corte topográfico

5
IES Lama das Quendas “Departamento de CC.SS., Xeografía e Historia” Curva de Nivel: Unha curva de nivel é aquela liña que, nun mapa, une todos vos puntos que teñen igualdade de condicións de altura. Fíxache agora como, cunha rápida observación de agrupación das curvas de nivel, podes identificar os principais tipos de accidentes que pode presentar o terreo Este conxunto de curvas de nivel, no que cada unha delas rodea a outra de cota superior, representa unha montaña, outeiro ou elevación do terreo. O punto máis alto corresponde á cima mentres que a superficie lateral se denomina vertente. Este grupo de curvas de nivel, no que cada unha delas rodea a outra de cota inferior, representa un furado, un lago, un volcán ou calquera outra depresión. Cando unha vertente é extremadamente vertical, as curvas aparecen moi xuntas. Trátase dun noiro ou dun acantilado. Estas curvas de nivel, convexas e apuntando para a cota de menor altitude, sinalan a liña de crista ou divisoria de augas, é dicir, á liña que segue a parte máis alta da montaña. Estas curvas de nivel, convexas apuntando para a cota máis alta, marcan o fondo dun val. Indícanche ademais o camiño que seguirían as augas en caso de chuvia ou de desxeo. Neste caso observamos que as curvas de nivel cunha mesma cota teñen a convexidade oposta. Trátase dun porto ou porto de montaña, a parte máis baixa da crista, que permite o paso entre os vales que separa a cadea montañosa. Se o porto é moi estreito e abrupto escavado pola acción das augas dun río, recibe o nome de desfiladeiro. Profesor: Diego Xesús López González.

Upload: diego-xesus-lopez-gonzalez

Post on 10-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Práctica Curvas de Nivel e Corte Topográfico

TRANSCRIPT

IES Lama das Quendas “Departamento de CC.SS., Xeografía e Historia”

Curva de Nivel:

Unha curva de nivel é aquela liña que, nun mapa, une todos vos puntos que teñen igualdade de condicións de altura.

Fíxache agora como, cunha rápida observación de agrupación das curvas de nivel, podes identificar os principais tipos de accidentes que pode presentar o terreo

Este conxunto de curvas de nivel, no que cada unha delas rodea a outra de cota superior, representa unha montaña, outeiro ou elevación do terreo. O punto máis alto corresponde á cima mentres que a superficie lateral se denomina vertente.

Este grupo de curvas de nivel, no que cada unha delas rodea a outra de cota inferior, representa un furado, un lago, un volcán ou calquera outra depresión.

Cando unha vertente é extremadamente vertical, as curvas aparecen moi xuntas. Trátase dun noiro ou dun acantilado. Estas curvas de nivel, convexas e apuntando para a cota de menor altitude, sinalan a liña de crista ou divisoria de augas, é dicir, á liña que segue a parte máis alta da montaña.

Estas curvas de nivel, convexas apuntando para a cota máis alta, marcan o fondo dun val. Indícanche ademais o camiño que seguirían as augas en caso de chuvia ou de desxeo.

Neste caso observamos que as curvas de nivel cunha mesma cota teñen a convexidade oposta. Trátase dun porto ou porto de montaña, a parte máis baixa da crista, que permite o paso entre os vales que separa a cadea montañosa.Se o porto é moi estreito e abrupto escavado pola acción das augas dun río, recibe o nome de desfiladeiro.

Profesor: Diego Xesús López González.

IES Lama das Quendas “Departamento de CC.SS., Xeografía e Historia”

O Corte topográfico:

O corte topográfico serve para facerse unha idea de como é o relevo que está debuxado no mapa.

Para erguelo debemos partir da información que proporciónanos o mapa, é dicir, as curvas de nivel, a distancia horizontal entre dous puntos e a escala.

Para facer un corte topográfico debemos seleccionar dous puntos do mapa. Trazar unha liña recta entre ambos. Logo sobre un papel colocado enriba da liña marcamos todas as curvas de nivel que nos atopemos. Se as curva de nivel están moi xuntas abonda con que marquemos as curvas mestras. Con esta información nos imos ao papel.

Debuxamos un eixo de coordenadas.

O eixe horizontal (abscisas) terá a mesma escala que o mapa. Se quérese variar haberá que facer os cálculos oportunos. Sobre esa liña trasladamos as distancias entre as curvas de nivel que temos na folla.

O eixo vertical (ordenadas) terá unha escala diferente. O normal, para poder ver comodamente o relevo é que estea na escala 1:10.000, pero podemos elixir calquera. É dicir, cada centímetro no papel serán 100 metros na realidade.

Profesor: Diego Xesús López González.

IES Lama das Quendas “Departamento de CC.SS., Xeografía e Historia”

A seguir erguemos cada punto do eixo de abscisas en vertical ata acadar a altitude correspondente no eixo de ordenadas. E marcámolo. Cando fagámolo unimos todos os puntos e teremos un perfil do relevo en liña recta entre os puntos seleccionados.

Para completar o corte debemos poñer como mínimo: a folla no que se atopa a zona seleccionada, o nome dos puntos dos extremos do corte, e se é posible o nome das cotas, os ríos e os pobos por onde pasa, a escala que empregamos e o rumbo do corte.

Pódense facer tamén cortes que déannos a imaxe do perfil dun traxecto sinuoso. Para iso debemos tomar a distancia entre as curvas de nivel que vaiamos atravesando, para poder marcalas sobre o eixo de abscisas. Os cortes sinuosos máis habituais son os do traxecto dunha estrada (famosos polas voltas ciclistas) e o perfil dun río, que é sempre descendente.

Se en lugar de facer un só corte facemos varios paralelos e resaltamos as liñas que sobresaen teremos un corte composto, que dános unha idea do aspecto da paisaxe

Un claro exemplo son as etapas das Voltas Ciclistas:

Profesor: Diego Xesús López González.

IES Lama das Quendas “Departamento de CC.SS., Xeografía e Historia”

Elabora o corte topográfico dende Collado de Doña Ana até El Entredicho.

Profesor: Diego Xesús López González.

IES Lama das Quendas “Departamento de CC.SS., Xeografía e Historia”

Profesor: Diego Xesús López González.