cifp valentÍn paz andrade vigo › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · artigo...

13
CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO CURSO 2016 - 2017 GUÍA DO ALUMNADO

Upload: others

Post on 04-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO

CURSO 2016 - 2017

GUÍA DO ALUMNADO

Page 2: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página2

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

Índice § Presentación do centro:

– Oferta educativa. ANEXO I – Organigrama do centro. ANEXO II

Pax. 3

§ Política de calidade Pax. 4-5

§ Dereitos e deberes do alumnado § Normas de convivencia no centro

Pax. 6-8

§ Servizos do centro – Biblioteca – Cafetería – Reprografía

Pax. 8

§ Horario. § § Calendario escolar. ANEXO III

Pax. 9

§ Información de interese: – Validacións e exencións – Faltas de asistencia – Baixa de oficio – Renuncia á matrícula – Reclamación contra cualificacións finais – Bolsas – Formación en centros de traballo – Programas europeos – Recursos informativos

§ Normas en caso de evacuación

Pax. 9-13

Page 3: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página3

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

Acceso ao centro Transporte público: autobuses urbanos e interurbanos. - VITRASA, LIÑAS:

13 31 12A

12B C15B

Para aquel alumnado que acceda ao centro en vehículo propio (coche ou moto) dispoñemos, de xeito moi limitado, de zonas de aparcamento. Os/as alumnos/as usuarios do aparcamento están obrigados a cumprir as normas que se estabrezan dende a dirección do centro para o seu uso e disfrute. O/a alumno/a cumprimentará unha ficha cos datos do seu vehículo que servirá a modo de autorización, e a entregará na Conserxería do Edificio A ou B. A dirección actuará e tomará as medidas oportunas, se fose necesario, contra aqueles/as alumnos/as que non cumprimenten esta ficha, requisito indispensable para poder aparcar dentro do recinto do centro (sempre e cando existan prazas disponibles). O CENTRO NON SE FAI RESPONSABLE DOS DANOS OCASIONADOS NOS VEHÍCULOS ESTACIONADOS NO RECINTO por outros usuarios. O ALUMNADO QUE APARQUE NO RECINTO DO CENTRO DEBERÁ OBSERVAR OS SINAIS DE VELOCIDADE MÁXIMA E DIRECCIÓNS DE CIRCULACIÓN, ESTANDO EXPRESAMENTE PROHIBIDO CALQUERA EXHIBICIÓN OU EXCESOS DE VELOCIDADE ASI COMO OBSTACULIZAR OS VIAIS DE CIRCULACIÓN E A OUTROS VEHÍCULOS ESTACIONADOS.

Page 4: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página4

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

Política de calidade

Ø MISIÓN A nosa Misión queda reflectida nos seguintes puntos:

§ A cualificación e a recualificación das persoas ao longo da vida, mediante o establecemento dunha oferta de formación profesional modular, flexible, de calidade, e adaptada as demandas da poboación e as necesidades xeradas polo mundo produtivo.

§ Cando proceda, no marco do Sistema Nacional das Cualificacións e da Formación Profesional, a contribución á avaliación e á acreditación das competencias profesionais adquiridas por as persoas a través da experiencia laboral e de vías non formais de formación, promovendo así a valoración social do traballo.

§ A prestación dos servizos de información e de orientación profesional ás persoas, para tomar as decisións máis axeitadas respecto das súas necesidades de formación profesional en relación co ámbito produtivo en que se desenvolvan.

§ O establecemento dun espazo de cooperación entre o sistema de formación profesional e o ámbito produtivo sectorial e local, para desenvolver e extender unha cultura da formación permanente, contribuíndo a prestixiar a formación profesional.

§ O fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, con especial incidencia na erradicación de prexuízos.

§ A facilitación do acceso da mocidade ao primeiro emprego, así como da conservación e a mellora do posto de traballo dos traballadores e das traballadoras, mediante unha oferta formativa de calidade que promova a aprendizaxe permanente e a capacidade de adaptación aos cambios sociais, organizativos e tecnolóxicos que se manifestan nos sectores produtivos da nosa comunidade.

§ O impulso e mellora das aptitudes e das competencias do alumnado, promovendo proxectos de mobilidade, perfeccionamento profesional e cooperación, nun contexto europeo.

Ø VISIÓN

Como Centro Integrado de Formación Profesional, daremos unha formación integral ao noso alumnado que lle facilite a participación activa e responsable como cidadáns, para o que ofreceremos unha oferta formativa completa e de calidade que conduza a obtención de títulos de formación profesional e a acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral nos distintos subsistemas de formación profesional, atendendo as necesidades –en constante evolución e cambio- que demanda o mercado de traballo do noso entorno, consolidando vínculos con todas as empresas do sector así como ofrecendo unha formación integral aos nosos alumnos/as que lles facilite a participación activa e responsable como cidadáns.

Page 5: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página5

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

Ø VALORES

Por e para esto, orientamos as nosas accións cara:

§ Fomentar valores de convivencia, cooperación e respecto.

§ Ofrecer uns servizos educativos de calidade á comunidade educativa de cada Centro Integrado de Formación Profesional.

§ Mellorar continuamente a os servizos prestados, a través da innovación e o traballo en equipo, para crear valor aos nosos usuarios mediante un sistema de calidade total.

§ Lograr a satisfacción da comunidade educativa buscando atender as súas necesidades e adiantándonos as súas expectativas, observando o cumprimento da misión, visión e valores da institución.

§ Ofrecer as cualificacións profesionais requiridas para dar resposta ás necesidades e demandas do noso ámbito produtivo.

§ Optimizar os recursos públicos dispoñibles, fundamentados nas novas tecnoloxías, para reproducir procesos produtivos respectuosos co medio e coa prevención de riscos laborais, cun profesorado axeitadamente formado tanto na didáctica coma nas innovacións técnicas.

§ Fomentar o espírito emprendedor e o desenvolvemento de actividades empresariais.

§ Contribuír ao logro das actuacións e obxectivos de calidade establecidos no Plan Estratéxico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

§ Desenvolver vínculos co sistema produtivo do contorno (sectorial, comarcal ou local) nos ámbitos seguintes: – Formación do persoal docente de formación profesional (mediante estadías en empresas punteiras). – Formación do alumnado en centros de traballo e realización doutras prácticas profesionais. – Orientación profesional e laboral. – Participación de profesionais do sistema produtivo na implantación de docencia (expertos e expertas). – Colaboración na detección de necesidades de formación permanente dos traballadores e traballadoras así como a informar e orientar as persoas usuarias, tanto a título individual como colectivamente, para facilitar o acceso, a mobilidade e ao progreso nos intercambios formativos profesionais, en colaboración cos servizos públicos de emprego.

Page 6: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página6

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

Dereitos e deberes

O exercicio dos dereitos e deberes dos alumnos/as e as normas de convivencia, así como os dos outros membros da comunidade educativa (pais e nais, profesorado, persoal de administración e servizos) veñen recollidos na LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa (DOG 15 de de xullo de 2011).

Ø DEREITOS DOS ALUMNOS/AS (Artigo 7, punto 1): Recoñécenselle ao alumnado os seguintes dereitos básicos de convivencia escolar,sen prexuízo dos establecidos nas leis orgánicas de educación: a) A recibir unha formación integral e coeducativa que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade nun ambiente educativo de convivencia, liberdade e respecto mutuo. b) A que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais. c) Á protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as situacións de acoso escolar. d) A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola Administración educativa, nos termos previstos no título IV da LEI 4/2011. e) A participar na resolución pacífica de conflitos e na toma de decisións do centro en materia de convivencia, segundo se recolla no RRI (pendente de elaboración e aprobación).

Ø DEBERES BÁSICOS DO ALUMNADO (Artigo 7, punto 2):

a) Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros ou compañeiras á educación.

b) Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro.

c) Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a

igualdade de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade educativa.

d) Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro

docente.

e) Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro.

f) Intervir, a través das canles regulamentarias, en todo aquelo que afecte a convivencia do centro.

Page 7: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página7

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

g) Seguir as directrices do profesorado respecto da súa educación e aprendizaxe.

h) Asistir a clase con puntualidade e co material preciso.

Condutas contrarias á convivencia e a súa corrección Aparecen recollidas no Capítulo II da LEI 4/2011. As condutas contrarias á convivencia nos centros docentes clasifícanse en condutas gravemente prexudiciais para a convivencia e condutas leves contrarias á convivencia. Artigo 15. Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia.

a) As agresións físicas ou psíquicas, as inxurias e as ofensas graves, as ameazas e as coaccións contra os demais membros da comunidade educativa.

b) Os actos de discriminación grave contra membros da comunidade educativa por razón de nacemento, raza, sexo, orientación sexual, capacidade económica, nivel socia, conviccións políticas, morais ou relixiosas, discapacidades físicas, sensoriais ou psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

c) Os actos individuais ou colectivos de desafío á autoridade do profesorado e ao

persoal de administración e de servizos que constitúan unha indisciplina grave.

d) A gravación, a manipulación e a difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, a dignidade da persoa, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa.

e) As actuacións que constitúan acoso escolar.

f) A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación,

alteración ou subtracción de documentos académicos.

g) Os danos graves causados de forma intencionada ou por neglixencia grave ás instalacións e aos materiais dos centros docentes, así como a súa subtracción.

h) Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento

das actividades do centro, incluídas as de carácter complementario e extraescolar.

i) As actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e a integridade persoal

dos membros da comunidade educativa do centro, ou a incitación a elas.

j) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde ou a integridade persoal de calquera membro da comunidade educativa.

Page 8: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página8

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

k) A reiteración, nun mesmo curso escolar, de condutas leves contrarias á convivencia.

l) O incumprimento das sancións impostas. Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia.

a) A inasistencia inxustificada a clase e as faltas reiteradas de puntualidade, nos termos establecidos polas normas de convivencia do centro educativo.

b) A reiterada asistencia ao centro sen o material e equipamento preciso para

participar activamente no desenvolvemento das clases.

c) As demais condutas que se tipifiquen como tales nas normas de convivencia do centro.

Os principios xerais que rexen as medidas correctoras que se aplicarán polo incumprimento das normas de convivencia aparecen recollidas no Artigo 18, mentres que no Artigo 21 e 22 se detallan as medidas correctoras en función da gravidade das condutas contrarias ás normas de convivencia.

Servizos complementarios No CIFP Valentín Paz Andrade podes atopar os seguintes servizos: BIBLIOTECA Permite a consulta de libros en sala ou en préstamo, así como o acceso a internet nos ordenadores que nela se ubican. HORARIO: igual que o horario lectivo, sempre que exista disponibilidade de profesorado. CAFETERÍA Conta con servizos de cafetería e comidas. NON SE SIRVE BEBIDAS ALCOHOLICAS, NIN ESTÁ PERMITIDO O XOGO NO HORARIO LECTIVO. NON ESTÁ PERMITIDO FUMAR. HORARIO: De 08.30 á 20.00 horas. REPROGRAFÍA Pódense realizar fotocopias ao prezo e horario estipulado por a dirección e no horario que se estableza (segundo necesidades de servizo).

Page 9: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página9

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

Horario do centro O centro permanece aberto, ininterrompidamente, de 08.00 da mañán a 22.00 da noite. HORARIO LECTIVO

• Réxime ordinario: 8.30 a 15.00 horas

• Réxime adultos: 16.40 a 22.00 horas

HORARIO OFICINAS (atención ao público): de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas

Validación e exencións de módulos profesionais Normativa aplicable:

• Decreto 114/2010 do 1 de xullo polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Artigos 52 e 53.

• Orde 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. Capítulo XI, artigo 40.

• Orde ECD/2159/2014 do 7 de novembro (BOE do 20 novembro) pola que se establecen validacións entre módulos profesionais de formación do sistema educativo español e medidas para a súa aplicación.

Novidade moi importante: os módulos profesionais validados cualificaranse cun 5, para os efectos de obtención da nota media. Para validar módulos de ciclos formativos será necesario: Presentar solicitude de validación, perante a dirección do centro, dentro dos primeiros 20 días contados a partir do inicio das clases (do 15 de setembro ao 13 de outubro). Formalizaráse co modelo de instancia Anexo XIV (Orde 12 de xullo de 2011), acompañada dunha fotocopia do DNI e da certificación oficial dos estudos cursados. Antes do 5 de decembro, a dirección do centro deberá resolver ou, de ser o caso, trasladar ao órgano competente as solicitudes de validacións. O alumnado pendente de validación, deberá asistir a clase ata a resolución definitiva da súa solicitude. Os/as alumnos/as con acceso ao módulo de FCT poderan solicitar a EXENCIÓN por a correspondencia coa práctica laboral, presentando unha solicitude (Anexo XV, Orde 12 de xullo de 2011), acompañada dunha certificación da Tesorería Xeral da Seguridade Social e unha certificación das actividades realizadas na empresa. O prazo máximo para presentar esta solicitude é de dous meses antes da data prevista para a realización da FCT.

Page 10: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página10

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

Perda do dereito á avaliación continua nos ciclos de grao medio e de grao superior

Normativa aplicable:

• Orde 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. Capítulo VIII, artigo 25.

• Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación educativa pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo de Galicia no curso 2015/16. Artigo 3.

Nos CF do Réxime ordinario e nos CF do Réxime de adultos, na súa modalidade presencial, é obrigatoria a asistencia do alumnado ás actividades lectivas programadas para ter dereito á avaliación continua. O número de faltas de asistencia que implica a perda do dereito a avaliación continua nun módulo será do 10% da duración total do mesmo. Para os efectos de determinación da perda do dereito á avaliación continua, o profesorado valorará as circunstancias persoais e laborais do alumno ou alumna na xustificación desas faltas. Con carácter previo o titor/a enviará un apercebemento ao alumno ou alumna cando as faltas de asistencia nun determinado módulo superen o 6%. Nel indicarase que perderá o dereito á avaliación continua no módulo de acumular un 10% No caso de perda da avaliación continua o alumno/a terá dereito a unha proba extraordinaria previa á avaliación final do módulo (XUÑO). Este alumnado non terá dereito a realizar para os módulos con PD as correspondentes actividades de recuperación a que se refiren os artigos 29.3 (1º curso réxime ordinario), 31.4 (2º curso réxime ordinario) 34.3 (ciclos formativos réxime adultos) da Orde 12 de xullo de 2011.

Renuncia á matricula • Orde 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a

avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. Capítulo III, artigo 7 e 8.

• Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación educativa pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo de Galicia no curso 2015/16.

Presentarase a solicitude ante a Dirección do centro, e sempre haberá que xustificar documentalmente algunha das circunstancias previstas (doenza prolongada, incorporación a un posto de traballo e obrigas de tipo familiar ou persoal) cunha antelación mínima de dous meses antes da avaliación final de módulos correspondente. A renuncia ao módulo de FCT deberá solicitarse á dirección do centro cunha antelación mínima de dous meses antes da avaliación final do módulo da FCT, sempre que se de algunha das circunstancias previstas na normativa (Orde 28 de febreiro 2007, DOG 8 marzo). A renuncia á matrícula non esgota convocatoria.

Page 11: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página11

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

Anulación da matricula • Orde 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a

avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. Capítulo III, artigo 9.

• Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación educativa pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo de Galicia no curso 2015/16.

Se durante os cinco primeiros días lectivos do curso se observase a inasistencia de alumnos/as a clase, o centro requiriralles mediante chamada telefónica a súa inmediata incorporación; de non producirse esta ou non xustificar, nun prazo máximo de tres días e por escrito, comunicaráselles que se procederá á anulación da súa matrícula. O alumnado tamén poderá solicitar de xeito voluntario a anulación da súa matrícula cunha antelación mínima dunha semana ao remate do período de matrícula. A vacante será cuberta polo alumnado en lista de espera, ata completar a cota asignada ao grupo. A anulación da matrícula non computará para efectos de convocatorias consumidas.

Baixa de matrícula

• Orde 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. Capítulo III, artigo 10.

• Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación educativa pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo de Galicia no curso 2015/16.

Ø Procederáse á baixa de oficio, por parte do centro, da matrícula cando un alumno/a non asista inxustificadamente á clase durante o resto do curso académico de xeito continuado por un período superior a 15 días lectivos, ou de xeito discontinuo por un período superior a 25 días lectivos. Deberá quedar constancia na secretaría do centro. Computaráse a correspondente convocatoria como xa consumida.

Ø As solicitudes de baixa voluntaria por parte do alumnado, con posterioridade á data limite para solicitar a anulación de matrícula (5 días dende o inicio de curso) terá os mesmos efectos que as baixas de oficio.

Page 12: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página12

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

Reclamación contra ás cualificacións finais

O procedemento de reclamación contra as cualificacións finais aparece recollido na ORDE do 12 xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial (DOG 15 de xullo de 2011) (Capítulo XIII, artigo 45).

Bolsas-becas

Para a solicitude de bolsas/becas de estudos preguntar no Departamento de Orientación do centro. O prazo para solicitar becas para estudos non universitarios remata o día 30 de setembro. As solicitudes realizaranse por Internet. Máis información na páxina web do Ministerio de Educación, cultura e deportes: www.educacion.gob.es

Formación en centros de traballo A realización da formación en centros de traballo e o módulo de Proxecto (CF grao superior) terá lugar ao rematar os módulos do ciclo. O alumnado de 2ºcurso conta cun Titor/a de FCT que lle informará das características destes módulos. Para calquera situación que requira de autorizacións especiais, o alumnado afectado deberá dirixirse ao Xefe do Departamento de relación con empresas, logo de comunicalo ao seu titor. Para acceder ao módulo de FCT, hai que ter aprobados o resto de módulos do ciclo, agás o de Proxecto no caso de ciclos superiores que se realizará durante a FCT.

Programas europeos e intercambios

O centro participa en diversos programas europeos (ERASMUS+, LEONARDO) que permiten realizar a formación en centros de traballo no estranxeiro. Para máis información consultar coa Coordinadora de Programas internacionais.

Recursos informativos

O centro dispón de páxina web: www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade e de Facebook (enlace directo dende a páxina web). Outra información de interese podedes atopala nos taboleiros de anuncios situados nos corredores e vestíbulos do centro. Dende a páxina web do centro tamén podedes acceder, a través de enlaces directos, a outras páxinas de interese (http://cifppazandrade.es/Empresas, portal educativo da Consellería de Educación, cultura e Ordenación Universitaria, etc.).

Page 13: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE VIGO › images › docs › formacion › ... · 2017-01-23 · Artigo 16. Condutas leves contrarias á convivencia. a) A inasistencia inxustificada a

Página13

CIFP Valentín Paz Andrade Estrada vella de Madrid, 160. 36214 VIGO Tfno. 886110857, Fax 886110878 [email protected] www.edu.xunta.es/centros/cifppazandrade

Normas de evacuación

No CIFP Valentín Paz Andrade contamos cun plan de autoprotección onde se contempla a evacuación do centro en caso de necesidade. En cada Aula e Taller existen planos de evacuación que se deben consultar para coñecer a saída de emerxencia mais próxima. Os pasos a seguir en caso de evacuación son: 1º.- Escoitar o sinal de evacuación consistente nun son prolongado dunha alarma. 2º.- Atender as indicacións do/a profesor/a que se atope na aula. 3º.- Non perder a calma. Non recoller ningún obxecto e prepararse para saír da aula en orde. 4º.- Pechar portas e fiestras antes de saír. 5º.- Evacuar ordeadamente cara a saída de emergencia mais próxima segundo o plano de evacuación que está na porta de entrada da aula/ taller. 6º.- Reunirse no punto de concentración e permanecer xuntos (grupo) ata as indicacións dos responsables.