guÍa de lectura de primavera

2
ROBERTO VIDAL BOLAÑO Santiago de Compostela 1950 - 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non entorpeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector. A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego. Obras: o A burla do galo o A ópera de a patacón o Agasallo de sombras o Animaliños o As actas escuras o Bailadela da morte ditosa o Cochos o Criaturas o Daquel Abrente o Días sen gloria o Doentes o Integral o Laudamuco, Señor de Ningures - Ledaíñas pola morte de meco o Mar revolto o O circo da medianoite. Maremia. As actas escuras o Perspectivas do teatro galego actual o Rastros o Saxo tenor o Touporroutou da lúa e do sol Fonte: Biblioteca Virtual Galega CPI da Cañiza (Secundaria) Guía de lectura, BIBLIOTECA ESCOLAR Letras Galegas 2013 Roberto Vidal Bolaño

Upload: m-p

Post on 30-Mar-2016

232 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

GUÍA LECTURA

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DE LECTURA DE PRIMAVERA

ROBERTO VIDAL BOLAÑO Santiago de Compostela 1950 - 2002.

Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70,

renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía "Teatro do Aquí", pasando pola

breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel".

A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non entorpeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector.

A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu

coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público.

A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

Obras: o A burla do galo o A ópera de a

patacón o Agasallo de

sombras o Animaliños o As actas escuras o Bailadela da morte ditosa o Cochos o Criaturas

o Daquel Abrente o Días sen gloria o Doentes o Integral o Laudamuco, Señor

de Ningures - Ledaíñas pola morte de meco

o Mar revolto o O circo da

medianoite. Maremia. As actas escuras

o Perspectivas do teatro galego actual

o Rastros o Saxo tenor o Touporroutou da lúa

e do sol Fonte: Biblioteca Virtual Galega

CPI da Cañiza

(Secundaria)

Guía

de le

ctura

, B

IBLIO

TE

CA

ES

CO

LA

R

Letras Galegas 2013

Roberto Vidal Bolaño

Page 2: GUÍA DE LECTURA DE PRIMAVERA

Marjane Satrapi: Persépole. Obra autobiográfica sobre a infancia da autora en Irán.

Levou o premio ao

autor revelación 2001 e ao

mellor guión 2002 no prestixioso festival de

BD de Angoulême.

Abraham Carreiro: Xoeliki 2. Xoeliqui e os ciberpiratas volven con novas aventuras. Esta vez a Internet está apagada, apenas funciona. As rúas tamén están ás escuras, non teñen iluminación. É o Grande Apagamento. Hai que devolver a luz!

John Boyne El increíble caso de

Barnaby Brocket. Barnaby é un neno especial; despois de pasar por

médicos e máis médicos, o diagnóstico é concluínte: Barnaby

non obedece ás leis da gravidade e o seu estado natural é flotar; polo

que só hai unha solución; deixar que se vaia voando.

Goretti Fariña: Orlando pendurado. A nove metros do chan e a sete do taboleiro onde escorregara dez minutos antes, o operario Orlando Valiñas planeaba na bruma da mañá. Pendurado dun arnés que o unía á vida, pensaba en Alexandra, a súa compañeira dos tres últimos anos.

Jeff Smith: Bone 1-9; La abuela Rose e

Estúpidas monstrorratas. Unha das melloras novelas gráficas de todos os tempos.

Blue Jeans: No me sonrías

que me enamoro : Eli, Valeria, Bruno, Raúl, María e Ester eran os mellares amigos do mundo e

formaban O Club dos Incomprendidos. Pero agora o club non pasa polo seu mellor

momento.

Diego Ameixeiras: Historias de Oregón . Diana Maroto, Camelia, a doutora Carme, Aurora P.G... protagonizan algunha das historias que se mesturan nos límites de Oregón, ese lugar sombrío debuxado pola precariedade e os proxectos truncados pola sorte adversa.

Xabier P Docampo: O país adormentado. En Glearim teñen o don de non morrer

mentres dormen e, polo medo a estar espertos, dormen cada

vez máis coa intención de ser eternos. Será Aurora quen libere

ao país da pasividade que fixo da bendición de non morrer a

maldición de non vivir?

Laila Karrouch: Laila. Cando Laila chega a España procedente de Marrocos, inicia unha nova etapa marcada polos contrastes: ten que asumir, xunto á súa familia, unha cultura distinta e unha forma de vida diferente sen renunciar ás súas raíces.

Ramón Caride:

Sarou/Louzós. Durante máis de vinte anos, a obra

de R. Caride foi poboando os seus dous lugares

referenciais, 'Sarou, nas Rías Baixas; e Louzós, no

corazón da Galiza central', con historias do máis escuro

e violento realismo.

L. Catalán e B. Álvarez: Aún te quedan ratones por cazar Ryo non entende por que a guerra o cambia todo: afasta a seu pai, os alimentos escasean, a súa amiga Reyko non parece a mesma, a súa nai está triste... Nese clima, Ryo terá que medrar e loitar polo que quere.

E recorda:

• O noso cole na web http://www.edu.xunta.es/centros/cpidacaniza

• Blog biblioteca http://biblogcaniza.blogspot.com.es/

• Club de lectura

http://muchachadalectora.blogspot.com.es/