infórmate dos teus dereitos e obrigas en prl: compite en...

2
Infórmate dos teus dereitos e obrigas en PRL: [email protected] 981 54 46 25 Súmate á prevención de riscos laborais no emprego autónomo Compite en seguridade e calidade Edita: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) - Depósito legal: C 2365-2016 INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Upload: others

Post on 14-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Infórmate dos teus dereitos e obrigas en PRL: Compite en ...oficinadoautonomo.gal/sites/default/files/issga16... · artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de

Infórmate dos teusdereitos e obrigas en PRL:

[email protected] 54 46 25

Súmate á prevenciónde riscos laborais no emprego autónomo

Compite en

seguridade e calidade

Edita

: Ins

titut

o G

aleg

o de

Seg

urid

ade

e Sa

úde

Labo

ral (

ISSG

A) -

Dep

ósito

lega

l: C

2365

-201

6

INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Page 2: Infórmate dos teus dereitos e obrigas en PRL: Compite en ...oficinadoautonomo.gal/sites/default/files/issga16... · artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de

O emprego autónomo e a prevención de riscos laborais

Continxencias comúnsEngloban aquelas situacións que poden sobrevir ao persoal traballador, impedíndolle traballar e non rela-cionadas coa súa actividade profesional (enfermida-de común e accidente non laboral).

Continxencias profesionaisEngloban aquelas situacións de enfermidade ou ac-cidente que poden sobrevir ao persoal traballador, impedíndolle traballar e que foron causadas ou agra-vadas pola actividade laboral (accidente de traballo e enfermidade profesional).

• Integrar a prevención no sistema xeral de xestión da empresa mediante a implantación e aplicación dun plan de prevención.

• Realizar a avaliación dos riscos que non puideron ser evitados ou eliminados e planificar a actividade pre-ventiva a partir de dita avaliación.

• Cumprir os deberes de información, consulta e parti-cipación dos/as traballadores/as.

• Levar a cabo unha axeitada vixilancia da saúde do persoal traballador.

Velar pola propia seguridade e saúde no traballo e a daquelas persoas ás que poida afectar a súa actividade profesional.

• Informar sobre os riscos específicos que poidan afectar os/as traballadores/as das outras empresas, en particular os que poidan agravarse ou modificar-se pola concorrencia. Facilitarase: antes do inicio das actividades, cando se produza un cambio relevante e cando se produciu unha situación de emerxencia.

• Ante riscos graves ou moi graves, facilitar a informa-ción por escrito.

• Comunicar de inmediato toda situación de emerxen-cia susceptible de afectar a saúde ou a seguridade do persoal traballador.

• Cumprir as instrucións sobre prevención de riscos dadas polo empresariado titular do centro de traballo.

• A interromper a actividade e abandonar o lugar de traballo en caso de risco grave e inminente para a vida ou a saúde.

• A recibir a información e instrucións adecuadas aos riscos existentes cando desenvolvan actividades nun centro de traballo alleo.

• A recibir a información necesaria para manipular sen riscos a maquinaria, equipos, produtos, materias primas e útiles de traballo facilitados pola empresa para a que traballan, para realizar a actividade fóra do centro de traballo desta.

Facilítase o acceso a protección• Non se require ningún período mínimo de cotización

para ter dereito ás prestacións.

Outórgase unha protección reforzada• A prestación de incapacidade temporal abónase

desde o día seguinte ao da baixa na contía do 75% da base reguladora.

• As pensións calcúlanse sobre o salario real do tra-ballador.

• Protéxese a situación de incapacidade permanente parcial.

• As lesións irreversibles que, sen constituír unha in-capacidade permanente, supoñan unha limitación na integridade física, dan dereito a unha indemnización.

• No caso de morte e supervivencia, ademais da prestación correspondente, recoñécese unha in-demnización a tanto alzado.

A acción protectora da Seguridade SocialTipos de continxencias

Protección especial das continxencias profesionais

Obrigas no caso de contar con persoas traballadoras ao cargo

Obrigas específicas en obras de construción

Principais dereitos

Principais obrigas

• Usar adecuadamente as máquinas, ferramentas e aparellos, non poñer fóra de funcionamento e utilizar correctamente os dispositivos de seguridade, etc.

• Utilizar equipos de traballo que cumpran coas nor-mas de seguridade.

• Elixir e utilizar equipos de protección individual, can-do así sexa necesario, que sexan adecuados ao risco existente.

• Atender as instrucións que realice o coordinador de seguridade e saúde ou se é o caso, a dirección facul-tativa durante a execución da obra.

• Cumprir o establecido no plan de seguridade e saúde no traballo.

Se concorren nun mesmo centro de traballo con outras persoas traballadoras, cumprirase cos de-beres de cooperación, información e instrución.

Á integridade física e a unha protección adecuada da seguridade e saúde no traballo.

Teñen todas as obrigas que, con respecto ao seu persoal traballador, a lexislación de prevención de riscos laborais fixa para o empresariado.

RD 171/2004 de coordinación de actividades empresariais que desenvolve o artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

As demais obrigas fixadas no RD 1627/1997 polo que se establecen disposi-cións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construción.

Lei 20/20 07, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. As demais obrigas fixadas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e na normativa que a desenvolve.

Non todos os traballadores autónomos teñen a obriga de cotizar por CONTINXENCIAS PROFESIONAIS, pero facelo supón diferenzas no nivel de protección.

INFORMATE DAS SÚAS VANTAXES!ESTE CUSTO É UNHA INVERSIÓN!901 50 20 50 www.seg-social.es

Real decreto 1273/2003, do 10 de outubro, polo que se regula a cobertura das continxencias profesionais dos traballadores incluídos no Réxime Espe-cial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, e a ampliación da prestación por incapacidade temporal para os traballado-res por conta propia.