psiquiatría portuguesa e de

ultramar -que o converteron nunha ponte excepcional ante o mundo do exilio representado por figuras da

psiquiatría como Emilio Mira-, faceta na que obtivo un importante recoñecemento na psiquiatría lusa e

hispanoamericana, e un notable silencio por parte da psiquiatría oficial española.

Entre 1962 e en 1973, o psiquiatra ourensán realizou diferentes viaxes por Hispanoamérica. En Maio de

1963, atendendo ás invitacións que lle fixeran os profesores das cátedras universitarias de psiquiatría de

Brasil, invitado por Emilio Mira e a Liga Arxentina de Hixiene Mental, así como diferentes organismos

psiquiátricos e culturais de Arxentina, emprendeu unha xira de conferencias por ditos países e por

Paraguai. Ó longo de dous meses impartiu cincuenta conferencias, tres coloquios, tres mesas redondas e

unha sesión clínica, a través do patrocinio do Instituto de Cultura Hispánica. Cabaleiro visitou a Mira en

Brasil e nunha carta publicada na revista arxentina Acta (1968) realizou unha auténtica homenaxe á figura

de Mira, expresando a súa profunda admiración pola súa obra e persoa, que antecede nuns anos á tardía

homenaxe que se lle fixo a Emilio Mira en Barcelona, e na que tamén participou Cabaleiro.

En Arxentina, contactou con diferentes institucións universitarias e asistenciais, entre elas o Centro Galego

de Bos Aires, A Plata, Rosario, o Hospital Español, e Córdoba, onde coñeceu a psiquiatras do renome de

García Badaracco, Pichon-Riviére, aumentando o seu prestixio en toda Hispanoamérica. En Paraguai

visitou a cátedra de Psiquiatría, o Instituto de Cultura Hispánica, o Hospital de Alienados, e interveu nunha

mesa redonda da Sociedade de Psiquiatría e Neuroloxía de Paraguai.

O Instituto de Cultura Hispánica, ante as informacións recibidas sobre a frutífera actuación nestes países

iberoamericanos, felicitou efusivamente ó conferenciante e propúxolle a realización dunha nova xira de

conferencias no ano 1964 por Perú, Chile, Colombia e Ecuador. Ademais, ante as solicitudes que

chegaban ó Instituto de Cultura e ó Hospital de Toén, propuxeron dotar ó Instituto de tres bolsas para que

médicos posgraduados nos anos 1964-5 puidesen facer unha estancia con Cabaleiro en Toén para

formarse en psiquiatría.

Page 6: Manuel Cabaleiro Goás · mestre. Outros destacables traballos, como “Problemas actuales de las psicosis esquizofrénicas”,

En 1973 volveu a viaxar a Hispanoamérica, a Brasil. Impartiu un curso sobre “Metodoloxía psiquiátrica

(Investigación e clínica)” no Instituto de Psiquiatría da Universidade Federal de Río de Xaneiro, dirixida

polo profesor Leme Lopes. Esta xira a Hispanoamérica tamén foi patrocinada polo Instituto de Cultura

Hispánica e pola Dirección Xeral de Relacións Culturais do Ministerio español de Asuntos Exteriores. O

texto completo deste curso, que ía publicar a Editorial Paz Montalvo, quedou inédito.

Participación en asociacións científicas e conflitos na psiquiatría do tardo franquismo

Entre 1962 e 1967, Cabaleiro foi vicepresidente da Asociación Española de Neuropsiquiatría (AEN), a

sociedade científica do campo da psiquiatría de mais antigüidade en España (fundada en 1924). Nos

enfrontamentos xurdidos no seo da AEN entre 1971 e 1973, e xa en plenas polémicas polas reformas

psiquiátricas e as loitas antifranquistas, Cabaleiro Goás, xunto con Luis Valenciano, fixo de “ponte” coas

xeracións de psiquiatras renovadores e pronunciouse publicamente a favor deles ante algún dos conflitos

da época, como o do Hospital de Asturias.

Cabaleiro, a figura máis importante da psiquiatría galega da segunda metade do século XX, foi un dos

poucos cunha voz propia na psiquiatría española da posguerra. Xestionou boa parte da historia da

asistencia psiquiátrica ourensá moderna, integrándoa nun proxecto psiquiátrico de carácter

fenomenolóxico e antropolóxico que trataba de servir como instrumento para unha mellor comprensión do

home enfermo.

Ideas e crenzas

O seu pensamento antropocéntrico, nada estraño en quen se definía como un psiquiatra católico,

confirmouno plenamente o propio Cabaleiro en traballos como “El camino hacia una psiquiatría

antropológica” (Discurso inaugural do curso 1973 da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e

Asturias), “La angustia del hombre de hoy” ou “La psicopatología de las relaciones interpersonales”

(discurso de ingreso na citada corporación académica en 1963).

Cabaleiro tamén fixo unha incursión na Patobiografía -xénero que fora xenialmente fundado por Marañón,

cos seus célebres traballos sobre Tiberio, Enrique IV, Antonio Pérez ou o Conde-Duque de Olivares- coa

súa obra “Werther, Michkin y Joaquín Monegro vistos por un psiquiatra: trilogía patográfica”. Por outra

parte, resulta lóxico en alguén que como Cabaleiro fixera a súa tese doutoral baixo a dirección de Laín

Entralgo, recoñecido sabio que mantivo na cerna do seu pensamento o feito do home e os seus modos de

enfermar.

En suma, a medicina antropolóxica, influenciado polo seu íntimo Zubiri e a escola da medicina

psicosomática de Ludolf von Krehl e, sobre todo, do seu discípulo Viktor von Weizsaecker, tan en boga

naqueles momentos en España, da man de Rof Carballo, a súa vez discípulo de Marañón e Nóvoa Santos.

En canto a este último, como tratadistas e admiradores da súa obra, temos o pracer de destacar a gran

interpretación do pensamento de Nóvoa Santos que fixo Cabaleiro na súa magnífica conferencia “Un

médico humanista: Roberto Nóvoa Santos”, que ditou en tres ocasións, en 1961, no Centro Galego de

Madrid, e en 1963, por dúas veces, na súa viaxe a Hispanoamérica, no Centro Galego de Bos Aires e na

cátedra de Medicina Legal da Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina).

Page 7: Manuel Cabaleiro Goás · mestre. Outros destacables traballos, como “Problemas actuales de las psicosis esquizofrénicas”,

Bibliografía:

Fontes documentais:

Manuel Cabaleiro Goás, Arquivo Histórica da Universidade de Santiago, Leg. 168, Expte. 25.

Fontes impresas:

CABALEIRO GOÁS, M. (1951): Estudio psicológico de D. Miguel de Unamuno, Posío, 1.

CABALEIRO GOÁS, M. (1964): La psicopatología de las relaciones interpersonales: discurso para la

recepción pública del académico electo, D. Manuel Cabaleiro Goás, leído el día 8 de febrero de 1963,

Santiago: Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia y Asturias.

CABALEIRO GOÁS, M. (1964): La angustia del hombre de hoy Madrid. Separata de Papeles de Son

Armadans, 94: 11-38.

CABALEIRO GOÁS, M. (1965): Un médico humanista: Roberto Nóvoa Santos, Asclepio, Archivo

Iberoamericano de Historia de la medicina y Antropología Médica, XVII: 69-94.

CABALEIRO GOÁS, M. (1970): Algunas bases exigitivas para la investigación clínica psicofarmacológica y

otros aspectos de ella, I Reunión sobre metodología de la investigación psicofarmacológica, Barcelona; p.

27-30.

CABALEIRO GOÁS, M. (1973): El Camino hacia una Psiquiatría Antropológica, Real Academia Oficial de

Medicina y Cirugía. A Coruña. Sesión Inaugural del Curso, A Coruña: Real Academia Oficial de Medicina y

Cirugía; p. 17-42.

CABALEIRO GOÁS, M. (1997): Obras Completas.Temas Psiquiátricos, Santiago de Compostela:

Asociación Gallega de Psiquiatría. Colección de Psiquiatría clásica galega. 2 vol.

CABALEIRO GOÁS, M. (1998): La Psiquiatría en la Medicina Popular gallega (Tese doutoral), Santiago de

Compostela: Asociación Gallega de Psiquiatría. Colección de Psiquiatría clásica galega.

Bibliografía secundaria:

ANGOSTO SAURA, T. (1985): D. José Pérez López-Villamil o la pasión por el recuerdo, Revista de la

Asociación Española de Neuropsiquiatría, V, 15: 484-492.

COUCEIRO FREIJOMIL, A. (1951): Diccionario Bio-Bibliográfico de Escritores, Santiago de Compostela:

Page 8: Manuel Cabaleiro Goás · mestre. Outros destacables traballos, como “Problemas actuales de las psicosis esquizofrénicas”,

Ed. Bibliófilos Gallegos; Vol I., p. 185.

JORES, A. (1961): El Hombre y su enfermedad: Fundamentos de una Medicina Antropológica, Barcelona:

Ed. Labor.

LAÍN ENTRALGO, P. (1968): El Estado de Enfermedad: Esbozo de un capítulo de una posible

Antropología Médica, Madrid: Ed. Moneda y Crédito.

LAÍN ENTRALGO, P. (1997): Carta-Prólogo al Dr. Cabaleiro Goás, Temas Psiquiátricos, M. Cabaleiro

Goás, Lugo: Asociación Galega de Psiquiatría; T. I., p. XVII-XIX.

ORRINGER, N.R. (1997): La Aventura de curar: La antropología médica de Pedro Laín Entralgo,

Barcelona: Galaxia Gutenberg.

PÉREZ LÓPEZ-VILLAMIL, J. (1941): Prólogo, Manual de Psiquiatría, M. Cabaleiro Goás, Santiago de

Compostela: Editorial Compostela; T .I., p. 5-6.

PONTE HERNANDO, F; REGO LIJÓ, I. (2012): La Locura y el bisturí: I Centenario de don Timoteo

Sánchez Feire, Santiago de Compostela: Seminario Mayor Compostelano, Universidade de Santiago,

Asociación Cultural Rocha Forte.

ROF CARBALLO, J. (1955): Patología Psicosomática, Madrid: Ed. Paz Montalvo.

ROF CARBALLO, J. (1952): Cerebro Interno y Mundo Emocional, Barcelona:. Ed. Labor.

SIMÓN LORDA, D; GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, E. (1997): Una visión de la Asistencia psiquiátrica gallega

en el siglo XX: Manuel Cabaleiro Goás, Revista de la Asociación Española de Neuropsiquiatría, 17, 62:

305-310.

SIMÓN LORDA, D; FERRER I BALSEBRE, L. (1999b): Asistencia psiquiátrica en el primer franquismo:

Ourense (1939-1959), Anales de Psiquiatría, 15, 5: 202-222.

SIMÓN LORDA, D. (2005): Locura, Medicina y Sociedad: Ourense (1875-1975), Ourense: Fundación

Cabaleiro Goás, Complexo Hospitalario de Ourense, Xunta de Galicia.

WEIZSAECKER, Victor von. (1946): Problemas clínicos de Medicina Psicosomática, Barcelona: Ed. Pubul.

WEIZSAECKER, Victor von. (1956): El Hombre Enfermo: una introducción a la Antropología Médica,

Barcelona: Ed. L. Miracle.

Como citar esta páxina:

Page 9: Manuel Cabaleiro Goás · mestre. Outros destacables traballos, como “Problemas actuales de las psicosis esquizofrénicas”,

Ponte Hernando, Fernando; Simón Lorda, David; González Castroagudín, Sonia ([2014], “Manuel Cabaleiro Goás”, en

Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 15/10/2014] [URL:

http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=508

Máis información e materiales complementarios en

http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=508

Un proxecto do

Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º andar

15705 Santiago - A Coruña

Tel.: +34 981957202