libro de receitas final
TRANSCRIPT
1
Ceip As Covas - Meaño
5º CURSO 2011-2012
2
APRENDEMOS TAMÉN QUE...
3
ÍndiceÍndiceÍndiceÍndice Receitas de cociñaReceitas de cociñaReceitas de cociñaReceitas de cociña Cociñeir@sCociñeir@sCociñeir@sCociñeir@s Páx.Páx.Páx.Páx.
Introdución Todas e todos 4
“Pan de Samaín de cabaza” Roser Villar Moreno 6
“Vasiño de iogur con galleta María” Rodrigo García Carro 8
“Torta caseira” Mateo Meixús Souto 10
“Crepes recheos” Eulogio Eiravella Mujica 12
“Salchichón de chocolate” Santiago Reinal Giménez 14
“Pasteliños de coco cubertos de chocolate” Leila Fernández Martínez 16
“Flan de café” Óscar Meis Torres 18
“Magdalenas” David Chan Radío 20
“Buñuelos de mazá” Raquel Vallejo Besada 22
“Pizza caseira” José R. Alfonso García 24
“Trufas de chocolate” Lidia Dadín Gondar 26
“Bolos de leite” Mauro Tacón Martínez 28
4
Introdución
Durante este curso fixemos unhas receitas cada venres
a primeira hora. Primeiro fixemos a receita do Pan Samaín
de Cabaza feito pola profesora Roser alá polo mes de
outubro e a última foron os bolos de leite feitos por Mauro
no mes de maio.
Aprendemos o que é a masa (peso) e a capacidade
entre outras cousas. Tamén aprendemos a cociñar e os
nomes de moitos útiles de cociña, aínda que tivemos un par
de desastres!!!
Agora mostrámosvos todas as receitas que fixemos ao
longo de todo este curso.
Esperamos que vos gusten!!!
Os alumn@s de 5º
5
FACEMOS UN LIBRO DE RECEITAS DE COCIÑA
Cada alumn@ pasa a súa receita a formato Word.
Tamén elaboran as portadas, índice e introdución.
Todas as receitas foron feitas na escola como queda constancia no libro. Os alumn@s aportaron os ingredientes para poder facelas e, na casa, con axuda da familia, buscaron a receita máis axeitada para facela na escola.
Dámoslles grazas a todas as familias pola súa colaboración.
Esperamos que o pasedes moi ben facéndoas!!
A profe
6
(receita da profe Roser) 28-10-2011
É unha receita de outono moi rápida e fácil de facer INGREDIENTESINGREDIENTESINGREDIENTESINGREDIENTES • 3 ovos • 2 cuncas de azucre • 235 gr. de cabaza cocida • 1 vasiño de aceite vexetal • 2 culleradas de vainilla • 3 cuncas de fariña • 1 culleradiña de sal • 1 culleradiña de bicarbonato • 1 culleradiña de lévedo en po • 2 culleradas de canela • ½ cullerada de noz moscada • ¼ dunha culleradiña de cravo
ELABORACIÓNELABORACIÓNELABORACIÓNELABORACIÓN
1. Bater os ovos nunha cunca e engadirlle o azucre, a cabaza, o aceite e a vainilla, as especias e os ingredientes secos.
2. Mesturar todo moi ben co batedor. 3. Verter en dúas fontes para pan de molde e engraxa o fondo. 4. Mete no forno a 165º entre 60 e 80 minutos. 5. Desmolda e deixa arrefriar.
7
Pan de SAMAÍN Celebramos o Samaín cunha comilona!!!!!
Gustounos moito e repetiremos a experiencia.
8
Vasiño de iogur con galleta María
Ingredientes
• 1l. de leite semidesnatada.
• 16 galletas María.
• 100g de azucre moreno.
• Un sobre de cuallada.
Elaboración
1. Introducir as galletas no vaso dunha picadora e tritúralas ben.
Quentar un vaso de leite xunto co azucre sen deixar que chegue
a ferver.
2. Mesturar o resto da leite co po das bolachas trituradas e
engadirlles o sobre da cuallada. Engadir este preparado ao leite
co azucre coidando de remover moi ben cunha culler de madeira,
ata que chegue a espesar lixeiramente.
3. Retirar do lume e encher os vasiños. Deixar enfrear, e logo
gardalos unhas 8 horas ata que espese. Acompañar, se queres,
unhas galletas.
Rodrigo
9
VASIÑO DE IOGUR CON GALLETA MARÍA (Rodrigo 18-11-2011)
QUE RICO QUEDOU TODO!!!
Hai que escribir a receita para o noso libro
Eu son un gran mestre cociñeiro, nótase ben,
no?
Con este mestre apréndese a cociñar moi ben, como supervisa todo!!!
10
Torta caseira
Ingredientes
• 400g de fariña.
• 100g de azucre.
• 2 cuncas de leite.
• 2 culleradas sopeiras de mel.
• 2 culleradiñas de bicarbonato.
• Manteiga para untar o molde.
Elaboración
1. Colocar os ingredientes nun cunca grande e traballalos ata
formar unha masa homoxénea.
2. Por último, para terminar coa preparación desta torta, teremos
que untar un molde con manteiga e botar nela a masa procurando
que non quede cheo (2-3 cm do borde) e cocelo no forno
moderado sobre 25 minutos.
Trucos:
Pinchar cun escarvadentes, e se sae limpo xa está a torta.
Mateo Meixús Souto
11
TORTA CASEIRA Mateo 5º
Que torta máis rica!
A torta quedou moi Ben feita.
A torta leva,.. Que ben o fago!
Escribide ben e Con BOA letra!
Un bo cociñeiro tamén sabe lavar a
louza.
12
CREPES
INGREDIENTES
• 400 gr. de fariña
• ¾ l. de leite
• 200 gr. de azucre
• 4 ovos
• Un anaco de bicarbonato
• Un tarro de marmelada de amorodo sen pebidas.
• 250 gr. de queixo relado.
ELABORACIÓN
1. Poñemos a fariña, o leite, o azucre, os ovos e o bicarbonato
nunha cunca e batemos todo co batedor.
2. Acendemos o lume e poñemos unha tixola pequena cunha
cullerada de aceite a quentar a baixa temperatura.
3. Botamos unha cullerada sopeira de masa na tixola e dámoslle a
volta para que se faga polos dous lados.
4. Cando a sacamos do lume botámoslle marmelada e queixo
relado e facemos un roliño.
5. Deixamos arrefriar un pouquiño nunha bandexa e comemos.
Eulogio Eiravellella Mujica
3-12-2011
13
Temos un profe moi bo que explica de marabilla!!!
Que ben cociña e guapo sae na foto !!!!
Como nos imos poñer!!!!
Que aproveite!!!
14
Salchichón de chocolate
Ingredientes
• 1 ovo.
• 1 cunca de cacao en po.
• ½ cunca de azucre.
• 100 gr. de manteiga
• 1 paquete de bolachas María
Elaboración
1. Nunha pota no lume medio, derreta a manteiga, engade
azucre, chocolate e finalmente o ovo.
2. Mestura ata obter unha pasta lisa, sen grans e retirala do
lume.
3. Cortar as bolachas en anacos pequenos e engade á masa.
4. Mesturar.
5. Para darlle forma: estender un rectángulo de papel de
plástico de enlear, botar a mestura e darlle forma cilíndrica.
6. Enrole ben co papel de plástico de enlear e levar ao
conxelador polo menos 2 horas.
Truco:
Para que as bolachas queden ben desfeitas podemos usar un pau
de amasar.
Santi 16-12-11
15
O COCIÑEIRO PROFESOR ESCRIBE NAO ENCERADO E DICTA AOS ALUMNOS
VOU MAREAR O SALCHICHÓN!!
A COMER!!!!!
16
PASTEL DE COCO 10-02-2012
Ingredientes
3 ovos. Unha chisca de sal. 200 gramos de azucre. 3 limóns. 1 laranxa. Coco raiado. 100 gramos de chocolate para fundir.
Elaboración 1. Póñense a bater 3 ovos cunha chisca de sal. 2. Engadir: azucre e reladura de 3 limóns e 1
laranxa. 3. Bater todos e engadir o coco pouco a pouco. 4. Mesturar todo ben sen batedor ao final. 5. Cocer trinta minutos a 200 grados. 6. Cando saen do forno, botarlle o chocolate por
riba.
Leila Fernández Martínez
17
PASTEL DE COCOPASTEL DE COCOPASTEL DE COCOPASTEL DE COCO
LEILA
Copiade ben os ingredientes
Metidiños no forno!!!!
Que boa pinta teñen !!!
Mirade como metemos os dedos na boca!!
É unha marabilla !!!!
18
Flan de café
Ingredientes:
• 1l de nata líquida
• 300ml de café
• 1 sobre de nescafé
• 120gr de azucre
• Flan royal de 8 racións 1 sobre
Elaboración:
1. Disolver o sobre de royal en 1/2 l de nata.
2. Noutro 1/2 l de nata mesturar o nescafé e o azucre.
3. Mesturalo todo e poñelo a ferver.
4. Verter o caramelo no molde.
5. Unha vez fervido bótase nun molde previamente
caramelizado.
6. Deixar arrefriar e despois metelo na neveira.
Óscar 2/3/2012
19
FLAN DE CAFÉ
Así, con boa letra! Que ben o pasamos! Lemos as medidas Remexemos os ingredientes.....
Como aínda está quente comerémolo na casa, seguro que ha de saber
riquísimo!!!!
20
Magdalenas
Ingredientes
� 1/4 de litro de aceite de oliva.
� ¼ de kilo de azucre.
� 6 ovos.
� 350 g de fariña
� 1 sobre de lévedo en po
Elaboración
1. Bater os ovos co azucre, co aceite e o coñac.
2. Mesturar a fariña co lévedo e engadir pouco a
pouco a masa anterior.
3. Colocar os moldes de papel na bandexa do forno.
4. Ir botando a masa nos moldes de papel ata a
metade.
5. Meter no forno a 175 grados durante 15 ou 20
minutos.
David
21
MAGDALENAS
Isto si que é cociñar!!! Como vedes están deliciosas e co cheiriño....comemos cunhas
ganas !!!!
Dálle, dálle que vas ben!!!
A copiar sen faltas! Vistes como se cascan? Ferrán Adriá non o fai mellor ca min!!!
Comemos xaaaaa???
22
Buñuelos de mazá
INGREDIENTES:
� 2 culleradas de lévedo en po.
� 150 gr. de fariña
� 1 ovo
� 60 gr. de azucre
� 1 vaso de leite
� 2 mazás
� ½ de aceite
ELABORACIÓN:
1. Mestura o lévedo coa fariña e o azucre.
2. Incorpora o ovo e bate ata obter unha masa suave.
3. Engade o leite e remove ben.
4. Mentres repousa a masa estona as mazás e córtaas.
(Corta en rodelas de 1 cm. máis ou menos)
5. Incorpora as rodelas a masa e mestúrao todo.
6. Cunha culler recollemos as rodelas cunha porca de masa
para introducilas en aceite quente.
7. Cando están ben douradas pomos en papel absorbente.
Raquel Vallejo Besada 5º curso
23
BUÑUELOS DE MAZÁ
Fritimos e fritimos,…
Estamos desexando cravarlle o dente! Bo proveito!!!
Atentos que vou ditar. David, escribe e non mires á cámara!
Non sei se me dedicarei á cociña ou á pintura. Creo que José R. quere dicirme algo importante!
Escribide ben e que se entenda!!
24
PIZZA CASEIRA
Ingredientes:
¼ kg fariña
50 g de lévedo
1 ou 2 ovos
1 chorro de aceite
1 chisco de sal
Ingredientes de recheo:
Tomate frito
150 g de xamón
150 g de queixo
Queixo raiado
Elaboración:
1. Bátese o ovo.
2. Mezclase a fariña, o lévedo de pan, o ovo batido, aceite e o sal nun bol.
3. Amase e faise unha bola deixase reposar ata que a masa medre.
4. Estirase a masa ao traballo desexado.
5. Úntase a masa co tomate frito e cóbrese co queixo.
6. Poñemos o xamón york en anacos por enriba e logo o queixo raiado por
enriba o gusto de cada un.
25
Pizza caseira
Questa é a forma de lavorare a masa da auténtica pizza caseira!
Agora escoitade como
falo “tuto bene” o idoma!!
Pizza vén do italiano, escribide con boa letra, eh!
Mama mia! Questo é pecato di
cardinale!
26
Trufas de chocolate
Ingredientes
• 12 sobaos
• 1 tarrina de queixo Philadelphia.
• Colacao
• Virutas de chocolate
Elaboración
1. Esmagamos os sobaos coas mans e botamos nun bol.
2. Botamos o queixo Philadelphia e remexemos todo.
3. Botamos bastante Colacao ata que quede unha masa escura e
consistente.
4. Facemos boliñas coas mans.
5. Espolvorexamos as virutas de chocolate por todo.
6. Metemos na neveira uns 15 minutos aproximadamente.
Lidia Dadín Gondar
27
TRUFAS DE CHOCOLATE
Nunca mellor dito, temos as mans na masa!!!
Boliñas De chocolate
Que boíños son todos!!!
Quedou guay!!
A
comeerrr !!
28
BOLOS DE LEITE
Ingredientes:
� ½ kg de fariña
� 100g de manteiga tibia
� ¼ de l de leite
� 3 ovos: 1 para bater e 1 para pintar
� 1 sobre de royal
� 1 pizca de sal
Preparación:
1. Botar a fariña nunha superficie plana, formando unha montaña, espolvorexar
co levedo royal e a sal. Facer un buraco no centro e engadir o leite pouco a
pouco, os dous ovos e a manteiga abrandada.
2. Para evitar que a masa se pegue espolvorexar coa fariña continuamente.
3. Co a masa resultante facer porcións en forma de boliños, pintar co ovo
batido.
4. Preparar o forno previamente 20 min a 200º de temperatura.
5. Cocer os bolos durante 20 min a 175º.
Mauro 11/05/20
29
BOLOS DE LEITE
Mauro
Dámoslle á máquina e… a facer bolos coas mans limpiñas
Así quedaron. Deste xeito os comemos. Que aproveite!!
Leite da miña vaca Luna!! Xa veredes que boa!!!
Fadece a letra igual de ben que a miña!!!
Lidia non poñas esa cara, vai a estar boísimo!!!
30
FRASES QUE QUEDARON NO CORAZÓN!!
Podemos chupar as mans??? EU TROUXEN LEITE DA MIÑA VACA “LUNA”!
A MIN QUEDÁRONME MELLOR AS MAGDALENAS QUE A MIÑA NAI!!
ISTO DA COCIÑA NON É O MEU!!
PODEMOS REPETIR???
Mira que xeito ten co rolo!
Profe,cando imos á cociña???