galicia sindical - ccoo€¦ · cos permisos e licenzas, ben que con - tinúan a ser «claramente...

8
Grazas á estratexia sindical adoptada por Comisións Obreiras, logrouse o principal obxectivo do sindicato na ne- gociación sobre as pensións: impedir Galicia Sindical Órgano de comunicación do S. N. de CCOO .. .. CCOO garante a xubilación aos 65 anos n A estratexia sindical adoptada por Comisións Obreiras, combinando mobilización e negociación, logrou que o Goberno central renunciara a eliminar a opción da xubilación aos 65 DIXITAL www.galicia.ccoo.es Comisións Obreiras combinou presión con negociación para impedir perda de dereitos na reforma das pensións O día 30 de xaneiro, o Concello co- ruñés de Oleiros realizou un acto de homenaxe a Marcelino Camacho Abad, primeiro secretario xeral da Confede- ración Sindical de CCOO, falecido o pa- sado mes de outubro. No acto descu- briuse unha placa que dá o seu nome a un parque da localidade, e interviñe- ron familiares e amigos do histórico dirixente sindical. / Páx. 5 que a idade legal de xubilación se fi- xase obrigatoriamente nos 67 anos. A combinación de firmes posicións ne- gociadoras cunha actitude sindical á ofensiva e diferentes mobilizacións, obrigou o Goberno central a rectificar e a manter a posibilidade da xubilación aos 65. / Páxs. 2-3 Número 16 - XaNeiro 2011 HOMENAXE A MARCELINO CAMACHO EN OLEIROS

Upload: others

Post on 03-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Galicia Sindical - CCOO€¦ · cos permisos e licenzas, ben que con - tinúan a ser «claramente peores» ca os do resto de empregadas e empregados públicos do noso país. Canto

Grazas á estratexia sindical adoptada

por Comisións Obreiras, logrouse o

principal obxectivo do sindicato na ne-

gociación sobre as pensións: impedir

Galicia SindicalÓrgano de comunicación do S. N. de CCOO

. . . .

CCOO garante axubilación aos 65 anosn A estratexia sindical adoptada por Comisións Obreiras, combinando mobilización enegociación, logrou que o Goberno central renunciara a eliminar a opción da xubilación aos 65

D I X I T A L

www.galicia.ccoo.es

Comisións Obreiras combinou presión con negociación para impedir perda de dereitos na reforma das pensións

O día 30 de xaneiro, o Concello co-

ruñés de Oleiros realizou un acto de

homenaxe a Marcelino Camacho Abad,

primeiro secretario xeral da Confede-

ración Sindical de CCOO, falecido o pa-

sado mes de outubro. No acto descu-

briuse unha placa que dá o seu nome

a un parque da localidade, e interviñe-

ron familiares e amigos do histórico

dirixente sindical. / Páx. 5

que a idade legal de xubilación se fi-

xase obrigatoriamente nos 67 anos. A

combinación de firmes posicións ne-

gociadoras cunha actitude sindical á

ofensiva e diferentes mobilizacións,

obrigou o Goberno central a rectificar

e a manter a posibilidade da xubilación

aos 65. / Páxs. 2-3

Número 16 - XaNeiro 2011

HOMENAXE A MARCELINO CAMACHO EN OLEIROS

Page 2: Galicia Sindical - CCOO€¦ · cos permisos e licenzas, ben que con - tinúan a ser «claramente peores» ca os do resto de empregadas e empregados públicos do noso país. Canto

GaLiCia SiNDiCaL N.º 16 - Xaneiro 2011

2

www.galicia.ccoo.es

Continuará existindo axubilación aos 65 anosn Non haberá xubilación xeneralizada e obrigatoria aos 67 anos, como pretendía o Gobernon Un número especial do GALICIA SINDICAL explicará proximamente as claves do acordo

A estratexia sindical de Comisións

Obreiras, caracterizada por combinar

unha firme posición negociadora coa

presión das mobilizacións, logrou o

principal obxectivo que se procuraba

no debate sobre a reforma das pen-

sións: impedir que o Goberno español

acabase coa posibilidade da xubilación

aos 65 anos.

Así, o aspecto máis coñecido do

acordo, pero non o único, afonda nas

esixencias formuladas por CCOO: a xu-

bilación aos 67 non pode ser unha

obriga, senón unha opción. Así, con

38,5 anos cotizados a idade legal de

xubilación será de 65 anos, como viña

sendo ata o de agora, e só de 67 para

quen teña 37 de cotización.

Segundo o secretario xeral do Sindi-

cato Nacional de CCOO, Xosé Manuel

Sánchez Aguión, grazas a este gran

pacto, o sindicalismo confederal «foi

quen de romper a estratexia do Go-

berno central», que chegou á mesa de

negociación «unicamente co obxectivo

de atrasar ata os 67 a idade de xubila-

ción». Na súa opinión, «o máis salien-

table é que consolidamos o sistema

público de pensións e recupera o diá-

logo social. Ademais, logramos novos

dereitos, como o recoñecemento de

períodos de cotización para bolseiros

ou por maternidade».

Pensións, tamén cando haxa crise

A situación de crise non pasou inad-

vertida na negociación, e outro logro

que se concretou é o de garantir o ac-

ceso á xubilación anticipada aos 61

para as persoas que perdan o posto

de traballo por mor de dificultades

económicas especialmente graves.

Tamén se conseguiu un novo de-

reito subxectivo, que é o da xubila-

ción anticipada aos 63 anos, o que se

poderá facer agora sen que medie o

empresario.

Outro dos importantes avances é a

ampliación do acceso a coeficientes

redutores da idade de xubilación para

traballos especialmente penosos, in-

salubres, perigosos ou tóxicos. Deste

xeito, establecerase un sistema ob-

xectivo polo cal os traballadores e tra-

balladores que realicen actividades es-

pecialmente duras poidan retirarse

antes de tempo sen por iso veren re-

ducida a súa pensión.

Por cuestións de espazo, estes e ou-

tros logros serán analizados con deta-

lle nun número especial do GAliCiA

SiNDiCAl.

Concentración diante do INSS na Coruña en defensa do sistema público de pensións

O acordo consolidao sistema público depensións e recuperao diálogo social

Page 3: Galicia Sindical - CCOO€¦ · cos permisos e licenzas, ben que con - tinúan a ser «claramente peores» ca os do resto de empregadas e empregados públicos do noso país. Canto

GaLiCia SiNDiCaLN.º 16 - Xaneiro 2011

3

www.galicia.ccoo.es

OUTROS CONTIDOS DO ACORDOAdemais da reforma do sistema de

pensións, o acordo confederal trata ta-

mén outros temas de grande impor-

tancia.

É o caso da regulación dunha nova

prestación a parados e apradas sen co-

bertura por desemprego, cuxa contía

ascende a 400€ ao més. Este novo de-

reito subxectivo diríxese a persoas con

ingresos inferiores ao 75% do salario

mínimo interprofesional. Terá unha du-

ración de seis meses e será revisado

antes do seu remate. Ademais, esta

axuda económica estará ligada a un

itinerario de inserción laboral.

No marco do pacto tamén se decidiu

trasladar á mesa do diálogo social na

función pública os temas relacionados

coas clases pasivas, desenvolvemento

do Estatuto Básico da Función Pública

e a situación do acordo de empregadas

e empregados públicos.

A negociación colectiva tamén estivo

moi presente. Houbo un achegamento

de posturas coa CEOE canto á ultraac-

tividade e a individualización das rela-

cións laborais.

Por último, e dentro do diálogo social

recuperado, estableceuse o compro-

miso de abordar outros temas, que in-

cluirán a mesa da función pública, a

política industrial, i+D+i e política ener-

xética.

Comisións Obreiras seguirá a formularsúas reivindicacións

Con motivo do acordo, o Consello

Confederal de CCOO aprobou unha

resolución que reafirma a necesi-

dade de intensificar a loita contra

o desemprego e a precariedade la-

boral e a precariedade laboral. Es-

tes temas reforzaranse mediante

unha campaña para cambiar a re-

forma laboral que impuxo o Go-

berno central e que só está a con-

seguir un incremento do paro e da

temporalidade. Neste sentido, en

canto a Xunta Electoral Central o

autorice, o sindicato comezará a

recollida de sinaturas para levar ao

parlamento unha iniciativa lexisla-

tiva popular (ilP) en defensa do em-

prego estable e con dereitos.

Reforma do sistema financeiro

Ademais, CCOO continuará a re-

clamar unha reforma do sistema fi-

nanceiro que garanta o fluxo de

crédito a familias e empresas, de

tal xeito que se dinamice o con-

sumo e a actividade económica. A

Chegouse ao com-promiso de abordarpolítica industrial, aenerxética, I+D+ie a mesa da funciónpública

necesidade de incrementar os re-

cursos para promover políticas de

estímulo á economía obríganos a

seguir esixindo unha política fiscal

con maior capacidade de recada-

ción e máis equitativa.

Así, xunto á reforma do sistema

financeiro, quedarán fixados os

piares para contribuír á recupera-

ción económica e ao cambio do pa-

trón de crecemento do noso país,

imprescindibles para unha saída

xusta e equiplibrada da crise.

Page 4: Galicia Sindical - CCOO€¦ · cos permisos e licenzas, ben que con - tinúan a ser «claramente peores» ca os do resto de empregadas e empregados públicos do noso país. Canto

GaLiCia SiNDiCaL N.º 16 - Xaneiro 2011

4

www.galicia.ccoo.es

«Satisfactorio» segundo conveniodo profesorado laboral universitario

A Federación do Ensino de Comi-

sións Obreiras de Galicia considera

satisfactorio o segundo convenio co-

lectivo do profesorado con contrato

laboral das tres universidades públi-

cas galegas, e que afecta a 2.000 do-

centes.

O sindicato valora especialmente que

o novo texto recolla as reivindicacións

de CCOO para lle pór fin á discrimina-

ción do persoal investigador. De agora

en diante, o colectivo acollerase ao

mesmo convenio que o profesorado.

Porén, Comisións denuncia que o resto

de organizacións «deixaron fóra» máis

de mil traballadores e traballadoras

contratados en precario por obra a

cargo de programas, convenios e pro-

xectos varios, e cuxas condicións la-

borais son «pésimas».

No entanto, CCOO cre que, en liñas

xerais, este segundo convenio é satis-

factorio porque «avanza nas condi-

cións laborais do profesorado contra-

tado», mesmo con subas salariais para

os colectivos que estaban en condi-

cións máis precarias, algo especial-

mente importante para Comisións

Obreiras nun contexto en que os sala-

rios das traballadoras e dos traballa-

dores públicos sufriron «fortes recor-

tes». Outras melloras teñen que ver

cos permisos e licenzas, ben que con-

tinúan a ser «claramente peores» ca os

do resto de empregadas e empregados

públicos do noso país.

Canto á homoxeneización das con-

dicións do profesorado das tres uni-

versidades, o sindicato observa avan-

ces, xa que se eliminaron «algunhas

das discriminacións actuais que afec-

taban as figuras precarias».

Rexeitado o proxecto deLei de convivencian CCOO, satisfeita coa decisión, insta a Xunta a dialogar sobre unha materia tan sensible

CCOO gañou no Consello Escolar

de Galicia unha emenda á totalidade

do proxecto de lei de convivencia

presentado pola Xunta. A votación

obtivo vinteún votos a favor, once en

contra e dúas abstencións.

A emenda á totalidade foi presen-

tada pola Federación do Ensino de

Comisións xunto a outras organiza-

cións, que reclamaron deste xeito

que Educación elabore unha nova

proposta normativa fundamentada

na participación de todos os secto-

res.

Segundo CCOO-Ensino, os motivos

para esta esixencia son que a lei non

recolle ningunha estratexia preven-

tiva, que omite «escandalosamente»

toda referencia aos órganos colecti-

vos de participación e goberno e, fi-

nalmente, regula o que denomina

«participación directa das familias no

ensino e no proceso de aprendizaxe»

para referirse a un proceso de con-

sulta do que non se regula nin o ob-

xecto —sobre que se consulta— nin

o procedemento —como se con-

sulta— nin as súas consecuencias. A

Administración dáse, así, un «cheque

en branco saltando por riba do

xa regulado a través dos consellos

escolares».Machús Fernández, secretaria xeral da

Federación do Ensino de CCOO de Galicia

Page 5: Galicia Sindical - CCOO€¦ · cos permisos e licenzas, ben que con - tinúan a ser «claramente peores» ca os do resto de empregadas e empregados públicos do noso país. Canto

GaLiCia SiNDiCaLN.º 16 - Xaneiro 2011

www.galicia.ccoo.es

5

HOMENAXE EN OLEIROS AOSINDICALISTA MARCELINO CAMACHO

O día 30 de xaneiro tivo lugar un

acto de homenaxe organizado polo

Concello de Oleiros á figura de Marce-

lino Camacho, primeiro secretario xe-

ral da Confederación Sindical de

CCOO, falecido hai poucos meses. Na

urbanización Rialta de Dorneda descu-

briuse unha placa no parque que leva

o nome do histórico líder sindical, e

pronunciaron unhas palabras a súa vi-

úva, Josefina Samper, a súa filla Yenia

Camacho e o secretario xeral do Sindi-

cato Nacional de CCOO, Xosé Manuel

Sánchez Aguión.

Unha vida de loita e compromiso

Marcelino Camacho Abad (Osma-la

Rasa, Soria, 21 de xaneiro de 1918-

Madrid, 29 de outubro de 2010), en-

cargouse da Secretaría Xeral da Confe-

deración Sindical de CCOO entre 1976

e 1987. Paralelamente, foi deputado

comunista por Madrid entre 1977 e

1981. Xosé Manuel Sánchez Aguión,

destácao como «unha persoa de fortes

conviccións e inquebrantable compro-

miso». Exemplo diso foi a súa temperá

afiliación ao PC en 1935, cando tiña

só 17 anos. Durante boa parte da súa

vida coñeceu en numerosas ocasións

o cárcere e a represión, «pero nada

diso puido con el».

Coa fundación da Confederación Sin-

dical de CCOO en 1976, foi o primeiro

secretario xeral do sindicato e, ase-

made, era membro do Comité Central

do Partido Comunista de España (PCE);

un ano máis tarde elixíano deputado

por Madrid nas eleccións constituíntes

de 1977. Dirixiu a Confederación Sin-

dical ata 1987, «período en que CCOO

se converteu no primeiro sindicato no

ámbito estatal, posición que mantén

ata hoxe», salienta Sánchez Aguión.

No centro, Josefina Samper, viúva de Marcelino Camacho, recibe o cariño dos persentes. Ao seu carón, a placa que dá norme ao parque

Intervención de Sánchez Aguión en Oleiros

Page 6: Galicia Sindical - CCOO€¦ · cos permisos e licenzas, ben que con - tinúan a ser «claramente peores» ca os do resto de empregadas e empregados públicos do noso país. Canto

GaLiCia SiNDiCaL N.º 16 - Xaneiro 2011

6

www.galicia.ccoo.es

O Ministerio de Economíaxera incerteza nas caixasn As de aforro e as rurais estarán en desvantaxe á hora de determinar o Banco de España assúas necesidades de capital

A Federación de Servizos Financei-

ros e Administrativo de Comisións

Obreiras (COMFiA–CCOO) afirma que

as medidas anunciadas polo Ministe-

rio de Economía xeran incerteza no

sector das caixas. Para o sindicato, un

cambio na regulación sectorial en me-

dio do proceso estatal de reestrutura-

ción non vai axudar a xerar máis con-

fianza, e mesmo pode atrasar o

devandito proceso.

No escenario debuxado polo Minis-

terio, as caixas de aforro e rurais pre-

cisarán un core capital —ratio que

mide a solvencia— do 8%, o que as si-

túa en desvantaxe competitiva á hora

determinar o Banco de España as súas

necesidades de capital. COMFiA–CCOO

considera que esas esixencias tamén

as deixarán en desvantaxe fronte a ou-

tras entidades europeas, que non terán

fixada unha ratio mínima ata máis

adiante.

Por outra parte, o sindicato sinala

que Economía xera indeterminación

con aquelas caixas que tivesen que

acudir ao FROB a través dun banco e

traspasasen o 100% dos seus activos

a esa entidade, pois «non se definiu

se manterán a súa natureza como en-

tidades financeiras ou se pasarán a

ser fundacións».

Por último, COMFiA–CCOO recoñece

que o sector das caixas precisa des-

envolver instrumentos de capitaliza-

ción, facendo transparentes os pro-

blemas de risco das entidades, «pero

para estes obxectivos xa foi modifi-

cada a lORCA», aclara o sindicato, e

sobre estes principios creouse o fon-

do de reestruturación ordenada ban-

caria (FROB).

O proceso de reestruturación do sector a nivel estatal motivou a fusión

das dúas caixas de aforro galegas

O anuncio do Minis-terio xera incertezano sector debido ásaltas esixencias quedesexa impor.O Goberno centralpretende que as cai-xas conten cunharatio de solvencia do8%, o que as sitúaen desvantaxe fron-te a outras entida-des europeas, quenon terán fixadaaínda unha ratiomínima.

Page 7: Galicia Sindical - CCOO€¦ · cos permisos e licenzas, ben que con - tinúan a ser «claramente peores» ca os do resto de empregadas e empregados públicos do noso país. Canto

GaLiCia SiNDiCaLN.º 16 - Xaneiro 2011

7

www.galicia.ccoo.es

A Unión

Comarcal

cambia de

sedeA Unión Comarcal de CCOO de Santiago-

Barbanza trasladou o pasado día 26 de xa-

neiro a súa sede compostelá para unhas

novas instalacións situadas na Vía Edison

1C, no Polígono do Tambre. A secretaria

xeral de Santiago-Barbanza, Concepción

Trasande, destaca que, con este cambio, a

Unión Comarcal pasará a traballar no cora-

zón do mundo laboral da cidade e poderá

ter un contacto aínda máis próximo e di-

recto cos traballadores e as traballadoras.

CCOO arrasa naseleccións en Lantero

A revisión do convenio dometal pontevedrés pactaunha suba salarial do 4,25%

A revisión do convenio colectivo do

sector do metal da provincia de Ponte-

vedra —aprobado co apoio de Comisións

Obreiras— pactou unha suba salarial do

iPC máis 1,25%, o que se traduce nun in-

cremento do 4,25%.

Así o asinou a comisión paritaria do

convenio, integrada por ASiMA, ATRA,

CCOO e UGT, baseándose no acordo ao

que se chegara no ano 2009.

Ademais, estableceuse o cómputo da

xornada anual, que establece 222 días

laborais para 2011, 22 días laborais de

vacacións e catro días laborais como ex-

ceso de xornada.

Comisións Obreiras arrasou nas eleccións sindicais da empresa Lantero e Hijos, do sector de

gráficas e localizada en Vilagarcía de Arousa, ao lograr a totalidade da representación no Comité

de Empresa. Na foto, instalacións de Lantero no polígono do Pousadoiro / Foto: Iñaki Abella

n SANTIAGO-BARBANZA

Ramón Sarmiento Solla, da Federación de Industria de CCOO, na última folga do sector

Page 8: Galicia Sindical - CCOO€¦ · cos permisos e licenzas, ben que con - tinúan a ser «claramente peores» ca os do resto de empregadas e empregados públicos do noso país. Canto

Número 16 - XaNeiro 2011 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Neste curso 2010/2011, a Fundación

10 de Marzo (F10M), en colaboración

coa Asociación Cultural Sine Nomine,

a Consellaría de Educación da Xunta

de Galicia e a Concellaría de Educación

da capital de Galicia, produce a expo-

sición 'En Transición', que se pode vi-

sitar do 1 ao 14 de febreiro na Biblio-

teca Pública Ánxel Casal (Avda. de

Xoán XXiii s/n, Santiago de Compos-

tela).

A F10M é unha fundación cultural

promovida polo Sindicato Nacional de

Comisións Obreiras (CCOO). Un dos

obxectivos fundamentais da Fundación

é recuperar a historia dos movementos

sociais e políticos de Galicia nos anos

DO 1 AO 14 DE FEBREIRO,EXPOSICIÓN ‘EN TRANSICIÓN’

do franquismo. Para isto, leva anos a

producir exposicións de contidos his-

tóricos e culturais de relevancia, como

é o caso de 'En Transición'.

'En Transición' propón tamén a re-

flexión e o debate sobre temas como

a construción que a historia recente

fixo deste período, cuestionada por

autores como Fontana, que a ve

como unha «[…] ficción edulcorada»,

como resaltada nos seus aspectos

máis positivos por historiadores

como Julián Casanova: «[...]a transi-

ción á democracia é o triunfo da luz

e da razón fronte á escuridade ante-

rior».

Os autores da mostra ―que vai

acompañada dunha unidade didác-

tica― son as profesoras e profesores

de ensino secundario Carme Alvariño

Alejandro, Cristina Brión Calo, Heladio

Anxo Fernández Manso, Antom Freire,

Mercedes González González, Paz lei-

rós de la Peña, Ramón lópez Facal,

María luísa Paz Patiño, Francisco Pérez

Otero e Víctor Manuel Santidrián Arias.

O vindeiro 17 de febreiro, ás 20 ho-

ras, o paraninfo da Universidade de

Santiago de Compostela (Facultade de

Xeografía e Historia) acolle unha home-

naxe ao profesor Herminio Barreiro, fa-

lecido o ano pasado e ao cal lembra-

mos no número 14 do GAliCiA SiNDiCAll.

Na homenaxe, organizada pola Fun-

dación 10 de Marzo, colaboran a Fede-

ración do Ensino de CCOO, a USC, a

Real Academia Galega e o Ateneo de

Santiago. intervirán o reitor da Univer-

sidade, Juan José Casares long, o pre-

sidente da RAG, Xosé luís Méndez Fe-

rrín, Miguel Pérez Pereira —docente da

USC—, Xosé Barral —profesor de Pri-

maria—, Xesús Redondo Abuín —sin-

dicalista e xubilado— e o investigador

David Barreiro Martínez.

HOMENAXE AHERMINIO BARREIRO

O panel número 13 da exposición está dedicado ao movemento obreiro