educaciÓn a natureza como contexto · 2020. 5. 22. · educar na natureza, sexa de forma...

11
Manifesto: A NATUREZA COMO CONTEXTO SAUDABLE E NECESARIO PARA A EDUCACIÓN www.asociacionedna.wordpress.com [email protected]

Upload: others

Post on 17-Oct-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

Manifesto:A NATURE Z A COMO CONTEXTOS AUDABL E E NE CE S ARI O PARA AE DUCACI ÓN

w w w . a s o c i a c i o n e d n a . w o r d p r e s s . c o ma s o c i a c i o n e d n a @ g m a i l . c o m

Page 2: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

Espazos educativos seguros… E moito máisA pandemia da Covid-19 vai marcar un fito en moitos aspectos das nosas vidas e

a educación vai ser un deles. Temos que adaptarnos a unha nova realidade na

que primarán a saúde e a seguridade da infancia e do persoal nos centros

educativos. Unha das consecuencias desta adpatación será a redución da

cantidade de alumnado por aula, o cal significa que non poderán acudir ao

colexio coa frecuencia e duración habituais.Isto vai supoñer un reto importante

para familias e centros educativos e requerirá dun aumento significativo de

recursos técnicos, humanos e económicos para que poida ser levado a cabo. 

A educación na natureza pode brindar unha solución inmediataa case todos estes problemas á vez que aborda a causa últimada presente pandemia.

Cabe sinalar que a aparición do virus SARS- CoV- 2 está relacionada coa excesiva

presión que exercemos sobre a natureza, mediante unha perversa combinación

de sobreexplotación de recursos, destrución de hábitats silvestres, cambio

climático e consumo de fauna salvaxe.

Temos a gran oportunidade e a obriga responsable de repensara nosa relación coa natureza e trasladar ese novo modelo devida á infancia. Aproveitar a experiencia dos espazoseducativos na natureza, neste contexto, é vital.

A N A T U R E Z A C O M O C O N T E X T O S A U D AB L E EN E C E S A R I O P A R A A E D U C AC IÓ N

P Á G I N A 2 / 8

Page 3: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

P Á G I N A 3 / 8

Un modelo para seguirHai moitos tipos de escolas infantís na natureza, aínda que cabe distinguir dúas

grandes categorías.

Por unha banda, están aquelas que teñen un grupo fixo de nenos e nenas que

acoden a diario, desenvolven a súa actividade ao aire libre e a natureza

constitúe o seu espazo de referencia.

Por outra, está o modelo de educación combinada mediante o cal o alumnado

acode a un centro convencional parte do tempo e a outra parte, únense a un

espazo educativo ao aire libre na súa zona.

AntecedentesNon é a primeira vez que sucede algo así.

En Dinamarca, a principios dos anos 50 do pasado século, houbo unha gran

demanda de escolas infantís para acoller aos fillos e fillas de mulleres que

quedaran viúvas tras a Segunda Guerra Mundial e necesitaban incorporarse ao

mercado laboral.

Dado que non había aulas suficientes, idearon un sistema de rotación mediante

o cal un grupo pasaba algúns días na aula e outros, ao aire libre.Así é como

xurdiron as escolas na natureza modernas en Europa, hoxe en día estendidas

por todo o mundo.

En países con sistemas educativos de recoñecida solvencia,como Suecia, Noruega, Alemaña, República Checa, ReinoUnido… estas escolas están homologadas e as autoridadesimpulsan e apoian a súa creación.Nalgúns deles, ata o 25% dapoboación está escolarizada nestes centros. En España existendende o ano 2011 e hoxe hai varias decenas operativas en todoo territorio nacional.

Page 4: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

O ritmo pode ir de varios días á semana a unha semana ao mes, por exemplo. O

importante é que as tarefas pedagóxicas repártense de forma equitativa entre

os dous espazos e os seus responsables.

Este modelo leva décadas implementándose en Europa, con especial incidencia

no Reino Unido, onde existen centenares de espazos de educación na natureza

(Forest Schools) que teñen convenios coas escolas próximas.

Aínda que a etapa máis habitual para practicar este modelo combinado é en

infantil (0-6 anos), hai moitos exemplos de escolas de primaria e mesmo

secundaria en intenso contacto co medio natural (é o caso das Waldschulen en

Alemaña ou as escolas I Ur och Skur en Suecia). Nestes países existe ademais

formación regrada para o persoal destes centros, que se preparan para o

acompañamento de grupos de calquera idade ao aire libre, cunha adecuada

planificación pedagóxica, de seguridade, loxística e cun profundo coñecemento

do medio.

Deste xeito garántese a continuidade e o seguemento da escolarización en

adecuadas condicións.

P Á G I N A 4 / 8

Page 5: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

Beneficios da educación na naturezaEducar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes

beneficios para o desenvolvemento, o benestar e a saúde da infancia, sobre todo

nas etapas máis temperás.

Permanecer na natureza permite unha aprendizaxe directa,empírica e autónoma.

A abundancia de espazo e material non estruturado convida á indagación, á

exploración e á experimentación, fomenta a mirada crítica e fortalece a resiliencia

dos nenos e as nenas. Moverse ao aire libre, nunha contorna non preparada pero

segura, é un precursor de saúde e fortaleza física.

No exterior, é máis sinxelo manter as distancias de seguridade,as infeccións transmítense con máis dificultade e o contacto coaire e o sol fortalece as defensas.Por elo, constitúe ademais un espazo máis seguro que unhaaula.

É tamén coñecido o efecto restaurador que ten o contacto con contornas

naturais, pois transmiten serenidade e moderan a tensión, mesmo a idades

temperás.No contexto de trauma colectivo que supuxo o confinamento, máis

intenso na infancia, trátase dun aspecto de capital importancia. Nestes

momentos, máis que nunca, os espazos educativos na natureza son refuxios

seguros e necesarios.

A idea non é nova. A principios do século XX xurdiron en todo o mundo as escolas

ao aire libre, a imaxe e semellanza da Escola Charlottenburg en Berlín, fundada en

1904.

P Á G I N A 5 / 8

Page 6: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

O obxectivo principal destas era previr ou mellorar a enfermos de patoloxías

respiratorias grazas á permanencia no exterior, por iso é polo que este

movemento coñecérase tamén como “hixienista”. Intelectuais da talla de

Rabindranath Tagore ou León Tolstói fundaron as súas propias escolas con esta

filosofía.

En España tomaron a testemuña figuras como Rosa Sensat ou Francisco Giner

de los Ríos, referentes que están hoxe de plena actualidade.

P Á G I N A 6 / 8

A experiencia da Asociación Nacional deEducación na Natureza EdNaA Asociación EdNa naceu en Galicia no ano 2015, impulsada polas fundadoras de

iniciativas pioneiras de educación na natureza en España. Ten como fin axuntar

o movemento da educación na natureza no noso país e traballa en tres grandes

áreas: criterios de calidade para as escolas na natureza, formación para

profesionais con interese en desenvolverse neste ámbito e asesoramento para

proxectos emerxentes.

Ten ademais unha forte presenza internacional: é socia da Federación

Internacional de Escolas no Bosque, membro da Children and Nature Network e

é embaixadora da infancia no movemento mundial “Children in Nature

Worldwide hand in hand”.

Entre as súas directivas hai pedagogas, mestras, traballadoras sociais, biólogas,

mestras de universidade, con décadas de experiencia en educación formal e non

formal. Entre todas suman alianzas con escolas e entidades de educación na

natureza de todo o mundo e publicaron diversas obras sobre a materia.

Page 7: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

P Á G I N A 7 / 8

Unha mirada cara ao futuro…APor mor da pandemia da Covid-19, son moitas as voces que se alzan para que

volvamos a unha vida na que prestemos maior atención á saúde, á

sustentabilidade, á equidade, a unha economía xusta e, sobre todo, a un novo

paradigma ambiental.

Un par de meses antes do estalido da pandemia, estivo Greta Thunberg no Cume

no Clima de Madrid clamando por unha maior consciencia sobre estoutra crise

que se nos aveciña. Non son feitos independentes, como se viu.

Xa se celebraron manifestacións en Francia ou Suíza clamando por unha vida

máis consciente, pero quizais de quen máis debamos aprender nesta situación é

de Italia, a nosa irmá maior nesta situación. 

É precisamente en Italia onde se está apostando por unha educación combinada

como solución a este problema.

Aulas e natureza. Ofrezamos á infancia o mellor de ambosmundos e todos e todas, ela e os e as demais, teremos unfuturo mellor.

Taller inspirado por Fernando Rubio

Page 8: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

P Á G I N A 8 / 8

Por todo elo os e as abaixo asinantes…Manifestamos que non podemos obviar a experiencia de diversos países, entre

eles España, que demostra que a Educación na Natureza, nas súas distintas

formas, é un modelo pedagóxico favorecedor do desenvolvemento integral dos

nenos e as nenas.

Recoñecemos que educar na natureza, sexa de forma permanente ou

combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e a

saúde da infancia, sobre todo nas etapas máis temperás.

Cremos que é o momento de abrir a mirada e achegarnos á natureza, para

coñecela mellor e protexela neste cambio que se nos presenta a nivel global, e

sabemos que a educación é fundamental para aprender a vivir esta nova

realidade.

Afirmamos que a natureza, é un contexto saudable e seguro para a infancia e

nestes momentos, máis que nunca, os espazos naturais poden e deben

constituírse como contornas educativas complementarias ás aulas.

Page 9: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

A N E X O 1

Asinan este manifesto:

Page 10: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

A N E X O 2

Page 11: EDUCACIÓN A NATUREZA COMO CONTEXTO · 2020. 5. 22. · Educar na natureza, sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e

A N E X O 3