guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. se perdemos o compás...

55
29 A paisaxe é o noso mellor retrato, o reflexo da nosa cultura. É certo que o Val Fragoso, e o recuncho do Miñor que temos na parroquia de Zamáns, son un inmenso regalo. Poucos concellos tiveron a fortuna de seren agasallados cun litoral inzado de fermosos areais, costas rochosas e unhas illas sen parangón. Ademais, para darmos creto da nosa sorte dispomos dunha orla de montes e outeiros desde onde dexergar a amena paisaxe dos vales e da ría. Nós convertemos as paisaxes naturais en lugares, con camiños e casais. As pedras de ermidas e alpendres cubríronse cos mesmos liques das rochas do noso familiar horizonte. Fentos e brións bendiciron as fontes de pedra. Ós muros que abeiran os camiños asomáronse silveiras, sanguiños e loureiros. Tapizamos os vales con leiras de centeo ou millo. Deseñamos as hortas coa sabeduría dos xardíns monacais. Nas encrucilladas erguemos cruceiros como xesto de gratitude dos vivos e pregaria polos defuntos. Multiplicamos a beleza da paisaxe engadíndolle unha nova ollada, unha ollada intelixente que converteu á terra en cómplice. De feito, cando un forasteiro visita este país, non é a vizosidade o que lle prende; hai lugares máis verdes. É na escala humana da natureza onde está o misterio da seducción, na música que conseguiu enfeitizar á cobra, na cultura. Manter esta danza é unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe. III. PAISAXES

Upload: vuduong

Post on 19-Nov-2018

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

29

A paisaxe é o noso mellor retrato, o reflexo da nosacultura. É certo que o Val Fragoso, e o recuncho doMiñor que temos na parroquia de Zamáns, son un

inmenso regalo. Poucos concellos tiveron a fortunade seren agasallados cun litoral inzado de fermososareais, costas rochosas e unhas illas sen parangón.

Ademais, para darmos creto da nosa sorte dispomosdunha orla de montes e outeiros desde ondedexergar a amena paisaxe dos vales e da ría.

Nós convertemos as paisaxes naturais en lugares,con camiños e casais. As pedras de ermidas ealpendres cubríronse cos mesmos liques das

rochas do noso familiar horizonte. Fentos e briónsbendiciron as fontes de pedra. Ós muros que abeiran

os camiños asomáronse silveiras, sanguiños eloureiros. Tapizamos os vales con leiras de centeo ou

millo. Deseñamos as hortas coa sabeduría dosxardíns monacais. Nas encrucilladas erguemos

cruceiros como xesto de gratitude dos vivos epregaria polos defuntos. Multiplicamos a beleza da

paisaxe engadíndolle unha nova ollada, unha olladaintelixente que converteu á terra en cómplice.

De feito, cando un forasteiro visita este país, non éa vizosidade o que lle prende; hai lugares máis

verdes. É na escala humana da natureza onde está omisterio da seducción, na música que conseguiuenfeitizar á cobra, na cultura. Manter esta danza é

unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desaanterga armonía rómpese o encanto da paisaxe. III. PAISAXES

Page 2: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

30

Hoxe son xa case máis abondososos topónimos derivados doCARBALLO, Quercus robur, que a propiaárbore. Non hai parroquia en Vigoque non teña lugares con nome decarballos ou carballeiras. Exemplossinalados son nomes de lugar comoCarballal, en Coruxo, Cabral e Bembrive,Carballas e Carvallo en Cabral, Carballosaen Oia, Carballeira en Beade e enSampaio, Carballa en Castrelos, CarballasSecas en Valadares, Carballeiros enLavadores, Carballo do Pazo en Beadeou Devesa do Carvallo en Zamáns.

A partir desta vista aérea de ZAMÁNSpodemos adiviñar as árbores ou a

vexetación coa soa axuda dun plano.Descubrimos a Devesa do Carvallo,

Sabugueiro, Pereira, Nispereira, As Maceiras,Castiñeiras, Xuncais, Carrascal...O

arrecendo de fertilidade que reflictenos topónimos ten unha clara

traducción na paisaxe vexetal. Tamén orelevo podémolo percorrer gracias anomes como As Laxes, Barreiro, Val deOuteiro, Pedra da Peña, Outeiro de Godella,

Pedra Furada ou Pedra da Ucha, unhainformación que anima as curvas de

nivel do mapa.

O dedo índice é un excelente medio detransporte. Só precisamos dun bo mapa

para nos adentrar polos montes, veigas eribeiras do concello.

Freixos, salgueiros, sabugueiros, amieiros,carballos, piñeiros, loureiros ou estripeiros sonárbores das nosas paisaxes naturais que deronnome a parroquias e lugares. Podemos imaxinarformacións vexetais como touzas, toxais,carrasqueiras, xesteiras ou xunqueiraspercorrendo un mapa de Vigo. Outrostopónimos indícannos os cultivos máiscaracterísticos do Fragoso; así, Milladas, Orxás,Melcas, Ceboleira, Centeira, Tintureira, Viña daVeiga ou Viñagrande, son unha boa mostra doabano dos nosos aproveitamentos agrícolas.Nomes árbores froiteiras como Ameixeira,Cerdeira, Maceiriña, Castañal, ou Nogueirafálannos da xenerosidade da terra e climavigueses.

Ademais dunha información completa domundo vexetal, a toponimia inclúe un pequenotratado da zooloxía local. Becerreira, Pombal,Galiñeiro, Raposeira, Teixugueira ou Doneciñason un exemplo da fauna agrícola e silvestre doconcello. Lembra tamén a toponimia antigaspaisaxes, como Os Liñares, nome que evoca odesaparecido cultivo do liño; a memoria quemanteñen viva os nomes de lugar é unhachamada á conservación dunha paisaxe que,ademais da súa beleza, é un sinal de identidade.Ninguén pode alegrarse de que os numerosostopónimos derivados do carballo acaben sendosó nomes nun mapa, como aconteceu co lugarchamado Carballeira do Cuco, nas Travesas,onde xa non quedan nin cuco nin carballeira.

NO

ME

S PR

OPI

OS

Page 3: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

31

Aimportancia

do MILLO,como

productofundamental na

economía agraria,quedou recollida

nos diferentestopónimos

derivados destecultivo de orixe

americana. Millada en Beade,As Milladas en Lavadores, Millareira en

Alcabre ou Millaradas en Bembrive,son un bo exemplo. As 1.754 has.

cultivadas en Vigo de millomanteñen vivo o significado destes

topónimos.

..Nos topónimos péchasemoita xeografía, moita

natureza, moita hestoria...A vida do pobo está neles.Uns amostran o relevo dochan, a situación, o feitío

das terras, as augas (fontes,ríos, regueiros, lagoas,

mar...); moitos, osvexetales, os cultivos e as

labouras, e mesmo dosanimaliños que no lugarmedran: abondan os quevalen para revelármonos

moimentos e arqueoloxíasque, sin eles, se

esquencerían; refírense osque menos enxergan á

xente, a poboaciónsantergas, xenias

petruciales, a vellosposesores..., e inda quedan

os que sinalan talleres,feitos senlleiros...XOSÉ FILGUEIRAVALVERDE.1979.

Adral.

A existencia de topónimoscomo Freixeiro ou O FREIXOindícanos a abondosapresencia desta árbore enVigo, hoxe moi reducida aaqueles treitos de ribeiraben conservados. O freixo,Fraxinus angustifolia, é unhaespecie moi ligada ás beirasdos ríos de toda apenínsula, aínda que taméngusta de vivir en terreosnon enchoupados.

Gregos e romanosconsideraban sagrada a estaárbore. A deusa Némesisrepresentábase ás vecescunha vara de freixo. Nasbodas de Peleo e Tetis, ocentauro Chirón manexaunha vara de freixo, amesma que serviu de hastapara a lanza de Peleo e quelogo sería a arma predilectade Aquiles pola súalixeireza e consistencia.Estas características forontamén apreciadas no nosomundo rural, queempregou esta madeira parafacer os eixos dos carros,como recolle a cantiga,

Se queres que o carro cante,coma o do teu veciño,mételle eixo de freixoe as treituras de sanguiño.

Coa madeira de freixo fanseen Galicia outros moitosobxectos ou aparellos dacultura agrícola tradicionalcomo as solas dos zocos, osxugos, angazos ou acambela, longa peza demadeira dun tipo de aradoutilizado para cavar. Taménse fan de freixo os paus dehockei, os bates de béisbole as raquetas de tenis demadeira.

Esta imaxe dointerior da canaveira dohumidal do Vao é unha

mostra aínda viva daorixe do nome do

barrio de CANIDO, naparroquia de Oia.

Outras zonas húmidasque aparecen natopografía teñen

nomes comoXunqueira ou Lagoas.

III. PAISAXES

Non só os nomes dos lugaresdescriben as características dapaisaxe. Seica os galegos e os suecosson os europeos que máis utilizan osnomes de árbores ou arbustos nosseus APELIDOS. Quizais o bosquemáis diverso e mellor conservado doconcello se atope nas páxinas da guíatelefónica. Os bosques de ribeiraestán especialmente benrepresentados, con apelidos comoSalgueiro, Salgueiriño, Ameneiro,Abeleira, Abeledo, Abelaira,Abelenda, Freijeiro, Freijo ouFreixanes. Tamén son abondosos osapelidos derivados de pereiras,maceiras, nogueiras, figueiras,cerdeiras, castiñeiros, piñeiros,teixos, sabugueiros, espiños, acivros,sobreiras ou oliveiras. Por suposto, anosa árbore máis emblemática estáben representada con apelidos comoCarballo, Carballeira, Carballido,Carballal ou Carbajo. Se cada un dosvigueses que ten unha árbore no seuapelido tivese un lugar onde plantala,sen dúbida se crearía unhaextraordinaria fraga.

Page 4: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

32

Os PIÑEIROS son, xunto coseucaliptos, as árbores predominantes

nos montes vigueses. Tres son asespecies existentes, o piñeiro bravo,

Pinus pinaster, o de repoboación,Pinus radiata, e, moito menos

abondoso, o piñeiro manso, Pinuspinea.

O EUCALIPTO, Eucaliptusglobulus, ocupa unha gransuperficie no espacioforestal do concello. Estafrondosa orixinaria docontinente australiano tenunha gran resistencia ó lume,que aproveita para conseguirunha maior dispersión.Tamén da mesma orixe sonas tres especies de acaciasdos nosos montes, que teñenun forte comportamentoinvasor.

De cando en vezescóitase peteirarnos piñeirais esebes dos montes ecampos vigueses óPETO VERDEAL, Picusviridis. É unha ave quegusta de toda clase de insectos que vivenbaixo as cortizas das árbores, comolarvas, escarabellos ou termitas. Osformigueiros monticulares dos piñeiraisson unha das súas especialidades;remóveos para capturar obreiras e darse unbaño de ácido fórmico, expelido polasformigas para eliminar parásitos.Cando chega a fin do inverno a femiaocupa un buraco construído a base demartelo e gubia por este incansablecarpinteiro, niño onde nacerán as súascrías.

Non é doado definir o monte, xa que é untermo estreitamente vencellado ó seu uso.

Foi unha entidade nítida cando se practicabanestivadas, aproveitábase o esquilmo, pacía ogando e se extraía forraxe e leña; era daquela unalicerce da economía agraria. Os cambios queexperimentaron estes usos na segunda metadedeste século sitúan ós nosos montes nunhaencrucillada que lle obriga a redefinir a súafunción.

As grandes superficies forestais e de matoque rodean ó concello teñen unha forte vocaciónde espacio recreativo, chamado a cumprir unimportante papel ecolóxico, social e paisaxístico.A mellora da súa natureza é un requisito para queo monte recupere a utilidade, que é a mellorgarantía para a súa conservación.

Nos montes vigueses, especialmente nas zonas próximas ás terras cultivadas, aíndase pode escoitar o tristeiro canto dos mouchos. Un piuu monótono e intermitente

indícanos a presencia do MOUCHO DAS ORELLAS, Otus scops, a rapinanocturna galega máis cativa; nalgúns lugares chámanlle piouca,

nome onomatopeico que fai referencia ó seu singular reclamo.É unha ave migradora que nidifica en Europa e inverna en

África. Localízase con facilidade xa que está toda a noite aemitir reclamos, e resposta case sempre ás imitacións do seu

canto. Cría na maior parte dos piñeirais e paisaxes conpresencia de caducifolias, aparecendo incluso en parques

como os do Castro e Castrelos. O debuxo representa ó outrodos mouchos que vive nos nosos montes, campos e parques, oMOUCHO COMÚN, Athene noctua. É sedentario e aniña entre abril e

xuño. Á tardiña ou no albor déixase ver pousado en postes e pólas óaxexo dos insectos, ratos ou pequenos paxaros dos que se alimenta.

O M

ON

TE

Page 5: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

33

O XABARÍN, Sus scrofa, ten nasterras galegas un hábitat ideal:montes, mato e bosques,mesturados con zonasagrícolas e con presencia devertedoiros incontrolados.Deste xeito, está a colonizar osmontes galegos, pese a que éunha especie cazable.

Aliméntase practicamentede todo; raíces, tubérculos,invertebrados, niñadas, preas,lixo,... polo que ten poucosproblemas para atoparalimento. Se ademais das boascondicións de hábitat, temosen conta a ausencia depredadores naturais,principalmente poladesaparción do lobo demoitos lugares de Galicia, xatemos razóns abondo quepoden explicar a súaexplosión demográfica.

O porco bravo deixamoitos rastros; pegadas,excrementos, terras removidaspara buscar alimento oucharcas onde se enzoufan delama, son sinais que nospermiten confirmar a súapresencia. En Vigo aparecenos montes de Coruxo, noGaliñeiro, e en Zamáns; decando en vez hai algunhabatida, xa que este habitante domonte tense atrevido adestrozar algún campo demillo.

O POMBO TORCAZ, Columbapalumbus, é un dos pombos máisgrandes, ben recoñecible polasmanchas brancas no pescozo enas ás, que bate ruidosamentecando foxe ó achegarmos a el.Visitante frecuente dos piñeirais,gusta de estar perto de masasarbóreas. É unha especie comúnnos piñeirais de Coruxo, OGaliñeiro, parques forestais exardíns vigueses; tamén é unhaave moi frecuente nas Illas Cíes. Ésedentaria en Vigo, aínda que noinverno achéganse individuosnorteños. É moi frecuenteatopala, ó amencer, alimentándosenos campos colleitados ou recénsementados, pois complementa asúa dieta de sementes e brotessilvestres con visitas ós cultivos.Ten un reclamo semellante ó daspombas urbanas, aínda que máisgrave e profundo. Nos últimostempos colonizou novos hábitatse probablemente incrementou asúa poboación.

Gran parte do sotobosque eas superficies non arboradasdos montes vigueses estáncobertas por un mesto matono que predominan toxos,xestas, uzes, carrascos,carpazas e carqueixas. Nafoto, flores de TOXO ARNAL,Ulex europaeus.

En zonas con solos máisprofundos, a UZ, Erica

arborea, pasa a formarparte do mato. Este

arbusto, que pode acadaros catro metros de

altura, florece entre osmeses de marzo e xuño

en montes conabundante matogueira,como O Galiñeiro ouos montes de Coruxo.

Tradicionalmenteutilizábanse as súas

raíces para facer carbón

A BARBA DE RAPOSO, Cuscutaepithymun, é unha planta parásita quese alimenta da saiba de arbustos,toxos sobre todo. Aínda quexermina no chan, gabea polasplantas ata cubrilas cos seus talosvermellos, cor motivada polaausencia de clorofila. Os matos demontes como Coruxo, Galiñeiro ouVixiador son un excelente hábitatpara esta especie.

Toxo arnal, toxo molar, toxo gateño.Son las tres diferencias que hay de

toxos en Pontevedra. El molar, y quetambién llaman albariño, es el más

blando y muelle, y el que se majapara las caballerías. El gateño es el

que está florido todo el otoño einvierno, y se llama así porque sus

espinas son casi y representan uña degato. Y el arnal es el asperísimo y

grande, que nace entre las peñas delos montes, y cuyas espinas son

largas, derechas, fuertes, duras, yque son capaces de taladrar una

tabla.FR. M. SARMIENTO. 1767

Catálogo de voces vulgares y enespecial de voces gallegas de diferentes

vegetables.

III. PAISAXES

Page 6: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

34

A colocación de CAIXAS-NIÑO é unha dasactividades máis peculiares deconservación e educaciónambiental nos montes.Estas contruccións demadeira instálansepara favorecer oasentamento depaxaros insectívorosnos bosques derepoboación. Destexeito promóvese ocontrol biolóxico de pragascomo a procesionaria, e outros moitosinsectos que atopan nestes ambientesforestais un lugar idóneo para proliferar.

Moitas especies insectívoras comoferreiros, ferreiriños, carrizas oumorcegos non colonizan os piñeirais polaausencia de buracos naturais nas árbores,xa que os aproveitamentos forestaisintensivos impiden a presencia de árboresvellas, con ocos ou fendas ondeagocharse.

Os montes tamén foron utilizados en tempos xalonxanos, dos que nos queda hoxe un ricotestemuño de MÁMOAS, PETROGLIFOS e CASTROS. Asmámoas son lugares de enterramento da épocaneolítica, constituídas por túmulos de terra quecobren unha cámara funeraria formada por variaslaxes. É frecuente que estes monumentosfunerarios xa non teñan a cuberta de terra,denominándose entón megalitos. Os petroglifos,moi abondantes nos montes de Coruxo, songravados sobre a rocha da Idade de Broce. Oscastros, poboados fortificados situados a cotío enouteiros, son as manifestacións máis característicasda Idade de Ferro. A riqueza en restosarqueolóxicos dos montes vigueses outórgalle aestes espacios unha nova función de conservacióne unha máis integral dimensión ambiental. Na fotoda esquerda, o petroglifo de Chan Grande, enCoruxo; á dereita o megalito A Casa dos Mouros, naMadroa.

As actividades recreativas, deportivas,educativas e de conservación danatureza estanse a converter nas

protagonistas dos montes vigueses. Odesenvolvemento e ordenación das

FUNCIÓNS SOCIAIS dos montesperiurbanos son unha peza

fundamental na súa conservación. Nafoto, escolares vendo un camión de

loita contra o lume, actividadeeducativa organizada pola comunidade

de montes de Saiáns.

Tradicionalmente considérase que o montecumpre tres funcións fundamentais: de

conservación, de producción e social. A primeirarefírese ó papel que desempeña o monte nomantemento da calidade ambiental,desenvolvendo accións tan relevantes como aprotección contra a erosión, o mantemento doequilibrio hidrolóxico ou a preservación dasespecies que requiren para a súa supervivenciao hábitat forestal ou de mato.

A vocación productiva do monte non se reducenecesariamente á extracción de madeira. Existenmoitos aproveitamentos secundarios que soncompatibles coa producción básica madereira,como o gando, os cogumelos, a caza, a pesca,plantas melíferas, aromáticas e medicinais,esquilmes ou froitos. Por último, a función socialvencéllase coa aptitude para ser o marco dedesenvolvemento de actividades deportivas,culturais ou de lecer. Esta é unha vocaciónprincipal de montes como os de Vigo, enveciñanza cunha gran poboación que demandaespacios abertos e parques achegados á cidadeonde desfrutar da natureza.

USO

S D

O M

ON

TE

Page 7: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

35

A pesar da malafama do eucalipto,co seu pole faise unMEL de sabor suaveque posúepropiedadesantisépticas. Asabellas, silvestres edomésticas, sonunhas das principaispolinizadoras dasplantas e cultivos;un enxame podevisitar máis de 5millóns de flores ódía; sen este traballomoitas especiessilvestres e agrícolasdesaparecerían. Enpracticamentetódalas parroquiasdo rural viguéspróducese mel dexeito doméstico.

Cada vez é maior onúmero de xente que ochegar o outono sae ós

campos e bosques en buscade cogumelos, actividade que

hai que levar a cabo conprecaución e a ser posibleen compañía de expertos.

Os piñeirais son o hábitat característico doFUNGO DA MUÑA, Lactarius deliciosus, un dos máisexquisitos cogumelos. Tamén son propias de

piñeirais outras especies comestibles comoBoletus edulis, Cantharellus cibarius, Tricholoma equestre

ou Tricholoma portentosum.

O APROVEITAMENTOMADEREIRO dos montes éun uso compatible coaconservación do seu valornatural e cultural. Inclusomontes como os de Vigo,cunha forte vocaciónsocial, teñen noaproveitamento madereirounha principal fonte derecursos. Os beneficiosdesta explotación racionalempréganas ascomunidades de montesdo concello na mellora dasinstalacións recreativas, nomantemento de sendas ecamiños, e na plantaciónde especies, tanto paraaproveitamento madereirocomo para mellorar acalidade e diversidade domedio natural. Esteesforzo dos propietariosdos montes débesecorresponder cunhaconducta responsable,mantendo limpo o montee evitando calqueraactividade que leveconsigo o risco da súamaior praga, os incendiosforestais.

A mí, francamente, meemociona la idea de pensar

que, cuando Dios creó la Erica,tuvo ya bien en cuenta que el

hombre, que aún no había sido creado, fumaríaen pipa.

Pasaron siglos y más siglos y el brezo estuvosiempre esperando con toda paciencia, cuidando

de no desaparecer de la tierra; crecía y semultiplicaba, esperando siempre la llamada

del hombre. Éste no le llamó hasta bienentrado el siglo XIX, y aún, si lo hizo, fué por

casualidad.Se necesitó para ello que Napoleón viniera al

mundo, que pusiera su bicornio y su levita gris,y que dedicara todo su enorme talento a

ensangrentar Europa. Tuvo que vencer a susenemigos, ser vencido más tarde; tuvo que hacer

una serie de gestos y tener una porción derasgos que adornan su figura de coloso y, por

fin, fué necesario que muriese en el destierro,alejado de Francia. La Historia corría. Los

franceses se enjugaron un poco las lágrimas queNapoleón les hizo derramar; olvidaron sus

muertos y, comprando un busto del emperador,lo colocaron sobre el piano. El culto de

Napoleón quedaba establecido; no podían lascosas suceder de otro modo para que los

hombres llegasen a tener pipas de brezo.Los fanáticos de Bonaparte, no contentos con

visitar el sepulcro de su héroe, ya en losInválidos, organizaron verdaderas peregrinacio-

nes al lugar de su nacimiento. Uno de esosperegrinos, vendedor de pipas, tuvo en Córcegauna idea magnífica: "voy a hacerme una pipa

de la madera de uno de estos arbustos querodean el lugar donde nació nuestro empera-

dor", se dijo; y, dicho y hecho, de una raíz debrezo talló una pipa: la pipa-recuerdo de

Napoleón. Estoy seguro de que el brezo debiótener entonces un movimiento de alegría y en un

lenguaje secreto para el hombre exclamó: "Yosoy el brezo para hacer pipas, que hace

centenares de siglos que te espero". La pipa fuéalgo magnífico, apocalíptico; ligera como las deespuma, dura como las metálicas, refrigerantecomo la Huka...Todas las buenas cualidadesse reunían en ella. Hoy la pipa de brezo es la

pipa del hombre civilizado.JOAQUÍN VERDAGUER. 1943.

El Arte de fumar en pipa.

III. PAISAXES

Page 8: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

36

A PÍNTEGA GALEGA ousaramaganta, Chioglossa lusitanica, éunha xoia da nosa herpetofauna,

tanto polo seu carácter endémicode Galicia como pola súa escaseza.

Adoita aparecer en bosquescaducifolios autóctonos, húmidos

e sombrizos, especialmente naproximidade de regatos de augas

limpas e en zonas ricas en brións,fentos e restos de vexetacióncaducifolia, onde se crea un

microclima moi húmido erelativamente atemperado. É unha

especie que ten actividadepracticamente todo o ano, salvo

períodos de moito frío ou secasestivais, momentos nos que se

refuxia. Aliméntase deinvertebrados que captura coalingua como arañas, dípteros,

escaravellos ou colémbolos. EnVigo ten unha presencia localizada

nos seus hábitats óptimos, encarballeiras vencelladas aribeiras fluviais como as

do Rego da Rega, doRegato de Saiáns,

ou do ríoZamáns, onde se

atopou apíntega

galega dafoto.

As enredadeiras sonresponsables en boamedida davizosidade quecaracteriza ás fragas.Destaca poloarrecendo efermosura das súasflores a HERBASALGUEIRA, Lonyceraperyclimenun.Outrashabituaisenredadeirasda fraga son ahedra, Hedera helix,e as uvas decan, Tamuscommunis.

O SANGUIÑO, Frangula alnus, é unarbusto que non adoita chegarata os 5 m de altura. Atópasenos bosques ó abeiro dasgrandes árbores, nas ribeiras deríos e regatos e nas sebes.Caracterízase polos seusrechamantes froitos vermellos,con dúas ou tres carabuñas, queó madurecer fanse máisescuras. Estes froitos son moiapetecidos polos paxaros,aproveitádose deles ossanguiños para dispersar as súassementes. Da súa cortizaextráese un colorante vermelloempregado na industriatradicional de curtido. Amadeira é de gran flexibilidade,polo que se usa en tonelería.En Vigo é frecuente nasribeiras ben conservadas, nassebes das zonas de cultivos enos montes, acompañando ásmasas mixtas en que aparecenpiñeiros e carballos.

As fragas ou carballeiras son os bosquesnaturais máis característicos da Europa

atlántica. Segundo as diferentes situaciónsxeográficas, a súa composición varía dunhaszonas a outras. O concello de Vigo posúe un tipode fraga común a todo o occidente galego, e naque ademais do carballo, podemos atopar outrasárbores ou arbustos como castiñeiro, sanguiño,pereira brava, acevro, espiño, loureiro ou érbedo.A sombra das árbores da fraga crea un ambienteatemperado e a terra mantense fértil, o que setraduce nunha inusual diversidade de especiesvexetais. Este variado bosque é o hábitat denumerosas especies animais, o fogar da nosamáis xenuína fauna. As fragas son pois, unhapeza clave do patrimonio natural, polo que a súaprotección e mellora son fundamentais para aconservación da vida silvestre.

FRAG

AS

Page 9: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

37

O ESPIÑO ou estripeiro,Crataegus monogyna, xunto conacevros, sanguiños e pereirasbravas é unha das pequenasárbores que forman parte dosnosos bosques mixtos. Taméné frecuente en sebes e nasproximidades das ribeirasfluviais: é fácil de distinguirpolas súas espiñas e polosfroitos vermellos ouacastañados. Pertence á familiadas rosáceas e comeza a botaras súas flores xa no mes demarzo.

Este temperánflorecemento foi recollido natradición; seica na véspera deNadal, Xosé de Arimateachantou o seu bastón no chane agromou no momento unespiño florido. En Inglaterra,ata o tempo de Carlos I,levaban aínda en procesióncomo aguinaldo de Nadal unramallo de espiño deGlastonbury, que dicíandescendía en liña directa dobastón de Xosé de Arimatea.No ano 1753, ó non chegar afloración, os veciños, antesque poñer en dúbida ainfalibilidade do espiño,preferiron aprazar a festa deNadal ata que se cumprira opretendido milagre, queaconteceu o día 5 de xaneiro.

A gran diversidadedas fragas tradúcesenunha importantefonte de alimento erefuxio para unhachea de especies,que en moitos casosteñen unhadependencia moiestreita desteshábitats; é o caso doFERREIRIÑORABILONGO, Aegithalos caudatus,que constrúe os seusniños en hedras,espiños ou outrasárbores de portearbustivo habituaisnas fragas.

Nomesde

cogumeloscomo pan de

sapo, peidode lobo ou

pan de cobrapoden ser

unha proba datradicional micofobia de moitas zonas

de Galicia. Non hai unha explicacióndefinitiva a este comportamento, aínda

que se ten relacionado coa presenciade especies alucinóxenas, como a

AMANITA MUSCARIA. A este cogumelo,frecuente nas fragas, chámanlle

bríncabois ou reventabois no sur de Galiciae norte de Portugal; segundo din, as

vacas tolean cando o comen poraccidente.

As fragas son santuariospara unha rica flora queten nestes lugares a súa

única posibilidade desupervivencia. ASOLDACONSOLDA,

Polygonatum odoratum,precisa dos ambientes

sombrizos que ofrecen ascarballeiras húmidas. O

seu nome ten que ver coacrenza popular que lle

outorga a propiedade desoldar os ósos rotos. No

concello de Vigopodémola atopar nas

pequenas e escasas fragasque nos quedan, como a

do río Zamáns ou a deFragoselo.

La fraga es un tapiz de vida apretadocontra las arrugas de la tierra; en sus

cuevas se hunde, en sus cerros se eleva, ensus llanos se iguala. Es toda vida, dos

leguas de vida entretejida, cardada, sinagujeros, como una manta fuerte y nueva,

de tanto espesor como el que puede medirsedesde lo hondo de la guarida del raposo

hasta la punta del pino más alto. ¡Señor,si no veis más que vida en torno! Donde

fijais vuestra mirada divisais ramasestremecidas, troncos recios, verdor; donde

fijais vuestro pie doblais hierbas quedespués procuran reincorporarse con el

apocado esfuerzo doloroso de los hombreci-llos desriñonados; donde lleveis vuestra

presencia habrá un sobresalto más omenos perceptible de seres que huyen entre

el follaje, de alimañas que se refugian enel tojal, de insectos que se deslizan entre

vuestros zapatos, con la prisa de todas suspatitas entorpecidas por los obstáculos de

aquella selva virgen que para ellosrepresentan los musgos, las zarzas, losbrezos, los helechos. El corazón de latierra siente sobre sí este hervor y este

abrigo, y se regocija.WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ.

1965.El bosque animado.

III. PAISAXES

Page 10: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

38

Os CARBALLOS, Quercus robur,crecen a modo, polo que se

queremos conservar o seusignificado ambiental, cultural e

social, non se pode perder tempo.Os seus méritos ecolóxicos, xa ben

recoñecidos, están a converter aplantación de carballos nun

costume habitual, unha saudablecelebración que acontece entre o

outono e o inverno. Na foto,viveiro da Comunidade de Montes

de Saiáns, onde ademais de obterárbores para repoboación,

realízanse actividades educativas.

A madeira de carballo é unhadas máis empregadas naCARPINTERÍA TRADICIONAL.Utílízase para facer trabes,pontóns ou táboas do piso naconstrucción ou instrumentosempregados na labranza comoo carro, o arado, grades emangos de ferramenta. Atonelería tamén é un usohabitual desta madeira. A imaxerecolle a construcción dunhasella.

A CABRIÑA, Davalliacanariensis, é un fentosingular por ser a únicaespecie europea dunhafamilia de fentoscaracterísticos do Pacíficotropical. Distribúese porarquipélagos atlánticoscomo Canarias ou Azores,parte da costa mauritana enunha ampla banda litoralentre Asturias e a Serra deSintra. En Vigo é doadoatopala empoleirada ásramas dos carballos nasfragas mellor conservadas.A cabriña é unha reliquia davexetación tropical do finalda era terciaria, queconseguiu resistir ásglaciacións agochada entemperados refuxioscosteiros. No nosoconcello ten agora queresistir nas escasascarballeiras que quedan. Afoto foi tomada nas ribeirasdo Lagares ó seu paso porSárdoma.

AsBUGALLAS,

taménchamadas

carrabouxos,non son osfroitos do

carballo. Estánorixinadas por unhas

pequenas avespas que poñenos seus ovos nos gromos do

carballo; a árbore reaccionacreando as bugallas, que

servirán de refuxio ás larvasdas avespas. Non faltan

tampouco outros insectosque se aproveiten destetraballo e utilicen estas

bugallas, onde podemosatopar ata 75 especies

diferentes. Outros vexetais,como salgueiros ou silvas,tamén producen bugallas,aínda que provocadas por

outras especies de insectos.Os rapaces utilizábanas

para facer rosarios cos queadornaban os maios.

Máis que unha árbore, o carballo é unhapaisaxe. Posúe unha amena xeografía con

diferentes climas e estacións e habitantes que nelteñen o fogar e o traballan; tamén abondan osforasteiros que se achegan atraídos polasoportunidades de fortuna ou esmorga. É asemadeun lugar cos seus mitos e crenzas, cunha historiatan incerta como as súas lendas, rica coma todasen heroes e viláns. A súa mellor sabeduríaesparéxese por ditos e refráns. Un estrictocalendario de celebracións pon orde nas festas,que glorifican a unha manchea de santosavogosos e miragreiros.

É logo o carballo un país coma calquera outro,onde todo está ben disposto para que a vidasuceda á morte. O segredo da vitalidade destaárbore quizais estea no rumor do bater das follascando non son movidas polo vento, que seica asíanuncia Zeus a súa vontade ós homes.

O C

ARB

ALL

O

Page 11: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

39

Nas poucas carballeiras quequedan no concello aínda sepode atopar unha das especiesmáis singulares da nosa fauna, aVACALOURA, Lucanus cervus.Caracterízase por posuír unhasgrandes mandíbulas con aspectode cornamenta que utilizanprincipalmente para a loita polasfemias. A saiba dos carballosconstitúe o principal alimentodas vacalouras, dependendotamén o seu ciclo vital damadeira morta onde deposita osovos, e onde permanecen unsanos en forma de larva ou decrisálida ata que se converte enadulto. O carballo é polo tantounha árbore fundamental para aconservación desta especie,aínda que excepcionalmentepodémola atopar noutrasfrondosas ou en piñeiros. EnVigo aínda sobreviven vacalourasen carballeiras como a deFragoselo, a da Guía, ou enzonas de cultivo onde existencarballos esparexidos en sebesou lindeiros

A nosa cultura tradicionaloutórgalle a este escaravellocarácter máxico e protectorfronte a meigallos e malosespíritos. Sen embargo, a pesarde ter sona de traer boa sorte, avacaloura non é moi afortunada,xa que cada vez lle quedanmenos carballeiras nas quepoder vivir. Está catalogada enGalicia como vulnerable, unhacategoría que é a antesala dasespecies en perigo de extinción.

Un carballo maduro, cos seus trinta metros de altura, serve dehospedaxe, e ás veces tamén de comedor a máis especies distintasde animais que ningunha outra árbore europea. Trinta especies de

aves, corenta e cinco escaravellos distintos e máis de duascentasespecies de bolboretas nocturnas puideron colleitarse en

carballos.Cada parte da árbore ten os seus hóspedes particulares.Nas raíces viven larvas de escaravellos abellón e de elatéridos ou

escaravellos de resorte. Avelaíñas diminutas, moitas delas conmenos de 2 cm de envergadura, escóndense durante o día en

fendas da cortiza e voan ó redor das ramas pola noite. Xustodebaixo da cortiza, hai escaravellos facendo a súa tobeira e

escavando diminutas galerías radiais, mentres os escaravellosminadores perforan a madeira coas súas frechas.

As follas, brandas e suculentas, son devoradas por escaravellos epor eirugas de moitas especies de avelaíñas.(...)

As landras de carballo, tan ricas en nutrientes, aportan alimentoa outra serie de comensais, que dispoñen dunha gran cantidade decomida, xa que un carballo adulto pode producir 90.000 landrasó ano (varios millóns ó longo da súa vida). Posto que debe chegar a

madurar unha soa landra de cada árbore cada século paramanter a poboación de carballos, existe un gran excedente.

Animais de todo tipo asegúranse de que non se produza derrocheningún. As grallas e gaios apañan

as landras das ramas a medidaque maduran e os pombos torcacesson particularmente larpeiros. Unsó pombo pode levar setenta destas

sementes no papo e consumir atacento trinta nun só día. Os

gurgullos fúranas cos seus longosfuciños e poñen os seus ovos no

interior. E cando as landrassobreviven a esta peaxe e caen ó

chan, son recollidas con avidez porratos, esquíos, cervos e, na Europa

continental, tamén por xabaríns.Os consumidores dos tecidos do

carballo, a súa vez, serven de alimento a outro grupo de animais.As larvas de avespas, arañas e xoaniñas dan caza a eirugas. Os

paxaros nativos comezan a construír os seus niños e as femiasteñen que alimentarse en abundancia a fin de producir os ovos; os

petos e os gabeadores trepan pola cortiza do carballo peteirando osinsectos que se agachan nas fendas; os ferreiros teñen a súa proleno momento en que é maior o número de eirugas que comen follas

de carballo (un só ferreiro adulto con crías que alimentar poderecoller ata trescentas eirugas ó día). (...)

Cando o carballo se fai máis vello e se abren ocos no seu tronco,as curuxas e os morcegos ás veces instálanse no seu interior; e

máis abaixo, entre as raíces nodosas e entrelazadas, os teixugos eos raposos escavan os seus fogares.

DAVID ATTEMBOROUGH. 1995.La vida privada de las plantas.

III. PAISAXES

Page 12: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

40

Nun austero niño,entre as fendas das

rochas do Galiñeirocría o CIRRIO GRANDE,

Apus melba, unhaespecie de vencello.

O mesmo que oruidoso cirrio

urbano, Apus apus,pasa a súa vida

voando excepto nomomento de chocar os ovos e alimentar os pitos,

pasando a noite durmindo a gran altura. De feito ocirrio ten as patas atrofiadas e a penas as move; se cae ó

chan non é quen de impulsarse para elevar o voo.Outra interesante adaptación é o seu largo e curto

peteiro, que abre para capturar as presas coma un truelno mar; aliméntase así do chamado plancto aéreo: moscas,

mosquitos, bolboretas, e toda clase de insectosvoadores.

O cirrio grande, de maior tamaño que o cirriocomún das cidades, chega á Serra do Galiñeiro a finaisda primavera, e unha vez alí, busca nas penedías unha

fenda aquelada onde nidificar.

O Galiñeiro é unha boarepresentación dePAISAXE GRANÍTICA, ondese poden observarmorfoloxíascaracterísticas destasformacións.

A serra do Galiñeiro é un enclave dotadode extraordinaria singularidade. Xeoloxía,

natureza, paisaxe, actividades ó aire libre epatrimonio cultural conflúen no contorno do puntomáis elevado do concello.

As grandes extensións de piñeiral, mato epenedío fan desta serra un lugar único paraatopar unha fauna silvestre característica dehábitats de rochedo, en especial paxaros como ochasco cincento, o rabirrubio común ou os rarosmerlo azul e azulenta alpina. Entre a avifaunasingular do Galiñeiro hai que salientar tamén apresencia do cirrio grande, que en Vigo cría nasIllas Cíes e no Galiñeiro. Son pois estas penedíasviguesas un paraíso para o naturalista afeizoadoá ornitoloxía, ó igual que para o peneireiro ou ogabián, a máis ornitófaga das aves rapaces.

Outra das características ambientais desteenclave son as súas cualidades panorámicas;cos seus 701 m de altura no cumio da serra, OGaliñeiro posúe espléndidos miradores desdeonde se pode dexergar a xeografía dos vales doFragoso, Miñor e Louro. Tamén se descobredesde esta atalaia unha ampla franxa costeiraque abrangue desde a ría de Vigo ata a deBaiona.

A mestura de mato e penedíasdesta serra acolle a unha interesante

mostra de PAXAROS DE ROCHEDO. Unhadestas aves, o merlo azul, Monticola

solitarios, é unha migradora estival quenidifica nestas penedías, un dos

poucos enclaves onde críaregularmente esta especie no sur de

Pontevedra. Outro singular paxaro derochedo que atopamos no Galiñeiro

é a azulenta alpina, Prunella collaris,especie propia de hábitats de alta

montaña, polo que é moi curiosa asúa invernada habitual no Galiñeiro.

Así mesmo, aínda que de menorrelevancia ornitolóxica, aparecen

outros paxaros de mato e rochedocomo o chasco común, Saxicola

torquata, ou o rabirrubio común,Phoenicuros ochruros. Na foto, un chasco

común.

O G

ALI

ÑE

IRO

Page 13: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

41

Coma noutras serras galegas, as GREAS DE CABALOSforman parte da paisaxe do Galiñeiro. Nun reximede semiliberdade, pastan en matos e pradoscontribuíndo a manter a diversidade de hábitats ócontrolar a forte capacidade colonizadora do toxo,actividade que tamén atenúa o risco de lumes.Cando chega o verán realízanse os curros ou rapadas bestas, na que os diferentes gandeiros xuntan asgreas, marcan os novos poldros, cortan as crinas edesparasitan o gando. A espectacularidade e belezadeste acontecemento atrae ata os montes a grannúmero de visitantes.

Estes cabalos posúen unha singular fasquíaadaptada ó medio montañoso, constituíndo unhavariedade denominada garranos por algúns gandeiros.Seica xa os romanos pasmáranse cos cabalos galaicos,que consideraron fillos de eguas preñadas poloVento Favonio, un enigmático vento que varría osmontes da Gallaecia. En calquera caso a orixe epedigree destes cabalos de trote curto é lixeiro é unasunto complicado; case tanto como pronunciar otrabalinguas tradicional,

Unha poldra parda pretatrouxo un poldro pardo preto;dixo a poldra parda preta ó poldro pardo preto:Trepa pouco poldro pardo preto, trepa pouco.

O GABIÁN, Accipiternisus, cría na estensazona forestal dosarredores do Galiñeiro,un espacio propicio para acaza. Nas árbores deste exclusivocouto cinexético instala o seuniño, aproveitando en ocasións osabandonados por outras aves.Polo mes de abril, femia e machopreparan o niño para a posta de entre 4e 6 ovos; durante o preto de un mes que tardanen nacer os polos, o macho alimenta á femia, que apenas abandona o niño. Nas dúas ou tres primeirassemanas de vida dos pequenos gabiáns, a femiacuídaos repartindo entre eles a comida aportadapolo macho. Despois dese tempo, os polos seráncapaces de esgazar as presas e ambos proxenitoressairán á procura de pequenos paxaros, o seuprincipal alimento.

A bisbarra viguesaconta cunha nutridacanteira demontañeiros, quederon no Galiñeiroos seus primeirospasos no deporte daESCALADA. Calqueraque visite esta serranun día de bo tempopoderá ollar osascensos e rappels dosescaladores viguesespor vías comoBismarck, Techo de Gilou Burradita. Orefuxio instalado nabase do monte éunha escola pola queteñen pasado moitosdeportistas noveles,hoxe en día xaconsagrados.

Cazando desde unhaatalaia, os

gabiáns podenseleccionar o

momento oportuno doataque e perseguirvelozmente a súapresa, intentando

sempre aproveitar o factorsorpresa. Isto propíciase permanecendo longotempo oculto e en silencio baixo a follaxe, e

vese favorecido polo deseño raiado das partesinferiores, deseño difundido en todos os gabiáns do

mundo e que pode ter función de camuflaxe. Desdeeste punto de vista, os gabiáns son cazadores menos

capaces que os falcóns, que cazan por persecución, édicir, sen importarlles exporse previamente á presa e

sen axudarse do factor sorpresa. Non obstante, téñaseen conta que os falcóns manobran, gracias á granaltura desde que a miúdo calan, cunha tremenda

inercia de ataque, o que lles proporciona unha granvantaxe. Pola contra, cando os gabiáns atacan desde

un pousadoiro manobran sen renda ningunha deinercia, confiando exclusivamente nos seus poderososbatidos. Precisamente en relación con estes ataquesfulminantes que executa caneando entre as árbores,posúe unha longa cola que utiliza a modo de temón.

FERNANDO HIRALDO E JOSÉ G. GRANDE. 1987.Las rapaces ibéricas.

III. PAISAXES

Page 14: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

42

Se ben as RIBEIRAS FLUVIAIS sufrironunha fonda degradación pola

ocupación de moitas ribeiras porurbanización industrial ou residencial,aínda quedan moitos cursos fluviais en

Vigo cinguidos por salgueiros eamieiros. Algunha desas ribeiras ben

conservadas agacha pezas sobranceirasdo patrimonio natural local. Exemplo

de ribeira ben conservada é o treito dorío Barxa, afluente do Lagares, que se

recolle nesta foto.

As ABELEIRAS, Corylus avellana, sonunha das árbores máis asiduasdas ribeiras. Poden chegar ataos 6 m de altura e florecenentre xaneiro e marzo;renden os seus froitos enoutono. As avelás son unhafonte de alimento para aves epequenos mamíferossilvestres como ratos decampo ou esquíos. Taménpara nós teñen gran valor osseus froitos e o aceite que sesaca deles. Ademais utilízase acortiza para traballos de cestería,fanse da súa madeira excelentescarbonciños para debuxo e as varas seicason as mellores para alindar o gando. Osvariados usos tradicionais das varas deabeleira, e doutras árbores de ribeira comosalgueiros ou freixos, foron recollidos conironía no cantigueiro,

Do outro lado do ríonon hai varas que cortarAs mociñas que hai agorarabean por se casar

As ribeiras fluviais son pequenos tesourosda natureza, zonas cunha frondosa

vexetación e unha fauna que se distingue polasúa diversidade. A riqueza en ríos do concello faique estas pezas importantes do patrimonionatural estean espalladas por toda a xeografíalocal. Aínda que en moitos casos as ribeirassufriron importantes alteracións, son medios moiagradecidos se se levan a cabo traballos derecuperación.

A súa importancia non só se debe ós seusméritos como ecosistemas valiosos, senón quesupoñen un corredor para a vida silvestre quepermite enriquecer e conservar a fauna e floradas zonas agrícolas, forestais e incluso dosparques máis urbanos. Ademáis, as ribeiras emarxes fluviais son espacios de gran valor paraactividades de recreo ou educativas, polo que asúa conservación é fundamental na mellora danosa calidade de vida.

Os bosques de ribeira mellorconservados, situados case sempre

en valiñas de certa pendente,acollen nas súas marxes pequenas

fragas. Parte da flora dascarballeiras, moi escasas no noso

concello, atopan acomodo nosambientes frescos destes bosques.

O CÁNCARO, Primula vulgaris, é unexemplo de planta de ambientes

húmidos e sombrizos que éfrecuente en soutos de ribeira.

SOU

TOS

DE

RIB

EIR

A

Page 15: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

43

O FENTO REAL, Osmunda regalis, tamén chamado dentabrú, éun fermoso vexetal que ten querencia polos recantos máishúmidos e sombrizos dos soutos de ribeira, ondereverdece cada primavera. Despois das cheas de febreiroou marzo, o pé en letargo do fento comeza a botar unsgromos con forma espiral que en pucos días se despreganata formar a típica fronde, a folla do fento. Xa benmedrado, bota un gromo diferente, que contén unhasespigas nas que están as esporas que darán lugar á louzanaplanta que crece no avesedo das ribeiras. O dentabrú é oúnico dos nosos fentos con esta característica, xa que oresto teñen as esporas nunhas cápsulas marróns, soros, noenvés da fronde.

A mediados do verán comeza a secar para pasar oinverno en letargo. Podémolo ver nas ribeiras do Lagaresalto, no Barxa, no Eifonso, no Rego da Rega e en moitosoutros regatos e fontes do concello. Ademais do fentoreal, en todas estas ribeiras podemos atopar unha grandiversidade de especies de fentos.

Xunto cos amieiros, os SALGUEIROS,Salix atrocinerea, son as especies máiscaracterísticas das nosas ribeiras. Apesar do seu humilde aspecto, posúenun extraordinario valor ecolóxico,tanto polo seu papel na defensa dasribeiras contra a erosión como pologran número de relacións queestablecen con outras especies. Sonmoi coñecidas as utilidades dossalgueiros como materia prima para acestería, pero ademais esta árbore tenoutros usos, como as varas dosbuscadores de auga no subsolo oupoceiros. Aínda que estas varas sonpolo xeral de salgueiro, tamén sepodían facer doutras árbores de ribeiracomo abeleira, bidueira ou freixo.

Polo que atinxe ós usos medicinais,os salgueiros utilizáronse comoastrinxente e para baixar a febre. En1757, o inglés Stone investigou ossalgueiros americanos, utilizados polosindíxenas como febrífugo e medioséculo despois obtívose a salicilina, underivado de ácido salicílico; xa en 1898Hoffmann obtivo o ácido acetil-salicílico, a popular aspirina. Aínda queo principio activo deste importantemedicamento ten orixe no nomecientífico do salgueiro, Salix, o nomecomercial da aspirina procede doutraplanta moi rica no citado ácido, a raíñados prados, Filipendula ulmaria, á queLinneo nomeou como Spiraea.

O AMIEIRO, Alnus glutinosa, é a outra das árbores propiasdas nosas ribeiras. É doado

velo agromar nas marxesde ríos ou regatos e enterreos húmidos. Esta

facilidade para crecer apartir de raíces ten

tamén a súa cantiga,salgueiro prende de pola

e amieiro de raiz,amores que foches doutros

pra mín xa non servís.

É nas ribeiras da nosa terra, onde o outono pinta osseus cadros. Son primeiro soio uns lixos roxos que

estouran antre as viñas como estouran os foguetes nomeio da noite; e veñen logo, outros lixos marelos everdegados e mourados; e de seguida, onde habíadenantes unha viña, hai agora un xardín. E os

xardíns xurden axiña, perto e lonxe. Hainospequerrechos, case como un pano, mais de tal xeito

ledos nas súas córes, que os piñeiros que os arrodeanquédanse pampos ó miralos; hai que se tenden por

ladeiras estesas e que semellan tapices persas, que unmago de Irán figuera nacer para afuxentar a súa

morriña; e hainos que baixan choutando polos socalcosdas enfestas pinas, que son como cadoiros de un río de

crisantemosFLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS. 1948.

Outono na Galiza

III. PAISAXES

Page 16: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

44

As augas e ribeiras fluviais son baluartesda vida silvestre. A diversidade da

vexetación, a drenaxe da conca fluvial e a súaachega constante de materia orgánica cara óleito, o arrastre e sedimentación de materiais ólongo do río ou os cambios estacionais de caudale insolación, constitúen un continuo remuíño derecursos que non teñen desperdicio. En efecto, oecosistema fluvial ten montada unha tupida redede relacións entre as especies que non permiteque se estrague ningún nutriente. Desde a vidamicroscópica das augas ata o vistoso picapeixe,os ríos e ribeiras están poboados por multitude deespecies afeitas a aproveitar un anaco destexeneroso pastel.

Esta precisa maquinaria é a clave da vida quebule nestes hábitats. Calquera intervención navexetación de marxes e ribeiras ou na calidadeou cantidade das augas ten fortes efectos sobrea diversidade da fauna, efectos que a cotío seextenden ó resto do río como a derruba dunharingleira de fichas de dominó.

O TOURÓN, Mustela putorius, é unmustélido típico das ribeiras fluviais. Defeito unha parte importante da súa dieta

compóñena a rata de auga común eanfibios. Tamén se alimenta de coellos,outros ratos e paxaros que captura nos

seus niños. En Vigo os seus hábitatsredúcense ó contorno de ribeiras moiben conservadas, como a de Fragoselo.

O ALAVANCO REAL, Anas platyrhynchos,é a anátida máis frecuente nas

augas galegas. Á poboaciónsedentaria unénselle todos os anos

un cada vez maior número deinvernantes. Frecuenta todo tipo

de medios acuáticos, preferindo asaugas tranquilas das ribeiras. A

partir da primavera, é unespectáculo xa cotiá o paseo dasfemias coa súa numerosa polada

polas augas do curso baixo doLagares. Cría no contorno dos

humidais próximos ádesembocadura do Lagares, no

humidal do Vao e nas marxes doencoro de Zamáns.

Abeirando case sempre sebespróximas a regos ou ribeiras

fluviais, podemos atopar un dosnosos réptiles máis vistosos, oLAGARTO DAS SILVEIRAS, Lacerta

schreiberi. Esta especie é endémicado noroeste ibérico e estáprotexida pola lexislación

europea.

A GALIÑA DE RÍO, Gallinula chloropus, é un inquilinocomún nas ribeiras fluviais, aínda que tamén gusta daslagoas e marismas. Aniña entre a vexetación das marxesfluviais ou entre xuncais e canaveiras de zonashúmidas. É bastante asustadiza, aínda que no cursobaixo de Lagares está afeita á xente e é fácil de observaratarefada na percura de herbas acuáticas, sementes ouinvertebrados como vermes, insectos ou caracois, dosque tamén se alimenta. A partir de abril pon dúasroladas de 5 a 10 ovos, que chocan durante unsvinte días o macho e a femia.

FAU

NA

Ó F

RESC

O

Page 17: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

45

Non é posiblefalar da riqueza da

fauna das ribeiras senentender o papel da

vexetación desteshábitats. Estes

ESCARAVELLOS, doxénero Agelastica, e

que se alimentan dasfollas do amieiro,

son unha das pretode 50 especies de

insectos que vivenexclusivamente nesta

árbore. Constitúenlogo unha rica evariada fonte de

alimento para moitasespecies silvestres.

A LAVANDEIRA REAL, Motacilla cinerea, é undos paxaros máis característicos dosríos vigueses. Co seu ondulante voo,esta lavandeira, de peito marelo edorso gris, vai de pedra en pedra,pousando tamén nas pólas de cando envez, na procura de insectos fluviais.Podémola ollar nas ribeiras do Lagares,no río Zamáns, onde nidifica, así comoen cursos de menos caudal. Noinverno non é raro vela na beiramarremexendo entre a area ou o cascallo.

O PICAPEIXE ou martiño peixeiro é común fóra da época decría nas costas mellor conservadas de Vigo. Pode serobservado na praia da Calzoa, na accidentada costa rochosa deSaiáns e na Xunqueira do Lagares, por onde chega a ascenderpolo curso baixo do río. Durante a súa estadía invernal opicapeixe vai e ven parándose en pousadoiros, ou tenta pescaralgún que outro pión atrapado nunha poza intermareal.

Tamén aparece o picapeixe no encoro e o río de Zamáns,onde é un nidificante regular. O niño é un túnel duns 10 ou15 cm. de diámetro escavado nun noiro ou ribeira demateriais traballables como area ou terra.Alí os pais, durante a primavera eprincipio do verán, levanregularmente numerosos peixes,como pequenas troitas ou escalos,para alimentar as voraces crías.

O seu nome científico, Alcedoatthis, débese a Alcíone, filla deEolo, que facía con Ceice unhaafortunada parella. Conta unha dasversións da historia que ousaroncomparar a súa felicidade conxugalcoa de Zeus e Hera, polo que forontransformados en aves, Ceice ensomorgullo e Alcíone en picapeixe.

III. PAISAXES

O AGUANEIRO, Galemyspyrenaicus, é un dos habitantesmáis misteriosos do río. Decomportamento tímido e moiesixente coa calidadeambiental do medio acuático,só pode vivir nos zonasfluviais mellor conservadas;foi citado en Vigo no cursoalto do Rego da Rega, enCoruxo. Este curiosomamífero é un incansablenadador e mergullador,sempre enfaenado fozandonas pedras do leito á busca deinvertebrados acuáticos. Estámoi ben adaptado á vida nasaugas; as súas membranasinterdixitais convérteno nungran nadador e protéxese dofrío cun lustroso pel. Cría enpequenas tobeiras preto dorío, onde a femia pare unmínimo de tres crías, que enpouco tempo xa se dan osseus primeiros baños.

O aguaneiro é unha especieendémica da península Ibérica.Coñécese pouco sobre a súadistribución e bioloxía enaugas galegas, e ás veces éconfundido coa rata de auga,Arvicola sapidus.

A auga é un dos bens máis importantesdo mundo. As raíces das plantas

búscana afanosamente, os animaisterrestres ou arborícolas chegan a ela

para beber, comer ou simplemente parabañarse ou xogar. Certos organismos non

poden reproducirse sen ela: a augaexerce unha tremenda influencia sobre a

trama de toda a vida terrestre.GERALD DURRELL E LEE DARRELL.

1982.La guía del naturalista

Page 18: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

46

O Val Fragoso está sucado pornumerosos CURSOS FLUVIAIS. Soubemos

tirar proveito deste recurso utilizando ascorrentes de auga na moenda,

especialmente do gran de millo, unproducto básico na economía agraria

tradicional. Os máis de 250 muíños doconcello de Vigo son unha fermosa

testemuña da intelixente comunión entrea agricultura e unha xeografía xenerosa en

ríos e regatos.Ademais deste valor histórico, culturale paisaxístico, os muíños contribúen aincrementar a diversidade natural das

ribeiras e o medio acuático. As canles,levadas e pozas que acompañan a esta

precisa e sinxela obra de enxenería,crearon novos hábitats fluviais que son

aproveitados polas especies silvestres deríos e ribeiras, especialmente por peixes,

anfibios, invertebrados e vexetaciónacuática.

As PONTELLAS ou pasais sonconstruccións populares para cruzarregatos. Moi escasas hoxe, sonelementos dunha especial beleza queengaden un novo valor ambiental ápaisaxe fluvial.

Os espacios fluviais posúen unha cheade recursos que non só souberon

aproveitar as especies silvestres; os ríos sontamén un bó aliado das actividades humanas.

A fertilidade natural das veigas para pastos, ouso da auga para o consumo ou a rega, as varase madeira das árbores de ribeira para multitude detrebellos e usos agrarios, a pesca, a forza dacorrente para a moenda ou a sombra de amieirose salgueiros para o lecer, son exemplo deaproveitamentos tradicionais feitos con sensatezde xeito que o recurso non se esgotara. Senembargo, os ríos que discorren polas zonas máishumanizadas non sempre recibiron o mellor trato.Ríos vigueses como o Lagares e algúns treitosdos seus afluentes, requiren un esforzo demellora para que poidan respostar á cada vezmaior demanda de espacios naturais próximos ácidade. As accións de mellora ambiental dos ríos,ademais de reverter na nosa calidade de vida,son un acto de xustiza para corresponder á súahistórica xenerosidade.

O MUÍÑO DAS MAQUÍAS, situado nas ribeiras do ríoZamáns ou Amial, é un dos máis singulares doconcello. Debe o seu nome á parte que ospropietarios dos muíños cobraban ós que íanmoer, a maquía, que podía ser unha proporción dogran ou xa da fariña. A aplicación ás veces poucohonrada deste método troúxolles unha dubidosareputación ós muíñeiros, como recolle a cantiga,

Non quero ser muiñeironin barrer no tremiñadoporque din que no outro mundopiden contas do roubado

Estes muíños de maquía adoitaban ser a vivenda domuiñeiro, de tal xeito que ademais de ter máisdunha moa no tremiñado, posuían un sobrado quefacía as veces de habitación, como é o caso doMuíño das Maquías. Hoxe é propiedade municipale foi restaurado polo Concello. Tamén restauradospolo concello pódense citar os muíños deGontade, Oia, nos que se desenvolve unhaunidade didáctica denominada A cultura do pan, queachega ós rapaces e rapazas ós traballos dos cereais,a conservación do gran, a muiñada e a panificación.

AUG

AS

E X

EN

TES

Page 19: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

47

A espesura e fortetranspiración da vexetación deribeira procuran no estío unclima atemperado e fresco,convertendo as marxes dos ríosen espacios ideais para o LECER.O gurgullo da corrente, alixeira algarabía da paxarada oua riqueza do xardín vexetal dasribeiras, son tamén parteimportante da vocaciónrecreativa destes espacios. Nafoto, paseo no curso baixo doLagares.

Coa chegada do mes demarzo, nos ríos galegos evigueses pódese ollar unhachea de camiños quediscorren parellos ó leito dorío e que decando en vez seachegan ata abeira. Estassendas son o resultadoda actividade dos PESCADORESFLUVIAIS, que van percorrendoo río, augas arriba e abaixo,achegándose a botar a miñocanaquelas zonas máisprometedoras: pozas, saltiñosde auga, represas, remuiños,zonas con ocos ou bases deárbores de ribeira onde serefuxian as troitas.

A maioría dos pescadoresfrecuentan as mesmasposturas, xa que as troitasrecolonizan rápido osterritorios que abandonan ospeixes capturados. En certoxeito é un metodo selectivo,xa que nas zonas con moitoramallo, onde unha cana nonse pode achegar, as troitas nonson molestadas.

En Vigo hai dous coutostroteiros, o do Lagares e osseus afluentes, que se extendedende o lugar de Riomao ataNavia, e o do encoro deZamáns.

As marxes dos ríos,sometidas ás veces aperiódicas inundacións,posúen unha fertilidadenatural que se traduce enproductivas veigas e prados.Tamén os VIMBIOS,arboriñas do xénero Salix,son elementoscaracterísticos desta paisaxe,plantados polos múltiplesusos das súas varas noslabores agrícolas.

Boa parte daspoboacións de PEIXES

DAS AUGAS DOCES doconcello son producto

da intervenciónhumana, que fixo soltasde troita arcoiris, percaamericana e carpíns noencoro de Zamáns oude carpa na lagoa Mol.

Sen embargo nos cursosaltos de ríos troiteiroscomo o Lagares e os

seusafluentes

Barxa eEifonso aínda

se conservan troitascomúns, poboacións

axudadas por soltasperiódicas.

O ENCORO DE ZAMÁNS é productotamén da nosa utilización dos

recursos fluviais. Hoxe esta obra deenxenería hidráulica utilízase para oabastecemento e constitúe unha das

paisaxes máis singulares do concello.É un novo recurso que non

desaproveitan nin pescadoresdeportivos nin especies vencelladasás augas, como o alavanco real ou o

picapeixe.

III. PAISAXES

O val de Fragoso remata en xenerosovagantío de formas madurecidas entre

Bouzas e Oia. Cabral, Lavadores,Candeán, Bembrive, Beade, Castrelos,

Matamá, Freixeiro, Comesaña,Alcabre, Oia, Bouzas mesmo son

terras do Fragoso labourado con mainaenerxía por tres correntes que sexuntan en Viloura, non lonxe de

Castrelos e de Freixeiro. Chamémoslleós ríos de Cabral, o de Bembrive, o de

Valadares. O primeiro formado enlameiros, entre terras labregas seimpón e sinala o eixe do val inda

rubindo máis as fontes dos outros. O deBembrive ou Alfonso nasce nas

Pereiras, ten un tramo bravo afondadopé da Pedra Cabalaira pola Hermidado San Cibrán. O de Valladares logo

se acalma nas costas esmaltadas deviñas de Sobreira e Babio. As formastendendo ó coto, amostrando no mesmoval soleiras duras, van madurecendo e

no fincar o Fragoso espállase enlameiros e xunqueiras, dunas mortas,

encorando as augas na praia de Samil.Pola beleza dos montes amédrase a

dozura do val.RAMÓN OTERO PEDRAYO. 1962

Historia de Galicia

Page 20: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

48

Non se afastan moito as RÁS do alfoz depozas ou fontes. A necesidade do medio

acuático para a súa reproducción fainasdepender da conservación destes pequenos

enclaves húmidos. Debido a este carácteranfibio, xa cando menos dende o tempo

dos faraóns de Exipto, ás ras outorgoúsellesunha relación coa fecundidade natural. As

pequenas rás aparecían uns días antes dacrecida do Nilo, polo que foron

consideradas como heraldos da fertilidade.A rá foi atributo da deusa Herit, que asistiu

a Isis no ritual da resurrección deOsiris. Este simbolismo perpetuouse

no tempo e na pintura de El BoscoLa tentación de San Antonio vese no

centro unha rá cun rostro humanode moita idade, representando así o

grao superior de evolución; por esonas lendas e contos folclóricos

aparece tantas veces a transformacióndun príncipe en rá. Quizais este

significado estea tamén no relatobudista que conta dunha cabra que ría

cando un monxe estaba a piques desacrificala nun ritual; o monxe

pregúntalle que é o que lle parecegracioso e ela respóstalle que se ía a

reencarnar en rá; á pregunta de se eso afacía feliz a cabra dixo que non, pero que ri

porque na súa vidaanterior fóra

monxe.Na foto,

unha rá verde,Rana perezi, unhadas tres especies

presentes no nosoconcello, xunto coa

patilonga, Rana iberica, e aestroza ou rá de SanAntón, Hyla arbórea.

As LIBELIÑAS e os CABALIÑOS DO DEMOson especies representativas da fauna decharcas e ribeiras fluviais.Co seu característicoaspecto de adultos viven deun a tres meses, pasando oresto da súa vida baixo asaugas en estado larvario. Aslarvas, coñecidas comoninfas, poden pasar perto detres anos nas augas ataconverterse en adultos.Viven enterradas na grava ouarea dos leitos de charcas eríos ou achantadas entrevexetación acuática, á cazade presas como larvas deinsectos, crustáceos e inclusopequenos peixes; a súa voracidadeconverte ás libeliñas en especies moibeneficiosas, pois controlan aspoboacións insectos que se podenconverter en praga para a xente ou oscultivos. Dos adultos chama a atención oseu peculiar vó, chegando a desplazarseata a 5 metros por segundo, unhavelocidade que fai das libeliñas ecabaliños do demo un castigo para asmoscas, os mosquitos ou os áfidos dosque se alimentan.

As pozas son o esteo dunha valiosaflora e fauna, que require destes enclaves

húmidos para sobrevivir. Patelos, oucas,bugallóns, lentellas de auga, ras, sapos,pintafontes, libeliñas e unha morea deinvertebrados acuáticos ou terrestres, sonparte da singular vida silvestre das pozas, cadavez máis escasa ou arredada das zonashabitadas.

Algúns destes hábitats son naturais, como aspucharcas dos montes de Avilleira ou doVixiador; outras son construídas para a rega, aloita contra o lume ou ben abeiran fontes,muíños ou lavadoiros. Cómpre protexer estespequenos cosmos de natureza.

POZ

AS

E F

ON

TES

Page 21: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

49

Son abondosas no concello as diferentes construcciónsvencelladas cos usos tradicionais da auga. Entre estasconstruccións, as FONTES ocupan un lugar relevante poloseu número e variedade de formas. Tamén son frecuentesos LAVADOIROS e aínda se conserva algún dos seus máisrústicos antecedentes, represas nos ríos abeiradas de laxesaxeitadas para lavar. Á esquerda, antigo lavadoiro nasribeiras do río Eifonso; á dereita, unha fonte de tipocabaliño, en Candeán.

Os PINTAFONTES son anfibiosmoi característicos daspequenas charcas existentesnas fontes, ó igual quedoutras pequenas masasde auga como presas derega ou pozas situadasbaixo os infernos dosmuíños. En Vigopodemos atopar as tresespecies existentes enGalicia. O máisfrecuente é o pintafontescomún Triturus boscai, quepode vivir en diversos hábitatshúmidos ou acuáticos, comoregatos, lavadeiros, lagoas, ríos,covas ou brañas. Algo máisraros son o pintafontespalmado, Triturus helveticus, e opintafontes verde, Triturusmarmoratus. As larvas deinsectos son o seu principalalimento, polo que lles temosque agradecer a estes anfibioso labor que fan no control demosquitos. Na foto, unpintafontes verde.

Pola riqueza e variedade deformas de vida, así como pola súaaccesibilidade, as pozas son zonas

idóneas para o desenvolvemento deactividades de EDUCACIÓN AMBIENTAL

e observación ou estudio danatureza. Debido a este valor

educativo é cada vez máis frecuenteque os centros de ensino creen

pequenas charcas no seu contorno,facendo delas un aproveitamento

tanto paisaxístico como didáctico ouformativo.

III. PAISAXES

Cando, mediado o século VI, chegou a Galicia San Martiño deDume, dende a lonxana Pannonia, alporizóuse ao ver que as xentes"acendían cirios ás pedras, e aos arbres, e nas fontes, e nos cruces dos

camiños" e pensou que era veneración do diaño, ou dos espritos domal que acougaban neles, desbotados do ceo. Entón e agora, hai quen

cree neses habitadores máxicos, de que temos falado; máis taménpoida dare que aloumiñaran ás fontes, e fixéranlles oferendas, tal e

como se fosen criaturas vivas de Deus, guiados xa pola idea queagromou na cantiga de San Francisco de Asis e que soupo glosar

aquecidamentes o noso Cabanillas:Ágoa homilde, agoa irmán,

ágoa chea de gracia, de dozura e beleza!Ágoa san;

que eres toda limpeza,craridade e saúde!

XOSÉ FILGUEIRAVALVERDE. 1981.Segundo adral.

A ESPADANA AMARELA, Irispseudoacorus, é unha das máisvistosas especies da flora dascharcas. Florece tamén entremaio e xullo en ribeirasfluviais, marxes de lagoas eterreos enchoupados.

Page 22: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

50

A ESPADANA, Typha latifolia, utilizousecomo cana dos fogueteiros, aíndaque o uso tradicional máiscaracterístico eran os traballos decesteiría. Son de moita sona ascadeiras de espadana da zona de AMancha; o inconveniente destascadeiras é que burros e cabras gustanda espadana, polo que existiu ungremio de artesáns ambulantes quese dedicaban a repararos danos ocasionadospor estes animaisdomésticos. Hoxe aespadana, ó igual queoutras plantasacuáticas, utilízase paradepurar augasresiduais, xa queacumulan metaispesados, extraennutrientes dossedimentos e resistenmoi ben as augasácidas. Os nososespadanais deGoberna ou dohumidal do Vaopermiten anidificación de poboacións dealavanco real e galiña de río.

O HUMIDAL DE GOBERNA, situado nocurso baixo do Lagares, é un exemplo decomo un espacio de gran riqueza natural

pode convivir nun entorno urbanomarcado polos usos industriais e

recreativos.

Aínda que as AVES ACUÁTICAS adoitan ser as especiesemblemáticas dos humidais, estes ecosistemas acollenunha amplísima variedade de formas de vida silvestre,

quizais menos espectaculares, pero imprescindibles noequilibrio e conservación das zonas húmidas. De

feito, a riqueza ecolóxica destes hábitats descansa namultitude de pequenos organismos que reciclan a

materia orgánica e que convirten ós humidais nun dosecosistemas máis productivos da natureza. Na foto,

unha píldora de colar, Charadrius hiaticula, nos fangosda xunqueira do Lagares.

Amedio camiño entre a terra e a auga tenlugar unha das máis ricas expresións da

natureza, a vida dos humidais. O concello de Vigoten o privilexio de posuír unha notable variedadede zonas húmidas nas que se desenvolve unhapeculiar flora e fauna silvestre. Charcas, pozas,presas, lagoas, terreos temporalmenteenchoupados, brañas e ata unha singularmarisma, compoñen un repertorio de hábitats queson un regalo para o naturalista local.

Todos estes espacios son áreas cubertas deforma temporal ou permanente por augas poucofondas de xeito que a iluminación é intensa, o quefacilita o desenvolvemento de algas e plantasacuáticas. Asemade, a terra posúe unha granriqueza en nutrientes, situación que contribúe aconverter ós humidais en zonas de extraordinariaproductividade biolóxica. Ademais, como espaciosde transición entre sistemas naturais terrestres eacuáticos, establécense nestes lugares relaciónscomplexas nas que saen enriquecidas ascomunidades de seres vivos das zonas húmidas.Esta mestura de xeografías naturais e ambientesfísicos, así como a súa variación coas estacións,tradúcese na presencia dun elevado número deespecies diferentes que se achegan ós humidaisatraidas pola súa gran riqueza de recursos.

Estas virtudes ecolóxicas converten a estesenclaves en lugares estratéxicos nas rotas dasaves migratorias, que constitúen as especiesmáis emblemáticas dos humidais. A Xunqueira doLagares é un bo exemplo da riqueza en avifaunadestes valiosos e escasos ecosistemas.

ZO

NA

S H

ÚM

IDA

S

Page 23: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

51

Nos cumios, en zonas de pendente moiescasa, aparecen terreos temporal oupermanentemente asolagados, dando lugar aun tipo de hábitat denominado BRAÑAS outurbeiras. Este nome fai referencia á turba,que se forma pola acumulación dun briónchamado esfagno que coloniza toda asuperficie da braña. Os lugares onde seasenta a braña adoitan denominarse chans;un exemplo o constitúen as brañas de Chande Humberto, nas proximidades do monteVixiador, nas que aparecen especies típicasda alta montaña, como as xuncas dealgodón, Eriophorum angustifolium, que serecollen na foto; atópase tamén a pica dosprados, un paxaro de localidades máisnorteñas. Outra zona de brañas, xa demenor extensión, aparece nas proximidadesdo Galiñeiro.

Nas dúas pequenas brañas do concello viguéspódese atopar unha das especies máis singulares da

flora viguesa, as ORBALLIÑAS ou rorellas; hai nasnosas brañas dúas especies, a Drosera rotundifolia e a

Drosera intermedia, esta última recollida na foto.Mediante as súas viscosas follas capturan ósinsectos que pousan enriba delas. Unha vez

atrapado o insecto, é lentamente dixerido, obtendoasí a planta un aporte nutritivo moi rico en

nitróxeno, elemento escaso nos solos das brañas.

Situada nadesmbocadura doprincipal curso fluvialdo Fragoso, aXUNQUEIRA DO LAGARES

é a xoia dos humidaisdo concello. Utilizadaantano como saíña,hoxe constitúe oprincipal hábitat doconcello para as avesmigratorias.

A LAGOA MOL está situadapreto do nacemento do ríoLagares; as tapadeiras,espadanas e amieiros dasribeiras forman unha paisaxesingular que ilustra o valorrecreativo destes enclavesnaturais.

Os humidais son seguramente o tipo deecosistema que sufriu maiores e máis

profundas transformacións por acciónshumanas. As cifras dispoñibles reflicten queaproximadamente o 75% dos humidais forondestruídos en Europa e na maioría dos paísesdesenvolvidos. Desta orde de magnitude é, porexemplo, a destrucción dos "bogs" irlandeses

nos últimos 30 anos para a extracción deturba, ou a desecación de "bodones", "lavajos"e prados "longares" na meseta norte española

a causa da extracción de auga subterráneapara rega. Noutro tempo considerados

negativamente e suxeitos a medidas sistemáti-cas de desecación, os humidais son obxecto na

actualidade dunha política de conservaciónespecífica, ó recoñecerse neles un importante

papel na diversidade ecolóxica e toda unhaserie de valores e vantaxes que xa se fixeron

clásicos.FERNANDO GONZÁLEZ BERNÁLDEZ. 1992.

Los paisajes del agua.

As zonas húmidasforon obxecto deAPROVEITAMENTOSTRADICIONAIScompatibles coaconservación dosseus valoresambientais. Unexemplo destes usosé a utilización davexetación palustrepara forraxe oucama do gando.Asemade, espadanas,carrizos e xuncosutilízanse paratraballos de cesteiría.Na foto, confeccióndunha coroza conxuncos.

A FULEPA DOSCARRIZOS, Acrocephalos

scirpaceus, é un avepropia de zonas con

vexetación palustre. EnVigo podémola atopar

na Xunqueira doLagares e no humidal

do Vao

III. PAISAXES

Page 24: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

52

A GARZOTA, Egretta garzetta, é unhazancuda que visita as costas viguesasa partir do outono. É fácil observala

na Xunqueira do Lagares ou na praiada Calzoa; tamén se achega ós

baixíos rochosos, aproveitando amarea baixa para pescar nas pozasmareais de Fuchiños e cabo Estai.

Esta garza de plumaxe branca e pésamarelos é unha hábil pescadora de

exemplares pequenos de peixescomo anguías, robalizas, muxos ou

pións.

Ademais dos seus extraordinariosvalores ecolóxicos, a Xunqueira posúeunha máis ampla dimensión ambiental,que abrangue recursos paisaxísticos,educativos, recreativos e históricos.Polo que se refire ós VALORESHISTÓRICOS, aínda se conservan partedos muros dunha antiga saíña e osrestos dun alfolí ou almacén de sal. Afoto recolle as ruínas deste vello alfolí,chamado a Casa da Saíña, e que vai serrehabilitado para crear un centro deinterpretación da natureza.

O PAPOAZUL, Luscinia svecica, é un fermosopaxaro que se caracteriza pola gorxa azuldos machos. Ten aparecido nos últimosanos como migrante invernalnas masas de vexetaciónmarismeña da Xunqueira doLagares. Raro nidificante estivalnas zonas de montaña galega, opapoazul é un insectívoro bastanteescaso, polo que a súa presencia namarisma viguesa é un indicador daimportancia ornitolóxica deste humidal.

Apesar da pequena dimensión daXunqueira do Lagares, esta marisma acolle

diferentes formacións vexetais únicas ou moiescasas no concello, como espartinais,pradeiras salgadas de gramíneas, xuncaismarítimos e outras comunidades palustres que sedistribúen segundo o gradiente da influenciamariña. Nesta pequena xoia natural do municipiodestaca a diversidade da avifauna. Aínda quegarzas e garzotas son quizais as aves máisvistosas que frecuentan esta marisma, a súaimportancia ornitolóxica débese á gran variedadede limícolas que buscan refuxio ou alimento nestehumidal, ben en paso migratorio postnupcial ouben como invernantes. Pódesen citar entre aslimícolas máis comúns aves como a píldora decolar, píldora cincenta, pilro tridáctilo, pilro común,bilurico claro, bilurico común, bilurico das rochasou virapedras. Xa en menor número, destacanoutros limícolas como combatente, mazaricorabinegro ou os moito máis esporádicos biluricopatiamarelo pequeno, pilro pectoral e pernalonga.

Tamén os fangos intermareais da marisma sonvisitados por aves mariñas, especialmente asgaivotas, das que se poden observar na marismacinco especies diferentes, algunhas delas enpaso ou invernada. Así mesmo son destacablesas especies características dos xuncais, como opicaxuncos, a fulepa grande e a pica dos prados,estas dúas últimas en paso ou invernada.

A importancia da Xunqueira do Lagares,ademais dos seus propios méritos naturais,encóntrase na súa localización, ó estarestratexicamente situada entre os tres grandeshumidais do sur da provincia, enseada de SanSimón, Gándaras de Budiño e Esteiro do Miño.

A X

UN

QU

EIR

A D

O L

AG

ARE

S

Page 25: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

53

Polo seu tamaño e singularidade, aGARZA REAL, Ardea cinerea, estase aconverter nunha especie emblemáticada Xunqueira do Lagares. É unha aveinvernante que pasa en Galicia osmeses de outono e inverno. Aínda quese observa con máis frecuencia namarisma, non é raro atopala nasribeiras do curso baixo do Lagares,ben na beira do río ou ben pousadanas árbores, onde forma grupos devarios individuos. A vintena de garzasque invernan neste humidalaliméntanse de peixes, anfibios,réptiles, micromamíferos, insectos eincluso polos doutras aves.

Existen tres variedades de garza real: a cincenta, a branca e achamada estrelada. O macho da primeira ten dificultades en

acoplarse; lanza, en efecto, berros e lle sae, segundo din,sangue polos ollos ó cubrir á femia; e esta pon os ovos

penosamente e con dores. A garza real fai a guerra ásaves que a maltratan: á aguia (que a apresa), á

raposa (que a mata durante a noite), á laverca (poisesta róuballe os ovos)(...)

Das garzas, a cincenta, como dixemos, cobre áfemia con dificultade; tamén é moi inxeniosa e carga

coa comida, é hábil cazadora e a súa actividade édiurna. Sen embargo, a súa cor é vulgar e sempre anda lixeira

de ventre. Das dúas variedades restantes, unha é a garzabranca, que ten unha bela cor e cobre á femia sen se facer dano;

aniña e pon facilmente os seus ovos nas árbores; a súa comida é abase do que atopa en marismas, lagoas, veigas e prados. A garza

estrelada, de sobrenome preguiceira, pasa, segundo a lenda, porter nacido de escravos, e como o seu nome indica é a máis

folgazana de todas as aves.ARISTÓTELES.

Investigación sobre os animais.

A PÍLDORA CINCENTA,Pluvialis squatarola, éunha especie moiligada a marismas ebancos de fango e areade esteiros e enseadas.Podémola ollar nosperíodos migratoriosna Xunqueira doLagares, na Ramallosa,en San Simón, noGrove e outrasmarismas benconservadas.

Malia a contaminación dosFANGOS E SEDIMENTOS da Xunqueira

do Lagares, abondan osinvertebrados como as miñocas,chamadas iscas polos lugareños.

Estes anélidos poliquetos doxénero Nereis excavan galerías nos

fangos e terruños das canles dedesaugadoiro da marisma.

Diferentes das miñocas de terra,tamén son buscadas polos

pescadores, xa que constitúen uncebo de moi boa calidade e

atractivo para moitas especies que secapturan con cana. Tamén son

poliquetos outros vermes mariños,capturados coa mesma finalidade,como os cagóns, Arenicola marina,

presentes na praia da Calzoa, ou asmiñocas que habitan baixo as piñas

de mexillón nos rochedosintermareais.

Os invertebrados presentes nosfangos da xunqueira pertencen

hoxe a especies que soportan bencerto grao de contaminación; o

funcionamento da depuradora deaugas residuais vai permitir que

aumente paulatinamente adiversidade da marisma.

Este humidal presenta unhanotable variedade de FORMACIÓNSVEXETAIS adaptadas ós diferentes

graos de salinidade, variedade quequeda reflectida nas cores desta

foto aérea. As zonas máisinfluenciadas pola marea, están

dominadas polo xuncal de Juncusmaritimus, entre o que se mesturanoutras especies típicas de marismacomo Triglochin maritima, Halimione

portulacoides, Spartina maritima ouSarcocornia perennis. Nas zonas menossalobres aparecen pradeiras salgadas

das gramíneas Paspalum vaginatum eAgrostis stolonifera; os xuncos, xa máis

esparexidos, conviven coasciperáceas, sobre todo Scirpus

maritimus. A vexetación marismeñavese enriquecida por especies de

ribeira, como amieiros e salgueiros,así como por pequenos enclaves de

vexetación palustre doceacuícola.

III. PAISAXES

Page 26: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

54

O BILURICO DAS ROCHAS, Actitishypoleucos, quizais sexa o máis

común e ubicuo limícolo donoso concello, xa que se atopa

en lugares tan dispares como ocurso baixo do Lagares,

rochedos litorais de Oia eSaiáns, praias como Alcabre,Samíl, O Vao ou A Guía, na

Xunqueira do Lagares, e inclusoen rochedos das zonas

portuarias de Bouzas ou noencoro de Zamáns; pódense

observar tanto pequenos gruposde dous a cinco aves comoexemplares solitarios. Pasa a

invernada connosco eposteriormente migra cara ó

norte, pero xa a finais de agostopódense ollar os primeiros

exemplares.Este bilurico, chamado tamén

bailón polo rítmico movementoda súa cola cando camiña,

aliméntase de toda clase depequenos invertebrados do

litoral. É salientable uninteresante comportamento queacontece nas noites do outono

na Xunqueira do Lagares, xa queó solpor xúntanse numerososbiluricos, en bandos de ata 40

individuos, voando cara ádiferentes durmideiros situados

no litoral. En determinadaszonas da beiramar, como a

marisma do Lagares ou a praiade Fuchiños podemos ver, xacon menor frecuencia, outras

especies, como o biluricocomún, Tringa totanus.

Os MAZARICOS son os limícolos copeteiro máis desproporcionado. O

mazarico chiador e o real, Numenius phaeopus e N. arquata,distínguense por ter o peteiro curvado cara abaixo. Son

frecuentes no outono e no inverno na costa viguesa; nesasépocas anda a busca invertebrados nos rochedos, fangos ou

areais do litoral e na Xunqueira do Lagares. Na foto, unmazarico chiador entre virapedras nun rochedo de Oia.

As limícolas son un grupo de avesevolutivamente emparentadas coas gaivotas,

carráns e álcidos, caracterizadas, salvoalgunhas excepcións, polas patas longas, a xeitode pequenas zancudas. Adoitan posuír coresmiméticas e as formas dos seus peteiros son moivariadas en función da dieta alimenticia,invertebrados que buscan remexendo endiferentes substratos. Algunhas especies como ocombatente, o pilro común ou o virapedras,presentan diferente plumaxe na época de cría,chamado plumaxe nupcial.

As aves limícolas colonizan diferentes tipos dehábitats húmidos como marismas, rochedoslitorais, praias e ribeiras fluviais. O concelloposúe zonas interesantes para ollar limícolos,como a Xunqueira do Lagares, a costa de Saiánse Oia, Cabo Estai, Cabo do Mar e as praias deFuchiños, Fontaiña e a Calzoa, que conta cunrico banco de poliquetos. As mellores épocaspara a observación destas aves son o inverno eo momento do seu paso migratorio outonal, queacontece entre setembro e novembro.

Son aves ben coñecidas entre a poboaciónmariñeira, xa que comparten a mesma paisaxelitoral cos pescadores e mariscadores. Da súacotiá observación os mariñeiros souberon tirarconclusións para predecir o tempo, e que estanrecollidas nun rico refraneiro do mar que deixou oseu ronsel en poetas como Amado Carballo,

Os berros dos mazaricosrachan as sedas do marno carro das mouras nubensven do sur o temporal

AVE

S LI

MÍC

OLA

S

Page 27: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

55

Zancudas, en número difícil de apreciar, recorren lasriberas y costas, cuyos agudos chillidos acompañan durante

la noche al pescador solitario de las rías. Unas recorrenlas playas en todas direcciones en busca de alimento, otras

remueven el limo de las rías; estas acuden en tiempos dela fría estación y aquellas no visitan nuestro suelo sino enel rigor de los calores, siendo la mayor parte muy dadas a

los viajes periódicos, que verifican con una regularidadsorprendente, sin que hasta hoy se haya podido dar una

explicación satisfactoria a este fenómeno.LUIS SEOANE. 1886.

Reseña de la Historia Natural de Galicia

O COMBATENTE, Philomachus pugnax, é unhalimícola que se achega ata a Xunqueira doLagares durante o seu paso outonal,procedente das terras pantanosas daEuropa septentrional, onde nidifica.Cando chegan xunto a nós os machos xaperderon a súa espectacular plumaxenupcial, rica en mechóns e gorgueiras degran vistosidade, coa que desenvolventorneos entre eles na procura das femias.No humidal vigués, xa solteiros e en baixonúmero, machos e femias buscandescanso e alimento, principalmenteinvertebrados, entre o limo da marisma.

As PÍLDORAS ou píllaras son asaves limícolas máis praieiras. A

píldora das dunas, Charadriusalexandrinus, nidifica

regularmente nas praias mellorconservadas de Galicia, como

Carnota, Trece ou A Lanzada, equizais nidificou en Samil,

Panxón e Barra cando aíndaeran zonas dunares. Outras

dúas especies son frecuentesnos pasos migratorios, a píldora

pequena e a de colar. Apequena, Charadrius dubius, visita

tamén as zonas húmidas dointerior, observándose semprena Lagoa de Budiño durante overán. A foto superior mostra

unha píldora de colar,Charadrius hiaticula, especie

asidua de praias viguesas comoCalzoa ou Fontaiña e da

Xunqueira do Lagares. NaXunqueira tamén podemos

atopar a píldora dourada,Pluvialis apricaria, e a cincenta,

Pluvialis squatarola.

Os PILROS son un numeroso grupode limícolas non sempre doados de

distinguir, tanto polo seu parecidocomo polas súas diferentes plumaxes

estival e invernal. Son moitas asespecies de pilros que visitan as costas

e marismas galegas en outono e inverno; polo xeral degustos gregarios, forman bandos numerosos que voan axitadamente

con rápidos cambios de dirección seguindo ó pilro que vai encabeza. A especie máis frecuente en Vigo é o pilro común, Calidris

alpina, habitual na Xunqueira do Lagares; deíxase ver tamén nestehumidal o pilro gordo, Calidris canutus. Xa máis raros, podemos ter a

sorte de observar o pilro ferruxento, C. ferruginea, e o pilrotridáctilo, C. alba, máis amigo de praias e areais, que de marismas.

Caracterízanse por posuír un longo peteiro co que fozan nossedimentos á procura de vermes e outros invertebrados. Na foto

vese un pilro gordo rodeado de pilros comúns.

III. PAISAXES

Durante os temporais de inverno, aondaxe arrastra ata a praia restos devexetación mariña arrincada polo mar defondo. Estes RESTOS DE ARRIBAZÓN, levanentre as algas un rico repertorio de vidamariña. Pequenos crustáceos, moluscosou postas de animais mariños son unbocado exquisito para limícolas e outrasaves do litoral. A práctica de limpar estesrestos, pola crenza de que afean as praias,deixa sen un importante recursoalimenticio a gavitas, píldoras, pilros oumazaricos; o paseante invernal tamén seve privado de gozar do espectáculodestas aves invernantes. Na foto inferior,unha posta dun molusco mariñoarrastrada ata a praia.

Page 28: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

56

O SABUGUEIRO, Sambucusnigra, é unha pequenaárbore moi esparexida porlindeiros de camiños ouleiras, en especial enlugares húmidos. É bencoñecida a facilidade coaque se saca a médula das ramas, propiedade pola que sefixeron con este material oco canutillos de tecelá ouchiflos e cervatanas para os rapaces. Son moitas ascrenzas relativas ao sabugueiro, ó que a culturapopular lle outorga unha chea de virtudes. Coassúas varas combátese o mal de ollo, tanto naspersoas como no gando; tamén na noite de SanXoán déixanse as flores ó relento para que collanorballo, e así adquiren propiedades medicinais; o antigocostume de facer as basoiras do forno con ramallos verdesde sabugueiro pode estar relacionado con estes especiaisatributos. En moitas zonas de Galicia chámanlle bieiteiro a estaárbore, dato que xa recollera Sarmiento, Bieyteyro, voz común enGalicia para significar el sabugueyro, y bieyteyras a las viejas que con esospalos hacen curas. Seica o nome desta árbore vén da verba gregasambuke, unha harpa que se facía coa súa madeira.

Case a terceira parte do concello de Vigoé terra cultivada, 3.194 hectáreas segundo o

último censo agrario. Aínda está vivo o significadode moitas searas, cavadas, milladas, coutadas,pomares, soutos, bouzas, devesas, veigas, eidosou estivadas. A conservación de gran parte davida silvestre dos montes, das veigas e soutos deribeira ou do prodixio ecolóxico que esconden assebes, depende do mantemento das actividadesagrícolas. O paulatino abandono destasactividades fai esmorecer unha parte fundamentalda nosa paisaxe natural e cultural. Sen embargo,a demanda dos cidadáns de productos decalidade, o desexo de preservar os nososcostumes tradicionais e en definitiva a esixenciadunha maior calidade ambiental, poden contribuíra promover a conservación do rico patrimonio queagochan as terras de cultivo. A nosa calidadeambiental vai depender de que entendamos asterras de cultivo como a horta de todos, e de quelles dediquemos a mesma atención que sefosemos os seus propietarios.

As RULAS son avescaracterísticas do rural. A foto

corresponde á rula turca,Streptopelia decaocto. Comezou a

achegarse ata os parques e vilaseuropeos durante o presente

século, procedente de Asia.Resulta moi doado escoitar oseu característico reclamo, un

cu-cuu moi velozmenterepetido, tanto en parques e

xardíns como en calquerazona habitada do agro vigués.

A rula común, Streptopeliaturtur, é unha visitante estival

vencellada ós mediosagrícolas, aínda que non

rexeita piñeirais oucarballeiras. Comeza a verse

contra o mes de abril e asrecén chegadas empezan afacer o niño agachadas naespesura dunha alta sebe.

Non é raro velapousada en postes,

cables ou no altodunha árbore ólongo de toda acampiña do Valdo Fragoso. No

seucaracterístico

reclamo está a orixe do seunome galego: ruuurrr, ruuurrr,

ruuurrr,.... O refraneiroaproveitou a puntual chegada

das rulas ós nosos campos:Cando a ruliña veña a rular, colle o

millo e vai sementar.

As actividades agrícolastradicionais son producto dunha

complexa integración coa natureza. Avariedade e singularidade dos

elementos da paisaxe cultural agrariaconverten ás zonas de cultivo nun

rico RECURSO DIDÁCTICO.

CULT

IVO

S E

NA

TURE

ZA

Page 29: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

57

As SEBES, lindeiros vexetais, sonestructuras características da paisaxeagrícola. Serven para delimitar propiedadese están formadas por unha mestura devalados, árbores e arbustos, dando lugar aun hábitat de gran importancia para moitasespecies. Nelas aparecen árborespropias dos bosques, como carballosou castiñeiros, pero as sebes teñenos seus especialistas en sanguiños,estripeiros, pereiras bravas ousabugueiros. Tamén son comúnstrepadoras como herba salgueira,hedra, saltesebes, uvas de can ouvides bravas, especies que adoitan loitarpola luz contra as silveiras. Tamén veremosnas sebes estrugas, mentrastes, fiunchos,cardos, roseiras bravas, herbas da fame ouxenxebras. As sebes son pois, ademais defermosos elementos da paisaxe, refuxios daflora e insubstituíbles fontes de alimento ezonas de refuxio para a fauna.

As sebes requiren para a súaconservación un mantemento periódico, sóposible mentres se manteñan vivas asactividades agrícolas. Arriba, unha sebepodada na parroquia de Zamáns, feita consalgueiros entrelazados. Na foto, un merlo,Tordus merula, ave habitual nos lindeirosvexetais.

A paisaxe cultural forma parte indisoluble dacultura que sustenta; e constitúe, polo tanto, un

paradoxo, porque é obxecto e símbolo,ferramenta e artífice. A medida que pasa o

tempo, os diferentes métodos de producción e asdistintas mentalidades conforman ou substitúen,manteñen ou abandonan elementos da paisaxe e

tránsfórmana por enteiro. Por iso hai queconsiderar as paisaxes como formacións sociais: os símbolos

escritos na paisaxe revelan o carácter dos seus habitantes,os seus modos de vida públicos e privados. Os tipos de

asentamento e os topónimos, os modelosde leiras ou de santuarios son elementos

dun código particular, fontes deinformación para as xentes da terra e

tamén para as que son alleas á paisaxe.PATRICK O`FLANAGAN. 1996.

Xeografía histórica de Galicia.

III. PAISAXES

Aínda o rural vigués é zona de estadía estivalda ANDORIÑA COMÚN, Hirundo rustica. Vén a

críar canda nós no comezo da primavera, ealó polo mes de setembro ou outubro

retorna ás terras africanas, onde inverna.Constrúe o seu característico niño, en

forma de cunca, enriba das trabes de casasou alpendres. Distínguese doutras andoriñas

pola mancha bermella que ten ó redor dopeteiro; no tocante a esta cor, dise quecando foi da Pasión do Noso Señor, a

andoriña arrincoulle as espiñas da cabeza elimpoulle o sangue do peito co seu peteiro.

O cultivo do CASTIÑEIRO, Castanea sativa, ten uns dousmilenios de antigüidade en Europa, tempo durante oque se foron seleccionando as mellores árbores. Estaselección atendeu a criterios como a cantidade defroitos, a resistencia ao clima, as datas de producción,o tamaño do froito ou presencia de tabiques no seuinterior, o sabor ou a súa facilidade de conservación.Moitas veces tamén se valoraron as ábores que tiñanun bo aproveitamento mixto, tanto polo froito comopola madeira. Este proceso de selección foi creandomultitude de variedades, das que ata agora secatalogaron perto de 150 en Galicia.

Cando a castaña era unha parte importante da nosaalimentación ou da do gando, esta diversidade eraunha enorme vantaxe. Sen embargo, hoxe aproducción destínase en gran medida ao mercado enfresco, valorándose cualidades moi concretas como obrillo, a cor clara, a producción temperá, ou aaptitude para a industria de transformación mediantepelado. A orientación dos cultivos cara a estascaracterísticas, así como o abandono da producciónnalgunhas comarcas, pode levar á desaparición demoitas variedades tradicionais, e que poden ser degran utilidade no futuro. Por esta razón cómpreconservar os diferentes tipos de castiñeiros galegos;hoxe están en marcha programas para o estudio dasvariedades galegas e a creación dun banco dexermoplasma para conservar este rico acervoproducto de centos de anos de selección.

Page 30: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

58

.

O HÓRREO, con diferencias nasformas e materiais de construcción,

espállase por todo o NO dapenínsula ibérica. Utilizado como

almacén para conservar o gran,requiren dunha localización aberta,aireada e soleada. Esta característica

fai da súa presencia unha referenciaconstante na paisaxe rural. Sonconstruccións dotadas dunha

singular elegancia, especialmente osdas Rías Baixas, polo que os

propietarios procuran conservaloscon mimo aínda que ás veces xa

non cumpran a súa orixinalfunción. A riqueza agraria do val

Fragoso e a abundancia de milleiraistradúcese nun elevado número de

hórreos. No inventario etnográficodo concello están catalogados

1.744, predominando os de pedra emadeira. É salientable que o 70%

dos hórreos vigueses pasan dos cenanos e máis da metade aínda están

en uso.

O centro da vida labrega é a casa rural,polo que no contorno da vivenda agrúpanse

unha serie de construccións, illadas ouapegadas, que complementan a actividadeagrícola. Estas construccións, que cumprenfuncións determinadas, reciben o nome deconstruccións adxectivas. As máis próximas avivenda son aquelas empregadas paraalmacenamento, como os palleiros, adegas,alboios, alpendres ou hórreos.

Xunto con este tipo de construccións, a horta éoutro dos elementos que caracterizan a casarural. Aínda manteñen unha forte presencia nanosa paisaxe rural, existindo en Vigo máis de 200ha dedicadas ó cultivo de hortalizas. A horta, enpalabras de Elixio Rivas Quintas á vez eido eenxido, herbolario profiláctico e xardín dedelicia, constitúe un importante recursoambiental, conxugando o seu papel como fonte devida silvestre e o seu singular significado comopatrimonio cultural.

A CASA CON PATÍN é a tipoloxía de vivenda tradicionalmáis frecuente nas Rías Baixas. En Vigo hai bosexemplos nas parroquias do interior do Fragoso, comoValadares, Beade, Zamáns, Matamá, Comesaña,Bembrive e incluso nas parroquias litorais de Coruxo,Oia ou Saiáns. Destácase pola orixinal disposición doacceso exterior ó primeiro andar. Nas fotos, dúas casasdesta tipoloxía, unha en ruínas e outra restaurada, enComesaña.

O OURIZO CACHO, Erinaceus europaeus, é un simpáticoinsectívoro de costumes crepusculares e nocturnas.

Aínda que o podemos atopar en fragas e zonas de matoou monte baixo, é tamén un cotián veciño dos campos

de cultivo e das hortas achegadas ás casas. Unha parteimportante da súa dieta componse de invertebrados

como caracois, eirugas ou insectos, o que o convertenun bo aliado do hortelán. Tampouco desaproveita a

froita caída das árbores ou mesmo cobras e rás.

A C

ASA

E A

HO

RTA

Page 31: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

59

A CURUXA, Tyto alba, é a nosa rapinanocturna máis caseira. Habitual tantoen parques como nas zonas ruraisdo concello, tamén é relativamentedoada de atopar en vellos faiados,alpendres ou construcciónsabandonadas en parroquias comoCoruxo, Navia, Valadares ouSárdoma; incluso se achega azonas urbanas como A Florida,Falperra ou San Roque.

Esta rapina nocturna é unhadas nosas aves de aspecto máissingular. Posúe unha plumaxedourada no dorso que contrastaco branco de neve da zona ventral. Pero o máis singularé o chamado disco facial, composto por plumas curtas eríxidas en forma de corazón. Esta estructura plumosanon é un capricho, senón que está relacionada coacaptación de sons, fundamental nun ave que é cazadoranocturna. En efecto, as ringleiras de plumas queenmarcan a gola cobren uns conductos que captan ossons e os conducen ás aberturas do canal auditivo,situadas próximas ós ollos. Non é pois casualidade queo disco facial teña unha forma acorazonada semellante adúas grandes orellas. Cando escoita o máis pequenoruído, localiza a presa gracias á prodixiosa visión dasrapaces nocturnas, que lles permite ver a gran distancia een tres dimensións. Esta característica fai das curuxasunhas excelentes cazadoras nocturnas, o que as converteen especies clave para controlar as poboacións deroedores, podendo dar conta de máis de 5.000 ratos óano. A pesar desta beneficiosa actividade, como asdemais rapinas nocturnas, a súa presencia tense por sinalde mal presaxio.

Sempre me lembrarei daquilacasiña onde vivimos unha gran

tempada. Cando chegaba aprimavera, milleiros de rosiñas

brancas e roibas rubían pola vellasparedes, hastra o tellado. A mesta

sombra dunha figueira daba sobor da solainada moura pedra. Chirlaban as anduriñas,

bébedas de delicia; cochorras i-auriolespuxaban a quen millor asubiase. Daba griria

estar sentado naquila solaina, vendo esbarar asnubes polo ceo limpo, cheo de socego; ollando oscurutos dos montes lonxanos, á outra beira do

río, envoltos no fumo tremante da calixeiraANXEL FOLE. 1953.

Contos a carón do lume.

A COL, unha das legumes frecuentes nas nosas hortas, foi unhaplanta sagrada para os gregos. Xa nunha representación funerariasobre a tapa dunha urna no capitolio, na que figura o curso da vidahumana, vese a un rapaz que leva na man unha col. Unha lendahelénica conta que a col naceu das lágrimas de Licurgo, príncipeda Tracia, a quen Dionisos atara a un cepo para castigalo poladestrucción das viñas das que era responsable. Quizais deriva estahistoria da crenza de que a col, como o loureiro, son daniños paraa viña. Por eso os antigos gregos e os exipcios empleaban colescomo remedio poderoso contra a embriguez causada polo viño.

Nos arredores das hortas,en ringleiras achegadas ás

paredes da casa ouabeirando as parceliñas

onde medran as hortalizas, écase inevitable toparmos

con ROSEIRAS, caraveis,crisantemos, dalias,

hortensias, lilas, xeranios eoutras flores que son,

ademais da ledicia da casa,un festín para abellas e

bolboretas. Complétanseestes pequenos xardíns

botánicos con plantasmedicinais e aromáticas

como ruda, romeo, salvia,hortelá ou herbaluísa.

III. PAISAXES

A pequena HORTA á carón da casa éun elemento propio da zona rural.Caracterizada pola variedade dosproductos, case sempre atopamosfréxoles, berzas, repolos, tomates,chícharos, fabas, pementos, allos,cebolas, leitugas, cenorias oupirixel.

Page 32: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

60

A beiramar viguesa conserva treitossalientables de costa rochosa. As

especies da VEXETACIÓN DO LITORALque colonizan este hábitat teñen

mérito; tivéronse que adaptar asoportar a forte influencia do mar,

que bate contra a beira rochosaconstantes raxadas de vento cunha

elevada salinidade. Ademais, as plantasa penas dispoñen de solo onde botar

raíces, pois só nas fendas e buracosque presenta a rocha granítica

acumúlase algo de terra. Deste xeitoas plantas do litoral rochoso

desenvolven grandes raices quepenetran entre as máis estreitas

fendas.

A franxa costeira é unha referenciaobrigada na paisaxe e natureza do concello.

Aínda que veu de sufrir moitas transformacións,quedan treitos que agochan unha gran riquezanatural, como o que discorre entre Punta Sobreirae o límite con Nigrán. A singularidade dasformacións rochosas e areosas, as avescosteiras e a vexetación do litoral son parte dosméritos para conservación que caracterizan aeste enclave. Destaca neste treito de beiramar aconservación de formacións vexetais adaptadasá influencia mariña, entre as que se podendestacar as comunidades de herba de namorar.

Da calidade ambientaldo litoral vigués xa se

decataron fai tempo osromanos, que situaron na

beiramar as súas villae,mansións dedicadas á

explotación de recursosmariños e industriasderivadas, como a da

salgadura. Na foto,escavación da VILA ROMANA

DE TORALLA, datada entreos séculos III e IV. No

litoral vigués localizáronsetamén as villae de Sobreira,

en Oia, e a do Cocho,Alcabre.

No mar, antiga leira dos veciñosdas parroquias costeiras de Vigo,

vanse apagando os sinais da PESCA DEBAIXURA ou o marisqueo. Destas

actividades, outro tempo boiantes,quedan só retallos que dan vida aareais como o das Barcas. Hai sen

embargo xente que está a traballar naconservación do rico patrimonio

mariñeiro. Un exemplo é areconstrucción dunha

gamela coruxeira, recollida nodebuxo, e que foi realizadapolo grupo etnográfico A

Buxaina.

A B

EIR

AM

AR

O treito de costa entreOia e Saiáns é uncompleto catálogo deformacións litorais noque se suceden cunhagran amenidadepequenas praias erochedos. Sondestacables polo seuinteresexeomorfolóxico asPRAIAS DE COÍDOS, asFURNAS e a variedade deformas que a erosiónmariña esculpe nasrochas.

Page 33: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

61

A Armeria pubigera é unha NAMORADEIRA presente no litoralrochoso vigués mellor conservado, se ben tamén aparecen noconcello outras especies. Na Xunqueira do Lagares crece a A.maritima, unha especie adaptada a zonas moito máis salinas,como marismas e desembocaduras. Outra namoradeira, A.pungens, presente nas dunas das illas Cíes, é a única cita enGalicia para esta especie propia do SW ibérico.

A tradición outórgalle ás herbas de namorar propiedadescomo filtro de amor, sendo coñecida a práctica, sobre todo nabisbarra de S. Andres de Teixido, de poñer ás agachadas unhaflor no peto do mozo ou moza desexado, para conseguirnamoralo. A actual escaseza desta planta aconsella utilizarmétodos de seducción máis prosaicos.

Deteñámonos un intre no cerne da Ríade Vigo no coto da Guía. O tempo dos

cernes granitos vai moi lonxe dostempos e ritmos do mar, nos alicerces

polidos que a marea encobre emañifesta. Teñen un particular azul os

montes. Fórmase do refrexo doAtlántico xa meridional. Hai un azul

portugués. Xa se enxerga en Vigo. Naorla da ribeira enxérganse alterados

tempos mainos rexistrados por aspraias, que son os reloxes de area do

tempo mariñán, e tempos de roquedosaínda en loita.

RAMÓN OTERO PEDRAYO. 1955.Ensaio sobor da paisaxe galega.

O litoral vigués posuía ata asegunda metade desteséculo extensos SISTEMASDUNARES nos areais deSamil e O Vao. Senembargo o forte procesode urbanización levou aconstruír na franxa dunardiversas infraestructurascomo estradas, paseosmarítimos, edificios e áreasrecreativas. Hoxe en día, e aexcepción das illas Cíes,unicamente a praia e dunasda Fontaiña, situadas ó lestedo Vao, no lugar deBreadouro, Coruxo,sobreviven comatestemuño dun pasado noque as dunas inzaban boaparte do noso litoral. Asdunas da Fontaiña, que seasentan sobre oafloramento granítico dePunta Helena, están a serconservadas e melloradasgracias a unha iniciativa dogrupo naturalista Erva queconta co apoio efinanciamento doConcello.

III. PAISAXES

A MACAÓN, Papilio machaon, éunha das máis rechamantes

bolboretas do municipiovigués, frecuente con dúasxeracións anuais en todo o

rural. A eiruga, de vivas cores,aliméntase de plantas dafamilia das umbelíferas,

como os fiunchos.Podemos ver á macaón, na

zona da praia daFontaíña,

onde abolboreta

depende daconservacióndo pequeno

sistemadunar alí

presente, xaque as

eirugas daFontaiña escollen como

alimento unha umbelifera,Seseli tortuosum, da que a penashai unha ducia de plantas nas

dunas. Os valados deprotección dunar aseguran

neste caso o futuro da plantae da macaón. A conservación

deste pequeno recanto denatureza engade un novo

aliciente para desfrutar dunpaseo pola praia.

O FENTO MARIÑO, Aspleniummarinum, encóntrase nas fendasdos rochedos da beiramarexpostos á mareira, aínda queabrigados do vento.

O FEO DA PRAIA, Ammophilaarenaria, é un dos principais

responsables da formación econservación das dunas. Pola súa

gran capacidade para reter osgraos de area arrastrados polo

vento estas plantas son a mellorgarantía para a conservación dosareais. Consérvase o feo da praianas dunas da Fontaíña, Cabo do

Mar e nas illas Cíes.

Page 34: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

62

En Vigo podemos observar, cando menos,cinco diferentes especies de GAIVOTAS, unhas quegustan dos ambientes humanizados e outras máis

claramente vencelladas ó medio mariño e costeiro,como a gaivota escura ou o gaivotón. A escura,

Larus fuscus, preséntase nas costas galegasprincipalmente no inverno, aínda que tamén críanunhas poucas parellas nas Cíes. O gaivotón, Larus

marinus, aparece sempre en compaña doutrosbandos de gaivotas, resaltando das demais aves

polo seu maior tamaño.A gaivota común, Larus cachinnans, cría nos cantís

e zonas próximas de Cíes, onde se atopa amaior colonia mundial, que conta cunhas

20.000 parellas; tamén crían algunhas parellasnas illas Estelas. É frecuente ó longo de todo o

ano nas costas viguesas, na cidade, porto, e inclusoen zonas interiores como o encoro de Zamáns.

Está afeita a sacar proveito da actividade humana,chegando incluso a nidificar nos tellados da

cidade.A gaivota chorona, Larus ridibundus, é unha

especie invernante cun maior rango de hábitats,pois podémola ver no litoral rochoso ou areoso,

na marisma do Lagares, no porto e cidade, e noencoro de Zamáns. É asidua de sumidoiros e

vertedoiros durante o inverno e distínguese polocapuchón nupcial de cor escura e por ter un

reclamo moi semellante a un berrido magoento.Xa máis rara, tamén pola desembocadura do

Lagares pode aparecer algún exemplar invernantede gaivota cabecinegra, Larus melanocephalus. Arriba,

gaivota común;a esquerda,

gaivota choronaen plumaxe

estival.

Ó VIRAPEDRAS, Arenariainterpres débelle o nome oseu costumede fozarbaixocoídos epelouros dabeiramar naprocura de presas.De feito un doslugares máis visitadospor estas aves son oscoidos de Cabo Estai-Praia do Canto deArea-, aparecendotamén nas zonas derochedo da costa viguesacomo Cabo do Mar,Calzoa, Punta Helena,Punta Sobreira e areaispróximos. Gústalle visitaras praias cando están cheasde algas e restos dearribazón, que son unhafonte de alimento pola súariqueza en invertebradosmariños como isópodosou pulgas de area.

Invernante nas nosascostas, poderémolo ver coasúa plumaxe invernal,parda e branca, moitomenos atractiva ca nupcial,unha mestura de franxasbrancas, castañas e negras,cunhas vistosas patasvermellas.

Avocación mariñeira de Vigo ten tamén asúa traducción na avifauna local. O refuxio

natural que supón a ría, as illas e illotesesparexidos polo litoral, e a diversidade de tiposde costa, ofrécenlles ás aves mariñas variadoslugares de nidificación, repouso, refuxio ealimentación. Gaivotas, corvos mariños, negróns,carráns, virapedras ou gabitas son parte dapaisaxe da beiramar viguesa.AV

ES

MA

RIÑ

AS

Page 35: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

63

Os CORVOS MARIÑOS sonaves características dabeiramar. De cor negrabrillante, no caso dosadultos, e de cor grisescura nos inmaduros, ataos dous anos de idade.Aparecen na costa de Vigodúas especies destas aves, ocorvo mariño cristado e ogrande. O corvo mariñocristado, Phalacrocoraxaristotelis, pasa todo o ano nacosta galega, nidificandonas zonas acantiladas. Osadultos teñen unhacaracterística crista nupcial.O corvo mariño grande,Phalacrocorax carbo, é demaior tamaño e invernanteen Galicia. Na ría de Vigorealiza masivosmovementos desde os seusdurmideiros de Cíes ouSilleiro cara á San Simón eoutras zonas da ría paraalimentarse; é espectaculara entrada de bandos decorvos mariños ó amencerá altura da ponte de Rande.

As dúas especies sonexcelentes nadadoras emergulladoras; lastran o seucorpo enchoupando aplumaxe de auga, polo quedeben de secalas ó sol,postura moi típica neles eque se recolle na foto duncorvo mariño grande. A súagran habilidade para acaptura de peixes é aíndahoxe aproveitada porpescadores chineses queutilizan corvos mariñosamestrados para pescar,obturándolles a gorxacunha corda de cánabo.

A GABITA, Haematopusostralegus, é unha daslimícolas máis doadasde identificar, pola súaplumaxe branca e negra,e o peteiro e patasvermellas. Visita asnosas latitudes fóra doperíodo de cría, sobretodo no outono einverno, aínda que acosta cantábrica contacunha pequenapoboación nidificante.Vense bandos e grupospequenos en lugarescomo Cabo do Mar, ACalzoa, Fontaiña,Toralla, Canido, CaboEstai ou na costa deSaiáns. Tamén é habitualnoutras zonas costeiraspróximas comoMonteferro, Ladeira, eCabo Silleiro, ondepodemos sorprendela áprocura de mexillóns,ameixas e outrosinvertebrados dosrochedos e areais dabeiramar.

Moi de cando en vezaparecen nas augas galegas

AVES MARIÑAS EXÓTICASprocedentes de mares

lonxanos, como albatros, fragatas,e outras interesantes viaxeiras. É

frecuente que esto aconteza en períodosde moi mal tempo coincidindo cos

temporais que periodicamente varren oAtlántico. Algúns ornitólogos sospeitan

que parte destas aves proceden de soltas demariñeiros da flota galega de altura que viaxa ós grandes caladoiros,

sobre todo de Malvinas e Sudáfrica, que traen as aves nos barcos e asceiban días antes de amarrar no porto.

III. PAISAXES

Pero coa mirada fixa no sombríohorizonte lonxano, Ahab non pareceu

advertir o salvaxe paxaro, e, desdelogo, ninguén se fixaría moito nel, non

sendo un caso nada raro, de non serporque entón o ollo menos atento

parecía ver algunha sorte de intenciónastuta en case todo o que se vía.

-¡O sombreiro, o sombreiro, capitán! -berrou de súpeto o mariñeiro siciliano,

que, de garda no pau da mesana,quedaba detrás do mesmo Ahab, aíndaque un pouco máis baixo que el, e cunprofundo abismo de aire separándoos.Pero xa as ás escuras estaban ante os

ollos do vello, e o largo peteiro ganchudona cabeza: cun chío, o negro falcón saiu

disparado coa súa presa.Unha águia voou tres veces en torno a

cabeza de Tarquino, quitándolle osombreiro para voltar a poñerllo, poloque Tanaquil, a súa muller, declarou

que Tarquino sería rei de Roma. Peroo agoiro só se considerou bo por voltar acolocar o sombreiro. O de Ahab non se

recuperou xamais, e o salvaxe falcónmariño seguiu voando con el, moi por

diante da proa, ata que ó cabodesapareceu, o mesmo tempo que, no

momento desa desaparición,distinguíuse confusamente un miúdo

punto negro que caía ó mar desde granaltura.

HERMAN MELVILLE. 1851Moby Dick

Page 36: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

64

O LAGARTO ARNAL, Lacerta lepida, é o maior doslacértidos da Europa continental, e quizais

tamén o máis vistoso. Gusta de ladeiras abrigadase soleadas, con toxais, silveirais e rochas ou

penedías nas que refuxiarse. De novembro afebreiro, dependendo do tempo, permanece no

fondo das súas galerías situadas baixo grandespedras. Nos días soleados de marzo comeza a

deixarse ver no noso concello nas penedías dasillas Cíes ou dos montes de Coruxo ou O

Galiñeiro.

As illas Cíes son o buque insignia danatureza do concello. Os seus valores

ambientais, que se distribúen por igual entre flora,fauna e paisaxe, fixeron que fose declaradaParque Natural en 1980. A conservación dosméritos naturais deste enclave débese conciliarco dereito das xentes a desfrutar destepatrimonio; para iso establécense zonas deacceso retrinxido, limítase o número de visitantese se dispoñen unhas adecuadas infraestructuraspara o uso público. A este respecto, polaidoneidade das instalacións e a conservación dacalidade do contorno, as praias das Cíes veñenmerecendo todos os anos a concesión daBandeira Azul.

Teñen as Cíes dúas fasquíasben dispares. Unha apracible, de

areais abordelados e augastranquilas; de costas ó oceano,

son unha estampa do que foi olitoral da ría. Esta agarimosa

beiramar contrasta co flancoatlántico, onde rocha e mar

traballan arreo na construcciónda paisaxe máis impoñente do

concello. Os rochedos e cantísdas illas Cíes acollen boa parte

dos máis sinalados valoresambientais do Parque Natural,

unha XEOLOXÍA VIVA que daabeiro ás aves mariñas e a unhasingular flora afeita a plantarlle

cara ó mar, como asnamoradeiras da foto,

penduradas sobre oacantilado.

As características climáticas das Cíes outórganlles unacentuado CARÁCTER MEDITERRÁNEO. Esta circunstanciatradúcese nos diferentes tipos de vexetación. Así, no matoaparecen especies termófilas como a xesta mansa, Osyris alba,ou o trovisco, Daphne gnidium; tamén nas dunas é salientablea presencia de Armeria pungens unha escasísima namoradeiraque ten aquí a única poboación ó norte das costas dosuroeste da península. Incluso na vexetación arbórea nótaseesta influencia mediterránea, aparecendo pequenos soutosde cerquiño, Quercus pyrenaica, que se introduce nas illasdesde o sur ó abeiro dos veráns secos da costaseptentrional portuguesa. Na foto, carpaza, Cistus salvifolius,planta de ampla distribución mediterránea moi frecuenteno mato das Cíes.

Das LONTRAS MARIÑAS sóqueda o recordo. Seica porpouco, pero nin sequera chegaron acoñecer o Parque Natural. A única pegadada súa presencia permanece na toponimia,na Furna das Lontras, antano refuxio destesexcelentes pescadores de baixura.

ILLA

S CÍ

ES

Page 37: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

65

III. PAISAXES

As Cíes gardan as colonias máis numerosas deGalicia de AVES MARIÑAS. Aniñan a gaivotaescura, a gaivota común e o corvomariño cristado, que coas súas perto de1.000 parellas nidificantes, fai das Cíes acolonia máis importante desta especieno suroeste europeo. Tamén nas illascría o paíño pequeno, Hidrobates pelagicus.

Ata hai ben pouco podiámonos gabarde posuír nas Cíes un importantenúcleo de reproducción do araocomún, Uria aalge, o máis meridional docontinente; non están aínda claras ás razónsda súa rápida deserción, aínda que debido áfraxilidade ecolóxica deste arao, puido ser afectado por algúncambio ambiental, cambio que quizais tivo que ver con actividadeshumanas como a pesca ou a contaminación das augas porhidrocarburos. Aínda que en moi escaso número, esta especie seguefrecuentando as augas das illas como invernante, xunto con outrosaraos e un fato de aves mariñas como mascatos, pardelas, carráns,pentumeiros, falaropos ou carolos. Esta riqueza natural motivou adeclaración das Illas Cíes por parte da Unión Europea como ZEPA,Zona de Especial Protección para as Aves. No debuxo, o arao papagaio,Fratercula arctica.

As dunas das praias de Rodase Figueiras acollen unhacompleta representación deplantas de areal; entre elasdestaca a CAMARIÑA, Coremaalbum, quizais a especie vexetalmáis característica das illas. A súa área de distribución esténdesepolo litoral occidental da península e as illas Azores. Entre asdúas praias citadas atópase o maior camariñal de Galicia; taménhai poboacións salientables na praia do Trece e nos sistemasdunares da ría de Camariñas, topónimo que lle debe o nome aesta planta. Sarmiento constata unha antano maior extensión dascamariñas: La villa del Caramiñal tiene por armas una planta con frutilla,llamada caramiña, y de ahí vino el nombre Caramiñal porque esta riberamarítima abundaba en lo antiguo de esta planta. Ahí no es tan común, peroes muy común en la costa marítima del Priorato de la Merced, en el sitio deEscarabote, y en Agoeyros, y en la Isla de Ons, y sobre la caída del río Ezaro,y Islas de Bayona. Hoxe esta planta está considerada como vulnerableen Galicia.

La isla no es mayor parcelaterrena que un navío, y es fácil

a la imaginación en la nocheinventarse una mitología de

islas navegantes, al albur gentilde la mar. La grande isla

clásica-Sicilia, Creta-, o la isla

continente, como Australia, noresponden a la idea sentimentalde isla con la veracidad con que

acuden las Cíes en ayuda deuna visión romántica, que no

deja de acompañarnos mientraslas habitamos. Las islas tienen

el tamaño de una jornada decamino o de arada, y están

siempre patentes sus límites alojo humano, que les mide tantosu extensión cuanto su áspera

condición de roca insumisa,fatigada del mar. Un poco

menos, y ya serían inhóspitospeñascos, sólo fáciles a la

gaviota y al cormorán. Perotienen el tamaño que

permite decir la palabratierra, y ya en ellas,

descubiertos los brevessembrados de patatas en la

arenisca, los cañaverales en laestrecha vaguada, la fuente

sabrosa y escondida, y en lazarza la gracia alada de un

pajarillo, más se extrema lacondición terrenal de las islas,

de un naufragio antiguorescatadas para que el hombre

pudiese, en la noche, encender elfuego en el lar. Porque las islas

son el hogar de algunoshombres. Melville, Stevenson,

De Foe, la misma etérnabúsqueda de Itaca que todo

hombre mortal comparte conOdiseo, ¿no están presentes en

cuanto decimos, hacemos,soñamos en las islas?

ÁLVARO CUNQUEIRO. 1982.Fábulas y leyendas de la mar.

A HISTORIA das Cíes remóntase cando menosa uns 3.500 anos a. de C., ó Mesolítico, época

na que foron datados os máis antigosachádegos. Virían máis tarde castrexos,

normandos, benedictinos, franciscanos,piratas berberiscos e ata o mesmo corsario

Francis Drake. O poboado castrexo dasHortas, o convento de Santo Estevo, casas,

muíños e canastros son restos dunha historiaaínda entre brétemas. Na foto, a levada do

muíño da Illa de San Martño.

Page 38: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

66

Os PEIXES EXÓTICOS afixéronse ben amoitas das nosas augas doces.

Orixinario das zonas pantanosas do surdos EE.UU, o black-bass ou percaamericana, Micropterus salmoides, foi

introducido en décadas pasadas poloseu interese para a pesca deportiva.

Amosaron unha gran capacidade decolonizar concas baixas, encoros e

zonas pantanosas; hoxe está presente enlugares do sur de Galicia como a concado Miño, as augas e barreiras do Louroe o encoro de Zamáns. É unha especiemoi voraz que depreda as poboacións

piscícolas e de anfibios das augas ondehabita, polo que chega a afectar á

diversidade biolóxica destesecosistemas. A foto recolle un black-bass pescado no encoro de Zamáns,

onde tamén hai outras especies exóticascomo a americana troita arcoiris, carpas

e carpíns.

As colonias de catas ou COTORRAS ARXENTINAS,Miopsita monachus, son aves procedentes de

Sudamérica que hoxe aniñan na finca de Torallaou Mirambell. Despois de fuxir das súas gaiolas,

asentáronse en Vigo no eucaliptal desta finca, onde hoxe xaexisten máis de 40 individuos e colonizan zonas próximas como asxunqueiras do Vao e do Lagares, onde tamén nidifican. No ano 95

a especie tamén foi citada en lugares novos como Cangas, Tui,Xunqueira do Lérez, A Limia, Sabarís, Reza e Mondoñedo. En

Vigo, esta fermosa ave estase creando inimigos entre ospropietarios de leiras veciñas xa que atacan ás colleitas de

millo e ós gromos das árbores froiteiras.

No concello de Vigo encóntranse enliberdade especies de fauna silvestre

procedentes de lonxanas xeografías. A súapresencia nestas terras débese á actividadehumana, unhas veces por soltas deliberadas deexemplares e outras ó fuxir de granxas ougaiolas. Estas especies teñen un especialatractivo natural, son un exemplo de como a vidasilvestre sempre procura adaptarse ás novassituacións. Sen embargo as especies exóticaspoden pasar de atractivo natural a molestoinvasor, xa que ás veces non atopan sistemas decontrol como depredadores, parásitos ouenfermidades, que si actúan sobre a faunaautóctona.

É ilustrativo o caso do coello en Australia quepasou de ser recurso cinexético a praga. Domesmo xeito, os animais exóticos poden actuarcomo depredadores de presas indíxenas, senningún tipo de equilibrio, trastocandocompletamente o balance das cadeas tróficasnaturais, ou tamén servir de vectores detransmisión de enfermidades ás poboacións dolugar, como aconteceu co cangrexo de ríoamericano en España.

Estes feitos levaron a implantar mecanismoslegais de control, para evitar introduccións deespecies animais exóticas de xeito irracional;hoxe é xa cada vez máis frecuente a utilizaciónde poboacións locais en campañas derepoboación. Sen embargo, a continua trásfegade fauna duns continentes a outros é moi difícil dedeter.

Pese a todos os aspectos negativos sinalados,tamén hai especies hoxendía perfectamenteintegradas no medio; na península Ibéricapódense citar á xeneta ou o meloncillo, unhamangosta que habita en terras extremeñas eandaluzas, que proceden seguramente deintroduccións humanas efectuadas en épocashistóricas.

FAU

NA

EX

ÓTI

CA

Page 39: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

67

O VISÓN AMERICANO é un mustélidoorixinario de Norteamérica. Osexemplares que podemos observaren Vigo proceden de individuosfuxidos das granxas peleteiras quedesde hai dúas décadas seasentaron nas zonas do Val doLouro e Baixo Miño. Tencolonizada boa parte do norte deEuropa Occidental e a antigaUnión Sovietica, onde asautoridades soltarondeliberadamente uns 16.000exemplares entre 1930 e 1960.

É unha especie moi vencellada ómedio acuático; as ribeiras ricas envexetación, regatos, e zonashúmidas son os seus hábitatsfavoritos, aínda que tamén apareceen zonas de cultivos, monte baixoe repoboacións forestais. En Vigoestá presente nas zonas mellorconservadas do Lagares e noencoro de Zamáns e os seustributarios. A especie tampoucorexeita colonizar mediosdegradados ou próximos á zonaurbana, como por exemplo oregato Sameiras, en Cabral, ou o ríoEifónso ó seu paso por Sárdoma.

No medio acuático é onde atopao seu alimento, unha dietacomposta de aves, peixes,pequenos mamíferos, anfibios eréptiles, insectos, ovos e taménmateria vexetal. Con costumesnocturnos, aínda que tamén éactivo polo día, é un dosmustélidos máis doados de ollar nanatureza. Adaptouse conextraordinaria facilidade ó nosomedio.

Os estudios indican que acolonización do territorio galegovese limitada pola competencia coalontra, polo que naquelas zonas nasque esta non pode vivir son ohábitat máis representativo dovisón americano, sempre que acontaminación das augas non sexaexcesiva.

A TARTARUGA DE FLORIDA, tamén chamada tartaruga demeixelas coloradas, Trachemys scripta, é orixinaria das zonaspalustres e fluviais do SE de EE.UU. Nos anos 80comezaron a verse nas nosas augas doces, coincidindocoa súa expansión como mascotas domésticas. Candoacadan un gran tamaño e requiren demasiados coidados,algúns donos desfanse delas soltándoas en calqueraregato ou charca. Deste xeito, estes quelonios quenaceron nunha granxa de cría atópanse por primeira vezen liberdade. Hoxe xa están presentes en lugares como asribeiras do Louro e barreiras e gándaras de Budiño, o ríoMiñor ou o esteiro do Miño. En Vigo apareceron no ríoLagares, no humidal de Goberna e ata nas pequenaslagoas creadas pola escavación dalgunha obra.

A tartaruga de Florida compite co sapoconcho comúnnaquelas zonas onde se atopa esta especie ameazada deextinción en Galicia, como en Budiño. Aínda que non secomprobou a súa cría en Galicia, o que si é certo é a boaadaptación deste voraz predador acuático que consumepeixes, anfibios ou invertebrados. Non é difícil velocando solea nos primeiros días cálidos da primavera,despois da longa hibernación invernal, na lama dasribeiras dunha charca. Na foto da esquerda, unhatartaruga de Florida recollida nunha lagoa do curso baixodo Lagares; a dereita un sapoconcho comun, Emysorbicularis, nunha barreira de Budiño, marcado cunnúmero nun estudio ecolóxico desta especie.

O episodio de extinción máis catastrófico dahistoria recente pode ser a destrucción dos peixes

cíclidos do lago Victoria, un paradigma deradiación evolutiva. A partir dunha única especie

encestral emanaron 300 ou máis, que ocuparoncase todos os principais nichos ecolóxicos dos peixes doceacuícolas.En 1959 os colonos británicos introduciron a perca do Nilo comopeixe para ser pescado deportivamente. Este enorme depredador,

que acada case os dous metros de lonxitude, reduciu drasticamente apoboación de peixes nativos e extinguiu algunhas das especies.

Estimouse que acabará por extinguir a máis da metade das especiesendémicas. A perca afecta non so ós peixes, senón ó ecosistema

lacustre no seu conxunto. A medida que os cíclidos comedores dealgas desaparecen, a vida vexetal prospera e descomponse, reducindo

o osíxeno das augas profundas e acelerando a decadencia doscíclidos, os crustáceos e outras formas de vida.

EDUARD O. WILSON. 1995.La diversidad de la vida.

III. PAISAXES

Page 40: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

68

As UÑAS DE GATO, Carpobrotusedulis e C. acinaciformis, son

plantas ben coñecidas pola súapresencia nas praias, rochedoslitorais, terreos baldíos, gavias,

noiros e xardíns do municipio.Proceden de África do Sur, da

rexión do Cabo, onde seestenden por sistemas

dunares e outroshábitats costeiros. Do

mesmo xeitocolonizan a nosa

beiramarexpulsando ás

especiesautóctonas de

zonasdunares ou

rochedos como ofeno da praia, o

cardo da ribeira ou aherba de namorar.

Cando chega a primaverapodemos atopar as fermosas

flores lilas ou marelas da uña degato en lugares como Alcabre,

Cabo do Mar, A Calzoa,Fontaiña, Vao, Canido-

Mirambell, Punta Sobreira, costade Oia e Saiáns, ademais doutras

zonas no interior vigués etamén parques urbanos como

O Castro. Na recuperación dasdunas da Fontaíña estase

eliminando de xeito paulatinoesta especie. Nalgúns países,como EE.UU., as extensións

colonizadas pola uña de gatoson tan grandes que é necesario

empregar herbicidas paraerradicala.

Desde sempre foi unha actividadehumana frecuente o traslado de vexetais

desde o seu hábitat orixinal a outras zonas. Ásveces estes movementos de especiesproducíronse de forma intencionada, como é ocaso de productos agrícolas, forestais,ornamentais ou fixadores de noiros. Outrasveces a introducción de especies prodúcese deforma accidental, case sempre comoacompañantes doutras especies. Esta trásfegade vexetais incrementouse nos últimos tempos,cando xa se xeneralizan os medios de transportetransoceánicos e desaparecen as fronteirasnaturais. Moitas destas especies, utilizadas naagricultura ou nos xardíns, supoñennos un clarobeneficio. Sen embargo, algunhas pódensenaturalizar, reproducíndose no novo hábitat sen anosa intervención.

Cando estas especies naturalizadas posúencaracterísticas que favorecen a súa expansiónno novo hábitat, case sempre en detrimento daflora local, denomínanse invasoras. En calqueracaso, non sempre é doado determinar o carácterexótico dunha especie vexetal. Compre estudiar orexistro fósil mediante análises polínicas, aecoloxía, diversidade xenética e analizar osposibles sistemas de introducción. De xeitoarbitrario establécese o ano 1.500 como data apartir da cal unha especie considérase alóctona.Tamén é dificil ás veces saber o momento en quechegou a especie; é necesario investigardocumentos históricos sobre movementosmigratorios humanos, taxonomía, etnobotánica emedicina tradicional para establecer conrazoable certeza como e cando foi introducidaunha especie.

É unha flor ben bonita a IPOMOEA, Ipomoea acuminata, orixinaldo trópico americano; pero tamén o son as nosas corregolas.A pena é que a ipomoea ten un forte comportamento invasore cobre completamente sebes e silveiras, onde teñen o seuhábitat as corregolas. Tamén hai outras especies ornamentaisexóticas doadas de atopar en Vigo no medio natural, como acala, Zantedeschia aethiopica, a capuchina, Tropeolus majus, ou aTradeschantia, que tapiza por completo os solos do bosquetedo Parque de Castrelos. Na foto da esquerda, ipomoea; nadereita unha corregola maior ou saltasebes, Calystegia sepium.

FLO

RA E

TICA

Page 41: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

69

Aínda que carece de nome popular, aARCTOTHECA CALENDULA é unha plantafamiliar para os coñecedores dascostas da ría de Vigo. Orixinaria daszonas dunares de Sudáfrica, apareceaquí como unha eficaz oportunistaque aproveita calquera superficieenraizable do litoral vigués pararapidamente asentarse, medrar,florecer, e botar semente, momentono que esta planta de ciclo anualmorre, dando paso a unha novaxeración. Deste xeito aparece enpraias, gavias, fincas, paseos marítimos,dunas, recheos e zonas de entullos,aproveitando a máis mínima fisuracon terra areosa para botar a medrar;no Paseo de Samil aparece nosmontonciños de area que seacumulan entre as lousas e nas zonasaxardinadas. Cando se fixo arecuperación da praia do Vao, óspoucos meses a nova superficieestaba totalmente colonizada destasplantas, chegando a formarse gracias ásúa acción unhas incipientes eexóticas duniñas. Na foto vese unliñaceiro, Carduelis cannabina, nunherbazal costeiro con Arctotecas.

As taxas de flora alóctona en España son do 7-8% da floratotal. As proporcións varían noutros territorios por moitas

circunstancias. En primeiro lugar en función da densidade depoboación, xa que o home é causa directa da introducción; perovarían tamén de maneira directa pola alteración do hábitat, xa

que nos medios antrópicos encontran acomodo moitas especiesalóctonas, oportunistas, libres da competencia das autóctonas,

que foron desprazadas. Convén ter en conta tamén que asconcentracións de poboacións maiores danse nos climas máisfavorables, pois, o mesmo tempo, ofrecen menos limitacións ó

desenvolvemento das intrusas.A flora alóctona de Galicia responde a estes esquemas e

concéntrase nos medios alterados das zonas costeiras. Se haiunha planta que responda a este modelo, esa é o eucalipto

(Eucaliptus globulus). É unha especie que procede de Tasmaniae Victoria (Australia) -aproximadamente no noso mesmo

paralelo-, que chegou a España hay pouco máis dun século,primeiro cun fin ornamental e logo buscóuselle unha utilidade

forestal. Este eucalipto plantouse para a producción de madeira,pero unha boa parte da superficie que hoxe ocupa en Galiciaalcanzouna por expansión posterior, debido á alteración que

causou o home cos incendios. Sen embargo, ten un límitealtitudinal, os 400-450 metros. As dúas acacias, a mimosa

(Acacia dealbata) e a de madeira negra (Acacia melanoxilon),utilizáronse para fixar noiros, pero escaparon e viven de maneira

agreste; as dúas proceden da mesma rexión co eucaliptoJESÚS IZCO SEVILLANO. 1996.

Fitoxeografía: Orixe e distribución da flora galega.

As especies exóticas poden ser pragas, pero taménconverterse en manchas de vexetación moi ben integradasna paisaxe e incluso na cultura tradicional. Este é o caso daCANA, Arundo donax, orixinaria do continente asiático e que

todos coñecemos pola súa habitual presencia perto de hortasou prados. Ás veces a súa presencia débese á nosa

intervención directa, que a plantamos pola súa utilidade,namentras que outras aparece a partir de sementes dispersadasde xeito natural. Na actualidade, en toda a paisaxe rural viguesa

acanéase esta esvelta especie. Distribúese tanto polas parroquiascosteiras como polas do interior, aparecendo incluso nas illas

Cíes. As canaveiras empréganse para atar viñas e cultivosagabeadores, para facer valados nas hortas ou para delimitar

fincas. Úsase tamén a cana como vara dos foguetes, aplicacióncon certo arrecendo oriental.

III. PAISAXES

Page 42: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

70

Aínda que ás veces sae en díasescuros e chuviosos, o SAPO

COMÚN, Bufo bufo, prefire a vidanoctámbula; Só cambia este

costume na época de celo, quecomeza normalmente no mes demarzo, e na que é doado velo dedía. Adáptase ben en case todos

os hábitats, polo que en Vigopodémonos encontrar con este

anfibio en zonas de cultivo,soutos de ribeira, bosques e

mato.Ademais do sapo común hai

en Vigo outros sapos, xa menosabundantes, como o sapo

corriqueiro, Bufo calamita, osapiño comadrón, Alytes

obstetricans, e o sapiño pintoxo,Discoglossus galganoi.

Dise que o aire de sapo épezoñento e maléfico, aínda que

a verdade e que este aire só tenmalas consecuencias para as

miñocas, caracois, lesmas ouinsectos dos que se alimenta. Se

sapos como o da foto, o sapocomún, tivesen crenzas deste

estilo seguro que falarían do malaire de curuxas e cobras, os seus

principais inimigos. E sesoubesen do papel dasactividades humanas na

desaparición doshumidais que

necesitan para a súareproducción,

seguro que taméndo noso bafo

falarían pestes.

Os MORCEGOS son os máis xenuínos representantes da faunado solpor. O morcego orelludo meridional, Plecotus austriacus,posúe unhas grandes orellas que lle permiten dispor duneficaz sistema de ecolocación co que se orientan polasnoites, e que utiliza na busca de insectos nocturnos,capturando tanto os que están en voo como os pousados enfollas ou troncos. Ó igual que outros morcegos, empregannon só cavidades naturais como lugares de refuxio, senóntamén casas vellas ou novas con buracos, muíños, alpendres eata caixas niño. É unha especie que adoita hibernar ensolitario, costume que tamén ten durante o período activo doano, aínda que en condicións favorables pode congregarse. Éfrecuente no rural vigués, especialmente nas parroquia cunhanatureza ben conservada como Coruxo ou Zamáns; incluso éhabitual nos grandes parques urbanos. Moito máis doado deatopar é o morcego común Pipistrellus pipistrellus, especie afeitaós ambientes humanizados.

Especies catalogadas como de interese especial, os morcegosestán nunha situación delicada, tanto por envelenamento porpesticidas como pola desaparición dos seus hábitats. Aescaseza de refuxios naturais, o cambio de usos dasedificacións agrícolas ou a perda de fragas son razóns para odescenso das poboacións dos morcegos. Para remediar aausencia de refuxios nos montes se están a instalar caixas-refuxio para pasar o día ou hibernar.

Pese a seren moi beneficiosos polo seu labor deeliminación de insectos, os morcegos non gozande moita popularidade. Crenzas tradicionaisdin que atando un morcego á man dereitadun home, este home non dormenunha noite, e que o que bebe sanguede morcego non dorme máis. EnChina, pola contra, é símbolo defelicidade e longa vida.

Cando anoitece chega a quenda paramoitas especies que aproveitan a escuridade

para a busca de alimento. Nesas horas entran enacción os seres máis singulares da nosa faunasilvestre, aínda que esta actividade é sóperceptible para os naturalistas máis avezados e,por suposto, para a prodixiosa vista de curuxas,mouchos e avelaionas.

EN

TRE

LU

SCO

E F

USC

O

Page 43: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

71

Se ben pode estar activodurante o día ou a noite, o

ESCÁNCER COMÚN ou cristalina,Anguis fraguilis, ten unha clara

predilección polo lusco e fusco.O seu hábitat preferido son os

prados e sebes con silvas e fentos.Aínda que é da familia dos

lagartos, a ausencia deextremidades dalle aspecto de

ofidio; esta circunstancia fai dainofensiva cristalina unha víctima

frecuente da inxusta xenreiracontra as cobras.

O TEIXUGO, Meles meles, é un animal moidifícil de observar por ser caseexclusivamente nocturno. Adoitacomezar a súa actividade co solpor.Durante a noite dedícase a buscaralimento, composto en gran parte pormiñocas e en menor medida edependendo da época do ano, deinsectos, vexetais como grans, fungos oupequenos froitos silvestres evertebrados, sobre todo anfibios. Nosmontes, ribeiras, prados e sebes doconcello atopa alimentación dabondo.Despois da ruada nocturna regresa áseguridade da súa ampla tobeira un parde horas antes do amencer. Só podealterar a súa discreta e prudenteexistencia un cepo ou un lume, comorecolle a foto dun pequeno incendioforestal nos montes de Saiáns do que foivíctima un teixugo.

As noitaregas son assoberanas da escuridade.A AVELAIONA, Strix aluco,chamada así polo seumelancólico reclamo, é unharapaz nocturna moi frecuentenos montes vigueses,chegando a nidificar inclusoen zonas tan próximas ázona urbana como a campiña de Navia. Faio niño en buratos de árbores e nas noitesda fin do inverno é moi frecuente escoitar aincesante ulular das avelaionas, chamándose erespostándose entre elas.

Tenemos por nuestro nocturno yfilosófico teixugo una

instintiva simpatía, difícilde explicar, como sucede

con todo lo instintivo.Algunos autores, entre ellos

Toussenel, el que dijo aquellotan perfecto de que no había vulgo en la

república de la Naturaleza, acusan al tejón nada menos que debandido. No compartimos esta opinión extrema; es cierto que,

glotón de cereales y frutos -las uvas lo hacen particularmentefeliz-, hace algunos daños en maizales, centenos y huertas, pero

debemos tener en cuenta que come tan sólo los que halla en elsuelo y que en su haber figuran una destrucción nada desprecia-ble de víboras, dañinos ratones de campo, abejorros, caracoles,

babosas y gran cantidad de insectos.J.M. CASTROVIEJO E A. CUNQUEIRO. 1962.Viaje por los montes y chimeneas de Galicia.

III. PAISAXES

O RAPOSO, Vulpes vulpes, é dehábitos crepusculares e nocturnos.Aínda frecuente no noso concello,

cando escurece abandona a súacomplexa tobeira e disponse a

buscar o seu sustento. Ratos, toupas,coellos novos, paxaros, aves de

curral, insectos, réptiles, mel, aciosde uvas e ata landras, todo lle prestaó seu pouco esixente padal. Incluso

cando anda esfameado achégase ábeiramar a ver que apaña; comorecolle o dito, mal lle vai ó raposo

cando lambe os cangrexos. Estas boastragadeiras, xunto coa súa consabidaastucia, fai que non sinta necesidade

de se arredar do medio urbano,onde lle é doado atopar uns

apetitosos desperdicios.

Page 44: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

72

En non poucas ocasións asactividades humanas destragan

sen contemplacións paisaxesnaturais únicas. Outras,entroques, ofrécenlle á

natureza unha novaposibilidade para que a vida

silvestre nos sorprenda cunhainspirada improvisación. As

PEDRAS DOS MUROs doscamiños, como as dos valados,casas ou muíños, son exemplo

desta afortunada comuniónentre as actividades humanas e

o contorno, proporcionando osoporte dunha das máis

singulares manifestacións danatureza.O noso

concelloposúe unha

rica variedadede paisaxes

naturais sobrepedra; esta

variedade vendeterminada por

un climatemperado e

húmido e polafonda humanizaciónda paisaxe, que fai de

cada muíño ou valado depedra un pequeno parque

botánico.Este especial punto de

encontro entre o patrimoniocultural e o natural merece un

esforzo de conservación.

Os camiños son con frecuencia lindeirosentre diferentes ambientes, terra de ninguén

dos hábitats naturais. Discorren ás veces pololímite dos prados e as hortas próximas ásvivendas, entre xardíns e ermos, entre mato ebosque, entre ribeiras e fragas. E as fronteirascaracterízanse tamén na natureza por serenlugares de tránsito e domicilio dos que non teñenmoito apego a lugar ningún e gustan da riquezados contrastes. Pódese logo observar un amplocatálogo de paisaxes e paisanaxes.Encontrámonos valados de pedra ou madeira,onde as lagartixas toman a raxeira, muros depedra cubertos de fentos, liques e brións oupequenas árbores illadas onde practican os seusrechouchíos merlos e rolas.

Neste ambiente de promiscuidade florece unhagran variedade de plantas que atoparon nosbordes do camiño un hábitat non ameazado poladesbrozadora, o fouciño ou os herbicidas.Cardos, silveiras, ortigas, chantaxes, acedas,vezas ou malvas son parte dunha gran variedadede plantas exiliadas que son unha boa fonte dealimento para os pequenos invertebrados.Atraídos por este humilde pero suculento refuxiobotánico, as beiras dos camiños son invadidaspor unha turma de bolboretas, escaravellos,eirugas, formigas e saltóns. Por suposto, estaanimación é unha circunstancia que non se llesescapa ós lizgairos paxaros insectívoros.

As LAGARTIXAS, sempre prestas a unharápida fuxida, son parte da familiarpaisaxe dos valados dos camiños. Noconcello de Vigo podemos atopar dúasespecies, a lagartixa galega, Podarcis bocagei,e a dos penedos, Podarcis hispanica. Se óvermos liscan entre as fendas do muroou a ramaxe, conseguimos que saiandecíndolle,

Sai, Lagartiño, sai,que che morreu túa nai,no camiño da devesacun foliño na cabeza

A V

IDA

NO

CA

RRE

IRO

Page 45: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

73

As ESTRUGAS, plantas do xéneroUrtica, son especies nitrófilashabituais en beiras de camiños,regatos e lameiros. Pese a que irriteno pel, son fonte de vida na natureza,e en especial para as bolboretas.Algunhas das máis fermosas dosnosos campos e xardíns dependendesta planta para súa supervivencia.Bolboretas como a estrugueira Aglaisurticae, o pavo real, Inachis io, a vanesa,Vanesa atalanta, a branca, Polygonia album, depositan osovos nas estrugas, xa que as súas follas son o alimentodas futuras eirugas. Os británicos, excelentes xardineirose amantes da natureza, adoitan plantar estrugas nunrecuncho dos seus xardíns para garantirse o pracer deobservar as bolboretas.

O LOUREIRO, Laurus nobilis, éunha árbore frecuente nos

carreiros, en especial nos quediscorren por lugares sombrizos

ou preto de ribeiras, como serecolle no cantigueiro:

Desgraciado do loureiroque está a beira do camiño

cada persona que pasatíralle un ramalliño

Na mitoloxía grega estabaconsagrado a Apolo e era símbolo

de purificación e triunfo.Asemade, outorgábaselle o poder

da profecía; as pitonisas comíanfollas de loureiro antes de

pronunciar os seus oráculos. Domesmo xeito, na nosa culturatradicional esta árbore posúe

propiedades especiais e foiempregada en conxuros,

Loureiro que fostes nadoe non fostes transplantado

quita o aire de mortoe de excomulgado.

Tamén as ramas de loureiro,benditas no Domingo de Ramos,

colocábanse nas casas ou nashortas e leiras, como protección

contra o lóstrego e a sarabia.

A cara da Galicia de hoxe é tandiferente, tanto, da dos nosos días da

infancia, que, por veces, se nos apertao corazón coa relembranza.

Fáltannos os camiños.A Galicia rural, desde a praia ámáis alta serra, estaba sucada decamiños. Estes procedían da noite

das edades, do principio do mundo.Cando o seu percorrido pasaba polo

penedo, as rodeiras feitas polos carroseran fondas e falábannos de antigüidades

de séculos e séculos. Eran vías dosromanos, sen dúbida moitos destes

camiños; pero sabíamos que viñan de máisatrás: dos días castrexos. Ao vermos tangrande número de mámoas a carón destes

camiños, maiormente cando estes seadentraban nas chairas altas, nas

terribeis landas, nas serras da soedade edo medo, pois pensábamos que eles

existían desde o tempo neolítico.Este cronista agora fecha os ollos.

Véñenlle de súpeto á memoria todos oscamiños que pisou na súa dilatada vida.

Os camiños afondados na terra, paraevitar as pendentes, chamados congostras.

As corredoiras, quizais máis domésticas ede servizo parroquial. Falábase de

camiños de carro, que tiñan a medidaxusta do carro do país. É algúns

chamábanse calzadas, e vereas. Estesúltimos camiños eran anchos, ben

beirados, estrados de grandes pedrasplanas; eran, seguramente, os camiñosreais, construídos sobre as vellas vías

romanas.XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN. 1996.

Camiños para a vida.

Non quedaríacompleta unhadescrición doscamiños senlembrarmos dasánimas. Enencrucilladas pertode casais érguenseCRUCES OUCRUCEIROS enmemoria dosnosos mortos. Nafoto, Cruceiro deFragoselo.

Acochado entre aespesura das sebes, o

PAPORRUBIO, Erithacus rubecula,é un cotiá compañeiro do

camiñante. En toda Galicia ésedentario; tamén nos visitaninvernantes e individuos en

paso primaveral e outonalprocedentes do occidente

europeo.

III. PAISAXES

Page 46: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

74

Os restos de ABELÁS sonmoi fáciles de atopar

nun paseo pola ribeiradun río ou regato. Estasforon comidas por un

pequeno roedor nasribeiras do

Zamáns. Osesquíos, polo

xeral, fan unhapequena abertura

cos dentes na abeláe despois pártena

limpamente endúas metades.

Se vemos unhas piñas desfeitas como as da foto ésinal de que un ESQUÍO, Sciurus vulgaris, andivofartándose de piñóns. Aínda que estes simpáticosroedores teñen sona de escorregadizos, cada vezé máis frecuente velos nos montes vigueses,onde dispoñen dunha enorme despensa desementes de piñeiro. Tamén gusta doscogumelos e outros froitos forestais comocastañas, landras ou abelás. Cando o inverno dáos primeiros avisos, o esquío enterra froitos endiferentes lugares, facendo uso desta despensa nos temposde maior escaseza.

O estudio das PEGADAS é un dosmétodos máis típicos e eficaces para

constatar a presencia de animais decomportamento esquivo. Sen

embargo, a identificación de pegadasten as veces certa dificultade, tanto

para distinguir unhas doutras comopara atopalas. Os sitios húmidos

como o da foto son bos lugares paraintentar identificar pegadas, que neste

caso pertencen a un córvido.

Atopar pegadas e rastros é unhaactividade que moitos afeccionados á

natureza empregan como fonte de informaciónsobre a fauna da zona que están a visitar. Poloque atinxe ás pegadas, aves e mamíferos son osgrupos dos que poderemos obter información. Oslugares máis axeitados para ollar as pegadas demamíferos son aqueles con substratos brandosou lamacentos como camiños enchoupados,areais e lodeiros de marxes de ríos ou regatos,lameiros no inferno dos muíños, charcas, zonascon neve, praias, limos das marismas, beiras deaugas estancadas, campos recén traballados ouzonas con movementos frecuentes de terras.Cando atopemos unha pegada debemos de tomaras medidas e facer un debuxo o máis fiel posible,para así podela identificar máis tarde coa axudadunha guía, no caso de non ter experiencia notema. Debémonos de fixar na presencia depegadas das patas dianteiras e traseiras, asícomo da distancia entre elas, o que nos permitesaber se o animal andaba ó paso, ó trote ou ógalope.

Nos montes vigueses poderemos localizar concerta facilidade pegadas de raposo, teixugo,visón, ourizo cacheiro, denociña, porco bravo,cans e gatos, que poden ser confundidas coasde raposo, xeneta e roedores. Por outra bandason frecuentes as pegadas de limícolos en praiase marismas, as de garzas, patos e pitas de augaen treitos do curso baixo dos ríos e as decórvidos e pombas en zonas rurais.

PEG

AD

AS

E R

AST

ROS

Page 47: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

75

Tamén se pode descubrir apresencia dos animaisidentificando as súas

DEXECCIÓNS, aínda que as vecesnon é un procedemento fácil.

Esta da foto pode ser deraposo.

Un día, ó mediodía, ocorreu que dirixíndome cara a ondeestaba o meu bote, quedei extraordinariamente sorprendido ó

ver a pegada dun pé espido de home na praia, que eraperfectamente visible na area. Quedeime como ferido polo

raio, ou como se vise unha aparición; agucei o oído, mirei ómeu redor, non puiden oír nada nin ver nada; subín a un

pequeno outeiro para ver mellor; percorrín toda a praia dunlado a outro, pero todo foi inútil, non puiden

descubrir ningún outro rastro máis queaquel. Volvín de novo ó lugar para ver se

non había ningunha máis e paraconvencerme de que non fora unha

ilusión miña; pero non había ningunhadúbida, era verdadeiramente a

auténtica pegada dun pé, os dedos, otalón e as demais partes do pé; comofoi feita aquela pegada non o sabía,

nin podía imaxinarmo. Pero despoisdunha confusión de innumerables

pensamentos, como un hometotalmente extraviado e fóra de sí,

regresei á miña fortificación sensaber, como vulgarmente se di, o terreo que

pisaba, e aterrorizado ata o máximo, volvendo a cabeza cadadous ou tres pasos, asustándome de cada arbusto e de cadaárbore e imaxinándome que cada toro lonxano era un serhumano; non é posible describir de cantas e que diversas

formas presentábame as cousas a imaxinación espavorecida,cantas ideas descabelladas forxaba a cada instante a miña

fantasía, e que estranos pensamentos asaltaron a miña mentedurante o camiño.

DANIEL DEFOE. 1719.Robinson Crusoe.

III. PAISAXES

Estes caracois son restoscaracterísticos do TORDOGALEGO, Turdus philomelos, queacostuma escachalos contradeterminadas pedras deixandoos restos do seu festín.

Algunhas aves regurxitan os restosde comida que non poden dixerir.Nas aves de rapina estes restos,chamados EGAGRÓPILAS, estáncompostos por diferentesmateriais como osos,espiñas, pelos, plumas ourestos de insectos. Asegagrópilas de curuxa sonespecialmente reveladoras,xa que como outras avesnocturnas, tragan as presasenteiras, polo que osrestos que regurxitanpermiten identificar aespecie á que pertencen.Dependendo da época doano poden levar restos deratos de campo, murgaños,toupas, sapos, pequenos paxarosou escaravellos. As egagrópilas son,xa que logo, pequenos crebacabezascos que podemos descubrir avariedade da fauna do bosque.

Pegadas, bañadoiros, fozadeiros,pintadas de barro na follaxe e rañadoiros

son pistas da presencia de XABARÍN, animalque sen embargo non é doado de

rastrexar. Na foto, fozadoiro no Chan daLagoa, nos montes de Coruxo.

Page 48: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

76

Ofidios como a COBRA DECOLAR, Natrix natrix, cumpren

un gran papel ecolóxico óregular as poboacións de

pequenos invertebrados comoanfibios e sobre todo, ratos.

Sen embargo eso non émérito suficiente para librarse

dunha extensa e dubidosafama na nosa cultura popular.O patrimonio de lendas orais

vencelladas ás cobras é enGalicia de extraordinaria

riqueza. Son numerosos oscastros, mámoas, covas e

tesouros gardados porcobras que se

transforman enfermosas mulleres.

Aínda que é remota aorixe desta mitoloxía,

como amosan osgravados de moitos

petroglifos,compartimos estascrenzas con outras

partes do mundo. Enefecto tamén noutroslugares existen lendas

ou crenzas relativasós ovos de serpe, ás

cobras e a leite, as serpescornudas, o canto da cobra ou

á ollada hipnótica destesofidios, e que recolle esta

adiviña popular:Unha señora deitada nun prado

vestida de pano labradonin era pano nin era seda

e o que a ve pasmado queda.

Os animais teñen na cultura popularunha gran importancia en moitas

manifestacións folclóricas. Hai a crenza de quealgúns coa súa picadura, mordedura ousimplemente co seu rastro, producen sarabullosou eccemas chamados coxo ou goxo. Seica asarañas son as que máis comunican o coxo, aíndaque tamén as cobras, sapos, píntegas, lagartos,lagartiñas, toupas e ratos. A tradición di que securan facendo cruces cunha navalla ou coitelo deazo novo no lugar infectado e recitando ensalmoscomo este:

Coxo, recoxo, vaite deiquise es de cobra, vaite á touzase es de toupa vaite á terrase es de sapo vaite ó buratose es de salamántiga, deiquí abantase es de lagarto, vaite á terrase es de lagartiña, vaite á buratiñase es de araña, vaite á paraña.

Tamén a presencia de algúns animais tense porpresaxio de desventura ou de morte. Pero estessignificados negativos non se reducen á tradiciónpopular, senón que como parte da nosa culturaseguen producíndose hoxe. O cine segue aexplotar os temores tradicionais da xente poranimais inofensivos, argallando historias demorcegos chupadores de sangue, de arañasenormes, de avespas asesiñas ou, como nafamosa película O silencio dos cordeiros, dunhainocente avelaíña que podemos atopar nos nososcampos.

Como outros córvidos, a PEGA RABILONGA,Pica pica, tense considerado daniña porcomer polos e ovos de pequenos paxaros eata de rolas e pombos torcaces. Incluso diseque causa danos nos coutos de caza ódevorar coellos novos e polos de perdiz. Sen embargo,demostrouse que as pegas consomen sobre todo sementes efroitos, ademais de carroña, durante o outono e o inverno,mentres que na primavera e o verán os insectos constitúen amaior parte da súa dieta; a predación sobre ovos e polosdoutras especies de aves é insignificante. Deste xeito, tense queconsiderar á pega rabilonga como unha ave beneficiosa poloseu gran consumo de insectos fitófagos, entre eles aprocesionaria do piñeiro. A pesar destas virtudes tense a estecórvido por ave de mal agoiro; non hai pega sen mancha negra, dio refrán.

MA

L RA

IO T

E P

ART

A

Page 49: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

77

A DONICELA oudonosiña, Mustela nivalis, é omáis pequeno dos carnívoros deEuropa, medindo a penas unsvinte centímetros. Este reducidotamaño é a súa principal vantaxe, xa que lle permite meterseno interior das tobeiras de ratos e toupas, que son o seuprincipal alimento. De feito, sábese que os gregos tiñandonicelas domésticas para ter limpas as casas de ratos; máistarde cambiaron as donicelas por gatos que importaron deExipto. Este costume seica foi habitual en Europa ata oséculo XIII, cando xa comezaron a ser frecuentes os gatosdomésticos.

Ademais de ratos, a donicela tamén gusta de cazapos,paxaros pequenos, réptiles, invertebrados, vexetais oufroitos. Sen embargo, son as súas esporádicas capturas deaves domésticas as que lle deron sona de animalsanguinario, esquecendo o seu beneficioso labor nocontrol de roedores nos campos de cultivo. Este sambenitoquedou recollido na crenza popular que asegura que adonicela agarra a un cos dentes e non o solta mentres nonorneen sete burros e toquen sete campás de sete igrexas.Tamén se di, que se te morde a donicela, busca camisa pra terra.

A PINTEGA, Salamandra salamandra,considérase na nosa mitoloxíatradicional responsable deproducir co seu aire gravesdoenzas tanto ás persoas coma ógando. Incluso o P. Feijoo creeuposible que existise unha píntegachamada basilisco que fose tanpezoñenta que con solo el vapor queexala inficione a alguna distancia, quesea enemigo de toda naturaleza, quetale los campos, marchite las selvas,rompa los pedernales, y ahuyente o matea todos los demás animales, aínda quenega, como sostiñan outrosautores que mata con la vista y elsilbo.

Carballeiras e bosques mestospreto das ribeiras son o hábitatdeste anfibio, cada vez máisescaso.

A ESFINXE DA CAVEIRA fíxose coñecidapola película de Jonathan Demme Osilencio dos cordeiros, na que as súascrisálidas son o centro dunha historiamacabra. Esta avelaíña de gran tamañodistínguese por un debuxo no lomboque semella unha caveira, o que non lle dámoi boa reputación; a súa aparición vencéllasecoa desgracia ou a morte. Do mesmo xeito oasubío que emite cando é molestada,contribúe a aumenta-lo seu carácter sinistro.

Esta bolboreta nocturna achégase desdeÁfrica e o oeste asiático ás nosas latitudes enmigracións irregulares. O seu nome científico,Acherontia atropos, está relacionado coa simboloxíaque lle atribuimos. Segundo a mitoloxía grega,Aqueronte é o río do inferno que todos os mortosteñen que atravesar na barca de Caronte; Átropo éunha das tres parcas, encargadas de corta-lo fío queune ó home coa vida. Crenzas tradicionais din queas almas preséntanse ante nós en forma de avelaíña;se son brancas son almas xa redimidas das penasdo Purgatorio, e se son negras é que aínda esperansufraxios que as liberen das súas penas.

Pero a principal peculiaridade daquelacousa horrible era a figura dunha caveira

que cubría case toda a superficie doseu lombo, e

estabadestramente

trazada en brancobrillante sobre o escuro

do corpo, como se adebuxara coidadosamente un

artista. Mentres miraba aquel animalterrible, e especialmente o seu lombo,

cunha sensación de arrepío, de terror, cunsentimento de inminente calamidade que

ningún esforzo da miña razón puidosufocar, advertín que as enormes mandíbu-las no extremo da trompa separábanse de

improviso e saía delas un son tan forte etan fúnebre que me sacudiu os nervos como

se tocasen a morto; e, mentres o monstrodesaparecía ó pé do outeiro, caín de golpe,

desmaiado, no chan.EDGAR ALLAN POE. 1846.

A Esfinxe.

III. PAISAXES

Page 50: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

78

As aves non viaxanmovidas pola publicidadeou aconselladas por touroperators. As súas perfectas guías turísticas lévanas metidasno seu instinto. Cando non atopan o que esperaban teñenque buscar rotas alternativas que poidan percorrer coassúas xa cansas ás. Se desaparecen os bosques autóctonos,as ribeiras fluviais, as zonas de cultivo ou os humidais doval Fragoso terán que pasar de largo e buscar hábitatsmellor conservados. Sen dúbida a variedade de avesmigradoras no noso municipio debeu ser máis abondantenoutros tempos, como se pode deducir do debuxo dunPASPALLÁS, Coturnix coturnix, nun vidro do século IVatopado na escavación da vila romana de Toralla. Afidelidade das especies migradoras estivais, invernantesou en paso que ano tras ano se achegan a Vigo débeseagradecer mellorando a infraestructura turística de maioratractivo para as aves, a natureza.

Durante o mes de xullo de 1988nubes con milleiros de bolboretasatravesaban, con dirección SW-NE,o noso municipio. Tratábase damigración dunha especie moicoñecida polos entomólogos detodo o mundo, a CARDEIRA, Cynthiacardui. É a bolboreta máis migradoradas existentes en Europa; fai viaxesen grandes grupos desde o norte ecentro de África ata o centro donoso continente e incluso ataIslandia. Durante o outono regresanó lugar de partida seguindo amesma rota. A eiruga aliméntase dedistintas plantas, pero sobre todode varias especies de cardiños. Afemia coloca poucos ovos porplanta, na que hai normalmenteunha soa eiruga.

O longo peteiro curvo écaracterístico desta ave limícola, o

MAZARICO REAL, Numenius arquata. Chegado norte de Europa para pasar o

inverno en areais, lagoas e marismascomo a Xunqueira do Lagares. Neste

humidal vigués atopa miñocas,moluscos e outros invertebrados que

compoñen a súa dieta.

O val Fragoso aparece con moi boapuntuación nas guías turísticas das aves de

diferentes zonas do mundo. Unha acolledorapaisaxe, un clima temperado e, por suposto, unhagastronomía baseada na calidade dos productosnaturais, son os principais atractivos para asaves que ano tras ano nos visitan. Unhas veñendesde países fríos a pasar os meses de invernonun clima máis temperado; outras veñen de climascálidos a disfrutar da agradable sombra dasnosas carballeiras e piñeirais. Ademais o nosomunicipio está situado entre espacios de sonainternacional para as aves, como a enseada deSan Simón, As Gándaras de Budiño e o Esteiro doMiño.

Entre as aves que veñen a pasar os invernos ónoso municipio, predomina o turismo de praia.Hainas de preferencias mariñeiras como osaraos, as gaivotas ou os carráns; outras gustanmáis da zona litoral, ben areais ou ben praias decoidos, como a gabita. Un bo número delasrexeitan as aglomeracións do litoral e prefiren avizosa natureza das parroquias viguesas dointerior; en definitiva, turismo rural. Os nososmontes, ribeiras fluviais e fértiles paisaxesagrícolas son os destinos de aves migradorascomo ouriolos, estorniños, anduriñas, arceas,bubelas ou ferreiriños. Algunhas destas especiesque visitan as nosas paisaxes do interior están aatopar no noso municipio un lugar para residirtodo o ano e sacar adiante as súas poladas,como o alavanco real.

POR

VÍA

REA

Page 51: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

79

A BUBELA, Upupa epops, é un ave moivistosa pola cor da plumaxe e pola súa

singular crista. Vive enzonas arboradas, en

donde atopa osinsectos dos que se

alimenta; co seu finopeteiro extrae os

insectos das cortizasdas árbores e do chan.

Fai o seu niño enburatos de muros,ruínas ou ocos dasárbores. Chega ós

nosos montes e camposcoa primavera, procedente

de África, e despois de sacaradiante á niñada, regresa ó seu

lugar de orixe a finais do verán.

O OURIOLO, Oriolus oriolus, éunha das nosas aves máisvistosas e tamén máisesquivas. Adoita vivir engrandes masas forestais ouen soutos de ribeira conarborado alto. Aliméntasede insectos e froitos,toleando no verán polosfigos e as cereixas. Chegaós nosos montes co mesde maio e a finais deagosto ou setembro viaxa aÁfrica para pasar oinverno.

Procedentes das terrras do norte de Europa, os ESTORNIÑOS,Sturnus vulgaris e S. unicolor, chegan ó Fragoso no mes de outubro.

Forman grandes bandadas e prefiren as nosas zonas cultivadas e ocampo aberto, aínda que tamén frecuentan os parques urbanos e

arredores da Xunqueira do Lagares; a foto dos estorniñosempolicados nunha árbore, o seu durmideiro, foi tomada nosarredores deste humidal. Voltan as súas frías terras cando aquí

comeza a primavera.

III. PAISAXES

As MARISMAS son un dos destinos preferidospolas aves. De feito a Xunqueira do Lagaresocupa un lugar principal entre as zonas doconcello que acollen a poboacións de avesinvernantes. Destacan pola beleza etamaño as garzas e as brancas garzotas. Senos fixamos, entre as gaivotaspodemos descubrir a unha chea deespecies limícolas como píldoras,mazaricos, pilros e biluricos. Estas avespasan o inverno case sen dar acougo ósseus finos peteiros, cos que fozan nolimo na percura de alimento, necesariopara que, cando chege o momento,poidan facer con éxito a longa viaxe deregreso ós seus lugares de orixe no nortede Europa.

Page 52: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

80

A MARIQUIÑA, xoaniña ou rei-rei, estáamplamente distribuída e é doado vela enhortas ou xardíns rurais. É moi beneficiosapor alimentarse de áfidos, que son pragas paraos cultivos. De feito é unha especie apreciadapolas xentes de campo, para as que non sedebe matar; cando a collen os nenos dinlle:Xoaniña voa voa, que che dou pan con cebola. Taménxogaban os rapaces poñéndoa na man edicíndolle, Xoaniña de Dios, cóntame os dedos evaite con Dios. En Vigo ten a súa propiacantarela,

Mariquiña voa voaque teu pai vai na Madroatúa nai na herba secacando veña dache a teta

As crenzas tradicionais outórganlle a esteescaravello a capacidade de adiviñar o lugar decasamento, para o que se lle dí, rei, rei onde me eucasarei; do lugar cara ó que voe a xoaniña será apersoa coa que casará o que fixo a pregunta.(PANORAMA ZOOLÓGICO, 1973)

A variedade e amenidade daPAISAXE sempre foi unha

característica das terras viguesas.Desde a época en que se fixo a foto

da praia de Saiáns que recolle estecromo producíronse moitos

cambios, e non sempre para ben.Sen embargo, hoxendía é cada vez

maior a consideración da paisaxecomo un ben que cómpre protexer.

(LAS BELLEZAS DE GALICIA, 1934)

Enclaves privilexiados de Vigo como asillas Cíes ou a marisma do Lagares destacan,

ademáis de pola súa sobranceira paisaxe, poracoller a especies de fauna de especial intereseecolóxico, tanto pola súa rareza como pola súanecesidade de conservación. Sen embargo, ariqueza natural do noso municipio descansasobre todo na variedade de hábitats, nunhaafortunada mestura de paisaxes agrícolas,forestais, fluviais e litorais.

Tanto nos espacios de sobranceiro valornatural como nas máis modestas silveiras ou nosregos das zonas de cultivo, bule unha fauna debeleza singular. Estas especies, malia a súacercanía, coñecémolas sobre todo polosdocumentais de televisión ou polos libros ou CDssobre natureza. Cando estes medios non existíanou eran moi escasos, os álbumes de cromosrecollían a fantasía das imaxes da vida natural. Apaisaxe, o patrimonio cultural e a vida silvestre doconcello de Vigo é abondosa en imaxes decromo; algúns comezan a escasear.

Os SEOANES ou dedaleiras, Digitalis purpurea,son plantas moi espalladas; por piñeirais,fragas, beiras de camiños ou terreos ermosvense con facilidade os seus acios repletosde flores púrpuras. Son plantas velenosas,aínda que teñen un importante usomedicinal como tónico cardíaco. Osrapaces empregábanas para provocar unestralo ó rebentarlles a coroa, pechadaentre os dedos; este xogo deulle á plantanomes populares como estralotes, croques,bilicroques ou estoupallos.(ALBUM NESTLÉ , 1932)

DE

CRO

MO

Page 53: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

81

Esta fermosa bolboreta,IPHICLIDES PODALIRIUS,aínda non é moi difícilde atopar nun paseo polocampo. Chámanlle o galoen terras de Lugo, aíndaque as guías da naturezanon recollen un nomecomún para Galicia. Encastelán coñécese comochupaleche, nome que seica lle foi dado por Juan Mieg, un naturalistaespañol de orixe suiza. O leite é unha referencia frecuente na verbabolboreta en moitas zonas de Europa; isto pódese deber a unha crenzada mitoloxía popular xermánica que conta que as meigas podíanseconverter en bolboretas e roubar o leite e a nata. De feito o nomealemán de bolboreta é schmetterling, palabra procedente da Alta Saxoniaque significa nata ou derivado da leite. Tamén en inglés o seu nome,butterfly, significa literalmente mosca da manteiga. Curiosamentenalgunhas zonas do concello os rapaces chámanlle leiteira a estabolboreta.

O nome que lle deu Linneo, Podalirius, é unha homenaxe a un dosfillos de Asclepio, deus grego da medicina. Outra coñecidabolboreta leva o nome do outro fillo de Asclepio, Macaón. Ambosirmáns foron médicos do campamento aqueo e heroes da guerra deTroia. Hoxe estas dúas bolboretas son cada vez máis escasas nosnosos campos e parques; Podalirius e Macaón libran unha nova guerra,pero non contra tirios ou troianos, senón contra os pragicidas, aperda de hábitats rurais e a ausencia de plantas silvestres nos parquesurbanos.(VIDA Y COLOR, 1970.)

Podemos atoparXÍLGAROS, Carduelis carduelis,

sobre todo durante aépoca fría do ano, na que

se incorporan numerososindividuos invernantes.

Prefiren zonas abertas concardos e plantas ricas en

sementes; en Vigo éfrecuente a súa presencia

nos matos costeiros dacosta de Saiáns, ondebuscan os cardos da

especie Carlina corymbosa.Este paxaro aínda segue asufrir o ilegal acoso doscazadores furtivos, que

coas súas redes xaponesas,e utilizando comoreclamo un xilgaro

engaiolado, capturan aestes paxaros silvestres

confinándoos a unha vidasen liberdade.

(EL MUNDO DE LASAVES, 1962)

III. PAISAXES

Os elementos do PATRIMONIO vencellados ácultura popular, que se espallan por toda axeografía viguesa, son parte inseparable da nosapaisaxe. O seu valor ambiental non só deriva doseu significado como parte da nosa memoriahistórica; en si mesmos, os hórreos, cruceiros,muíños ou pontellas, son construccións dunhaespecial beleza.(CURIOSIDADES DEL UNIVERSO, 1933)

A BARBANTESA, Mantis religiosa, tamén chamadapatarresa ou parraguesa, é un insectofrecuente en sebes, leiras e xardíns. A súacaracterística postura é tradicionalmenteinterpretada ás veces como rezo e ás vecescomo disposición a comer na mesa. De feito,cando a atopaban os rapaces adoitábanlledicir, Teresa, reza, reza, mentras o crego pon a mesa,ou ben Patarresa pon a mesa. Os seus niños,cun peculiar aspecto esponxoso,empregáronse na medicina popular comoremedio curativo co gando vacún.(LA VIDA DE LOS INSECTOS, 1970)

Page 54: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

82

O sendeirismo é sobre todo unha viaxeda imaxinación, reino que posúe a súa

propia fauna. Algunhas das súas criaturas son desona internacional, como as Sereas, o Unicornio,o Basilisco ou o Lobishome. Outras non searredan do noroeste da península, como a Pita deouro, as Pieiras dos lobos, os Cobregóns, aCadela negra, os Trasgos ou os Mouros. Mesmotemos endemismos; que se saiba, ben preto denós andan a Raposa do Morrazo, a Becha doGaliñeiro, a Fera Corrupia e ata o Urco, do quealgúns aseguran a súa querencia polas terraspontevedresas.

A dificultade de alindar tales bestas cara ócurro do Sistema Naturae de Linneo, animou aalgúns autores a establecer unha novaclasificación na que caiban estas especies queteñen o seu hábitat na fraga do maxín. O mesmoBorges, citando unha quizais tamén imaxinariaenciclopedia china, dividiu ós animais en: a)pertencentes ó Emperador, b) embalsamados, c)amestrados, d) leitóns, e) sereas, f) fabulosos,g) cans soltos, h) incluídos nesta clasificación,i) que se axitan coma tolos, l) innumerables, m)debuxados cun pincel finísimo de pelo decamelo, n) etcétera, ñ) que acaban de romper unxarrón, o) que de lonxe parecen moscas.

La cuestión de si hay UNICORNIO

es harto enredosa. Si seconsultan los autores, no es fácil

saber si son más los queafirman su existencia, o los quela niegan. Sólo es cierto que haymuchos por una y otra parte. Si

se miran las astas, que envarias partes se muestran como

de unicornio, se hallandiferentísimas en color,

magnitud y figura.Dicen algunos autores que es de

tan extraña ferocidad, quejamás deja prenderse, pero esto

no tiene verosimilitud: pues si elleón, siendo, según el testimonio

del Espíritu Santo en losProverbios el más valiente de

todas las bestias, se rinde a laindustria del hombre, no es de

creer que haya alguna fieraprivilegiada de ser prisionerasuya. Alberto Magno, por elcontrario, hace su rendición

sumamente fácil, pues dice, quepresentándole una doncella, se

llega a ella amoroso, yreclinándose en su seno, queda

dulcemente dormido. Otroscuentan esto del rinoceronte, pero

yo no creo que haya brutos tanracionales.

PADRE FEIJOO. 1726Teatro Crítico Universal

En Xunqueira de Espadanedo fálase dunha zorra chamada Araposa Margaia, que de noite bota lume pola boca e é malotoparse coela porque venta a morte. Fainos lembrar a RAPOSA DO

MORRAZO ou do Aire, citada por Taboada Chivite. É pra estudiariste especime fantástico, araute de desgracia e morte. Chámase enPortugal raposa da magurza ou das mordazas, en Soutelo deMontes raposa dos morgazos; é un animal misterioso que ladra ebota lume pola boca. Pode aparecer tamén na figura dunha cadela;verémola na Abeleda ó falar das ánimas noitébregas. Outraraposa sonada é a de Morás; tamén a dos mornacos en Vilanovadas Infantes e en Dozón a raposa do aire, que será a craba louca.Din que é unha ánima nesas figuras. Mesmo coma a nosa raposamargaia é a perra peregrina de Viveiro, cadela que bota lumepolos ollos ou pola boca, anunciadora da desgracia.ELIGIO RIVAS QUINTAS. 1982A Limia

ZO

OLO

XÍA

FA

NTÁ

STIC

A

Page 55: guia do sendeirista - ciencias-marinas.uvigo.es · unha difícil habilidade. Se perdemos o compás desa anterga armonía rómpese o encanto da paisaxe.III. PAISAXES. 30 Hoxe son xa

83

No aparece en el diccionario de la Real Academia Española hasta suedición de 1984. Y dice: "FIERA CORRUPIA- designación de ciertas figuras

animales que se presentan en ciertas fiestas populares y son famosas porsu deformidad o aspecto espantable". Efectivamente, la palabra corrupia

no había aparecido ni tan sólo en los diccionarios sobre el españolcoloquial hablado como los de W. Beinhauer. En cambio, sí está en los

diccionarios de gallego y portugués, por lo que, etimológicamente, se puedeconsiderar como un galaico portuguesismo adoptado por el castellano. En

el Diccionario Enciclopédico, gallego-castellano, de Eladio RodríguezGonzález, editado en Vigo en 1958, se define así el nombre de la fiera:

"Corrupia. Adjetivo: perverso, inhumano, cruel, que se complaceen hacer daño". Se empleó generalmente la

terminación femenina anteponiendo el sustantivofiera o fera. Y así suele decirse de una persona

malvada "é unha fera corrupia". También se haescrito en masculino. Es vocablo vulgar y muy

usado en toda Galicia. En lo que se refiere a lamitología de tal fiera en el libro tan interesante yerudito "El porqué de los dichos", de José María

Iribarren, se dice que en los siglos XVIII y XIXestuvieron ya muy en boga los romances de ciego, los aleluyas y, en general,

los llamados "pliegos de cordel". Entre los diversos temas de sushistorias, fábulas, consejas y leyendas, figuran los de las fieras, monstruos

y arpías. La fera de Oporto, La fiera del Espinar de la Sierra, laHarpía americana, El Caracol del Jarama, etc. Una de las fieras máspopularizadas por esta literatura de cordel, la que más famosa se hizo y

que ha pasado a la posteridad como arquetipo de fieras fabulosas, esprecisamente la Fiera Corrupia de la que se narraban horribles y

espantosas hazañas.NESTOR LUJÁN. 1995.

Cuento de Cuentos (II).

E non esquezamos que no mapade Fontán desígnase como Cornodo Demo o petouto granítico doGaliñeiro que apunta ao Sul, nazona ourizada de coutos quechaman As Gallas. Ao quecompre engadir a existenciadunha concavidade dotada dalenda que estudara moi benXabier Nogueira e que di así:"Alí vivía (vive) unha Becha ouSerpe que lle comía o gado aosviciños de Zamáns, Herbille,Vincios, Prado e demaisachegados ao Galiñeiro. Pramantela amansada había (ouhai) que lle levar canados oucuncas de leite e acenderllevelas". Esta cova aínda hoxe échamada Iglesia da Becha, e haixentes humoristas e cultas quede vez en cando deixan no seuinterior o leite e o lume quepreceptúa o mito nestes anosfinais do século XX.O Dragón, a Cobra, a BECHA

DO GALIÑEIRO é sen dúbidaunha deusa terribel coa que ocristianismo non dou acabado.Podémola irmandar coa súaxémea da Sima do Pico Sagro, enon sería aventurado ligala cosinvasores saefes de Galicia ecoas mil serpentes da nosacultura popular que Mandianesesaxerou unha migalla na súaobra antropolóxica, así como cosofidios dos petroglifos e con todaa literatura medieval deMelusinas e mulleres-dragónque, por outra banda, teñen quever coas sireas.X.L. MÉNDEZ FERRÍN. 1995O Demo no Galiñeiro

III. PAISAXES

- Corrín e corrín, fuxindo daquelavisión. Máis tiven que parar óchegar a unha carrileira... Nomedio e medio dila, vinsentado un can grandísimo,meirande que un cabalo.Medio can e medio boi, poistiña cornos. Non ladraba, ninxiquer boligaba; mais estaba vivoporque lle vía o bafo roxo quebotaba pola boca. E todiño il negro. Afigureime que era o demo. O Satán,o Luzbel ou como lle chamen...De sutaque, desapareceu a visión...Atopeime á beira da carretera, a cen pasos do hospital do Incio. Estabacrarexando. Xa non tiña medo. E víñenme pra casaXa non lle preguntei si sabía o que era o can URCO. Cecáis o Breixosentise falar de neno, moi neno, da estadea e do urco, e xa non serelembraba.ANXEL FOLE. 1955.A estadea i o urco