historia de rosinha

2
C C C C C C C C

Upload: marichoni-marichoni

Post on 08-Mar-2016

223 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

pdf coa historia de Rosiña, a nosa mascota

TRANSCRIPT

Page 1: Historia de Rosinha

CC

CC CC

CC

Page 2: Historia de Rosinha

Vouvos contar unha historia

dun pequeno animaliño,

que escapou da súa corte

fuxindo do San Martiño.

Trátase dunha porquiña

que percorreu Mazaricos,

ansiosa de aventuras

e de moitos amigos.

Chegou ao noso colexio

despois de moito pasear,

gustoulle tanto o ambiente

que se animou a quedar.

Espiou aos de primeiro

dende detrás da ventá

e atendendo, atendendo

aprendiu a ler xenial.

E descubriu un lugar

no que poder practicar;

lía libros e máis libros

Sabes que lugar será?

Mirouse en tantos espellos,

aló no pais de Alicia,

que perdeu a súa cara

e con ela a súa ledicia.

E igual que ao protagonista

daquela historia sen fin,

esqueceuse do seu nome

Poderás atopalo ti?

Cando teñas debuxada

e pintada a túa porquiña,

pensa nun nome que rime

ou inventa a palabriña.

O esforzo que fagades

a porquiña agradecerá,

compartindo con vos

contos de aquí e de acolá.

Alí comezou a contar

historias impresionantes

tal se vivira ela mesma

aventuras semellantes.

E así unha casa de adobe

pensa a porquiña que fixo

para protexer do lobo

aos seus tres primos porquiños.

Contaba,tamén, que un día,

cun principe azul casara

porque un zapato de cristal

na súa uña encaixaba.

Poemas de Rosalía

recitaba emocionada

e música lles poñía

cando estaba inspirada

Pero un enorme problema

xurdiulle agora á porquiña;

a ver se vós lle axudades

pra que sexa a nosa amiga.

CC

CC CC

CC