lidera -junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de...

15
L ID E R A R E V I S T A D E O P O R T U N I D A D E S D E E M P R E G O E E M P R E N D E M E N T O X O V E T R A N S F R O N T E R I Z O SEGUNDA EDICIÓN DO CURSO DE AXENTES DE COOPERACIÓN COOPERACIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL Nº4 - Xuño 2018

Upload: others

Post on 11-Feb-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

L ID E R A R E V I S T A D E O P O R T U N I D A D E S D E E M P R E G O E

E M P R E N D E M E N T O X O V E T R A N S F R O N T E R I Z O

SEGUNDA EDICIÓN

DO CURSO DE

AXENTES DE

COOPERACIÓN

COOPERACIÓN

GALICIA - NORTE DE

PORTUGAL

Nº4 - Xuño 2018

Page 2: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Xuño 2018

Nº4

Os alumnos da 2º edición do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza presentaron as súas accións de visibilidade Acción de visibilidade do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza: A saia da Carolina Acción de visibilidade do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza: Uma Fotografía, Um Sentimento Acción de visibilidade do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza: Guía Práctica de Irmandamentos Transfronteirizos para Centros de Educación Primaria e Secundaria

Acción de visibilidade do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza: Literaturas Irmás Acción de visibilidade: ‘Cociñando cogumelos transfronteirizos’

3

5

6

7

8

9

Page 3: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Acción de visibilidade: ‘Falsos amigos’ Acción de visibilidade: Un arquitecto portugués na Galiza

Acción de visibilidade:

‘Cooperação Transfronteiriça’

Clausura da segunda edición do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza

www.fundaciongaliciaeuropa.eu

10

11

12

13

Page 4: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Os alumnos da 2º edición do Curso de Axentes de

Cooperación Transfronteiriza presentaron as súas

accións de visibilidade

Santiago de Compostela, 5 de

xuño de 2018. A Fundación Galicia

Europa organizou no marco do

proxecto LIDERA, financiado polo

programa Interreg V A España-

Portugal 2014-2020 (POCTEP), a

segunda edición do Curso de

Axentes de Cooperación

Transfronteiriza, que ten como

obxectivo dar a coñecer aos seus

participantes as distintas

alternativas de programas que

existen na Unión Europea para

financiar proxectos de cooperación

transfronteiriza, e as claves sobre

como redactar unha candidatura

para presentarse aos mesmos.

Os alumnos do curso, como parte

do programa, realizaron diferentes

accións de visibilidade para dar a

coñecer a zona fronteiriza de

Galicia e Norte de Portugal.

Entre as mesmas podemos atopar

o libro de cociña “Cociñando

cogumelos transfronteirizos”, un

compendio de receitas elaboradas

con cogomelos da zona ou “Un

arquitecto portugués na Galiza”,

Page 5: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

que a través de diferentes

acuarelas dá difusión á obra do

arquitecto portugués Álvaro Siza,

que destacou a “histórica amizade”

entre Galicia e Portugal.

Tamén nos podemos atopar con

“Uma Fotografía, Um Sentimento”,

que busca dar visibilidade á

Eurocidad Valença-Tui a través

das redes sociais ou con “A saia dá

Carolina”, na que unha cantante

galega e outra portuguesa cantan a

emblemática canción nas súas

dúas versións, portuguesa e

galega.

Contouse tamén cunha acción que

consistiu na elaboración dunha

audio guía para o tren turístico que

existe en Monção e Salvaterra, e

con outra que resultou nun xogo

de memoria de falsos amigos das

linguas española, galega e

portuguesa.

Outra das participantes elaborou

unha guía de irmandamentos para

centros de educación primaria e

secundaria, co fin de darlle difusión

a esta figura entre institucións

educativas; dous deles publicaron

artigos relacionados coa

cooperación transfronteiriza, e

unha realizou un vídeo poñéndoa

en valor.

Tamén se impartiu unha charla

relacionada con cooperación,

turismo e economía colaborativa

na Escola Superior de Ciências

Empresariais de Valença do Minho.

Page 6: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Acción de visibilidade do Curso de Axentes de

Cooperación Transfronteiriza: A saia da Carolina

Seguro que todos sabedes como seguen estes versos: “A saia de

Carolina/ ten una lagarto pintado”. Pero sabiades que en Portugal teñen

unha versión distinta da mesma canción? Coa súa acción de visibilidade,

Esperanza Mara Filgueira Rama demostra que a cultura, e en particular

a música, é un vehículo de unión e cooperación que non entende de

fronteiras.

Esperanza Mara, de Noia, ponlle voz á versión galega de “A saia da

Carolina”, mentres que a versión lusa corre por conta de Sónia Manuela

Machado, de Monção. Esperamos que desfrutedes da música, as voces

e a simboloxía neste marabilla de vídeo no cal a montaxe audiovisual se

realizou en cooperación con Alba V. Burke.

Pode acceder ao vídeo completo na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=UTqlpacrzPI&amp=&t=9s

Page 7: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Acción de visibilidade do Curso de Axentes de

Cooperación Transfronteiriza: Uma Fotografía, Um

Sentimento

En 2017, Salvador Sobral namorou a toda Europa co seu “Amar pelos

dois”. Un ano máis tarde, o seu compatriota Narciso Serra namorounos a

todos coa súa acción de visibilidade “Uma Fotografía, Um Sentimento”.

Utilizando os hashtags #eurocidadevalencatui e

#eurocidadeduasirmas, animou a tudenses e valençanos a partillar nas

redes sociais fotos e textos sobre a Eurocidade Valença-Tui. Así

demostrou que a Eurocidade, ademais dunha estrutura administrativa,

é tamén un sentimento para todos aqueles que a viven e aman. En

verbas de Narciso: “Por estas Terras me fiz gente, não há forma de

explicar, ser raiano é diferente, é outra forma de amar.”

Page 8: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Acción de visibilidade do Curso de Axentes de

Cooperación Transfronteiriza: Guía Práctica de

Irmandamentos Transfronteirizos para Centros de

Educación Primaria e Secundaria

Co fin de difundir a figura do irmandamento de cidades entre centros

educativos, María Morgade Cortés levou a cabo unha guía práctica

destinada a estes, na que se poñen de relevo as vantaxes de realizar

irmandamentos entre colexios e institutos localizados na zona

fronteiriza de Galicia e Norte de Portugal, e as posibilidades que existen

para financiar actividades e eventos no marco dos mesmos a través do

programa de financiamento europeo Europa cos Cidadáns, para o que a

guía inclúe un resumo paso a paso de como presentar unha

candidatura.

Page 9: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Acción de visibilidade do Curso de Axentes de

Cooperación Transfronteiriza: Literaturas Irmás

Tania Lago Míguez desenvolveu un proxecto de colaboración entre

bibliotecas de Galicia e Norte de Portugal co fin de darlle difusión ás

súas respectivas literaturas e chegar ao máximo número de lectores.

Para conseguir o devandito obxectivo elaborou un modelo de cartel no

cal as bibliotecas poden escribir as súas recomendacións, as cales se

expoñerán nas do outro lado da fronteira. Para darlle unha maior

visibilidade ao proxecto, Tania creou un perfil na rede social instagram

baixo o nome @literaturasirmas no que comparte tamén

recomendacións literarias galegas e portuguesas.

Page 10: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Acción de visibilidade: ‘Cociñando cogumelos

transfronteirizos’

A cooperación transfronteiriza non só se ve ou se sente, senón que

tamén se saborea. Así o demostrou, María Cabaleiro Alfaya, unha das

participantes do curso Axentes de Cooperación Transfronteiriza que a

Fundación Galicia Europa organizou no marco do proxecto LIDERA. A

súa acción de visibilidade só se pode calificar de deliciosa.

“Cociñando cogumelos transfronteirizos” é un libro de cociña que

emprega coma ingredientes principais champiñóns, cantarelos, boletus

e moitos outros cogomelos de Galicia e o Norte de Portugal.

Entre as receitas poderedes atopar entrantes coma “croquetas de

trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de

monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de

cantarelos”. Todo un festín para os sentidos que nos recorda que

poucas cousas transcenden as fronteiras coma o amor pola comida.

Page 11: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Acción de visibilidade do Curso de Axentes de

Coperación Transfronteiriza: falsos amigos

Os alumnos do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteriza,

organizado pola Fundación Galicia Europa no marco do proxecto Lidera,

tiveron que diseñar una acción de difusión para explicar á cidadanía en

qué consiste a cooperación transfronteiriza. Este xogo pretende

achegarnos ás diferencias linguísticas que se poden atopar en

territorios veciños.

Claudia Iglesias Arriaran, unha das participantes, quixo transmitir coa

súa acción de visibilidade as diferenzas que existen entre as linguas da

zona fronteiriza de Galicia e Norte de Portugal, co obxectivo de reducir

as posibles dificultades de comprensión que poidan existir entre as

mesmas.

Desta forma, e coa figura dos “falsos amigos” como protagonista,

elaborou un xogo que combinando azar e memoria pretende dar a

coñecer aos seus xogadores as diferenzas de significado que existen

entre vocábulos homónimos do español, galego e portugués.

Page 12: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Acción de visibilidade: Un arquitecto portugués na

Galiza

Cando o arquitecto portugués Álvaro Siza recibiu en 2010 o Premio

Luso-Español de Arte e Cultura, destacou a “amizade histórica” entre

España e Portugal. Coma en calquera amizade, ben sabe Siza que obras

son amores, xa que na súa traxectoria artística podemos atopar moita

obra construída en Galicia.

Alberto Escobar Rivas, participante do Curso de Axentes de

Cooperación Transfronteriza, organizado pola Fundación Galicia Europa

no marco do proxecto Lidera, armado con acuarelas e word, pretende

coa súa acción de visibilidade “Un arquitecto portugués na Galiza”

contribuír á difusión da obra de Siza.

Entre os edificios destacados están o Centro Calego de Arte

Contemporánea e a Facultade de Ciencias da Comunicación en

Santiago de Compostela. Tamén se destaca a faceta de urbanista de

Siza incluíndo a remodelación do tramo Recoletos-Prado en Madrid. Á

fin e ao cabo, que a rúa máis española da cidade máis española sexa

obra dun portugués é todo un símbolo da cooperación transfronteiriza.

Page 13: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Acción de visibilidade: ‘Cooperação Transfronteiriça’

O premio Nobel de literatura José Saramago sempre foi partidario

dunha federación entre Portugal e España, unidos baixo o nome de

“Iberia”. Actualmente, entre todos os nomes implicados na cooperación

transfronteiriza, a relación entre Galicia e o Norte de Portugal é un

referente en toda Europa.

Neste vídeo bilingüe portugués-castelán, a gondomarense Carla Silva,

unha das participantes do curso Axentes de Cooperación

Transfronteiriza que a Fundación Galicia Europa organizou no marco do

proxecto LIDERA, preséntanos os principais resultados da cooperación

entre países: o benestar, a evolución e o crecemento.

O vídeo móstranos mesmo que mediante a comunicación, a análise e o

traballo conxunto podemos alcanzar metas comúns a Portugal e

España. A cooperación transfronteiriza álzase, en definitiva, coma un

ensaio sobre a lucidez que aspira a iluminar calquera ensaio sobre a

cegueira.

https://www.youtube.com/watch?v=KPsnM4m-TaM&feature=youtu.be

Page 14: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Clausura da segunda edición do Curso de Axentes de

Cooperación Transfronteiriza

Santiago de Compostela, 13 de

xuño de 2018. A Escola Superior de

Ciências Empresariais de Valença

do Minho acolleu o acto de clausura

do Curso de Axentes de

Cooperación Transfronteiriza,

organizado pola Fundación Galicia

Europa no marco do proxecto

LIDERA.

Durante o acto de clausura, os

alumnos do curso presentaron os

coñecementos adquiridos na

materia de preparación e

presentación de proxectos

europeos. Así, deron visibilidade aos

proxectos que prepararon, cos seus

respectivos formularios de

solicitude, no marco de diferentes

programas, como Erasmus,

Europa cos Cidadáns, POCTEP ou

Europa Creativa.

Ademais, os participantes da anterior

edición do curso, celebrado entre

outubro e novembro do 2017,

presentaron a "Asociación de

Axentes de Cooperación

Transfronteriza - EU COOPERO", que

se constituiu coma resultado do

mesmo coa finalidade de potenciar

as relacións entre os dous países.

O acto, ao que asistiron

representantes de institucións

portuguesas e galegas e do sector

da consultoría de proxectos

europeos, finalizou coa entrega de

diplomas e cun coworking entre os

participantes.

Page 15: LIDERA -Junio 2018...trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”

Ao mesmo acudiron diferentes

representantes de entidades e

empresas galegas e portuguesas,

como a Cámara Municipal de

Valença do Minho, o Concello das

Neves, a Câmara Muncipal de

Monçâo, a Agrupación Europea de

Cooperación Transfronteriza (AECT)

Galicia-Norte de Portugal, o Instituto

Português do Desporto e Juventude

(IPDJ), a xefatura territorial da

Consellería de Política Social de

Ourense (Xunta de Galicia), a

Federación Nacional de Asociacións

Xuvenís de Portugal (FNAJ), a

Cámara de Comercio de Santiago de

Compostela, a Comunidade

Intermunicipal do AVE, a Escola

Superior de Ciências Empresariais

de Valença do Minho e empresas

como Around Europe Advisors,

Salvaturismo ou GeoAtributo.

LIDERA

O Curso de Axentes de Cooperación

Transfronteiriza é unha actividade do

proxecto LIDERA, enmarcado no

programa Interreg V-A España-

Portugal 2014-2020 (POCTEP).

Co obxectivo de promover o

desenvolvemento económico

transfronteirizo en Galicia e a Rexión

Norte de Portugal a través do

fomento das capacidades laborais e

de emprendemento dos mozos, as

actividades impulsadas por LIDERA

están orientadas a loitar contra o

desemprego xuvenil, a fuga de

talento e a proporcionar as

ferramentas necesarias para que

este colectivo sexa o motor de pulo

económico destas rexións.