Download - Artículo entroido

Transcript

TODOS A BORDO

O alumnado do colexio mosteiro dedican esta entroido ao mar.

Esta é unha festa de moita tradición neste colexio , na que participan mestres, pais e alumnos.Nos días anteriores estivemos recordando as tradicións do entroido en Galicia: Comadres e compadres, oleiro e o fareleiro.Tamén participamos na decoración do colexio, este semella un barco de pesca, coas súas redes, salvavidas, e todo tipo de aparellos necesarios para a pesca.

Durante uns días o Mostreiro convertiuse nun océano, cheo de animais mariños.Os nenos de 6º foron de perigosas medusas, coidado coas súas picaduras.Os de 5º foron de ostras e mexillóns, ninguén lles poderá tocar, xa que as súas cunchas lle protexerán.As tartarugas de 4º son preciosas e nada perigosas.Os nenos de 3º foron de sardiñas, todas moi ben ordenadiñas.As estreliñas de 2º estaban moi ben feitiñas.Os de 1º foron de peixes tropicais, que adornan os océanos e mares coas súas cores.Os polbos de 5 anos bailaron ao son dunha fermosa canción.E os máis pequerrechiños foron de quenllas e cangrexos mariños.

Todos bailamos sen parar ao son da música do Entroido. E como somos tan festeiros seguimos co Entroido . O sábado seguinte en Bembrive e o domingo en Vigo e Redondela.

Moitos de nós partipamos na comparsa de pais, nais e avós, “As caperuchiñas do Bembriuve”·Este Entroido xa rematou, e esperamos con moito agrado o do seguinte ano.

Top Related