datos desenvolta econÓmicos memoria.pdf · 2020. 12. 22. · intelectual encomendadas...

22
ACTIVIDADE DESENVOLTA DATOS ECONÓMICOS AGRADECEMENTOS A ENTIDADE

Upload: others

Post on 11-Aug-2021

13 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIVIDADE

DESENVOLTA

DATOS

ECONÓMICOS AGRADECEMENTOS A ENTIDADE

Page 2: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

A E

NTI

DA

DE

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA MEMORIA. 2018

pax.1/21

A ENTIDADE

Con sede en Vigo, na rúa Marqués de Valladares 1º of. 9, o seu ámbito de atención abarca a toda a Comunidade Autónoma Galega, atopándose a súa maior área de influencia na provincia de Pontevedra.

• Código de Identificación Fiscal: Nº G 36733046.

• Clasificada pola Xunta de Galicia como Benéfico Asistencial Privada (Orde do 10 de abril de 1991). Declarada de Interese Galego (Orde do 11 de abril de 1991)

• Nº 1991/7: Rexistro de Fundacións de Interese Galego,

• Protectorado a cargo da Consellería de Traballo e Benestar .

• nº E –319: Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

• nº 0-180: Rexistro de entidades de acción voluntaria de Galicia.

• nº 250/92: Rexistro de Asociacións do Concello de Vigo.

• Membro da Asociación Española De Fundacións Tutelares.

A FUNDACIÓN TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA, constituída en Vigo o 27 de decembro de 1990, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, sendo o seu fins a Tutela a Protección de persoas con discapacidade intelectual .

Page 3: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

A E

NTI

DA

DE

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA MEMORIA. 2018

pax.2/21

En conformidade cos Estatutos na xuntanza do Padroado do 18 de decembro de 2018 realizouse a preceptiva actualización do Padroado, non presentando modificacións .

Composición do Padroado

Os membros do padroado desempeñan a súa labor de forma voluntaria e gratuíta

O Padroado reúnese como mínimo dúas veces ao ano. A efectos dunha maior eficacia o Presidente, Vicepresidente e Tesoureiro do Padroado constitúen o Comité Executivo; este reúnese sempre que é necesario para a mellor marcha da entidade, tomando as decisións que non requiren a convocatoria expresa de todo o Padroado, dando posterior conta das mesmas ao Padroado.

A representación, goberno e administración da Fundación corresponde a título legal e fundacional o Padroado do que forman parte tanto asociacións e centros de atención a persoas con discapacidade intelectual, como outras entidades de iniciativa social e persoas físicas a nivel particular.

Presidente

Vicepresidente LUIS GONZALEZ RODRIGUEZ

Tesoureira

Vogais

Secretaria: Mª José Balirac Sendón (non patrona)

Teresa Galisteo de la Fuente, representante da ASOCIACIÓN ASPANAEX

Mª Teresa Fdez Cabaleiro (suplente Mª Carmen Puga), en repres. da ASOC. JUAN XXIII

Esteban Bacelo Souto, en representación da ASOCIACIÓN "ACEESCA"

Levi Olivares Gonzálezen representación de ESCRAVAS DA VIRXE DOLOROSA

Mª Teresa Alvarez Quicler,en representación da CRUZ VERMELLA

E.Gonzalo Davila Davila, en representación de CÁRITAS

Cipriano Jiménez Casas, en representación do C.E.E."MENELA"

José Antonio Atienza Hoyuela, en repres. da ORDEN HOSP."SAN JUAN DE DIOS"

José Ricardo Pravio,en representación da AS. "SAN JERONIMO EMILIANI"

Concepción Somoza Torres,en representación da ASOCIACION APAMP

Alberto González da Rosa, en representación da AS.ESPERANZA VAL MIÑOR

JACINTO LAREO JIMENEZ

Page 4: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

A E

NTI

DA

DE

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA MEMORIA. 2018

pax.3/21

ÁREA XURÍDICA

Encárgase dos aspectos xurídicos tanto da propia Fundación como entidade xurídica e dos seus pupilos, como da atención de forma persoal e individualizada ás demandas de asesoramento específico dos familiares e outros responsables de persoas con discapacidade intelectual.

Atenden esta área os avogados D. Fernando Quinza-Torroja, Dª Nuria Casal Domínguez e D. Jacinto Lareo Jimenez. (Profesor de dereito administrativo e Presidente da Fundación)

ÁREA SOCIAL

Encargase da atención directa das persoas tuteladas. Realiza o seguimento das tutelas encomendadas de forma continua, individualizada e directa en tódolos ámbitos (social, afectivo, económico, de xestión,..).

Coordina e apoia ó voluntariado na importante tarefa de relación persoal, afectiva e de compromiso cos tutelados asignados dentro do programa específico de Voluntarios Tutelares.

Recibe as demandas de información e asesoramento.

Informa e orienta ós pais, familiares é outras persoas físicas ou xurídicas co solicitan, dando a coñece-las vías a seguir, recursos existentes e de ser o caso prestando os apoios necesarios.

Traspasa á area xurídica aqueles casos que requiren a súa intervención, para ser asesorados de forma persoal polos membros de dita área.

Atenden esta área a traballadora social Dª. Beatriz Díaz Prego (responsable) e a educadora social Dª Noelia Vega Martínez (auxiliar), contando co apoio de 5 voluntarios tutelares.

ÁREA ADMINISTRATIVA

Encargase das tarefas de administración e secretaria así como as derivadas da xestión económica e contable da Fundación.

Atende esta área Dª Mª José Balirac Sendón, posgrao en dirección e xestión de organizacións non lucrativas e de economía social.

ÁREA XURÍDICA ÁREA SOCIAL ÁREA ADMINIST. OR

GA

NIG

RA

MA

FU

NC

ION

AL

Page 5: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

A E

NTI

DA

DE

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA MEMORIA. 2018

pax.4/21

SERVIZO DE TUTELA de persoas con discapacidade intelectual –maiores de idade- cuxa capacidade xurídica foi modificada ou revisade e se atopa en situación de vulnerabilidade .

Os pais e familiares pola súa relación humana, de afecto e compromiso, consideraranse sempre, salvo evidencia en contra, os primeiros en ser designados titores. O exercicio da tutela por parte da Fundación limítase ós casos nos que non é posible encontrar no entorno familiar e próximo, á persoa física que reunindo as características adecuadas este disposta a asumi-las responsabilidades tutelares en busca sempre do maior beneficio para o tutelado.

A Fundación non presta servizos residenciais, laborais, educativos, etc. por entenderco mellor exercicio da tutela precisa do titor a independencia necesaria para actuar como un usuario informado e esixente respecto ós servizos que se prestan ós tutelados, optando por ser consumidores dos servizos que prestan as entidades públicas e privadas.

SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO a familias de persoas con discapacidade intelectual, titores, curadores e outras persoas relacionadas ca garda e custodia , así como a entidades de todo tipo que teñan fins similares.

A Fundación exerce o cargo de titor, tras ser designada polo poder xudicial para tal fin prestando os apoios tutelares necesarios e indispensables para velar, supervisar e complementar a capacidade de cada unha das persoas encomendadas, protexendo e garantindo os seus dereitos, promovendo seu pleno desenvolvemento persoal, súa máxima inclusión social e a mellor calidade de vida posible.

Para o cumprimento dos seus fins a Fundación desenvolve de forma específica e continuada os servizos de TUTELA e de INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.

Page 6: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.5/21

ACTIVIDADE DESENVOLTA

“TUTELA E PROTECCIÓN

DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL”

Actividade continuada no tempo, destinada a velar Persoas con Discapacidade Intelectual procurándolles os apoios necesarios para o seu desenvolvemento integral e a súa inclusión na sociedade a través das seguintes actuacións:

A) Exercicio dos cargos de tutelares das Persoas con Discapacidade Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando os seus bens con extrema dilixencia.

B) Atención ó Servizo de Información e asesoramento ás familias das persoas con discapacidade intelectual, titores, curadores e outras persoas relacionadas ca súa garda e custodia, así como a entidades de todo tipo que teñan fins similares.

A) EXERCICIO DOS CARGOS TUTELARES, das Persoas con Discapacidade Intelectual

encomendadas xudicialmente. A no ser que existan circunstancias que aconsellen o cambio de titor; unha vez asumidas, as tutelas mantense durante a vida da persoa tutelada, finalizando tras a defunción da mesma. Cargos Tutelares en exercicio a 1 / xaneiro / 2018 : 52 51 Tutelas / 1 Curatela

Variacións o longo do ano:

Altas: 1

• 12/xaneiro/2018, aceptación do cargo de curador encomendado polo xulgado de 1º Instancia nº 5 de Vigo.

Baixas: 1

• 31/xaneiro/2018, por defunción da persoa tutelada.

Cargos Tutelares en exercicio a 31 / decembro / 2018 : 52 50 Tutelas / 2 Curatelas

Page 7: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.6/21

Nas seguintes gráficas preséntanse os datos mais significativos das persoas tuteladas pola Fundación durante o ano 2018:

Page 8: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.7/21

A Fundación non presta servizos residenciais, laborais, educativos, etc. por entender co

mellor exercicio da tutela precisa do titor a independencia necesaria para actuar como

un usuario informado e esixente respecto ós servizos que se prestan ós tutelados,

optando por ser consumidores dos servizos que prestan as entidades públicas e

privadas.

Page 9: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.8/21

Actuacións:

A Fundación actúa como un pai responsable e comprometido no benestar de cada unha das persoas encomendadas; velando tanto pola dimensión persoal como pola patrimonial (considerando que a patrimonial debe estar supeditada a persoal).

Tendo en conta as singularidades, gustos, e necesidades persoais, procúranselles os recursos e apoios necesarios (lugar de vida, educación, traballo, ocio, integración, ...), para o seu mellor desenvolvemento persoal e social .

Page 10: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.9/21

a) No ámbito persoal

� Seguimento continuo, individual e personalizado da evolución de cada tutelado, en coordinación e colaboración có persoal dos centros de vida e servizos sociais do entorno.

� Contacto persoal afectivo e cercan con visitas periódicas nos lugares de vida e acompañamento noutras saídas.

� Control e seguimento en casos de atencións sanitarias. Solicitude de citas médicas, acompañamentos ós especialistas, servizos de urxencias e/o no seu caso, nos ingresos hospitalarios.

� Contacto e coordinación cós familiares, nos casos en que contan con eles, realizando entrevistas persoais e visitas domiciliarias.

� Programación , coordinación e seguimento na realización de actividades de Ocio e tempo Libre.

� Compras de roupa e outros utensilios persoais o comezo das tempadas de Verán e inverno e segundo necesidades.

� Solicitude e seguimento de programas e servizos específicos, en caso de ser precisos.

� Xestión da documentación persoal (NIF, tarxeta sanitaria, situación de dependencia, tarxeta de transporte, padrón municipal,...)

� Atención as demandas persoais. � Programación, seguimento e control das actividades do voluntariado.

b) No ámbito patrimonial

• Contabilización e xestión dos bens de forma rigorosa e detallada, buscando sempre as mellores condicións no único e exclusivo beneficio de cada un dos tutelados.

• Control de ingresos e gastos.

• Solicitude e/o actualización de pensións e outras axudas económicas

• Cumprimento das obrigas fiscais e contributivas (renda, impostos,...).

c) No ámbito xurídico

• Rendición anual de contas ós xulgados (situación persoal e patrimonial).

• Solicitude de autorizacións xudiciais (Herdanzas, internamentos, ventas...)

• Atención e seguimento das demandas xudiciais.

• Asistencia a Xuízos, Comparecencias nos Xulgados

• Procedementos de reintegro da capacidade para o sufraxio universal

Page 11: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.10/21

No caso da asunción de novos cargos tutelares

1 novo cargo tutelar asumido o 12/xaneiro/2018, tras a aceptación do cargo de curador encomendado polo xulgado de 1º Instancia nº 5 de Vigo.

A asunción dun novo cargo leva consigo as seguintes actuacións específicas:

• Contestación e asistencia a demanda xudicial.

• Apertura de Expediente

• Recollida de datos e documentación para o estudio e valoración da situación particular (sociais, económicos, sanitarios, vivenda, familiares, xudiciais...).

• Contacto directo co tutelado e as persoas de referencia no seu entorno (centro de vida, familia,...).

• Elaboración e presentación no xulgado do Inventario.

• Comunicación ante os distintos Organismos e Entidades da nova Representación Legal.

• Actualización e contratación de novas contas bancarias, Seguro de Responsabilidade Civil e Seguro de Decesos.

• Xestións das Prestacións e Pensións (modificación contas bancarias, identificación da representación legal, domicilio de notificacións,..)

• Preparación do plan individualizado.

No caso da baixa por defunción:

1 baixa o 31/xaneiro/2018 por defunción da persoa tutelada, tras mais de 20 anos de exercicio do cargo (tutela asumida o 6/outubro/1997, tras o nomeamento do xulgado de 1ª Instancia do Barco de Valdeorras).

• Trámites, comunicacións e acompañamentos co motivo do deceso.

• Preparación e presentación da Rendición final de contas ao xulgado .

Page 12: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.11/21

No día a día, o seguimento e prestación dos apoios necesarios para o mellor desenvolvemento da

persoa tutelada a tódolos niveis -persoal/social/ económico/...) é constante, tendo sempre moi en

conta as súas necesidades, inquietudes e preferencias, e cumprindo en tempo e forma cas obrigas

administrativas e xudiciais que lle son propias en relación ao cargo tutelar desempeñado.

DATOS nº de persoas

Seguimento persoalizado 52

Cambio de centro residencial 2

Contactos cos familiares 27

Saidas compras personais 48

Problemática sanitaria específica 27

Necesidades axudas técnico-sanitarias 13

Intervencións e hospitalización 3

Urxencias hospitalarias 9

Asistencia a Campamentos 18

Respiros e convivencias 11

Participacion grupo ocio 5

Participacion Activ. artistico- musicais 5

Participación Actividades deportivas 25

Participación Actividades formativas 5

Xestións tarxetas transporte público 12

Xestións varias seguro decesos 52

Xestións Propiedades (Impostos/ seguros/mantemento,…) 11

Renovacións DNI 3

Reintegro da capacidade para o sufragio universal 2

Xestións Padrón municipal 5

Presentación IRPF 40

Outras xestións con Facenda 3

Xestión decesos e rendición final ó xulgado 1

Presentación Inventario inicial ó xulgado 1

Rendición anual de contas ó xulgado 51

Page 13: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.12/21

O fomento das relacións persoais de integración e de ocio das persoas tuteladas, teñen un papel

destacado dentro das actividades da Fundación; procurando que, na medida das súas posibilidades

e tendo en conta os seus desexos, poidan participar en aquelas actividades que se desenrolan no

seu entorno comunitario, prestando cando é preciso os apoios necesarios para a súa realización.

Ademais de participar nas actividades organizadas polos seus respectivos centros residenciais,

tamén participaron noutras actividades organizadas por diferentes entidades e pola propia

Fundación . As saídas da rutina diaria sempre teñen un efecto moi positivo a nivel persoal e

promoven unha maior visualización e normalización do colectivo de persoas con diversidade

funcional.

Os voluntarios tutelares desempeñan un importante papel co tutelado asignado pois son un

referente externo enriquecedor tanto a nivel persoal e social, participando con eles en diferentes

actividades e mantendo unha relación afectiva gratificante.

Durante o ano nosos tutelados participaron nas seguintes actividades:

• Xuntanza anual de Confraternidade

Celebrada o 17 de xaneiro en Vigo, é unha das xornadas mais esperadas polos

tutelados, na que participan como unha grande familia, nun ambiente festivo e

integrador, tutelados, voluntarios, membros do padroado e persoal da Fundación;

durante a mesma entreganse os ansiados agasallos do Nadal.

Page 14: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.13/21

• Celebración dos cumpreanos.

Mensualmente, fanse saídas de ocio con aqueles tutelados que estiveron de cumpreanos

en datas cercanas. Son actividades realizadas en grupos moi pequenos, nas que ademáis

da propia saída entregase o correspondente agasallo.

• Participación en campamentos:

� Campamento de Verán en Viveiro, organizado por EVD Galicia. Quendas de xullo e

agosto.

� Albergue Muiño de Pedroso, en Narón, organizado pola Escola de Tempo Libre

Tempus. Quendas de xullo e agosto

� Albergue en San Campio en Tomiño, organizado pola Escola de Tempo Libre Tempus.

Quenda de agosto

� Campo de traballo en Vilarbó, organizado pola Escola de Tempo e Aire Libre Néboa.

� Camping Playa América, en Nigrán, organizado por Asnais.

• Respiros e convivencias

� Intercambio entre Centros Atención Persoas con Discapacidades (CAPD de Redondela

e os CAPD de A Coruña, Zamora e Sarria).

� Encuentro inter-centros organizado por EVD Galicia

� Estancias vacacionais en Asociación Aspadex (Cee).

� Convivencias Fundación Igualarte, entre familias e usuarios.

� Convivencias Aspanaex, celebradas en Gijón.

Page 15: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.14/21

• Actividades formativas e artísticas (de xeito continuado o logo do ano)

� Actividade de informática na Asociación vecinal de Coia (Vigo)

� Educación Secundaria para Adultos no EPA do Berbés (Vigo)

� Proxecto Pensamento Libre, organizado por Fademga (Santiago de Compostela.

� Actividades músico-artísticas realizadas na Fundación Igualarte. (Vigo)

• Actividades deportivas e de ocio (de xeito continuado o logo do ano)

� Actividade de vela, lúdico deportiva no Monte Real Club de Iates de Baiona.

� Colegas de Ocio, saídas organizadas por Aspnais na cidade de Lugo

� Sábado dinámico, organizado por Abertal na cidade de Vigo.

� Equipo de fútbol Celta Íntegra

� Actividades de piscina realizadas nas instalacións municipais de O Porriño e

Redondela.

� Campionatos deportivos para persoas con diversidade funcional

organizados por Fegaddi e por Special Olympics.

� Actividade de pilates na Asociación Vecinal de Mos.

� Actividade de Zumba na Asociación Vecinal de Mos.

� Saída semanal no Proyecto “Discamino”

Page 16: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.15/21

• Actividades Puntuais

� Actividades Fundamar, organizadas con motivo do Festival SeaFest, en Vigo.

� Estancia en Balneario de Laias. Organizado pola Residencia Santa María de

Ourense.

� Programa Europeo de Erasmus, organizado pola Escola de Tempo Libre Tempus.

� 18º encontró autonómico de autoxestores. Organizado por Fademga Plena

Inclusión Galicia en O Carballiño

� Taller de cociña saudable, organizado por Fademga Plena Inclusión Galicia.

� Ponte do Samaín en Ferrol, organizado pola Escola de Tempo Libre Tempus.

� Participación en la Exposición de la Camelia de Campolongo. (Pontevedra)

As saidas para compras, xestións administrativas, médicas..., aprovéitanse para a

adquisición e afianzamento de habilidades da vida diaria , beneficiando a

integración e maior autoestima..

Page 17: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.16/21

• Mantemento de vínculos coa familia e o entorno familiar e amigos

Nos casos nos que os tutelados contan con familia, ou un entorno familiar que

posibilite as relacións, sempre que existan as condicións adecuadas, procurase que

poidan manter contacto con certa periodicidade.

Se a situación o require, realizaranse xestións e actuacións específicas para organizar

contactos, prestando dende a Fundación os apoios necesarios: xestión dos

desprazamentos, envío de alimentos e incluso ,de ser preciso, adecuación da vivenda

nos casos de estancias nos domicilios.

O 52% das persoas tuteladas manteñen algún tipo de contacto coa súa familia.

� Visitas dos familiares aos centros de vida dos tutelados

� Saídas do centro (paseos/celebracións/...)

� Estancias periódicas nos domicilios ( fins de semana/ vacacións/...)

Cando é preciso un traslado de residencia, procuranse manter os vínculos de amizade,

beneficiosos para eles, para así fomentar a continuidade cos círculos sociais de

referencia, participando cando é posible en actividades conjuntas cos seus antiguos

compañeiros.

Page 18: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.17/21

B) SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

Tratase dun servizo especializado, personalizado e gratuíto de asesoramento social e xurídico a familias e outros responsables de persoas con discapacidade intelectual, así como a entidades de todo tipo que teñan fins similares, sobre temas relacionados coa tutela e protección de ditas persoas; tendo en conta que a atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia ten un grado de preferencia. Servizo aberto de luns a venres na sede da Fundación para a asunción das demandas de información e /o asesoramento. Complementa á actividade principal que é o exercicio dos cargos tutelares encomendados xudicialmente.

En resposta as demandas recibidas realizáronse 65 intervencións de Información e Asesoramento personalizado, das que 49 responderon a consultas de persoas físicas (pais, irmáns, titores,...),; e, 16 de Persoas Xurídicas (Asociacións, centros de atención a persoas con discapacidade, concellos, centros de saúde,..).

Cando a información solicitada non pode resolverse de forma inmediata, e estímase preciso un asesoramento específico, concertase unha entrevista persoal na área social ou xurídica segundo o caso. As consultas dos familiares adoitan precisar a concertación dunha entrevista para a resolución das súas dúbidas.

� Sen cita previa: Moitas das consultas o tratarse de temas de información xeral resolvéronse de forma non presencial, por teléfono ou correo electrónico.

� Con cita previa (Entrevistas persoais): Cando o tema exposto precisou unha maior atención, concertáronse citas para unha posterior entrevista persoal na sede da Fundación solicitando que se achegue a documentación necesaria para o mais axeitado asesoramento á problemática formulada.

As entrevistas previa cita son atendidas individualmente polos responsables das áreas social e/o xurídica, segundo as características concretas de cada un dos casos formulados. Realizáronse 27 entrevistas persoais das que 4 foron atendidas individualmente polo Comité Xurídico

A traballadora social da Fundación recibe de forma persoal ás familias, recompila a información necesaria e informa e orienta sobre os temas expostos, contando de ser o caso co asesoramento específico do avogado da fundación. Cando a traballadora social estima que o caso precisa un asesoramento persoal en materia xurídica, ou se demanda especificamente este asesoramento, concertase unha nova entrevista ca comisión xurídica.

Page 19: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.18/21

Intervencións homes mulleres

Non Presenciais (Tlf/e-mail/…) 38 23 15

Persoas fisicas 22 15 7

Persoas xurídicas 16 8 8

Entrevistas (Asesoramento específico) 27 11 16

Área Social 23 9 14

Área Xurídica 4 2 2

TOTAL ATENCIÓNS NO SERVIZO 65 34 31

DATOS 2018 : Informacion e Asesoramento

Page 20: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

ACTIV

IDAD

E D

ESEN

VO

LTA

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.19/21

ASISTENCIA A ACTIVIDADES FORMATIVAS E DE INFORMACIÓN

• CONGRESO XURÍDICO SOBRE OS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE E DEPENDENCIA. Posta en valor da intervención do letrado en materia de discapacidade e dependencia. Organizado por IN. XURGA (Xuristas Galegos pola Inclusión). Pontevedra 21 e 22 de febreiro de 2018.

• X ENCONTRO DE PATRÓNS DE FUNDACIÓNS TUTELARES ( A Xestión do cambio / Logros e retos das Fundacións Tutelares e da AEFT / A reforma da lexislación civil e procesal en materia de discapacidade/ O bó goberno no Padroado). Organizado pola Asociación Española de Fundacións Tutelares. Madrid, 26 e 27 de maio de 2018.

• XORNADAS DE ASESOREMENTO XURÍDICO A FAMILIAS. A Protección Xurídica das Persoas con Discapacidade. Organizadas polo Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas. Vigo 22 de outubro de 2018.

• VII XORNADAS do MODELO DE TUTELA : PROTECCIÓN DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. Organizadas pola Asociación Española de Fundacións Tutelares. Madrid, 5 e 6 de novembro de 2018

• XIIV XORNADAS DO FORO DE ASESORES XURÍDICOS de FUNDACIÓNS TUTELARES. Organizadas pola Asociación Española de Fundacións Tutelares. Madrid, 16 de novembro de 2018.

Page 21: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.20/21

DA

TOS

ECO

MIC

OS

DATOS ECONÓMICOS

Page 22: DATOS DESENVOLTA ECONÓMICOS MEMORIA.pdf · 2020. 12. 22. · Intelectual encomendadas xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo, coidando da persoa e administrando

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA

MEMORIA. 2018

pax.21/21

AG

RA

DEC

EMEN

TOS

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración recibida, tanto a nivel persoal (responsables e coidadores dos centros de vida, voluntarios, asesores, ... ), como económico ( Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo; e todas e cada unha das persoas físicas e xurídicas que coas súas achegas fixeron posible o desenvolvemento da actividade).

A Fundación Sálvora traballa de forma desinteresada e gratuíta en busca do mellor benestar e exclusivo beneficio das persoas con discapacidade intelectual. Sen o apoio e colaboración tanto da administración pública como da sociedade civil non sería posible levar adiante a súa labor.

FUNDACION TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

SÁLVORA Marqués de Valladares 14, 1º of.9

36201.Vigo Tlf.:986 228074

Web:fundacionsalvora.org