dalle a olta, - innovarte educación infantil · que se establece o currículo da educación...

65

Upload: dangthuy

Post on 09-Nov-2018

221 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación
Page 2: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

Dalle a olta,Proxecto de educación para o consumo

en educación infantil

Ángeles Abelleira Bardanca

Page 3: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

Autora

© Ángeles Abelleira Bardanca

Ilustración da cuberta

© Casilda Losada Abelleira

Fotografías

As fotografías dos proxectos presentados

foron realizadas co alumnado de 4º A da

EEI Milladoiro e de 3º C do CEIP A Mahía.

Edita

Xunta de Galicia, 2011

Instituto Galego de Consumo

Produción

Editorial Galaxia, S. A.

Deseño e maquetación

Hayat Husein

Depósito legal VG 186-2011

ISBN 978-84-453-4979-3

PDF interactivo con teclas de navegación

e enlaces web ás obras de lectura e de

referencia

Page 4: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

Presentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5

Introducción . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6

A educación para o consumo na educación

infantil . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8

Competencia social e cidadá

para o consumo . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8

Competencia en autonomía e iniciativa

persoal e consumo . . . . . . . . . . . . . . . 9

Competencia no coñecemento e na

interacción co mundo físico e consumo . . . 9

Competencia en comunicación lingüística

e consumo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10

Competencia matemática e consumo . . 10

Tratamento da información,

competencia dixital e consumo . . . . . . 10

Competencia cultural e artística e consumo . . 11

Competencia para aprender a aprender

e consumo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11

Educación para o consumo e emocións . . . . . 13

A educación para o consumo responsable

como proxecto integral do centro educativo . . 14

Educación para o consumo nas celebracións

escolares . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 17

Educación para o consumo e familia . . . . . . . 18

Educación para o consumo no comedor

escolar . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 19

Educación para o consumo nas actividades

extraescolares . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20

A educación para o consumo e as Tecnoloxias

da Información e da Comunicación (TIC) . . . 21

A educación para o consumo desde

a biblioteca . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 22

Unha festa diferente . . . . . . . . . . . . . 22

Quero isto, isto, e isto tamén! . . . . . . . 25

Mércame…! . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 26

Espelliño, espelliño… . . . . . . . . . . . . . 31

Como como . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 36

Como consumo . . . . . . . . . . . . . . . . . 40

Gargalladas sen cartos . . . . . . . . . . . . 47

Exemplificacións didacticas de traballo coa

educación para o consumo nas aulas infantis . . 51

BicArte: as caixas dos bicos. Un proxecto

de educación para o consumo e emocións

na aula de 3 anos . . . . . . . . . . . . . . . 51

EnlatArte. Un proxecto de educación

para o consumo e a arte na aula

de 4 anos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 53

EncaixArte. Un proxecto de educación

para o consumo e trazabilidade na aula

de 5 anos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 56

Recursos on line para a educación

do consumidor . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 59

Web . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 59

Blog . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 60

Libros, estudos e artigos . . . . . . . . . . 60

Para crer na realidade do mundo.

Francisco Castro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 62

Índice

Page 5: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

5Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Presentación

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Consumo, comprácese de poñer á disposición da comunidade educativa un instrumento didáctico que permita o tratamento da educación para o consumo responsable en toda a etapa da educación infantil.

Un enfoque actual que contempla a nova visión do servizo educati-vo que se debe prestar á infancia galega e que emana directamente do currículo en vigor; así como das máis modernas teorías pedagóxicas que beben de investigacións realizadas no campo da neurociencia aplicada á educación, facendo fincapé nos aspectos afectivo-emocionais como deter-minantes nos procesos de ensino e aprendizaxe.

Son moitas e moi valiosas todas as iniciativas no eido da innovación educativa, da formación do profesorado e da información que desde a Es-cola do Instituto Galego de Consumo se veñen realizando nestes últimos tempos, pero énchenos de orgullo o proxecto “Dálle a volta”, porque é a primeira vez que se establece un marco teórico e referencial de como levar a cabo os obxectivos da educación para o consumo, ofrecendo orientacións e exemplos de como traballar o consumo responsable desde o proxecto edu-cativo do centro escolar. Asemade, é a etapa que máis se vincula a familia coa escola, actuando esta como caixa de resonancia de accións que, pola man dos rapaces, son trasladadas ao ámbito familiar.

“Dálle a volta” quere ser, tamén, un proxecto que se adapte aos re-quirimentos da escola 2.0, con tal motivo, elaborouse para ser distribuído e empregado desde a rede, tanto polo alumnado —interactuando co conto Area fai seis— que forma parte deste material, como polo profesorado, ben nas súas clases, ben nas actividades formativas que se realicen a través de distintas plataformas de teleformación, co fin último de facilitar a educación do noso alumnado para ser futuros consumidores responsables.

É o noso desexo que esta publicación, froito do traballo dun equi-po integrado por persoas expertas en educación infantil, especialistas en educación para o consumo e Editorial Galaxia, sexa de utilidade a todas e todos os profesionais que día a día se compromenten coa mellora da cali-dade da atención ao noso futuro, os nosos nenos e nenas, dándolle a volta a todo aquilo que de negativo pode ter a sociedade de consumo.

Santiago de Compostela, marzo de 2011

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria

Page 6: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

6Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Cando a Escola Galega de Consumo pensou na elaboración dun ma-terial didáctico para abordar a educación para o consumo na etapa de educación infantil, era plenamente consciente da dificultade que isto en-trañaba, malia a necesidade do seu tratamento desde as idades máis temperás.

Na sociedade actual os cativos convértense en consumidores cada vez desde máis novos. Os seus gustos acaban sendo decisivos á hora da compra familiar. Calcúlase que aproximadamente un 60% das compras que realizan os proxenitores están dirixidas aos máis pequenos; mesmo inducen os pais a facer compras, nomeadamente no campo das novas tecnoloxías. Fálase de nenos e nenas superconsumidores.

Agora ben, como é que chegan a esta condición tan prevalente? Indu-bidablemente, polo exemplo e pola educación que lles inculcan as persoas adultas, e pola influencia das cada vez máis sofisticadas estratexias de mercadotecnia.

Cando falamos de educar para que os nenos e nenas se convertan en consumidores responsables, debemos facelo desde a perspectiva do des-envolvemento dunha competencia; como tal, engloba coñecementos, ac-titudes, habilidades, capacidades e a forma de poñelos en funcionamento para dar unha resposta ás necesidades de compra desde a racionalidade; pero a meirande parte das decisións de compra fanse en base a aspectos emocionais, e isto sábeno os profesionais da publicidade. Cando un neno quere posuír un xoguete, isto pode estar determinado porque quere ser coma un amigo, porque o viu na televisión ou porque cre que lle permitirá emular comportamentos que el asimila a personaxes que admira —con forza, con poder, con autonomía, con éxito—. Pode parecer un pensa-mento demasiado elaborado para tan curta idade, pero esa impulsividade emocional é a que determina o gusto e desexo infantil.

Dito isto, analizados os discretos resultados de moitos programas de educación para o consumo baseados unicamente na racionalidade, cre-mos que ese é o noso ámbito de intervención: o aspecto emocional do consumo infantil. Coñeceremos cales son as estratexias que utilizan os especialistas da publicidade, que tan ben saben tocar o terreo dos dese-xos infantís, e trataremos de darlles a volta.

Ao tempo, tamén pretendemos darlles a volta aos clásicos discur-sos sobre a transversalidade, que tanto fixeron pola educación no seu momento e que tan pouco achegan a día de hoxe —a rutinización dunhas celebracións fixas no calendario escolar que promoven actitudes visce-rais, pouco reflexionadas, escasamente consolidadas e, polo tanto, efé-meras—. Os temas transversais que logo deron na educación en valores, a día de hoxe, o seu tratamento debe ser revisado á luz das competencias

Introdución

Page 7: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

7Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

básicas, do contrario, sempre serán vistos coma un engadido ou adición ao currículo educativo. Unha persoa con competencia para o consumo responsable ha de selo tamén en saúde, en desenvolvemento sostible, en igualdade…, porque nada disto se dá de forma illada e as decisións no eido do consumo terán consecuencias noutros moitos campos, para isto, precisarase do concurso da competencia lingüística, da dixital, da cultural, e de cada unha das oito contempladas nos currículos LOE.

Finalmente, tamén é obxectivo deste proxecto darlle a volta ao tratamento tradicional da educación para o consumo nas escolas, coa abordaxe, moitas veces parcial e superflua, de tópicos: a publicidade, o consumo, a alimentación, a reciclaxe-reutilización-recuperación de refu-gallo, o comercio xusto. Sabemos que os problemas sociais deben tra-tarse globalmente, polo tanto as estratexias educativas tamén deben ser globais, cun tratamento integrador e sistémico.

Un triplo darlle a volta: á educación para o consumo, ao seu enfoque metodolóxico e á súa didáctica. Unha nova visión, un novo paradigma, o enfoque por competencias, que poñeremos en práctica cos máis novos, na primeira etapa do sistema educativo.

Page 8: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

8Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

A educación para o consumo na educación infantil

Segundo o regulamentado no Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó-noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación infantil é unha etapa con identidade propia que abrangue desde os 0 aos 6 anos de idade; a súa finalidade é a de contribuír ao desenvolvemento dos aspec-tos físicos, afectivos, sociais e intelectuais das nenas e dos nenos, poten-ciando a transmisión daqueles valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, o respecto e a xustiza; o que farán observando e explorando o seu contorno familiar, natural e social. Neste marco é no que inserimos a educación para o consumo, como unha necesidade para acadar un desenvolvemento harmónico.

A educación para o consumo é unha compoñente fundamental da edu-cación axudando a cidadanía a organizar a súa vida cotiá dunha forma sustentable e a empregar de forma responsable os recursos dispoñibles. Trátase de que os nenos e nenas articulen unha serie de coñecementos, habilidades e actitudes que lles permitan saber dos bens e servizos de consumo, do valor do consumo e da súa función social. Malia ao que con-trariamente se pensa, non se trata de impoñer prohibicións ou vetos ao consumo, senón máis ben, de que o suxeito sexa quen de decidir respon-sable e criticamente sobre eses xestos e accións diarias do consumo. Para iso prefírese falar de desenvolver unha competencia que nos permita ser consumidores competentes.

Non pretendemos aquí crear unha nova competencia, xa que logo, o currículo de educación infantil —igual que o dos outros niveis educativos— inclúe as oito competencias básicas en que debe incidir o feito educativo, e en todas elas está contemplada a educación do consumidor/ra. Iremos vendo cada unha máis polo miúdo e como se relacionan con todas as áreas do currículo e cos seus contidos en calquera dos dous ciclos que integran a etapa. Cómpre recordar que, neste tramo educativo, faise unha iniciación á adquisición das competencias básicas, que logo serán desenvolvidas ao longo de toda a escolaridade obrigatoria.

Competencia social e cidadá para o consumo

Esta competencia posibilita comprender a realidade social en que se vive, cooperando, convivindo e exercendo unha cidadanía responsable nun marco plural e contribuíndo á súa mellora. Nela intégranse coñece-mentos diversos e habilidades complexas que permiten analizar, razoar, tomar decisións, elixir como comportarse na sociedade de consumo va-lorando os intereses individuais e de grupo, e responsabilizándose das eleccións ou das decisións adoptadas.

Page 9: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

9Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Desde a educación infantil contribuirase ao desenvolvemento desta competencia colocando os nenos e nenas en situacións construtivas en que deban valorar as consecuencias dos seus xestos, de como estes inci-den na sostibilidade e na equidade social.

Competencia en autonomía e iniciativa persoale consumo

Esta competencia refírese, por unha parte, á adquisición da concien-cia e aplicación dun conxunto de valores e actitudes persoais interrelacio-nados, como a responsabilidade, a perseveranza, o autocoñecemento, o control emocional, a capacidade de elixir, de calcular riscos —persoais ou sociais—, de afrontar os problemas, así como a capacidade de demorar a necesidade de satisfacción inmediata.

No día a día das criaturas xorden infinidade de ocasións nas que se fai preciso colocalas na situación de ter que elixir ou de ter que prescindir de algo que é obxecto do seu desexo momentáneo, superando esas pequenas frustracións, o que os fará máis fortes, máis resistentes e máis perseveran-tes; características necesarias para ser quen de consumir adecuadamente.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico e consumo

Esta competencia refírese á habilidade para actuar co mundo físico, de modo que se facilite a comprensión de sucesos, a predición de conse-cuencias, así como o coidado do medio natural e a protección da saúde individual e colectiva. Asemade, a competencia de interactuar co espazo físico leva implícito ser consciente da influencia que ten a presenza das persoas no espazo, a súa actividade, as modificacións que introducen e as paisaxes resultantes, así como a importancia de que todos os seres humanos se beneficien do desenvolvemento e de que este procure a con-servación dos recursos e a diversidade natural, mantendo a solidariedade global e interxeracional. Supón, así mesmo, demostrar espírito crítico na observación da realidade e na análise das mensaxes informativas e pu-blicitarias, así como uns hábitos de consumo responsable na vida cotiá. En definitiva, esta competencia implica o desenvolvemento e aplicación do pensamento científico-técnico para interpretar a información que se recibe e para predicir e tomar decisións con iniciativa e autonomía per-soal, nun mundo en que os avances que se van producindo nos ámbitos científico e tecnolóxico teñen unha influencia decisiva na vida persoal, na sociedade e no mundo natural.

Contribuirase, polo tanto, á adquisición desta competencia desde a educación infantil iniciando o alumnado no pensamento científico, po-tenciando habilidades de investigación: formular hipóteses, recoñecer evidencias, observar, formular interrogantes, descubrir alternativas, veri-ficar, predicir, xerar novas ideas e solucións ante as leis e imposicións da sociedade de consumo.

Competencia en comunicación lingüística e consumo

Page 10: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

10Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e com-prensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta.

Contribuirase ao desenvolvemento desta competencia e da súa rela-ción co consumo na medida en que os fagamos reflexionar sobre a forma en que se expresan —con continuas alusións a desexos de posuír obxec-tos, ou de facer peticións froito do capricho momentáneo—; na medida en que fagamos que analicen diferentes tipos de textos escritos, as súas pro-piedades e as súas funcións, nomeadamente no que se refire aos textos publicitarios —anuncios, catálogos, etc.— e aos informativos —tales como as etiquetas dos produtos—, de tal xeito que lles permitan formar un xuí-zo crítico, xerar ideas, estruturar o coñecemento, darlle coherencia a un discurso e ás propias accións e tarefas, adoptando decisións, e gozar escoi-tando, lendo ou expresándose de forma oral ou escrita, todo isto contribuirá ademais ao desenvolvemento da autoestima e da autoconfianza.

Competencia matemática e consumo

Consiste na habilidade para empregar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e ra-zoamento matemático, tanto para producir e interpretar distintos tipos de información, como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantita-tivos e espaciais da realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida cotiá e co mundo laboral.

Desde a educación infantil contribuirase á adquisición desta competen-cia e poderá relacionarse co consumo cando fagamos estimacións do valor dunha cousa atendendo ás evidencias de que dispoñemos —tamaño, calida-de, prestacións ou necesidade—, así como cando traballemos na resolu-ción de problemas cotiáns que poden ter unha vertente de consumo.

Tratamento da información, competencia dixital e consumo

Esta competencia consiste en dispor de habilidades para buscar, ob-ter, procesar e comunicar información e mais para transformala en co-ñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.

Recentemente, acuñouse un novo termo, prosumer, acrónimo forma-do pola fusión das palabras inglesas que significan ‘produtor’ e ‘consumi-dor’, e iso é o que serán os nenos e as nenas da chamada sociedade 2.0, por iso, faise especialmente necesario que sexan produtores e consumi-dores responsables, autónomos, críticos e reflexivos ao seleccionar, tratar e empregar a información, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas.

Desde a educación infantil contribuirase á adquisición desta compe-tencia, cando se propoñan situacións nas que sexa necesario resolver

Page 11: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

11Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

problemas reais, para o que recorrerá ao tratamento da información e ao uso dos recursos tecnolóxicos dispoñibles, coñecendo as súas vantaxes e os seus riscos —aspecto ben importante na formación de usuarios-consu-midores de tecnoloxía.

Competencia cultural e artística e consumo

Esta competencia supón coñecer, comprender, apreciar e valorar cri-ticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas, utilizalas como fonte de enriquecemento e de gozo e consideralas como parte do patri-monio dos pobos. Apreciar o feito cultural en xeral, e o feito artístico en particular, leva implícito dispoñer daquelas habilidades e actitudes que permitan acceder ás súas distintas manifestacións, así como habilidades de pensamento, perceptivas e comunicativas, sensibilidade e sentido es-tético para comprendelas, valoralas, emocionarse e gozalas, na súa esen-cia, como patrimonio dos pobos, non como momentos de consumo.

Na educación infantil contribuirase ao desenvolvemento desta com-petencia desde unha perspectiva de consumo responsable, estando o cen-tro aberto ás diferentes manifestacións culturais e artísticas, prescindindo de todos os engadidos que veñen determinados pola mercadotecnia. Na actualidade, non hai celebración ou acto cultural que non fose colonizado polas leis do mercado e por xestos consumistas; por iso, faise preciso po-tenciar unha actitude crítica, respectuosa e responsable ao tempo que se cultiva a capacidade estética e creadora de cada neno e nena e o interese por participar na vida cultural, contribuíndo á conservación do patrimo-nio, tanto material coma inmaterial, cun enfoque sustentable, saudable e austero.

Competencia para aprender a aprender e consumo

Aprender a aprender supón dispoñer de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de maneira cada vez máis eficaz e autónoma de acordo cos propios obxectivos e necesidades. Esta competencia ten dúas dimensións fundamentais: a adquisición da conciencia das propias capacidades —intelectuais, emocionais, físicas—, do proceso e das estratexias necesarias para desenvolvelas, e a concien-cia do que se pode facer por un mesmo e do que se pode facer coa axuda doutras persoas ou recursos. Significa ser consciente do que se sabe e do que é necesario aprender, de como se aprende e de como se xestiona e controlan de forma eficaz os procesos de aprendizaxe, optimizándoos e orientándoos a satisfacer obxectivos persoais.

Contribuirase á adquisición desta competencia deseñando unha prác-tica educativa que incida na potenciación da comprensión da realidade, dos problemas cotiáns —sociais ou individuais— e das súas consecuen-cias, favorecendo a observación e posibilitando a planificación da acción que se quere desenvolver, tendo sempre en conta as súas consecuencias para o medio natural e para a sociedade.

Page 12: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

12Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

O traballo das competencias básicas debe ter como refe-rentes as finalidades últimas do ensino, permitíndolle ao alumnado ser quen de aprender a aprender, aprender a ser, aprender a facer, e aprender a vivir en sociedade. Por iso, o paradigma educacional debe tender a promover no alumnado aprendizaxes significativas que se transfiran á vida real e que impliquen a resolución de problemas na práctica, propoñendo tarefas e retos que inciten o alumna-do a mobilizar os seus coñecementos e habilidades.

Neste apartado quixemos demostrar que a educación para o consumo non ten que ser entendida como algo a maiores que facer nas aulas, non se trata de sumar contidos, senón que se trata de inserilos na praxe edu-cativa, ao tempo que se desenvolven os procesos de ensino-aprendizaxe, nomeadamente no caso de que se empreguen metodoloxías activas e participativas.

Page 13: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

13Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Educación para o consumoe emocións

A publicidade dentro da educación para o consumo adoita ser obxec-to de análise e crítica. Sempre se fai referencia á publicidade enganosa, e a como esta é capaz de mobilizar as nosas emocións, sentimentos e, finalmente, conformar actitudes a favor dun produto, independentemente do seu valor ou da súa necesidade. En moi contadas ocasións se dan a coñecer cales son as estratexias e insighs que manexan as empresas pu-blicitarias para conseguir os seus obxectivos.

O campo da publicidade e do márketing é dos que máis se benefician dos estudos e investigacións sobre as respostas humanas ante determi-nados estímulos, cognitivos, emocionais ou físicos. Están ao día de todo o novo que se produce nese eido. Vailles o soldo niso. Non acontece o mesmo no eido da educación, mantense inalterable a moitas das achegas que se fan desde a neuropsicoloxía ou a neurociencia, e que inducirían a moitos cambios tanto nas formas coma nos contidos, como na maneira de facerllos chegar ao estudantado. Nas escolas séguese mantendo a di-cotomía entre o racional e o emocional, como se fosen dous mundos que se dan por separado, cando, non obstante, os docentes sabemos tanto de reforzos positivos e de reforzos negativos de condutas.

Neste traballo queremos escolmar o máis salientable das estratexias publicitarias para poder empregalas na educación. Con tal finalidade recen-sionamos e facilitamos o acceso a algunhas das publicacións que recollen as investigacións de, entre outros, Antonio R. Damasio, coñecido neurólo-go portugués, cuxos traballos versan sobre as emocións, os sentimentos e as bases destes no cerebro, porque consideramos que poden ser de gran-de utilidade para as persoas interesadas en inculcarlles hábitos aos máis novos atendendo á bioloxía neuronal das emocións e dos sentimentos. Xa que logo, moitas das reaccións que consideramos tan enfermas, tan pato-lóxicas na nosa sociedade, teñen que ver coas emocións, principalmente coas emocións sociais, coa facilidade coa que se desencadean esas emo-cións sociais, e coa maneira en que conducen a un conflito social.

Usaremos en positivo as estratexias publicitarias para pór en valor esas pequenas cousas, xestos ou accións que queremos que aprendan a apreciar por riba do custo económico, ou que mesmo poden substituír outras comercializadas. Unha dedicatoria, unha tarxeta, unha produción artística propia, un poema ou unha recomendación de lectura, pode desen-cadear máis afectividade e agradecemento que calquera outro tipo de agasallo; e iso é o que trataremos de potenciar e visibilizar.

Page 14: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

14Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Vén sendo bastante habitual que os centros educativos, nas súas programacións anuais, deseñen secuencias didácticas ou organicen acti-vidades que xiren arredor da conmemoración do Día dos Dereitos do Con-sumidor (15 de marzo), ou que nun determinado momento decidan facer unha acción puntual que desenvolva contidos de educación para o con-sumo responsable —por exemplo, obradoiros de xoguetes de refugallo, ou unha visita de representantes de Comercio Xusto—, pero no resto das actividades programadas para o centro non se contempla esa perspectiva de educación para o consumo.

Cómpre que os equipos docentes e demais representantes da comu-nidade educativa, mesmo os responsables doutros servizos de atención á infancia que interveñen no centro, a través das canles de participación establecidas regulamentariamente, ou a través doutras de carácter máis informal, planifiquen rigorosamente como se incorpora esa perspectiva de consumo responsable en todo aquilo que se realiza no centro, co fin de dotar de coherencia os discursos e as accións, dado que, finalmente, iso será o que os cativos e as súas familias percibirán, máis alá de actuacións efemerizantes e puntuais que escasa incidencia teñen na creación de há-bitos de consumo responsable.

De xeito orientativo presentamos algúns dos aspectos que se deben contemplar e que cómpre analizar moi polo miúdo á luz das premisas do consumo responsable, atendendo a que os nenos e nenas aprenden máis co exemplo do que ven que co que se lles di que fagan:

ÁÁ O material que se solicita que acheguen as familias ao inicio de curso ou ben trimestralmente. Calcular a súa necesidade e se responden a unha análise rigorosa de sostibilidade.

ÁÁ A planificación de actividades extraescolares, cun elevado custo non proporcional aos obxectivos que se espera lograr delas; ás veces só determinadas polo seu exotismo, novidade, ou por ser do agrado dun grupo de persoas adultas.

ÁÁ O uso que se fai dos recursos do centro: luz, auga, calefacción, foto-copiadoras, etc.

ÁÁ O tipo de xogos e xoguetes que se mercan no centro para ocupar os espazos de lecer.

ÁÁ Os programas informáticos e televisivos que se empregan atendendo ás mensaxes, directas ou subliminais que transmiten.

ÁÁ O excesivo sentido da propiedade dos materiais e dos recursos que fai que se multipliquen polo número de aulas existentes, estando estes a meirande parte do tempo en desuso.

A educación para o consumo responsable como proxecto integral do centro educativo

Page 15: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

15Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Os debates dos equipos educativos deberían xirar ao redor destas cuestións que decote se deixan de lado por un mal entendido respecto ás diferenzas de opinión. Unha boa planificación económica dun centro vai máis alá do simple axuste orzamentario; debe abordar estes aspectos que forman parte do currículo oculto que reciben de balde os nenos e as nenas.

Hai unha iniciativa moi interesante para poñer en práctica nas escolas infantís, que podería ser senlleira no eido da educación para o consumo como acción global de todo o centro: a creación dun REMIDA a pequena escala.

O REMIDA é o internacionalmente coñecido centro de reciclaxe crea-tivo da Comunidade de Reggio Emilia, en Italia. É un proxecto conxunto da Municipalidade de Reggio Emilia e AGAC (gas, auga e recollida de lixo), baixo a administración da Asociación de Amigos de Reggio Children.

O REMIDA fomenta a idea de que os residuos poden ser recursos. O centro recolle e ofrece materiais alternativos e rexenerados, obtidos a partir de existencias non vendidas de materiais de produción industrial e artesanal, co obxectivo de reinventar o seu uso e significado. É un proxec-to cultural que representa unha nova forma optimista e proactiva de abor-dar o ecoloxismo poñendo en valor os produtos imperfectos, fomentando a comunicación e a creatividade desde unha perspectiva de respecto entre os obxectos, o medio natural e os seres humanos. Actúa como centro de distribución de materiais (papel, cerámica, botóns, tecidos, pinturas, etc.) para o profesorado, centros e institucións —tanto educativas como culturais— da municipalidade. Tamén funciona como espazo expositivo, promove formación, seminarios e asesoramento ao profesorado. Anual-mente organizan un evento artístico, o REMIDA Day coa finalidade de amosarlle á cidadanía as obras creadas a partir da reutilización deses materiais de refugallo.

Unha iniciativa digna de ser imitada nos nosos concellos, unindo dese xeito o tecido empresarial, as institucións educativas e as culturais —como museos e salas de exposicións—, nun obxectivo común: a reutilización con finalidade artística do material de refugallo; pero que pode ser adop-tada cun perfil máis modesto nos centros educativos. Tan só se trata de dispor dun espazo no que se clasifiquen e organicen eses materiais que son tan doados de obter e tan difíciles de almacenar nunha aula; sendo de uso para todo o profesorado do centro.

Nas imaxes, amosamos unha exposición de materiais no REMIDA Day, así como un exemplo do denominado “Cuarto dos tesouros”, da EIM A Caracola, da Coruña, inspirado no modelo reggiano, onde se almacenan os materiais de refugallo que posteriormente se empregarán nas activi-dades escolares.

Page 16: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

16Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

“Cuarto dos tesouros” da EIM A Caracola, A coruña

Exposición de materiais no REMIDA Day

Page 17: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

17Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Ao longo de todo o curso académico, hai unha serie de fitos no ca-lendario motivo de celebración e conmemoración nos centros educati-vos, que cómpre revisar á luz da educación para o consumo; estamos a falar, entre outras, do Magosto, do Nadal, do Entroido, ou do remate do curso. En todas elas están implícitos actos de consumo irresponsable relacionados cos materiais que se empregan nos adobíos, co fasto das celebracións, coa decoración do centro, e coa falta de mesura nas exal-tacións gastronómicas dos produtos típicos desas datas. Finalmente, os obxectivos que se poden acadar vense minguados pola incoherencia das prácticas cos principios ambientais, de sostibilidade e de racionalidade do gasto. O mercantilismo colonizou totalmente estas efemérides escolares, motivo polo que se debe promover un debate entre todas as persoas im-plicadas nelas, analizando con rigorosidade se os beneficios pedagóxicos que se obteñen compensan ou contrarrestan estes outros valores que se transmiten inintencionadamente.

Xa no ámbito da aula, é bastante habitual que en infantil se celebren os aniversarios do alumnado. Con algunha que outra variante referida a quen proporciona os alimentos —as familias, mercados cos fondos da aula ou elaborados polos homenaxeados— a maneira de facelo é case común en todas as escolas: unha torta coas candeas e doces que se comparten en-tre todos os nenos e as nenas da clase. O argumento é que se fai dese xeito para evitar diferenzas entre eles. Na actualidade, coa diversidade de alumnado —distintas culturas, existencia de intolerancias e alerxias alimentarias…—, pode que haxa que buscar alternativas máis creativas para manifestarlle a nosa alegría a quen fai anos, facendo dese día un día especial, pero sen que isto incida na formación de hábitos consumeristas.

Faise preciso darlles a volta a todas estas rutinas escolares.

Educación para o consumonas celebracións escolares

Page 18: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

18Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

A relación familia-escola é un piar fundamental na educación, nomea-damente na etapa infantil. Por iso, debemos transmitirlles ás familias do alumnado todas as decisións que se adopten no centro educativo a prol dun consumo máis responsable e crítico. Os hábitos que os nenos adquiren na escola son transmitidos e amplificados no eido familiar, polo que de-bemos ser conscientes da repercusión de determinados xestos asociados tanto a valores como a contravalores. Isto afecta o discorrer cotián, indo máis aló do envío de folletos informativos polo Nadal con suxestións para a compra de xoguetes. Cada vez que nunha aula se exercita o consumo responsable de recursos naturais, se fomenta o aproveitamento de mate-riais de refugallo ou se valoran as pequenas cousas, os cativos actúan de correa de transmisión desas mensaxes desde a escola ao fogar.

A recomendación neste apartado é que hai que facer partícipes as familias das decisións adoptadas no proxecto educativo, na programación anual do centro e da aula verbo do consumo responsable. E as familias deberían asumir que, decisións consensuadas, como por exemplo o es-tablecemento dun calendario de alimentos para a hora do recreo, ou a prohibición do consumo de lambetadas ou bebidas edulcoradas, redundan en beneficio da saúde e benestar dos seus fillos e fillas.

Sempre é aconsellable a realización de charlas informativas ás fami-lias —organizadas pola propia ANPA, promovidas polo concello ou polo propio centro—, que poden ser impartidas por persoas expertas sobre consumo responsable, nas que se lles dean claves e estratexias sinxelas para impregnar desa visión a vida cotiá.

Educación para o consumoe familia

Page 19: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

19Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Un gran número de centros educativos conta con servizo de come-dor escolar, do que son usuarios os pequenos e pequenas de educación infantil. Independentemente de quen sexa o responsable da súa xestión, enténdese o comedor, tamén, como un espazo educativo, no que ademais da inxesta de alimentos, tamén se desenvolven actividades de promoción de hábitos saudables desde o momento dos almorzos ata o das merendas —naqueles acollidos a ampliación de horario de acollida de alumnado.

O que se dá en poucos casos é unha coordinación entre os equipos docentes e o persoal que atende o alumnado no comedor escolar; entén-dense como dous servizos totalmente independentes: distinto persoal, distinta responsabilidade, distintos tempos, pero cun único receptor de atencións: os mesmos nenos e nenas son alumnos e comensais segundo as horas.

É común que desde o comedor se lles proporcionen ás familias as tá-boas cos menús semanais ou mensuais, co fin de facilitar a planificación de comidas no fogar, evitando repeticións, na procura dun equilibrio na dieta. O que xa non é tan habitual é que se lles facilite ao profesorado do centro, desaproveitando así unha ocasión de coordinación no fomento da alimen-tación saudable desde as aulas. Ao considerarse as cociñas como unha zona de acceso restrinxido ao alumnado, non se poden aproveitar para darlles a coñecer formas de tratamento e de preparación de alimentos, e de colaboración nas tarefas previas e posteriores á comida. O alumnado no comedor escolar é tan só un comensal cando este debería ser un espazo máis do centro educativo no que aprender facendo.

Antes de pechar este apartado, apuntamos unha iniciativa que dá excelentes resultados nos centros que a desenvolven: todas as mañás ex-póñense nun lugar ben visible os ingredientes do menú diario —legumes, hortalizas, pastas e froitas—, que máis tarde comerán. Unha acción que posibilita un traballo conxunto a prol dunha alimentación sa, saudable e con coñecemento.

Educación para o consumo no comedor escolar

Page 20: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

20Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Un gran número de pequenos de infantil participan a diario, en pe-ríodos non lectivos ou vacacionais, en actividades extraescolares, ben or-ganizadas polo centro, pola ANPA ou polo concello, e consideramos que estas poderían ser unha excelente oportunidade para ofrecer alternativas de calidade ao consumismo asociado ao tempo de lecer. Por iso, no seo do foro de participación lexítima de toda a comunidade educativa, o Conse-llo Escolar, debe promoverse un debate serio sobre a coherencia de toda a acción educativa dirixida aos máis pequenos. Aínda que é certo, que son distintos servizos os que interveñen coa infancia ao longo do día, cadaquén ten os seus obxectivos, as súas responsabilidades, o seu orza-mento…, pero, finalmente a súa xestión depende de tres únicos ámbitos: o municipal, o da administración educativa e o da ANPA. Polo que debe haber vontade de mellorar a educación e hai espazo onde debatelo.

Os concellos de certa entidade contan coa OMIC, Oficina Municipal de Información ao Consumidor, e desde estas, organízanse actividades de carácter divulgativo, informativo e de asesoramento, tanto para nenos e nenas como para persoas adultas. Unha interesante posibilidade tanto para as escolas infantís como para familias interesadas en sesións infor-mativas.

A participación en todo tipo de actividades lúdico-educativas, estase a converter, tamén, noutra forma de consumismo, en moitos casos, media-da polos intereses de empresas dedicadas profesionalmente ao tempo de lecer, que xorden para dar cumprida resposta ás dificultades dalgunhas fa-milias para conciliar a vida laboral coas responsabilidades dos pais, e nais, polo que se fai preciso que desde os concellos se establezan con claridade as directrices educativas que deben seguir, axustándose aos valores que se espera que saiban transmitir neses tempos.

Educación para o consumonas actividades extraescolares

Page 21: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

21Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Ao falar da competencia dixital, xa apuntabamos a responsabilidade dos docentes na formación do alumnado prosumer —produtores e con-sumidores de información na sociedade 2.0—, referíndonos ás múltiples pantallas coas que poden interactuar.

Aquí, e relacionado co ámbito do consumo, hai varios aspectos que hai que ter en conta:

ÁÁ O consumo de programas televisivos, tanto no fogar coma na es-cola; horas dedicadas e programas seleccionados. Existen moitos programas televisivos que malia que a primeira vista poidan pa-recer inocuos, transmiten modelos e estereotipos de sexo/xénero, do rol pasivo/submiso das mulleres na sociedade, de falta de res-pecto ambiental, de hábitos pouco saudables, de competitividade/insolidariedade ou de consumo irresponsable.

ÁÁ O uso de programas informáticos, cualificados como educativos, cando en realidade conteñen publicidade de forma explícita ou im-plícita, ou valores e contravalores que transmiten; e a posibilidade de que comporten outras finalidades ocultas, tales como chequear ou indagar nos gustos infantís, dado que son, algúns deles, ofre-cidos por empresas comerciais.

ÁÁ A utilización de videoconsolas, cada vez a idades máis temperás. Malia que na actualidade hai un gran número de estudos que ava-lan os beneficios do uso destes dispositivos nas aprendizaxes dos nenos e das nenas, tamén é certo que os privan da realización doutras actividades máis saudables, tanto desde o punto do be-nestar físico como do afectivo, emocional e relacional.

ÁÁ Os riscos da rede; nas escolas adoitase amosar ao alumnado as vantaxes e prestacións de internet como fonte de información, de entretemento ou de comunicación; mais en poucas ocasións se lles advirte dos perigos que entraña, cando estes deberían ser aprendizaxes parellas; non demonizando, nin asustando, pero si, facéndoos coñecedores de que non todo o que se atopa na rede é verdadeiro, non todas as imaxes son reais ou que non todo vale.

O mundo das tecnoloxías abre un abano inabarcable de posibilidades lúdicas, educativas, informativas, comunicativas e relacionais, aínda non todas exploradas, pero, ao tempo, entraña o risco de adopción de actitu-des de dependencia, de consumo e de falta de criterio ou autonomía, que cómpre manter baixo control, xa desde a infancia.

A educación para o consumo e as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)

Page 22: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

22Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Tal e como vimos repetindo, calquera momento da intervención educa-tiva pode ser unha ocasión para traballar aspectos de consumo responsa-ble, co exemplo, co uso ou abuso que facemos de determinados materiais escolares, nas celebracións, nas recomendacións ás familias ou nos mo-mentos de xogo. Por iso queremos dedicarlle un apartado a unha das prác-ticas máis habituais nas aulas, o momento da lectura dun conto.

Escolmamos trinta exemplos, agrupados ao redor de sete temas achegados aos intereses dos nenos e das nenas destas idades, e dos que apuntamos as súas posibilidades didácticas:

ÁÁ Unha festa diferenteÁÁ Quero isto, isto, e isto tamén!ÁÁ Mércame…!ÁÁ Espelliño, espelliño… ÁÁ Como comoÁÁ Como consumoÁÁ Gargalladas sen cartos

Unha festa diferente

Alternativas ao consumismo nos aniversarios e noutras celebra-cións infantís.

Area fai seis

Area está a piques de facer 6 anos, fáltalle un dente de diante, e espera ter unha festa de aniversario igualiña á de todos os seus amigos, pero…

A educación para o consumo desde a biblioteca

Texto: Araceli Gonda

Ilustracións: Mª. Noel Toledo

Editorial: Editorial Galaxia

ISBN: 978-84-9865-356-4

Data: 2011

Page 23: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

23Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Posibilidades de traballo na aula

Todos os nenos e nenas queren algo igual ao que xa viron, pero deben coñecer outras formas de celebrar ese día especial, sen que isto implique un gasto sen sentido para as súas familias. Porque o que realmente im-porta dese día é estar rodeados dos seus familiares e amigos en algo que sexa para recordar; e a festa de Area será das que queden no recordo.

As criaturas non son conscientes do valor dos cartos, nin do que é preciso gastar, tan só saben que queren pasalo ben, gozando dun día no que son os protagonistas. Todos os convidados e convidadas á festa de Area daranlle algo que non se merca nas tendas, pero único, diferente e irrepetible.

Rematado o visionado do conto —en soporte multimedia—, conversa-mos sobre a festa de Area e se a todos lles gustaría unha similar; compa-ramos coas outras dos seus amigos.

Cumpleañeros

A autora cóntanos como viven o seu aniversario algúns dos rapaces e rapazas que ela coñece. Malena emociónase, Juan é mandón, Luis é tími-do… E como es ti na túa festa de aniversario?

Posibilidades de traballo na aula

Segundo imos lendo, este libro permítenos ir recordando e pregun-tándonos sobre o verdadeiramente importante destas celebracións, máis alá de todo o mercantilismo que as rodea, velaí algúns exemplos:

ÁÁ Que é o teu día enteiriño, que só acontece unha vez ao ano, que esperas que non acabe nunca. Por que só unha vez ao ano?

ÁÁ Que te felicitan desde que te ergues da cama. A que hora exacta se fan anos?

ÁÁ Que te visitan os familiares e as amizades para pasar o día conti-go, para bicarte, para abrazarte. Quen adoita acompañarte nesa data?

ÁÁ Que o podes celebrar de moitas maneiras: cun partido de fútbol, con pastel e caramelos na escola, nun campamento… Cantas for-mas de celebralo coñeces ti?

Texto: Laura Wittner

Ilustracións: Claudia Degliuomini

Editorial: La Brujita de Papel

ISBN: 978-987-1337-20-0

Data: 2008

Page 24: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

24Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

ÁÁ Que pasas o día co corazón contento porque descobres o moito que te queren.

ÁÁ Que te agasallan con cancións, con versos, con números de maxia, con xogos, etc.

Permite traballar a diversidade de intereses e de gustos, pois non to-das as celebracións teñen que ser iguais.

Para as/os docentes que celebran os aniversarios do seu alumnado, suxeririamos abrir un libro de celebracións na aula, no que ir consig-nando cada unha delas, recollendo fotografías ou recordos dese día especial dedicado por completo a ese neno ou nena, buscando aquilo que máis lle pode agradar, e que sexa froito do traballo e cariño dos seus compañeiros.

A memoria das árbores

Os pais de Tano, cando naceu, plantaron unha árbore no xardín, para que medrase canda el. A familia nunca esquece o baobab, e todos os anos, o día do aniversario de Tano, fan unha especie de cerimonia de aseo e rego arredor da árbore. A Tano, non obstante, isto non lle parece dabondo, porque iso é o que fan todos os días: remexer na area e regar. Así que, implicado na promesa que todos fixeron de celebrar xuntos o aniversario, colle un anaco do seu pastel e lévallo ao baobab, malia que é o gato o que acaba dando conta del.

Posibilidades de traballo na aula

Seleccionamos este álbum xunto con El pes de H. Johansen en Lóguez Ediciones, porque cremos que hai que ir facendo conscientes os nenos e nenas do paso do tempo e de como se vai construíndo a súa historia per-soal, parella á de moitas outras persoas, seres ou acontecementos. Nos dous casos, hai un ser vivo que medra canda eles, pero de xeito distinto e cunha vida diferente: unha árbore e un “pes”.

Como proposta de aula, suxerimos que o día do aniversario de cada neno ou nena se lle cree unha liña de tempo —tamén pode ser en formato libro electrónico, presentación, ou álbum de fotografías—. Nela comezare-mos “O día que eu nacín…”, alí anotaremos o nome ou fotografía doutros nenos que naceron na mesma data ou un acontecemento do que se poida

Texto: Xosé A. Neira Cruz

Ilustracións: Kiko Dasilva

Música: Marcial de Adalid

Editorial: Kalandraka

ISBN: 978-84-95-123-99-2

Data: 2000

Page 25: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

25Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

ir facendo o seu seguimento a través da rede. Continuaremos do mesmo xeito con cada un dos aniversarios e irase completando ao longo da súa permanencia na escola infantil cos fitos máis significativos, para finalmen-te entregarllo a todo o alumnado ao remate da etapa. Para quen o prefira, pódese facer en formato papel, e que sexa o propio neno ou nena, coa axuda da familia, quen vaia construíndo a súa fotobiografía. Todos pre-cisamos referentes, mesmo como grupo-clase, deberiamos plantar unha árbore ou arbusto que vaia medrando con nós ao longo dos tres anos, coa que celebraremos os inicios e remates de curso; sobre a que poidamos apreciar os seus cambios e mailos nosos.

Quero isto, isto, e isto tamén!

O fácil acceso dos máis novos aos catálogos publicitarios de xo-guetes.

A caixa dos recordos

O valor dun obxecto reside na carga afectiva que lle atribuímos. Por estes motivos, ao longo do tempo os lazos emocionais que nos atan a eles adoitan variar e o que criamos que non valía gran cousa acaba convertén-dose en precioso, tal e como lle sucede á nena protagonista desta historia de Anna Castagnoli e Isabelle Arsenault. A caixa dos recordos fainos par-tícipes desta pequena, pero importante, aprendizaxe vital que dura toda a vida. A narración directa e sinxela en primeira persoa coa que Anna Castagnoli dá voz á protagonista, trasládanos á infancia e á constante renovación de ilusións que se producen nesta etapa.

A prosa poética da autora italiana contaxia o optimismo, a sensibili-dade e a xenerosidade da protagonista ante outra aprendizaxe: nada nin ninguén nos pertence e hai que saber deixar ir.

Posibilidades de traballo na aula

Ás veces establecemos vínculos de apego con obxectos porque nos produce pracer velos, tocalos, ulilos, recordar quen nolos deu ou onde os atopamos…; poden ser cousas de escaso valor económico, pero é moi grande o seu valor sentimental. Consideramos que esa é unha moi im-portante aprendizaxe, que hai que verbalizala, exercitala, visibilizala e salientala no día a día da escola infantil.

Texto: Ana Castagnoli

Ilustracións: Isabelle Arsenault

Editorial: OQO

ISBN: 978-84-9871-076-2

Data: 2010

Page 26: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

26Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Con tal motivo, recomendamos que, desde a incorporación dos nenos e nenas ao centro escolar, vaian configurando a súa caixa dos recordos persoal —tamén se pode ter unha de aula, do grupo—; nesta, cadaquén irá introducindo aqueles obxectos, recordos, fotos, que lle producen ale-gría e satisfacción velos de cando en vez. Poderán abrirse como un acto íntimo, solitario, individual, ou ben, amosarlle ao resto do grupo os pe-quenos “tesouros” alí gardados, explicando as razóns polas que son re-cordos moi prezados. Potenciaremos que, nunha ocasión especial, poidan agasallar a alguén cun deses recordos, facendo consciente o receptor do valor dese presente. Suxerirémoslles ás familias que nas súas casas fagan o mesmo.

Mércame…!

Os caprichos consumistas dos máis pequenos. O valor dos cartos e o das pequenas cousas que non se poden mercar. O máis grande ou máis custoso non sempre é o mellor.

La palabra que se fue de vacaciones

De onde veñen todas as palabras que emitimos?, onde estaban antes de saír da nosa boca a dar paseos polo aire? No dicionario, organizadas, ordenadas e clasificadas. Hainas que traballan moito, como “mamá” ou “papá”, e outras tómbanse e non dan pancada. Pero hai unha que está fraca, esgotada e esmirrada de tanto que a empregan os nenos e nenas, é “CÓMPRAME”; ata que un día decide coller vacacións e deixar unha liña en branco no dicionario.

Posibilidades de traballo na aula

O dicionario é un libro cuxa presenza debe ser obrigada nunha aula, mesmo nas de infantil. Este libro, desde o seu inicio, estanos a recordar a importancia dos dicionarios como contedores de palabras, palabras longas ou palabras curtas, palabras que saen moito e palabras que apenas es-coitamos dicir, palabras que traballan arreo e outras que non dan golpe…, pero todas elas importantes nun determinado momento, poida que só nos decatemos diso cando desaparecen. Aconsellamos que sexan das que usamos as persoas adultas, non dos dicionarios infantís, e se é posible en varios idiomas, cando menos, en galego e en castelán.

Texto: Vicente Vilana

Ilustracións: Carmela Mayor

Editorial: Brosquil

ISBN: 978-84-9795-039-8

Data: 2004

Page 27: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

27Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Faremos actividades do seguinte tipo:

ÁÁ Razoar os motivos polos que a palabra “cómprame” marchou de vacacións, analizando quen a empregaba e con que outras palabras se acompañaba.

ÁÁ Coñecer as palabras “veciñas” ou compañeiras de páxina doutra palabra; escribirémolas e analizaremos os motivos da súa proxi-midade. Por exemplo, “cómprame”, “comprensión”, “compinche” ou “computador”.

ÁÁ Xogaremos a prescindir dunha palabra que empreguen habitual-mente; ao longo dun día non se poderá pronunciar. Por exemplo “quero” ou “dáme”.

ÁÁ Descubriremos como se di esa palabra noutros idiomas, igual ca no conto: “mariposa” / “bolboreta” / “papallona”, ou “cómpra-me” / “compra´m”.

ÁÁ A diario, un neno ou unha nena, regalaranos unha palabra, seleccionada na casa coa súa familia. Con esas palabras po-deremos facer exposicións, libros de palabras marabillosas, cortinas de palabras ou gardalas para agasallar a alguén.

ÁÁ Nos días especiais, regalarémonos palabras, ás que lles daremos tratamentos singulares, ben pola técnica artística que empregue-mos, ou polo formato electrónico, ou polo papel diferente que utilicemos. Debemos converter estes agasallos en obxectos de desexo e que se obteñan sen necesidade de mercalos.

As palabras poden ser un dos seus xoguetes favoritos, tan só se trata de facer agromar a súa maxia.

Coas mans baleiras

Hoxe é o aniversario de Mario e Alba está invitada a merendar na súa casa. Aínda non sabe que regalarlle, e polo camiño vai pensando nun agasallo para o seu amigo. A ela ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando se quere algo especial.

Da man da protagonista descubriremos que os mellores regalos non son os que se compran. Ana Tortosa elixe un título moi revelador para este conto, Coas mans baleiras que nos presenta valores moi afastados dos que a sociedade de consumo en que vivimos nos trata de impoñer.

Texto: Ana Tortosa

Ilustracións: Cecilia Varela

Editorial: OQO

ISBN: 978-84-9871-236-0

Data: 2010

Page 28: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

28Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Nel, a autora convida os máis pequenos a miraren máis alá das cou-sas materiais e a exploraren outras alternativas de ocio: a natureza, a imaxinación, a amizade… E a partir do orixinal xogo de preguntas e res-postas da protagonista, crea un conto que ten moito de adiviña.

Posibilidades de traballo na aula

Razoaremos sobre cales son os motivos polos que decidimos levar-lle un regalo ou outro a unha persoa a quen queremos agasallar. Quen o merca?, cando?, para que...?, será o punto de partida desta reflexión coa pretensión de facerlles caer na conta de que os agasallos para se-ren especiais deben ser moi meditados, e non precisamente custosos. É moi difícil que nun determinado momento, os nenos e nenas destas idades sexan quen de lembrar agasallos diferentes, pero é doado que na aula haxa unha listaxe na que ir anotando aquelas cousas que xor-den no día a día e que poden converterse nun presente especial: unha música, un poema, unha aperta, unha tarxeta, un recordo, un segredo, unha foto dun momento, unha imaxe…

El regalo del pescador

Un pescador sae ao mar na súa barca e mentres pesca vai pregun-tándose que lle pode levar de agasallo ao seu fillo, que lle pediu “o máis fermoso do mar”. O que realmente lle parece fermoso é moi difícil de atrapar: a lúa, o amencer, a cor das buguinas e as escamas dos peixes... Pero non hai nada imposible para o seu pai.

Posibilidades de traballo na aula

Implicaremos as familias e pedirémoslles que lles escriban unha car-ta aos seus fillos e fillas na que lles digan o máis fermoso que lles poden agasallar. Lerémolas, reflexionaremos sobre os agasallos e faremos unha exposición na aula. Posteriormente pasarán a formar parte dos “tesouros” da caixa dos recordos.

Autoría: Rocío del Mar Antón,

Dolores Núñez e Xavier Vilagut

Editorial: Beascoa

ISBN: 978-84-488-1375-8

Data: 2002

Page 29: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

29Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

El coleccionista de momentos

A amizade entre un pintor e un neno que se sente atraído pola per-sonalidade e polo traballo de Max, o pintor que lle deixa estar no seu estudio, pero que non lle permite contemplar os cadros que el pinta. Só lle dá a chave do seu estudio cando o pintor emprende unha longa viaxe. E cando o neno entra por primeira vez, atópase con toda unha exposición preparada especialmente para el.

El coleccionista de momentos é a historia dunha amizade, onde o neno aprende que o mundo non é só como o contempla o observador.

Posibilidades de traballo na aula

El coleccionista de momentos é un libro que nos permite tratar moi-tos temas, pero neste caso centrámonos nas dedicatorias. Cando unha persoa fai un agasallo, importa máis a razón pola que elixiu ese obxecto, pensando en a quen llo ía dar. Iso implica coñecemento, aprecio, intención de agradar ou satisfacer o agasallado; e tamén saber manifestalo. Max, o pintor do libro, era un coleccionista de momentos, nas súas obras reflectía momentos únicos e irrepetibles, por iso, cando prepara a exposición para o pequeno “profesor” redáctalle unha dedicatoria para cada un deles.

Buscaremos distintas dedicatorias nos libros da clase, algunhas delas fermosísimas como a do libro La palabra que se fue de vacaciones, que o autor dedica “A mi hijo Vic, para que las palabras sigan siendo siempre uno de sus juguetes favoritos”, ou a deste mesmo “Dedicado a mi madre”; aprenderemos cales son as características propias deste tipo de texto, onde se adoitan escribir, quen as pode facer, etc. Coñeceremos tamén como dedicar outros agasallos que non son libros, as tarxetas coas que se poden acompañar, que facer posteriormente con esas dedicatorias, e, sobre todo, a valorar este tipo de xestos que personaliza e engade valor a calquera presente, sen importar tanto o seu custo.

O libro de X. A. Neira Cruz, Jan estivo alí, versa sobre un segredo plasmado na pintura O matrimonio Arnolfini, de Jan van Eyck, a modo de dedicatoria do pai pintor ao seu fillo. Apuntaremos a posibilidade de que en ocasións especiais agasallen coas súas propias producións artísticas debidamente enmarcadas, como obras de arte que son, que recollen mo-mentos e intencións de cara a quen llo dan.

Autoría: Quint Buchholz

Editorial: Lóguez Ediciones

ISBN: 978-84-89804-16-6

Data: 1998

Page 30: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

30Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

A casa máis grande do mundo

Unha familia de caracois vivía nunha vizosa col. Coa casa nas costas, percorríana devagar na procura dalgunha herba tenra para roer. Un día un pequeno caracol díxolle ao seu pai: “Cando sexa grande, quero ter a casa máis grande do mundo”.

“Iso é unha parvada”, respondeulle o pai, que resultou ser o caracol máis prudente de todos. “As cousas grandes non sempre son mellores”. E contoulle esta historia…

Posibilidades de traballo na aula

Seleccionamos este libro polas posibilidades que lle vimos para tra-ballar o valor da sinxeleza e da austeridade, precisamente nunha idade en que sempre queren ser máis ca…, máis grande que…, ter máis ca… As contrariedades ás que se ve sometido o pequeno caracol debido ao seu afán por ter a casa máis grande, dan pé a conversas e reflexións sobre ese interese infantil pola desmesura —algo que nalgunhas ocasións, perma-nece ao longo de toda a vida adulta—. Nun xogo de absurdos, fabulamos sobre o que acontecería se tivésemos o camión ou a boneca máis grandes do mundo. Posteriormente falaremos do valor das “pequenas” cousas, sempre nunha linguaxe próxima ao pensamento infantil destas idades.

Autoría: Leo Lionni

Editorial: Kalandraka

ISBN: 978-84-8464-699-0

Data: 2008

Page 31: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

31Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Espelliño, espelliño…

A imaxe persoal: influencia das series e personaxes televisivos. Moda e publicidade. Estereotipos de sexo/xénero. Traspaso dos hábitos estéticos adultos á infancia.

Petra

“A gordura é fermosura!”, dicíalle a súa nai, pero a Petra non lle gus-taba a imaxe que lle devolvía o espello. Ela quería ser alta, esvelta e ele-gante, e sería capaz de remover ceo e terra para conseguilo. Pero cando coñeceu a Fortunato…

Petra é unha pequena elefanta que rexeita a súa gordura e soña cun físico diferente. Logo de que as súas expectativas quedasen feitas cachizas, e despois de moitos intentos frustrados por adelgazar mediante métodos que non se acomodaban á súa especie, á elefanta aínda lle queda algo por facer… Coa esperanza de atopar unha solución ao seu “problema” comeza unha viaxe que propiciará un encontro moi especial, divertidas aventuras e, sobre todo, fará que comece a aceptar de bo grao a súa condición natural e a percibir a gordura dunha maneira non distorsionada.

Abofé que este conto representa unha metáfora da cultura actual e unha alegoría dunha sociedade, que a pesar de que proxecta modelos moi afastados da nosa realidade cotiá, todos tratamos de imitar en van. Por iso, o conto propón unha visión optimista, e transmítenos a mensaxe de que na autenticidade radica a chave para lograrmos a satisfacción per-soal, e que os demais nos aceptan tal como somos.

Posibilidades de traballo na aula

Malia que tras a lectura deste libro ben se poderían tratar cuestións relacionadas coa alimentación saudable e a necesidade de exercicio físico, neste caso queremos centrarnos na satisfacción e conformidade cos tra-zos que nos son propios e que nos diferencian dos demais, non deixándo-nos influenciar por estereotipos irreais de beleza, que o único que poden xerar é autoestima baixa, dado que o noso físico non coincide con eses canons de beleza. Realizarase o xogo “Gústome moito”, no que irán di-cindo aqueles aspectos físicos propios polos que se gustan, polos que se senten guapos ou guapas.

Autoría: Helga Bansch

Editorial: OQO

ISBN: 978-84-9871-002-1

Data: 2007

Page 32: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

32Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?

Carlota era unha princesa rosa: co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa e un cuarto cunha cama, cunhas sabas e unha almofada rosas. Pero Carlota estaba farta do rosa e de ser unha princesa. Hai algo no mundo máis aburrido que ser una princesa rosa?”

Cunhas ilustracións nas que predominan as cores rosas que saen do rosa, este libro é todo un descubrimento; un manifesto sobre os dereitos das nenas a ser o que queiran na súa vida sen importarlles que lles pasará aos príncipes azuis cando non haxa princesas rosa.

Posibilidades de traballo na aula

A partir deste conto poderíase iniciar un interesante proxecto de tra-ballo no que no momento inicial se recolla información sobre todas as princesas que coñecemos, especialmente as dos contos e versións Disney. Analizaremos a todas en base a criterios como aspecto físico, calidades persoais, carácter, ocupacións, indumentaria, limitacións e expectativas de futuro. Sobre estas cuestións hai infinidade de estudos publicados, así como sobre a súa influencia na formación de modelos femininos para as nenas; pero neste caso trátase de adecualo á idade do noso alumnado, facendo fincapé na inconsistencia e irrealidade desas personaxes. Final-mente, é labor do/da docente saber enfocalo adecuadamente para visibi-lizar as vantaxes de non ser unha princesa rosa.

Autoría: Raquel Díaz Reguera

Editorial: Thule

ISBN: 978-84-925-95-5-8-7

Data: 2009

Page 33: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

33Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Sapo Manuel Quenorrana

Sapo Manuelquenorrana non quere deixar de ser sapo, senón todo o contrario, aínda que hai unha princesa que pasa a vida na poza bicando sapos e ras sen ningunha sorte.

Unha proposta divertida. Unha historia familiar propia dun culebrón, na que o narrador vai tecendo enredo tras enredo ata atopar a solución para un desenlace incrible.

Posibilidades de traballo na aula

Este libro, e máis o que segue, Ranilda, foron seleccionados porque malia que no fondo a mensaxe que pretenden transmitir é similar —a importancia da satisfacción e da autoestima persoal positiva—, as dúas historias son case antagónicas entre si: un sapo que non quere ser bicado para transformarse en príncipe e unha ra que busca quen a bique para converterse nun home guapo.

Procuraremos informacións sobre esa fábula de que un sapo pode transformarse nun príncipe grazas ao bico dunha fermosa princesa, da que hai multitude de versións, mesmo no cinema, inspiradas no conto dos irmáns Grimm.

Razoaremos sobre moitos dos arquetipos e expectativas femininas en canto á compañía masculina, que se van forxando desde a máis tenra infancia e non só presentes na literatura tradicional, pois, na actualidade, moitas das series televisivas dirixidas ao público infantil e xuvenil non fan máis que reproducir eses estereotipos anacrónicos.

Texto: José Campanari

Ilustracións: Inés Vilpi

Editorial: M1C

ISBN: 978-84-937441-9-9

Data: 2010

Page 34: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

34Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Ranilda

Fronte ao culto á beleza que impera na sociedade actual, Mar Pavón reivindica nesta deliciosa fábula outros valores como a autoestima e a amizade, e faino ademais cun gran sentido do humor. Ranilda, a prota-gonista deste divertido álbum, é unha ra moi feita, aínda que ela non o sabe. Todos os días se mira na auga, e como non lle gusta o seu aspecto, sempre está triste. Unha tarde, o seu veciño o sapoconcho, que é moi túzaro, decide gastarlle unha broma, e convence a pequena ra de que en realidade é un príncipe encantado. Mais só poderá recobrar a súa verda-deira aparencia se unha muller a bica.

Nariz de ouro

O protagonista do álbum é un neno moi serio ao que non lle chista-ba que lle chamasen Eduardiño, nin sequera Edu. Pero, por suposto, na escola absolutamente todos lle chamaban Eduardiño, e ademais rían do seu nariz.

Vivir cun nariz enorme polo que tes que pagar dous asentos no auto-bús, non é nada sinxelo, pero Eduardo conta co apoio incondicional da súa nai, que todas as noites lle le O patiño feo.

Como é un neno espelido, Eduardiño xa sabe que ao final do conto o pato se transforma en cisne. Pero, a quen lle importa non ser un cisne? Que hai de malo en ser un pato?

Cómpre destacar a modernidade deste sutil xogo de relacións que se establece entre o conto clásico de Andersen e Nariz de ouro. Un recurso, o da intertextualidade, que lle permite á autora enriquecer o texto con novos significados, e que abre para os lectores, horizontes novos á hora de interpretaren a obra.

Texto: Mar Pavón

Ilustracións: Chloe Rémiat

Editorial: OQO

ISBN: 978-84-9871-248-3

Data: 2010

Texto: Raquel Saiz

Ilustracións: Juliana Bollini

Editorial: OQO

ISBN: 978-84-9871-228-5

Data: 2010

Page 35: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

35Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Posibilidades de traballo na aula

Trátase de como converter os “defectos” físicos en virtudes, coas súas vantaxes. Este conto, xunto con Orellas de bolboreta, empregámolos para transmitir a mensaxe de que aqueles que son sinalados polos demais de-ben converter en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian dos demais hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Todos nós somos diferentes e iso fainos fortes e especiais, sempre e cando nos acep-temos como somos e isto reforce a nosa personalidade.

Pódense facer actividades de aula que nos permitan coñecer as nosas características físicas máis salientables, de como moitas delas son herdan-za dos nosos ascendentes —o que nos vincula cun grupo familiar, racial, étnico e social—. Como tamén é moi importante desdramatizar e rir de nós mesmos, empregamos programas informáticos que nos permiten tratar a nosa imaxe, tales como Pimptheface, Funtastic Face ou Monoface.

Cuervo

Como me gustaría ser diferente! Cuervo é negro coma o carbón. Tan negro que dá medo. Pero agora, Cuervo ten plans. Esta é a divertida historia de catro paxaros atolados que arranca do sentimento de soidade de Cuervo, polo que busca amigos. Ante o rexeitamento que sofre vénse abaixo, entristécese, non lle gusta ser como é e comeza a planear de que modo pode parecerse aos outros. Estes son os conflitos dos personaxes: aceptar o que somos, afondar no que valoramos dos demais, e a impor-tancia de ser e sentirnos queridos.

Posibilidades de traballo na aula

Cuervo xunto con Cuero negro, vaca blanca, son deses libros que nos permiten tratar en idades tan temperás a importancia da aceptación de ser diferente dos demais, e de que por parecernos aos outros non aca-daremos a felicidade. É preciso sentar as bases da capacidade de acep-tarnos, mesmo desde a educación infantil, tanto como para ser fonte de crecemento persoal, como para previr os graves problemas aos que se poden enfrontar no futuro. Xogaremos con programas de tratamento de imaxe, realizando engadidos, inversións, eliminando…, para, finalmente, ver que a mellor imaxe é a que teñen.

Autoría: Leo Timmers

Editorial: Algar

ISBN: 978-84-9845-165-8

Data: 2009

Page 36: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

36Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Como como

Estilos de vida saudables: alimentación e actividade física. Doces, snacks e lambetadas.

Picurruchos

Mamá Pimpona quere alimentar os seus famentos pimponciños, pero por nada do mundo recorrería a aqueles saborosos…

Divertida e orixinal historia sobre o absurdo de certas prohibicións.

Posibilidades de traballo na aula

A lectura deste libro permite manter a curiosidade infantil desde o seu inicio ata o final, porque, que son os picurruchos?, quen come pi-curruchos?, as súas nais danlle picurruchos?, serán snacks, ou que tipo de alimento son...? Ao seu remate, continuamos coas preguntas: a que saberán os picurruchos?, con que se toman?, serán doces ou salgados?, será mellor consumilos frescos ou en conserva...?

A modo de introdución, entre todos acordaremos cal será a descri-ción das características, do sabor e dos lugares onde se poden mercar tanto os picurruchos frescos coma en conserva. Suxerimos a elabora-ción dun pequeno receitario de cociña, deste xeito podemos traballar a tipoloxía textual das receitas, coas características específicas que te-ñen, como textos instrutivos que son. Cadaquén, nun xogo de imaxi-nación, coa axuda da súa familia, elaborará unha receita que conteña picurruchos.

O motivo polo que mamá Pimpona lles prohibe o consumo de picurru-chos aos seus fillos ten que ver coa falta de moderación na inxesta de ali-mentos; o que dá pé a que cadaquén conte algunha experiencia similar.

Texto: Mar Pavón

Ilustracións: João Vaz de Carvalho

Editorial: OQO

ISBN: 978-84-9871-163-9

Data: 2009

Page 37: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

37Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Nicolás cocina sin fuego

MAKAKIÑOS DÍA A DÍA é unha nova liña editorial desta colección creada para achegar a lectura a persoas con necesidades educativas especiais. Nicolás va de compras y Nicolás cocina sin fuego, son guías complementarias que os apoian no camiño de adquirir autonomía e auto-satisfacción. Co libro de receitas poden preparar pratos sans, nutritivos e saborosos, que se elaboran de forma sinxela, sen ningún proceso de coc-ción: canapés, sandwich e ensaladas para comer; espetada de froitas e ensalada de froitas, boliñas de coco, trufas de chocolate, mousse de limón e xeado de plátano para tomar de sobremesa; bebidas, como zume de la-ranxa, batido de fresa e sorbete de melón. Tras repasar os ingredientes e utensilios necesarios, e indicar o grao de dificultade, descríbese o proceso de preparación, para gozar do ambiente áxil e dinámico da cociña, entre sabores, cores e aromas.

Os textos adaptáronse á linguaxe de pictogramas SPC, o sistema de comunicación utilizado polas persoas con discapacidade intelectual, como autismo, disfasia e outros trastornos do desenvolvemento.

Posibilidades de traballo na aula

Consideramos que é un magnífico material para ter en aulas ordinarias de educación infantil, porque a súa sinxela estrutura e a linguaxe de picto-gramas facilita a comprensión das receitas de cociña por parte do alumna-do que aínda non ten adquirida a competencia lectora. O tratamento que lle dá á alimentación saudable e ao desenvolvemento da autonomía persoal son outros dos valores que o fan adecuado para a educación infantil.

Facilita a creación dun receitario similar, que se vaia elaborando pouco a pouco, en distintas épocas do ano, con motivo de distintas celebracións —mesmo de receitas para os aniversarios—, e con distintos niveis de di-ficultade.

Texto: BATA

Ilustracións: Alicia Suárez

Editorial: Kalandraka

ISBN: 978-84-92608-21-8

Data: 2009

Page 38: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

38Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Una cocina tan grande como un huerto

Unha extraordinaria viaxe a través do mundo das froitas e das hor-talizas. Con receitas que nos levarán a descubrilas de maneira diferente, datos de como se cultivan, de cal é a súa historia e proverbios de diversas culturas, entre os que destacamos este escocés: “A semente está no froi-to que está na semente que está no froito…”

Dentro da mesma colección tamén atopamos: Una cocina tan grande como el mundo e Una cocina toda de chocolate.

Posibilidades de traballo na aula

Este é un fermoso libro que podemos considerar de consulta en cal-quera momento, ben porque estamos falando de alimentación equilibra-da, da variedade gastronómica, de froitos que descoñecemos, etc. As coidadísimas ilustracións, xunto con información do cultivo da árbore ou planta que os produce, así como as receitas e mesmo os proverbios de distintas partes do mundo, fan este libro necesario en calquera aula.

El increíble niño comelibros

Esta é a historia de Enrique, un neno ao que lle encantan os libros, pero non como lle poden gustar a calquera neno. Un día, mentres tiña nunha man un chupachup e na outra un libro, Enrique, despistadamente, probou o libro. Notou que lle gustaba, e aínda que tiña as súas dúbidas, decidiu comer primeiro unha palabra, logo unha oración e, despois, unha páxina. Un par de días máis tarde xa comera un libro enteiro. Inexplica-blemente o coñecemento que contiñan os libros chegaba ao cerebro de Enrique e pensou que en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de pronto todo comezou a complicarse.

Texto: Alain Serres

Ilustracións: Martin Jarrie

Editorial: Kókinos

ISBN: 978-84-96629-06-6

Data: 2008

Autoría: Oliver Jeffers

Editorial: Fondo de Cultura Económica

ISBN: 978-96-816825-21

Data: 2007

Page 39: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

39Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Posibilidades de traballo na aula

Os motivos de incluír este libro nesta escolma foron varios, entre eles, porque permite tratar o tema da gula, da voracidade sen sentido, e mesmo doutra forma de consumo —a de libros—, que por bos que sexan, tamén hai que aprender a degustalos, a saborealos, a repousalos, a dixe-rilos…

Para completar a lectura pódese ver a curtametraxe inspirada no libro. Á parte das moitas posibilidades de traballo que nos brinda, quixemos centrar a proposta no gozo de ler, ben polas implicacións que ten no eido do consumo no tempo de lecer —sendo unha actividade do máis recomen-dable—, como pola que xa apuntabamos antes relacionada co exceso de consumo que se dá na compra de libros —hai nenos que nin os gozan, tan só queren ter máis libros novos e diferentes de cada vez—. Estas son as actividades tipo:

ÁÁ En primeiro lugar recollemos información das familias sobre o tem-po que dedican á lectura nas súas casas, que hábitos ou rutinas teñen establecidos con respecto a iso, o número de libros de que dispoñen nas casas, se son usuarios da biblioteca pública, cales son os criterios de compra de libros, quen os aconsella, que teñen en conta á hora de decidirse pola compra dun libro, e se a pesar de dispor de moitos libros, algúns son sempre motivo de relectura.

ÁÁ A continuación vemos o vídeo do espectáculo de danza e acroba-cia Traces, da compañía Les 7 doigts, no que podemos apreciar todas as posturas imaxinables para ler nun sofá; deseguido cada-quén conta cal é a postura que adopta para ler. E tamén contará como le: devagar, mirando as imaxes e o texto, gozando do libro ou fai coma Enrique que devoraba os libros e as palabras.

Neste caso, máis que con discursos, cremos que hai que educar os lectores co exemplo, sendo nós os/as docentes, lectores que paran nos detalles dos libros, atendendo a todas as linguaxes implícitas neles e a todas as mensaxes que nos transmiten; relendo algún que outro libro de cando en vez, ou mesmo volvendo buscar unha frase, cita ou fragmento que nos gustase. E, sobre todo, sendo coidadosos cos libros, fomentando o seu intercambio, ben desde a biblioteca ou entre os mesmos nenos e nenas, facéndoos responsables do seu coidado e devolución. Tamén cóm-pre tratar o destino final daqueles libros que xa non queremos nas nosas casas, salientando iniciativas que inciden na redución do consumo, como o bookcrossing.

Page 40: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

40Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Como consumo

As implicacións do consumo no medio natural e nas relacións hu-manas.

Misterio na selva de Ngorongón

A selva de Ngorongón é unha selva ben curiosa onde o misterio é un máis dos seus habitantes. Así que haberá que andar con tino… O bruxo Ngorongón ten que pescudar que lles pasa aos seus animais para queda-ren aparvados mirando para aquela cousa.

Posibilidades de traballo na aula

Esta historia de engadidos e repeticións —algo moi do gusto dos máis cativos—, permítenos coñecer cales eran as afeccións preferidas de cada un dos animais da selva, e ver como as deixan de facer pola chegada “daquela cousa”.

Polo tanto, e igual que os animais de Ngorongón, facemos unha lis-taxe das cousas que máis lles gusta facer a cada neno e nena —curio-samente sempre aparecen os xogos clásicos nestas idades en compañía doutros iguais ou dos seus proxenitores—, malia que despois invistan a meirande parte do seu tempo de lecer diante das distintas pantallas: tele-visor, ordenador, dispositivos táctiles ou con consolas de videoxogos. Bus-camos información na rede arredor deses xogos e elaboramos un folleto, que enviaremos ás familias coas suxestións feitas polos seus fillos e fillas para gozar do tempo de lecer sen necesidade das pantallas.

Autoría: Alberto Varela Ferreiro

Editorial: Editorial Galaxia

ISBN: 978-84-9865-201-7

Data: 2009

Page 41: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

41Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

León y el medio ambiente

Neste libro recóllense accións e xestos que poden axudar ao desen-volvemento sostible. O planeta no que vivimos non está en gran forma. En efecto, a polución, a dilapidación, o consumismo e os malos costumes dos seus habitantes contribúen a destruílo cada vez máis. Se só cada un de nós fixese a súa parte, poderiamos devolverlle unha saúde moito me-llor. Por iso nos invitan a percorrer este libro para coñecer máis sobre o asunto. Sorprenderanos ver ata que punto pequenos xestos moi simples poden lograr unha diferenza. Así gañará todo o mundo e todos xuntos conseguiremos salvar o noso fermoso planeta. Porque o medio natural é asunto de todos! O porvir da Terra está nas nosas mans.

Posibilidades de traballo na aula

Esta é desas lecturas que hai que ir facendo a pequenos fragmentos; cada certo tempo debemos ler unha das recomendacións de León e dar tempo dabondo para que ese xesto se comprenda, se consolide e se faga habitual tanto na aula como nos seus fogares. Sempre dicimos que non se trata de que apaguen a luz ao saír da aula, senón de que comprendan a necesidade de apagala e as implicacións que ten no gasto enerxético non facelo, pois estes xestos e accións deben ser froito da aprendizaxe ao longo de todo o tempo de permanencia na escola, e de cando en vez, se é preciso, volver recordar as consignas de León.

Autoría: Annie Groovie

Editorial: UnaLuna

ISBN: 978-98-712965-38

Data: 2009

Page 42: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

42Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Que fai falta?

Que fai falta para ter unha mesa? Para ter unha mesa fai falta ma-deira, para ter madeira fai falta a árbore, para ter a árbore...

Toda obra de Gianni Rodari é esencial; neste caso, a sinxeleza do texto —un razoamento dedutivo ou siloxismo— vístese á perfección coas collages de Silvia Bonanni. O relato segue unha sucesión lóxica e gradual sobre a orixe dun obxecto cotiá, que culmina no máis profundo e, á vez, fermoso da natureza: para lograr algo moi grande, ás veces abonda co mínimo. Un libro que une a elegancia da xeometría, seguindo unha es-trutura literaria circular, coa fragrancia da poesía e coa orixinalidade da proposta estética.

Posibilidades de traballo na aula

En todo traballo arredor do fomento de hábitos de consumo respon-sable, cómpre abordar a trazabilidade dos produtos. O alumnado de edu-cación infantil, na maioría das veces, non é consciente do que hai detrás dun produto e de que xeito o seu consumo irresponsable pode incidir no deterioro do medio. Por iso seleccionamos esta obra tan poética de Gianni Rodari, na que se conclúe que para facer unha mesa fai falla unha flor, pasando por todos os estados anteriores.

Vemos o vídeo no que podemos escoitar unha canción que recolle todo o relato e, a continuación, a modo de xogo, repetimos con calquera outro elemento, facendo as pescudas que sexan precisas, mesmo pode-mos contar coa axuda das familias, ás que se lles dará unha copia de todo o proceso da mesa para que logo o poidan repetir cunha caixa, cun libro ou cun alimento.

Texto: Gianni Rodari

Ilustracións: Silvia Bonanni

Editorial: Kalandraka

ISBN: 978-84-8464-75-3-9

Data: 2010

Page 43: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

43Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Non é unha caixa

Unha caixa é xustamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Dende unha montaña ata un foguete espacial, o coelliño desta his-toria demóstralles aos lectores que unha caixa poder ser todo aquilo que lles permita a imaxinación.

Cómpre seguir potenciando esa economía de recursos de antano: sen apenas nada co que enredar, os cativos poden converter o máis sinxelo dos obxectos no máis marabilloso dos xoguetes.

Trátase dun álbum curioso e interesante, tanto polo contido como pola presentación, xa que as cubertas imitan a textura, a cor e a aparen-cia das caixas de cartón, incluídas as indicacións sobre a correcta posición do vulto.

A autora emprega unha liña argumental moi sinxela, de frases curtas e directas, a modo de diálogo entre o protagonista e unha voz omniscien-te que o interroga sobre a utilidade da súa caixa.

Posibilidades de traballo na aula

O fomento da creatividade e da imaxinación é un dos obxectivos bási-cos da educación infantil, pero vese moitas veces desvirtuado polo exceso de consumismo presente nos centros educativos. Tan só cómpre observar con que enredan os máis cativos para decatarse de que quen lles inculca eses hábitos consumistas somos precisamente as persoas adultas. O ma-terial escolar que se emprega na meirande parte das aulas é unha boa mostra diso; sempre materiais comercializados, de cores brillantes, con acabados que cumpren todos os criterios de seguridade infantil, pero que pouco oco deixan para a imaxinación. Polo que recomendamos volver á austeridade reutilizando aquilo que en moitas ocasións acabaría no lixo —latas, caixas, envases, papeis…—, pois é a mellor aprendizaxe que po-demos inculcarlle ao noso alumnado.

Solicitaranse caixas de todo tipo, forma e tamaño, que se poñerán ao servizo da imaxinación infantil para construír o que desexen, empregando conectores e unións que conseguirán acabados inimaxinables.

Veremos o vídeo da curtametraxe de animación Electric car, na que os elementos están elaborados con caixas de cartón, ademais da mensaxe ecoloxista que transmite.

Así mesmo empregaremos as caixas para gardar distintos recordos e coleccións de todo tipo: a caixa do mar, a do outono, a dos retrincos, de olores...

Autoría: Antoinette Portis

Editorial: Factoría K de Libros

ISBN: 978-84-9695-7-21-3

Data: 2008

Page 44: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

44Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Caixa de cartón

Mamá gastou todos os seus aforros. Comprou un billete para unha embarcación que nos debía levar a unha terra onde as nenas non dormen en caixas nin as mamás choran.

Neste álbum, Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan únense para ofrecer unha crónica da inmigración, mais desde un punto de vista moi diferente ao que a diario nos presentan os telexornais e periódicos. Nestas páxinas non hai análises de xornalistas, nin estatísticas; só a voz va-lente dos protagonistas deste auténtico drama humano e vai ser unha nena inmigrante a que en primeira persoa nos relate a súa historia.

Posibilidades de traballo na aula

A continuación de todo o traballo que se faga a partir do libro Non é unha caixa, faise preciso ver a outra cara da moeda: as caixas de cartón, que decote van para o lixo e que a nós nos poden servir como entretemen-to, a outras persoas danlles a sensación de ter un fogar. “Cando nacín, a miña nai meteume nunha caixa de cartón, unha desas caixas onde gardan os zapatos os que teñen zapatos. Aquela caixa era o meu berce, o meu cuarto, a miña casa, as paredes que amortecían o pranto de miña nai…”

Consideramos necesario o tratamento destes temas relacionados coas desigualdades sociais que existen ao noso carón; non sabemos da relación que se dá entre o coñecemento e a súa diminución, pero si sa-bemos da necesidade de amosarlles aos máis pequenos outras realidades non tan privilexiadas coma a súa.

Non se trata neste caso de realizar máis actividades a raíz da lectura do libro, tan só de abrir a mirada dos nenos e das nenas ás diferenzas que sofren outros nenos e nenas coma eles.

Texto: Txabi Arnal

Ilustracións: Hassan Amekan

Editorial: OQO

ISBN: 978-84-9871-214-8

Data: 2010

Page 45: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

45Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Xaime e as landras

Xaime plantou unha landra, pero… antes de que puidese medrar, un esquío desenterrouna e agachouna. Xaime plantou unha landra, xermolou e agromou da terra, pero…

Porque Xaime non se dá por vencido cando a súa primeira landra non medra: planta outra, pero os animais písana, rabichan os gromos da que empezaba a nacer, os cativos estragan a planta que xermolara doutra semente, os madeireiros cortan a árbore que chegara a facerse alta e for-te... ata que a enésima landra que plantou Xaime, convértese, co paso do tempo, nun carballo robusto que dá como froito… máis landras.

Posibilidades de traballo na aula

A perseveranza é unha calidade moi necesaria para a formación do consumidor responsable, se quere que as súas accións deixen unha pega-da no medio natural, xa que moitas destas son desfeitas ou esmagadas polas accións dos outros.

Seleccionamos esta obra por dous motivos: pola posibilidade que nos brinda de coñecer todo o ciclo vital dunha árbore —que discorre parello ao dunha persoa—, e porque nos facilita coñecer os posibles usos dunha landra e dunha árbore, moitos deles necesarios para manter o equilibrio ambiental.

A actividade que propoñemos é xa clásica na meirande parte dos centros educativos de infantil: a plantación de sementes de árbores au-tóctonas, para, deste xeito, ir vendo paso a paso cada un dos distintos momentos, ata conseguir que algunha delas agrome e resista as condi-cións ambientais. Empregamos dous sistemas: o tradicional, plantando en grandes latas, e o método Fukuoka.

Texto: Tim Bowley

Ilustracións: Inés Vilpi

Editorial: Kalandraka

ISBN: 978-84-8464-5-32-0

Data: 2005

Page 46: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

46Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

A árbore de follas DIN A-4

Houbo unha vez unha árbore que naceu no máis recóndito do bosque e que sabía, desa forma vexetal e misteriosa en que as árbores saben as cousas, que se convertería en papel. E unha primavera, cando chegou a hora de mudar o traxe…

Posibilidades de traballo na aula

A orixinalidade desta historia e o grande animismo que reflicten as imaxes, converteron este conto nun clásico nas aulas, que nos ofrece a posibilidade de coñecer a trazabilidade dos obxectos de madeira —cando comeza a árbore xa sabía o que podería chegar a ser—, ou o ciclo estacio-nal. Finalmente, a esta árbore diferente, na primavera sáenlle follas DIN A-4, que dan como froitos toda unha gran variedade de letras de diversas tipografías.

Coñecer todo o ciclo do papel, cal é a orixe do seu uso, tipos de papel, como se pode reciclar, como se fai o papel hixiénico, cales son as conse-cuencias do excesivo consumo de papel, son algúns dos aspectos traba-llados a partir da lectura do libro.

Texto: Marta Azcona

Ilustracións: Rosa Osuna

Editorial: Kalandraka

ISBN: 978-84-8464-5-27-6

Data: 2005

Page 47: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

47Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Gargalladas sen cartos

Actividades alternativas que non incrementen o consumo irres-ponsable.

Un agasallo diferente

Tristán obsequia o seu amigo Marcel cun anaco de tea sobrante dunhas cortinas. Marcel preferiría unha buxaina, pero acaba agradecendo ese aga-sallo porque finaliza decatándose da cantidade de utilidades que pode ter un simple pano: para limparse, protexerse do sol, atravesar un río, abrigarse do vento e escapar dos perigos.

Cada agasallo agocha, baixo o lazo e o papel acharoado, unha decep-ción. A miúdo sentímonos decepcionados porque agardamos outra cousa; pensamos que non se esforzaron abondo en seguir o rastro dos nosos desexos. Pero Marcel acaba apreciando a humildade do agasallo porque o seu amigo e mais el pertencen a un mundo no que se valoran os obxectos máis insignificantes: cartón, pinzas, chapas, rollas, cordas, un calcetín ou mesmo unha pedra poden converterse nun xoguete marabilloso, unha fascinante caixa de sorpresas.

Marta Azcona enfoca Un agasallo diferente como unha reflexión sobre a decepción e, sobre todo, aborda a capacidade innata dos nenos para dar renda solta á imaxinación e gozar co que teñen á man, por simple que pareza. Para eles, calquera cousa pode agochar un tesouro e converterse nunha fonte de diversión, nunha boneca rusa que conteña todos os xo-guetes, todos os agasallos.

Posibilidades de traballo na aula

Tras a lectura do conto, tan só debemos facilitarlle anacos de tea para que cadaquén lles tire partido, inspirándose nas suxestións dos dous amigos.

Posteriormente, podemos ver na rede posibilidades de uso das teas para a elaboración de manualidades e agasallos.

Texto: Marta Azcona

Ilustracións: Rosa Osuna

Editorial: Kalandraka

ISBN: 978-84-8464-5-27-6

Data: 2005

Page 48: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

48Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Russell y el tesoro perdido

Russell, o año, proponse atopar o tesouro perdido de Valderranas. Co Super-Duper Buscador de Tesouros busca arriba e abaixo, por dentro e por fóra, á dereita e á esquerda. NADA! Por fin, atopa un vello cofre. Será o tesouro?

Posibilidades de traballo na aula

Este tenro año do gorro longo de la é unha personaxe que cativou os máis pequenos; as súas accións, aparentemente insignificantes, sempre encerran unha pequena pero rica mensaxe relacionada co valor da amiza-de, do compañeirismo e da aceptación das diferenzas dos outros.

Unha cámara fotográfica convértese nun chanzo para descubrir o te-souro que anda a buscar e que non é outra cousa que a riqueza persoal dos habitantes de Valderranas.

Hai un tipo de libro ao que non se lle tira o debido proveito na escola, os álbums de fotografías, esa especie de contedores de recordos de mo-mentos especiais vividos na compaña dos outros. Para os nenos e nenas facer ou que lles fagan fotos é algo tan habitual que non se decatan do que entraña ese xesto. E do que pode supor que a alguén lle regalen unha fotografía ou un libro de fotos, e máis se se presentan acompañadas do texto de pé de foto.

Te regalo un cuento

Regáloche un conto para que o leves contigo, dobradiño no peto ou entre as páxinas dun libro. Podería ser un paseo polo parque, unha can-ción a medio facer ou un truco de maxia, sen ensaiar apenas. Regáloche un conto improvisado. Regáloche unha idea. Regáloche un kit completo de cariño, un maletín máxico. Regáloche un desexo. Regáloche este conto.

Autoría: Rob Scotton

Editorial: Alfaguara

ISBN: 978-84-204-7225-6

Data: 2009

Texto: Jorge Gonzalvo

Ilustracións: Cecilia Varela

Editorial: Lóguez Ediciones

ISBN: 978-84-96646-38-4

Data: 2009

Page 49: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

49Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Posibilidades de traballo na aula

A lectura deste conto vén incidir no xa anteriormente apuntado, o mellor regalo sempre é aquel que é parte tanto de quen o dá coma de quen o recibe. O tempo compartido, as ilusións a medias, a complicidade do cariño. Só se deberían facer regalos cando unha persoa sente a nece-sidade de dar todo iso.

Conversaremos e reflexionaremos sobre os motivos que nos levan a facer agasallos aos outros, e sobre se a meirande parte dos que se fan cumpren coas premisas antes apuntadas. Hai unha práctica social moi estendida que é a de facer regalos de cortesía, pero en moitos casos non é máis ca un simple intercambio económico, por iso queremos afondar nas orixes do feito de facer agasallos. Daremos un repaso a todas aque-las ocasións nas que se dan presentes e no que se pensa ou espera desa dádiva.

El mejor regalo del mundo

Cando se achega o seu aniversario, Anita sempre pensa no agasallo do seu padriño. Non é que o seu padriño sexa moi orixinal, porque sempre lle regala libros, pero mándaos desde países exóticos en paquetes de cor esmeralda con miles de estrelas debuxadas. E os libros son sempre dife-rentes e falan de mundos incribles. Este ano, non obstante, o padriño de Anita vai cambiar un pouco o seu regalo. En vez de libros, haberá xogos, viaxes, sorpresas e un segredo moi especial. O mesmo que lle agarda a calquera que lea a historia de Anita. O mesmo que esperan os nenos que soñan co... MELLOR REGALO DO MUNDO.

Posibilidades de traballo na aula

O padriño de Anita regálalle algo que non custa cartos, pero que non todo o mundo ten, porque non é doado conseguir: a capacidade de imaxi-nar, de soñar con mundos imaxinarios, de xogar coas palabras, de ter curiosidade por coñecer outros mundos. E iso é algo que se poder acadar a través da lectura.

O libro remata cun carné do Club dos Exploradores que converte o lector en membro honorífico e cun lema: “Non te canses nunca de bus-car”. Esta idea é moi doada de trasladar ao contexto da aula ou da bi-blioteca do centro, coa finalidade de fomentar o hábito lector como chave

Texto: Ricard Ruiz Garzón

Ilustracións: Claudia Degliuomini

Editorial: Rocaeditorial

ISBN: 978-84-92691-5-9-3

Data: 2010

Page 50: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

50Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

do coñecemento, do entretemento e do desenvolvemento persoal. E o mellor agasallo que lle pode facer un explorador a outro neno ou nena, é unha recomendación de lectura. Quen non recorda unha inesquecible recomendación de lectura coa que o agasallaron nalgunha ocasión? Para poñer en valor este tipo de mostras de xenerosidade e de afecto, é reco-mendable que cada persoa que visite a biblioteca ou a aula, deixe unha pequena referencia nun panel de exposicións sobre aquela marabillosa recomendación de lectura que lle fixeron nalgún momento, e que deixou unha pegada indeleble nos seus recordos. Cremos que nesta experiencia deberían implicarse tanto as familias como as persoas responsables da biblioteca pública da localidade; para comezar, suxerimos a lectura dal-gún dos artigos periodísticos sobre o fomento da lectura premiados pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez, moitos dos cales versan sobre esas primeiras lecturas, ou sobre os padriños de lectura.

Somos froito do que lemos, por iso o mellor regalo do mundo é abrir-nos as portas dese mundo máxico.

Page 51: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

51Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Deseguido preséntanse tres exemplos de traballo coa educación para o consumo en aulas de 3, 4 e 5 anos, unha relacionada cos afectos e os vínculos de apego, outra coa arte, e a terceira sobre a trazabilidade dun produto.

BicArte: as caixas dos bicos. Un proxecto de educación para o consumo e emocións na aula de 3 anos

O primeiro trimestre de curso sempre é difícil para os nenos e nenas de 3 anos —moitos deles aínda sen facelos—; é o momento de cambio de escola, da separación dos proxenitores, de entrar noutra dinámica que non lles é coñecida e que os desconcerta totalmente.

Por iso é moi importante que establezan uns vínculos de apego se-guro neste novo contorno, cos e coas docentes —titoras, titores e es-pecialistas—, co persoal dos servizos complementarios do centro, cos compañeiros/as…, pero son demasiados sentimentos ambivalentes para tan curta idade, e de cando en vez precisan tocar, ver, ulir, palpar e aca-riñar obxectos que teñen a potencialidade de evocar os recordos máis gratos da súa familia e do seu fogar.

Exemplificacións didacticas de traballo coa educación parao consumo nas aulas infantís

Page 52: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

52Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Na liña de traballo que nos marcamos, non queriamos que estes obxectos fosen algo “material”, como xoguetes ou bonecos, senón, e co-herentemente cos obxectivos que definimos en canto ao consumo res-ponsable e en canto ao desenvolvemento emocional, quixemos que fosen aprendendo a valorar aquelas cousas inmateriais, pequenas e cotiás que tanto nos axudan. É un primeiro paso, pero tan só aprendendo a valorar o realmente importante, serán quen de rexeitar “sucedáneos” impostos pola sociedade de consumo.

Tras unha reunión inicial coas familias, na que se lles adianta a in-tencionalidade educativa do proxecto, solicítaselles información e per-fílanselles algunhas das peticións que lles faremos, comezamos coas Caixas dos bicos, tendo presentes estes obxectivos en relación coas com-petencias básicas:

• CompetenCiaenautonomíaeiniCiativapersoalAdquirir confianza en si mesmo e nas demais persoas ao tempo que un control progresivo dos propios sentimentos e emocións.

• CompetenCialingüístiCaIdentificación, verbalización e expresión de sentimentos, emo-cións, vivencias, preferencias e intereses propios e das demais persoas.

• CompetenCiasoCialeCidadáValoración das relacións afectivas e das súas manifestacións que se establecen nos primeiros grupos sociais de pertenza.

• CompetenCiaCulturaleartístiCaCoñecer formas simbólicas convencionais de representación do sentimento do amor.

• CompetenCiaparaaprenderaaprenderEstá implícita tanto nas actividades que se van realizar, como na forma de realizalas, no modo de organizarnos e na metodoloxía empregada.

Tras conversar sobre o cariño que senten polos seus pais e nais e so-bre as formas en que este se manifesta con xestos, accións, bicos, aper-tas, aloumiños…, lemos o conto “Mamá, ¿de qué color son los besos?”, pedímoslles aos proxenitores que describiran nunha carta a que lles sa-bían os bicos do seu fillo ou filla. As descricións das familias foron do máis tenro ao máis lírico. Léronse na aula provocando a emoción de cada un dos nenos e logo expuxéronse nun panel, para quedar á vista de todos. Posteriormente pasaron á “Caixa dos bicos” preparada cunha estética moi coidada para cada un deles.

Para recordar e simbolizar eses bicos recortaron e decoraron corazóns dedicados a cada un dos seus seres queridos, dos que tiñan fotografías ou obxectos metidos na caixa. Para os aloumiños, empregamos plumas de cores, que tocaban sempre e cando querían.

Estas Caixas dos bicos foron un agasallo inesquecible para as súas familias no Nadal.

Page 53: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

53Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

EnlatArte. Un proxecto de educación para o consumoe a arte na aula de 4 anos

Como xa tratamos de amosar, a educación para o consumo pode e debe estar presente en calquera proxecto que se desenvolva no centro ou na aula, ou ben pode ser o eixe vertebrador dun traballo. A modo de exemplo, relataremos como articulamos o proxecto EnlatArte, realizado nunha unidade de vinte e cinco nenos e nenas de 4 anos.

EnlatArte é unha iniciativa coa que pretendiamos dous obxectivos prioritarios:

• Descubrir as posibilidades narrativas e plásticas dun obxecto co-tián presente no fogar de todos os cativos, as latas de conservas, que conformarán os elementos construtivos da obra artística.

• Coñecer todo o relacionado con esta forma de conservación dos alimentos, desde o seu procesamento, clasificación e etiquetaxe, ata os aspectos que se deben atender desde o punto de vista do consumidor/ra informados.

Cando iniciamos este proxecto, propuxémonos os seguintes fitos en relación a cada unha das competencias básicas, prestando especial aten-ción á educación para o consumo:

• CompetenCiaCulturaleartístiCaPartindo dun obxecto cotián presente en calquera fogar, converte-lo nun elemento artístico.

• CoñeCerobrasdeartistas que fixeron da lata a protagonista das súas obras, como as de Andy Warhol.

• CoñeCertraballosartístiCosimpresosnaslatasedasúaevolu-Ciónataodíadehoxe.

Page 54: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

54Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

• CompetenCiaenComuniCaCiónlingüístiCaTraballar coas etiquetas das latas coñecendo a función, aspectos que hai que observar —data de caducidade, contido, etc.— e prin-cipais características desta tipoloxía textual.

• CompetenCiasoCialeCidadáComprender a importancia da reciclaxe e reutilización das latas; os danos que producen cando son tiradas ao medio natural ou ao lixo sen atender á súa debida clasificación para reciclar.Adquirir hábitos de consumo responsable.

• CompetenCiamatemátiCaDiferenciar formas, tamaños, peso, contido, capacidade e caduci-dade das distintas latas.

• CompetenCianoCoñeCementoeinteraCCiónComundofísiCoCoñecer a conservación dos alimentos enlatados como unha for-ma de prolongar o consumo fóra de temporada de determinados produtos, tanto de orixe animal como vexetal, ou outros proce-samentos.

• CompetenCiadixitalenotratamentodainformaCión Aprender a buscar e procesar información relacionada co tema de traballo.

• As competencias CompetenCia en autonomía e iniCiativa persoale aCompetenCiaparaaprenderaaprender, están implícitas tanto nas actividades que se van realizar, como na forma de realizalas, no modo de organizarnos e na metodoloxía que se empregue.

Este traballo levouse a cabo ao longo do primeiro trimestre do pre-sente curso escolar, e foron tantas as ocasións e actividades realizadas, con e arredor das latas, que non se pode narrar dun xeito lineal, polo que, abreviadamente, comentaremos algunhas desas actividades:

• Solicitude de colaboración ás familias, explicándolles os obxecti-vos do proxecto, logrando deste xeito a súa continuidade no fogar, prestándolle atención a calquera ocasión en que xurdisen as latas.

Page 55: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

55Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

• Exploracións sobre as distintas posibilidades das latas: lúdicas, musicais, decorativas, como organizadoras de material, como mo-delos para trazar formas xeométricas, etc.

• Con motivo do outono, preparación de grandes latas como tarros para plantas debidamente etiquetadas para a plantación de froitos —landras, noces, castañas e abelás.

• En pequenas latas, plantamos bulbos —outra forma de reprodu-ción diferente das plantas—, previamente decoradas seguindo un deseño inicial —paso da bidimensionalidade á tridimensionalida-de— e que no momento da súa floración, constituirán un agasallo para as súas familias.

• Tecemos unha cortina de palabras co nome de alimentos que se conservan en lata.

• Visionado de fotografías da exposición dos traballos realizados pola empresa La Artística, —litografías en lata— recentemente presentados no Museo do Pobo Galego, baixo o título de “Dibujan-tes de la piedra, fabricantes de la lata. El legado de La Artística S. A.”. E doutros exemplos presentes no Museo Massó de Bueu. Préstase especial atención aos textos informativos —etiquetas— recollidos con cada obra.

• Observación e reinterpretación da obra de Warhol na que as latas son as protagonistas, e posterior exposición das obras no centro, demostrando o pensamento de Warhol e doutros coetá-neos para quen os máis banais e mesmo vulgares elementos da civilización moderna, poden, ao trasladarse ao lenzo, converterse en Arte. Unha forma de desmitificar o que pode ser obxecto de representación artística.

• Realización de actividades de concienciación sobre as latas e a súa incidencia no deterioro ambiental, co visionado do PowerPoint El arte de la basura. Conversas arredor da estética da reciclaxe a partir das imaxes da árbore de Nadal decorada con latas.

En canto ao traballo máis especificamente artístico, realizáronse dúas intervencións diferentes: EnlatArte Efémero —ao estilo do Land Art— e

Page 56: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

56Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

EnlatArte Permanente —xa máis asociado ao traballo de moitos escul-tores—, e neste caso tomamos como referencia a obra Bosque 3050, de Xurxo Oro Claro, e a de Manuel Patinha.

EnlatArte Efémero: ao longo de todo o trimestre fóronse realizando construcións efémeras. Cada día, un pequeno grupo de 3-4 nenos pen-saba como organizar as latas de modo que expresasen algo ou que nos transmitisen algo ao resto do grupo. Fotografabámolas e ao día seguinte desfacíase —tanto por razóns de espazo como de concepto non estable—, á espera dunha nova interpretación por parte doutro grupo.

EnlatArte Permanente: tras todas as anteriores realizacións tempo-rais, e coa chegada do Nadal, quixemos realizar unhas construcións, xa permanentes, para que puidesen ser vistas e gozadas polas familias, pre-sentadas como alternativa á tradicional, e en moitos casos, vulgar decora-ción do Nadal. Case todas elas supuxeron para nós un novo reto, o desafío á lei da gravidade e do equilibro, polo que precisaron ser realizadas pola docente seguindo as indicacións e os deseños do grupo. Todas elas foron debidamente etiquetas, recollendo título, autores, elementos compositi-vos e data.

Moi por riba tratamos de amosar como a educación para o consumo responsable pode estar presente en case todas as actividades escolares, sen que isto supoña ningún engadido á tarefa que se pretende realizar, máis ben é unha fonte de enriquecemento das aprendizaxes do alumnado.

EncaixArte. Un proxecto de educación para o consumoe trazabilidade na aula de 5 anos

Unha caixa non é máis ca unha caixa, e sempre foi e será unha caixa, ata que vaia para o lixo ou para o lume. Esta afirmación vén resumir as concepcións iniciais dos nenos e nenas de 5 anos sobre unha caixa, ele-mento no que tampouco repararan moito con anterioridade, ata que se lles

Page 57: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

57Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

fai caer na conta do que son, para que serven, de onde veñen, quen as fai, con que material se elaboran, quen as manipula, onde se atopan, etc.

Estes son os obxectivos que pretendiamos acadar no proxecto EncaixArte con respecto a cada unha das competencias básicas:

• CompetenCiaeninteraCCiónComediofísiCoesoCialCoñecer todo o ciclo dunha caixa, permitíndonos realizar un pro-ceso de trazabilidade desde o contorno natural ata a produción industrial, pechándoo co seu retorno ao medio natural convertida en refugallo. Pasando por todos os estadios, vendo oficios e pro-fesións relacionados con cada un dos establecementos onde se dispensan esas caixas.

• CompetenCialingüístiCaAnalizar os textos escritos nas caixas: utilidade, finalidade, va-riedade, tipografía e intencionalidade comunicativa, xunto con al-gunhas sinxelas e obvias estratexias publicitarias para dirixirse a un público ou a outro.

• CompetenCiamatemátiCaDescubrir e entender a diversidade de formatos das caixas, tacto, tamaño, sistemas de apertura e acabado en función do obxecto que conteñen, realizando estimacións en canto ao peso, e inter-pretacións da información contida nos díxitos presentes nela. In-terpretar algúns símbolos sinxelos que proporcionan información de interese para o usuario: fráxil, frechas de posición, perigoso…

Page 58: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

58Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

• CompetenCiaCulturaleartístiCaComprender que algo tan sinxelo como unha caixa é unha porta aberta á creatividade e a imaxinación, permitindo transformarse coas ideas e intencións de cada neno ou nena, no seu xoguete preferido, facéndoos conscientes de que ofrece más prestacións e máis versatilidade ca os sofisticados xoguetes comercializados.

• CompetenCiasoCialeCidadáConcienciarse do deterioro ambiental que supoñen os hábitos pro-pios da sociedade de consumo, nomeadamente no que se refire a envoltorios e embalaxes de produtos comercializados e de como isto acentúa as diferenzas entre o Norte e o Sur. Descubrir mun-dos diferentes aos coñecidos nos que unha caixa de cartón é algo de gran valor, pois pode ser un fogar, unha cama ou un berce.

• CompetenCiadixitalenotratamentodainformaCiónAprender a buscar e procesar información relacionada co tema de traballo.

• As competencias CompetenCia en autonomía e iniCiativa persoal e a CompetenCiaparaaprenderaaprender, están implícitas tanto nas actividades que se van realizar, como na forma de realizalas, no modo de organizarnos e na metodoloxía que se empregue.

Comezouse con xogos exploratorios coas caixas, posteriormente, e tras a lectura de Non é unha caixa e de El pequeño inventor, empezáronse a ver as súas posibilidades lúdicas e como elementos construtivos, para o que se fixo preciso solucionar os problemas de unións e conexións. Puidé-ronse facer intervencións con pequenas e grandes caixas.

Pouco a pouco, as caixas fóronse convertendo en contedores de re-cordos, de segredos, de xogos, da maxia, do verán ou do outono. Témolas organizadas e etiquetadas coa descrición ou fotografía do seu contido, que pode ser do máis diverso.

Un seguinte paso no proxecto, foi saber máis das caixas; para que ser-ven, con que se fan, onde se almacenan, diferenzas entre elas, etc. Aquí comezaba o traballo máis específico que nos permitiría coñecer a trazabi-lidade dun produto. O punto de inicio foi a lectura do libro Que fai falta?, seguido de procuras de información pola rede e visionado de vídeos.

Tras ver posibilidades de reciclaxe artística das caixas de cartón, abor-damos outro aspecto cun carácter máis social, o das vivendas de cartón; introducimos o tema a partir do libro Caixa de cartón.

EncaixArte é un proxecto que suscitou moito interese entre toda a comunidade educativa, porque a continua trasfega de caixas dun lado para outro, facía espertar a curiosidade de todos. E preténdese amplialo, levando as caixas ao patio de recreo, brindándolles aos nenos e nenas un material valioso para o desenvolvemento da imaxinación, nada custoso nin perigoso.

Page 59: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

59Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Recursos on line paraa educación do consumidor

Para coñecer máis, para atopar máis recursos e posibilidades de tra-ballo, seleccionamos unha serie de ligazóns desde as que se pode acceder a páxinas web, blogs, libros, investigacións ou artigos relacionados coa educación do consumidor responsable.

Web

ÁÐ Web do Instituto Galego de Consumo, desde a que se accede á Escola Galega de Consumo, organismo centrado en dar resposta ás demandas formativas e educativas dos distintos sectores da po-boación galega e, especificamente, as detectadas nas estatísticas das consultas e reclamacións recibidas das distintas oficinas de consumo, nos estudos de investigación realizados e nas avaliacións das actividades formativas. Nela atópanse recursos, materiais e formularios de solicitude de visitas con escolares á Escola.

ÁÐ Portal Dolceta (Development of on line Consumer Education Tool for Adults), un contorno virtual de ferramentas e materiais de for-mación on line, que ten como obxectivo facilitar e ofrecer informa-ción, contidos e instrumentos didácticos para que o profesorado poida potenciar a formación do alumnado en temáticas relaciona-das co consumo responsable.

ÁÐ Portal Consumers Internacional, entidade independente que fai campañas a prol dos consumidores, promoven un movemen-to internacional para axudar e protexer os dereitos dos consu-midores en todo o mundo. Con interesantes estudos como: Generación Comida Chatarra; Manual de consumo sustentable; Normas para ser socialmente responsable, ou as diferentes campañas do Día Internacional dos Dereitos do Consumidor.

ÁÐ Portal web da Agencia Española de Seguridad Alimentaria, orga-nismo que ten por misión garantir o máis alto grao de seguridade alimentaria, promovendo a saúde da cidadanía, xerando confianza nos alimentos que se consumen e facilitando información que axu-de a ter capacidade de elección.

ÁÐ Web da Asociación Española de Alérgicos a Alimentos y al Látex, onde, entre outros temas, atoparemos información sobre a eti-quetaxe de alimentos.

ÁÐ Web Seguridad Infantil en Internet, con publicacións sobre os ris-cos e beneficios da rede, guías para pais, ou programas de control dos pais.

Page 60: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

60Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Blog

ÁÐ InnovArte Infantil, blog dirixido á información das persoas inte-resadas na educación infantil, onde se recollen, recomendacións, actividades, lecturas, actividades formativas, recursos, etc., para esta etapa educativa. Conta cun apartado centrado no consumo responsable.

ÁÐ Reciclando en la escuela, blog onde se amosan os traballos rea-lizados con nenos e nenas de 3-7 anos dunha escola rural, e que cumpren con dúas premisas básicas: desenvolver a creatividade e empregar material de refugallo.

ÁÐ Consume hasta morir, espazo de reflexión sobre a sociedade de consumo en que vivimos, empregando un dos seus propios ins-trumentos, a publicidade, para mostrar ata que punto se pode morrer consumindo.

Libros, estudos e artigos

ÁÐ Nacidos para comprar. Los nuevos consumidores infantiles, de Juliet B. Schor, Paidós, Barcelona, 2006. Investigación arredor dos motivos que conducen os máis cativos ao consumo irresponsable.

ÁÐ Cultura infantil y multinacionales, de Sh. R. Steinberg e J. L. Kin-cheloe, en Morata, Madrid, 2000. Analiza os profundos efectos e a penetrante influencia do bombardeo comercial sobre a infancia e sobre as crenzas adultas arredor dos nenos e das nenas.

ÁÐ En busca de Spinoza. Neurobiología de la emoción y de los sen-timientos, de Antonio R. Damasio, en Crítica, Barcelona, 2005. Trata de establecer o que son as emocións, os sentimentos, as sensacións, e o papel que desempeñan nas nosas vidas

ÁÐ El error de Descartes, de Antonio R. Damasio, en Andrés Vello, Santiago de Chile, 1996. Versa sobre o papel da emoción e dos sentimentos na toma de decisións.

ÁÐ Publicidad emocional. Estrategias creativas, de Belén López Váz-quez, en ESIC, Madrid, 2007.

ÁÐ Documento Educación para el consumo, do Grupo SI e TE, grupo de pensamento constituído polos catedráticos de Pedagoxía J. L. Castillejo; A. J. Colom; P. Mª. Pérez Alonso—Geta; T. Rodríguez Neira; J. Sarramona; J. M. Touriñán y G. Vázquez , das universi-dades Autónoma de Barcelona, Complutense de Madrid, Illes Ba-lears, Oviedo, Santiago de Compostela e Valencia-Estudi General.

ÁÐ Estudo Eficacia de la publicidad emocional. Un estudio comparativo entre la ejecución de tipo emocional, de Cristina Cerezuelo Ruiz y Ana Mª. Gutiérrez Arranz, de la Universidad de Valladolid.

ÁÐ Entrevista no programa Redes de Eduard Punset ao neurólogo Antonio R. Damasio, así como transcrición da entrevista, na que fala das bases neuronais das emocións e dos sentimentos, así como das súas implicacións, entre outros campos, no educativo e na conformación de actitudes.

Page 61: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

61Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

ÁÐ Manual para o profesorado Videojuegos en el aula, manual elabo-rado en base á análise da situación actual en materia de videoxo-gos aplicados á aprendizaxe.

ÁÐ Revistas sobre Xogo e xoguete publicadas pola Fundación Crecer Jugando, nas que, entre outros, dedica monográficos a “Juego, juguete y seguridad”, “El valor de los juegos” ou “Juguetes para niños. Criterios para adultos”.

ÁÐ Estudo Hábitos de los menores en internet, da Fundación ACPI para o Defensor do Menor da Comunidade de Madrid, no que ana-lizan os hábitos dos menores no emprego de internet, así como as consecuencias negativas polo uso inadecuado ou abusivo da rede.

ÁÐ Pigmalion. Informe sobre el impacto de la televisión en la infancia, de P. del Río, A. Álvarez e M. del Río, en Fundación Infancia y Aprendizaje, Madrid, 2004. Afonda na capacidade de modelización da televisión na infancia.

Page 62: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

62Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

Para crer na realidadedo mundo

E un día calquera descobres que tes fillos, e que eles dependen por completo de ti. E non me refiro, claro que non, aos asuntos eses prosaicos da manutención e outras coberturas básicas. Falo do realmente importan-te: trouxeches un fillo ou unha filla ao mundo (no meu caso, un de cada); agora toca convertelos en persoas. Porque non se nace persoa, como non se nace muller ou home. Todo iso é independente da especie e do xénero. A ser persoa (home ou muller), apréndese.

Xa que logo, a paternidade (son home, referireime a ese estado, así, en masculino) é o único absolutamente decisivo que lle pode pasar, neste caso, a un home. Da túa parella podes dimitir. Incluso dos propios pais podes dimitir. Pero non podes dimitir da túa responsabilidade como pai (aínda que os abandones: incluso nesa situación segues influíndo sobre eles, e para sempre; a túa decisión vainos marcar dun xeito ineludible. Non podemos deixar de ser importantes para os fillos e fillas esteamos ou non).

A estas alturas, xa se adiviñaría que este que asina estas liñas tómao todo pola tremenda: se xa me parecen importante, eu que sei, os libros de poesía, imaxinen vostedes a paternidade. Por iso falo de transcenden-cia e de responsabilidade para axudalos a se converter en persoas.

Para conseguir este obxectivo paréceme que non abonda con bus-carlles un bo colexio. Nin sequera abonda con metelos en moitas activida-des extraescolares que completen (artística, deportiva, culturalmente) o currículo oficial. Nin tampouco pagándolles profesores nativos en linguas estranxeiras para que se desenvolvan mellor o día de mañá no atrapallado mundo laboral que os espera.

Sen lle quitar importancia a ese tipo de cousas que sen dúbida case que todos fan co maior dos seus amores, e convencidos polo tanto de que están a darlles o mellor, a min paréceme que resulta fundamental educa-los deseducándoos.

Sei de sobra o que veño de escribir. E poden crerme que non hai contradición de ningunha clase. Agora tócame convencelos. Pasamos a nosa etapa de formación universitaria lendo textos pe-

dagóxicos (pero non se me confundan, eu non lles veño do Maxisterio, senón da Filosofía) arredor de moitos modelos posibles de educación. Nomes como os de Freinet, Piaget, Rousseau, Paulo Freire…, iniciativas como a Institución Libre de Enseñanza ou Summerhill…, unha morea de propostas, todas elas moi ben fundamentadas, que nos axudaron a crer que a educación, o modelo educativo, tiña que servir, en efecto, para facer

Francisco Castro

Page 63: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

63Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

persoas, homes e mulleres novos e novas, máis ceibos, máis conscientes de si mesmos, máis achegados á felicidade.

Mais todo iso, co paso do tempo, vimos que chocaba, coma dous trens sen control, de fronte cunha realidade que aposta pola formación baseándose en obxectivos, procedementos, metodoloxías de aprendizaxe, secuenciacións, programacións… en definitiva, un modelo que na práctica aposta pola adaptación do proxecto de ser humano ao molde convencio-nal esperable. Isto, por suposto, arranca, como case todo o que estamos a vivir, dos anos oitenta do século pasado, cando se impón a economía (capitalista) como a única preocupación lóxica.

Naquela altura eu era titor de COU e calquera que non pensase en Económicas ou Empresariais ou, hoxe, nun ADE, era que non tiña moito sentido da realidade (imaxinen pois o escándalo familiar deste que lles escribe, que pasa das Ciencias Puras á Filosofía, pero co escuro e inconfe-sado, máis que aos moi íntimos, desexo de se facer escritor… e en lingua galega!).

Aquel capitalismo transformouse non no socialismo soñado por Marx nin na utopía libertaria imaxinada polos hippies dos sesenta, senón nun modelo consumista. Hoxe, o único que se espera de nós é que consu-mamos. De feito, fálasenos sen escrúpulos nin vergonza de que hai que reactivar o consumo, e, de feito, para que enganarnos, boa parte da crise económica actual é unha crise de consumo producida, precisamente, por termos confiado todo o futuro ao deus-mercado. E quen di isto di outras realidades onde se fala en troques de alumnos ou alumnas, de clientes, ou en troques de pacientes ou doentes, de clientes.

Nun mundo onde hai tantos clientes todo ten que ser consumo e obxecto de consumo…

Incluso os propios clientes. Nesta tesitura, como non esperar que os nosos cativos e cativas en

canto se aproxima o Nadal, non comecen a tolear cos anuncios da tele e principien a caer nun compulsivo “quero, quero, quero”? As caixas de co-rreo das familias atéiganse de grosísimos catálogos (traballo como editor, podo asegurarlles que custan unha fortuna facelos) nos que para facilitar esa compra compulsiva, intégranse adhesivos (centos, non un nin dous… centos) para que os nenos e as nenas os peguen no xoguete que lles gus-ta… e claro, gústanlles unha chea de xoguetes.

Son bos clientes… E así educamos. Moito máis que na escola (onde se lles dirixe para

un consumo responsable), edúcanse na televisión. E adquiren os valores que lles dá a televisión, máquina hiperpotente coa que ningún mestre ou mestra pode competir. Na escola aprendemos hábitos saudables. Pero as cadeas de hamburguesas industriais seducen os pequechos para que as consuman co anzol dunhas figuriñas coleccionables. Na escola apren-demos que homes e mulleres somos iguais. Pero a televisión insiste no potenciamento dunha muller-floreiro superficial e carnal. Na escola expli-camos que para opinar hai que argumentar. Mais na televisión (e en hora-rio infantil, claro), supostos “tertulianos” insúltanse gravemente, bérranse sen medida e demostran que quen fala peor e máis alto quizais é que ten

Page 64: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación

64Pr

oxect

o d

e e

duca

ción p

ara

o c

onsu

mo e

n e

duca

ción infa

ntil

lle

a v

olt

a

lle a

vo

lta

máis razón. Nas aulas explicamos que hai que comer de todo, variado e equilibradamente. A televisión ofrécenos a anorexia como destino inevita-ble para ter éxito na vida.

Daquela, eu quero, como pai, darlle a volta á educación real que os meus fillos reciben. Quero deseducalos. O modelo non me vale. E digo máis: quero loitar contra del. E digo aínda máis: debo loitar contra del. Por responsabilidade, porque os quero, porque a paternidade (ou os meus fillos, se queren) é algo transcendente e supremo. Un destino. O único que realmente me importa na vida. Por iso teño que poñer os medios para reeducalos deseducándoos e así educalos (lembren: educar significa ‘levar da man’), ofrecendo alternativas dentro da atmosfera privada que hai en canto entran na casa (na casa vemos a televisión, claro, pero na casa lemos, na casa falamos galego, na casa comemos verdura a diario, na casa traballamos todos e todas; na casa é onde cómpre educar de ver-dade, pois o sistema educativo completo —non só a escola— dimitiu, pois está nas mans do mercado, e o mercado o único que procura —non ten por que procurar outra cousa, é perfectamente lexítimo—, é o incremento dos beneficios).

Leo nos diarios de Alejandra Pizarnik unha anotación do 10 de agosto de 1962: “Imposibilidade de crer, agora, na realidade do mundo: a rúa, as árbores, os peiraos, o Sena, as caras, os nenos chorando, os grandes que os fan chorar (mataríaos)”*.

Eu quero ter a posibilidade de crer na realidade do mundo. Pero para iso preciso matar, en sentido figurado, está claro, os adultos que fan cho-rar os nenos. E tomemos aquí chorar nun sentido metafórico. Pensemos que se refiren á infelicidade. E non é ilícito que eu faga esta substitución. É imposible ter todo o que a sociedade de consumo nos pide. É imposible compralo todo. É imposible mercar todos os xoguetes, todas as casas. É im-posible ter outro corpo diferente ao que teño. É imposible ter os dentes tan brancos, tanto pelo, ese cochazo, o último ordenador… O lóxico, o normal, o esperable é a infelicidade. Ademais, o truco consumista é ese: a insatisfacción. Tes que desexar máis, aínda máis.

E como non vas poder, nunca, chegar á satisfacción, estás condenado a ser un frustrado.

Quero os meus fillos. Non quero a frustración para eles. Quero darlle a volta á realidade do mundo. Para poder crer na realidade do mundo.

* Pizarnik, Alejandra: Diarios, Editorial Lumen, Barcelona, 3ª ed., 2007

Page 65: Dalle a olta, - InnovArte Educación Infantil · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autó- noma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009), a educación