xestiÓn de tÍtulos - xunta · xestión de títulos manual de centros [páx: 14] a busca e...

36
XESTIÓN DE TÍTULOS Manual de centros

Upload: others

Post on 12-Sep-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 2: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 2]

ÍNDICE DE CONTIDO

1. Introducción ................................................................................................... 3

2. Acceso á aplicación ....................................................................................... 3

3. Módulo XADETITULOS .................................................................................. 4

3.1. Consulta e mantemento das propostas de títulos do centro .............. 5

3.2. Creación dunha nova proposta de títulos .......................................... 10

3.3. Eliminar unha proposta de títulos ....................................................... 11

3.4. Engadir unha solicitude de título a unha proposta ............................ 12

3.5. Eliminar unha solicitude de título ........................................................ 15

3.6. Incluir e Extraer solicitudes dunha proposta ..................................... 16

3.7. Validar a proposta ................................................................................. 17

3.8. Pechar a proposta. ................................................................................ 19

3.9. Obter o informe de proposta escrita para imprimir en papel ............ 20

3.10. Consulta das propostas dos centros adscritos .............................. 22

3.11. Incluir propostas do centro adscrito nunha proposta do centro principal ............................................................................................................ 25

3.12. Extraer propostas do centro adscrito da proposta do centro principal ............................................................................................................ 27

3.13. Abrir propostas do centro adscrito ................................................. 28

4. Módulo TITULOS .......................................................................................... 30

4.1. Numerar propostas (Libro, Folio, Rexistro) para o libro de rexistro do centro .......................................................................................................... 30

4.2. Rexistrar a entrega do título ao alumno .............................................. 32

4.3. Obter informes ...................................................................................... 34

4.4. Rexistrar a entrega dos títulos aos centros adscritos ....................... 35

Page 3: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 3]

1. INTRODUCCIÓN

O presente manual describe as funcionalidades dispoñibles para os usuarios de centro na aplicación de xestión de títulos en contorno web. Estas funcionalidades poden agruparse en dous módulos:

Módulo XadeTitulos: inclúe as funcionalidades referidas ao mantemento de solicitudes de título presentadas polos alumnos e á creación das correspondentes propostas de título.

Módulo Títulos: refírese ás funcionalidades de rexistro da recepción e entrega dos títulos físicos aos alumnos.

2. ACCESO Á APLICACIÓN

O acceso á aplicación de xestión de títulos realízase a través dun explorador web a través do enderezo www.edu.xunta.es/titulos:

Unha vez na pantalla de inicio, débese pulsar no enlace Entrar, e serán solicitados o nome de usuario e o contrasinal correspondente. Unha vez dentro da aplicación aparecerá a pantalla principal, que se amosa na seguinte figura:

Page 4: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 4]

O menú “2. Centro” dá acceso ás funcionalidades do módulo de títulos (rexistro da recepción e entrega de títulos físicos aos alumnos).

O menú “5. Xadetitulos” dá acceso ás funcionalidades de mantemento de propostas de títulos.

3. MÓDULO XADETITULOS

Accédese ao módulo de XADETITULOS a través da opción de menú “5. Xadetitulos”:

Page 5: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 5]

As operacións que se poden levar a cabo dende este módulo son:

Consulta e mantemento das propostas de títulos do centro.

Creación dunha nova proposta de títulos.

Eliminar unha proposta de títulos.

Engadir unha solicitude de título a unha proposta.

Eliminar unha solicitude de título.

Incluir e Extraer solicitudes dunha proposta.

Validar a proposta.

Pechar a proposta.

Obter o informe de proposta escrita para imprimir en papel.

E no caso de ser un centro do que dependen centros adscritos, están dispoñibles ademáis:

Consulta das propostas dos centros adscritos.

Incluir propostas do centro adscrito nunha proposta do centro principal.

Extraer propostas do centro adscrito da proposta do centro principal.

Abrir propostas do centro adscrito.

3.1. Consulta e mantemento das propostas de títulos do centro

Dende a opción “5.1 Propostas” poden realizarse consultas sobre as propostas de títulos do centro:

Page 6: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 6]

Para elo, débese introducir no campo “Ano” o ano sobre o cal se desexa realizar a busca, tendo en conta que as propostas de títulos sempre están referidas a anos naturais e numéranse seguindo ese criterio. Por defecto, o campo aparecerá cuberto co ano actual.

Unha vez establecido o ano para a busca, só hai que pulsar o botón “Buscar” e aparecerá unha lista coas propostas correspondentes ao ano seleccionado:

Page 7: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 7]

Como se observa na figura, a lista dispón dunha columna de “Opcións”. Pulsando na opción “Ver detalle”, accederemos ao detalle da proposta correspondente:

O detalle da proposta inclúe, por unha parte os datos globais. Por outra, permite consultar o contido da proposta, é dicir, as solicitudes que a compoñen. Para consultar o contido diponse de tres criterios de busca:

Nivel educativo.

Centro de orixe (para poder filtrar por centro adscrito).

Identificador do alumno (DNI/Pasaporte/DOI).

Ningún dos criterios de busca é obrigatorio. En calquera caso, unha vez establecidos os criterios (opcional) non hai máis que pulsar o botón “Buscar” e aparecerá unha lista coas solicitudes incluidas na proposta:

Page 8: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 8]

A lista amosará todas as solicitudes que foron engadidas á proposta, tendo en conta que se a columna “Incluido” non aparece marcada significa que a solicitude está dada de alta na proposta, pero non confirmada, de xeito que no momento do peche, a proposta definitiva só vai ter en conta aquelas solicitude que aparecen como confirmadas (marcadas na columna correspondente).

A lista tamén incluirá automaticamente todos aqueles alumnos que remataron algunha ensinanza e que teñen dereito a título, pero que non consta que fosen incluídos en ningunha proposta. Eses alumnos aparecerán inicialmente como “non confirmados”.

Como se observa na figura, a lista de solicitudes tamén dispón dunha columna de “Opcións”. Pulsando na opción “Ver detalle”, accederemos ao detalle da solicitude correspondente:

Page 9: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 9]

Ademáis de poder ver todo o detalle da solicitude, se a proposta aínda non está pechada, é posible dende esta mesma pantalla realizar modificacións sobre a solicitude. Unha vez realizadas as modificacións nos campos correspondentes, é necesario pulsar o botón “Gardar” para que ditas modificacións se rexistren realmente na aplicación.

Para saír da pantalla de detalle de solicitude e volver ao contido da proposta non hai máis que pulsar o botón “Voltar”.

Modificación de datos recuperados dende XADE

Cando se rexistra unha solicitude de título correspondente a un alumno que tén o seu expediente na aplicación de xestión académica XADE, recupéranse automaticamente os seus datos persoais e académicos. Por ese motivo, todo dato recuperado dende XADE, non poderá ser modificado directamente no detalle da solicitude. As modificacións sobre eses datos deben facerse dende XADE e aparecerán reflexadas automaticamente no detalle da solicitude de título.

Modificación de solicitudes en propostas xa pechadas

Cando dende a Consellería de Educación se detecten erros en propostas que xa foron pechadas e tramitadas, os responsables da Direción Xeral poderán autorizar ao centro modificar datos en solicitude individuais sen necesidade de devolver a proposta completa.

O centro recibirá unha notificación (normamente mediante correo electrónico) na que se indicará o alumno concreto no que se atoparon erros que deben ser arranxados. O centro poderá acceder ao detalle da solicitude de título correspondente e modificala, anque a proposta seguirá pechada. En ningún caso a aplicación lle permitirá realizar modificacións en solicitudes de propostas pechadas que non fosen autorizadas individualmente dende a Direción Xeral.

Page 10: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 10]

3.2. Creación dunha nova proposta de títulos

Para crear unha nova proposta de títulos é necesario realizar previamente unha busca das proposta do centro, seguindo os pasos descritos no apartado anterior. A pantalla de resultados da busca inclúe un botón “Crear nova proposta”:

Pulsando nese botón accédese a unha pantalla onde se solicitan os datos que definen a proposta:

Ano: toma o valor do ano actual e non pode ser modificado.

Tipo de proposta: “Para enviar a Departamento Territorial” ou “Para enviar ao centro principal” (este segundo tipo só está dispoñible para centros adscritos).

Réxime: ordinario, adultos ou proba libre.

Plan: LOXSE ou LOE.

Page 11: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 11]

Unha vez definida a proposta é necesario pulsar o botón “Gardar” para que a nova proposta se rexistre na aplicación. En calquera caso, o sistema validará que nun momento non se pode ter máis dunha proposta do mesmo tipo, réxime e plan en estado “Aberta”.

3.3. Eliminar unha proposta de títulos

Para eliminar unha proposta de títulos é necesario realizar previamente unha busca das proposta do centro, seguindo os pasos descritos no apartado “Consulta e mantemento das propostas de títulos do centro”:

Page 12: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 12]

Como se observa na figura, a lista dispón dunha columna de “Opcións”. Pulsando na opción “Eliminar”, suprímesa a proposta.

A aplicación non permitirá eliminar a proposta se ésta xa está pechada, ou se inclúe algunha solicitude como confirmada (marca na columna “Incluido”).

3.4. Engadir unha solicitude de título a unha proposta

Para engadir unha nova solicitude de título a unha proposta (que debe estar en estado “Aberta”) hai que acceder ao detalle da proposta correspondente, seguindo os pasos descritos no apartado “Consulta e mantemento das propostas de títulos do centro”. Como xa se indicou, o detalle da proposta inclúe unha lista coas solicitudes que forman parte da proposta:

Unha vez aquí, débese pulsar o botón “Engadir solicitude”, de xeito que aparecerá unha pantalla de detalle da solicitude para que se poidan introducir os datos correspondentes:

Page 13: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 13]

Os campos que compoñen o detalle aparecerán en modo editable para que sexan introducidos os datos correspondentes á solicitude. Diferéncianse catro grupos de datos: datos persoais, datos académicos, datos de título duplicado e datos de pago de taxas.

Datos persoais

Os datos persoais a introducir son:

Documento de identificación (DNI/Pasaporte/DOI)

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Sexo

Data de nacemento

Nacionalidade

País de nacemento

Provincia de nacemento

Concello de nacemento

No caso de centros que utilizan XADE disponse da posibilidade de buscar o alumno correspondente e recuperar os datos automaticamente os datos persoais que xa están rexistrados en XADE:

Page 14: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 14]

A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do documento de identificación (DNI, pasaporte ou DOI). Unha vez introducido o criterio de busca, hai que pulsar o botón “Cargar datos”. Como resultado, se o alumno se atopaba en XADE, recuperaranse nos campos correspondentes os datos persoais do alumno. Pola contra, se o alumno non se atopa en XADE, será necesario introducir manualmente todos os datos da solicitude. É importante indicar que, no primeiro caso (alumno que se recupera de XADE), non será posible introducir nesta pantalla ningunha modificación sobre os datos persoais. Se se quere modificar algún dos datos é necesario utilizar a aplicación XADE e despóis completar a alta da solicitude.

Datos académicos

Os datos académicos a introducir son:

Nivel educativo

Título

Data de fin de estudos

Nota media

No caso de centros que utilizan XADE, no momento de establecerse o combo de “Título” (título concreto que solicita o alumno), a aplicación intentará recuperar dende XADE os datos académicos correspondentes (nota media e data fin de estudos). Se o expediente non se atopa en XADE, será necesario introducir manualmente ambos datos. De novo, é importante indicar que, no primeiro caso (expediente que se recupera de XADE), non será posible introducir ningunha modificación a nota media ou a data de remate de estudos. Se se quere modificar algún dos datos é necesario utilizar a aplicación XADE e despóis completar a alta da solicitude.

Datos de título duplicado

Cando a solicitude se refire a un duplicado de título, hai que introducir os seguintes datos nos campos correspondentes:

Causa pola que se solicita duplicado.

Clave rexistral do título orixinal.

Data de expedición do título orixinal.

Data na que se publicou no DOG o aviso de perda do título.

Datos de pago de taxas

No caso de ensinanzas nas que hai que pagar taxas para a expedición do título (son todas as ensinanzas menos a Ensinanza Secundaria Obrigatoria) é necesario introducir:

Page 15: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 15]

Taxa correspondente.

Desconto aplicado (se é o caso).

Data de pago (menos no caso de desconto 100%).

Unha vez introducidos (ou recuperados) todos os datos, é necesario pulsar o botón “Gardar” para que a solicitude quede rexistrada. A aplicación realizará as validacións necesarias sobre a solicitude, indicando en pantalla, se é o caso, os posibles erros atopados.

Para saír da pantalla de detalle de solicitude e volver ao contido da proposta non hai máis que pulsar o botón “Voltar”.

3.5. Eliminar unha solicitude de título

Para eliminar unha solicitude de título incluída nunha proposta determinada é necesario acceder ao detalle e contido da proposta, seguindo os pasos descritos no apartado “Consulta e mantemento das propostas de títulos do centro”:

Page 16: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 16]

Como se observa na figura, a lista dispón dunha columna de “Opcións”. Pulsando na opción “Eliminar”, suprímese a solicitude. Non será posible dita eliminación nos seguintes casos:

A proposta está pechada.

A solicitude tén xa rexistrados os datos correspondentes ao pago de taxas.

A solicitude foi incluída automaticamente na proposta pola aplicación (alumnos que remataron algunha ensinanza e que teñen dereito a título, pero que non consta que fosen incluídos en ningunha proposta).

3.6. Incluir e Extraer solicitudes dunha proposta

A pantalla de detalle e contido de proposta permite ver a lista de solicitudes que compoñen a proposta:

Page 17: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 17]

A lista amosará todas as solicitudes que foron engadidas á proposta, tendo en conta que se a columna “Incluido” non aparece marcada significa que a solicitude está dada de alta na proposta, pero non confirmada, de xeito que no momento do peche, a proposta definitiva só vai ter en conta aquelas solicitude que aparecen como confirmadas (marcadas na columna correspondente).

Mentres a proposta está aberta é posible incluir e extraer solicitudes marcando e desmarcando, respectivamente, a columna “Incluido”. No será posible desmarcar aquelas filas para as cales xa foran rexistrados os datos correspondentes ao pago de taxas.

IMPORTANTE: unha vez realizados os cambios desexados (marcar e desmarcar) é necesario pulsar o botón “Gardar” para que eses cambios queden rexistrados na aplicación.

3.7. Validar a proposta

En calquera momento é posible lanzar unha validación das solicitudes incluídas na proposta. É unha operación importante xa que, no momento do peche, a aplicación non o permitirá se atopa algunha incorrección nalgunha das solicitudes de título. A validación pode executarse dende a pantalla de detalle e contido da proposta, á cal se accede según os pasos descritos no apartado “Consulta e mantemento das propostas de títulos do centro”:

Page 18: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 18]

Pulsando o botón “Validar” a aplicación revisará todas as solicitudes confirmadas na proposta e xerará tres arquivos que poderán ser descargados dende o buzón de informes (opción de menú: “4 Utilidades”->”4.1 Ir buzón informes”):

Informe de erros atopados: detalla as incorreccións atopadas que impedirán pechar a proposta, é dicir, non será posible pechar a proposta ata que todas elas sexan resoltas.

Informe de erros non autocorrexibles en nomes e apelidos: trátase dun listado informativo para o centro onde se indican aqueles alumnos con nomes ou apelidos non rexistrados como válidos na Consellería de Educación.

Informe de erros autocorrexibles en nomes e apelidos: trátase dun listado informativo para o centro onde se indican aqueles alumnos con nomes ou apelidos non rexistrados como válidos na Consellería de Educación, pero para os cales se dispón de posibilidade de corrección automática (p.e: atopa “Perez” sen acento, que poderá ser correxido automaticamente por “Pérez” con acento).

Page 19: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 19]

IMPORTANTE: os erros en nomes e apelidos non impedirán que se peche a proposta, pero recoméndase que se lles bote un ollo e, en caso de ver casos nos que efectivamente se trata dun erro, deberían correxirse antes do peche.

3.8. Pechar a proposta.

O peche da proposta realízase dende a pantalla de detalle e contido da proposta, á cal se accede según os pasos descritos no apartado “Consulta e mantemento das propostas de títulos do centro”:

Page 20: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 20]

Pulsando o botón “Pechar”, a proposta pasará ao estado pechada, de xeito que non admitirá xa ningún tipo de modificación. A continuación haberá que imprimir a proposta escrita e enviala ao Departamento Territorial correspondente ou a o centro do cal se depende (propostas de centros adscritos correspondentes a ensinanzas postobrigatorias).

En calquera caso, se a aplicación detecta algunha incorreción nas solicitudes incluidas na proposta, indicará a situación por pantalla e poderase descargar o informe de erros atopados dende o buzón de informes (opción de menú: “4 Utilidades”->”4.1 Ir buzón informes”). Nese caso, a aplicación non levará a cabo o peche. Deberán ser correxidos os erros atopados e despóis volver a tentar a operación de peche.

3.9. Obter o informe de proposta escrita para imprimir en papel

En calquera momento é posible obter a proposta escrita. Para elo, hai que acceder á pantalla de detalle e contido da proposta, según os pasos descritos no apartado “Consulta e mantemento das propostas de títulos do centro”:

Page 21: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 21]

Pulsando o botón “Xerar informe” obtense a proposta escrita correspondente, que debe descargarse dende o buzón de informes (opción de menú: “4 Utilidades”->”4.1 Ir buzón informes”):

IMPORTANTE: en caso de que a proposta aínda non fose pechada, o informe amosará unha marca de auga indicando “Borrador”. As propostas escritas “Borrador” só serven como documento de traballo para o centro, non

Page 22: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 22]

constitúen a proposta definitiva para tramitar. A proposta impresa definitiva debe xerarse unha vez realizado o peche.

3.10. Consulta das propostas dos centros adscritos

Mediante esta opción, os centros directamente dependentes da Consellería de Educación, poderán acceder ás propostas de títulos dos centros adscritos que lle corresponden.

Dende a opción “5.2 Centros adscritos” poden realizarse ditas consultas:

Para elo, débese introducir no campo “Ano” o ano sobre o cal se desexa realizar a busca, tendo en conta que as propostas de títulos sempre están referidas a anos naturais e numéranse seguindo ese criterio. Por defecto, o campo aparecerá cuberto co ano actual.

Tamén se debe seleccionar o centro adscrito sobre o que se desexa consultar, utilizando para elo o combo de selección “Centro adscrito”.

Unha vez establecidos o ano e centro para a busca, só hai que pulsar o botón “Buscar” e aparecerá unha lista coas propostas correspondentes ao ano seleccionado:

Page 23: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 23]

Como se observa na figura, a lista dispón dunha columna de “Opcións”. Pulsando na opción “Ver detalle”, accederemos ao detalle da proposta correspondente:

Page 24: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 24]

O detalle da proposta inclúe, por unha parte, os datos globais. Por outra, permite consultar o contido da proposta, é dicir, as solicitudes que a compoñen. Para consultar o contido diponse de tres criterios de busca:

Nivel educativo.

Centro de orixe (para poder filtrar por centro adscrito).

Identificador do alumno (DNI/Pasaporte/DOI).

Ningún dos criterios de busca é obrigatorio. En calquera caso, unha vez establecidos os criterios (opcional) non hai máis que pulsar o botón “Buscar” e aparecerá unha lista coas solicitudes incluidas na proposta:

A lista amosará todas as solicitudes que foron engadidas á proposta, tendo en conta que se a columna “Incluido” non aparece marcada significa que a solicitude está dada de alta na proposta, pero non confirmada, de xeito que no momento do peche, a proposta definitiva só vai ter en conta aquelas solicitude que aparecen como confirmadas (marcadas na columna correspondente).

A lista tamén incluirá automaticamente todos aqueles alumnos que remataron algunha ensinanza e que teñen dereito a título, pero que non consta que fosen incluídos en ningunha proposta. Eses alumnos aparecerán inicialmente como “non confirmados”.

Como se observa na figura, a lista de solicitudes tamén dispón dunha columna de “Opcións”. Pulsando na opción “Ver detalle”, accederemos ao detalle da solicitude correspondente:

Page 25: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 25]

Para saír da pantalla de detalle de solicitude e volver ao contido da proposta non hai máis que pulsar o botón “Voltar”.

3.11. Incluir propostas do centro adscrito nunha proposta do centro principal

Esta funcionalidade refírese ao procedemento polo cal as propostas de centros adscritos para ensinanzas postobrigatorias deben ser incluídas como parte dunha proposta do centro do cal dependen.

Para levar a cabo ese procedemento dende a aplicación, é necesario acceder á pantalla de busca de propostas dos centros adscritos e obter a lista de propostas do centro que se desexa incluir. Para elo, non hai máis que seguir o procedemento de busca descrito no apartado anterior:

Page 26: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 26]

A lista permite ver as propostas dispoñibles no centro adscrito. Para engadir propostas á proposta correspondente do centro principal deben seleccionarse, marcando o check da columna “Seleccionar”, aquélas que se desexan incluir e, unha vez seleccionadas, pulsar o botón “Incluir propostas seleccionadas”. A aplicación incluirá a cada unha delas na proposta correspondente do centro principal, tendo en conta o réxime e plan. É necesario que haxa algunha proposta en estado aberta no centro principal para que a operación se realice con éxito, xa que a aplicación selecciona como destino as propostas abertas. É dicir, non se pode incluir unha proposta dun centro adscrito dentro dunha proposta do centro principal que xa fose pechada.

Page 27: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 27]

Hai que ter en conta unha serie de restriccións acerca desde procedemento:

A aplicación non permitirá engadir propostas de tipo “Para enviar a Departamento Territorial”, xa que ese tipo de proposta debe ser tramitada directamente polo centro adscrito.

A aplicación non permitirá engadir propostas que se atopen en estado aberta no centro adscrito, é dicir, só se poden seleccionar propostas pechadas.

Se unha proposta do centro adscrito xa foi incluída no centro principal, non pode volver a ser incluída noutra. A columna “Incluída en” permite saber qué propostas foron xa obxecto deste proceso e amosa a proposta principal na que se atopan incluídas.

3.12. Extraer propostas do centro adscrito da proposta do centro principal

Esta funcionalidade permite extraer unha proposta de centro adscrito da proposta do centro principal na que foi incluída, pero só se poderá levar a cabo mentres a proposta do centro principal se atope en estado aberta.

Para levar a cabo ese procedemento dende a aplicación, é necesario acceder á pantalla de busca de propostas dos centros adscritos e obter a lista de propostas do centro que se desexa excluir. Para elo, non hai máis que seguir o procedemento de busca descrito no apartado “Consulta das propostas dos centros adscritos”:

A columna “Incluída en” permite coñecer en qué proposta do centro principal están incluídas as diferentes propostas do centro adscrito. Pulsando na opción “Extraer proposta”, a proposta da fila correspondente é extraída da proposta principal na que se atopaba:

Page 28: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 28]

3.13. Abrir propostas do centro adscrito

Os centros principais poden abrir propostas dos centros adscritos que se atopen en estado pechada. Esta operación normalmente lévase a cabo porque o centro adscrito pechou por erro a proposta ou tamén porque o centro principal detecta incorreccións na proposta enviada dende o centro adscrito e considera necesario devolverlla para que arranxen as incorreccións.

A operación pode executarse dende a pantalla de detalle e contido da proposta do centro adscrito, á cal se accede según os pasos descritos no apartado “Consulta das propostas dos centros adscritos”:

Page 29: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 29]

Pulsando o botón “Abrir” a aplicación volverá a proposta ao estado aberta, de xeito que o centro adscrito poderá seguir traballando con ela.

Se a proposta que se pretende abrir foi xa incluída nunha proposta do centro principal é necesario extraela primeiro, según o procedemento descrito no apartado “Extraer propostas do centro adscrito da proposta do centro principal”. Unha vez extraída xa será posible volvela ao estado aberta.

Page 30: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 30]

4. MÓDULO TITULOS

Accédese ao módulo de TITULOS a través da opción de menú “2. Centro”:

As operacións que se poden levar a cabo dende este módulo son:

Numerar propostas (Libro, Folio, Rexistro) para o libro de rexistro do centro.

Rexistrar a entrega do título ao alumno.

Obter informes: Informe para o libro de rexistro do centro. Informe histórico de títulos expedidos por centro.

E no caso de ser un centro do que dependen centros adscritos, está dispoñible ademáis:

Rexistrar a entrega dos títulos aos centros adscritos.

4.1. Numerar propostas (Libro, Folio, Rexistro) para o libro de rexistro do centro

Cada centro debe levar ao día o libro de rexistro de títulos, imprimíndoo en papel progresivamente según vai recibindo títulos ó longo do tempo. Con ese obxectivo, o primeiro que debe facer é asignar a numeración de Libro, Folio e Rexistro a cada un dos títulos que compoñen as diferentes propostas.

Esta operación lévase a cabo accedendo á opción “2.1 Numerar propostas”:

Page 31: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 31]

Esta pantalla permite facer unha busca das propostas para as que xa se dispón no centro dos títulos correspondentes, pero que aínda non foron numeradas. Para elo, debe introducir os criterios de busca “Ano” (opcional), “Réxime” (opcional), “Estado da proposta” (“Proposta sen numerar” para obter as propostas que aínda non foron numeradas e “Proposta numerada” para obter as propostas ás que xa se lles aplicou este proceso de numeración) e “Plan”. A continuación hai que pulsar o botón “Buscar” e presentarase unha lista coas propostas do centro que cumpren os criterios de busca:

Para xerar a numeración dunha proposta só hai que pulsar o enlace “Numerar” da fila correspondente.

Page 32: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 32]

En calquera momento é posible consultar o rango de numeración que ocupa cada proposta. Non hai máis que realizar unha busca de propostas en estado “Proposta numerada”:

4.2. Rexistrar a entrega do título ao alumno

Esta operación permite rexistrar a data en que o alumno recolle o título correspondente, e deste xeito ter constancia na aplicación de que o alumno xa pasou a recollelo.

Accédese ao rexistro de entrega a través da opción “2.2 Entregar títulos”:

Esta pantalla permite facer unha busca dos títulos que están dispoñibles no centro para a súa entrega aos alumnos, para o cal deberon ser numerados previamente

Page 33: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 33]

(“Numerar propostas” descrito no apartado anterior). Para levar a cabo a busca debe introducir os criterios “Ano” (opcional), “Plan” (opcional), e “Identificador do alumno” (DNI/Pasaporte/DOI). A continuación hai que pulsar o botón “Buscar” e presentarase unha lista cos títulos que dispoñen de numeración no libro de rexistro e que, por tanto, poden ser entregados ao alumno:

Como se observa na figura, podemos coñecer os títulos que xa foron entregados, xa que nese caso, a columna “Estado” conterá o valor “Entregado alumno” e a columna “Data de entrega” conterá a data correspondente.

Para rexistrar a data de recollida hai que marcar o alumno correspondente na columna “Entregar” e introducir a data no cadro “Rexistrar data de entrega”, tal como se amosa na seguinte figura:

Unha vez introducida hai data débese pulsar o botón “Rexistrar entrega” e a data quedará rexistrada no sistema.

Page 34: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 34]

En caso se equivocación, sempre é posible modificar a data de entrega seguindo o mesmo procedemento descrito no párrafo anterior (marcar a fila correspondente, introducir a data e pulsar “Rexistrar entrega”). Tamén é posible eliminar o rexistro, a través o botón “Voltar a non entregado”.

4.3. Obter informes

Dende a opción “2.4 Informes” é posible xerar as páxinas para o libro de rexistro do centro:

É necesario introducir os seguintes datos que restrixen as páxinas que se van a xerar: “Libro”, “Folio inicial”, “Folio final”. Esto é asi porque normalmente o libro vaise imprimindo incrementalmente según se van recibindo os títulos. Unha vez establecidos o valores non hai máis que pulsar o botón “Volcar datos” e pasados uns intres o informe estará dispoñible no buzón de informes (opción de menú: “4 Utilidades”->”4.1 Ir buzón informes”):

Page 35: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 35]

4.4. Rexistrar a entrega dos títulos aos centros adscritos

Esta operación permite rexistrar a data en que os diferentes centros adscritos recollen os seus títulos no centro principal, e deste xeito ter constancia na aplicación de que a entrega xa foi realizada. Os centros adscritos deben dispoñer dos seus títulos porque son eles os encargados da entrega final aos alumnos.

Accédese ao rexistro de entrega a centros adscritos a través da opción “2.3 Distribuir títulos a centros adscritos”:

Esta pantalla permite facer unha busca dos títulos que están dispoñibles no centro para a súa entrega aos centros adscritos, para o cal deberon ser numerados previamente (“Numerar propostas (Libro, Folio, Rexistro) para o libro de rexistro do centro” descrito no apartado correspondente). Para levar a cabo a busca debe introducir os criterios “Ano” (opcional), “Código do centro adscrito”, “Réxime” (opcional), “Plan” (opcional), e “Estado da proposta”. A continuación hai que pulsar o botón “Buscar” e presentarase unha lista coas propostas de centros adscritos que dispoñen de numeración no libro de rexistro e que, por tanto, poden ser distribuidas:

Page 36: XESTIÓN DE TÍTULOS - Xunta · Xestión de títulos Manual de centros [Páx: 14] A busca e recuperación pode realizarse tanto a partir do código de alumno XADE, como a partir do

Xestión de títulos Manual de centros

[Páx: 36]

Como se observa na figura, podemos coñecer os títulos que xa foron entregados, xa que nese caso, a columna “Estado” conterá o valor “En centro adscrito” e a columna “Data de entrega” conterá a data correspondente.

Para rexistrar a data de entrega hai que marcar a proposta ou propostas correspondentes na columna “Entregar” e introducir a data no cadro “Rexistrar data de entrega”, tal como se amosa na seguinte figura:

Unha vez introducida hai data débese pulsar o botón “Rexistrar entrega” e a data quedará rexistrada no sistema.

En caso se equivocación, sempre é posible modificar a data de entrega seguindo o mesmo procedemento descrito no párrafo anterior (marcar a fila correspondente, introducir a data e pulsar “Rexistrar entrega”). Tamén é posible eliminar o rexistro, a través o botón “Voltar a non entregado”.