cales son as vantaxes de estudar e s c o l a o f i c i a l · negreira, ribeira e ordes, nas que se...

2
ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Cales son as vantaxes de estudar nunha EOI? Ensinanza pública de calidade Currículums, niveis e certificacións adaptados ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER) Posibilidade de seguir estudando noutra EOI de Galicia ou do Estado en caso de mudarse a outra cidade Metodoloxía activa e participativa Posibilidade de presentarse por libre para obter títulos e certificados. Participar nas actividades culturais e de promoción do idioma e os programas europeos. ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA r/ Dr. Ulpiano Villanueva, 1-2, 15705 Santiago de Compostela T: +34 981 55 47 10 F: +34 981 55 48 75 W: www.eoisantiago.org Conecta con nós en e

Upload: hoangbao

Post on 06-Jan-2019

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Cales son as vantaxes de estudar E S C O L A O F I C I A L · Negreira, Ribeira e Ordes, nas que se pode estudar inglés, e Noia, onde se poden cursar ensinanzas de francés e inglés

E S C O L A O F I C I A L D E I D I O M A S D E

S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A

Cales son as vantaxes de estudar nunha EOI?

• Ensinanza pública de calidade

• Currículums, niveis e certificacións adaptados ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER)

• Posibilidade de seguir estudando noutra EOI de Galicia ou do Estado en caso de mudarse a outra cidade

• Metodoloxía activa e participativa

• Posibilidade de presentarse por libre para obter títulos e certificados.

• Participar nas actividades culturais e de promoción do id ioma e os programas europeos.

E S C O L A O F I C I A L D E I D I O M A S D E S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A

r/ Dr. Ulpiano Villanueva, 1-2, 15705 Santiago de CompostelaT: +34 981 55 47 10 F: +34 981 55 48 75

W: www.eoisantiago.org

Conecta con nós en e

Page 2: Cales son as vantaxes de estudar E S C O L A O F I C I A L · Negreira, Ribeira e Ordes, nas que se pode estudar inglés, e Noia, onde se poden cursar ensinanzas de francés e inglés

E O I : A P R E N D I Z A X E D E I D I O M A S P A R A T O D O S

As escolas oficials de idiomas somos institucións educativas con máis de 100 anos de historia, que ofrecen aprendizaxe de idiomas para toda a cidadanía, cun ensino público e de calidade. A EOI de Santiago

proporciona unha ampla oferta educativa, de actividades culturais e de promoción do idioma, proxectos europeos, e uso das novas tecnoloxías da información e comunicación e redes sociais educativas.

O F E R T A E D U C A T I VA!

Alén da sede central en Santiago (Vite), onde se imparten ensinanzas de alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués, hai cinco extensións: Santiago (Sar), Negreira, Ribeira e Ordes, nas que se pode estudar inglés, e Noia, onde se poden cursar ensinanzas de francés e inglés.

Ofrécense tamén cursos monográficos especializados, de formación do profesorado, ou de preparación para os exames CELGA.

Oferta ampla de idiomas Aula da sección da EOI en Noia.

T I C / A C T I V I D A D E S C U L T U R A I S!

A EOI Santiago emprega a súa páxina web para transmitir información actualizada e tamén ten presenza en Facebook, Twitter e YouTube. Así mesmo, o profesorado emprega as novas tecnoloxías da información e comunicación como ferramentas no ensino do idioma: blogs, aulas virtuais e redes sociais educativas.

Organízanse actividades culturais diversas, incluídas viaxes de estudos a lugares como Dublin, Malta ou Nova Iorque.

Viaxe a Malta Uso das TIC aplicadas ao ensino de linguas

P R O G R A M A S E U R O P E O S

O noso centro ten unha ampla experiencia na participación en programas educativos europeos, que ofrecen a posibilidade de que o profesorado e alumnado do centro comparta, aprenda e mellore en intercambios cos países da contorna europea.

Participación no programa YIA (Xuventude en Acción)

Visita de estudo 2014

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela é un centro docente público que imparte as ensinanzas de idiomas de réxime especial establecidas no artigo 59 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

A nosa f inal idade é capacitar o noso alumnado, maioritariamente adulto, para o uso efectivo das linguas que impartimos e mais acreditar a súa competencia nas mesmas, co obxectivo de fomentar o plurilingüismo entre a poboación, a aprendizaxe e formación permanentes e o respecto e recoñecemento da diversidade lingüística e cultural.

A EOI de Santiago de Compostela, xunto coas demais escolas oficiais de idiomas galegas, pertence á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela é un centro docente público que fai parte da rede de EOI de todo o Estado.