manuel aramburu nÚÑez - museo.depo.gal · manolo torres, laxeiro ou pesqueira, artistas estes...

3
MANUEL ARAMBURU NÚÑEZ Manuel Aramburu Núñez naceu o 10 de abril de 1936 en León, de pais galegos. Iniciou a súa aprendizaxe no mundo da pintura en Pontevedra, cidade á que con motivo da guerra civil tivo que trasladarse a súa familia pouco tempo despois do seu nacemento. É un dos grandes mestres da pintura actual e pertence á chamada xeración de vangardas e silencios, da que forma parte un grupo de artistas que desenvolveron a súa actividade creativa a partir da posguerra española, posterior, por tanto, a artistas como Manuel Colmeiro ou Laxeiro e anterior á nova escola artística galega, iniciada quizás a partir da experiencia Atlántica nos anos 80. Realizou exposicións individuais en España, Suecia, Alemaña, Holanda e Portugal. Maternidad, 1954 Óleo/lenzo. 81 x 65 cm Colección Mari Guillán Fajardo

Upload: others

Post on 14-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MANUEL ARAMBURU NÚÑEZ - museo.depo.gal · Manolo Torres, Laxeiro ou Pesqueira, artistas estes últimos cos que Aramburu tivo moito contacto, nalgún caso unha gran amizade e respecto

MANUEL ARAMBURU NÚÑEZ

Manuel Aramburu Núñez naceu o 10 de abril de 1936 en León, de pais galegos.

Iniciou a súa aprendizaxe no mundo da pintura en Pontevedra, cidade á que con

motivo da guerra civil tivo que trasladarse a súa familia pouco tempo despois do seu

nacemento. É un dos grandes mestres da pintura actual e pertence á chamada

xeración de vangardas e silencios, da que forma parte un grupo de artistas que

desenvolveron a súa actividade creativa a partir da posguerra española, posterior, por

tanto, a artistas como Manuel Colmeiro ou Laxeiro e anterior á nova escola artística

galega, iniciada quizás a partir da experiencia Atlántica nos anos 80. Realizou

exposicións individuais en España, Suecia, Alemaña, Holanda e Portugal.

Maternidad, 1954 Óleo/lenzo. 81 x 65 cm

Colección Mari Guillán Fajardo

Page 2: MANUEL ARAMBURU NÚÑEZ - museo.depo.gal · Manolo Torres, Laxeiro ou Pesqueira, artistas estes últimos cos que Aramburu tivo moito contacto, nalgún caso unha gran amizade e respecto

Na súa etapa de aprendizaxe é influído polos artistas galegos das xeracións

inmediatamente anteriores, como Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Luis Seoane,

Manolo Torres, Laxeiro ou Pesqueira, artistas estes últimos cos que Aramburu tivo

moito contacto, nalgún caso unha gran amizade e respecto mutuo, así como polos

impresionistas e postimpresionistas do s. XIX, especialmente Paul Cézanne ou Van

Gogh.

Barcos, 1953

Óleo/táboa. 50 x 61 cm Colección Mari Guillán Fajardo

O Paraño, 1968 Óleo/lenzo. 81 x 100 cm

Colección familia Domínguez Fernández

Page 3: MANUEL ARAMBURU NÚÑEZ - museo.depo.gal · Manolo Torres, Laxeiro ou Pesqueira, artistas estes últimos cos que Aramburu tivo moito contacto, nalgún caso unha gran amizade e respecto

No período comprendido entre 1971 e 1975, na pintura de Aramburu

encóntrase o tema recorrente dos montes do Paraño, que pasa a formar parte das

coleccións de distintos museos, sendo por eles recoñecido en publicacións nacionais

como representación da moderna pintura española.

No ano 1975 presenta na Bienal

Nacional de Arte de Pontevedra a súa obra

Desguace, que obtén a medalla de ouro

(posteriormente obtería a de bronce na

Bienal Internacional), iniciando a súa etapa

de Hierros, que marca a temática da súa obra

ata a actualidade.

Desguace, 1975

Óleo/lenzo. 162 x 130 cm Museo de Pontevedra. Depósito Deputación de

Pontevedra

Unha constante ó longo de toda a súa traxectoria é a súa faceta de xenial

retratista, estudoso de mestres como Velázquez, Goya ou Sotomayor, que o levan a

aceptar o encargo de retratar en diversas ocasións a Don Juan Carlos I, Rei de España,

e a Don Felipe de Borbón, Príncipe de Asturias, e a realizar a galería de retratos da

Escuela Naval Militar de Marín (Pontevedra) ou dos decanos da Facultade de Dereito

da Universidade de Santiago de Compostela.

Aramburu no seu estudio