calendario rexistro do tempo atmosférico grÁfica do tempo

9
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U. C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA” Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña Tl. 881960316 FAX. 881960322 e-mail: [email protected] Ola familias! Aquí tedes outra serie de recomendacións coas que podemos traballar cos nenos/as dende as nosas casas. Continuar a traballar o calendario e o rexistro do tempo atmosférico. Ao rematar o mes de maio poderemos facer unha reflexión global de como foi o tempo este mes: máis sol ca nubes, más nubes ca sol, moita chuvia, pouca chuvia... Para facer estas cantidades máis visíbeis podemos facer unha gráfica como a que deixamos a continuación: GRÁFICA DO TEMPO Seguir a xogar cos números e as letras. Podemos encher un recipiente non moi alto transparente e buscar un número ou letra enterrada en sal, azucre, fariña... Hai moitas posibilidades de xogo: buscar e o primeiro que se atope dicir o seu nome, tentar reproducilo, buscar o que nos indique un familiar... Creamos divertidos animais cos nosos nomes: vermes, bolboretas, flores de primavera… Facemos tantos círculos como ten o noso nome, poñemos unha letra dentro de cada círculo e creamos o noso animal.

Upload: others

Post on 31-Jul-2022

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: calendario rexistro do tempo atmosférico GRÁFICA DO TEMPO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”

Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña

Tl. 881960316 FAX. 881960322

e-mail: [email protected]

Ola familias!

Aquí tedes outra serie de recomendacións coas que podemos traballar cos nenos/as dende

as nosas casas.

Continuar a traballar o calendario e o rexistro do tempo atmosférico. Ao rematar o mes

de maio poderemos facer unha reflexión global de como foi o tempo este mes: máis sol ca

nubes, más nubes ca sol, moita chuvia, pouca chuvia... Para facer estas cantidades máis

visíbeis podemos facer unha gráfica como a que deixamos a continuación:

GRÁFICA DO TEMPO

Seguir a xogar cos números e as letras. Podemos encher un recipiente non moi alto

transparente e buscar un número ou letra enterrada en sal, azucre, fariña... Hai moitas

posibilidades de xogo: buscar e o primeiro que se atope dicir o seu nome, tentar

reproducilo, buscar o que nos indique un familiar...

Creamos divertidos animais cos nosos nomes: vermes, bolboretas, flores de

primavera… Facemos tantos círculos como ten o noso nome, poñemos unha letra dentro

de cada círculo e creamos o noso animal.

Page 2: calendario rexistro do tempo atmosférico GRÁFICA DO TEMPO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”

Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña

Tl. 881960316 FAX. 881960322

e-mail: [email protected]

O abecedario: decoramos un cartón de rolo de papel de cociña ou similar. Escribimos

todas as letras do abecedario en maiúscula ou minúscula dependendo do nivel en que se

atopen. A continuación, escribimos o abecedario outra vez nun folio ou empregamos

gomets (no caso de telos) e debemos pegar cada letra enriba da que é igual.

Outra actividade que podemos facer é escribir nun folio as letras maiúsculas e as

minúsculas e a continuación buscar e redondear cun círculo da mesma cor a letra en

maiúscula e minúscula.

Crear contos con personaxes, obxectos e lugares. Podedes descargalo no seguinte

enlace

https://www.imageneseducativas.com/la-ruleta-de-los-cuentos-magicos/

Page 3: calendario rexistro do tempo atmosférico GRÁFICA DO TEMPO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”

Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña

Tl. 881960316 FAX. 881960322

e-mail: [email protected]

Proba a descargar no ordenador estes divertidos xogos para repasar a lectoescritura e as

matemáticas:

APRENDER A LEER 1 con Grin. Descarga no teu ordenador o xogo neste enlace:

http://www.educaplanet.com/descargas/Setup-LeoConGrin-Educaplanet331.exe

MATEMÁTICAS con Grin . Descarga no teu ordenador o xogo neste enlace:

http://www.educaplanet.com/descargas/Setup-Matesgrin456-Educaplanet225.exe

A contar! Conta cantas portas, ventás, camas, televisores e interruptores tes na túa casa.

Segundo o nivel e idade podemos facer un inventario: un familiar pode debuxar unha tele e

o neno poñer pegatinas ou facer cruces por cada unha que hai na casa, pode ser o propio

neno o que tente escribir unha palabra sinxela como “cama” e escribir o número delas que

hai na nosa casa...

Xogo de pesca. Precisamos vasos de iogur, de natillas, de flan... clips, corda ou fío e un

pau pequeniño, que pode ser dunha brocheta, dalgún xoguete... Que un familiar che axude

a facer os furados na parte de abaixo do envase e ponlle os clips a modo de argola. Podes

decorar os vasos para que semellen peixes de verdade! E agora... a pescar! Pódeslle

poñer número aos envases e despois contar os puntos que conseguiches ou letras para

formar palabras.

Page 4: calendario rexistro do tempo atmosférico GRÁFICA DO TEMPO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”

Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña

Tl. 881960316 FAX. 881960322

e-mail: [email protected]

Facer manualidades.

Como xa se empeza a sentir o calor, por que non facer unhas pinturas de xeo? Só

precisas auga, colorantes alimentarios das cores que che apeteza pintar, palillos e

cubiteras. Cando estean ben conxelados ponte mans á obra!

Tamén podes facer os teus propios xeados caseiros empregando esta técnica! Só tes que

botar na cubiteira ou en envases de iogur o teu refresco favorito, zume de froitas... e

conxelalo! Tamén podes facer iogures xeados cravando un pau no teu iogur preferido!

Este domingo, 17 de maio, ven de celebrarse o Día Mundial da Reciclaxe. Así que

aproveitamos para acercarvos algunas actividades que podedes facer na casa. Tamén vos

deixamos o conto de Capitán Verdeman, o heroe da reciclaxe. Pinchando no seguinte

enlace podedes velo: https://www.youtube.com/watch?v=9udQo3hHe5M

E, neste outro, podedes escoitar a canción:

https://www.youtube.com/watch?v=Vgr46RXlA4g

Actividades de reciclaxe:

Papel reciclado

Estos son os materiais que precisades para facer o voso propio papel reciclado caseiro:

- Papel usado (que non estea plastificado)

- Tesoiras

- Un barreño

- Unha licuadora

- Un escorredor

- Unha esponxa

Page 5: calendario rexistro do tempo atmosférico GRÁFICA DO TEMPO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”

Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña

Tl. 881960316 FAX. 881960322

e-mail: [email protected]

- Tea vella

- Unha malla

O procedemento é sinxelo: primeiro, tes que cortar o papel en anacos pequenos, que

debes colocar nun barreño e cubrir con auga quente (máis ou menos, o dobre de auga que

de papel). Deixa o papel en remollo un pouco para que absorba a auga e, despois,

mestúrao todo ben e tritúrao coa axuda da licuadora ou batedora potente ata que se forme

una pasta. Unha vez teñas a pasta, pona nun escorredor e aclara con auga fría. Escórrea

outra vez e, a continuación, esténdea na malla cunha culler ata que teña o tamaño que

queiras. Este será o futuro folio reciclado! Para secar o exceso de auga, pásalle unha

esponxa por enriba con coidado e pona sobre a tea para secar o outro lado do papel. Para

que se seque ben, envolve a folla coa tea e coloca algún peso enriba, un libro, por

exemplo, para que non se ondule e quede perfectamente liso. Pasadas unhas horas, terás

unha folla reciclada 100% caseira.

Marcos de fotos con revistas

Tedes na casa revistas vellas? Non as tiredes! Separa as follas e fai pequenos rolos ao

largo e ancho, segundo o tamaño que desexes. Coloca un pouco de pegamento na punta

para que o rolo se manteña firme. Despois, pega unha foto e os rolos sobre un rectángulo

de cartón para crear un marco de fotos perfecto para regalar.

Floreiros feitos con frascos

Os frascos de conservas e marmelada poden ser reutilizados de moitas maneiras

diferentes: para gardar conservas caseiras ou como floreiros! Decorádeo con pintura e

utilizádeo como regalo ou para decorar na casa.

Page 6: calendario rexistro do tempo atmosférico GRÁFICA DO TEMPO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”

Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña

Tl. 881960316 FAX. 881960322

e-mail: [email protected]

Títeres con calcetíns:

Cando un calcetín se rompe, non o tires á basura! Podes utilizalo para facer títeres. É tan

sinxelo como coser un par de botóns para os ollos e utilizar algún anaco de tea de outra

cor para facer o cabelo e a boca. Podes crear toda clase de animais e/ou personaxes con

este material.

Mini invernadoiros con botellas de plástico:

Planta verduras e froitas en macetas no teu balcón e protéxeas con botellas de plástico. As

botellas de refrescos ou agua poden ser un mini invernadoiro. Recorta a base da botella,

quita a tapa plástica e cubre con ela cada brote. O mellor? Podes regar as plantas sen

retirar o invernadoiro.

Nos seguintes enlaces podedes atopar máis ideas:

https://carolinallinas.com/2013/08/12-actividades-de-reciclaje-con-ninos.html

Page 7: calendario rexistro do tempo atmosférico GRÁFICA DO TEMPO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”

Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña

Tl. 881960316 FAX. 881960322

e-mail: [email protected]

https://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=video&cd=6&cad=rja&uact=8&

ved=0ahUKEwiC7-

2uo7HpAhXysnEKHZ7DAcgQtwIIRjAF&url=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatc

h%3Fv=rHTM_-b0F6E&usg=AOvVaw0g0_tF1EPGXBwDgIQmOUQ1

https://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=video&cd=8&cad=rja&uact=8&

ved=0ahUKEwjDmY7dn7HpAhVTuHEKHROKDksQtwIIWzAH&url=https%3A%2F%2Fwww

.youtube.com%2Fwatch%3Fv=kIO8UcRmI2g&usg=AOvVaw32wlVkBreL7SypVLJEuEOW

Usa os cartóns de ovos que tes na casa para facer animaliños ben divertidos para xogar

con eles:

Xoga coas sombras e intenta facer algún animal dos seguintes ou crea o teu propio!

Page 8: calendario rexistro do tempo atmosférico GRÁFICA DO TEMPO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”

Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña

Tl. 881960316 FAX. 881960322

e-mail: [email protected]

Imita aos grandes pintores. Mírate ben no espello e fai un autorretrato…

Cancións, xogos e contos en inglés. Seguímonos a divertir co enlace que nos deixou a

teacher Inma. Mirade ben que tedes novas actividades.

https://drive.google.com/drive/folders/1glcdHkrhaXsMMx6-wkcoL2UgQU6F0pFk

Para mover o corpo:

Xogos con música: Bailamos ó ritmo de diferentes melodías, rápido, lento, silencio-

ausencia de movemento… Tamén podemos facelo cada un enriba dunha folla de

Page 9: calendario rexistro do tempo atmosférico GRÁFICA DO TEMPO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”

Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña

Tl. 881960316 FAX. 881960322

e-mail: [email protected]

xornal; cada vez arrincaremos un trozo da folla, ata que case non teñamos espazo para

movernos.

Xogos con globos: Seguimos xogando con eles; agora intentamos que non caian ó

chan pasándoos uns ós outros; xogamos a explotalos con algunha parte do noso corpo,

a bailar en parellas cun globo na barriga…

Xogos de probas: O que dirixe o xogo encargará unha misión ó resto da familia e

gañará un punto o que antes a consiga; exemplo: traer tres calcetíns de diferentes

tamaños, coller un obxecto redondo…

Xogos con chapas: Despois das carreiras que xa fixemos, agora podemos intentar

darlle a unha chapa con outra, ou que chegue a un sitio marcado. Aquí tedes un vídeo

que explica diferentes xeitos de golpear a chapa:

https://www.youtube.com/watch?v=yUJjKRW93BM

Seguir co ioga:

https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY

https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog

Non deixar de bailar:

https://www.youtube.com/watch?v=G923_rJIPHg

Inventar mais circuitos caseiros:

https://www.youtube.com/watch?v=VozJlq-fNCY

https://www.youtube.com/watch?v=c_WyGlwp3yI

E, sobre todo, aproveitar ó máximo os paseos para respirar, brincar, saltar, correr,

andar en bici, patinete… Disfrutádeo!

Unha aperta ben forte!

As mestras de 3 anos (María José e Eva), a mestra de 4 anos A (Úrsula), as

mestras de 5 anos (Ana e María), as mestras de apoio (Marta e Isa) e a mestra

de inglés (Inma)