artículo entroido

1
TODOS A BORDO O alumnado do colexio mosteiro dedican esta entroido ao mar. Esta é unha festa de moita tradición neste colexio , na que participan mestres, pais e alumnos. Nos días anteriores estivemos recordando as tradicións do entroido en Galicia: Comadres e compadres, oleiro e o fareleiro. Tamén participamos na decoración do colexio, este semella un barco de pesca, coas súas redes, salvavidas, e todo tipo de aparellos necesarios para a pesca. Durante uns días o Mostreiro convertiuse nun océano, cheo de animais mariños. Os nenos de 6º foron de perigosas medusas, coidado coas súas picaduras. Os de 5º foron de ostras e mexillóns, ninguén lles poderá tocar, xa que as súas cunchas lle protexerán. As tartarugas de 4º son preciosas e nada perigosas. Os nenos de 3º foron de sardiñas, todas moi ben ordenadiñas. As estreliñas de 2º estaban moi ben feitiñas. Os de 1º foron de peixes tropicais, que adornan os océanos e mares coas súas cores. Os polbos de 5 anos bailaron ao son dunha fermosa canción. E os máis pequerrechiños foron de quenllas e cangrexos mariños. Todos bailamos sen parar ao son da música do Entroido. E como somos tan festeiros seguimos co Entroido . O sábado seguinte en Bembrive e o domingo en Vigo e Redondela. Moitos de nós partipamos na comparsa de pais, nais e avós, “As caperuchiñas do Bembriuve”· Este Entroido xa rematou, e esperamos con moito agrado o do seguinte ano.

Upload: pradosanpedro

Post on 28-Jul-2015

25 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

TODOS A BORDO

O alumnado do colexio mosteiro dedican esta entroido ao mar.

Esta é unha festa de moita tradición neste colexio , na que participan mestres, pais e alumnos.Nos días anteriores estivemos recordando as tradicións do entroido en Galicia: Comadres e compadres, oleiro e o fareleiro.Tamén participamos na decoración do colexio, este semella un barco de pesca, coas súas redes, salvavidas, e todo tipo de aparellos necesarios para a pesca.

Durante uns días o Mostreiro convertiuse nun océano, cheo de animais mariños.Os nenos de 6º foron de perigosas medusas, coidado coas súas picaduras.Os de 5º foron de ostras e mexillóns, ninguén lles poderá tocar, xa que as súas cunchas lle protexerán.As tartarugas de 4º son preciosas e nada perigosas.Os nenos de 3º foron de sardiñas, todas moi ben ordenadiñas.As estreliñas de 2º estaban moi ben feitiñas.Os de 1º foron de peixes tropicais, que adornan os océanos e mares coas súas cores.Os polbos de 5 anos bailaron ao son dunha fermosa canción.E os máis pequerrechiños foron de quenllas e cangrexos mariños.

Todos bailamos sen parar ao son da música do Entroido. E como somos tan festeiros seguimos co Entroido . O sábado seguinte en Bembrive e o domingo en Vigo e Redondela.

Moitos de nós partipamos na comparsa de pais, nais e avós, “As caperuchiñas do Bembriuve”·Este Entroido xa rematou, e esperamos con moito agrado o do seguinte ano.