lois pereiro 2011 - galiciacentros.edu.xunta.es/.../letras_galegas/obra.pdf · reádigos e santa...

14
Caricatura de Lois Pereiro, orixinal de Antonio Palla. LOIS PEREIRO 17 de maio, Día das Letras Galegas 2011

Upload: others

Post on 09-Jan-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Car

icat

ura

de L

ois

Per

eiro

, orix

inal

de

Ant

onio

Pal

la.

LOIS PEREIRO

17 de maio, Día das Letras Galegas2011

Aínda que a vida de Lois Pereiroaparece ligada á vila luguesa deMonforte de Lemos as súasorixes familiares sitúanse nas te-rras do Incio, na montaña deLugo.A familia paterna era de orixemáis humilde. Manuel, o avó,abriuse camiño como madeirista.Da súa unión con Pura Vila na-ceu un único fillo, Manuel, ao quemandaron a estudar Dereito aMadrid. Unha vez conseguido otítulo de avogado traballou unhatempada de pasante, aínda querematou á fronte dun taller de cris-talería en Monforte, no mesmo noque, anos máis tarde, traballaríao seu fillo Lois.A familia materna proviña de San-ta Cristina de Viso, Na vila lugue-sa do Incio, da chamada CasaCastelo, e era unha familia conmáis solvencia económica.Ambas as dúas familias coinci-dían nas festas e había entre elesunha boa relación, produto da calfoi o matrimonio, en 1955, deManuel Sánchez e Inés Pereiro.O matrimonio tivo tres fillos, XoséManuel, Lois e Inés.

Lois Pereiro, á dereita, co seu irmán XoséManuel, nunha foto do colexio dos Escola-pios, en Monforte de Lemos.Arquivo familar Sánchez Pereiro

LOIS PEREIRO 1

O torreón, en Monforte de Lemos.

Luís Ángel Sánchez Pereiro naceuo 16 de febreiro de 1958, domingode Entroido, en Monforte de Lemos.Os seus primeiros anos de vida pa-saron entre Monforte, durante o cur-so escolar, e as aldeas dos avós enReádigos e Santa Cristina no verán.En 1975, Lois, con dezasete anos,marchou a Madrid para estudar nauniversidade a carreira de Socio-loxía.Pouco durou esta primeira experien-cia madrileña para Lois, pois antesde rematar o primeiro trimestre docurso escolar regresou a Monforte,poñéndose a traballar na cristaleríade seu pai.Un ano despois regresa a Madrid ematricúlase na Escola Oficial de Idio-mas, onde estuda inglés, francés ealemán.Son os anos da transición á demo-cracia e Lois asiste a recitais, con-certos, proxeccións na Filmoteca,viaxa por Gran Bretaña, Irlanda,...Esta segunda etapa madrileña vairematar traxicamente. No ano 1981intoxícase pola inxesta de aceiteadulterado de colza e decide deixarMadrid e voltar definitivamente a Ga-licia.

Local onde se localizaba a crista-lería na que traballou Lois á voltade Madrid.

En Valdeorras (Ourense), no veránde 1975.Arquivo familar Sánchez Pereiro

MONFORTE-MADRID 2

A participación de Lois Pereiro na re-vista Loia, onde publicará os seus pri-meiros poemas, prodúcese na súa se-gunda etapa madrileña, de volta do seuMonforte natal e cando decide estudarna Escola Oficial de Idiomas.En Madrid coincide con outros univer-sitarios galegos, Antón Patiño, ManuelRivas, Menchu Lamas, Piedad Cabo,César Antonio Molina, Reimundo Pati-ño, Fermín Bouza...Loia era unha revista editada en gale-go, nos primeiros anos da transición ádemocracia. Imprimíase con fotoco-pias, utilizando as máquinas da vía pú-blica que funcionaban con moedas.Desta revista só se editaron catro nú-meros.A experiencia remata cando voltan paraGalicia, despois de rematar os seus es-tudos universitarios, Manuel Rivas eXosé Manuel Pereiro.Lois continúa un tempo máis na capi-tal do estado ata que resulta intoxica-do polo aceite de colza desnaturaliza-do.A enfermidade aféctao, adelgaza, per-de forza e comeza a adquirir unha for-te rixidez corporal, así que decide vol-tar a Galicia.

Páxina interior da revista Loiaco poema de Lois, «Señoraposesa».

Lois, na súa casa madrileña.Arquivo familar Sánchez Pereiro

A REVISTA LOIA 3

Estableceuse na Coruña, na casa doseu irmán Xosé Manuel, vivenda quecompartirían coa súa irmá pequena,Inés.

Nesta época traballa esporadicamen-te en dobraxes e guións para a TVG enoutros programas audiovisuais expe-rimentais.

A Agrupación Cultural O Facho, da Co-ruña, concédelle, o 19 de novembro de1982, o primeiro premio do seu Con-curso Nacional de Poesía. É o únicopremio literario que Lois vai conseguirao longo da súa vida.

Nos anos 1984 e 1985 participa endous libros colectivos, De amor e des-amor, publicados por Ediciós do Cas-tro, de Sada.

A poesía de Pereiro aparece na anto-loxía Después de la modernidad, deJulia Barella, publicada no 1987, e mana man con Bernardo Atxaga, Casarie-go e Luis Alberto de Cuenca.

Na antoloxía Después dela modernidad aparece apoesía de Lois, xuntocoa de Atxaga, Casarie-go, Cuenca...Arquivo familar SánchezPereiro

Caricatura de Lois.Arquivo Xulio Gallego

NA CORUÑA 4

Na Universidade Internacional Menéndez Pelayo, en Santander,en agosto de 1986, realizouse un coloquio entre intelectuais, poe-tas e escritores baixo o título Atlántico versus Mediterráneo, no queparticipa Lois Pereiro, nun dos escasos actos públicos nos queparticipou, por mor do seu carácter reservado e non moi dado ásadscricións a grupos.Nestas xornadas prodúcese o chamado desembarco das Forzasatroces do noroeste, onde unha chea de artistas galegos amosana súa obra, con exposicións de arte de Lamazares, Leiro, MenchuLamas e Manolo Paz; concertos cos Resentidos e Siniestro Total;a estrea da obra de Antón Reixa «After-shave»; unha mesa redon-da na que intervén Pereiro xunto con Juan Cueto, Fermín Bouza,Manolo Romón, Antonio Colinas, Luis Racionero e José ManuelCosta; unha exposición de bandeiras galegas...No acto inaugural das xornadas interprétase unha proposta paraun novo himno galego, con música de Siniestro Total e baseado nopoema «Galicia, gran carallo de sal», con letra dun poema de Ma-nolo Romón.

AS FORZAS ATROCES... 5

Pazo da Magdalena, en Santander, sede da Uni-versidade Internacional Menéndez Pelayo.

Poemas, 1981/1991 é o primeiro li-bro editado en solitario por Lois. Pu-blícase en maio de 1992 e nel re-cóllense os poemas escritos nosdez anos que se recollen no título.O deseño gráfico é de Fausto C.Isorna e nesta edición destaca asúa sobriedade. Non aparece nin-gúnha foto nin gráfico nas súas no-venta e tres páxinas.O seu segundo libro Poesía últimade amor e enfermidade, 1992-1995recolle os poemas escritos nos seusúltimos catro anos de vida.Este libro ten unha estrutura crono-lóxica, dividida en tres partes: a pri-meira, de 1992 a 1994, coincidindocunha recaída que case o leva ámorte; unha segunda parte adica-da ao amor e ás gañas de aprovei-tar o tempo que se lle escapa dasmans e, por último, a parte final, queé unha especie de sortilexio parafuxir da morte.Ana Romaní define este libro comoa historia dunha recuperación a tra-vés do amor e da palabra, a duncamiño de volta dende o infernohacia a vida.

Coa súa irmá Inés, na CoruñaArquivo familar Sánchez Pereiro

Poesía de amor e enfermida-de, 1992-1995 foi o útimo li-bro editado en vida por Lois.

A OBRA 6

Da man de seu irmán e doutroscompañeiros incorpórase, na Co-ruña, ao Consello de Redacción darevista La Naval, onde chega apublicar varios artigos: «ThomasBernhard, o móvil do suicidio»;«Ezra Pound», «O frío edificado»,«Dandys eterómanos e infames: Ovicio como luxo.»

«O vicio é coma un luxo para quencoñece os ósos do fracaso e o doceveleno do pesimismo, Duque deFreneuse ou Señor de Phocas,Lorrain, Barbey ou Villiers De L’ileDe Adam, bebendo éter entre mor-finómanos de vicio nocturno e agu-lla de prata entre perfumos vellos,degustando esa «luxuria en colla-res» nos límites dos Imperios doMal.

Dexenerando sempre en decaden-cia, nomes propios de sabios es-quecidos pola alquimia da súa lite-ratura, tormentas interiores.»

«Dandys eterómanos e infames: O vicio como luxo.»

Ilustración do seu artigo«Dandys eterómanos...» darevista La Naval.

Lois Pereiro participou na publica-ción de La Naval, revista editada naCoruña.

LA NAVAL 7

Lois colaborou tamén na revis-ta Luzes de Galiza, coa publica-ción de poemas e o ensaio «Mo-desta proposición para renun-ciar a facer xirar a roda hidráuli-ca dunha cíclica historia univer-sal da infamia».Esta revista estaba editada porEdicións do Castro e dirixida porManuel Rivas, contando no seuConsello de Redación con LinoBraxe, Antón Baamonde, XoséDíaz, Miguel Anxo Murado, Xa-vier Seoane e Xulio Valcarcel.

Luzes de Galiza, revista da queLois foi colaborador, adicoulleun número especial, o 28, pormor do seu pasamento.

No número 27 de Luzes de Gali-za, publicouse o texto en prosade Lois, «Modesta proposiciónpara renunciar...».

LUZES DE GALIZA 8

O coñecido como caso da «sindrome tóxica»non foi, nin máis nen menos, que unha intoxi-cacion masiva producida polo desvío de variaspartidas de aceite de colza para o consumohumano. Un aceite que estaba des-tinado exclusivamente a usos indus-triais.Este envelenamento afectou a mi-les de persoas, sobre todo de Ma-drid e localidades próximas de Cas-tela-A Mancha e Castela-León.Houbo un total de 650 falecidos e20.000 persoas afectadas.A intoxicación polo consumo de acei-te de colza pasa por ser a maiortraxedia sanitaria da España con-temporánea.Co paso do tempo foise descubrin-do o fío común de todos os afecta-dos, o consumo de aceite de colza. Retiráron-se da circulación máis de catro millóns de li-tros de aceite adulterado e os trinta e sete acei-teiros acusados pola introducción no mercadoalimentario deste aceite foron condenados, poloTribunal Supremo, a penas de cadea e ao pagode indemnizacións millonarias ás vítimas e aosseus familiares.Un 24 de maio de 1996, o mesmo día no quese facía pública a sentenza do «aceite de col-za», falecía, no antigo hospital «Juan Canale-jo» da Coruña, un dos afectados galegos doenvelenamento masivo, o poeta Lois Pereiro.

Lois Pereiro, 1979Arquivo familiar Sánchez Pereiro

O ACEITE DE COLZA 9

Esta serie de poemas, agrupa-dos baixo o título Poemas paraunha loia, foron escritos por Pe-reiro na súa última adolescen-cia e apareceron publicados narevista Loia, editada en Madrid,entre os anos 1975 e 1978. É asúa obra póstuma e na portada,deseño de Perfecto A. Estévez,inclúese unha foto dos seusavós paternos, Pura Vila e Ma-nuel Sánchez, con Manuel, o paide Lois.Tamén se inclúe nesta obra oensaio titulado «Modesta propo-sición para renunciar a facer xi-rar a roda hidráulica dunha cí-clica historia universal», queaparecera publicado no núme-ro 27 da revista Luzes de Gali-za, en 1996, sendo a última pu-blicación efectuada en vida deLois.Este volume está prologado porManuel Rivas e inclúe unha bre-ve xustificación do poeta ManuelMaría que explica de maneiramoi sinxela e clara a poesía e aobra de Lois.

No libro póstumo Poemaspara unha loia recóllenseas poesías publicadas porLois na revista Loia.

Lois co poeta Manuel María na pre-sentación do seu libro Poemas deamor e enfermidade, en Lugo, 1996.Arquivo familar Sánchez Pereiro

POEMAS PARA UNHA LOIA 10

A néboa en Monforte fumadora de opioé a nai de siluetas furtivase saúdo ó perigo que brillana face escura dos teus soñosa verquer nas veas a bágoa fatal.

E triste non dorme no fondo dos ollosmedrando no reflexo eternodos corpos afogados profecíascando baño a navalla destas artesno sangue doutro drama que se acolleno refuxio da túa arte máis lenecoma unha man esférica que acepta.

«Eu son un deus sensual»e cando cae o solfustrigo á beleza no mesmo cabalo.

REMORSOS 11

Poemas, 1981/1991

O río Cabe ao seu paso baixo a ponte romana de Monforte deLemos (Lugo)

O tren fura paisaxes coma un piollonos cabelos escuros de Escocia escurecidamentres veñen as mansdo abrente alleoabrindo as portas daquel día de setembrocruzando o Mar do Norde cara ás illaschegando a un Edinburgh en sombra estrañabaixándome do tren coa mente aberta.¿Onde se deita a noite en Edinburgh?¿á esquerda do castelo de carbón diamantecun sol negro?

O castelo de Edinburg, en Escocia.

Poemas, 1981/1991

EDINBURG, EDINBURG 12

«Bid

adi

eu, a

dieu

, adi

eu.

Bid

adi

eu to

girl

ish

days

»J.

JO

YC

E(«

Cha

mbe

r mus

ic»,

XI)

ABU

RR

IDO

un o

lor a

caf

éna

indi

fere

ncia

de

Pra

ga.

Pru

mas

na

cabe

za, v

erde

arti

ficia

l.U

nha

entra

da e

xcita

nte

para

un

xogo

fina

l de

nam

orad

os.

Un

teno

r azu

l can

ta o

turn

o da

pas

ión

cand

oca

e o

únic

o in

ocen

te.

Sob

re o

fond

o ex

ipci

oa

test

a la

dead

a, d

e pe

rfil.

Poe

mas

par

a un

ha lo

ia

Lois

nun

caf

é da

cid

ade

alem

á de

Hei

delb

erg,

en

1992

.A

rqui

vo fa

mili

ar S

ánch

ez P

erei

ro

EN L

EONB

ERG

13