dicionario da real academia...

12
As entradas ou lemas aparecen por orde alfabética, en letra grosa e nun corpo maior que o resto da información: As palabras homógrafas distínguense por medio de números en superíndice: Co asterisco (*) indícase que a voz ou a grafía non son propias da variedade normativa do galego. A continuación dáse a forma que se considera normativa: Cando a información sobre unha entrada se trata dentro doutra, remítese a ela: As locucións que non se inclúen dentro doutra entrada aparecen remitidas desde a súa forma de expresión habitual ao lugar onde se tratan: De termos o caso de sinónimos ou variantes menos recomendables pero aceptados, aparece a entrada seguida do símbolo e a indicación da forma que se prefire: adiviña s.f. Enigma ou pregunta enxeñosa para entreterse en acertar a resposta. Sabe moitas adiviñas. SIN. adiviñanza. adiviñación s.f. Acción e efecto de adiviñar. Antigamente utilizábanse vísceras de animais para facer adiviñacións. adiviñanza s.f. Adiviña. Gústalle moito xogar ás adiviñanzas. parábola 1 s.f. Xeom. Liña curva en que cada un dos puntos está situado a igual distancia dun punto fixo, o foco, e dunha recta, a directriz. Debuxou unha parábola. parábola 2 s.f. Relato breve, en particular dos libros sagra- dos, que encerra unha lección moral. As parábolas do Evan- xeo. CF . apólogo. emborcallar * v.p. envorcallar. equis * s.m. xe. oca 1 * s.f. ganso. asentada s.f. V. asentado. amílico -a adx. V. alcohol. locomotriz adx.f. V. locomotor. palleirán adx.m. V. can 1 . a balavento loc. adv. V. balavento, a. co gallo de loc. prep. V. gallo de, co. amistoso -a adx. amigable. gadella s.f. guedella. DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA GUÍA PARA A CONSULTA

Upload: dinhkhanh

Post on 05-Feb-2018

231 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

As entradas ou lemas aparecen por ordealfabética, en letra grosa e nun corpo maior que o resto da información:

As palabras homógrafas distínguense por medio de números en superíndice:

Co asterisco (*) indícase que a voz ou a grafíanon son propias da variedade normativa do galego. A continuación dáse a forma que se considera normativa:

Cando a información sobre unha entrada se trata dentro doutra, remítese a ela:

As locucións que non se inclúen dentro doutraentrada aparecen remitidas desde a súa forma de expresión habitual ao lugar onde se tratan:

De termos o caso de sinónimos ou variantesmenos recomendables pero aceptados, aparece a entrada seguida do símbolo ⇒ e a indicación da forma que se prefire:

adiviña s.f. Enigma ou pregunta enxeñosa para entreterseen acertar a resposta. Sabe moitas adiviñas. SIN. adiviñanza.

adiviñación s.f. Acción e efecto de adiviñar. Antigamenteutilizábanse vísceras de animais para facer adiviñacións.

adiviñanza s.f.Adiviña. Gústalle moito xogar ás adiviñanzas.

parábola1 s.f. Xeom. Liña curva en que cada un dos puntosestá situado a igual distancia dun punto fixo, o foco, e dunharecta, a directriz. Debuxou unha parábola.

parábola2 s.f. Relato breve, en particular dos libros sagra-dos, que encerra unha lección moral. As parábolas do Evan-xeo. CF. apólogo.

emborcallar* v.p. envorcallar.

equis* s.m. xe.

oca1* s.f. ganso.

asentada s.f. V. asentado.

amílico -a adx. V. alcohol.

locomotriz adx.f. V. locomotor.

palleirán adx.m. V. can1.

a balavento loc. adv. V. balavento, a.

co gallo de loc. prep. V. gallo de, co.

amistoso -a adx. ⇒ amigable.

gadella s.f. ⇒ guedella.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

GUÍA PARA A CONSULTA

Page 2: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos,palabras homógrafas ou case homógrafas e aquelas que presenten algún tipo de dificultade,aparece a información fonética entre corchetes([]), inmediatamente despois da entrada. Para a transcrición fonética da pronunciaciónseguiuse o Alfabeto Fonético Internacional:

A continuación da entrada, inclúese a indicaciónda categoría gramatical en letra cursiva:

paradoxo [ks] s.m. Expresión ou cousa que vai en contrada lóxica ou do sentido común, contradición aparente.Foise, pero segue estando connosco; vaia paradoxo.

jeep [dZi†p] s.m.(pl. jeeps) 1. Vehículo militar de pequenotamaño, capaz de andar por terreos difíciles. O jeep foi moiutilizado polos americanos na Segunda Guerra Mundial. 2.

Vehículo todo terreo. Alugamos un jeep para ir polo monte.

pórtland ["pOÉtl«nd] s.m. Cemento que endurece ao contactocoa auga, obtido da mestura de materiais calcarios e arxila,calcinados a altas temperaturas e moídos posteriormente. O pórtland é o primeiro cemento artificial.

tsarévich [tsa"rEvitS] s.m. Fillo primoxénito do tsar. O tsarévich preparábase para suceder a seu pai.

sen1 [E] s.f. Parte lateral da cabeza, entre a parte superior daórbita do ollo e a orella. Os golpes na sen son perigosos.SIN. tempa, vidalla.

sen2 [E] s.f. Conxunto de ovos ou larvas de certos insectosda orde dos dípteros, en particular do moscón, depositadosna carne morta ou nas materias orgánicas en descomposi-ción. OBS. Utilízase sobre todo en plural. As sens estragáronlle oxamón. SIN. areixa, careixa, chamiza2, seses, vareixa.

sen3 [e] prep. 1. Indica a falta de algo que se expresa. Chegouá meta sen folgos. Fíxoo sen pensar, que se o pensase non ofacía. 2. Indica que algo que se expresa queda excluído. Seno almorzo, pódese dicir que a comida deste hotel é boa. SIN.agás, excepto, menos.

subrogación [b-r] s.f. Acción de subrogar. Subrogación do contrato de arrendamento.

alustro s.m. Liña de luz intensa, sinuosa e ramificada, producida polo raio. Unha noite de vento, chuvia, trebóns e alustros. SIN. apago, lóstrego, lustro2, relampo, relustro.CF. chispa.

aluvial adx. Producido ou constituído por aluvións. Planiciealuvial. Depósitos aluviais.

declamar v.t. Dicir en alta voz, coa entoación, sentimentoe xestos apropiados [un texto literario ou un discurso]. Declamar uns versos. SIN. recitar. Declamou un discurso incendiario.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Page 3: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

A dobre barra (//) separa acepcions con distintacategoría gramatical, distinto réxime verbal ou distinto xénero ou número:

Coa formula ‘Tamen’ seguida de abreviatura de categoria gramatical indícase que unhapalabra pode ser utilizada con outra categoría ou con outro réxime verbal, cun significadofacilmente deducible:”

eclesiástico -a adx. 1. Relativo ou pertencente á Igrexa e ao clero. A vida eclesiástica. Poder eclesiástico. // s.m.2. Persoa que forma parte do clero. Un cura é un eclesiás-tico. SIN. clérigo. ♦ ANT. laico, leigo, segrar.

mediar v.t. 1. Encher [unha cousa] ata a metade. Mediar uncaldeiro de auga. // v.i. 2. [Algo] chegar á metade. Xa me-diaba o mes cando eles chegaron. 3. [Alguén] intervir entredúas ou máis persoas para que algo se solucione. Tivo quemediar o director para que o mestre lles levantase o castigoaos alumnos. SIN. interceder. CF. avogar.

papeleiro -a adx. 1. Relativo ou pertencente ao papel. Industria papeleira. // s. 2. Fabricante ou vendedor de papel.Convocaron unha reunión de papeleiros. // f. 3. Recipienteonde se tiran os papeis e outros obxectos que non teñen utilidade. O Concello puxo papeleiras novas na alameda.4. Fábrica de papel. As papeleiras empregan celulosa paraa fabricación do papel.

delfínidos s.m.pl. 1. Zool. Familia de cetáceos da subordedos odontocetos que se caracterizan por ter dentes cónicos,fociño alongado, aleta dorsal e un único orificio respiratorio.A candorca pertence aos delfínidos. // sing. 2. Zool. Indivi-duo desta familia.

electrodoméstico -a adx. [Aparello] de uso domésticoque funciona por medio de enerxía eléctrica. O frigorífico é un aparello electrodoméstico imprescindible. Tamén s.m. A cociña xa a instalaron con todos os electrodomésticos.

fertilizante s.m. Produto químico, ou ben de orixe vexetalou animal, que se lle bota á terra para que as plantas culti-vadas nela se desenvolvan mellor e dean máis e melloresfroitos. Mandou facer un estudo das súas terras para saberque fertilizantes empregar. CF. esterco. Tamén adx. Substan-cias fertilizantes.

maquillar v.t. Aplicar a [alguén] no rostro determinadosprodutos que o fan aparecer máis belo ou que modifican oseu aspecto. Aos actores maquíllanos especialistas. CF. pin-tar. Tamén v.p. Non lle gusta maquillarse. CF. pintarse.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Page 4: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

Poden aparecer restriccións a esta utilizaciónindicadas entre corchetes ([]):

Aparecen entre parénteses e despois da categoríagramatical os femininos e plurais que podenofrecer dúbida:

A definición da palabra que figura como entradarealízase a través dunha perífrase equivalente, ou un sinónimo nalgúns casos, e aparece en letra redonda:

colaborador -ora adx. Que colabora. Algunha das enti-dades colaboradoras retiroulle o seu apoio. SIN. coopera-dor, cooperante. Tamén s. [persoa]. Diso encárgase o meucolaborador. Un colaborador de ‘A Nosa Terra’.

trimotor -ora adx. Que ten tres motores. Un avión trimo-tor. Un vehículo trimotor. Tamén s.m. [avión]. Chegaron nunvello trimotor de hélices.

burelao adx. (f. burelá) 1. De Burela ou dos seus habitan-tes. O porto burelao. // s. 2. Persoa natural ou habitante de Burela. Os burelaos celebraron a Festa do bonito. ♦ SIN.burelense.

sandeu adx. (f. sandía) [Persoa] que ten ou manifesta no seucomportamento pouca ou ningunha intelixencia. É tan san-deu que nunca lle cobra ben. SIN. babeco, babiolo, bobo,boubexo, boubo, cretino, idiota, imbécil, panoco, paparón,parvo.

vacún adx. (f. vacúa) 1. Relativo ou pertencente ao touro,ao boi ou á vaca. Dedícase á cría de gando vacún. SIN. bovino. // s.m. 2. Gando vacún. Carne de vacún.

panificábel adx. (pl. panificábeis) Panificable. Fariña panificábel.

búmerang s.m. (pl. búmerangs) 1. Arma feita dunha pezade madeira dura e de forma arqueada, que ao lanzala des-cribe unha traxectoria irregular e regresa ao punto de partidase non dá no albo. O búmerang foi utilizado principalmentepolos indíxenas australianos para loitar e cazar. 2. Enxeñosemellante a esa arma. Xogaban na praia cun búmerang.

búnker s.m. (pl. búnkeres ou búnkers) Refuxio, xeral-mente de cemento armado e subterráneo, para protexersedos bombardeos. Durante a Segunda Guerra Mundial cons-truíronse moitos búnkeres.

desnivel s.m. Diferenza de altura ou nivel entre dous pun-tos. Este terreo ten moito desnivel. SIN. pendente. Un terreocon grandes desniveis. CF. declive.

desoxixenar v.t. Desosixenar. O crecemento das algaspode desoxixenar as augas.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Page 5: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

Antes da definición poden aparecer indicaciónsacerca da afinidade semántica entre a acepción en cuestión e a precedente, ou acerca dasignificación orixinaria ou máis próxima (ext., prop., fig.):

Tamén antes da definición pode aparecer indicado o rexistro ou o campo científico ou técnico ao que corresponde unha definición:

apostolado s.m. 1. Misión dun apóstolo de predicar e pro-pagar o Evanxeo. O apostolado de S. Paulo. 2. ext. Propa-ganda e defensa dunha causa ou doutrina, especialmenterelixiosa. Facer apostolado a favor da paz. O apostoladodos misioneiros. 3. Representación artística do grupo cons-tituído polos doce apóstolos. No cadro que representaba aAsunción da Virxe aparecía o apostolado aos pés.

axigantar v.t. 1. prop. e fig. Facer moi grande ou moitomáis grande. Os espellos que había na sala axigantábana.Cada vez axiganta un pouco máis o conto. // v.p. 2. prop. efig. Facerse grande ou moito máis grande. A sombra doscorpos axigántase.

caltridura s.f. pop. Cauterización. Quedoulle a marca dacaltridura.

estelífero -a adx. lit. Cheo de estrelas. Contemplabanabraiados o estelífero manto que alumeaba a noite. SIN. estrelado (menos formal).

incoar v.t. Der. Facer o primeiro trámite en [un preito, expediente ou outro proceso oficial semellante]. Incoaronun expediente de despedimento a dez traballadores.

linfa s.f. Biol. Líquido orgánico de cor abrancazada com-posto principalmente por linfocitos, que circula polos vasoslinfáticos e serve de intermediario entre o sangue e as célu-las para a alimentación destas. A linfa contén menos albu-mina ca o sangue.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Page 6: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

Aparece entre corchetes ([]) o contorno dadefinición que se corresponde cos seguintes casos:

-O complemento directo no caso dos verbostransitivos:

-O suxeito no caso dos verbos intransitivos epronominais, neste caso precedendo a definición:

-No caso dos adxectivos, o substantivo ou tipo de substantivos cos que se combina:

Cando unha definición fai referencia a unhaentrada, pero non a todas as súas acepcións,pódese indicar isto entre parénteses:

promulgar v.t. 1. Publicar oficialmente [unha lei ou outradisposición da autoridade] para que empece a aplicarse. Oactual Estatuto de Autonomía de Galicia foi promulgado en1981. ANT. abolir. 2. ext. Facer que [algo] se divulgue oupropague. Promulgar unha teoría.

zoar v.i. 1. [Insecto, vento, etc.] producir un ruído xordo econtinuo. Séntense as abellas zoar onda o cortizo. A chuviaa caer e o vento a zoar; ninguén se atrevía a saír. Sentínzoar algo aquí detrás, que foi? SIN. zumbar, zunir. 2. [Oído]producir coma un ruído xordo e continuado que xeralmentenon existe. Zóanme os oídos.

abalocar v.p. [Terra] formar balocos ao endurecerse. A leiraabalocouse por falta de cultivo.

cóncavo -a adx. [Liña, superficie] que forma unha cavi-dade. Lentes cóncavas. As cuncas son obxectos cóncavos.ANT. convexo.

conxénito -a adx. [Característica, calidade] que naceu coindividuo que a posúe, que non é adquirida posteriormente. Enfermidades conxénitas. CF. innato, inxénito.

encantamento s.m. Acción e efecto de encantar (ac. 1).Cando soaron as doce badaladas, o encantamento desfí-xose. SIN. feitizo. ANT. desencantamento.

lentelloso -a adx. Que presenta lentellas (ac. 3). Este anacode touciño lentelloso non o aproveitamos.

municipal adx. 1. Do municipio ou pertencente ao muni-cipio. Estaba tocando a banda municipal. // s. 2. Garda quecoida de que se cumpran na cidade as normas que dita o con-cello, como as que se refiren ao tránsito, aos ruídos noctur-nos, etc. Os municipais estaban dirixindo o tráfico na praza.SIN. garda municipal, garda urbano. ▲ Garda municipal.

Municipal (ac. 2). Armaron tal balbordo que foi necesarioavisar os gardas municipais.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Page 7: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

No caso de que unha palabra, locución ou expresión conte con dúas ou máis acepcións,numéranse con caracteres arábigos:

Os verbos que rexen preposición, ben sexa sempre ou nalgunha das súas acepcións,inclúen esta preposición entre parénteses e en letra grosa antes da definición:

As definicións das entradas e locucións ilústranse con exemplos que informan do uso ou poden completar nalgún caso a información da definición:

cachón s.m. 1. Gran cantidade de burbullas que se formana superficie da auga ao ferver ou ao caer, por exemplo,nunha fervenza. Gustáballe ver o cachón do cadoiro. SIN.cachoeira, fervenza, gallarón, gallarope. Os cachóns le-vantaban o testo da ola. SIN. gallarón, gallarope. 2. Fer-venza pequena. Só se sentía o ruído do cachón. SIN.cachoeira, pincheira. ♦ SIN. cachoada2, callón2. ▲ A ca-

chón. loc. adv. 1. Formando cachóns ao ferver ou caer aauga. O pote fervía a cachón. SIN. a gallarón. 2. Moito emoi forte ao chover. Leva a tarde chovendo a cachón. SIN.a cántaros, a chuzos, a mares, a retortoiro, a xerros.

avogar v.i. (por) [Alguén] intervir ou manifestarse en de-fensa de. Non necesita que avoguen por el, sabe defendersesó. Avogou pola constitución do partido rexionalista. SIN.interceder. CF. mediar.

doer v.i. 1. Causar dor física. Doeuche a inxección? 2. Cau-sar dor moral. Dóeme o seu desprezo. Dóenlle moito os seus.3. Sentir dor física na parte do corpo que se expresa. Dóemea cabeza. // v.p. 4. (de) Manifestar dor mediante xestos,queixas, etc. Despois da caída doíase do lombo. 5. (de) Sen-tir dor, pena, tristeza, compaixón, etc., por algo ou alguén.Dóese moito dos fillos polos traballos que teñen que pasar.Dóese das miserias de todo o mundo. SIN. apiadarse, com-padecerse, condoerse, considerarse. ANT. desapiadarse. OBS. Conxúgase segundo o modelo de moer.

doutor -ora s. 1. Persoa que posúe o máis alto grao acadé-mico nunha determinada materia. Doutor en dereito. 2. Mé-dico, aínda que non teña o grao de doutor en medicina. Odoutor receitoulle un xarope para a tose.

electroimán s.m. Electr. Imán formado por un núcleo deferro, rodeado dun fío polo que pasa unha corrente eléctricaque magnetiza o núcleo. Os electroimáns teñen moitas apli-cacións, como por exemplo nos timbres eléctricos.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Page 8: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

No caso de verbos transitivos que tamén se utilizan como absolutos, aparece un exemplodeste uso a continuación da abreviatura ABS.:

Os sinónimos (SIN.), antónimos (ANT.) e palabras relacionadas semanticamente coa entrada (CF.) aparecen do seguinte xeito:

-Despois de dous ou máis exemplos fan referencia a todos eles.

-Situados ao final do artigo e precedidos do símbolo ♦ son válidos para todas a acepcións:

-Se aparece ao final da fraseoloxía, indica que o sinónimo é substituíble pola entrada tamén nas frases feitas:

contaminar v.t. 1. Transmitir a [algo ou alguén] xermesou substancias prexudiciais e perigosas. O fume das fábricase dos coches contén substancias que contaminan a atmos-fera. Os restos desa industria contaminan a auga do río.ABS. Substancias que contaminan. 2. fig. Transmitir a [al-guén] un mal, especialmente inmaterial. As desavinzas entreos dous países contaminaron unhas relacións, xa de por sidifíciles. ABS. Modos de vida que contaminan. // v.p. 3. [Al-guén, algo] adquirir xermes ou substancias prexudiciais eperigosas. A causa dunha explosión na fábrica contami-nouse toda a comarca. 4. [Alguén] adquirir un mal, espe-cialmente inmaterial. Se frecuenta ese grupo de amizadestan pouco recomendable, pode contaminarse.

elevación s.f. 1. Acción e efecto de elevar ou elevarse. Aelevación dun aeróstato. SIN. ascensión. Unha forte eleva-ción dos prezos. SIN. aumento, subida. ANT. baixada. 2.

Parte dunha cousa que, con respecto a outra ou outras, estámáis elevada. Unha elevación do terreo. ANT. depresión.

abrollar v.i. 1. [Vexetal] botar gromos ou rebentos. Ao vira primavera abrollan as árbores. SIN. abotoar, abrochar2,agomar, agromar, xenar. 2. [Líquido] saír dun lugar, talcomo a auga dun manancial, as bágoas dos ollos, o sanguedunha ferida, etc. Coa emoción abrolláronlle as lágrimas.Nalgún illó abrolla a auga todo o ano. SIN. manar, xurdir.CF. abullar. ♦ SIN. brotar.

paporroibo s.m. Paxaro da familia dos muscicápidos (Eri-thacus rubecula), de cor olivácea nas partes superiores, coatesta, as fazulas, a gorxa, o papo e o peito rubios e ventreabrancazado, que vive nos xardíns, soutos ou fragas conabondosa vexetación, onde se alimenta de pequenos inver-tebrados, bagas, etc. O primeiro que canta ao amañecer é opaporroibo. SIN. paifoco, pisco. ▲ Paporroibo real. Paxaroda familia dos frinxílidos (Pyrrhula pyrrhula), coa cabeza,gorxa, peteiro, ás e rabo negros, lombo gris, papo, fazulas epeito encarnados e rabadilla branca, o macho, e co lombo,peito e gorxa pardos a femia. O paporroibo real pode verseen parellas ou en pequenos grupos. ♦ SIN. paporrubio.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Page 9: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

A continuación dos sinónimos poden aparecerentre parénteses restricións á sinonimia referidasaos distintos rexistros de lingua:

Nalgunhas entradas inclúense observacións detipo gramatical, ortográfico, semántico ou de uso:

- Ao final do artigo e á parte, aféctanlle á entradaen todas as súas acepcións.

- Despois dunha acepción só lle afectan a esta.

achacar v.t. 1. Considerar algo ou a alguén como causanteou autor de [unha cousa negativa que se expresa]. Achaca-ron o accidente á falta de medidas de seguridade. Achácan-che a avaría da máquina. 2. Sinalar a alguén como posuidorde [unha calidade negativa que se expresa]. Achacáronlle asúa falta de solidariedade. ♦ SIN. apoñer, apor, imputar(máis formal). CF. atribuír.

ornamento s.m. Aquilo que serve para adornar. Un retablocon pouco ornamento. SIN. ornato. Unha raiola facía brillaro ouro dos ornamentos. SIN. adobío, adorno (menos formais).

flebectasia s.f. Med. Dilatación dunha vea. Decidiron ope-ralo porque tiña problemas de flebectasia. SIN. hedra (pop.),variz (menos formal).

a2- pref. Elemento de orixe grega que entra na formación depalabras co significado de ‘negación’ ou ‘privación’. OBS.Adopta a forma an- cando a palabra á que se une comezapor vogal. Ex.: anestesia. Ex.: acéfalo.

absolver v.t. 1. Considerar e declarar [a alguén] libre dunhaculpa, pena, obrigación, falta etc. Absolveron o reo por faltade probas. SIN. exculpar, perdoar. ANT. condenar. Absólvotede facer iso. 2. Catol. Declarar [a un penitente] perdoadodos seus pecados. Oíuno en confesión e absolveuno.

OBS. Este verbo ten dous participios: absolvido e absolto.

accesorio -a adx. 1. Que acompaña ou completa o principal.Dedícanse á agricultura e a outras actividades accesorias.CF. secundario. 2. Que non é necesario. Non o teñas en conta,foi un detalle accesorio. SIN. secundario. // s.m. 3. Peza quenon forma parte dunha máquina, instrumento ou lugar no quese realiza unha actividade, pero que serve para completar oseu funcionamento. OBS. Adoita empregarse en plural. Foi mercarvarios accesorios para a máquina de coser. Os accesorios docuarto de baño. 4. Obxecto que completa a indumentariamasculina ou feminina. OBS. Adoita empregarse en plural. O tonazulado dos accesorios favorecíaa moito. SIN. complemento.

chistar v.i. Provocar atracción, agrado ou afecto. OBS. Empré-

gase normalmente en frases negativas. Non lle chistan nada os se-riais da televisión. Aquel rapaz non che me chistaba moito.SIN. atraer (máis formal), chamar, gustar, tirar. ANT. deschistar.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Page 10: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

- Despois dalgún exemplo, matízase o que seexpresa no exemplo.

O símbolo ▲ indica que a partir de aí comezan os fraseoloxismos:

climatoloxía s.f. Ciencia que estuda os diferentes climasda Terra e as súas manifestacións. OBS. O uso desta palabra co

significado de clima é incorrecto. A informática é de grande axudapara a climatoloxía.

conmemoración s.f. 1. Cerimonia, festa destinada a lem-brar certo acontecemento ou a honrar unha figura destacada.OBS. É pouco frecuente, con todo, referido a persoas. A conmemora-ción do Día das Letras Galegas. CF. festividade. 2. Accióne efecto de conmemorar. O Día da Muller Traballadora ce-lébrase en conmemoración da morte das obreiras dunha fá-brica de tecidos. CF. lembranza, memoria, recordo.

fardel s.m. Saco pequeno. OBS. É normal que se faga unha distin-

ción de tamaño segundo o xénero, así o fardelo ou fardel é máis pequeno

ca a fardela, aínda que nalgúns sitios pode ser ao contrario. Leva a fa-riña nun fardel. Gardou a comida nun fardeliño. CF. taleiga.

madriña s.f. 1. Muller que presenta a quen recibe o sacra-mento da confirmación, do matrimonio, da orde ou, parti-cularmente, do bautismo, así como a quen fai os votos derelixiosa. A madriña da voda foi unha amiga da noiva. PolaPascua, miña madriña sempre me regala unha rosca. OBS.Cando non se especifica nada, refírese, como pode verse no exemplo, á

madriña de bautismo. 2. ext. Tratamento que os netos lle dan áavoa, por ser tradición que esta fose a madriña do bautizodos máis vellos. Madriña, e que nos vai traer da feira? 3.

Muller que, mediante determinadas cerimonias, se converteen protectora de algo ou de alguén. Ao botar un barco, bau-tízano, e a madriña rompe contra o casco unha botella dechampaña. A madriña do rexemento fíxolles entrega dunhabandeira.

obxección s.f. Aquilo que se opón a unha afirmación, opinión, etc., ou o que se alega para rexeitar unha demandaou petición. Ofrecinme para o traballo, pero puxéronme a obxección da idade. CF. inconveniente, obstáculo, reparo.▲ Obxección de conciencia. Oposición a cumprir certas obrigas que o Estado impón, por razóns morais ou relixio-sas, especialmente o servizo militar. Alegou obxección deconciencia para non facer o servizo militar.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Page 11: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

Os fraseoloxismos que teñen como base a palabrada entrada aparecen ao final do artigo precedidosdo símbolo ▲ e ordenados alfabeticamente.

barba s.f. 1. Conxunto de pelos que nacen no queixo, quei-xadas e fazulas do home. Moitos homes deixan medrar abarba. 2. Conxunto destes pelos cando están medrados e serecortan de determinado xeito. Deixou barba. 3. ext. Guechode pelo que teñen algúns animais no papo. As cabras teñenbarba. SIN. beche, perilla. 4. Anat. Parte da cara que estáentre a boca e o pescozo, especialmente a punta en que ter-mina. Levei un golpe na barba. SIN. barbadela, barbarote,barbela, papo, queixo2, queixelo. 5. Cada un dos filamentosdas plumas das aves. Mollou as barbas da pluma na tinta emanchou o papel. 6. Cada un dos filamentos que teñen cer-tos peixes no bico. As barbadas e os barbos teñen barbas.7. Cada unha das láminas córneas que teñen as baleas naboca, pendentes do veo do padal, que fan de criba para reteros pequenos animais presentes na auga. As barbas das ba-leas foron moi utilizadas na industria. SIN. balea1. 8. Con-xunto dos filamentos da espiga do millo. OBS. Úsase tamén en

plural. As barbas do millo, primeiro amarelas, tórnanse lou-ras ao maduraren. SIN. barbela, barbuxa. // pl. 9. Desigual-dades que presenta o bordo do papel sen guillotinar. Éfrecuente que os libros antigos non teñan as barbas recor-tadas. ▲ Barba cabreira. Bot. Planta da familia das com-postas (Tragopogon porrifolius), de talo comprimido, follaslongas e delgadas e flores de cor púrpura. A barba cabreiracultívase para aproveitar a súa raíz, que é de cor branca. /Barba cerrada. Barba mesta e forte. Con dezaoito anos xatiña barba cerrada. SIN. barba pechada. / Barba florida.

Barba branca. Aloumiñaba a barba florida. / Barba

pechada. Barba cerrada. Home de barba pechada,gustáballe vestir con elegancia. / Barbas de raposo. Bot.Planta da familia das convolvuláceas (Cuscuta epithymum),de talos filiformes que forman unha masa de cor vermellaacastañada e flores en glomérulos globosos, que vive nostoxos e xestas, aos que parasita. A xesta estaba inzada debarbas de raposo. SIN. gorga. / Facer a barba. Cortar ouamañar a barba. Gústalle ir ao barbeiro facer a barba. / Nas

barbas (de alguén). col. Na súa presenza. Iso faino igualnas barbas de seus pais. / Por barba. Cada un, cada persoa.Tocamos a mil pesos por barba. SIN. por cabeza, por persoa./ Subírselle ás barbas a (alguén). Tratar sen respecto, de-safiar. Non deixes que os rapaces se che suban ás barbas. /Verlle as barbas a (algo ou alguén). Presentarse diante de[algo ou alguén]. Tiveron que ir verlle as barbas á xustiza.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Page 12: DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGAacademia.gal/documents/10157/28139/Guia_de_usos_dicionario_RAG.… · En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case

A barra simple (/) indica separación entre fraseoloxismos:

Nalgúns casos remítese desde outra entrada a aquela na que aparece tratada esta expresión:

Dentro dun artigo, introdúcese precedido do símbolo ⇐ un sinónimo ou variante menos recomendable:

Se este símbolo aparece dentro dunha das acepcións, a indicación é válida para esa acepción e se aparece ao final do artigo,precedido do símbolo ♦, indica que se refire a todas as acepcións da palabra:

aparencia s.f. 1. Aspecto exterior dunha persoa ou cousa.Un rapaz de boa aparencia. SIN. presenza. A arte figurativaimita a aparencia dos obxectos. 2. Aquilo que parece real enon o é. As aparencias enganan. 3. Aquilo que nos leva aconsiderar de determinada maneira unha persoa ou cousa.Este asunto, a primeira vista, ten mala aparencia. SIN.traza2. Vive da aparencia. ▲ Gardar as aparencias. Ocul-tar o que pode prexudicar a reputación. O matrimonio se-guía vivindo na mesma casa para gardar as aparencias. / Na aparencia. loc. adv. Segundo o que parece a primeiravista. Na aparencia todo funciona ben. SIN. aparentemente.

galénico -a adx. Relativo ou pertencente ao médico gregoGaleno ou aos seus métodos e doutrinas. Perdéronse moitosdos escritos galénicos. Durante moitos séculos a medicinaseguiu o sistema galénico. ▲ Farmacia galénica. V. farmacia. / Preparado galénico. V. preparado.

excomuñón s.f. Acción e efecto de excomungar, ou sanciónpola que unha persoa é excomungada. ⇐ excomunión. Ame-azárono coa excomuñón. Lanzar unha excomuñón. CF. anatema.

mallo s.m. 1. Instrumento agrícola usado para mallar1, queconsta de dúas pezas de pau, a mangueira e o pértego, unidaspor unha correa, de modo que se agarra pola parte máis longae se golpea coa outra. ⇐ mal4. O trigo mallábase cuns mallosde pau de carballo. 2. Martelo de madeira, que pode ser de di-ferentes tamaños e para diversos usos. Encaixaban a roda noeixe coa axuda dun mallo. Cun mallo, o oleiro golpeaba obarro para abrandalo. SIN. mazo, pisón. ♦ SIN. malle, manlle.⇐ manle.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA