fomento do galego 2012
DESCRIPTION
Proxecto de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Pintor Laxeiro para o curso 2011 - 2012TRANSCRIPT
PPRROOXXEECCTTOO DDEE
FFOOMMEENNTTOO DDOO
UUSSOO DDOO GGAALLEEGGOO
CCuurrssoo 22001111--22001122
O día un de setembro do dous mil once, e segundo establece a Lei 3/1983 do 15
de xuño de normalización lingüística, no relativo ao uso do galego no ensino nos niveis
non universitarios, e no desenvolvemento da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación; e en aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no
ensino non universitario de Galicia; constitúese o Equipo de Dinamización da
Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo, quedando composto
polos seguintes membros:
Coordinadora: ....................................................... Eugenia González Tabarés
Mestres/as representantes:
Educación Infantil: ........................................... Álvarez Piñeiro, Mª Eugenia
Prieto Toro, Teresa
1º Ciclo de Primaria: ....................................... Fuentes González, José Eliseo
2º Ciclo de Primaria: ....................................... García Cajaraville, Mª Luisa
Fernández González, Pilar
Orientadora : ...................................................... Rodríguez Domínguez, Jesusa
CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO
I.- ENTORNO SOCIAL
O CEIP Pintor Laxeiro de Vigo é un Centro Público de Educación Infantil e
Educación Primaria, situado no entorno da Praza América, no centro da cidade, zona de
expansión comercial e de servizos, na que a idade da poboación é, en termos xerais,
heteroxénea e cun nivel económico e un grao de formación medio.
Non obstante hai que resaltar que na súa área de influencia hai asentada unha
importante poboación de inmigrantes, sobre todo hispanos e chineses, que matriculan
aos seus fillos neste Centro, e tamén recibimos nenos/as procedentes de Centros de
Acollida e, polo tanto con necesidades de adaptación a realidade que envolve ao Centro
e ao seu nivel cultural.
Pero, en xeral, o entorno familiar é de inquedanza e preocupación polos seus
fillos/as, e con expectativas medias pola súa formación académica.
CARACTERÍSTICAS DO CENTRO
O noso Centro conta con seis unidades de Educación Infantil e doce de
Educación Primaria. Ademais posúe dúas aulas de atención a diversidade (Pedagoxía
Terapéutica e Audición e Linguaxe) e conta con servizo de Orientación Educativa.
Posuímos un alumnado duns catrocentos alumnos/as e uns trinta docentes que
xunto coa ANPA, en representación das familias, constitúen a nosa Comunidade
Educativa.
O EDLG leva anos constituído e traballando na galeguización e
dinamización do Centro, tanto a nivel administrativo como na práctica docente, así
como no fomento do uso do galego a nivel oral e escrito por parte do profesorado e
do alumnado.
II.- CONTORNO DO CENTRO
No curso 2007 – 2008 o EDLG, elaborou e pasou unhas enquisas as familias,
ao profesorado e ao alumnado; para coñecer a realidade lingüística do noso entorno e
consecuentemente do noso alumnado, contando cun alto índice de participación en
todos os sectores .
Tendo en conta que falamos dun colexio urbano no que o medio no que se
desenvolve é castelanfalante, segundo indica o mapa sociolingüístico de Galicia, o
mesmo que a maioría dos medios de comunicación cos que está en contacto o noso
alumnado; partimos de que a realidade lingüística do Centro ten como indicador que
gran parte dos alumnos/as son castelán falantes.
Tamén temos que ter en conta que na pregunta feita aos pais/nais que
matricularon aos seus fillos en 4º de Educación Infantil, saíu maioritario o ensino en
castelán. Dun total de 50 matrículas, 29 pediron o castelán, 4 o galego, 3 en castelán –
galego e 14 non sabe ou non contesta; polo que quedou establecido o castelán como
lingua materna en Educación Infantil.
Estas enquisas son actualizadas cada ano coa pregunta aos pais/nais dos
nenos/as que veñen novos ao Colexio: Cal é a lingua materna do seu fillo ou filla?. O
mesmo ocorre co profesorado que se incorpora ao Centro.
III.- INFORMACIÓN OBTIDA NAS ENQUISAS
1.-SITUACIÓN DO PROFESORADO:
✔ A lingua habitual do profesorado é maioritariamente o castelán.
✔ A lingua empregada no centro educativo é maioritariamente o castelán.
✔ A capacidade do profesorado para empregar o galego na actividade docente é
media/alta.
✔ A disposición do profesorado para facer cursos de reciclaxe, co obxectivo de
acadar unha capacitación axeitada é moderada.
✔ A dispoñibilidade do profesorado para impartir a docencia en galego é
competencialmente e actitudinalmente boa.
2.- SITUACIÓN DO ALUMNADO:
✔ A lingua habitual do alumnado na casa é o castelán.
✔ A lingua habitual do alumnado cos amigos/as é o castelán.
✔ A lingua usada polo alumnado no ámbito escolar é, maioritariamente, o castelán
e o galego por igual.
✔ A lingua materna do alumnado de Educación Infantil é o castelán.
3.- SITUACIÓN DAS FAMILIAS:
✔ A lingua na que aprendeu a falar o fillo/a é masivamente o castelán.
✔ A lingua que se fala habitualmente na casa é, maioritariamente, o castelán.
✔ A lingua que usa o rapaz/a coas súas amizades é, maioritariamente, o castelán.
OUTROS DATOS DE INTERÉS
➢ A presenza da lingua galega na documentación administrativa, rotulado, etc. é
plena.
➢ O emprego da lingua galega nas interaccións co alumnado, coas familias e con
outras institucións é moderado.
➢ O emprego da lingua galega nas interaccións co alumnado en contextos
informais é moderado.
➢ O emprego da lingua galega por parte do persoal non docente do centro é
ningún.
➢ O emprego da lingua galega por parte da ANPA é ningún.
➢ O emprego da lingua galega na realización das actividades extraescolares é
ningún.
➢ A dotación de fondos en galego na biblioteca é aceptable.
➢ A visibilidade das accións do ENDL é ampla.
IV.- CONCLUSIÓN:
O noso colexio sitúase nun contexto no que predomina o castelán e o noso
alumnado é maioritariamente castelanfalante cunha lingua familiar e cunhas
interaccións comunitarias que usan como lingua habitual o castelán.
A lingua materna na que se vai impartir o ensino en Educación Infantil, por
elección das familias, é o castelán.
Está situado no centro da cidade, cunha ampla presenza de alumnado inmigrante
que procede de forma maioritaria de América Latina cunha competencia en lingua
galega moi deficiente.
Polo que se refire ao profesorado vemos que maioritariamente é castelanfalante,
pero conta cunha boa competencia no dominio da lingua galega e a súa actitude cara
á mesma é moderadamente positiva cara o galego, así como a súa colaboración nas
actividades dinamizadoras do galego que propoña o ENDL
OBXECTIVOS DO PROXECTO
LINGÜÍSTICO
+
Este Equipo Dinamizador da Lingua Galega comeza este ano un novo proxecto
en colaboración co resto dos Equipos docentes do Centro, que terá carácter plurianual
no que se traballará o cooperativismo é, tendo como tema para este ano: “O mar e a
pesca”
A nosa pretensión é dar continuidade a este proxecto nos cursos vindeiros.
OBXECTIVOS PARA O CONTORNO:
Traballar en estreita colaboración con outros organismos normalizadores e
dinamizadores da lingua galega.
Actividades:
Correlingua, organizada pola Asociación Sociopedagóxica Galega,
a Confederación Intersindical Galega, A Mesa pola Normalización
Lingüística e distintos Concellos galegos (Concello de Vigo).
Colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do
Concello de Vigo, asistindo as reunións convocadas polo mesmo e
participando nas actividades programadas.
Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno.
Actividades:
Teatro Interescolar, co intercambio de obras entre colexios dos
concellos de Vigo, Nigrán e Baiona.
Celebración do Entroido, coa celebración dun desfile no que os
disfraces teñen relación co tema de traballo. Participa toda a
comunidade educativa .
Tamén degustamos produtos típicos do Entroido.
Prensa Escolar. A nosa revista escolar Encontros, que se elabora ao
longo de todo o ano, distribúese entre todos os sectores da
Comunidade e Administración Educativa.
Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.
Actividades:
Actualización do noso blogue: Dinamiza
Estamos en: bloguerdinamiza.blogspot.com
Publicacións periódicas no apartado de Equipos de Dinamización da
Lingua Galega dentro da páxina web do centro:
www.edu.xunta.es/centros/ceippintorlaxeiro
Montaxe da Revista Escolar Encontros e da Postal de Nadal
Elaboración de vídeos, do Faladoiro de Outono e do Faladoiro de
Primavera.
Dinamizar a lingua galega.
Actividades:
Celebración dos Faladoiros, nos que o alumnado ten que investigar,
preparar, coordinar, memorizar, interpretar, etc., actividades en
galego
Teatro Interescolar, representación de obras en galego dentro e fora
do centro escolar.
Publicacións no blogue dinamizador, os traballos e actividades
realizadas, que poderán ser vistos por todos aqueles que así o
desexen .
Actualización, dentro do apartado EDLG, de todo aquilo que se vai
facendo e das novas que xurdan.
Visita de escritores en lingua galega, que lles falará das súas
vivencias e da obra que, os alumnos/as, leron e traballaron nas aulas.
Participación no Correlingua, colaborando coa pancarta e coa
lectura do Manifesto.
Semana de Cine en Galego, visualizando e traballando películas
proxectadas en lingua galega.
Celebración das Letras Galegas, participando na proposta de
actividades programadas en honor do homenaxeado, tanto a nivel de
aula como de Centro.
Sesións de Conta- contos, lendo e representando contos para os máis
pequenos.
OBXECTIVOS PARA O ALUMNADO:
Dinamizar a lingua galega, especialmente a nivel oral.
Actividades:
Celebración dos Faladoiros.
Teatro Interescolar.
Publicacións no blogue dinamizador.
Visita de escritores en lingua galega.
Participación no Correlingua.
Semana de Cine en Galego.
Celebración das Letras Galegas.
Sesións de Conta- contos.
Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego
como en castelán.
Actividades:
Celebración dos Faladoiros.
Teatro Interescolar.
Visita de escritores en lingua galega.
Semana de Cine en Galego.
Celebración das Letras Galegas.
Revista escolar Encontros.
Sesións de Conta- contos.
Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade
Escolar.
Actividades:
Postal de Nadal.
Taller de disfraces.
Teatro Inter escolar.
Publicacións no blogue dinamizador e na páxina web do Centro.
Revista Escolar.
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Actividades:
Ambientalidade.
Celebración dos Faladoiros.
Teatro Interescolar.
Publicacións no blogue dinamizador.
Visita de escritores en lingua galega.
Participación no Correlingua.
Semana de Cine en Galego.
Celebración das Letras Galegas.
Revista Escolar.
Sesións de Conta- contos.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.
Actividades:
Ambientalidade.
Taller de disfraces.
Visita de escritores en lingua galega.
Participación no Correlingua.
Celebración das Letras Galegas.
Revista Escolar.
Contribuír á dinamización lingüística.
Actividades:
Teatro Interescolar.
Visita de escritores en lingua galega.
Participación no Correlingua.
Semana de Cine en Galego.
Celebración das Letras Galegas.
Sesións de Conta- contos.
Promover a lectura como vía de acceso a información.
Actividades:
Publicacións no blogue dinamizador e na páxina web do Centro.
Lectura de libros en galego
Visita de escritores en lingua galega.
Potenciar a lectura en lingua galega.
Actividades:
Faladoiros.
Publicacións no blogue dinamizador.
Lectura de libros en galego dentro do Proxecto Lector
Visita de escritores en lingua galega.
Revista Escolar.
Sesións de Conta- contos.
Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa
lingua.
Actividades:
Teatro Interescolar
Publicacións no blogue dinamizador
Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das
festas tradicionais galegas: magosto, Entroido, …; e participar activamente
na programación do Centro para o Día das Letras Galegas.
Actividades:
Ambientalidade.
Postal de Nadal.
Taller de disfraces.
Celebración das Letras Galegas.
OBXECTIVOS PARA O PROFESORADO:
Garantir que o profesorado teña plena competencia para desenvolver o seu
labor docente.
Actividades:
Revista Escolar.
Comunicacións en galego (documentos, avisos aos pais,…).
Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira
plena competencia en galego.
Actividades:
Teatro interescolar.
Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto
en galego como en castelán.
Actividades:
Celebración dos Faladoiros.
Visita de escritores en lingua galega.
Semana de Cine en Galego.
Celebración das Letras Galegas.
Revista Escolar.
Sesións de Conta- contos.
OBXECTIVOS PARA O CENTRO:
Crear máis espazos de uso do galego.
Actividades:
Taller de disfraces.
Celebración dos Faladoiros.
Publicacións no blogue dinamizador e na páxina web do Centro.
Semana de Cine en Galego.
Celebración das Letras Galegas.
Revista Escolar.
Colaboracións.
Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
Actividades:
Ambientalidade.
Postal de Nadal.
Celebración dos Faladoiros.
Teatro Interescolar.
Publicacións no blogue dinamizador e na páxina web do Centro.
Participación no Correlingua.
Revista Escolar.
Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego para que conleve
unha repercusión positiva no seu uso.
Actividades:
Revista Escolar.
MEDIDAS A ADOPTAR
Dar prioridade ao uso do galego oral dentro da nosa Comunidade Escolar,
dado que é a lingua minoritaria no noso Colexio.
Procurar conseguir todo o material didáctico posible en lingua galega.
Dar prioridade ao uso do galego nas TICs, en todos aqueles sistemas
operativos e programas nos que sexa posible facelo.
Dar a coñecer as nosas actividades co uso das novas tecnoloxías.
Establecer canles de comunicación entre os distintos Ciclos e Departamentos
para optimizar os recursos educativos.
Desenvolver de forma oral o galego nun clima de uso habitual no que non
exista prexuízo cara a este idioma.
DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES
Tendo en conta que a función deste Equipo é fundamentalmente dinamizadora,
buscamos actividades alternativas ás exclusivamente docentes, nas que o
alumnado poida pasalo ben traballando “en e para o galego”. Por iso
propoñemos as seguintes actividades:
Ambientalidade
OBXECTIVOS:
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.
Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das
festas tradicionais galegas e participar activamente na celebración do Día
das Letras Galegas.
Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
ACTIVIDADE:
Os murais que se fan nas aulas con motivo das festas tradicionais galegas, en
colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares; e os que se fagan co
tema de traballo anual, en colaboración co Equipo de Biblioteca; e que adornan
os nosos corredores ao longo de todo o curso escolar, estarán en lingua galega.
(Outono, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas, O mar e a pesca).
Propoñen: Todos os Equipos do Centro.
Colabora todo o profesorado.
Participa todo o alumnado.
Actividade plurianual
Postal de Nadal
OBXECTIVOS:
Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade
Escolar.
Uso das novas tecnoloxías.
Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das
festas tradicionais.
Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
ACTIVIDADE:
Actividade plurianual
Como cada ano por estas datas o EDLG elixe un tema e establece as bases para a
elaboración dunha postal de Nadal que se traballará nas aulas respectivas, para,
despois da súa montaxe e impresión da mesma, enviar ás familias.
Para este curso pretendemos que as bases sexan semellantes as de cursos
anteriores e o tema a tratar estará dentro de “O mar e a pesca”.
Organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Colaboran os titores
Participan todas as aulas.
Destínase a toda a Comunidade Escolar do noso Centro.
Taller de disfraces
OBXECTIVOS:
Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade
Escolar.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
Crear máis espazos de uso do galego.
Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das
festas tradicionais galegas: magosto, Entroido,…
ACTIVIDADE:
De cara a celebración do Entroido, e tendo como tema “O mar e a pesca”, o
equipo docente de Educación Infantil elaborará os disfraces que lucirán os nenos
e nenas desta etapa educativa no desfile do Colexio.
Para elo, e con tempo suficiente, crearanse os talleres de disfraces, que terán
lugar os martes pola tarde, e nos que traballarán de forma conxunta profesoras e
pais/nais destes nenos/as.
En primaria pedirase a colaboran das familias para elaboralo.
Propoñen esta actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o
Equipo de Actividades Extraescolares.
Colaboran profesoras e pais/nais de Educación Infantil e de Primaria.
Faladoiros OBXECTIVOS:
Dinamizar a nivel oral a lingua galega.
Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa en galego.
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,
tanto en galego como en castelán.
Realizar actividades integradoras que favorezan o achegamento da nosa
lingua ao alumnado non galego.
Crear máis espazos de uso do galego.
Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
ACTIVIDADE:
Son unha forma de expresión oral, lúdica e educativa na que o alumno disfruta
preparando e participando nunha serie de actividades que lle permiten ver que o
galego tamén é unha fonte de pracer e diversión.
Traballamos dous faladoiros, denominados: Faladoiro de Outono, que faremos
ao longo do Primeiro Trimestre, mentres dure o outono, e Faladoiro de
Primavera, que se preparará para a Semana das Letras Galegas.
A proposta do EDLG, e partindo dun tema dado ou ben con tema libre si así o
acordamos, cada aula prepara unha actividade ( poemas, recitados, cantigas,
bailes, lendas, contos, tradicións,…) para, na data fixada, representar diante dos
seus compañeiros de Ciclo ou de Centro, atendendo a organización que en cada
intre se faga do mesmo.
De cada Faladoiro farase unha montaxe fotográfica e un vídeo no que queda
plasmado a actividade que realiza cada grupo de nenos/as participantes.
Esta actividade supón que os nenos e nenas teñen que:
Levar a cabo un traballo de búsqueda da actividade que van preparar.
Adaptar a mesma a súa idade e aos medios cos que contan para traballala.
Memorizar o texto e aprender as pautas para a súa representación.
Traballar en equipo co resto do grupo ou da clase.
Facer, en moitos casos, a tradución ao galego.
É esta unha actividade plurianual.
As pautas para a súa celebración correspóndenlle ao Equipo de Dinamización da
Lingua Galega.
Da preparación encárganse os titores. Contamos tamén coa colaboración das
familias.
Participa todo o alumnado.
Teatro Intercentros
OBXECTIVOS:
Motivar a adquisición dunha boa competencia comunicativa en lingua
galega.
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.
Contribuír á dinamización lingüística.
Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno,
tanto do Concello de Vigo como doutros concellos veciños (Nigrán).
Familiarizar ao alumnado con actividades teatrais na procura da súa
socialización.
Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.
Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade
Escolar.
Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa
lingua.
Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira
plena competencia en galego.
Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
ACTIVIDADE:
O grupo de teatro do Centro, formado por tres profesoras do mesmo, prepara
cos seus alumnos/as obras que ao longo do curso será representada tanto no noso
Colexio, para nenos/as, profesores/as e pais/nais, como en outros centros do
Concello de Vigo, Nigrán e Baiona.
Trabállase en colaboración co Concello de Vigo, que subvenciona parte da
actividade e coa Escola de Teatro. E asistimos as xornadas organizadas por estes
organismos.
Esta actividade vense realizando dende hai varios anos.
Propón a actividade o Grupo de Teatro do Centro. Conta coa colaboración das
familias.
Colaboran na mesma o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo de
Actividades Extraescolares.
Participan varios grupos de alumnos/as, profesoras do grupo de teatro e pais/nais
dos nenos/as participantes.
Actualización do blogue de dinamización da
lingua galega: Dinamiza
OBXECTIVOS:
Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego.
Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.
Dinamizar a lingua galega
Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade
Escolar.
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.
Promover a lectura como vía de acceso a información.
Potenciar a lectura en lingua galega.
Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa
lingua.
Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira
plena competencia en galego.
Crear máis espazos de uso do galego.
Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno.
ACTIVIDADE:
O EDLG vai facer uso das novas tecnoloxías para dar a coñecer as nosas
experiencias e actividades a toda a Comunidade Escolar e a outros Centros
Educativos que así o desexen.
Ao longo do ano actualizaremos o noso blogue dinamizador da lingua galega e
faremos as pertinentes publicacións no mesmo.
Actividade que comezou o curso pasado coa elaboración do mesmo e que terá
continuidade nos próximos cursos escolares.
Propón e elabora a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Participa todo o alumnado do Colexio, que terá aceso a mesma e na que se
publicarán as súas actividades.
Actualización da páxina web do Centro no
apartado do Equipo de Dinamización da Lingua
Galega
OBXECTIVOS:
Tratar de mellorar a competencia lingüística en galego.
Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.
Dinamizar a lingua galega.
Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade
Escolar.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.
Potenciar a lectura en lingua galega.
Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa
lingua.
Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira
plena competencia en galego.
Crear máis espazos de uso do galego.
Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno.
ACTIVIDADE:
O EDLG, facendo uso das novas tecnoloxías dará a coñecer as súas actividades a
toda a Comunidade Escolar e a outros Centros Educativos que así o desexen.
Ao longo do ano actualizaremos o noso apartado dentro da páxina web do noso
centro publicando os traballos realizados ao longo do ano por este Equipo.
Actividade que comezou o curso pasado coa elaboración da páxina web e que
terá continuidade nos próximos cursos escolares.
Propón e elabora a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Participa o profesorado do EDLG.
Visita de escritores en lingua galega
OBXECTIVOS:
Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego
como en castelán.
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.
Contribuír á dinamización lingüística.
Promover a lectura como vía de acceso a información.
Potenciar a lectura en lingua galega.
Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,
tanto en galego como en castelán.
ACTIVIDADE:
Nesta ocasión o disfrute consiste na celebración dunha xornada de convivencia
cun escritor en lingua galega, do que de antemán leron unha obra, e que lles
contará as súas vivencias como escritor.
Programado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co
Equipo de Biblioteca.
Participa o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria.
Participación en campañas de concienciación
OBXECTIVOS:
Intercambio de experiencias e actividades con centros educativos do
entorno.
Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias.
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Contribuír á dinamización lingüística.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.
Eliminar todo tipo de prexuízos cara o galego.
ACTIVIDADE:
Dende hai uns anos os nosos alumnos/as participan no CORRELINGUA, acto
que se convoca anualmente e no que despois de concentrar aos nenos/as dos
distintos colexios no Concello, faise unha andaina reivindicativa en prol da
lingua galega ata o Parque de Castrelos.
Colaboraremos coa pancarta reivindicativa.
Propón a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Pode inscribirse todo o Centro.
Semana do cine en galego
OBXECTIVOS:
Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego
como en castelán.
Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias.
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Contribuír á dinamización lingüística.
Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,
tanto en galego como en castelán.
Crear máis espazos de uso do galego.
ACTIVIDADE:
Proxección diaria, durante unha semana dun filme en galego, que se traballará na
clase antes e despois da súa visualización.
O EDLG programará as actividades a realizar.
Programado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Participa todo o alumnado do noso Colexio.
Semana das Letras Galegas
OBXECTIVOS:
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.
Contribuír á dinamización lingüística.
Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das
festas tradicionais galegas e participar activamente nas actividades do Día
das Letras Galegas.
Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,
tanto en galego como en castelán.
Crear máis espazos de uso do galego.
ACTIVIDADE:
Durante esta semana organizaranse varias actividades; unhas que se
programarán coordinadamente entre os distintos Ciclos e Departamentos, e
outras que se prepararán para a súa realización a nivel de aula.
Para as actividades de aula o EDLG encargarase de elaborar unha unidade
didáctica sobre o homenaxeado deste ano e facilitará as de outros colectivos que
nos teñan mandado a súa por esas datas.
Por outra banda coordinará as actividades conxuntas e tamén facilitará ao
profesorado unha serie de propostas a realizar e os recursos necesarios para
poder levalas a cabo.
Incluirase nesta semana as actividades do Faladoiro de Primavera.
Celebraranse as xornadas de teatro, pola mañá para o alumnado do Centro e pola
tarde para pais e nais.
Montarase a exposición de carteis sobre a vida e obra do homenaxeado no ano
2012.
Programa e organiza estas actividades o Equipo de Dinamización da Lingua
Galega en colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares.
Destinado a toda a Comunidade Educativa.
Revista Escolar
OBXECTIVOS:
Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego
como en castelán.
Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade
Escolar.
Uso das novas tecnoloxías para a súa elaboración.
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle
permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.
Potenciar a lectura e a escritura en lingua galega.
Garantir que o profesorado teña plena competencia para desenvolver o seu
labor docente.
Crear máis espazos de uso do galego.
Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego para que conleve
unha repercusión positiva no seu uso.
ACTIVIDADE:
Está concibida como o órgano de expresión da nosa Comunidade Educativa e
ten carácter anual.
Coordinará esta actividade o EDLG, contando coa colaboración de todo o
profesorado e todo alumnado do Centro.
O seu obxectivo será buscar e seleccionar traballos e noticias relacionadas
cos contidos curriculares, con actividades complementarias organizadas polo
Centro ou co tema de traballo anual.
A nosa revista escolar é Encontros. O tema central deste ano será “O mar e a
pesca” e contará con todos aqueles traballos, actividades, debuxos, etc., cos que
os nosos colaboradores desexen participar.
Propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Colabora todo o profesorado e alumnado do Centro.
Destínase a toda a Comunidade Educativa.
Colaboracións
OBXECTIVOS:
Traballar en estreita colaboración con outros organismos normalizadores e
dinamizadores da lingua galega.
Colaborar cos distintos Equipos e proxectos do Centro.
ACTIVIDADE:
Consideramos que para dinamizar a lingua galega fai falla un labor coordinado
de todos os sectores de ámbito social. Por elo estamos dispostos a traballar en
estreita colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do
Concello de Vigo, co Coordinador de zona da Consellería, coa Coordinadora
Galega dos Equipos Dinamizadores da Lingua Galega e con todos aqueles
equipos que traballen na dinamización e uso do galego.
Neste curso escolar o EDLG, na súa interrelación cos diferentes “Equipos do
Centro”, colaborará tamén cun novo Proxecto aprobado recentemente: “Proxecto
Xogo”; introducindo no seu programa actividades de tipo lúdico para o fomento
do galego.
Encárgase o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Sesións de Conta contos
OBXECTIVOS:
Motivar a adquisición dunha boa competencia comunicativa en lingua
galega.
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non
regrada.
Contribuír á dinamización lingüística.
Potenciar a lectura en lingua galega.
Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,
tanto en galego como en castelán.
ACTIVIDADE:
É esta unha actividade lúdica que consideramos interesante porque se fomenta
conxuntamente o uso do galego e o da lectura.
Consiste en que os nenos e nenas maiores (Terceiro Ciclo de Primaria) lean e
preparen a representación dun conto (dramatización, Guiñol, …) para os máis
pequenos (Educación Infantil).
Propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
ANEXO II
CADRO–RESUMO DE ACTIVIDADES
TEMPORALIZACIÓN TÍTULO ACTIVIDADE RESPONSABLES
DEPARTAMENTO
DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Material necesario
para a realización das
actividades
Todo o curso Ambientalidade Dinamización Lingüística
Extraescolares
Biblioteca
Alumnado de Infantil e
Primaria
Material funxible
papel continuo,
pinturas de cores,
tesoiras, pegamento
…
Novembro Faladoiro de Outono Dinamización Lingüística Alumnado de Infantil e
Primaria
Material bibliográfico
Megafonía
Decembro Postal Nadal Dinamización Lingüística Comunidade Educativa 250 €
Cartolinas, pinturas
de cores, ordenador.
Imprenta
Todo o curso Actualización do blogue de
dinamización da lingua
galega: Dinamiza
Dinamización Lingüística
Alumnado do Centro Ordenador , conexión
internet
Todo o curso
Publicacións e actualización
do apartado do EDLG na
páxina web do Centro
Dinamización Lingüística Profesorado e alumnado do
Centro.
Ordenador ,
conexión, internet
Febreiro Taller de disfraces Dinamización Lingüística
Alumnos/as Educación
Infantil
100€ Material funxible:
cartolinas, pinturas,
tesoiras, pegamento,
…
Febreiro e Abril Visita escritores Dinamización Lingüística
Biblioteca
Alumnos/as Terceiro Ciclo
de Educación Primaria
Libros de lectura do
autor que nos visita.
Todo o curso Elaboración de Unidades
Didácticas sobre “O mar e a
peca”
Dinamización Lingüística Profesorado do Centro 50 € Bibliografía para
consultar
Maio Participación en campañas de
concienciación (Correlingua)
Dinamización Lingüística
Alumnado de Primaria 200€ Autobús para acudir
ao Concello
Maio Unidade didáctica Letras
Galegas
Dinamización Lingüística Profesorado do Centro
Bibliografía para
consultar
Maio Exposición de carteis sobre a
vida e obra do homenaxeado
Dinamización lingüística Alumnado de Primaria
Paneis para colocar
os carteis
Maio Faladoiro de Primavera Dinamización Lingüística
Alumnado de Primaria Material
bibliográfico.
Megafonía
Maio Xornadas de Teatro Dinamización Lingüística
Extraescolares
Grupo de Teatro
Comunidade educativa 200€ Autobús para o desprazamento.
Material funxible
Material bibliográfico
Xuño Semana do cine en galego Dinamización Lingüística Alumnos/as de Infantil e
Primaria
Películas de vídeo
Proxector
De outubro a maio Revista Escolar Dinamización Lingüística Comunidade educativa
1400 € Material funxible
(folios, pinturas,..)
Ordenador
Imprenta
Todo o curso Colaboracións con outros
organismos e equipos
Dinamización Lingüística Todo o alumnado e
profesorado do centro
Material funxible
para elaborar os
xogos.
Segundo e Terceiro
Trimestre Sesións de Conta contos Dinamización Lingüística
Alumnado de Educación
Infantil
Material diverso
segundo a actividade
que se vai realizar, e
a petición do monitor
que a leva a cabo.
A coordinadora do proxecto comprométese a desenvolver as actividades programadas no caso de obter o financiamento suficiente
En Vigo, a 17 de febreiro de 2012 Visto e prace de directora do Centro
Nome e apelidos: Eugenia González Tabarés
Mª Paz Fernández López