carta 1
DESCRIPTION
Primeira carta do ratoTRANSCRIPT
bosquebosquebosquebosque s.m. Monte poboado de árbores. Os animais do bosque. CF. foresta. foresta. foresta. foresta. Unha carballeira é un bosque de carballos.... SIN.fraga.fraga.fraga.fraga.
Esta mesma semana comezan os contacontos.
Para a seguinte, algúns cursos irán de excursión facultativa ao bosque de San Roque,
chámase Parque de San Roque , pero ten algo do bosque segundo a sabia definición do
DiDiDiDicionario da Real cionario da Real cionario da Real cionario da Real AAAAcademia cademia cademia cademia GGGGalegaalegaalegaalega, que é o que eu uso. Hai outros dicionarios e
é bo que saibades o seu nome; non vaia ser que equivoquedes o nome dun dicionario co dunha
rúa, poñamos por caso.
San Roque é monte e está poboado de árbores. Non hai máis nada que dicir.
Levaremos un caderno de campo no que anotaremos as nosas observacións e
unha guía experta que nos acompañará na viaxe. Esa mesma experta no tema darános unha charla-conferencia. Igual unha
video-conferencia. Somos tan modernos.
Encántanme os dicionarios. Teñen toda a información. Saben até o que
imos traballar ao longo deste curso: Os animais do bosque. Si, si, si, sí…
Claro que si. Como é posíbel?
CF. Que é iso Club de fútbol CF. foresta Así se chama agora o Celta Non sexades bestas! CF foresta vén sendo:compárese coa palabra foresta .Que bonita a
palabra foresta! En inglés forest; en portugués, foresta; en castelán, foresta tamén.
Un exemplo de bosque tipicamente galego: unha carballeira é un bosque de carballos. En cursiva para que vos enteredes.
SIN.fraga. SIN é sinónimo, outra maneira de dicir unha palabra , neste caso “bosque de
carballos”, é dicir, unha fraga.
Internémonos na fraga. Non teñades medo. Este é o plan:
1- CONTACONTOS E GUÍA DE USUARIOS/AS PARA INTERNARSE NO BOSQUE DA BIBLIOTECA DA ESCOLA.
2- SAÍDA FACULTATIVA A SAN ROQUE. 3- VIDEOCONFERENCIA 4- CADERNO DE CAMPO
Até pronto.
Rato