currÍculo educaciÓn infantil

21
CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL LOE

Upload: valiant

Post on 08-Jan-2016

57 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL. LOE. REFERENTES :. - Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. - Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de educación infantil. Situación Actual : Anteproxecto de Decreto. O SENTIR…. - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

LOE

Page 2: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

REFERENTES:

• - Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

- Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de educación infantil.

• Situación Actual: Anteproxecto de Decreto.

Page 3: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

O SENTIR…

• A aprendizaxe prodúcese en contextos significativos.

• Destaca a propia achega da nena e do neno como elemento mediador na aprendizaxe que vai construíndo.

• Cómpre ter como referente a adquisición das competencias básicas.

• Deféndese unha metodoloxía activa e un enfoque construtivista

Page 4: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

ÁREAS DE COÑECEMENTO:

• AUTOCOÑECEMENTO E AUTONOMÍA

• COÑECEMENTO DO CONTORNO E INTERACCIÓN CO MUNDO

• LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

• INTRODUCIÓN• OBXECTIVOS• CONTIDOS• CRITERIOS DE

AVALIACIÓN

Page 5: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

AUTOCOÑECEMENTO E AUTONOMÍA• Trátase de desenvolver o proceso de construción persoal

BLOQUES DE CONTIDOS :

0-3 anos 3-6 anos

O corpo O corpo e a propia imaxe

A identidade, a autoestima e as emocións

Xogo e movemento

O coidado persoal A actividade cotiá

Coidado persoal e saúde

Page 6: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

COÑECEMENTO DO CONTORNO E INTERACCIÓN CO MUNDO

• Favorecer o proceso de descubrimento e representación dos diferentes contextos que compoñen o propio contorno

BLOQUES DE CONTIDOS

0-3 anos 3-6 anos

O medio físico Medio físico: elementos, relacións e medida

Achegamento á natureza Achegamento á natureza

Cultura e vida en sociedade Cultura e vida en sociedade

Page 7: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

• A comunicación nas súas diversas manifestacións implica a capacidade de producir, recibir e interpretar mensaxes

BLOQUES DE CONTIDOS

0-3 anos 3-6 anos

Comunicación xestual e oral Linguaxe verbal

Expresión plástica e musical Linguaxe artística: Plástica, musical e corporal

Representación escrita e dramática Linguaxe audiovisual

Page 8: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

8 COMPETENCIAS BÁSICAS• Competencia lingüística • Competencia matemática • Competencia no coñecemento e na

interacción co mundo físico • Tratamento da información e competencia

dixital • Competencia social e cidadá • Competencia cultural e artística • Competencia para aprender a aprender • Competencia autonomía e iniciativa persoal

Page 9: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

Contribución dende a educación infantil:

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA

Fomentando a participación, respectando a diversidade de respostas e ofrecendo un clima no que se anime a ler, escribir e conversar.

Page 10: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

Contribución dende a educación infantil:

COMPETENCIA MATEMÁTICA

Empregando os elementos e razoamentos matemáticos para enfrontarse ás situacións cotiás e reais que o precisen.

Page 11: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

Contribución dende a educación infantil:

COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E NA INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO

• Iniciando as criaturas no pensamento científico, potenciando habilidades de investigación: formular hipóteses, recoñecer evidencias, observar, formular interrogantes, descubrir alternativas, verificar, predicir, xerar novas ideas e solucións

Page 12: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

Contribución dende a educación infantil:

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

Propoñendo situacións nas que sexa necesario resolver problemas reais, para o cal se recorrerá ao tratamento da información e ao uso dos recursos tecnolóxicos.

Supón aprender “sobre” e “coas” TIC.

Page 13: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

Traballando as habilidades sociais que permiten mediar nos conflitos da convivencia, axudan a resolvelos con actitude construtiva e a tomar decisións con autonomía.

Page 14: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA

Cando a aula estea aberta ás diferentes manifestacións culturais e artísticas.

Page 15: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

Contribución dende a educación infantil:

COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER

• Incidindo na potenciación da comprensión e da expresión lingüística, da memoria, da motivación, da observación, dos rexistros das aprendizaxes, do traballo cooperativo e por proxectos, da resolución de problemas, posibilitando a planificación e organización da tarefa a realizar, a selección e o tratamento da información.

Page 16: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

Contribución dende a educación infantil:

COMPETENCIA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

Cando se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade.

Page 17: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

AS COMPETENCIAS BÁSICAS E A SÚA REPERCUSIÓN NA METODOLOXÍA

• A incorporación das competencias básicas no currículo obriga a reformular a práctica educativa.

• Abandonar os tradicionais modelos de transmisión do coñecemento por modelos que permitan a mobilización de diferentes recursos cognitivos.

• O paradigma educacional referente: “aprender a aprender” e de “aprender facendo”. Precísase unha aprendizaxe significativa que se transfira a situacións da vida real e que implique a resolución de problemas na práctica.

Page 18: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

CAMBIOS MÁIS SIGNIFICATIVOS CON RESPECTO AO CURRÍCULO

ANTERIOR

Page 19: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

- Achegamento á lingua escrita. Utilización funcional e significativa da lectura e da escritura na aula. Achegamento á literatura infantil a partir de textos comprensibles e accesibles para que esta iniciación literaria sexa fonte de gozo, de diversión e de xogo.

- A lóxica matemática como instrumento para coñecer o medio e interactuar co mundo. Favorecerase nas criaturas as nocións de tempo, espazo, causalidade, cuantificación e a resolución de problemas que se presentan na súa vida cotiá. As distintas formas de expresión matemática preséntanse como unha ferramenta para interpretar e intervir en situacións e actividades da vida cotiá.

Page 20: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

- Iniciación ás tecnoloxías da información e comunicación. A educación sobre e cos medios de comunicación, identificando o papel que estas teñen na vida, interesándose polo seu coñecemento e iniciándose no seu uso.

- Primeira aproximación á lingua estranxeira. A lingua estranxeira practicarase en contextos comunicativos reais e funcionais nos que o alumnado se implique e participe activamente.

Page 21: CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL