manual de usuario - ciug.galciug.gal/pdf/nerta-manualcentrosconxadex2009.pdf · manual de usuario...

11
Aplicación para a xestión do acceso ao Sistema Universitario de Galicia Manual de usuario Centros de secundaria con xade

Upload: phamnhu

Post on 12-Oct-2018

253 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Aplicación para a xestión do acceso aoSistema Universitario de Galicia

Manual de usuario

Centros de secundaria con xade

2 Versión: 20/05/2009

Acceso á aplicación

Accédese á aplicación a través dun navegador web. Na barra de direccións, situada na partesuperior da pantalla, introducimos o enderezo http://www.edu.xunta.es/nerta e a continuaciónprememos a tecla Enter. Tamén hai un enlace no portal educativo da Consellería de Educacióne Ordenación Universitaria (consellería), na sección ‘Centros’.

Prememos Entrar na parte superior dereita, na nova pantalla que se abre, introducimos o nomede usuario e o contrasinal. Para identificarse como usuario é necesario posuír unha conta decorreo electrónico da consellería [email protected],.

Unha vez identificado o usuario, aparece o seu nome na parte superior esquerda da pantalla,así como o menú da aplicación que varía en función do mesmo.

Cada opción que se seleccione dará acceso a outra liña de submenú.

Nota: Por motivos de seguridade, se transcorre moito tempo sen empregar a aplicación, seránecesario identificarse de novo.

Usuarios

A consellería designará como usuario inicial da aplicación en cada centro ao seu director, eserán estes, a través da aplicación, os encargados de designar aos usuarios do seu centro.

Os usuarios asígnanse en ‘Mantemento-Usuarios’ da seguinte maneira:

No recadro ‘Alta’ introdúcese o número do documento de identidade da persoa que sepretende designar como usuaria.

Prememos o botón ‘Buscar’ e aparece o seu nome de ‘Usuario’ e os seus ‘Apelidos enome’.

Prememos o botón ‘Engadir’ e o usuario aparecerá na listaxe do cadro ‘Resultados’.Activando o recadro de verificación ‘Supervisor’ permítese a este usuario asignar novosusuarios.

Para eliminar un usuario prememos o botón ‘Eliminar’ do usuario na columna ‘Operación’

3 Versión: 20/05/2009

Inicio

Páxina de benvida da aplicación na que se indican cales son as funcións da aplicación.

Alumnado

Neste apartado visualizamos e/ou modificamos os datos: persoais, académicos dos estudos deacceso e expedientes de PAAU, tamén se traspasan os datos dende a aplicación xade.

A opción de menú ‘Alumnado’ dará acceso ao submenú: ‘Datos’ ou ‘Traspaso de datos xade’

Datos

A busca de alumnos realizámola a través do documento de identidade e/ou dos apelidos e onome

Premendo na opción ‘Ver’ da columna ‘Operación’ accedemos a unha pantalla con dúas fichas,na que vemos e/ou modificamos os datos persoais e académicos do alumno.

Datos persoais

Os datos están agrupados por apartados e cos seguintes datos:

Alumno/a: documento de identidade, nome, apelidos e sexo.

Contacto: teléfono móbil e a dirección de correo electrónico para transmitir información aoalumno.

Residencia: país, provincia, concello, localidade, enderezo, código postal e teléfono.

Nacemento: país, provincia, concello, data de nacemento e nacionalidade.

Os recadros de verificación ‘Residente en Galicia’ e ‘Nacemento en Galicia’ permiten, parafacilitar a selección, que nos campos de ‘Provincia’ só aparezan as provincias de Galicia. Paraos alumnos residentes e/ou nacidos en España son obrigatorios os campos de concello eprovincia.

4 Versión: 20/05/2009

Datos académicos

Na ficha de datos académicos, no recadro ‘Ensinanzas de acceso’ (parte inferior), visualizamosas ensinanzas de acceso superadas polo alumno.

Se a columna ‘Estado’ ten o valor ‘Confirmada’ quere dicir que se engadiron todos os datosdesa ensinanza.

No caso de que se produza algunha modificación nas cualificacións de xade, premendo en‘Traspasar xade’ da columna ‘Expediente’ traspasamos de novo os datos académicos daensinanza de acceso.

Premendo nunha das opcións da columna ‘Ensinanzas de acceso’ visualizamos, no recadrosuperior, información detallada desa ensinanza e das PAAU realizadas (se procede).

O botón permite xerar un impreso no que se detallan os datos persoais eacadémicos dos alumnos co obxecto de que este os comprobe.

Premendo o botón imos á pantalla de matrícula nas PAAU que se desenvolvennese momento, sempre que o alumno cumpra as condicións para concorrer a elas e amatrícula estea aberta.

Traspaso de datos XADE

Neste apartado traspásanse os datos persoais e/ou académicos dende a aplicación xade.

Traspaso individual

Introducir o DNI e/ou o código xade do alumno que se quere traspasar.

5 Versión: 20/05/2009

Ao premer ‘Buscar’ aparecerán os alumnos con DNI e/ou codigo xade introducidos que teñanalgún expediente en xade (poden aparecer varios alumnos co mesmo DNI e/ou código xade).Mostraranse os 'Apelidos e nome', 'DNI' e 'Codigo XADE' e unha última columna de'Operacións’ cun enlace 'Seleccionar' que permite seleccionar ao alumno a traspasar.

Se aparece unha mensaxe indicando que o DNI corresponde en nerta a un alumno, só se debeseleccionar ao alumno da listaxe co mesmo nome e apelidos. Se non se corresponde ningún,comunique a incidencia.

Ao premer ‘Seleccionar’ aparecerán o nome, o DNI e o código de xade do alumno, e un cadrocoas ensinanzas de acceso do alumno en nerta e/ou xade.

A columna ‘xade’ indícanos se esa ensinanza xa está traspasada de xade.

Premendo na opción ‘Traspasar’ da columna ‘Operación’ traspasamos os datos persoais e/ouacadémicos da ensinanza de acceso, e a columna ‘xade’ toma o valor ‘Traspasado’.

Co botón ‘Xerar informe prematrícula’ xeramos o informe de prematrícula para que o alumnocomprobe os seus datos.

O resultado dos traspasos pode visualizarse na opción ‘Alumnado-Datos’.

Traspaso masivo

O traspaso masivo ten que facerse despois de propoñer para título en xade a todos osalumnos, xa que este só se poderá facer unha vez, despois só se podería facer o traspasoindividual.

Premendo en ‘Importar’ do cadro ‘Traspaso masivo’ traspásanse os datos persoais eacadémicos dos alumnos de 2º de bacharelato do centro que se propuxeran para a obtencióndo título na convocatoria. A aplicación solicita o traspaso dos datos dende xade e esterealízase nun prazo de 15 minutos.

Premendo o botón ‘Actualizar páxina’ aparecerán os alumnos no cadro ‘Resumo do traspaso’cando o traspaso estea realizado.

6 Versión: 20/05/2009

Cando o DNI dun alumno xa estea en nerta, os datos non se traspasan e debe comunicar aincidencia antes de intentar traspasalo individualmente. Estes alumnos relaciónanse no cadro‘Avisos de traspaso’.

Os alumnos que non se traspasaron por algún motivo relaciónanse no cadro ‘Erros detraspaso’. Deberán corrixir en xade o que se indica na columna ‘Descrición’ e realizar amigración individual, ou comunicar a incidencia.

PAAU

Neste apartado xestiónanse as PAAU dun ano académico determinado.

A opción de menú ‘PAAU’ dará acceso aos submenús de: ‘Matrícula’, ‘Cualificacións’, e‘Informes’.

Nas pantallas dos submenús seleccionamos, a través de cadros de lista despregable, aconvocatoria das PAAU, por defecto aparecerá activa a que se celebre nese momento.Ademais podemos introducir outros filtros opcionais.

Matrícula

A busca de alumnos realízase a través do documento de identidade ou do nome. Ao premer‘Buscar’ devólvese unha listaxe cos alumnos que cumpren os criterios de busca.

Na listaxe, cada alumno terá un estado de matrícula:

Non matriculado: o alumno non formalizou a súa matrícula, visualízase información relativaá ensinanza de acceso. Pódese dar de alta a solicitude de matrícula PAAU. Despois degravar os datos o alumno pasa ao estado de matrícula ‘Solicitante’.

Solicitante: o alumno entregou a documentación pero non se lle asignou número deinscrición, pódese modificar a elección das materias obxecto de exame, xerar un impresode matrícula, eliminar a solicitude de matrícula PAAU (volvendo ao estado ‘Nonmatriculado’) ou volver a pantalla de busca. O número de inscrición xerarao aadministración masivamente ao final do período de matrícula.

Matriculado: o alumno está matriculado nas PAAU, neste caso o alumno posúe número deinscrición polo que xa non se pode eliminar a solicitude de matrícula PAAU.

Premendo ‘Mant.PAAU’ accedemos á pantalla de matrícula nas PAAU do alumno.

7 Versión: 20/05/2009

Se o alumno non está matriculado nas PAAU aparece a pantalla:

Prememos ‘Alta solicitude de matrícula PAAU’

Seleccionamos a(s) vía(s) pola que se presenta o alumno.

Seleccionamos SMS e/ou EMAIL se o alumno desexa recibir información das PAAU e doacceso ao SUG por estas vías (só se activan estes botóns no caso de que estes datosestean introducidos na pantalla de datos persoais).

As materias das que teñen que examinarse todos os alumnos aparecen seleccionadas.

Indicamos se o alumno está exento de realizar o exame da materia de lingua galega.

Eliximos entre Composición dun Texto Filosófico ou Histórico .

As materias obrigatorias xa están seleccionadas en función da vía elixida.

Eliximos a materia optativa.

Xeramos o impreso de matrícula para entregarlle ao alumno de resgardo, co botón ‘Xerarimpreso de matrícula’.

Cualificacións

A busca de alumnos realízase a través do documento de identidade e/ou do nome coafinalidade de ver os seus resultados nas PAAU da convocatoria seleccionada.

Só se devolven rexistros cando existen alumnos con número de inscrición, é dicir, estánmatriculados.

8 Versión: 20/05/2009

A acción que se pode levar a cabo con cada un dos rexistros devoltos é ‘Ver notas’. Estaopción amosa o nome, DNI, convocatoria, listaxe de cualificacións por materia, cualificaciónsdos exercicios, cualificación global das PAAU, cualificación do expediente e cualificación deacceso. Tamén se pode observar o resultado das reclamacións realizadas ás cualificacións dasmaterias das que se examinou nas PAAU.

Informes

Neste apartado xéranse os arquivos en formato pdf para imprimir os distintos informes.

Cando se solicita un informe este envíase ao ‘Buzón de informes’ onde se crean e almacenantodos os informes das aplicacións da consellería. Para poder imprimir un informe é necesario ira este buzón co enlace que se ofrece, tamén se pode acceder ao buzón en Utilidades-Ir buzónde informes. Se o informe está ‘En proceso’ durante moito tempo, premeremos en ‘Actualizarbuzón’.

Algunhas listaxes teñen un deseño apaisado, na opción de impresión pódese seleccionar ‘Girary centrar automáticamente’.

Os documentos que se poden imprimir segundo o caso son:

Impreso de prematrícula

Xéranse todos os impresos de prematrícula dos alumnos do centro que aprobaron oBacharelato na convocatoria elixida.

Impreso de matrícula

Xéranse todos os impresos de matrícula dos alumnos do centro matriculados na convocatoriadas PAAU.

Listaxe de matrícula

Relación de todos os alumnos matriculados na convocatoria das PAAU cos seu datos.

Mentres non se peche o prazo de matrícula nas listaxes aparecerá a súa condición de‘Provisional’; cando se lles asigne número de inscrición aos alumnos, será definitiva.

Certificado de cualificacións.

Xérase o certificado de cualificacións dos alumnos do centro matriculados na convocatoria dasPAAU, para entregar no LERD o día da matrícula

Acta de cualificacións

Xéranse as distintas actas das PAAU:

Acta (provisional).

Acta de Cualificacións.

Información xeral

Campos

Os datos que, de forma obrigada, hai que introducir ou elixir nos cadros de texto ou cadros delista despregable, aparecerán sinalados cun asterisco ‘*’.

Nota: no caso de que non se cubra algún dos campos obrigatorios, a opción ‘Gravar’ nonproducirá efectos, sinalándose coa expresión ‘Campo obrigatorio’ os datos que faltan porintroducir.

9 Versión: 20/05/2009

Buscas

Ao longo das diferentes pantallas aparecerán opcións de busca para filtrar datos. Estas opciónsde busca poden concretarse a través de cadros de lista despregable ou cadros de texto. Non énecesario introducir datos en todos os campos (agás os sinalados con asterisco), aínda quecantos máis datos se introduzan máis se reduce a busca. Tampouco é necesario escribir aspalabras completas, neste caso devolveranse todos os rexistros que posúan carácterescomúns aos datos introducidos.

Na maioría dos casos, as buscas que se poden levar a cabo son: ‘Buscar por documento’ ou‘Buscar por nome’. En ocasións poden aparecer ademais outras opcións de busca.

‘Buscar por documento’. No cadro de texto introducirase o número do documento para quese devolva o rexistro correspondente.

‘Buscar por nome’. Aparecerán tres cadros de texto independentes para ‘Apelido 1’, ‘Apelido2’ e ‘Nome’. Nestes cadros pódense introducir os criterios de busca, non sendo necesariocubrilos todos nin de forma completa, para que se devolvan rexistros.

Cando o filtrado devolve varios elementos estes aparecerán agrupados por pantallas ás que seaccederá a través dos enlaces correspondentes (nº de páxina, ‘Primeiro’, ‘Anterior’, etc.). Onúmero de elementos atopados indícase despois de efectuada a acción de busca.

Os diferentes alumnos poden verse por filas aparecendo información relativa aos mesmos encolumnas. Para cada rexistro devolto, farase referencia nunha columna ás accións que sepermiten levar a cabo: ‘Ver’, ‘Eliminar’, ‘Mod. Dat. Acad.’, ‘Ver notas’, ‘Mantemento’, etc.segundo corresponda.

Elementos de pantalla

A información que se precisa en cada pantalla pódese introducir a través das seguintesopcións:

Botóns de opción

Como norma xeral, aparecerán situados na parte inferior esquerda da pantalla.

Axuda contextual que ofrece información sobre o elemento ao que acompaña.

Executa a acción de busca de maneira xenérica ou segundo os criterios de filtrado.Devólvense os rexistros existentes ordenados alfabeticamente.

Permite saír da opción sen gardar os cambios realizados.

Elimina o rexistro, reclamación, etc. seleccionada.

Permite acceder á aplicación como usuario.

Garda os cambios realizados.

10 Versión: 20/05/2009

Baleira os cadros de texto da pantalla na que se atopa.

Permite cambiar ou engadir datos. Normalmente, esta acción habilita as opciónsde ‘Gravar’ e ‘Cancelar’.

Trasládanos á pantalla inmediatamente anterior dende a que se accedeu á actual.

Cadros de texto

Permiten introducir carácteres dende o teclado, permitindo editar, borrar e sobrescribir o

contido previo.

Cadros de lista despregable

Premendo no botón situado na súa dereita desprégase unha lista de opcións na quepoderemos elixir unha delas.

Botóns de opción:

Trátase de opcións excluíntes, é dicir, so se poderá seleccionar unha delas.

Recadro de verificación:

Poderanse seleccionar as opcións que nos interesen.

Barra de desprazamento:

É un control que aparece cando hai máis contido do que podeamosarse no espazo interior da xanela. Para visualizar as zonasque están fora da vista hai un cadro e dúas frechas dedesprazamento que poden ser horizontais ou verticais segundo setrate dunha barra de desprazamento horizontal ou vertical.

O desprazamento a través dos diferentes elementos de pantalla pode facerse a través doteclado ou do rato.

Teclado:

Tabulador (): serve para desprazarse dun elemento a outro cara a diante.

Maiúsculas + Tabulador: serve para desprazarse cara atrás, entre elementos.

Nos cadros de lista despregable seleccionarase a opción que corresponda pulsando unhaletra que nos situará no primeiro elemento da lista que comece pola mesma. Premendorepetidas veces esta letra o cursor desprazarase polos elementos que comecen por ela.Coas teclas de desprazamento arriba e abaixo o movemento producirase a través da citadalista a partir dese elemento.

Os botóns de opción ou recadros de verificación selecciónanse pulsando a barraespaciadora.

Rato:

11 Versión: 20/05/2009

Premendo co botón esquerdo do rato poderemos situarnos no cadro de texto, seleccionar obotón de opción ou recadro de verificación ou elixir o elemento das listas despregables quecorrespondan.