documento para aprobaciÓn inicial - coirós · artigo 16.6 da ley 37/2015, de 29 de septiembre, de...
TRANSCRIPT
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
1
MODIFICACIÓN PUNTUAL
DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS
(PEDRAPARTIDA I-1)
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO
DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL (IC).
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL
PROMOTOR: CONCELLO DE COIRÓS.
EQUIPO REDACTOR:
ARQUITECTOS:
ALFREDO GARROTE PAZOS, MÓNICA MESEJO CONDE, IGNACIO LÁZARO QUINTELA
SETEMBRO 2016.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
2

3
ÍNDICE:
A- MEMORIA INFORMATIVA E DESCRITIVA.........................................................................................5
0. DATOS XERAIS. ...............................................................................................................................5
1. ANTECEDENTES. OBXECTIVO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL...................................................5
2. DESCRICIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.................................................................................7
3. CAMBIOS DERIVADOS DA MODIFICACIÓN PUNTUAL ................................................................8
4. TRAMITACIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. .............................................................................9
5. INCORPORACIÓN DAS DETERMINACIÓNS DO INFORME AMBIENTAL ESTRATÉXICO E
INFORMES SECTORIAIS Á MODIFICACIÓN PUNTUAL. ...................................................................11
5.1. INFORME AMBIENTAL ESTRATÉXICO. AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA.............11
5.2. INFORME PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL DA DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO
ESTADO. .............................................................................................................................................12
B- MEMORIA XUSTIFICATIVA. .........................................................................................................13
1. CONVENIENCIA E OPORTUNIDADE DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. XUSTIFICACIÓN DAS
RAZÓNS DE INTERESE PÚBLICO. ...................................................................................................13
2. ADAPTACIÓN AO ENTORNO. EFECTOS PREVISIBLES SOBRE O AMBIENTE. ......................13
C- ORDENANZAS ...................................................................................................................................13
C- ORDENANZAS ...................................................................................................................................14
NORMAS DO PLAN PARCIAL APROBADO O 1 DE MARZO DE 2003. .............................................14
- NORMAS XERAIS DE USO DO P. PARCIAL (PUNTO 4- NORMAS XERAIS DE USO)...............14
- CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª INDUSTRIAL COMERCIAL DO P. PARCIAL
(APARTADO 3.1.5 DAS NORMAS PARTICULARES DE ZONA).....................................................21
NORMATIVA MODIFICADA. ..................................................................................................................23
MP- NORMAS XERAIS DE USO DO PLAN PARCIAL MODIFICADO (PUNTO 4- NORMAS
XERAIS DE USO) ...............................................................................................................................23
MP- CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª INDUSTRIAL COMERCIAL DO PLAN PARCIAL
MODIFICADO (APARTADO 3.1.5 DAS NORMAS PARTICULARES DE ZONA). ...........................37
ANEXO I. PARCELAS CATASTRAIS AFECTADAS POLA MODIFICACIÓN PUNTUAL. ..................39
ANEXO II. DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO. (ABRIL 2016) ..............................................41
ANEXO III. RESOLUCIÓN DO 11 DE XULLO DE 2016 POLA QUE SE FORMULA O INFORME
AMBIENTAL ESTRATÉXICO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE
EMPRESARIAL DE COIRÓS..................................................................................................................43
ANEXO IV. INFORMES PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL. SUBDIRECCIÓN XERAL DE
EXPLOTACIÓN E XESTIÓN DE REDE..................................................................................................45
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
4

5
A- MEMORIA INFORMATIVA E DESCRITIVA.
0. DATOS XERAIS.
O promotor da presente modificación puntual é o Concello de Coirós, con domicilio na Casa
Consistorial sita en Coirós de Arriba 16, 15316. A Coruña.
Redactan a presente modificación os arquitectos D. Alfredo Garrote Pazos, Dª Mónica Mesejo
Conde e D. Ignacio Lázaro Quintela colexiados nº 1440, 1475 e 3877 do Colexio Oficial de Arquitectos
de Galicia respectivamente e domicilio a efectos de notificación na rúa Menéndez Pelayo nº 11. 5ºC.
15005 A Coruña.
1. ANTECEDENTES. OBXECTIVO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.
O plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Coirós aprobouse definitivamente
o 19 de setembro de 2002 ao abeiro da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.
O 1 de marzo de 2003 aprobouse definitivamente o plan parcial do parque empresarial de Coirós
(DOG 13-03-2003 e BOP 12-03-2003). O promotor desta actuación foi a entidade Xestión Urbanística
de A Coruña (XESTUR) mediante convenio co Concello de Coirós e o IGVS.
O plan parcial ten como obxectivo cubrir a demanda de solo industrial de forma que sexa viable
dentro da realidade do mercado de solo e mellorando o nivel de vida do municipio.
Na normativa do plan parcial fíxanse as ordenanzas reguladoras de carácter xeral, normas de
obra civil, ordenanzas particulares de zona e normas xerais de uso. As ordenanzas particulares de
zona son as seguintes:
- Ordenanza 1ª. De edificación industrial y comercial (IC)
- Ordenanza 2ª. De zona deportiva (ED)
- Ordenanza 3ª. De equipamiento comercial (EC)
- Ordenanza 4ª. De equipamiento social (ES)
- Ordenanza 5ª. De zonas verdes (ZV)
- Ordenanza 6ª. De zonas viarias (VA)
- Ordenanza 7ª. De zonas de aparcamiento (PA)
- Ordenanza 8ª. De zonas de infraestruturas (IN)
- Ordenanza 9ª. De edificación industrial y comercial (IC especial)
A presente modificación puntual afecta tanto ás normas xerais dos diferentes usos como ás
condicións de uso da ordenanza particular IC de edificación industrial e comercial. Esta ordenanza IC é
de aplicación na meirande parte da superficie do parque empresarial de Coirós, tal e como se pode
comprobar no esquema que se acompaña, no que o seu ámbito corresponde coas zonas sombreadas
en cor laranxa.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
6
Nos cadros que se acompañan que corresponden o Anexo I do plan parcial, obsérvase que as
parcelas privadas reguladas pola ordenanza IC supoñen o 74,49% da superficie do parque
empresarial.
No apartado 4 da normativa do plan parcial regúlanse as condicións dos usos e establécense as
distintas categorías :
- Vivenda
- Garaxe- aparcamento
- Industrial
- Comercial
- Oficinas
- Lugares de reunión
- Cultural
- Hoteleiro
- Sanitario
- Deportivo
- Servizos xerais
No referente ás condicións dos usos, a modificación puntual actualiza definicións e referencias á
lexislación sectorial, tamén engádese un novo uso que é o correspondente a Tanatorios e servizos
funerarios.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
7
Tal e como se pode apreciar na ortofoto que se achega a continuación, no ámbito do plan parcial
existen a día de hoxe parcelas vacantes e tamén edificacións rematadas sen actividade.
Por medio da presente modificación puntual trátase de alterar as condicións de uso da
ordenanza de zona IC, que no plan parcial son moi limitativas, para incorporar outros usos e
actividades que se demandan actualmente nos polígonos empresariais, incrementando a oferta e
contribuíndo a xerar unha maior actividade no parque empresarial de Coirós.
A regulación actual establece como únicos usos permitidos na ordenanza IC o de vivenda
vinculada á industria, o garaxe- aparcamento en categorías 2ª e 3ª, o industrial e comercial en todas as
categorías, así como o de oficina e sanitario vinculados ao uso principal. A presente modificación
pretende introducir outros usos nesta ordenanza que amplíen a variedade da oferta empresarial.
Non se varía o ámbito de aplicación, as condicións de edificación nin as condicións hixiénicas,
sanitarias ou estéticas establecidas no plan parcial.
2. DESCRICIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.
As condicións xerais dos usos no ámbito do plan parcial veñen establecidas no punto 4 da
normativa “Normas xerais de uso”. Neste apartado establécese a definición, clasificación e ou
categorías correspondentes a cada un dos usos contemplados, e as condicións mínimas esixibles.
Os usos regulados son os seguintes:
- Vivenda
- Garaxe- aparcamento
- Industrial
- Comercial
- Oficinas
- Lugares de reunión
- Cultural
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
8
- Hoteleiro
- Sanitario
- Deportivo
- Servizos xerais
No apartado C da presente modificación puntual transcríbese a totalidade do apartado da
normativa do plan parcial correspondente ás normas xerais de uso co seu contido actual, así como o
modificado, coa finalidade de poñer en evidencia as alteracións practicadas.
No apartado 3.1 da normativa do plan parcial regúlanse as condicións da ordenanza zonal IC.
Segundo o plan parcial esta ordenanza será de aplicación a tódalas parcelas privadas que no plano
zonificación se cualifican como solo de uso industrial e comercial (IC). No apartado 3.1.5 establécense
as condicións de uso en concordancia coas normas xerais dos usos. En primeiro lugar constan os usos
e categorías permitidos; vivenda, garaxe- aparcamento (categorías 2ª e 3ª), industrial (todas as
categorías), comercial (todas as categorías), oficinas (vinculadas á actividade principal) e sanitario (ao
servizo da actividade principal), considerando como prohibidos os non incluídos nesta relación.
A presente modificación ten os seguintes obxectivos respecto das normas xerais de uso:
• Alterar algúns aspectos da clasificación e condicións coa finalidade de adaptalas á lexislación
vixente.
• Incorporar o uso de tanatorios e servizos funerarios.
Por outra banda redefínense os usos permitidos na ordenanza industrial-comercial
incorporando os seguintes :
• Garaxe aparcamento en categorías 1ª (superficie libre de parcela) e 4º (estacións de servizo).
• Oficina en todas as categorías.
• Lugares de reunión.
• Usos culturais.
• Hostalería.
• Deportivo en todas as categorías.
• Servizos xerais.
• Tanatorios e servizos funerarios en todas as categorías.
3. CAMBIOS DERIVADOS DA MODIFICACIÓN PUNTUAL
A presente modificación puntual non altera a zonificación do plan parcial, nin as condicións de
edificación. Non se incrementa a edificabilidade nin a ocupación do solo nin se modifican dotacións de
carácter público. O único obxectivo é posibilitar a implantación de novos usos.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
9
Varíanse as normas xerais de uso establecidas polo plan parcial, actualizando a lexislación
vixente ás condicións necesarias para os diferentes usos establecidos. Incorpórase ademais un novo
uso de tanatorio e servizos funerarios, que na actualidade non existe no plan parcial, nin está regulado
no PXOM. O parque empresarial considérase un lugar adecuado para a implantación deste uso, que
ademais non se pode levar a cabo noutras zonas do termo municipal. Na ordenanza industrial–
comercial engádense novos usos permitidos.
Incorpóranse ás normas xerais de uso unha serie de medias ambientais de aplicación ao
establecemento de novas actividades derivadas do Documento Ambiental Estratéxico.
4. TRAMITACIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.
A tramitación da modificación puntual axustarase ao disposto nos artigos 75 e 83.5. da Lei
2/2016, de 10 de febrero, do solo de Galicia. Detállanse a continuación os trámites realizados e os
trámites necesarios para a acadar a súa aprobación definitiva.
TRÁMITES REALIZADOS:
1. AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA
O 19.04.2016 remitiuse dende o Concello á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a
solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada achegando o Borrador do plan
acompañado do Documento Ambiental Estratéxico. Esta documentación tivo entrada na Secretaría
Xeral o 21.04.2016 realizándose o período de exposición pública a través da sede electrónica entre o
28.04.2016 e o 28.06.2016, consultándose simultáneamente aos membros do Consello Galego de
Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
O 11 de xullo de 2016 emitiuse resolución pola que se formula o Informe Ambiental Estratéxico da
modificación puntual coa proposta de NON SOMETER ao procedemento de avaliación ambiental
estratéxica ordinaria, establecéndose dúas determinacións que foron incorporadas no presente
documento:
Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 146 do 3.08.2016.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
10
2. SOLICITUDE DE INFORMES SECTORIAIS PREVIOS Á APROBACIÓN INICIAL.
Por medio dun oficio remitido dende o Concello o 22.04.2016 (RS-2009) solicitouse informe sectorial
en materia de estradas á Demarcación de estradas do Estado en Galicia de acordo co disposto no
artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras.
O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia un novo escrito solicitando
emisión de informe referente a servidumes acústicas, como órgano substantivo da infraestrutura A-6,
atendendo ao disposto no artigo 11 do RD 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei
37/2003, do 17 de novembro, do ruído.
O 02.08.2016 (RE-1294) tivo entrada no Concello un escrito da Subdirección General de Explotación y
Gestión de Red do Ministerio de Fomento no que se informa FAVORABLEMENTE no referente á súa
afección á Rede de Estradas do Estado, coa seguinte prescrición:
TRÁMITES A REALIZAR:
1. O órgano municipal competente procederá á aprobación inicial da modificación puntual e
someteraa a información pública como mínimo durante dous meses, mediante anuncio que
se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Así
mesmo, notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos
afectados.
2. Durante o mesmo tempo no que se realiza o trámite de información pública, a administración
municipal deberá solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais e
consultas que resulten preceptivos. Os informes sectoriais autonómicos haberán de ser
emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con
carácter favorable. Neste caso deberase solicitar informe aos seguintes organismos:
a. Ministerio de Fomento. Demarcación de estradas do Estado en Galicia.
b. Confederación –hidrográfica Galicia- Costa.
c. Delegación de Goberno.
d. Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Telecomunicacións
e. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
f. Augas de Galicia. Xunta de Galicia.
g. Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia.
3. Os servizos xurídicos e técnicos municipais deberán emitir informe respecto da integridade
documental do expediente, das actuacións administrativas realizadas, da calidade técnica da
ordenación proxectada e da conformidade do plan coa lexislación vixente
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
11
4. Cumpridos os trámites precedentes o órgano municipal competente procederá á súa
aprobación definitiva.
5. En cumprimento do disposto nos artigos 82 e 88 da LSG unha vez aprobada definitivamente
a modificación puntual a súa vixencia quedará condicionada á realización dos seguintes
trámites:
a. Publicación do acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo máximo dun
mes dende a súa adopción. Na publicación constarán a referencia ao enderezo
electrónico no que figurará o contido íntegro da modificación puntual á
disposición do público
b. O documento que conteña a normativa e as ordenanzas deberá publicarse no
Boletín Oficial da Provincia.
c. Inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Para elo
remitirase á Consellería Competente en materia de urbanismo, para a súa
inscrición no citado rexistro, un exemplar en soporte dixital debidamente
dilixenciado.
5. INCORPORACIÓN DAS DETERMINACIÓNS DO INFORME AMBIENTAL ESTRATÉXICO E
INFORMES SECTORIAIS Á MODIFICACIÓN PUNTUAL.
5.1. INFORME AMBIENTAL ESTRATÉXICO. AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA.
No Informe Ambiental Estratéxico relativo á MP do Plan Parcial do Parque Empresarial de Coirós
(Pedrapartida- I) emitido pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 11 de xullo de
2016 propóñese non someter a modificación puntual ao procedemento de avaliación ambiental
estratéxica ordinaria, establecéndose dúas determinacións, que son incorporadas ao presente
documento do xeito que a continuación se indica:
1. Deberá incorporarse a zonificación acústica do ámbito.
Incorpórase á modificación puntual un plano no que se reflicte a zonificación acústica (sector do
territorio con predominio do solo de uso industrial) e as zonas de afección da estrada A-6 do Mapa
estratégico de ruído de las carreteras de la red del Estado. Segunda Fase.
Incorpórase ao documento normativo da MP un punto 4.16 MEDIAS ACÚSTICAS, indicando os
obxectivos de calidade acústica e a obriga de que “con carácter previo ao outorgamento de autorización
para novas construcións ou actividades no ámbito do parque empresarial o promotor levará a cabo os estudios
correspondentes de determinación dos niveis sonoros esperables e disporá dos medios de protección acústica
imprescindibles no caso de superar os umbrais recomendados. O estudio acústico tamén terá en conta a
localización relativa dos usos sensibles respecto das actividades máis ruidosas”.
2. Actuacións dirixidas a evitar a propagación de especies invasoras.
No apartado 4.15 de MEDIDAS AMBIENTAIS da normativa establécese á necesidade de que os
proxectos de edificación e/ ou actividade que se realicen no ámbito da ordenanza modificada conterán
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
12
un apartado no que se recolla a vexetación existente e medios de retirada da mesma, con mención
específica á posible existencia de especies invasoras recollidas no Catálogo Español de especies
exóticas invasoras (D.630/2013, do 2 de agosto). E no seu caso as medidas a adoptar.
Ademais do anterior, no apartado 4.4.3. da normativa NORMAS XERAIS DE USO. USO INDUSTRIAL
incorpórase a indicación do informe emitido pola Xefatura Territorial de A Coruña da Consellería de
Economía, Emprego e Industria no trámite de AAE:
As instalacións que estean suxeitas a regulamentos de seguridade industrial
deberán de estar debidamente inscritas ou autorizadas e se someterán ás
correspondentes inspeccións e/ou revisións periódicas que sexan de aplicación.
5.2. INFORME PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL DA DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO.
O informe emitido o 28 de xuño de 2016 pola Subdirección Xeral de Explotación e Xestión de Red ten
carácter favorable, indicando que deberá revisarse a zonificación acústica para respectar as
servidumes acústicas.
Como xa se indicou no punto precedente incorpórase á modificación puntual un plano no que se
reflicte a zonificación acústica (sector do territorio con predominio do solo de uso industrial) e as zonas
de afección da estrada A-6 do Mapa estratégico de ruído de las carreteras de la red del Estado.
Segunda Fase.
Incorpórase ao documento normativo da MP un punto 4.15 Medias acústicas, indicando os obxectivos
de calidade acústica e a obriga de que “con carácter previo ao outorgamento de autorización para novas
construcións ou actividades no ámbito do parque empresarial o promotor levará a cabo os estudios
correspondentes de determinación dos niveis sonoros esperables e disporá dos medios de protección acústica
imprescindibles no caso de superar os umbrais recomendados. O estudio acústico tamén terá en conta a
localización relativa dos usos sensibles respecto das actividades máis ruidosas.”
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
13
B- MEMORIA XUSTIFICATIVA.
1. CONVENIENCIA E OPORTUNIDADE DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. XUSTIFICACIÓN DAS
RAZÓNS DE INTERESE PÚBLICO.
Tal e como se determina no artigo 83º da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia,
calquera modificación do planeamento urbanístico deberá fundamentarse en razóns de interese
público debidamente xustificadas.
Neste caso existen varias razóns de interese público:
a) A actualización da regulación dos usos e a posibilidade de implantar outros non previstos na
actualidade impulsará a implantación de novas empresas neste parque empresarial, e polo
tanto suporá unha maior dinamización deste enclave fundamental na economía local e
comarcal como centro de actividade e de emprego.
b) Ante a inexistencia de solo urbano de carácter residencial e/ou terciario no termo municipal,
o parque empresarial constitúe o único espazo no que poden ter cabida os diferentes usos
necesarios para a poboación do municipio.
c) Trátase dun parque empresarial de iniciativa pública.
2. ADAPTACIÓN AO ENTORNO. EFECTOS PREVISIBLES SOBRE O AMBIENTE.
A modificación puntual altera os usos previstos nun espazo xa totalmente antropizado, non incide
nas condicións de edificación nin de volume polo que non implica posibles efectos adversos sobre o
medio ambiente.
Os usos que se pretenden implantar no parque empresarial son os que se deben situar no solo
urbano, sendo o único lugar adecuado para a súa implantación no concello de Coirós.
A Coruña, setembro de 2016.
Asdo. Os arquitectos:
Alfredo Garrote Pazos Mónica Mesejo Conde Ignacio Lázaro Quintela
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
14
C- ORDENANZAS
NORMAS DO PLAN PARCIAL APROBADO O 1 DE MARZO DE 2003.
- NORMAS XERAIS DE USO DO P. PARCIAL (PUNTO 4- NORMAS XERAIS DE USO)
No apartado 4 da normativa do plan parcial, dispóñense as normas xerais de uso que se
transcriben a continuación, que serán substituídas pola establecidas na presente modificación puntual.
4. NORMAS XERAIS DE USO
4.1. DEFINICIÓN E CLASIFICACIÓN
A efectos das presente ordenanzas, establécense a continuación os usos da edificación e das parcelas que
poidan, en cada caso e de acordo co planeamento, considerarse como anexos a elas.
Clasificación dos usos:
- Vivenda
- Garaxe- aparcamento
- Industrial
- Comercial
- Oficinas
- Lugares de reunión
- Cultural
- Hoteleiro
- Sanitario
- Deportivo
- Servizos xerais
Esta clasificación operativa de usos non posúe carácter exhaustivo e non pode prever a posibilidade de actividade
complexas.
Nos citados casos, así como naqueles en que se dea simultaneidade de usos, aplicarase de forma razoable e
combinada as especificacións relativas a cada clase de uso.
4.2. VIVENDA
4.2.1. Definición.
Defínese así ao edificio ou parte do edificio destinado a residencia familiar.
4.2.2. Clasificación.
Establécese unha categoría única constituída por vivenda integrada en edificio para outros usos, con función
exclusiva de residencia de persoal destinado a gardería e vixilancia das instalacións nas que se empraza.
4.2.3. Condicións mínimas.
a) As condicións de hixiene, seguridade, illamento e cuestións afines serán como mínimo as reguladas polo
Decreto 311/1992, de 12 de novembro, sobre habitabilidade das vivendas da C. O. T. O. P. Ou norma que a
substitúa.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
15
b) As vivendas serán obrigatoriamente exteriores con fronte mínimo de 5 m á rúa ou espazo libre de parcela e
nunca en soto ou semisoto.
4.3. GARAXE- APARCAMENTO (IC/EC)
4.3.1. Definición
Denomínase garaxe- aparcamento a todo lugar destinado á estancia de vehículos de calquera clase.
Considéranse incluídos dentro desta definición os servizos públicos de transporte e os lugares anexos de paso,
espera, venta, reparación ou estancia de vehículos. En cada garaxe- aparcamento garantirase o acceso directo a
cada praza de aparcamento.
4.3.2. Clasificación
Establécense as seguintes categorías:
- Categoría 1ª: Garaxe- aparcamento en superficie libre de parcela
- Categoría 2ª Garaxe- aparcamento anexo a outros usos
- Categoría 3ª: Garaxe- aparcamento en edificio exclusivo
- Categoría 4ª: Estación de servizo
4.3.3. Condicións dos locais.
a) A instalación e uso de aparcamentos e locais para o servizo do automóbil deberán axustarse ás prescricións
das presentes ordenanzas e demais disposicións vixentes.
b) Cando se dispoñan ramplas para acceder ás zonas de aparcamento, no interior dos edificios, axustaranse as
seguintes normas:
- As ramplas rectas non superarán a pendente do 15% e as ramplas en curva do 10% medida pola liña media. O
largo mínimo será de 3 m co sobreancho necesario nas curvas e o seu radio de curvatura, medido tamén no eixo,
será superior a 6 m.
- Poderá permitirse o emprego de aparatos montacoches.
c) Enténdese por praza de aparcamento un espazo mínimo de 2,20 x 4,50 metros. A superficie de aparcamento
mínima por praza, incluíndo a parte proporcional de accesos, non será nunca inferior a 20m². Sinalizaranse no
pavimento os emprazamentos e corredores de acceso aos vehículos, sinalización que figurará nos planos dos
proxectos que se presenten ao solicitar a concesión de licenzas de construción, instalación, funcionamento e
apertura. En garaxes- aparcamento admitirase unha altura libre de 2,30 m en calquera unto.
d) Todos os elementos que constitúan a estrutura da edificación destinada a garaxe- aparcamento haberán se ser
resistentes ao lume tipo de tres horas de duración (RF-180) ou estar protexidos con material illante, tendo en
conta a acción derivada da temperatura que poida acadar dita estrutura a través da súa protección.
e) A ventilación natural ou forzada estará proxectada con suficiente amplitude para impedir a acumulación de
vapores ou gases nocivos, en proporción superior ás cifras que sinala o Reglamento de Actividades Molestas,
Insalubres o Peligrosas. Será obrigatorio, cando exista ventilación forzada, dispoñer dun aparato detector de CO
por cada 500m², situándoo nos puntos máis desfavorablemente ventilados que accionen automaticamente ditas
instalacións.
f) Instalaranse aparatos de extinción de incendios de neve carbónica (5Kg) ou preferentemente po seco (6Kg) de
forma que corresponda uno, como mínimo, por cada 125m² ou fracción.
g) Nos garaxes superiores a 500m² instalarase unha rede interior de auga para incendios, conectada no seu caso
aos hidrantes. Esta rede manterá en todo momento unha presión de 3,5 atmosferas e estará dotada dos
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
16
correspondentes equipos de presurización cando a rede xeral non garanta tal presión. A esta rede engancharase
un punto de auga por cada 500m² de planta con mangueira suficiente para acadar a superficie.
h) Os desaugues disporán, para a súa acometida á rede de saneamento ou á xeral, dun sistema eficaz de
separación de graxas.
i) A estación de servizo disporá de aparcamentos en número suficiente para non entorpecer o tránsito, cun mínimo
de dúas prazas por surtidor. Si se estableceran servizos de lavado e engraxe deberán instalarse coas condicións
sinalas polas disposicións legais vixentes na materia.
4.4. INDUSTRIAS
4.4.1. Definición
Defínese como “uso industrial” o correspondente aos establecementos dedicados ao conxunto de operacións que
se executan para a obtención e transformación de primeiras materias, así como a súa preparación para
posteriores transformacións, incluso o envasado, transporte e distribución.
Inclúese tamén neste uso de industria os “almacéns”, considerando como tales os espazos destinados á garda,
conservación e distribución de produtos naturais, materias primas ou artigos manufacturadas con exclusivo
subministro a maioristas, minoristas, instaladores, fabricantes e distribuidores e en xeral os almacéns sen servizo
directo ao público. Nestes locais poderanse executar operacións secundarias que transformen en parte os
produtos almacenados.
4.4.2. Clasificación.
Establécense os seguintes grupos industriais:
a) Alimentación e tabaco
b) Téxtil e calzado
c) Madeira e cortiza
d) Papel e artes gráficas
e) Plásticos, coiros e cauchos
f) Químicas
g) Construción, vidro e cerámica
h) Metal
i) Auga, gas electricidade, calefacción, limpeza e outros servizos
Establécese ademais dos grupos industriais:
j) Alimentaria
k) Materiais da construción
l) Despezamento de automóbiles
m) Almacéns
Os citados grupos industriais poderán ser das seguintes categorías:
- Categoría 1ª- Industrial en edificio exclusivo
- Categoría 2ª- Industrial anexo a outros usos
- Categoría 3ª- Almacén en edificio exclusivo
- Categoría 4ª- Almacén anexo a outros usos
4.4.3. Condicións.
Cumprirán as que fixe a lexislación vixente sobre as materias e as que se establezan nos puntos seguintes:
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
17
a) As actividades permitidas deberán estar autorizadas polo Reglamento de Actividades Molestas, Nocivas
Insalubres y Peligrosas e cumprirán coas normas da ordenación xeral da seguridade e hixiene no traballo.
b) A superficie que ocupa unha actividade ven fixada pola suma de superficie de todos os locais e espazos
destinados a traballo industrial. Cando no mesmo taller se desenvolvan actividades comprendidas en diversos
epígrafes do Regulamento a superficie total non superará a máis alta das máximas permitidas por aqueles, nin as
parciais excederán ao específico que lle corresponda.
c) Os locais nos que se provean postos de traballo deberán ter, como mínimo, unha superficie por cada un deles
de 2m² e 10m3.
d) Esíxese iluminación e ventilación natural ou artificial. No primeiro dos casos os ocos de luz e ventilación
deberán ter unha superficie total non inferior a 1/8 da que teña na planta do local.
e) Disporán de aseos independentes para os dous sexos, a razón de 1 inodoro (e un urinario no caso de varóns),
un lavabo e unha ducha por cada grupo de 20 obreiros ou fracción.
f) As escaleiras de circulación xeral terán un ancho mínimo de 1m
g) Todos os parámetros interiores, así como os pavimentos serán impermeables e lisos. Os matieriais que
constitúan a edificación deberán ser incombustibles e as estruturas resistentes ao lume e de aracterísticas tales
que non permitan que cheguen ao exterior ruídos nin vibracions cuxos niveis excedan aos determinados nas
ordenanzas.
h) Para o movemento das máquinas, aparatos e para o alumeado unicamente se permite o emprego de enerxía
eléctrica non debendo empregarse a de orixe térmico máis que nos casos de emerxencia.
i) A potencia electromecánica está determinada pola suma dos motores que accionan as máquinas e aparatos e
se expresará en cabalos de vapor (cv) ou denominación equivalente. Non se avaliará como potencia a das
máquinas portátiles con forza superior a 1/3 cv cando o número de estas non exceda de 4, nin as instalacións de
ar acondicionado, aparatos elevadores de calquera tipo, ventilación forzada, transportes interiores, bombas para
elevación de augas, ar comprimido e en zonas industriais a destina á conservación de alimentos ou xéneros.
j) Cando nun mesmo taller se desenvolvan actividades comprendidas en diversos epígrafes do Regulamento, a
potencia total non superará a máis alta das máximas permitidas por aqueles, nin as parciais excederán do
específico que lle corresponda.
k) Os motores e as máquinas, así como toda a instalación, deberán montarse baixo a dirección dun técnico
legalmente competente. Cumprirán os requisitos necesarios para a seguridade do persoal e ademais o que sexa
preciso acústica e termicamente a fin de que non se orixinen molestias.
l) A instalación de caldeiras e recipientes a presión estará suxeita ás disposicións vixentes.
m) Se as augas residuais non reuniran, a xuízo dos Servizos técnicos municipais correspondentes, as debidas
condicións para un vertido ao sumidoiro xeral haberán de ser sometidas a depuración previa por procedementos
adecuados, a fin de que se cumpran as condicións que sinala o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres
e perigosas e demais disposicións vixentes actualmente ou no futuro sobre a materia.
n) Si os resultados que produza calquera actividade polas súas características, non poden ser recollidas polo
servizo de limpeza domiciliaria, deberán ser trasladados directamente a vertedoiro por conta do titular da
actividade.
A evacuación de po, gases, vapores e fumes, produto de combustión ou actividades realizarase a través da
adecuada cheminea cuxa desembocadura excederá de 5 m a altura do edificio máis alto, propio ou lindeiros nun
radio de 30 m e especificamente para os correspondentes a xeradores de calor cuxa potencia sexa superior a
50.000 Kcal.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
18
o) Para a prevención e extinción de incendios disporá das saídas de emerxencia e accesos especiais para
salvamento, así como dos aparatos, instalacións e útiles que en cada caso e de acordo coa natureza e
características da actividade determinen os servizos técnicos municipais en función da normativa de aplicación.
4.5. COMERCIAL IC/EC
4.5.1. Definición
Uso que corresponde aos locais se servizo ao público destinados á compra venta ou permutade mercadorías ou
adxuntas a industrias.
4.5.2. Clasificación
De acordo coa clasificación nacional de actividades económicas, establécense as seguintes agrupacións:
a) Alimentación
b) Vestido, calzado e tocado
c) Mobiliario, artigos de viaxe e guarnicionería
d) Droguería, perfumería, limpeza, produtos químicos e farmacéuticos e combustibles.
e) Maquinaria, produtos metálicos e material de saneamento
f) Papel e artes gráficas, material de oficina, loterías.
g) Aparatos e instrumentos sanitarios, científicos, música.
h) Varios (obxectos de regalo,...)
Tamén se considera uso comercial a actividade mixta con industria cualificada como non perigosa, incómoda ou
insalubre, na que predomine a parte comercial, coas limitacións do comercio ou da industria que fixan na
ordenanza correspondente.
Os citados grupos comerciais poderán ser das seguinte categorías:
- Categoría 1ª. Comercial en edificio exclusivo
- Categoría 2ª. Comercial con outros usos, nos que predomine o uso comercial.
4.5.3. Condicións
a) A zona destinada ao público no local terá unha superficie mínima de 6m²
A altura dos locais comerciais será como mínimo de 3m
As escaleiras de servizo ao público nos locais comerciais terán un ancho mínimo de 1,2m
b) OS locais comerciais disporán dos seguintes servizos sanitarios:
- Ata 50 persoas ou 100m²: 1 inodoro e 1 lavabo
- Por cada 100 persoas ou 200m² máis ou fracción: Aumentarase 1 lavabo e 1 inodoro.
- A partir de 50 persoas ou 100m² instalaranse con enteira independencia para señoras e cabaleiros. En calquera
caso estes servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e por conseguinte deberán
instalarse cun vestíbulo ou zona de illamento.
c) A luz e ventilación dos locais comerciais poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso os ocos de luz e
ventilación deberán ter unha superficie non inferior a 1/8 da que teña a planta do local. Exceptúanse os locais
destinados exclusivamente a almacéns, rochos ou corredores. Disporán das saídas de urxencia,a accesos
especiais para extinción de incendios, aparatos, instalacións e útiles que, an cada caso e de acordo coa natureza
da actividade, se estimen necesarias polo Concello en cumprimento da lexislación vixente.
d) As estruturas da edificación serán resistentes a un lume tipo de 3 horas de duración e os materiais deberán ser
incombustibles e de características tales que non permitan que cheguen ao exterior ruídos ou vibracións que
excedan das limitacións das presentes normas.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
19
4.6. OFICINAS
4.6.1. Definición
Inclúense neste uso os edificios nos que predominen as actividades administrativas ou burocráticas de carácter
público ou privado, os de banca, os que con carácter análogo pertences a empresas privadas e os que se
destinen a aloxar despachos profesionais.
4.6.2. Clasificación.
Establécense as seguintes categorías:
- Categoría 1ª: En edificio exclusivo
- Categoría 2ª: En edificio con outros usos.
4.6.3. Condicións dos locais
Ademais das establecidas na lexislación vixente, en canto lles fosen de aplicación, cumprirán as seguintes
condicións:
a) Os locais de oficinas de ata 20 persoas ou 100m² terán 1 inodoro e 1 lavabo. Por cada 50 persoas ou 200m²
máis ou fracción aumentará 1 inodoro e 1 lavabo. A partir de 20 persoas ou 100 m² serán independentes para
donas e cabaleiros. Estes servizos non comunicarán directamente cos locais dispoñendo dun vestíbulo de
illamento.
b) A luz e ventilación dos locais da oficina poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso os ocos de luz e
ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a 1/8 da que teña a planta do local.
Disporán das saídas de urxencia, acesos especiais para extinción de incendios, aparatos, instalacións e útiles
que, en cada caso e de acordo coa natureza e características da actividade se estimen necesarias polo Concello,
en cumprimento da lexislación vixente.
c) As estruturas da edificación serán resistentes a un lume tipo de 3 horas de duración e os materiais deberán ser
incombustibles e de características tales que non se permitan que cheguen ao exterior ruídos e vibracións que
excedan das limitacións das presentes Normas.
d) Nas oficinas en planta baixa e planta primeira, cando as escaleiras haxan de ser utilizadas polo público, terán
un ancho mínimo de 1,2m.
4.7. LUGARES DE REUNIÓN ES
4.7.1. Definición
Comprende este uso os locais destinados ao público para o desenvolvemento da vida de relación e actividades
recreativas
4.7.2. Clasificación
Establécese para este uso unha categoría única
4.7.3. Condicións.
a) Ademais das seguintes os locais cumprirán as establecidas para uso comercial.
b) Suxeitaranse ás disposicións vixentes. Como mínimo existirán con absoluta independencia aseos para donas e
cabaleiros e, en calquera caso, estes servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e por
conseguinte deberán dispor dun vestíbulo ou zona de illamento.
c) As escaleiras que vaian ser utilizadas polo público terán un ancho mínimo de 1,2m.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
20
4.8. CULTURAIS
4.8.1. Definición.
Corresponde aos edificios ou locais que se destinen principalmente ó ensino ou investigación en tódolos seus
graos ou especialidades.
4.8.2. Clasificación.
Establécese para este uso unha categoría única
4.8.3. Condicións.
Axustarase as disposicións vixentes.
4.9. HOSTALERÍA EC/ES
4.9.1. Definición
Corresponde aos edificios que se destinan a aloxamento temporal para transeúntes, como hoteis, apartahoteis,
restaurantes, cafeterías,...
4.9.2. Clasificación
Establécese para este caso unha categoría única
4.9.3. Condicións
Axustarase ás disposicións vixentes.
4.10 SANITARIO ES/EC
4.10.1 Definición.
Corresponde aos edificios destinados a tratamento de enfermos
4.10.2. Clasificación.
Establécese unha sola categoría:
- En edificio con outros usos (sen hospitalización)
4.10.3. Condicións dos locais
Cumprirán as condicións que fixen as disposicións vixentes.
4.11. DEPORTIVO
4.11.1. Definición.
Son lugares ou edificios acondicionados para a práctica e ensino dos exercicios de cultura física e deporte.
4.11.2. Clasificación
Establécense as seguintes categorías:
- categoría 1ª. Locais pechados
- categoría 2ª. Lugares ao ar libre
4.11.3. Condicións dos locais.
Cumprirán as condicións que fixan as disposicións vixentes
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
21
4.12 SERVIZOS XERAIS
4.12.1. Definición.
Son os edificios, instalacións e parcelas destinados a servizos xerais de auga, electricidade, sumidoiros e
depuración de augas residuais e outros usos de similar interese xeral.
4.12.2. Clasificación.
Non cabe unha subdivisión a priori
4.12.3. Condicións.
Os servizos de auga, electricidade, sumidoiros e depuración de augas residuais poderán instalarse de acordo
coas determinacións dos correspondentes proxectos de urbanización.
4.13. VIAIS, APARCAMENTOS E BEIRARRÚAS.
4.13.1. Definición.
Son as superficies para o movemento e aparcamento de vehículos e e persoas.
4.13.2. Clasificación.
Solo existe unha clase
4.13.3. Condicións
Serán adecuadas aos usos destinados e cumprirán a normativa vixente.
- CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª INDUSTRIAL COMERCIAL DO P. PARCIAL
(APARTADO 3.1.5 DAS NORMAS PARTICULARES DE ZONA)
3.1. ORDENANZA DE ZONA IC
...
3.1.5. Condicións de uso
Neste apartado defínense as condicións de uso, en concordancia coas Normas Xerais de Uso do
apartado 4 da presente Normativa.
A) Usos permitidos.
- Vivenda:
Permitirase unicamente en parcelas de superficie maior de 2.000m², cando o uso xera exclusivamente para
o servizo de vixilancia e garda das instalacións industrias e comerciais.
Nese caso, permitirase unha vivenda por instalación, que se situará no bloque representativo, cunha
superficie construída non superior a 150m².
- Garaxe- Aparcamento
- Categoría 2ª: Anexo ao outros usos
- Categoría 3ª: en edificio exclusivo
- Industrial
En todas as categorías
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
22
- Comercial:
En todas as categorías
- Oficinas:
Vinculadas á actividade principal
- Sanitario:
Ao servizo da actividade principal.
B) Usos prohibidos.
Todos os non incluídos na relación de permitidos.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
23
NORMATIVA MODIFICADA.
MP- NORMAS XERAIS DE USO DO PLAN PARCIAL MODIFICADO (PUNTO 4- NORMAS XERAIS
DE USO)
4. NORMAS XERAIS DE USO.
4.1. DEFINICIÓN E CLASIFICACIÓN.
A efectos das presente ordenanzas, establécense as continuación os usos da edificación e das
parcelas que poidan, en cada caso e de acordo co planeamento, considerarse como anexos a elas.
Clasificación dos usos:
- Vivenda
- Garaxe- aparcamento
- Industrial
- Comercial
- Oficinas
- Lugares de reunión
- Cultural
- Hostaleiro
- Sanitario
- Deportivo
- Servizos xerais
- Tanatorios e servizos funerarios.
Esta clasificación operativa de usos non posúe carácter exhaustivo e non pode prever a posibilidade
de actividade complexas.
Nos citados casos, así como naqueles en que se dea simultaneidade de usos, aplicarase de forma
razoable e combinada as especificacións relativas a cada clase de uso.
4.2. VIVENDA
4.2.1. Definición
Defínese así ao edificio ou parte do edificio destinado a residencia familiar
4.2.2. Clasificación
Establécese unha categoría única constituída por vivenda integrada en edificio para outros usos, con
función exclusiva de residencia de persoal destinado a gardería e vixilancia das instalacións nas que
se empraza.
4.2.3. Condicións mínimas
a) As vivendas cumprirán as condicións de habitabilidade establecidas polo Decreto 29/2010, de 4 de
marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia, ou norma que o
substitúa.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
24
b) Así mesmo cumprirán as condicións establecidas nos documentos básicos do Código Técnico da
Edificación, ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.
c) As vivendas non poderán situarse en planta soto ou semisoto.
4.3. GARAXE- APARCAMENTO
4.3.1. Definición
Denomínase garaxe- aparcamento a todo lugar destinado á estancia de vehículos de calquera clase
(automóbiles, camións, maquinaria agrícola,...) con superficie suficiente para aloxar máis de 5
vehículos. Considéranse incluídos dentro desta definición os servizos públicos de transporte e os
lugares anexos de paso, espera, venta, aluguer, talleres de mantemento ou estancia de vehículos.
Considéranse talleres de mantemento, entretemento e limpeza do automóbil os locais destinados ao
servizo de conservación, lavado e engraxe.
En cada garaxe- aparcamento garantirase o acceso directo a cada praza de aparcamento.
4.3.2. Clasificación.
Establécense as seguintes categorías:
- Categoría 1ª: Garaxe- aparcamento en superficie libre de parcela
- Categoría 2ª Garaxe- aparcamento anexo a outros usos
- Categoría 3ª: Garaxe- aparcamento en edificio exclusivo
- Categoría 4ª: Estación de servizo. (gasolineiras, surtidores, punto carga vehículos eléctricos,...)
4.3.3. Condicións dos locais.
a) A instalación e uso de aparcamentos e locais para o servizo do automóbil deberán axustarse ás
prescricións das presentes ordenanzas e demais disposicións vixentes.
b) Non poderá ocuparse a zona correspondente aos recuados obrigatorios da aliñación da vía pública.
b) Cando se dispoñan ramplas para acceder ás zonas de aparcamento, no interior dos edificios,
axustaranse as seguintes normas:
- As ramplas rectas non excederán a pendente do 15% e as ramplas en curva do 10% medida pola
liña media. O largo mínimo será de 3 m co sobreancho necesario nas curvas e o seu radio de
curvatura, medido tamén no eixo, será superior a 6m.
- Poderá permitirse o emprego de aparatos montacoches.
c) Enténdese por praza de aparcamento un espazo mínimo de 2,20 x 4,50 metros. A superficie de
aparcamento mínima por praza, incluíndo a parte proporcional de accesos, non será nunca inferior a
20m². Sinalizaranse no pavimento os emprazamentos e corredores de acceso aos vehículos,
sinalización que figurará nos planos dos proxectos que se presenten ao solicitar a concesión de
licenzas de construción, instalación, funcionamento e apertura.
d) As condicións de protección contra incendios dos locais destinados a este uso rexeranse polo
contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.
Nos garaxes de superficie superior a 500m² instalarase unha rede interior de auga para incendios,
conectada no seu caso aos hidrantes. Esta rede manterá en todo momento unha presión de 3,5
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
25
atmosferas e estará dotada dos correspondentes equipos de presurización cando a rede xeral non
garanta tal presión. A esta rede engancharase un punto de auga por cada 500m² de planta con
mangueira suficiente para acadar a superficie.
Para o cálculo da ventilación natural e /ou forzada será necesario ter en conta o establecido na folla de
interpretación n 12 do REBT, ou norma que a substitúa.
Será obrigatorio, cando exista ventilación forzada, dispoñer dun aparato detector de CO por cada
500m², situándoo nos puntos máis desfavorablemente ventilados que accionen automaticamente ditas
instalacións.
f) As condicións de seguridade rexeranse polo contemplado no DB-SU do CTE, ou norma de igual ou
superior rango que a substitúa.
g) En todo caso adoptaranse as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen la
lexislación correspondente.
h) A instalación eléctrica realizarase de acordo co establecido no REBT para este uso, aplicándose os
criterios de deseño e execución de instalacións de baixa tensión recollidas na normativa aplicable. As
canalizacións realizaranse con tubo de PVC ríxido, agás as do cadro xeral de mando e protección, as
do motor de extracción (que será 400º C/2h) que se realizarán en tubo de aceiro roscado. Así mesmo
os condutores que discorran polas canalizacións de aceiro serán 90º C/2h. Dotarase á instalación dun
sistema tal que no momento da detección dun incendio só funcionará o motor de extracción, deixando
de funcionar o motor de impulsión. Os motores de 0,75 Kw deberán protexerse mediante protección
garda-motor.
h) Os desaugues disporán, para a súa acometida á rede de saneamento ou á xeral, dun sistema
eficaz de separación de graxas.
i) A estación de servizo disporá de aparcamentos en número suficiente para non entorpecer o tránsito,
cun mínimo de dúas prazas por surtidor. Si se estableceran servizos de lavado e engraxe deberán
instalarse coas condicións sinalas polas disposicións legais vixentes na materia.
4.4. INDUSTRIAS
4.4.1. Definición
Defínese como “uso industrial” o correspondente aos establecementos dedicados ao conxunto de
operacións que se executan para a obtención e transformación de primeiras materias, así como a súa
preparación para posteriores transformacións, incluso o envasado, transporte e distribución.
Inclúese tamén neste uso de industria os “almacéns”, considerando como tales os espazos destinados
á garda, conservación e distribución de produtos naturais, materias primas ou artigos manufacturadas
con exclusivo subministro a maioristas, minoristas, instaladores, fabricantes e distribuidores e en xeral
os almacéns sen servizo directo ao público. Nestes locais poderanse executar operacións secundarias
que transformen en parte os produtos almacenados.
Inclúense tamén os talleres de reparación e chapistería do automóbil excluíndo os de mantemento,
entretemento e limpeza que se consideran dentro do uso garaxe- aparcadoiro.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
26
4.4.2. Clasificación.
As industrias pódense dividir nas seguintes categorías en función da súa situación nos edificios.
- Categoría 1ª- Industrial en edificio exclusivo
- Categoría 2ª- Industrial anexo a outros usos
- Categoría 3ª- Almacén en edificio exclusivo
- Categoría 4ª- Almacén anexo a outros usos
4.4.3. Condicións.
Cumprirán as que fixe a lexislación vixente sobre as materias e as que se establecen nos puntos
seguintes:
a) A avaliación ambiental de proxectos rexerase polo disposto na Ley 21/2013, de 9 de diciembre, de
evaluación ambiental ou norma que a substitúa.
b) Todas as instalacións industriais deberán cumprir coas disposicións xerais en materia de protección
ambiental, normativa técnico- sanitaria, seguridade e saúde, accesibilidade, seguridade contra
incendios, uso, xestión de residuos, protección contra o ruído, etc.
A dotación de aseos, superficie e volume mínimo, iluminación, ventilación,... será a que se fixe na
lexislación de seguridade e hixiene no traballo.
c) Os elementos estruturais construtivos e materiais deberán cumprir coa normativa básica vixente en
cada momento.
d) A efectos da recollida e eliminación de residuos será de aplicación a regulamentación de residuos
industriais e perigosos vixente.
e) Para a prevención e protección contra incendios aplicarase a regulamentación vixente para
establecementos de uso industrial, regulada no R.D. 2267/2004, de 3 de decembro polo que se
aproba o Regulamento de Seguridade contra incendios nos establecementos industriais,así como o
DB-SI do CTE no seu caso.
f) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SU do CTE, ou norma de
igual ou superior rango que o substitúa.
g) Os establecementos industriais que empreguen a máis de 50 traballadores se lles aplicará as
disposicións sobre barreiras arquitectónicas dos edificios de uso público que se contemplan na
lexislación correspondente
h) A potencia electromecánica está determinada pola suma das potencias nominais dos receptores
afectos á produción/actividade (no caso de que as potencias nominais dos receptores se estableza en
CV, se multiplicarán por 736 e dividirase polo coseno do receptor). Non computará a potencia de
iluminación, instalacións de ar acondicionado, ventilación e similar.
i) Si as augas residuais non reuniran as condicións esixidas no regulamento do servizo municipal de
abastecemento de auga e saneamento (publicado no BOP nº 43 21-02-2008), para un vertido ao
sumidoiro xeral haberán de ser sometidas a depuración previa por procedementos adecuados.
j). Zonas de carga e descarga. Cando se superen os 1000 m² construídos, deberase dispor no interior
da parcela ou inmoble, fora do recuado obrigatorio, unha zona expresamente habilitada para
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
27
operacións de carga e descarga dos vehículos de subministración e reparto de mercadorías, a razón
dunha praza por cada 1000 m² construídos ou fracción.
k). As instalacións que estean suxeitas a regulamentos de seguridade industrial deberán de estar
debidamente inscritas ou autorizadas e se someterán ás correspondentes inspeccións e/ou revisións
periódicas que sexan de aplicación.
4.5. COMERCIAL
4.5.1. Definición
Uso que corresponde aos locais se servizo ao público destinados á compra venta ou permuta de
mercadorías ou adxuntas a industrias.
4.5.2. Clasificación
Considerase uso comercial a actividade mixta con industria na que predomine a parte comercial, coas
limitacións do comercio ou da industria que fixan na ordenanza correspondente.
Os citados grupos comerciais poderán ser das seguinte categorías:
- Categoría 1ª. Comercial en edificio exclusivo
- Categoría 2ª. Comercial con outros usos, nos que predomine o uso comercial.
4.5.3. Condicións
a) A zona destinada ao público no local terá unha superficie mínima de 6 m²
A altura dos locais comerciais será a que estableza a lexislación de seguridade e hixiene no traballo e
será nas zonas de público como mínimo de 3 m.
As escaleiras de servizo ao público deberán cumprir o disposto no CTE.
b) Os servizos sanitarios serán os que se determinen pola lexislación de seguridade e hixiene no
traballo. Nos establecementos comerciais de carácter colectivo poderanse agrupar os servizos
sanitarios.
c) As condicións de iluminación e ventilación serán as que se determinen pola lexislación de
seguridade e hixiene no traballo e outras disposicións sectoriais de aplicación.
d) Os locais comerciais adoptarán as medidas contra incendios contidas no DB-SI do CTE.
e) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE ou norma de
igual ou superior rango que o substitúa.
f) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación
correspondente
g) Serán de aplicación as determinacións relativas á ordenación comercial que se establecen na Lei
13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
h) Dotación de aparcamentos. Os establecementos comerciais de carácter colectivo disporán dunha
praza de aparcamento por cada 100 m² construídos, no mesmo inmoble ou noutro situado a menos de
300 metros do establecemento.
i). Zonas de carga e descarga. Cando se superen os 1000 m² construídos, deberase dispor no interior
da parcela ou inmoble, fora do recuado obrigatorio, unha zona expresamente habilitada para
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
28
operacións de carga e descarga dos vehículos de subministración e reparto de mercadorías, a razón
dunha praza por cada 1000 m² construídos ou fracción.
4.6. OFICINAS
4.6.1. Definición
Inclúense neste uso os edificios nos que predominen as actividades administrativas ou burocráticas de
carácter público ou privado, prestación de servizos persoais, os de banca, os que con carácter
análogo pertences a empresas privadas e os que se destinen a aloxar despachos profesionais.
4.6.2. Clasificación.
Establécense as seguintes categorías:
- Categoría 1ª: En edificio exclusivo
- Categoría 2ª: En edificio con outros usos.
4.6.3. Condicións.
Ademais das establecidas na lexislación vixente, en canto lles fosen de aplicación, cumprirán as
seguintes condicións:
a) A altura dos locais de oficina será a que se fixe na ordenanza específica de cada zona, así como as
disposicións de seguridade e hixiene no traballo, cun mínimo de 2,5 metros.
b) As condicións de iluminación e ventilación e a dotación e características dos servizos sanitarios
serán os que se determinen pola lexislación de seguridade e hixiene no traballo.
E como mínimo:
a) Os locais de oficinas de ata 20 persoas ou 100m² terán 1 inodoro e 1 lavabo. Por cada 50
persoas ou 200m² máis ou fracción aumentará 1 inodoro e 1 lavabo. A partir de 20 persoas ou
100m²serán independentes para señoras e cabaleiros. Estes servizos non comunicarán
directamente cos locais dispoñendo dun vestíbulo de illamento.
b) A luz e ventilación dos locais da oficina poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso os
ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a 1/8 da que teña a planta
do local.
c) Adoptaranse tódalas medidas contempladas no DB-SI do CTE ou calquera outra disposición de
rango igual ou superior que a substitúa.
d) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo DB-SUA do CTE, ou norma de igual ou
superior rango que o substitúa.
e) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se determinan na
lexislación correspondente
f) Os edificios de uso exclusivo para oficinas (categoría primeira), disporán dunha praza de
aparcamento por cada 100 m² construídos.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
29
4.7. LUGARES DE REUNIÓN
4.7.1. Definición
Comprende este uso os locais destinados ao público para o desenvolvemento da vida de relación e
actividades recreativas.
4.7.2. Clasificación
Considérase a clasificación contida no catálogo anexo ao decreto D 292/2004 do 18 de novembro ,
modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño, ou norma que a substitúa.
En cada ordenanza especificaranse os usos permitidos segundo o Catálogo de espectáculos públicos
e actividades recreativas ou norma que a substitúa..
4.7.3. Condicións.
a). Aplicaranse os preceptos do Decreto 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo Decreto
160/2005 do 2 de xuño, así como o disposto no Capítulo III do Título III da Lei 9/2013, ou normativa
que as substitúa.
b) As condicións de protección contra incendios dos edificios destinados a este uso, rexeranse polo
contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.
c) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de
igual ou superior rango que o substitúa. As escaleiras que vaian ser utilizadas polo público terán un
ancho mínimo de 1,2m.
d) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación
correspondente.
e) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de
noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento
da Ley 37/2003, ou norma que os substitúa.
f) Os edificios e instalacións destinadas a espectáculos públicos e actividades recreativas de uso
exclusivo e carácter permanente, disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m² construídos.
g) Existirán con absoluta independencia aseos para señoras e cabaleiros e, en calquera caso, estes
servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e por conseguinte deberán dispor
dun vestíbulo ou zona de illamento.
4.8. CULTURAL.
4.8.1. Definición.
Corresponde aos edificios ou locais que se destinen principalmente ó ensino ou investigación así
como difusión da cultura en tódolos seus graos ou especialidades.
4.8.2. Clasificación.
Considérase a clasificación contida no catálogo anexo ao decreto D 292/2004 do 18 de novembro ,
modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño, ou norma que a substitúa.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
30
En cada ordenanza especificaranse os usos permitidos segundo o Catálogo de espectáculos públicos
e actividades recreativas ou norma que a substitúa..
4.8.3. Condicións.
a). Aplicaranse os preceptos do Decreto 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo Decreto
160/2005 do 2 de xuño, así como o disposto no Capítulo III do Título III da Lei 9/2013, ou norma que
os substitúa.
b) As condicións de protección contra incendios dos edificios destinados a este uso, rexeranse polo
contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.
c) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de
igual ou superior rango que o substitúa.
d) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación
correspondente.
e) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de
noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento
da Ley 37/2003, ou norma que os substitúa.
f) Os edificios e instalacións destinadas a espectáculos públicos e actividades recreativas de uso
exclusivo e carácter permanente, disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m² construídos.
4.9. HOSTALEIRO.
4.9.1. Definición
Corresponde aos edificios que se destinan a aloxamento temporal para transeúntes, como hoteis,
apartahoteis, restaurantes, cafeterías,...
4.9.2. Clasificación
Considérase a clasificación contida no catálogo anexo ao decreto D 292/2004 do 18 de novembro ,
modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño, ou norma que a substitúa.
En cada ordenanza especificaranse os usos permitidos segundo o Catálogo de espectáculos públicos
e actividades recreativas ou norma que a substitúa.
4.9.3. Condicións
a). Aplicaranse os preceptos do Decreto 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo Decreto
160/2005 do 2 de xuño, así como o disposto no Capítulo III do Título III da Lei 9/2013, ou norma que
os substitúa.
b) As condicións de protección contra incendios dos edificios destinados a este uso, rexeranse polo
contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.
c) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de
igual ou superior rango que o substitúa.
d) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación
correspondente.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
31
e) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de
noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento
da Ley 37/2003, ou norma que as substitúa.
f) Os edificios e instalacións destinadas a espectáculos públicos e actividades recreativas de uso
exclusivo e carácter permanente, disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m² construídos.
4.10 SANITARIO
4.10.1 Definición.
Corresponde aos edificios destinados á prestación de asistencia sanitaria en réxime interno ou externo
e público ou privado.
4.10.2. Clasificación.
Establécese unha sola categoría:
- En edificio con outros usos (sen hospitalización)
4.10.3. Condicións dos locais
a) Cumprirán as condicións que fixan as disposicións sectoriais vixentes.
b) As condicións de protección contra incendios dos locais destinados a este uso, rexeranse polo
contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.
c) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de
igual ou superior rango que o substitúa
d) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación
correspondente.
e) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de
noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento
da Ley 37/2003, ou norma que as substitúa.
4.11. DEPORTIVO
4.11.1. Definición.
Son lugares ou edificios acondicionados para a práctica e ensino dos exercicios de cultura física e
deporte.
4.11.2. Clasificación
Establécense as seguintes categorías:
- categoría 1ª. Locais pechados
- categoría 2ª. Lugares ao ar libre
4.11.3. Condicións dos locais.
a) No caso de uso deportivo concibido como actividade recreativa (clase 2.3. do Decreto 292/2004 da
Consellería de Xustiza, Interior e Administración local corrixido polo D. 160/2005) e polo tanto refírese
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
32
a realización de probas, competicións e a práctica de calquera deporte con asistencia de espectadores
aplicaranse os preceptos que constan no Decreto 292/2004 do 18 de novembro da Consellería de
Xustiza, Interior e Administración Local corrixido có D. 160/2005 e disporán dunha praza de
aparcamento por cada 100 m² construídos.
b) Cumpriranse as disposicións sectoriais vixentes.
c) As condicións de protección contra incendios dos edificios destinados a este uso, rexeranse polo
contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.
d) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de
igual ou superior rango que o substitúa
e) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación
correspondente.
f) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de
noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento
da Ley 37/2003, ou norma que as substitúa.
4.12 SERVIZOS XERAIS
4.12.1. Definición.
Son os edificios, instalacións e parcelas destinados a servizos xerais de auga, electricidade,
sumidoiros e depuración de augas residuais e outros usos de similar interese xeral.
4.12.2. Clasificación.
Non cabe unha subdivisión a priori.
4.12.3. Condicións.
Os servizos de auga, electricidade, sumidoiros e depuración de augas residuais poderán instalarse de
acordo coas determinacións dos correspondentes proxectos de urbanización.
No caso da implantación en parcela ou edificio destinado a outros usos (centros de transformación,
depósitos de auga, fosas...), computarán ocupación e non se poden situar nas áreas de recuado
obrigatorio.
4.13. VIAIS, APARCAMENTOS E BEIRARRÚAS.
4.13.1. Definición.
Son as superficies para o movemento e aparcamento de vehículos e e persoas.
4.13.2. Clasificación.
Solo existe unha clase
4.13.3. Condicións
Serán adecuadas aos usos destinados e cumprirán a normativa vixente.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
33
4.14. TANATORIOS E SERVIZOS FUNERARIOS
4.14.1. Definición.
Correspóndese cos edificios e locais destinados á actividade principal relacionada co velorio,
tratamento, conservación, estudo e depósito temporal de cadáveres e restos humanos.
a) Recollida e traslado de cadáveres e restos.
b) Enferetrado, acondicionamento sanitario e estético de cadáveres, amortallado e vestido.
c) Subministración de féretros, ataúdes, arcas e furnas, hábitos ou mortallas, flores e coroas, e
calquera outro elemento propio do servizo funerario.
d) Servizo de coches fúnebres e organización do acto social do velorio e do enterro.
e) Servizo de preparación de túmulos, cámaras mortuorias, enloitamentos e ornatos fúnebres en
domicilios privados.
f) Trámites e dilixencias para verificacións médicas, particulares e oficiais, dos cadáveres e para
rexistros e autorizacións pertinentes para sepulturas, traslados ou calquera outra documentación
relativa ao falecemento, inhumación ou cremación.
g) Outros actos e dilixencias de prestación directa ou por axencia, que sexan propios do servizo
funerario, ben sexa por costume ou tradición cidadán, ben sexa por novas esixencias normativas
ou evolución dos hábitos sociais ou relixiosos.
USOS COMPLEMENTARIOS
Autorízanse como usos complementarios, limitados ao uso conxunto e non independente do uso
principal, os seguintes:
- Comercial e hostalería (cafetería, restaurante, venda de flores, etc.)
- Oficinas.
- Salas de reunión incluíndo a posibilidade dunha estancia, para pequena capela, para oficios
relixiosos.
- Dependencias para descanso dos usuarios, sen superar a superficie destinada a fogares
funerarios.
- Vivenda vinculada á propiedade ou emprego de persoal, en distinto andar do uso principal e
sen superar o número de fogares funerarios.
- Os usos non autorizados considéranse expresamente prohibidos.
4.14.2. Clasificación.
- Categoría 1ª: Velorio.- Establecemento para a exposición de cadáveres que contan coa
oportuna autorización sanitaria e demais requisitos regulamentarios. Poderán situarse en
edificios de uso exclusivo funerario ou en edificios de uso sanitario e asistencial exclusivo.
- Categoría 2ª: Tanatorio.- Establecemento funerario habilitado como lugar de etapa do cadáver
entre o lugar de falecemento e o destino final, debidamente acondicionados para a realización
de prácticas de tanatopraxia, tanatoplástia e tanatoestética e para exposición de cadáveres.
Poderán situarse en edificios de uso exclusivo funerario ou en edificios de uso sanitario e
asistencial exclusivo.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
34
- Categoría 3ª: Crematorio.- Establecemento para a incineración de cadáveres, restos humanos
ou restos cadavéricos que conta cós requisitos regulamentarios. Deberanse situar en conxunto
con locais ou edificios da categoría 2ª (tanatorios) ou de uso sanitario e asistencial exclusivo.
- Categoría 4ª: Depósito de cadáveres.- Establecemento destinado o mantemento e
conservación de cadáveres e restos humanos, para o seu posterior estudio, análise, ou
destrución. Deberanse situar en conxunto cos locais ou edificios indicados nas categorías
anteriores 2ª ou 3ª ou de uso sanitario e asistencial exclusivo.
4.14.3. Condicións
a) Os edificios destinados ao uso de tanatorio e servizos funerarios terán acceso directo á vía pública
e circulacións independentes das de tránsito, tratamento e exposición dos cadáveres.
b) Os usos complementarios que se permiten deberán contar con espazos debidamente
compartimentados e separados dos fogares funerarios e das dependencias onde se practiquen a
preparación dos cadáveres e os actos propios do servizo funerario.
c) Todas as categorías incluídas no uso de tanatorio e servizos funerarios deberán axustarse ao
disposto no Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia.
d) Na parcela nas que se implante este uso, deberá contar coas seguintes dotacións de aparcamento:
- 1 praza de aparcamento por cada 100 m² de superficie construída.
- 3 prazas de aparcamento por cada sala de velorio ou exposición de cadáveres, que se sumarán ás
anteriores.
As prazas de aparcadoiro poderán situarse no espazo libre de parcela, na edificación sobre rasante ou
baixo rasante. Aos efectos deste cómputo, exclúense as prazas necesarias para os vehículos
fúnebres ou de servizo da actividade.
e) O acceso ó tanatorio será independente doutros usos complementarios, sen prexuízo da súa
comunicación interior. A saída dos cadáveres tamén será independente da entrada das persoas.
f) As condicións de protección contra incendios dos edificios destinados a este uso rexeranse polo
previsto no CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.
g) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de
igual ou superior rango que o substitúa
h) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación
correspondente.
i) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de
noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento
da Ley 37/2003, ou norma que as substitúa.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
35
4.15. MEDIDAS AMBIENTAIS
Co fin de previr e corrixir os efectos sobre o medio ambiente que se poidan derivar do establecemento de novas
actividades no ámbito de actuación prevense as seguintes medidas:
• Recolleita e tratamento de residuos existentes na parcela. En función das características dos residuos
recolleitos durante a fase de acondicionamento da parcela ou das instalacións serán depositados nos
contedores de residuos sólidos urbanos ou ben conducidos a un punto limpo. No caso de existir residuos
perigosos serán entregados a un xestor autorizado. Para a selección do xestor de residuos terase en conta
a xerarquía de residuos establecida na Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e chans contaminados,
dando preferencia ao reciclado e valorización.
• Procederase ao corte da vexetación existente nas parcelas por medios mecánicos e/ou manuais, previa
comprobación da inexistencia de exemplares vexetais de interese que deberán ser marcados e
conservados prestando especial atención á retirada de especies vexetais invasoras (D 630/2013) a fin de
tomalas medidas necesarias.
• Revisión e acondicionamento das acometidas dos distintos servizos básicos de abastecemento de auga,
sumidoiros, enerxía eléctrica,... procedéndose á reparación dos elementos danados o realizar as
acometidas co fin de contribuír á preservación das instalacións e infraestruturas do parque empresarial.
• Para as instalacións de calefacción e/ou climatización e produción de ACS das actividades que se
implanten en caso de ser necesarias a selección do tipo de sistema realizarase tendo en conta criterios de
sustentabilidade, ademais de criterios técnicos e económicos, co fin de reducir na medida do posible a
emisión de contaminantes á atmosfera e o consumo de enerxía.
Para o seguimento ambiental da modificación puntual do plan parcial tomaranse as seguintes medidas:
• Nos proxectos de edificación e/ou de actividade que se realicen no ámbito da ordenanza IC incluirase un
apartado denominado “medidas preventivas e correctoras dos efectos sobre o medio ambiente” no que se
especificarán as medidas a executar descritas no punto precedente:
o Relación dos residuos existentes na parcela e o seu destino.
o Comprobación do estado das acometidas aos distintos servizos básicos (abastecemento
saneamento, rede de enerxía eléctrica,...) e realización das obras necesarias co fin de garantir o
adecuado funcionamento.
o Vexetación existente e medios de retirada da mesma con mención específica á posible existencia
de especies invasoras recollidas no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (D.
630/2013, do 2 de agosto)
• As actividades que pretendan implantarse no ámbito da ordenanza IC, acompañarán a comunicación
previa do inicio de actividade cunha memoria na que se indique:
o Residuos previstos que xerará a nova actividade e tratamento dos mesmos, priorizando as
operacións de reutilización , reciclaxe e valorización.
o Emisións á atmosfera previstas no desenvolvemento da actividade, e criterios de selección das
instalacións de climatización e produción de ACS, en caso de existir.
o Caracterización cualitativa das augas residuais xeradas como consecuencia da actividade.
4.16. MEDIDAS ACÚSTICAS
Considerando os valores de inmisión da autovía A-6 representados no mapa de ruído oficial, recollido no Plano 2
do presente documento, darase cumprimento aos obxectivos de calidade acústica e niveis sonoros transmitidos
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
36
ao interior das edificacións axustándose ao disposto no RD 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve
a Lei 37/2003, de 17 de novembro, do Ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e
emisións acústicas, modificado polo RD 1038/2012, de 6 de xullo.
Segundo o establecido no artigo 14 do RD 1367/2007, de 19 de outubro,nas áraas urbanizadas existentes (como
é o caso) establécese como obxectivo de calidade acústica para o ruído o que resulte de aplicar os seguintes
criterios:
a) Se na área acústica supérase o correspondente valor dalgún dos índices de inmisión do ruído
establecidos na táboa A, do anexo II, o seu obxectivo de calidade acústica será acadar dito
valor.
Nestas áreas acústicas as administracións competentes deberán adoptar as medidas
necesarias para a mellora acústica do medio ambiente ata acadar o obxectivo de calidade
fixado, mediante a aplicación de plans zonais específicos aos que se refire o artigo 25.3 da Lei
37/2003, de 17 de novembro.
b) No caso contrario, o obxectivo de calidade acústica será a non superación do valor da táboa
A, do Anexo II, que lle sexa de aplicación.
Táboa A, do Anexo II,do RD 1038/2012, de 6 de xullo, polo que se modifica o RD 1037/2007, de 19 de outubro, polo que se
desenvolve a Lei 37/2003, de 17 de novembro, do ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións
acústicas.
Con carácter previo ao outorgamento de autorización para novas construcións ou actividades no ámbito do
parque empresarial o promotor levará a cabo os estudios correspondentes de determinación dos niveis sonoros
esperables e disporá dos medios de protección acústica imprescindibles no caso de superar os umbrais
recomendados.
O estudio acústico tamén terá en conta a localización relativa dos usos sensibles respecto das actividades máis
ruidosas.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
37
MP- CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª INDUSTRIAL COMERCIAL DO PLAN PARCIAL
MODIFICADO (APARTADO 3.1.5 DAS NORMAS PARTICULARES DE ZONA).
3.1. ORDENANZA DE ZONA INDUSTRIAL- COMERCIAL.
3.1.5. Condicións de uso
Neste apartado defínense as condicións de uso, en concordancia coas Normas Xerais de Uso do
apartado 4 da presente Normativa.
A) Usos permitidos.
- Vivenda:
Permitirase unicamente en parcelas de superficie maior de 2.000 m², cando o uso xera
exclusivamente para o servizo de vixilancia e garda das instalacións industrias e comerciais.
Nese caso, permitirase unha vivenda por instalación, que se situará no bloque representativo,
cunha superficie construída non superior a 150m².
- Garaxe- Aparcamento
En todas as categorías
- Industria- almacén:
En tódalas categorías
- Comercial:
En todas as categorías
- Oficinas:
En todas as categorías
- Lugares de reunión
- Todas as categorías enumeradas no apartado 1- Espectáculos públicos do Catálogo anexo ao
D. 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.
- Cultural:
- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.1- Actividades culturais e sociais do Catálogo
anexo ao D. 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.
- Hostaleiro:
- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.2- Actividades recreativas destinadas aos
menores de idade do Catálogo anexo ao D. 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D.
160/2005 de 2 de xuño.
- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.7. Actividades de restauración do Catálogo
anexo ao D. 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
38
- Sanitario:
Ao servizo da actividade principal.
- Deportivo:
En todas as categorías
- Servizos xerais
Permitido
- Tanatorios e servizos funerarios:
En todas as categorías
B) Usos prohibidos.
Todos os non incluídos na relación de permitidos.
A Coruña, setembro de 2016.
Asdo. Os arquitectos:
Alfredo Garrote Pazos Mónica Mesejo Conde Ignacio Lázaro Quintela
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
39
ANEXO I. PARCELAS CATASTRAIS AFECTADAS POLA MODIFICACIÓN PUNTUAL.
POLÍGONO PARCELA 2 3 5 10 11 12 13 14 16 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29
95774
30 3 7 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39
99772
40 2 3 00768 4 2 3 4
03782
5 13 14 037755 15
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
40

41
ANEXO II. DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO. (ABRIL 2016)
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
42
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
1
MODIFICACIÓN PUNTUAL
DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS
(PEDRAPARTIDA I-1)
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO
DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL (IC).
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO
PROMOTOR: CONCELLO DE COIRÓS.
EQUIPO REDACTOR:
ARQUITECTOS:
ALFREDO GARROTE PAZOS, MÓNICA MESEJO CONDE, IGNACIO LÁZARO QUINTELA
ABRIL 2016.
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
2
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
3
ÍNDICE:
1.- OBXECTO DO DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO. PROCEDEMENTO DA AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SEGUNDO A LEI 2/2016, DO 10 DE FEBREIRO, DO SOLO DE GALICIA. ..................................................................................................................................5
2.- DATOS DO PROMOTOR.....................................................................................................................6
3.- AUTORES DO DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO. ...........................................................6
4.- DESCRICIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL PROPOSTA..............................................................6
5.- ANTECEDENTES, ALCANCE E CONTIDO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL E DAS ALTERNATIVAS TÉCNICA E AMBIENTALMENTE VIABLES CONSIDERADAS.................................6
5.1.- LOCALIZACIÓN E DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DE ACTUACIÓN. ANTECEDENTES.........6 5.2.- ALTERNATIVAS CONSIDERADAS DURANTE O PROCESO PLANIFICADOR. ALCANCE E CONTIDO.........................................................................................................................................9
5.2.1.- ALTERNATIVA 0. ...................................................................................................................9 5.2.2.- ALTERNATIVA 1. .................................................................................................................10 5.2.3.- ALTERNATIVA 2. ALTERNATIVA SELECCIONADA PARA A MP. ...................................11 5.2.4.- RESUMO DE MOTIVOS DE SELECCIÓN DA ALTERNATIVA REFLECTIDA NA MODIFICACIÓN PUNTUAL. ALTERNATIVA 2. .........................................................................................................12
6.- DESENVOLVEMENTO PREVISIBLE DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. ..........................................13
7.- CARACTERIZACIÓN DA SITUACIÓN DO MEDIO AMBIENTE ANTES DO DESENVOLVEMENTO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL NA ZONA AFECTADA.................................13
7.1.- CONTORNA E VÍAS DE COMUNICACIÓN. ............................................................................13 7.2.- RELACIÓN COS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS. .......................................................13 7.3.- ELEMENTOS AMBIENTAIS E CARACTERÍSTICAS RELEVANTES DO ÁMBITO NO ESTADO ACTUAL. ...........................................................................................................................16
8.- EFECTOS AMBIENTAIS PREVISIBLES DERIVADOS DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. ..............17
9.- EFECTOS PREVISIBLES SOBRE PLANS SECTORIAIS E TERRITORIAIS CONCORRENTES. .18
10.- MEDIDAS PREVISTAS DE PREVENCIÓN E CORRECCIÓN DOS EFECTOS SOBRE O MEDIO AMBIENTE..................................................................................................................................18
11.- MEDIDAS PREVISTAS PARA O SEGUIMENTO AMBIENTAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. 18
12.- CONCLUSIÓNS E MOTIVACIÓNS DA APLICACIÓN DO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL SIMPLIFICADA. ................................................................................................................19
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
4
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
5
1.- OBXECTO DO DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO. PROCEDEMENTO DA AVALIACIÓN
AMBIENTAL ESTRATÉXICA SEGUNDO A LEI 2/2016, DO 10 DE FEBREIRO, DO SOLO DE GALICIA.
O obxecto do presente documento é proporcionar ao órgano ambiental competente a información requirida no
procedemento de avaliación ambiental estratéxica para a aprobación da “ Modificación puntual do plan parcial
do parque empresarial de Coirós- Modificación das condicións de uso da ordenanza 1ª de edificación industrial
e comercial”.
A zona afectada pola modificación puntual correspóndese coas parcelas de uso industrial de carácter privado do
parque empresarial de Coirós, que xa está executado e en funcionamento. A modificación consiste na revisión e
ampliación dos usos permitidos na ordenanza zonal 1ª industrial e comercial e na actualización das normas
xerais de uso adaptándoas á lexislación vixente.
O artigo 46.1 da Lei 2/2016, do 10 de decembro, do solo de Galicia, (LSG en adiante) dispón que serán obxecto
de avaliación ambiental estratéxica ordinaria os seguintes instrumentos de planeamento urbanístico, así como
as súas modificacións:
a) O Plan básico autonómico.
b) Os plans xerais de ordenación municipal.
c) Os plans que requiran unha avaliación por afectar de xeito apreciable espazos de Rede Natura 2000,
nos termos previstos na súa lexislación reguladora.
d) Os comprendidos no punto seguinte, cando así o decida o órgano ambiental no informe ambiental
estratéxico ou cando así o solicite o promotor.
No artigo 46.2 establécense os instrumentos de planeamento urbanístico que serán obxecto de avaliación
ambiental simplificada:
a) As modificacións menores dos instrumentos de planeamento mencionadas no punto anterior.
b) O planeamento de desenvolvemento, por establecer o uso, a nivel municipal, de zonas de reducida
extensión.
c) Os demais plans que, establecendo un marco para a autorización no futuro, de proxectos, non
encaixen nos supostos do punto anterior, tales como os plans básicos municipais.
Segundo o disposto no artigo 83.5. a revisión do planeamento e as modificacións de calquera dos seus
elementos suxeitaranse ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación.
O artigo 75 da LSG define o procedemento de aprobación dos plans parciais e plans especiais, establecendo
no punto 3 o suposto de que deban someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada,. Neste caso e
con carácter previo á aprobación inicial do documento deberán realizarse os seguintes trámites:
a) O promotor remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica
simplificada,á que achegará o borrador do plan e o documento ambiental estratéxico, co contido
establecido na lexislación vixente.
b) O órgano ambiental, no prazo de dous meses, contados desde a recepción da documentación
completa, formulará o informe ambiental estratéxico, tras identificar e consultar as administracións
públicas afectadas e as persoas interesadas por un prazo de dous meses.
O órgano ambiental, tendo en conta o resultado das consultas, determinará no informe ambiental
estratéxico se o plan ten ou non efectos significativos no medio. No caso de non prever efectos
significativos, o plan poderá aprobarse nos termos que o propio informe estableza.
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
6
O informe ambiental estratéxico remitirase no prazo de quince días hábiles para a súa publicación no
Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do órgano ambiental.
En consecuencia e co fin de dar cumprimento aos requirimentos de contido establecidos no artigo 75.3. da LSG
elabórase o presente Documento Ambiental Estratéxico (DAE)como parte do procedemento de avaliación
ambiental estratéxica simplificada.
2.- DATOS DO PROMOTOR.
O promotor da presente modificación puntual é o Concello de Coirós, con domicilio na Casa Consistorial sita en
Coirós de Arriba 16, Coirós 15316. A Coruña.
3.- AUTORES DO DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO.
Redactan o presente Documento Ambiental Estratéxico os arquitectos D. Alfredo Garrote Pazos, Dª Mónica
Mesejo Conde e D. Ignacio Lázaro Quintela colexiados nº 1440, 1475 e 3877 do Colexio Oficial de Arquitectos
de Galicia respectivamente e domicilio a efectos de notificación na rúa Menéndez Pelayo nº 11. 5ºC. 15005 A
Coruña. ([email protected] teléfono/ fax: 981121870)
4.- DESCRICIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL PROPOSTA.
Os obxectivos da modificación puntual respecto das normas xerais de uso son os seguintes:
• Alterar algúns aspectos da clasificación e condicións coa finalidade de adaptalas á lexislación vixente.
• Incorporar e regular o uso de tanatorio e servizos funerarios.
Por outra banda redefínense os usos permitidos na ordenanza industrial- comercial incorporando os seguintes :
• Garaxe aparcamento en categorías 1ª (superficie libre de parcela) e 4º (estacións de servizo).
• Oficina en todas as categorías.
• Lugares de reunión.
• Usos culturais.
• Hostalería.
• Deportivo en todas as categorías.
• Servizos xerais.
• Tanatorio e servizos funerarios en todas as categorías.
O fin último da modificación puntual e favorecer a ocupación do parque empresarial de Coirós incrementando as
posibilidades de implantación de novas actividades, incentivando o uso das naves existentes e desocupadas e a
construción de novas naves para actividades nas parcelas vacantes. Polo tanto proponse contribuír ao
desenvolvemento económico e a creación de novos postos de traballo no Concello de Coirós.
5.- ANTECEDENTES, ALCANCE E CONTIDO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL E DAS ALTERNATIVAS
TÉCNICA E AMBIENTALMENTE VIABLES CONSIDERADAS.
5.1.- LOCALIZACIÓN E DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DE ACTUACIÓN. ANTECEDENTES.
O plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Coirós aprobouse definitivamente o 19 de
setembro de 2002 ao abeiro da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
7
O 1 de marzo de 2003 aprobouse definitivamente o plan parcial do parque empresarial de Coirós (DOG 13-03-
2003 e BOP 12-03-2003). O promotor desta actuación foi a entidade Xestión Urbanística de A Coruña
(XESTUR) mediante convenio co Concello de Coirós e o IGVS.
O plan parcial ten como obxectivo cubrir a demanda de solo industrial de forma que sexa viable dentro da
realidade do mercado de solo e mellorando o nivel de vida do municipio.
A modificación puntual afecta ás normas xerais dos diferentes usos así como ás condicións de uso da
ordenanza particular IC de edificación industrial e comercial. Esta ordenanza IC é de aplicación na meirande
parte da superficie do parque empresarial de Coirós, tal e como se pode comprobar no esquema que se
acompaña, no que o seu ámbito corresponde coas zonas sombreadas en cor laranxa.
Tal e como se pode apreciar na ortofoto que se achega a continuación, no ámbito do plan parcial existen a día
de hoxe parcelas vacantes e tamén edificacións rematadas sen actividade.
Por medio da modificación puntual non se altera o ámbito de aplicación, nin as condicións de edificación nin as
condicións hixiénicas, sanitarias ou estéticas establecidas no plan parcial.
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
8
A modificación puntual afecta as seguintes parcelas catastrais do parque empresarial de Coirós cualificadas coa
ordenanza de edificación industrial e comercial:
POLÍGONO PARCELA
2
3
5
10
11
12
13
14
16
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
95774
30
3
7
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
99772
35
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
9
36
37
38
39
40
2
3 00768
4
2
3
4 03782
5
13
14 037755
15
5.2.- ALTERNATIVAS CONSIDERADAS DURANTE O PROCESO PLANIFICADOR. ALCANCE E CONTIDO.
Dado que o obxectivo da modificación puntual é alterar os usos permitidos na ordenanza IC a fin de promover a
ocupación das parcelas. Durante o proceso planificador consideráronse distintas alternativas.
5.2.1.- ALTERNATIVA 0.
Descrición:
A alternativa 0 defínese como a ausencia da modificación puntual. Esta alternativa implica que os usos
permitidos na ordenanza 1ª de edificación industrial e comercial (IC) non se modifiquen e queden tal e como se
contempla no plan parcial na actualidade.
A regulación actual establece como únicos usos permitidos na ordenanza IC o de vivenda vinculada á industria,
o garaxe-aparcamento en categorías 2ª e 3ª, o industrial e comercial en todas as categorías, así como o de
oficina e sanitario vinculados ao uso principal.
Xa que a alternativa 0 considerada consiste na ausencia de Modificación Puntual, este sería exclusivamente os
usos permitidos na alternativa 0.
Efectos previsibles no caso de aplicación da alternativa 0:
Os efectos previsibles derivados da aplicación da alternativa 0 poden avaliarse examinando o estado actual do
polígono dado que esta alternativa consiste na non modificación da situación existente.
O parque empresarial de Coirós desenvolveuse favorablemente en termos xerais durante varios anos pero
aínda existen parcelas sen edificar e nalgunhas das parcelas edificadas non se desenvolve actividade algunha.
No actual contexto económico a demanda de parcelas exclusivamente industriais diminuíu considerablemente
respecto das décadas precedentes, téndose comprobado que non existe unha gran demanda de actividades
industriais/ comerciais no parque empresarial.
Por todo o anterior a aplicación da alternativa 0 tería previsiblemente un efecto negativo dende o punto de vista
do desenvolvemento e sustentabilidade económica do parque empresarial. Así mesmo e como consecuencia do
anterior xérase un efecto negativo sobre o desenvolvemento socioeconómico da zona, dado que no se crean
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
10
postos de traballo. Dende unha perspectiva medioambiental a aplicación da alternativa 0 é negativa dado que o
abandono das instalacións e desocupación das parcelas favorecen o crecemento incontrolado de vexetación de
escaso interese ambiental e o deterioro das edificacións e instalacións abandonadas.
5.2.2.- ALTERNATIVA 1.
Descrición:
A primeira alternativa considerada durante o proceso de elaboración da modificación puntual do plan parcial
(alternativa 1) consistiu na ampliación dos usos e categorías permitidos na ordenanza particular IC de entre os
contemplados nas normas xerais de uso. Non se contemplaba a actualización das condicións xerais dos usos á
lexislación vixente nin a incorporación do uso tanatorio e servizos funerarios nestas normas xerais. Os usos
regulados na actualidade nas normas xerais de uso son os seguintes.
- Vivenda.
- Garaxe- aparcamento.
- Industrial.
- Comercial.
- Oficinas.
- Lugares de reunión.
- Cultural.
- Hoteleiro.
- Sanitario.
- Deportivo.
- Servizos xerais.
Por medio desta alternativa ampliábanse os usos e categorías permitidos na ordenanza IC de entre os
anteriores , de xeito que a os xa permitidos na actualidade polo plan parcial engadiríamos os de:
- Garaxe aparcamento en categorías 1ª (superficie libre de parcela) e 4º (estacións de servizo).
- Oficina en todas as categorías.
- Lugares de reunión.
- Usos culturais.
- Hostalería.
- Deportivo en todas as categorías.
- Servizos xerais.
Segundo esta alternativa non sería preciso modificar o apartado das Normas Xerais de Uso do plan parcial.
Efectos previsibles no caso de aplicación da alternativa 1:
A consideración desta alternativa suporía a ampliación dos usos permitidos no parque empresarial permitindo a
implantación de novas empresas. Esta situación supón unha mellora respecto da situación actual, non obstante
entendemos que a modificación puntual debe ir máis aló actualizando as condicións e regulación dos usos para
adaptalos aos requirimentos actuais en materia de accesibilidade, habitabilidade, seguridade e respecto ao
medio ambiente. Tamén se considera interesante a alternativa de contemplar na regulación xeral o uso de
tanatorio e servizos funerarios que poden ter demanda e que non se poden implantar noutras áreas do territorio
do termo municipal.
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
11
5.2.3.- ALTERNATIVA 2. ALTERNATIVA SELECCIONADA PARA A MP.
Descrición e contido da alternativa seleccionada:
A alternativa 2 que foi a finalmente seleccionada para a modificación puntual ten tres obxectivos:
- Adecuación das condicións xerais dos usos xa contemplados á lexislación vixente.
- Incorporación e regulación do uso tanatorio e servizos funerarios nas normas xerais de uso.
- Inclusión de novos usos permitidos na ordenanza IC.
As condicións de uso da ordenanza IC quedarían reguladas tal e como se indican a continuación:
A) Usos permitidos.
- Vivenda:
Permitirase unicamente en parcelas de superficie maior de 2.000 m², cando o uso xera exclusivamente para o
servizo de vixilancia e garda das instalacións industrias e comerciais.
Nese caso, permitirase unha vivenda por instalación, que se situará no bloque representativo, cunha superficie
construída non superior a 150m².
- Garaxe- Aparcamento
En todas as categorías
- Industria- almacén:
En tódalas categorías
- Comercial:
En todas as categorías
- Oficinas:
En todas as categorías
- Lugares de reunión
- Todas as categorías enumeradas no apartado 1- Espectáculos públicos do Catálogo anexo ao D. 292/2004
do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.
- Cultural:
- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.1- Actividades culturais e sociais do Catálogo anexo ao D.
292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.
- Hostaleiro:
- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.2- Actividades recreativas destinadas aos menores de idade
do Catálogo anexo ao D. 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.
- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.7. Actividades de restauración do Catálogo anexo ao D.
292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.
- Sanitario:
Ao servizo da actividade principal.
- Deportivo:
En todas as categorías
- Servizos xerais
Permitido
- Tanatorios e servizos funerarios:
En todas as categorías
B) Usos prohibidos.
Todos os non incluídos na relación de permitidos.
Efectos previsibles no caso de aplicación da alternativa 2:
As novas posibilidades de implantar outros usos e actividades demandados actualmente nos polígonos
empresariais incrementarán a oferta e contribuirán a xerar unha maior actividade no parque empresarial de
Coirós. Por outra banda a adaptación da regulación das normas xerais dos usos á lexislación vixente
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
12
contribuirán a melloras as condicións de habitabilidade, accesibilidade e seguridade de traballadores e usuarios
das instalacións, así como as condicións de carácter medioambiental.
5.2.4.- RESUMO DE MOTIVOS DE SELECCIÓN DA ALTERNATIVA REFLECTIDA NA MODIFICACIÓN
PUNTUAL. ALTERNATIVA 2.
Tras o análise das distintas alternativas consideradas durante o proceso de planificación, descritas no apartados
precedentes, optouse pola selección da alternativa 2 para a modificación puntual do plan parcial.
A selección da alternativa 2 ven motivada por unha análise do efecto de cada unha das alternativas
consideradas en relación as principais variables ambientais e indicadores de desenvolvemento sostible, que se
resumen a continuación:
• A incorporación de novos usos na ordenanza industrial e comercial permite ampliar a oferta de
empresas que poden establecerse no parque empresarial de Coirós favorecendo así a ocupación das
parcelas e contribuíndo ao desenvolvemento socioeconómico da zona en maior grao que a alternativa 0
que é moi limitativa en canto a usos permitidos nesta ordenanza e que a alternativa 1 que aínda que
amplía a oferta a outros usos xa contemplados no plan parcial non incorpora outros novos. Na
actualidade existe pouca demanda de solo neste parque e por elo a ampliación na oferta de novos usos
posibles constitúe a mellor opción dende o punto de vista de contribución ao desenvolvemento do parque
empresarial e á creación de novos postos de traballo.
• A En relación ao impacto visual e paisaxístico, a alternativa máis favorable é a que aporta maiores
posibilidades de ocupación das parcelas que tamén é a alternativa 2, dado que o establecemento de
novas actividades implicará o acondicionamento das instalacións e a mellora da imaxe de calidade do
parque empresarial. Dende esta perspectiva a alternativa 0 é a máis desfavorable.
• En relación ao medio natural e en concreto á vexetación a alternativa 2 é novamente a que posúe un
impacto máis favorable das tres alternativas consideradas dado que ao promover en maior grao o
establecemento de actividades evítase o crecemento incontrolado da vexetación procedéndose de xeito
previo á retirada de maleza e especies invasoras durante o proceso de acondicionamento das instalación
e evitándose deste xeito a proliferación cara a parcelas lindeiras. Dado que a alternativa 2 é a que conta
coas maiores posibilidades de ocupación dende o punto de vista da vexetación é a que terá un efecto
máis positivo.
• Ningunha das alternativas suscitadas xera efectos negativos sobre o consumo de solo dado que se trata
de actuar sobre parcelas industriais existentes no parque empresarial e non se realizan modificacións das
condicións de edificación, hixiénicas, sanitarias ou estéticas establecidas no plan parcial.
• As alteracións sobre o ciclo hídrico non son relevantes para a selección dunha das alternativas dado
que apenas existen diferenzas entre os usos permitidos en cada unha delas no referente á xeración de
augas residuais. A estes efectos hai que ter en conta que a rede de sumidoiros do parque está conectada
a unha EDAR, e o plan parcial establece os parámetros de vertido das actividade a esta rede.
• No relativo á enerxía o parque empresarial dispón dunha infraestrutura axeitada apta para calquera dos
usos previstos nas alternativas. Polo que non é relevante para a selección da alternativa.
• A alternativa 2 aplica criterios de ordenación racional do territorio dado que prevé a posibilidade de
desenvolver usos de tanatorio e servizos funerarios que co planeamento vixente non se poden situar en
ningunha zona do termo municipal.
• Ningunha das alternativas consideradas ten efectos sobre o patrimonio cultural e etnográfico da zona,
non existindo elementos catalogados no ámbito de actuación ou a contorna inmediata.
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
13
6.- DESENVOLVEMENTO PREVISIBLE DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.
O borrador da modificación puntual do plan parcial do parque empresarial de Coirós será remitido á Consellería
de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Secretaría Xeral de Calidade e avaliación ambiental xunto co
presente documento ambiental estratéxico (DAE) xunto coa solicitude de inicio do procedemento da avaliación
ambiental estratéxica simplificada.
O órgano competente determinará si a modificación debe someterse ao procedemento de avaliación ambiental
estratéxica ordinaria por atoparse nalgún dos supostos do apartado 1 do artigo 6 da Lei 21/213, ou ben emitirá o
correspondente informe ambiental estratéxico (IAE) considerando que a modificación proposta non posúe
efectos significativos sobre o medio ambiente, tal e como se argumenta no presente DAE. Neste último caso,
tralas consultas pertinente emitirase o IAE que será publicado no DOG.
Unha vez finalizado o trámite de avaliación ambiental estratéxica, a modificación puntual será aprobada
inicialmente por parte do Concello, que a someterá a información pública como mínimo durante dous meses,
con publicación no DOG e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Así mesmo notificaráselle
individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados. Ao mesmo tempo solicitaranse os
informes sectoriais e consultas que resulten preceptivos.
Os servizos xurídicos e técnicos municipais emitiran informe respecto da integridade documental do expediente,
das actuacións administrativas realizadas, da calidade técnica da ordenación proxectada e da conformidade do
plan coa lexislación vixente.
Cumpridos os trámites precedentes o concello procederá a súa aprobación definitiva.
7.- CARACTERIZACIÓN DA SITUACIÓN DO MEDIO AMBIENTE ANTES DO DESENVOLVEMENTO DA
MODIFICACIÓN PUNTUAL NA ZONA AFECTADA.
7.1.- CONTORNA E VÍAS DE COMUNICACIÓN.
O parque empresarial atópase no termo municipal de Coirós, e conta cunha situación privilexiada respecto ao
transporte por estrada, debido a que está enclavado entre a estrada nacional N-VI, e a autovía do Noroeste A-6.
O polígono conta con acceso directo a través da estrada nacional, contando coa saída da autovía a escaso
quilómetro e medio. A través destas vías de alta capacidade conecta directamente con todo o entorno galego
así como co resto do territorio español. Pode concluírse pois que o parque empresarial está dotado de unha moi
boa conectividade.
7.2.- RELACIÓN COS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS.
Rede Natura 2000
Denomínase Rede Natura 2000 á rede de espazos naturais a escala de Unión Europea, creada en virtude da
Directiva 92/43/CEE do Concello , de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da
flora silvestre (Directiva hábitats).
Esta rede foi creada co obxecto de preservar os espazos naturais máis importantes de Europa e componse de
zonas de especial conservación (ZEC), declaradas polo Estados membros con arranxo á Directiva sobre
hábitats e zonas de especial protección para as aves (ZEPA), designadas de acordo coa Directiva de aves
(Directiva 79/409/CEE do Concello de 2 de abril de 1979, relativa á conservación de aves silvestres)
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
14
A lista de lugares de importancia comunitaria (LIC) foi considerada insuficiente por parte da Comisión Europea
polo que en decembro de 2011 realizouse unha proposta de ampliación da Rede Natura en Galicia. Mediante o
Decreto 37/2014, do 27 de marzo, decláranse zonas de especial conservación os lugares de importancia
comunitaria de Galicia e apróbase o Plan Director da Rede Natura 2000.
Este Plan Director é un plan de ordenación dos recursos naturais de todos os espazos incluídos na Rede Natura
2000 de Galicia. O Plan define un programa de medidas encamiñado a harmonizar a conservación dos hábitats
e as especies cos usos e aproveitamentos necesarios para garantir o desenvolvemento dos habitantes do
territorio incluído na Rede Natura 2000.
Como se pode ver na seguinte figura onde se mostran os espazos ren Rede Natura do termo municipal de
Coirós e indicando a situación do parque empresarial obxecto da modificación puntual, non existen espazos de
Rede Natura 2000 no ámbito da modificación puntual proposta nin nas súas inmediacións polo que
descártase calquera posible afección sobre eles por parte da modificación.
Información extraída da web de información xeográfica de Galicia. Rede Natura 2000.
Rede galega de espazos protexidos.
Nesta rede están representados os principais ecosistemas, paisaxes ou hábitats galegos, declarados nalgunha
das categorías establecidas na Lei 9/2001, de conservación da natureza, e na Lei 42/2007, do patrimonio
natural e da biodiversidade. (Reserva natural, parque natural, parque nacional, monumento natural, humedal
protexido, paisaxe protexida, zona de especial conservación dos valores naturais)
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
15
Na figura que se achega a continuación compróbase que non existe ningún espazo pertencente á Rede galega
de espazos protexidos no parque empresarial nin nas súas inmediacións.
Información extraída da web de información xeográfica de Galicia. Rede galega de espazos protexidos.
Outros espazos protexidos
No Decreto 124/2005 regúlanse unha serie de espazos protexidos que conteñen elementos ou sistemas
naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debido á acción e á evolución da natureza como aos
derivados da actividade humana que por proposta das entidades locais, das institucións ou dos propietarios
particulares pasan a declararse espazos protexidos, aínda que non se incorporen á Rede galega de espazos
protexidos. Neste senso establécense dúas figuras:
- Espazo natural de interese local (EPIL): espazo natural integrado nun térno municipal que polas súas
singularidades sexa merecedor dalgún tipo dos seus valores naturais.
- Espazo privado de interese natural (EPIN): terreos pertencentes a institucións ou propietarios particulares nos
que existan formacións naturais, especies ou hábitats de flora e fauna silvestre para os que se considere de
interese a súa protección.
Na seguinte figura compróbase que non existe ningún outro espazo protexido no termo municipal de Coirós.
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
16
Información extraída da web de información xeográfica de Galicia. Outros espazos protexidos
7.3.- ELEMENTOS AMBIENTAIS E CARACTERÍSTICAS RELEVANTES DO ÁMBITO NO ESTADO ACTUAL.
Edificacións e servizos existentes:
O ámbito de actuación da modificación puntual é o parque empresarial de Coirós, en concreto as parcelas con
ordenanza de edificación de industrial e comercial. Estas parcelas correspóndense con case o 75% da
superfici
e do
polígono
.
No ano 2006 aprobouse definitivamente o plan parcial que desenvolveu o parque empresarial de Coirós, e en
convenio co Instituto Galego de vivenda e solo e XESTUR urbanizáronse os terreos e xestionouse o solo.
Adía de hoxe o parque empresarial conta con todos os servizos urbanos e están edificadas un importante
número de parcelas, aínda que debido á actual conxuntura económica existen varias naves construídas nas
que non se está a desenvolver ningunha actividade.
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
17
Flora fauna, paisaxe e outros elementos:
Nas parcelas nas que non existe edificación ou nas que a edificación atópase nun claro estado de abandono
prodúcese o crecemento incontrolado de vexetación de escaso interese ambiental. Esta vexetación é típica das
zonas altamente antropizadas, non constatándose presenza de especies vexetais de interese ambiental.
Previsiblemente a fauna presente no ámbito será a habitual dos terreos urbanos e industriais altamente
antropizados.
O estado de desocupación ou falla de actividade xera un impacto negativo sobre a paisaxe e a imaxe do parque
empresarial. Non existen no ámbito de actuación ou na súa contorna elementos de interese dende o punto de
vista do patrimonio arqueolóxico ou etnográfico.
Por todo o descrito anteriormente, conclúese que non existen especies vexetais ou faunísticas de interese
ambiental no ámbito de actuación e que o crecemento incontrolado de vexetación favorece a proliferación de
especies invasoras. Por outra banda a desocupación dana a imaxe e paisaxe urbana do parque empresarial.
8.- EFECTOS AMBIENTAIS PREVISIBLES DERIVADOS DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.
Os principais efectos ambientais derivados da aplicación da modificación puntual proxectada, serían as
seguintes:
Efectos sobre espazos naturais protexidos:
Tal e como se indica nos apartados precedentes o ámbito de actuación da modificación puntual non afecta a
espazos naturais protexidos pertencentes á rede natura 2000, Rede Galega de Espazos Protexidos ou outros
espazos naturais protexidos.
Efectos sobre a fauna e a flora:
Tan e como se indica no presente documento non de detectou a presenza de flora ou fauna de interese
ambiental relevante no ámbito de actuación. Por este motivo no se prevén efectos adversos da modificación
puntual sobre a fauna e a flora.
Efectos sobre o ciclo hídrico:
A aplicación da modificación non xera efectos significativos sobre o ciclo hídrico. O parque empresarial conta
na con rede de saneamento e abastecemento a través de redes municipais polo que está garantido o
subministro e depuración das augas xeradas como consecuencia das novas actividades, e en calquera caso a
ampliación dos usos permitidos non implica un cambio substancial na cantidade e/ou concentración de
contaminantes no vertido xerado e en calquera caso deberá cumprir o disposto pola normativa municipal en
materia de vertidos á rede de sumidoiros.
Efectos sobre o desenvolvemento socioeconómico:
A aplicación dos cambios introducidos pola modificación puntual amplía claramente a oferta de empresas que
poden establecerse no ámbito, incrementándose as posibilidades de ocupación do parque empresarial que
derivaría nun efecto positivo sobre o desenvolvemento socioeconómico da zona, favorecendo a creación de
postos de traballo e o desenvolvemento do polígono. Deste xeito considérase que o efecto da modificación
sobre o desenvolvemento económico da zona será positivo.
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
18
Efectos sobre a atmosfera, chan, enerxía e xeración de residuos:
A ampliación de usos prevista na modificación puntual no xera efectos apreciables sobre a atmosfera, clima,
contaminación do chan ou xeración de residuos respecto ao estado actual. A incorporación dos novos usos
apenas xerará variacións respecto das previstas nos usos permitidos na actualidade.
Efectos sobre a paisaxe:
Non se producirán alteracións de importancia sobre a paisaxe como consecuencia da aplicación da modificación
puntual dado que non modifica os parámetros edificatorios do plan parcial. A ocupación de solares ou naves
vacantes coas actividades permitidas contribuirá á mellora da imaxe do polígono.
Efectos sobre o patrimonio artístico, arqueolóxico e etnográfico:
Non existen elementos catalogados de patrimonio histórico- artístico, arqueolóxico ou outros elementos de
patrimonio cultural no ámbito de actuación nin na contorna directa da modificación puntual.
9.- EFECTOS PREVISIBLES SOBRE PLANS SECTORIAIS E TERRITORIAIS CONCORRENTES.
O obxectivo desta modificación puntual, xa explicados con anterioridade non produce efecto algún sobre plans
sectoriais e territoriais concorrentes.
10.- MEDIDAS PREVISTAS DE PREVENCIÓN E CORRECCIÓN DOS EFECTOS SOBRE O MEDIO
AMBIENTE.
Co fin de previr e corrixir os efectos sobre o medio ambiente que se poidan derivar do establecemento de novas
actividades no ámbito de actuación prevense as seguintes medidas:
• Recolleita e tratamento de residuos existentes na parcela. En función das características dos residuos
recolleitos durante a fase de acondicionamento da parcela ou das instalacións serán depositados nos
contedores de residuos sólidos urbanos ou ben conducidos a un punto limpo. No caso de existir residuos
perigosos serán entregados a un xestor autorizado. Para a selección do xestor de residuos terase en
conta a xerarquía de residuos establecida na Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e chans
contaminados, dando preferencia ao reciclado e valorización.
• Procederase ao corte da vexetación existente nas parcelas por medios mecánicos e/ou manuais, previa
comprobación da inexistencia de exemplares vexetais de interese que deberán ser marcados e
conservados prestando especial atención á retirada de especies vexetais invasoras a fin de evita-la súa
propagación.
• Revisión e acondicionamento das acometidas dos distintos servizos básicos de abastecemento de
auga, sumidoiros, enerxía eléctrica,... procedéndose á reparación dos elementos danados o realizar as
acometidas co fin de contribuír á preservación das instalacións e infraestruturas do parque empresarial.
• Para as instalacións de calefacción e/ou climatización e produción de ACS das actividades que se
implanten en caso de ser necesarias a selección do tipo de sistema realizarase tendo en conta criterios
de sustentabilidade, ademais de criterios técnicos e económicos, co fin de reducir na medida do posible a
emisión de contaminantes á atmosfera e o consumo de enerxía.
11.- MEDIDAS PREVISTAS PARA O SEGUIMENTO AMBIENTAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.
Para o seguimento ambiental da modificación puntual do plan parcial tomaranse as seguintes medidas:
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
19
• Nos proxectos de edificación e/ou de actividade que se realicen no ámbito da ordenanza IC incluirase
un apartado denominado “medidas preventivas e correctoras dos efectos sobre o medio ambiente” no
que se especificarán as medidas a executar descritas no punto precedente:
o Relación dos residuos existentes na parcela e o seu destino.
o Comprobación do estado das acometidas aos distintos servizos básicos (abastecemento
saneamento, rede de enerxía eléctrica,...) e realización das obras necesarias co fin de garantir o
adecuado funcionamento.
o Vexetación existente e medios de retirada da mesma.
• As actividades que pretendan implantarse no ámbito da ordenanza IC, acompañarán a comunicación
previa do inicio de actividade cunha memoria na que se indique:
o Residuos previstos que xerará a nova actividade e tratamento dos mesmos, priorizando as
operacións de reutilización , reciclaxe e valorización.
o Emisións á atmosfera previstas no desenvolvemento da actividade, e criterios de selección das
instalacións de climatización e produción de ACS, en caso de existir.
o Caracterización cualitativa das augas residuais xeradas como consecuencia da actividade.
12.- CONCLUSIÓNS E MOTIVACIÓNS DA APLICACIÓN DO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
AMBIENTAL SIMPLIFICADA.
O artigo 46 da LSG establece os instrumentos de planeamento urbanístico que serán obxecto de avaliación
ambiental, establecendo os que se someterán a AAE ordinaria no apartado 1. No apartado 2 se indican os que
lle corresponde a AAE simplificada.
A modificación puntual do plan parcial do parque empresarial de Coirós obxecto deste DAE non se corresponde
coa modificación de ningún dos instrumentos que se contemplan no artigo 46.1. da LSG e polo tanto non será
obxecto de AAE ordinaria. Tampouco ten un encaixe moi claro nos instrumentos que se contemplan no 46.2, xa
que non se trata dunha modificación menor de ningún dos instrumentos contemplados no artigo 46.1. (plan
básico autonómico, PXOM, plan que afecte de modo apreciable a espazos da Rede Natura 2000), tampouco se
trata dun instrumento de planeamento de desenvolvemento ou dun plan que estableza un marco para a
autorización no futuro de proxecto algún. Non obstante e de precisarse algún tipo de avaliación ambiental
estratéxica será a simplificada.
A Coruña, abril de 2016.
Asdo. Os arquitectos:
Alfredo Garrote Pazos Mónica Mesejo Conde Ignacio Lázaro Quintela
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
43
ANEXO III. RESOLUCIÓN DO 11 DE XULLO DE 2016 POLA QUE SE FORMULA O INFORME
AMBIENTAL ESTRATÉXICO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE
EMPRESARIAL DE COIRÓS.
(Expediente: 2016AAE1877, código web 1789/2016)
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
44
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34477
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
VI. ANUNCIOS
A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
ANUNCIO do 12 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Coirós (Pedrapartida I-1), concello de Coirós (expediente 2016AAE1877; código 1789/2016).
De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 11 de xullo de 2016, sobre a MP do Plan parcial do par-que empresarial de Coirós (Pedrapartida I-1), concello de Coirós.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016
Justo de Benito Basanta Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
CV
E-D
OG
: jt7
vvyp
1-5r
c8-q
ff0-3
ok8-
vyn6
48od
fsz7
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.
45
ANEXO IV. INFORMES PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL. SUBDIRECCIÓN XERAL DE
EXPLOTACIÓN E XESTIÓN DE REDE.

46