boletÍn oficial do parlamento de galicia...baixa limia-serra do xurés, o invernadeiro e serra da...

74
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura Número 172 8 de setembro de 2017 Fascículo 3

Upload: others

Post on 11-Oct-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

X lexislaturaNúmero 1728 de setembro de 2017

Fascículo 3

Page 2: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

COMISIóN 2ª, ORDENACIóN TERRITORIAL, ObRAS PúbLICAS, MEDIO AMbIENTE E SERvIzOS

Aprobación por unanimidade con modificacións

ı 11169 (10/PNC-001164)Grupo Parlamentario de En MareaSánchez García, Antón, e catro deputados/as máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co finan-ciamento das obras de construción e conexión ferroviaria ao porto exterior da Coruña, así como amodificación do Real decreto 707/2015, para os efectos de amparar a axuda e o financiamento di-recto de Portos do Estado ás obras de accesibilidade terrestre aos portos 49141

Aprobación por unanimidade sen modificacións

ı 10445 (10/PNC-001082)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís, e cinco deputados/as máisSobre a demanda ao Goberno do Estado en relación coa aprobación do proxecto e execución dasobras de urbanización da estrada N-550 ao seu paso polo lugar da Ponte, en Padrón 49141

Rexeitamento da iniciativa

ı 5156 (10/PNC-000495)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia, e dous deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación con todos os proxectosreferidos ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, así como aos parques nacionaisdas Fragas do Eume, Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Monte Aloia,Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142

1.4. Procedementos de información1.4.5. Respostas a preguntas

ı 14677 - 10153 (10/PRE-004515)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

49136

X lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 3: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Sobre a avaliación polo Goberno galego do impacto, nos diferentes departamentos, entidades eservizos dependentes do Goberno galego, do ciberataque ocorrido os días 12 e 13 de maio de 2017mediante a propagación do ransomware denominado WannaCry, o protocolo de actuación postoen marcha e as medidas adoptadas para emendar os posibles danos ocasionados, así como as pre-vistas para mellorar os mecanismos de prevención e resposta ante novos ataques desta naturezae a posibilidade de cuantificar o seu custo 49150

ı 14825 - 11250 (10/PRE-004859)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, JulioSobre o balance que fai o Goberno galego respecto da aplicación da Lei 6/2012, de xuventude deGalicia, o exercicio das súas competencias na materia e os datos referidos á actividade desenvolvidapolo Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia dende a súa creación, así como as re-percusións da súa supresión, as medidas concretas propostas polo Comité Galego de Políticas deXuventude ao Consello da Xunta e o prazo previsto para o desenvolvemento integral dos servizosá xuventude regulados no título II da lei 49153

ı 14905 - 897 (10/PRE-000346)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaDíaz Mouteira, María Sol e 5 máisSobre a execución que está a ter o Plan anual de cooperación galega 2016 49159

ı 14906 - 1122 (10/PRE-000352)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, LucaSobre a valoración do Goberno galego en relación cos recortes orzamentarios levados a cabo enmateria de cooperación co desenvolvemento e as medidas previstas para garantir a realización dasconvocatorias establecidas no III Plan director 49161

ı 14877 - 3105 (10/PRE-000588)Grupo Parlamentario de En MareaVázquez Verao, PaulaSobre as razóns do Goberno galego para non convidar a todos os grupos políticos municipais eparlamentarios á visita institucional realizada o 3 de xaneiro de 2016 polo señor delegado da Xuntade Galicia en Lugo á sede da Asociación Down Lugo 49164

ı 14622 - 1600 (10/PRE-000636)Grupo Parlamentario de En MareaCuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, LucaSobre as previsións do Goberno galego respecto da realización, antes do ano 2018, dun balance daevolución do Plan estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia 2012-2018 49166

ı 14580 - 7609 (10/PRE-003618)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máis

49137

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 4: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Sobre a opinión do Goberno galego respecto da necesidade de mantemento dos rexistros da pro-piedade suprimidos en Galicia no Real decreto 195/2017, do 3 de marzo, así como as súas inten-cións respecto da demanda ao Goberno central de establecemento de negociacións para atransferencia a Galicia das competencias para poder determinar o número de rexistros da propie-dade e mercantís que se deban agrupar ou crear no territorio galego 49167

ı 14579 - 8266 (10/PRE-003630)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 4 máisSobre a opinión do Goberno galego respecto da posibilidade de mellorar o servizo de medicina fo-rense que se está a prestar na costa da Mariña lucense, a operatividade e eficiencia da atenciónofrecida á cidadanía a través da súa centralización en Lugo, así como as súas previsións referidasá implementación dun servizo específico con base no Hospital da Costa 49170

ı 14585 - 8583 (10/PRE-003647)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a opinión do Goberno galeo respecto da experiencia piloto Lectura Fácil ou sistema de co-municación das resolucións xudiciais co dobre modelo que permite unha mellor comprensión dostermos xurídicos pola cidadanía, así como as súas previsións respecto da demanda á Administraciónde Xustiza respecto da elaboración dun protocolo de actuación para avaliar os resultados da súaaplicación 49173

ı 14584 - 8948 (10/PRE-003652)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, EvaSobre as actuacións e as medidas que vai levar a cabo o Goberno galego en relación cos problemase deficiencias detectadas na xestión e funcionamento do servizo de atención de emerxencias desdeo seu traslado ao novo centro da Estrada, as súas previsións para o conxunto dos servizos de emer-xencias de Galicia, así como a reversión das privatizacións deses servizos asumindo a súa xestióndirecta 49177

ı 14591 - 9815 (10/PRE-003669)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a información do Goberno galego referida á existencia dalgún proceso de diálogo coa Direc-ción Xeral dos Rexistros e do Notariado en relación coa supresión de dez rexistros da propiedadeen Galicia polo Real decreto 195/2017, do 3 de marzo, a resposta social que tivo esa medida e o re-curso contencioso-administrativo presentado por dous rexistradores da propiedade diante do Tri-bunal Supremo en contra desa supresión, así como a súa opinión ao respecto 49180

ı 14589 - 9828 (10/PRE-003670)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a data de inicio pola Dirección Xeral de Xustiza do proceso de dixitalización e expurgación dadocumentación e das pezas de convicción dos xulgados de Galicia, así como os datos referidos á

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

49138

X lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 5: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

situación na que se atopa o traslado dos expedientes aos arquivos xudiciais territoriais das catroprovincias galegas 49183

ı 14597 - 9847 (10/PRE-003671)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, Luis e 2 máisSobre a intervención policial en relación cunha manifestación polo desaloxo dun edificio o día 30de maio de 2017 en Santiago de Compostela 49186

ı 14598 - 10431 (10/PRE-003683)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre a política da Xunta de Galicia en relación co uso do galego na Administración de xustiza, onúmero de sentenzas ditadas en galego e o de demandas presentadas en galego polos letrados daXunta de Galicia no ano 2016 49188

ı 14601 - 11221 (10/PRE-003703)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, Luis e 2 máisSobre as posibles irregularidades existentes nas actividades que está a levar a cabo a persoa quevén actuando como coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e do Servizo Municipalde Protección Civil da Estrada 49192

ı 14599 - 11261 (10/PRE-003704)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máisSobre os datos referidos aos contratos públicos adxudicados, nomeadamente no eido das emer-xencias, protección civil ou da seguridade pública, á compañía mercantil Ricarsat, S. L., ou a calqueraoutra compañía na que figure nos seus órganos de administración a persoa que vén actuandocomo coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e do Servizo Municipal de ProtecciónCivil da Estrada, así como as medidas adoptadas ou previstas polo Goberno galego para evitar ecorrixir eventuais conflitos de intereses 49195

ı 14655 - 5763 (10/PRE-004252)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre as previsións do Goberno galego para a construción da residencia para persoas maioresanunciada en Vigo 49198

ı 14884 - 5480 (10/PRE-004468)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre a dispoñibilidade pola Xunta de Galicia dalgunha estratexia en relación coa carencia de chanindustrial a prezos competitivos no sur da provincia de Pontevedra, as razóns da demora da licita-ción do proxecto construtivo da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves, e o calen-dario existente para a posta a disposición das empresas do seu chan industrial 49200

49139

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 6: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

ı 14821 - 11435 (10/PRE-004860)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto do incremento do número de prazas públicas naescola infantil de Allariz, do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, ata cubrir a demanda exis-tente, e o centro de educación infantil elixido para os nenos que se atopan en lista de espera nesaescola, así como os datos referidos aos nenos nados no concello que se están a desprazar na ac-tualidade a centros doutros municipios da comarca 49202

ı 14818 - 11440 (10/PRE-004861)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto do incremento do número de prazas públicas naescola infantil de Viana do Bolo, do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, ata cubrir a demandaexistente, e o centro de educación infantil elixido para os nenos que se atopan en lista de esperanesa escola, así como os datos referidos aos nenos nados no concello que se están a desprazar naactualidade a centros doutros municipios da comarca 49204

3. Administración do Parlamento de Galicia

3.3. Asuntos económicos e contratación

ı Resolución da Presidencia do Parlamento de Galicia, do 29 de agosto de 2017, pola que se anunciaa formalización do contrato administrativo para a subministración de gas natural ao Parlamentode Galicia 49146

ı Resolución da Presidencia do Parlamento de Galicia, do 29 de agosto de 2017, pola que se anunciaa formalización do contrato administrativo para a implantación dun sistema de xestión de seguri-dade da información, un servizo de correlación de eventos, un servizo de alerta temperá, a realiza-ción dunha auditoría de seguridade e a adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade para aAdministración do Parlamento de Galicia 49147

ı Resolución da Presidencia do Parlamento de Galicia, do 4 de setembro de 2017, pola que se anun-cia a formalización do contrato administrativo para a subministración dun automóbil en réxime dearrendamento sen opción de compra (renting) ao Parlamento de Galicia 49148

4. Informacións e correccións de erros

4.2. Correccións de erros

ı Corrección de erros nos resumos das preguntas para resposta escrita núms. 12126, 12128, 12131e 12140 49149

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

49140

X lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 7: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

1. Procedementos parlamentarios

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

COMISIóN 2ª, ORDENACIóN TERRITORIAL, ObRAS PúbLICAS, MEDIO AMbIENTE E SERvIzOS

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesióndo 7 de setembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 11169 (10/PNC-001164)Grupo Parlamentario de En MareaSánchez García, Antón, e catro deputados/as máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co finan-ciamento das obras de construción e conexión ferroviaria ao porto exterior da Coruña, así como amodificación do Real decreto 707/2015, para os efectos de amparar a axuda e o financiamento di-recto de Portos do Estado ás obras de accesibilidade terrestre aos portosBOPG nº 140, do 05.07.2017

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unani-midade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1. Demandar do Goberno do Estado-Portos do Estado unha dotación orzamentaria no plan de in-vestimentos para o ano 2018 e seguintes que garantan a execución inmediata das obras de cone-xión ferroviaria ao Porto Exterior da Coruña.

2. Demandar da Xunta de Galicia, do Goberno do Estado e do Concello da Coruña que, no marcodunha Comisión para a revisión dos Convenios urbanísticos de 2004, definan, concreten e propo-ñan un novo plan de financiamento das obras de construcción do porto exterior de Punta Langos-teira, incluíndo a viabilidade dunha quitación na débeda con Portos do Estado e a asunción poloEstado do máximo financiamento posible das ditas obras, tamén as de accesos a Punta Langosteira,de conformidade co que permiten na actualidade os novos Regulamentos UE.»

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 10445 (10/PNC-001082)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís, e cinco deputados/as máis

49141

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 8: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Sobre a demanda ao Goberno do Estado en relación coa aprobación do proxecto e execución dasobras de urbanización da estrada N-550 ao seu paso polo lugar da Ponte, en PadrónBOPG nº 132, do 21.06.2017

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados edeputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta o goberno galego a que se dirixa ao Goberno do Estado deman-dando a aprobación do proxecto e execución das obras de urbanización da estrada N-550 ao seupaso polo lugar da Ponte (Padrón).»

Rexeitamento da iniciativa

- 5156 (10/PNC-000495)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia, e dous deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación con todos os proxectosreferidos ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, así como aos parques nacionaisdas Fragas do Eume, Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Monte Aloia,Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da LastraBOPG nº 70, do 21.02.2017

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2017Eva Solla FernándezVicepresidenta 2ª

1.4. Procedementos de información1.4.5. Respostas a preguntas

A Mesa do Parlamento, na súa reunión do día 5 de setembro de 2017, tivo coñecemento das res-postas da Xunta de Galicia ás seguintes preguntas con resposta escrita:

- 14677 - 10153 (10/PRE-004515)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre a avaliación polo Goberno galego do impacto, nos diferentes departamentos, entidades eservizos dependentes do Goberno galego, do ciberataque ocorrido os días 12 e 13 de maio de 2017mediante a propagación do ransomware denominado WannaCry, o protocolo de actuación postoen marcha e as medidas adoptadas para emendar os posibles danos ocasionados, así como as pre-vistas para mellorar os mecanismos de prevención e resposta ante novos ataques desta naturezae a posibilidade de cuantificar o seu custo

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

49142

X lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 9: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

- 14825 - 11250 (10/PRE-004859)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, JulioSobre o balance que fai o Goberno galego respecto da aplicación da Lei 6/2012, de xuventude deGalicia, o exercicio das súas competencias na materia e os datos referidos á actividade desenvolvidapolo Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia dende a súa creación, así como as re-percusións da súa supresión, as medidas concretas propostas polo Comité Galego de Políticas deXuventude ao Consello da Xunta e o prazo previsto para o desenvolvemento integral dos servizosá xuventude regulados no título II da lei

- 14905 - 897 (10/PRE-000346)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaDíaz Mouteira, María Sol e 5 máisSobre a execución que está a ter o Plan anual de cooperación galega 2016

- 14906 - 1122 (10/PRE-000352)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, LucaSobre a valoración do Goberno galego en relación cos recortes orzamentarios levados a cabo enmateria de cooperación co desenvolvemento e as medidas previstas para garantir a realización dasconvocatorias establecidas no III Plan director

- 14877 - 3105 (10/PRE-000588)Grupo Parlamentario de En MareaVázquez Verao, PaulaSobre as razóns do Goberno galego para non convidar a todos os grupos políticos municipais eparlamentarios á visita institucional realizada o 3 de xaneiro de 2016 polo señor delegado da Xuntade Galicia en Lugo á sede da Asociación Down Lugo

- 14622 - 1600 (10/PRE-000636)Grupo Parlamentario de En MareaCuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, LucaSobre as previsións do Goberno galego respecto da realización, antes do ano 2018, dun balance daevolución do Plan estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia 2012-2018

- 14580 - 7609 (10/PRE-003618)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a opinión do Goberno galego respecto da necesidade de mantemento dos rexistros da pro-piedade suprimidos en Galicia no Real decreto 195/2017, do 3 de marzo, así como as súas inten-cións respecto da demanda ao Goberno central de establecemento de negociacións para atransferencia a Galicia das competencias para poder determinar o número de rexistros da propie-dade e mercantís que se deban agrupar ou crear no territorio galego

- 14579 - 8266 (10/PRE-003630)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

49143

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 10: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Torrado Quintela, Julio e 4 máisSobre a opinión do Goberno galego respecto da posibilidade de mellorar o servizo de medicina fo-rense que se está a prestar na costa da Mariña lucense, a operatividade e eficiencia da atenciónofrecida á cidadanía a través da súa centralización en Lugo, así como as súas previsións referidasá implementación dun servizo específico con base no Hospital da Costa

- 14585 - 8583 (10/PRE-003647)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a opinión do Goberno galeo respecto da experiencia piloto Lectura Fácil ou sistema de co-municación das resolucións xudiciais co dobre modelo que permite unha mellor comprensión dostermos xurídicos pola cidadanía, así como as súas previsións respecto da demanda á Administraciónde Xustiza respecto da elaboración dun protocolo de actuación para avaliar os resultados da súaaplicación

- 14584 - 8948 (10/PRE-003652)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, EvaSobre as actuacións e as medidas que vai levar a cabo o Goberno galego en relación cos problemase deficiencias detectadas na xestión e funcionamento do servizo de atención de emerxencias desdeo seu traslado ao novo centro da Estrada, as súas previsións para o conxunto dos servizos de emer-xencias de Galicia, así como a reversión das privatizacións deses servizos asumindo a súa xestióndirecta

- 14591 - 9815 (10/PRE-003669)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a información do Goberno galego referida á existencia dalgún proceso de diálogo coa Direc-ción Xeral dos Rexistros e do Notariado en relación coa supresión de dez rexistros da propiedadeen Galicia polo Real decreto 195/2017, do 3 de marzo, a resposta social que tivo esa medida e o re-curso contencioso-administrativo presentado por dous rexistradores da propiedade diante do Tri-bunal Supremo en contra desa supresión, así como a súa opinión ao respecto

- 14589 - 9828 (10/PRE-003670)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a data de inicio pola Dirección Xeral de Xustiza do proceso de dixitalización e expurgación dadocumentación e das pezas de convicción dos xulgados de Galicia, así como os datos referidos ásituación na que se atopa o traslado dos expedientes aos arquivos xudiciais territoriais das catroprovincias galegas

- 14597 - 9847 (10/PRE-003671)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, Luis e 2 máisSobre a intervención policial en relación cunha manifestación polo desaloxo dun edificio o día 30de maio de 2017 en Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

49144

X lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 11: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

- 14598 - 10431 (10/PRE-003683)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre a política da Xunta de Galicia en relación co uso do galego na Administración de xustiza, onúmero de sentenzas ditadas en galego e o de demandas presentadas en galego polos letrados daXunta de Galicia no ano 2016

- 14601 - 11221 (10/PRE-003703)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, Luis e 2 máisSobre as posibles irregularidades existentes nas actividades que está a levar a cabo a persoa quevén actuando como coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e do Servizo Municipalde Protección Civil da Estrada

- 14599 - 11261 (10/PRE-003704)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máisSobre os datos referidos aos contratos públicos adxudicados, nomeadamente no eido das emer-xencias, protección civil ou da seguridade pública, á compañía mercantil Ricarsat, S. L., ou a calqueraoutra compañía na que figure nos seus órganos de administración a persoa que vén actuandocomo coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e do Servizo Municipal de ProtecciónCivil da Estrada, así como as medidas adoptadas ou previstas polo Goberno galego para evitar ecorrixir eventuais conflitos de intereses

- 14655 - 5763 (10/PRE-004252)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre as previsións do Goberno galego para a construción da residencia para persoas maioresanunciada en Vigo

- 14884 - 5480 (10/PRE-004468)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre a dispoñibilidade pola Xunta de Galicia dalgunha estratexia en relación coa carencia de chanindustrial a prezos competitivos no sur da provincia de Pontevedra, as razóns da demora da licita-ción do proxecto construtivo da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves, e o calen-dario existente para a posta a disposición das empresas do seu chan industrial

- 14821 - 11435 (10/PRE-004860)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto do incremento do número de prazas públicas naescola infantil de Allariz, do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, ata cubrir a demanda exis-tente, e o centro de educación infantil elixido para os nenos que se atopan en lista de espera nesaescola, así como os datos referidos aos nenos nados no concello que se están a desprazar na ac-tualidade a centros doutros municipios da comarca

49145

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 12: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

- 14818 - 11440 (10/PRE-004861)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto do incremento do número de prazas públicas naescola infantil de Viana do Bolo, do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, ata cubrir a demandaexistente, e o centro de educación infantil elixido para os nenos que se atopan en lista de esperanesa escola, así como os datos referidos aos nenos nados no concello que se están a desprazar naactualidade a centros doutros municipios da comarca

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2017Diego Calvo PousoVicepresidente 1º

3. Administración do Parlamento de Galicia

3.3. Asuntos económicos e contratación

Resolución da Presidencia do Parlamento de Galicia, do 29 de agosto de 2017, pola quese anuncia a formalización do contrato administrativo para a subministración de gasnatural ao Parlamento de Galicia

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público,aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase o anuncio da forma-lización deste contrato administrativo.

1. Entidade adxudicadora: Mesa do Parlamento de Galicia.a) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.b) Número de expediente: SRI-PA-4/2017.c) Enderezo de internet do perfil do contratante: www.parlamentodegalicia.gal.

2. Obxecto do contrato:a) Tipo: de subministraciónb) Descrición: subministración de gas natural.c) CPV: 09123000 - Gas natural.d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial da Galicia.e) Data de publicación do anuncio de licitación: 27 de abril de 2017.

3. Tramitación e procedemento:a) Tramitación: ordinaria.b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 100.000,00 €

5. Orzamento base de licitación:Importe neto: 50.000,00 €.Importe total: 60.500,00 €.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

49146

X lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 13: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

6.Formalización do contrato:a) Data de adxudicación: 4 de xullo de 2017.b) Data de formalización do contrato: 21 de xullo de 2017.c) Contratista: Multienergía Verde, S.L.d) Importe de adxudicación:Termo fixo: 80,97 €/mes.Termo enerxía ou variable: 0,037651 €/kWh, sendo: Coeficiente A: 0,005300.Coeficiente B: 0,000271.Coeficiente C: 0,016400.Alugueiro equipo de medida: 4,85 €/mes.e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2017.Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

Resolución da Presidencia do Parlamento de Galicia, do 29 de agosto de 2017, pola quese anuncia a formalización do contrato administrativo para a implantación dun sistemade xestión de seguridade da información, un servizo de correlación de eventos, un ser-vizo de alerta temperá, a realización dunha auditoría de seguridade e a adecuación aoEsquema Nacional de Seguridade para a Administración do Parlamento de Galicia

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público,aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase o anuncio da forma-lización deste contrato administrativo.

1. Entidade adxudicadora: Mesa do Parlamento de Galicia.a) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.b) Número de expediente: STI-PA-2/2017.c) Enderezo de internet do perfil do contratante: www.parlamentodegalicia.gal.

2. Obxecto do contrato:a) Tipo: servizosb) Descrición: implantación dun sistema de xestión de seguridade da información, un servizo decorrelación de eventos, un servizo de alerta temperá, a realización dunha auditoría de seguridadee a adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade.c) CPV: 72000000-5 Servizos TI: consultoría, desenvolvemento de software, Internet e apoio.d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial da Galicia.e) Data de publicación do anuncio de licitación: 4 de abril de 2017.

3. Tramitación e procedemento:a) Tramitación: ordinaria.b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 147.000,00 €

49147

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 14: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

5. Orzamento base de licitación:Importe neto: 95.000,00 €.Importe total: 114.950,00 €.

6.Formalización do contrato:a) Data de adxudicación: 10 de xullo de 2017.b) Data de formalización do contrato: 7 de agosto de 2017.c) Contratista: Emetel Sistemas, S.L.d) Importe de adxudicación:Importe neto: 72.461,00 €.Importe total: 87.677,81 €.e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única oferta presentada.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2017.Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

Resolución da Presidencia do Parlamento de Galicia, do 4 de setembro de 2017, pola que seanuncia a formalización do contrato administrativo para a subministración dun automóbilen réxime de arrendamento sen opción de compra (renting) ao Parlamento de Galicia

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público,aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase o anuncio da forma-lización deste contrato administrativo.

1. Entidade adxudicadora: Mesa do Parlamento de Galicia.a) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.b) Número de expediente: SRI-PA-1/2017.c) Enderezo de internet do perfil do contratante: www.parlamentodegalicia.gal.

2. Obxecto do contrato:a) Tipo: subministración b) Descrición: subministración dun automóbil en réxime de arrendamento sen opción de compra(renting).c) CPV: 34112000-5 Automóbiles de turismo.d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial da Galicia.e) Data de publicación do anuncio de licitación: 7 de abril de 2017.

3. Tramitación e procedemento:a) Tramitación: ordinaria.b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 43.200,00 €

5. Orzamento base de licitación:Importe neto: 43.200,00 €.Importe total: 52.272,00 €.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

49148

X lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 15: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

6.Formalización do contrato:a) Data de adxudicación: 1 de agosto de 2017.b) Data de formalización do contrato: 1 de setembro de 2017.c) Contratista: Autos Brea, S.L.d) Importe de adxudicación:Importe neto: 39.168,00 €.Importe total: 47.393,28 €.e) Vantaxes da oferta adxudicataria: segundo orde de clasificación.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017.Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

4. Informacións e correccións de erros

4.2. Correccións de erros

Corrección de erros nos resumos das preguntas para resposta escrita núms. 12126,12128, 12131 e 12140

Advertidos erros nos resumos das preguntas para resposta escrita núms. 12126, 12128, 12131 e12140 (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 152, do 18 de agosto de 2017) procédese á súacorrección nos seguintes termos:

—Doc. núm.12126. No sumario e mais na páxina 40039, onde di: «Bueu, Cangas, Marín, Moaña eVilaboa», debe dicir: «Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada».

—Doc. núm.12128. No sumario e mais na páxina 40033, onde di: «Bueu, Cangas, Marín, Moaña eVilaboa», debe dicir: «Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada».

—Doc. núm.12131. No sumario e mais na páxina 40044, onde di: «Bueu, Cangas, Marín, Moaña eVilaboa», debe dicir: «Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada».

—Doc. núm.12140. No sumario e mais na páxina 40053, onde di: «Bueu, Cangas, Marín, Moaña eVilaboa», debe dicir: «Culleredo, Oleiros e Sada».

Santiago de Compostela, 5 de setembro 2017Xosé Antón Sarmiento MéndezLetrado oficial maior

49149

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

Page 16: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 10153, formulada polo Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Juan Manuel Díaz Villoslada e

outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “a avaliación polo Goberno galego do

impacto, nos diferentes departamentos, entidades e servizos dependentes do Goberno

galego, do ciberataque ocorrido os días 12 e 13 de maio de 2017 mediante a propagación

do "ransomware" denominado WannaCry, o protocolo de actuación posto en marcha e as

medidas adoptadas para emendar os posibles danos ocasionados, así como as previstas

para mellorar os mecanismos de prevención e resposta ante novos ataques desta natureza

e a posibilidade de cuantificar o seu custo”, (publicada no BOPG número 129 do 15 de xuño

de 2017), convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións

xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo

157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Axencia para a

Modernización Tecnolóxica de Galicia, que ten o seguinte contido:

“Revisouse o impacto do ciberataque e a Amtega non ten constancia de ninguna infección

confirmada provocada por este ataque no ámbito da Xunta de Galicia.

Non houbo pois impacto directo ao non producirse infeccións.

A Amtega dispón dun protocolo de xestión de incidencias de seguridade informática, que se

aplicou neste caso, coórdinandose os diferentes actores involucrados na xestión deste tipo de

incidentes.

O marco xeral de actuación ven definido polo Plan Director de Seguridade TIC aprobado polo

Consello da Xunta de Galicia en xuño de 2015, que incorpora medidas en 4 liñas estratéxicas:

formación e concienciación, cumprimento normativo, aspectos organizativos e melloras na xestión

da seguridade, operación da seguridade e medidas de protección.

Ante este ataque, reforáronse unha serie de medidas específicas, entre as que cabe destacar:

• Monitorización permanente da seguridade e notificación ás persoas usuarias dos riscos e

da forma recomendada de actuar.paxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/121112929/08/2017 09:26

CV

E-P

RE

PA

R: b

1ba5

765-

5436

-188

3-ed

e1-f

8689

f98a

c59

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las29/08/2017 09:26:18

49150

Page 17: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

• Instalación na práctica todalidade do equipamento das actualizacións de seguridade

necesarias para protexerse deste ataque.

• Revisión de todas as plataformas de seguridade para verificar a activación de todos os

mecanismos de protección existentes para este ataque.

• Implantación de restricións adicionais nas comunicacións

• Coordinación entre as diferentes unidades da Xunta de Galicia implicadas, co servizo de

ciberseguridade corporativo e con organismos externos coma o CCN-CERT.

As medidas previstas para mellorar os mecanismos de prevención e resposta perante novos

ataques desta natureza, aos sistemas e redes informáticas da Administración autonómica pasan

por continuar coa execución das liñas estratéxicas previstas no Plan Director de Seguridade, que

inclúen a implantación das principais normativas que afectan á administración pública neste

ámbito, o Esquema Nacional de Seguridade e a normativa de protección de datos persoais.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia,

de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 2 de 2

CV

E-P

RE

PA

R: b

1ba5

765-

5436

-188

3-ed

e1-f

8689

f98a

c59

49151

Page 18: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 29/08/2017 9:26:18

49152

Page 19: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/mv

En relación coa pregunta con resposta oral -a tramitar pola Comisión 5ª- número 11250, formulada

polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de dona Noela Blanco Rodríguez e don

Julio Torrado Quintela, sobre “o balance que fai o Goberno galego respecto da aplicación da Lei

6/2012, de xuventude de Galicia, o exercicio das súas competencias na materia e os datos

referidos á actividade desenvolvida polo Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia

dende a súa creación, así como as repercusións da súa supresión, as medidas concretas

propostas polo Comité Galego de Políticas de Xuventude ao Consello da Xunta e o prazo

previsto para o desenvolvemento integral dos servizos á xuventude regulados no Título II da

Lei”, (publicada no BOPG número 144 do 12 de xullo de 2017), convertida en pregunta con resposta

escrita por finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así

dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación

formulada pola Consellería de Política Social, que ten o seguinte contido:

“O Goberno galego, a través da Consellería de Política Social, e concretamente da Dirección Xeral de

Xuventude, Participación e Voluntariado, está dando cumprimento aos mandatos establecidos na

primeira Lei de xuventude de Galicia, a Lei 6/2012, do 19 de xuño.

Un dos eixes fundamentais que vertebran o texto legal é precisamente o de reforzar a transversalidade

e coordinación das políticas públicas en materia de xuventude, para o que a Lei creou no seu día dous

instrumentos que fan posible a súa consecución: o Plan Estratéxico de xuventude de Galicia e o Comité

Galego de Políticas de Xuventude.

O día 21 de xaneiro de 2014 celebrouse a sesión constitutiva do novo órgano colexiado de

coordinación interdepartamental e interinstitucional en materia de xuventude, sesión na que ademais se

deu conta do Balance do Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2010-2013. Estratexia Xuventude

2013, e se aprobou o documento de directrices do novo Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia

2014-2016 Horizonte 2020 ‘Xuventude 2016’.

Froito do traballo do Comité Galego de Políticas de Xuventude, e dando cumprimento ao establecido

nos artigos 6 e seguintes da Lei de Xuventude de Galicia, o Consello da Xunta na súa sesión de 3 de

abril de 2014 aprobaba o Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, instrumento que contou

cun orzamento de 343.559.478,24 euros correspondentes a 240 medidas, para atender as

Páxina 1 de 5

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/121968830/08/2017 14:31

CV

E-P

RE

PA

R: 1

db62

069-

8482

-934

0-99

e7-f

1fa2

7e14

9d6

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las30/08/2017 14:31:51

49153

Page 20: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

necesidades, prioridades e inquedanzas dos mozos e mozas galegos, e que se enmarcou no

calendario de Plans para preparar a Galicia do 2020, no eixo de Dinamización económica, crecemento

e emprego. O longo da tres anualidades da súa vixencia fóronse implementando as distintas medidas

previstas no Plan que tiveron como beneficiarios directos aos mozos e mozas galegos.

Unha vez expirada a súa vixencia cómpre iniciar outro ciclo e comezar os traballos de elaboración dun

novo instrumento de planificación: o Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2018-2020,

celebrándose xa o 27 de xuño de 2017 a sesión de lanzamento no novo Plan co fin de iniciar os pasos

para garantir a escoita activa dos mozos e mozas na elaboración e posta en marcha do mesmo.

En cumprimento tamén da Lei de xuventude, e dende a súa entrada en vigor, levouse a cabo unha

reorientación dos programas para a mocidade cara o emprendemento, mellora de empregabilidade e

adquisición de competencias e aptitudes por parte desta. Entre os obxectivos principais do Goberno

galego están os de promover a formación, mellorar a empregabilidade, e fomentar a orientación laboral

e a contratación entre as persoas mozas.

No ámbito da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destaca o programa de

mobilidade transnacional xuvenil GALEUROPA, programa de axudas destinadas a mozos e mozas

para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas de países europeos, de modo

que complementan a competencia profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de

inserción laboral, de xeito que poidan constatar unha práctica formativa no estranxeiro como parte do

currículo.

Este foise consolidando nos últimos anos como un programa de mobilidade referente entre a mocidade

galega, que progresivamente viu incrementado o seu orzamento así como o número de participantes:

dun orzamento de 999.765, 72€ e 134 mozos/as participantes no 2015 pasamos a un orzamento de

2.028.594,62 € e 310 mozos/as participantes no 2016. No ano en curso a orde conta cun orzamento de

2.176.515,40 €, estando actualmente en fase de execución.

A Xunta de Galicia está exercendo plenamente as competencias que en materia de xuventude lle

atribúe o artigo 33 da Lei de xuventude de Galicia.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado,

leva a cabo a xestión das actuacións en materia de xuventude, a planificación na materia, o fomento da

participación da xuventude na vida social a través de distintos programas desenvolvidos durante estes

anos, o fomento da mobilidade xuvenil, o seguimento na xestión da Rede galega de información

xuvenil, a xestión do rexistro autonómico das entidades de participación xuvenil, a elaboración de

disposicións de carácter xeral en materia de xuventude, a xestión dos carnés dirixidos á mocidade, a

prestación de servizos á mocidade nas instalacións xuvenís da súa titularidade, a posta en marcha dePáxina 2 de 5

CV

E-P

RE

PA

R: 1

db62

069-

8482

-934

0-99

e7-f

1fa2

7e14

9d6

49154

Page 21: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

programas de educación non formal en distintos ámbitos, e demais que lle son conferidas na normativa

vixente.

A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia creou o Consello Asesor e Consultivo da

Xuventude de Galicia e o configura no seu Capítulo II como órgano colexiado de participación,

representación e consulta das políticas públicas da Xunta de Galicia en materia de xuventude. Se

configura pois como un órgano colexiado, independente e aberto a todas as asociacións xuvenís de

carácter autonómico, impulsando a participación da mocidade e da sociedade civil, Non se establece

limitación ao número de entidades que poden formar parte deste órgano, a diferencia do anterior

modelo do Consello da Xuventude de Galicia (CONXUGA), no que se establecía un requisito polo que

un colectivo non podía formar parte sen contar co visto e prace das entidades preponderantes. Se

establece un novo modelo que garante a posibilidade de participación efectiva a todas as entidades

xuvenís.

Polo tanto, este órgano facilitará a incorporación de todas as asociacións xuvenís, ao tempo que

promoverá a creación dos consellos locais de xuventude, co obxectivo de achegar o novo modelo de

participación e dar máis protagonismo aos concellos e ás propias entidades de carácter local.

Desta forma, as asociacións xuvenís de carácter autonómico e os consellos locais de xuventude

ostentarán a maioría da representación do voto no Consello.

A Lei creou o novo órgano e en cumprimento das súas previsións publicouse o Decreto 57/2014, do 8

de maio, polo que se aproba o Regulamento do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia,

dotándoo da normativa reguladora da súa organización e funcionamento.

A día de hoxe o órgano está pendente da súa constitución transcorrido o prazo establecido na

Disposición transitoria primeira da Lei 6/2012, que prevé a designación dunha comisión xestora por

parte das entidades que formaban parte do CONXUGA, composta por un mínimo de cinco e un máximo

de nove persoas, para realizar, entre outras, as accións necesarias para a adhesión das entidades ao

Consello e convocar a realización da asemblea xeral constituínte. Ao non terse posto en marcha a

xestora por parte das entidades que formaban parte do órgano extinto, correspóndelle agora ao órgano

directivo competente en materia de xuventude, a designación desa comisión xestora, estando pendente

polo tanto a súa constitución e de aí que non se teñan feitos reunións do Consello nin tampouco pode

emitir informes ao estar pendente a designación da xestora que será quen teña que facer os trámites

previstos na Lei de cara á súa constitución e posta en marcha.

Coa supresión do Consello da Xuventude de Galicia se puxo fin a un modelo de partipación xuvenil que

establecía limitacións no acceso das entidades xuvenís ao órgano de representación, ademais de

tratarse dun órgano que facía incumprimento reiterado das funcións que lle atribuía a súa Lei dePáxina 3 de 5

CV

E-P

RE

PA

R: 1

db62

069-

8482

-934

0-99

e7-f

1fa2

7e14

9d6

49155

Page 22: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

creación: non se emitían os informes sobre as normas relacionadas co seu ámbito competencial, o que

constituía unha das súas principais funcións; non se elevaba o informe anual á Consellería da

Presidencia, nin memoria ao Parlamento de Galicia sobre a situación de xuventude; non se levaba un

rexistro de asociacións, non se celebraban as reunións previstas regulamentariamente da Asemblea nin

da comisión permanente, etc., producíndose no seu canto unha duplicidade de funcións co órgano

directivo competente en materia de xuventude, exercendo funcións que non lle estaban atribuídas.

Coa extinción do Consello da Xuventude dase paso a un novo modelo do órgano de representación das

entidades xuvenís, que facilitará a incorporación de todas as asociacións xuvenís, ao tempo que

promoverá a creación dos consellos locais de xuventude, co obxectivo de achegar o novo modelo de

participación e dar máis protagonismo aos concellos e ás propias entidades de carácter local. A

diferencia do modelo anterior, non se establece limitación ao número de entidades que poden formar

parte deste órgano, poñendo fin aos requisitos que na práctica impedían que un colectivo puidera

formar parte sen contar co visto e prace das entidades preponderantes, situación que foi creando un

sistema endogámico e pechado, que non estaba cumprindo coas funcións que tiña asignadas de

asesoramento e consulta en materia de xuventude.

As repercusións da extinción do Consello da Xuventude de Galicia se centran en que se puxo fin a

unha entidade que apenas tiña actividade e que estaba enquistada no seu labor como organización

para fomentar a participación xuvenil.

En cumprimento do establecido na Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, o Comité

Galego de Políticas de Xuventude elaborou as directrices que serviron de base para a elaboración do

Plan estratéxico de xuventude de Galicia, e a través da Consellería competente, elevou ao Consello da

Xunta, para a súa aprobación o documento do Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2014-2016.

Horizonte 2020, que foi aprobado na súa sesión de 3 de abril de 2014.

Así mesmo, o Comité Galego de Políticas de Xuventude, elevou a Consello da Xunta a través da

Consellería de Política Social, os informes de seguimento do Plan nas anualidades 2014 e 2015, dando

conta da execución das medidas e do orzamento nos períodos correspondentes.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado,

está a traballar na elaboración dunha nova normativa en materia de xuventude, que dea resposta a

moitas necesidades e demandas que se plantexan na actualidade neste ámbito.

O novo Decreto, en cumprimento das previsións de desenvolvemento regulamentario que establece a

Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, vai abordar a regulación dos seguintes servizos á

xuventude: a información xuvenil, a formación da xuventude, as actividades xuvenís, as instalacións

xuvenís e os carnés de servizos á xuventude.Páxina 4 de 5

CV

E-P

RE

PA

R: 1

db62

069-

8482

-934

0-99

e7-f

1fa2

7e14

9d6

49156

Page 23: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Conscientes da importancia de coñecer e contar coa opinión, inquedanzas e necesidades dos distintos

axentes implicados nos ámbitos obxecto da regulación, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e

Voluntariado abriu un proceso de participación á cidadanía, que se articulou a través de distintos

instrumentos: 6 xuntanzas de traballo que se desenvolveron nas cidades de Ourense, Lugo, A Coruña,

Vigo e Santiago, onde tamén se celebrou unha xornada específica sobre a parte de información xuvenil

o día 18 de abril; consulta previa ás escolas de tempo libre galegas acerca de determinados aspectos

da nova normativa (requisitos esixidos para constituírse como escola de tempo libre, regulación dos

programas formativos, regulación da fase de prácticas, seguros, convenios, etc., regulación da

avaliación e seguimento das escolas, etc.); a creación dun espazo web como canle de información

pública, participación e testemuña do proceso; un buzón de correo electrónico,

[email protected], para a participación cidadá en relación coa nova normativa; a

celebración do III Foro aberto do tempo libre o pasado 20 de maio, como espazo de toma de decisións

de cara a pechar o borrador de decreto con participación activa dos axentes implicados e nomeamento

de interlocutores coa Administración.

Está prevista tamén a celebración dunha nova edición do Interactuando no tempo libre, na que se dará

continuidade ao proceso de participación e escoita. E se celebrarían cantas sesións de traballo fosen

necesarias sempre e cando a súa convocatoria responda a novas achegas ou aspectos pendentes de

pechar.

Unha vez rematado o proceso iniciarse a tramitación administrativa do Decreto A finais de ano espérase

contar cun texto consensuado que serva como punto de partida no procedemento administrativo de

elaboración do novo Decreto.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de

acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 5 de 5

CV

E-P

RE

PA

R: 1

db62

069-

8482

-934

0-99

e7-f

1fa2

7e14

9d6

49157

Page 24: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 30/08/2017 14:31:51

49158

Page 25: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

49159

Page 26: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

49160

Page 27: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

49161

Page 28: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

49162

Page 29: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

49163

Page 30: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

AG/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 3105, formulada polo Grupo

Parlamentario de En Marea, a iniciativa de dona Paula Vázquez Verao, sobre “as razóns do

Goberno galego para non convidar todos os grupos políticos municipais e parlamentarios

á visita institucional realizada o 3 de xaneiro de 2016 polo señor delegado da Xunta de

Galicia en Lugo á sede da Asociación Down Lugo”, (publicada no BOPG número 49 do 20 de

xaneiro de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157

do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Vicepresidencia e

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que ten o seguinte contido:

“O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou o 3 de xaneiro de 2017 as

instalacións da asociación Down Lugo co obxecto de poñer en valor as medidas de colaboración

que a administración autonómica desenvolve con esta entidade.

Neste caso en concreto, visitouse esta organización sen ánimo de lucro en calidade de

beneficiaria dunha axuda de 5.000 euros ao abeiro do programa Iniciativa Xove, que promove a

Consellería de Política Social a través da dirección xeral de Xuventude, Participación e

Voluntariado.

Para organizar esta visita, tal e como é habitual ao tratarse dunha entidade privada, e segundo a

información facilitada pola Delegación da Xunta en Lugo, contactouse exclusivamente coas

persoas que figuran como responsables do devandito colectivo. Logo de ter fixada a data e o

horario da visita, remitiuse a preceptiva convocatoria pública aos medios de comunicación, así

como unha nota informativa tras o encontro.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia,

de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 1 de 1

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/121976330/08/2017 14:54

CV

E-P

RE

PA

R: 2

7667

bd5-

30e1

-1d7

7-94

98-7

77cb

1f09

300

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las30/08/2017 14:54:56

49164

Page 31: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 30/08/2017 14:54:56

49165

Page 32: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

49166

Page 33: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 7609, formulada polo Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Juan Manuel Díaz Villoslada e

outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “a opinión do Goberno galego respecto da

necesidade de mantemento dos rexistros da propiedade suprimidos en Galicia no Real

Decreto 195/2017, do 3 de marzo, así como as súas intencións respecto da demanda ao

Goberno central do establecemento de negociacións para a transferencia a Galicia das

competencias para poder determinar o número de rexistros da propiedade e mercantís

que se deban agrupar ou crear no territorio galego”, (publicada no BOPG número 101 do

20 de abril de 2017), convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período

de sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao

previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada

pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

que ten o seguinte contido:

“Os contidos da resposta da Xunta de Galicia a esta pregunta xa foron tratados polo Goberno

na sesión plenaria celebrada o 5 de abril de 2017 no debate da iniciativa con número de

rexistro 7110, presentada polo mesmo grupo parlamentario. Neste sentido, reitérase:

A ordenación dos rexistros é competencia do Ministerio de Xustiza, que tramitou no seu día

unha modificación da demarcación rexistral a través do Real Decreto 195/2017, do 3 de marzo,

publicada no Boletín Oficial do Estado do 4 de marzo de 2017. En dita norma, establécense

tamén os criterios para proceder a esta modificación.

O Real Decreto 195/2017 establece unha reagrupación dos rexistros, non unha supresión. Isto

é, trátase de agrupar dous o máis rexistros da propiedade baixo a titularidade dun único

rexistrador ou rexistradora da propiedade, mantendo abertas ao público as oficinas xa

existentes para todas as operacións que lle son propias.

paxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120574425/08/2017 18:00

CV

E-P

RE

PA

R: 6

6a73

209-

e4a7

-c3f

8-bc

a8-e

5b68

d105

a00

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las25/08/2017 18:00:27

49167

Page 34: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Así, en cada unha das reagrupacións que se producen en Galicia, un concello será a

cabeceira e destino do rexistrador ou rexistradora, pero nos outros continuarán as oficinas

rexistrais abertas ao público, polo que non se producirá ningunha supresión de servizos no

rural.

Por último, cómpre subliñar que o Goberno galego se interesou desde o primeiro momento por

este asunto, mesmo conseguindo que se incluíra no decreto estatal a súa demanda no referido

ao número de asentos rexistrais mínimos. Nun primeiro momento, o decreto sinalaba que foran

agrupados os rexistros que non chegaran aos 1.800 asentos, e conseguiuse que a cifra final

descendese aos 1.000 asentos.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 2 de 2

CV

E-P

RE

PA

R: 6

6a73

209-

e4a7

-c3f

8-bc

a8-e

5b68

d105

a00

49168

Page 35: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 25/08/2017 18:00:27

49169

Page 36: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 8266, formulada polo

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Luis Manuel Álvarez

Martínez e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “a opinión do Goberno

galego respecto da posibilidade de mellorar o servizo de medicina forense que se

está a prestar na costa da Mariña lucense, a operatividade e eficiencia da atención

ofrecida á cidadanía a través da súa centralización en Lugo, así como as súas

previsións referidas á implementación dun servizo específico con base no Hospital

da Costa”, (publicada no BOPG número 110 do 4 de maio de 2017), convertida en

pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017,

teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do

Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Vicepresidencia e

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que ten o seguinte

contido:

“Os contidos da resposta da Xunta de Galicia a esta pregunta xa foron tratados polo

Goberno no Pleno do Parlamento, na sesión celebrada o 7 de xuño de 2017 no debate da

iniciativa con número de rexistro 8265, presentada polo mesmo grupo parlamentario.

En todo caso, cómpre sinalar que o IMELGA é un instituto autonómico cunha estrutura

centralizada, pero que conta tamén con subdireccións con autonomía funcional. Actúa con

criterios de unidade e uniformidade, de acordo con dito carácter centralizado, dado o seu

traballo conxunto e a súa actuación especializada.

Grazas a esta estrutura organizativa centralizada, os médicos e médicas forenses poden

especializar o seu traballo, existindo servizos e seccións diferenciadas de patoloxía ou de

medicina forense para atender aos temas patolóxicos ou a valoración do dano corporal,

entre outras cuestións.

paxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120574325/08/2017 18:00

CV

E-P

RE

PA

R: a

fb4d

fe1-

11f0

-703

7-11

70-1

8d11

9305

808

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las25/08/2017 18:00:19

49170

Page 37: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

A distribución territorial destas subdireccións atende con eficacia aos partidos xudiciais da

Mariña, así como con eficiencia debido precisamente ao seu funcionamento centralizado,

cunha organización presencial e periódica no servizo xudicial e forense que evita

desprazamentos para a cidadanía da zona.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 2 de 2

CV

E-P

RE

PA

R: a

fb4d

fe1-

11f0

-703

7-11

70-1

8d11

9305

808

49171

Page 38: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 25/08/2017 18:00:19

49172

Page 39: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 8583, formulada polo Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Juan Manuel Díaz Villoslada e

outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “a opinión do Goberno galeo respecto da

experiencia piloto �Lectura Fácil� ou sistema de comunicación das resolucións xudiciais

co dobre modelo que permite unha mellor comprensión dos termos xurídicos pola

cidadanía, así como as súas previsións respecto da demanda á Administración de

Xustiza respecto da elaboración dun protocolo de actuación para avaliar os resultados

da súa aplicación”, (publicada no BOPG número 113 do 11 de maio de 2017), convertida en

pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017,

teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento

do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Vicepresidencia e Consellería de

Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que ten o seguinte contido:

“A cidadanía ten dereito a que as notificacións, citacións, emprazamentos e requirimentos,

sentenzas e resolucións xudiciais conteñan termos sinxelos e comprensibles. Ademais, ten

dereito a que nas vistas e comparecencias se utilice unha linguaxe comprensible, atribuíndose

aos xuíces e xuízas, e maxistrados/as velar pola salvagarda deste dereito. Así o determina a

Carta de Dereitos dos Cidadáns ante a Xustiza aprobada hai 15 anos, na que interviñeron

representantes dos distintos grupos parlamentarios e do Ministerio de Xustiza no marco do

acordo unánime de todos os integrantes do Pacto de Estado.

Cómpre, pois, o esforzo de todos e todas para que a tutela xudicial efectiva e a claridade nas

actuacións perante os xulgados e tribunais sexa unha realidade, sen prexuízo de que aos

órganos do Poder Xudicial lles corresponde unha especial función á hora de acercar o dereito

á cidadanía.

Conscientes deste feito, este mesmo ano o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Real

Academia Española presentaron o Libro de estilo de la Justicia, co obxectivo de mellorar a

claridade da linguaxe xurídica por parte do persoal, avogado e outros operadores xurídicos.

paxina 1 de 3

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120575125/08/2017 18:03

CV

E-P

RE

PA

R: 5

7a20

8e9-

42c1

-083

6-9b

18-e

ead0

78c7

786

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las25/08/2017 18:03:55

49173

Page 40: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Por outra banda, cómpre lembrar que o Consello Xeral do Poder Xudicial, como órgano de

goberno dos xulgados e tribunais, ten entre as súas funcións procurar as medidas necesarias

para garantir a accesibilidade tamén sensorial e cognitiva; e calquera órgano xurisdicional

responsable do proceso xudicial é garante dos dereitos fundamentais das persoas.

O Consello Xeral do Poder Xudicial ten adscrito en cada Tribunal Superior de Xustiza un

integrante da Carreira Xudicial como delegado para velar pola adecuada tutela dos dereitos

das persoas con discapacidade nos órganos xudiciais, entre cuxas funcións se atopa

‘promover a formación e sensibilización dos membros da Carreira Xudicial destinados no

territorio respectivo na comprensión e o respecto cara aos dereitos e as necesidades das

persoas con discapacidade’.

No mesmo sentido, o Consello Xeral do Poder Xudicial, como máximo órgano de goberno do

Poder Xudicial, creou no ano 2003 o Foro de Justicia y Discapacidad del Consejo General del

Poder Judicial para facilitar o acceso aos tribunais de Xustiza das persoas con discapacidade,

e coordinar as institucións xurídicas do Estado para conseguir unha maior efectividade da

tutela xudicial dos dereitos das persoas con diversidade funcional. Ademais, o Consello Xeral

do Poder Xudicial publicou no ano 2011 unha Guía de buenas prácticas dirixidas aos xulgados

e tribunais para procurar este acceso real, entre as que se inclúen propostas especiais nas

súas comunicacións.

Precisamente, é nesta actuación dos xulgados e tribunais onde se enmarca a experiencia

piloto que presentou en febreiro o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias con

relación á adaptación da redacción de sentenzas a través da aplicación do método ‘lectura

fácil’ que puxo en marcha unha asociación para adaptar as resolucións xudiciais

desinteresadamente.

Por último, cómpre sinalar que, en cumprimento da proposición non de lei aprobada na

Comisión 1º, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior celebrada o 7 de xullo de

2017, o Goberno galego deu traslado ás instancias pertinentes do acordo acadado:

‘O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia que solicite ao órgano de goberno dos

xulgados e tribunais, en coordinación coa Administración de Xustiza, a futura elaboración dun

protocolo de actuación que serva para avaliar a aplicación de medidas que garantan a

accesibilidade sensorial e cognitiva ás resolución xudiciais (no formato habitual de redacción e

nun modelo adaptado, que permite unha mellor comprensión dos termos xurídicos) en

paxina 2 de 3

CV

E-P

RE

PA

R: 5

7a20

8e9-

42c1

-083

6-9b

18-e

ead0

78c7

786

49174

Page 41: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

situacións de discapacidade intelectual, con relación a persoas maiores que ven mermadas

algunas facultades intelectuais polo paso da idade, á poboación inmigrante con escaso

dominio do idioma, a persoas sen estudos que non saben ler nin escribir e, por extensión, a

toda a poboación cando se enfronta a textos xudiciais de certa especialización e complexidade

técnica, coa colaboración das administración públicas, das organización máis representativas,

profesionais, e dos órganos xurisdicionais responsables do proceso xudicial’.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 3 de 3

CV

E-P

RE

PA

R: 5

7a20

8e9-

42c1

-083

6-9b

18-e

ead0

78c7

786

49175

Page 42: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 25/08/2017 18:03:55

49176

Page 43: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 8948, formulada polo Grupo

Parlamentario de En Marea, a iniciativa de dona Eva Solla Fernández, sobre “as actuacións

e as medidas que vai levar a cabo o Goberno galego en relación cos problemas e

deficiencias detectadas na xestión e funcionamento do servizo de atención de

emerxencias desde o seu traslado ao novo centro da Estrada, as súas previsións para

o conxunto dos servizos de emerxencias de Galicia, así como a reversión das

privatizacións deses servizos asumindo a súa xestión directa”, (publicada no BOPG

número 116 do 19 de maio de 2017), convertida en pregunta con resposta escrita por

finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así

dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a

contestación formulada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,

Administracións Públicas e Xustiza, que ten o seguinte contido:

“Os contidos da resposta da Xunta de Galicia a esta pregunta xa foron tratados polo Goberno

nas sesións plenarias do 25 de abril de 2017 e do 23 de maio de 2017 no debate das

iniciativas con número de rexistro 7029 e 7030, respectivamente, presentadas polo mesmo

grupo parlamentario. En calquera caso reitérase:

O traslado do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112) ás novas instalacións

da Estrada realizouse o pasado mes de abril. Desenvolveuse con normalidade e sen ningún

tipo de incidencia destacable. A data do traslado escolleuse tendo en conta todas as

variables, dispoñendo dun Plan de Continxencias, e logo dun labor de planificación completo

e rigoroso para contar coas máximas garantías.

O obxectivo do traslado foi dispoñer de máis e mellores recursos para atender ás

emerxencias en Galicia. Como é coñecido, o traslado desde a antiga sede de San Marcos era

xa unha actuación prevista en 2005, e cuxo traslado se chegou a prever e organizar durante

a época do goberno bipartito.

A superficie do novo centro, e o seu deseño multifuncional e adaptable, facilitará prestar

unha atención integral. Así, as instalacións dispoñen dos medios técnicos necesarios para

paxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120575025/08/2017 18:03

CV

E-P

RE

PA

R: 6

5c0d

4c9-

9dc4

-556

5-c0

96-7

0541

a647

5e9

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las25/08/2017 18:03:42

49177

Page 44: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

permitir unha integración paulatina doutros operadores relacionados coas emerxencias, como

é o caso do 061, ou da representación da Policía Nacional ou a Garda Civil.

Nesta atención integral desenvolve un papel destacado a nova plataforma tecnolóxica do

CIAE-112, que permite integrar maior número de información a tempo real, o que redundará

nunha maior axilidade e precisión na toma de decisións. Trátase dunha ferramenta que foi

testada con rigorosidade previamente ao traslado e sobre a que o persoal recibiu a formación

necesaria. En concreto, impartiuse primeiro unha formación xeral en grupos reducidos e

despois outra máis individualizada para atender ás cuestións de cada operador ou operadora.

Ademais, o novo programa estivo durante semanas a disposición do persoal para que se

familiarizase co seu uso e, logo do traslado, proporcionouse apoio técnico para resolver

calquera dúbida.

Dende que se produciu o traslado, a plataforma funciona con normalidade, sen que se

produciran incidencias salientables malia que, como en todo sistema novo, sempre hai marxe

de mellora. Neste traslado, e coma sempre en materia de emerxencias, a Xunta de Galicia

priorizou, por riba de todo, a seguridade da cidadanía.

Por outra banda, cómpre salientar que persoal e empresa chegaron a un acordo a principios

do mes de xullo, despois de meses de folga. Dende a Xunta valórase que o servizo volvera á

normalidade e que prevalecera o diálogo para chegar a unha solución, tal e como defendeu

desde o primeiro momento.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 2 de 2

CV

E-P

RE

PA

R: 6

5c0d

4c9-

9dc4

-556

5-c0

96-7

0541

a647

5e9

49178

Page 45: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 25/08/2017 18:03:42

49179

Page 46: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 9815, formulada polo

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Juan Manuel Díaz

Villoslada e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “a información do Goberno

galego referida á existencia dalgún proceso de diálogo coa Dirección Xeral dos

Rexistros e do Notariado en relación coa supresión de dez rexistros da propiedade

en Galicia polo Real decreto 195/2017, do 3 de marzo, a resposta social que tivo esa

medida e o recurso contencioso-administrativo presentado por dous rexistradores

da propiedade diante do Tribunal Supremo en contra desa supresión, así como a

súa opinión ao respecto”, (publicada no BOPG número 124 do 7 de xuño de 2017),

convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións

xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no

artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

que ten o seguinte contido:

“Os contidos da resposta da Xunta de Galicia a esta pregunta xa foron tratados polo

Goberno na sesión plenaria celebrada o 5 de abril de 2017 no debate da iniciativa con

número de rexistro 7110, presentada polo mesmo grupo parlamentario. Neste sentido,

reitérase:

A ordenación dos rexistros é competencia do Ministerio de Xustiza, que tramitou no seu

día unha modificación da demarcación rexistral a través do Real Decreto 195/2017, do 3

de marzo, publicada no Boletín Oficial do Estado do 4 de marzo de 2017. En dita norma,

establécense tamén os criterios para proceder a esta modificación.

O Real Decreto 195/2017 establece unha reagrupación dos rexistros, non unha

supresión. Isto é, trátase de agrupar dous o máis rexistros da propiedade baixo a

titularidade dun único rexistrador ou rexistradora da propiedade, mantendo abertas ao

público as oficinas xa existentes para todas as operacións que lle son propias.

paxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120575725/08/2017 18:06

CV

E-P

RE

PA

R: 2

0e5e

960-

9cd3

-931

8-2d

65-f

78c6

dbaf

d06

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las25/08/2017 18:06:04

49180

Page 47: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Así, en cada unha das reagrupacións que se producen en Galicia, un concello será a

cabeceira e destino do rexistrador ou rexistradora, pero nos outros continuarán as oficinas

rexistrais abertas ao público, polo que non se producirá ningunha supresión de servizos

no rural.

Por último, cómpre subliñar que o Goberno galego se interesou desde o primeiro

momento por este asunto, mesmo conseguindo que se incluíra no decreto estatal a súa

demanda no referido ao número de asentos rexistrais mínimos. Nun primeiro momento, o

decreto sinalaba que foran agrupados os rexistros que non chegaran aos 1.800 asentos, e

conseguiuse que a cifra final descendese aos 1.000 asentos.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 2 de 2

CV

E-P

RE

PA

R: 2

0e5e

960-

9cd3

-931

8-2d

65-f

78c6

dbaf

d06

49181

Page 48: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 25/08/2017 18:06:04

49182

Page 49: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 9828, formulada polo Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Juan Manuel Díaz Villoslada e

outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “a data de inicio pola Dirección Xeral de

Xustiza do proceso de dixitalización e expurgación da documentación e das pezas de

convicción dos xulgados de Galicia, así como os datos referidos á situación na que se

atopa o traslado dos expedientes aos arquivos xudiciais territoriais das catro provincias

galegas”, (publicada no BOPG número 124 do 7 de xuño de 2017), convertida en pregunta

con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra

de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do

Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Vicepresidencia e Consellería de

Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que ten o seguinte contido:

“Os contidos da resposta da Xunta de Galicia a esta pregunta xa foron tratados polo Goberno

na resposta escrita á iniciativa con número de rexistro 9657, presentada polo mesmo grupo

parlamentario.

Neste sentido, reitérase que a Xunta de Galicia está a executar diversas actuacións co

obxectivo de mellorar o funcionamento dos arquivos xudiciais, incidindo naquelas

encamiñadas a salvagardar o patrimonio documental e que permiten desconxestionar os

arquivos e oficinas xudiciais.

Así, a Xunta impulsou a elaboración de normas para facer efectiva a organización e expurgo

da documentación xudicial; a creación, constitución e funcionamento da Xunta de Expurgo; e a

elaboración dun plan inicial na materia. Neste marco, inscríbese o decreto 46/2009, do 26 de

febreiro, relativo ao funcionamento dos arquivos xudiciais territoriais e á Xunta de Expurgación

da Documentación Xudicial de Galicia; ou a orde do 4 de setembro de 2013, na que se

estableceron as normas e modelos de transferencia da documentación xudicial e determinouse

o inicio das actividades dos Arquivos Territoriais e da Xunta de Expurgación da

Documentación Xudicial. Tamén se douto de persoal técnico aos 4 arquivos territoriais.

paxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120575525/08/2017 18:05

CV

E-P

RE

PA

R: 3

8020

167-

e2e3

-836

8-b1

66-6

5fa2

90b9

8c9

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las25/08/2017 18:05:46

49183

Page 50: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Grazas a todas estas actuacións, un millón de expedientes foron transferidos á Xunta de

Expurgación Xudicial e aos arquivos históricos provinciais, atopándose expedientes históricos

de relevancia. Neste ano, están planificadas novas actuacións neste sentido.

Por outra banda, a xestión eficiente do arquivo a través dunha aplicación informática ten como

obxectivos a xestión do ciclo de vida dos documentos e expedientes xudiciais, así como o

control das pezas de convicción existentes. Trátase de asegurar en ambos os casos a súa

trazabilidade e localización, facilitando non só as transferencias entre os distintos arquivos ou

depósitos do sistema, senón tamén o expurgo. Así mesmo, pretende facilitar a xestión do

espazo físico dispoñible.

Actualmente, estase desenvolvendo un piloto con todas as funcionalidades nas provincias de

Ourense e en Pontevedra. A previsión é implantar progresivamente ao longo de 2017 o uso

desta aplicación .”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 2 de 2

CV

E-P

RE

PA

R: 3

8020

167-

e2e3

-836

8-b1

66-6

5fa2

90b9

8c9

49184

Page 51: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 25/08/2017 18:05:46

49185

Page 52: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 9847, formulada polo Grupo

Parlamentario de En Marea, a iniciativa de don Antón Sánchez García e outros/as

deputados/as do mesmo grupo, sobre “a intervención policial en relación cunha

manifestación polo desaloxo dun edificio o día 30 de maio de 2017 en Santiago de

Compostela”, (publicada no BOPG número 124 do 7 de xuño de 2017), convertida en

pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017,

teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do

Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Vicepresidencia e

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que ten o seguinte

contido:

“A actuación en cumprimento dunha orde xudicial e o mantemento da seguridade pública lles

corresponden ás forzas e corpos de seguridade, que dependen do Estado, ou noutro caso

dos concellos, sen que a Xunta de Galicia teña competencias nestes ámbitos.

Por outra banda, cómpre subliñar que, neste particular, e coma sempre deberían facer as

institucións públicas, a postura da Xunta de Galicia está co respecto ao cumprimento e

defensa das leis.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 1 de 1

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120576825/08/2017 18:09

CV

E-P

RE

PA

R: b

0297

179-

1b11

-147

1-cf

85-2

b71f

ac45

904

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las25/08/2017 18:09:09

49186

Page 53: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 25/08/2017 18:09:09

49187

Page 54: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 10431, formulada polo

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de dona María de la Concepción

Burgo López e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “a política da Xunta de

Galicia en relación ao uso do galego na Administración de Xustiza, o número de

sentenzas ditadas en galego e de demandas presentadas en galego polos letrados da

Xunta de Galicia no ano 2016”, (publicada no BOPG número 132 do 21 de xuño de 2017),

convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-

xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157

do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Vicepresidencia e

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que ten o seguinte

contido:

“A Xunta de Galicia subscribe o seu pleno compromiso co dereito ao uso do galego en xuízo

por calquera persoa ou profesional do dereito, garantido polo marco normativo.

Segundo a Lei orgánica do poder xudicial (art. 231), en todas as actuacións xudiciais, os

xuíces e xuízas, maxistrados e maxistradas, fiscais, letrados e letradas da Administración de

xustiza e demais persoal dos xulgados e tribunais usarán o castelán, lingua oficial do Estado.

O emprego da lingua propia galega polas autoridades xudiciais é, polo tanto, potestativo (e

sempre e cando ningunha das partes alegase un descoñecemento da lingua galega que lle

puidese producir indefensión). De feito, o mesmo artigo recoñece o dereito de que ‘as partes,

os seus representantes e quen os dirixan, así como as testemuñas e os peritos, poderán

utilizar a lingua que sexa tamén oficial na comunidade autónoma en cuxo territorio teñan lugar

as actuacións xudiciais, tanto orais como escritas'.

Neste marco, a Xunta está promovendo diversas actuacións cara a progresiva normalización

do uso do galego na Administración de xustiza que prevé o artigo 7 da Lei de normalización

lingüística de 1983 e para garantir a cooficialidade das dúas linguas.

Así, por exemplo, están á disposición dos xulgados e tribunais galegos, a través da rede

corporativa, recursos lingüísticos e ferramentas para facilitar o traballo en lingua galega e o

paxina 1 de 3

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120576925/08/2017 18:10

CV

E-P

RE

PA

R: b

cf52

144-

dd15

-f01

1-36

66-a

f4c1

4a26

078

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las25/08/2017 18:10:20

49188

Page 55: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

emprego do galego na redacción de documentos (dicionarios, correctores ortográficos,

tradutores automáticos). Ademais, inclúese frecuentemente información sobre as

posibilidades de formación en lingua galega para contribuír a capacitación lingüística a todas

as persoas que traballan na Administración de xustiza. Tamén a través da intranet que

emprega este persoal, atópase dispoñible unha sección rubricada como ‘Foro de Lingua’ que

ofrece material lingüístico para facilitar o emprego do galego na redacción de documentos e

recursos encamiñados a mellorar a corrección e pulcritude do o persoal da Administración de

xustiza que queira traballar, ben habitualmente, ben de xeito puntual, en galego.

Neste ámbito de formación, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

(a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística), en colaboración coa Escola Galega de

Administración Pública, organiza cursos de capacitación lingüística de todas as persoas que

traballan na Administración de xustiza. Neste eido formativo, tamén destaca o convenio

asinado co Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a formación e impartición

de clases de galego na Escola de Práctica Xurídica, onde se ensina ao alumnado a

especialidade da lingua xudicial, así como as posibilidade de emprego da mesma no exercicio

da profesión.

Por outro lado, distribuíronse textos legais en galego; e os equipos lingüísticos da

Administración de xustiza elaboraron un repertorio de lexislación de ámbito estatal en lingua

galega dos textos normativos (ou parte de eles) de uso cotián dos órganos xudiciais que non

tiñan publicada versión en galego no boletín oficial. Así mesmo, compiláronse as

modificacións lexislativas para integralas no seu propio texto normativo, para contar cunha

versión consolidada en lingua galega. De feito, no portal xurídico Lex.gal están a disposición

de todos os operadores xurídicos e da cidadanía en xeral as versións consolidadas,

actualizadas en galego, das normas ditadas na comunidade desde 1981.

Ademais, para cumprir a previsión de garantir o uso da lingua habitual da cidadanía, a Xunta

conta co necesario e importante servizo de tradución das distintas resolucións e documentos

emitidos polos órganos xudiciais, unhas traducións que se realizan cando a parte así o

interesa. No ano 2016, o persoal deste servizo realizou 881 traducións de castelán a galego,

e 450 traducións de galego a castelán. Alén disto, tamén realizaron labores de revisión de

documentos elaborados en galego; interpretacións en xuízos; e informes de onomástica

requiridos por rexistros civís para os efectos de galeguización de nomes ou apelidos, entre

outras actuacións de normalización e dinamización lingüística.

paxina 2 de 3

CV

E-P

RE

PA

R: b

cf52

144-

dd15

-f01

1-36

66-a

f4c1

4a26

078

49189

Page 56: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

O servizo de tradución corre a cargo dos equipos lingüísticos existentes na sede do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia (na Coruña), así como nas sedes das audiencias provinciais

de Pontevedra, Lugo e Ourense. Tamén existen outros equipos de apoio nos decanatos dos

xulgados de Santiago e de Vigo, e un departamento de coordinación dos equipos lingüísticos

na Dirección Xeral de Xustiza. Estes profesionais non só traducen, senón que tamén

desenvolven tarefas de asesoramento, resolución de dúbidas ou elaboración de material de

consulta.

No que atinxe á actividade dos letrados e letradas da Xunta de Galicia, o Regulamento

Orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia (Decreto 343/2003, do 11 de xullo), e

mais a Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral

da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, establece que se coidará

especialmente que as actuacións da Asesoría Xurídica que se produzan fronte aos órganos

xurisdicionais radicados no territorio de Galicia se realicen en galego.

Por último, no que se refire a sentenzas e documentación xudicial, a xestión e custodia

destes documentos corresponde ao Consello Xeral do Poder Xudicial.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 3 de 3

CV

E-P

RE

PA

R: b

cf52

144-

dd15

-f01

1-36

66-a

f4c1

4a26

078

49190

Page 57: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 25/08/2017 18:10:20

49191

Page 58: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 11221, formulada polo

Grupo Parlamentario de En Marea, a iniciativa de dona Carmen Santos Queiruga e

outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “as posibles irregularidades existentes

nas actividades que está a levar a cabo a persoa que ven actuando como

coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e do Servizo Municipal de

Protección Civil da Estrada”, (publicada no BOPG número 141 do 6 de xullo de 2017),

convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-

xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo

157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

que ten o seguinte contido:

“Carlos Faílde Pereiras está identificado na base de datos de medios e recursos

susceptibles de mobilización polo 112 como coordinador dos servizos de emerxencias do

Concello da Estrada, tendo sido estes datos achegados dende o Concello. Asemade, a

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior ten constancia de que esta mesma persoa é o

Presidente da AVPC da Estrada.

Pola súa banda, a empresa Ricarsat realiza servizos habituais coas administracións; en

concreto, coa Xunta de Galicia veno facendo polo menos nos últimos doce anos. Neste

marco, todos os contratos adxudicados polo actual Goberno galego á empresa se fixeron

cumprindo estritamente a normativa. De feito, calquera tipo de procedemento, xa sexa

externo ou interno, supera unha auditoría.

Por último, cómpre sinalar que toda persoa concorrente a unha licitación pública teñen a

obriga de cumprimentar unha declaración expresa e responsable de ser certo que non se

atopa en ningún dos supostos de prohibición para contratar que establece a lexislación en

paxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120577325/08/2017 18:11

CV

E-P

RE

PA

R: 4

c47d

f07-

9089

-7d7

0-3f

f6-3

6fd0

1a9c

910

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las25/08/2017 18:11:07

49192

Page 59: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

materia de contratación pública, así como tampouco en ningún dos supostos de conflito de

intereses ou incompatiblidade establecidas nas respectivas normas do Estado ou da

Comunidade Autónoma.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 2 de 2

CV

E-P

RE

PA

R: 4

c47d

f07-

9089

-7d7

0-3f

f6-3

6fd0

1a9c

910

49193

Page 60: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 25/08/2017 18:11:07

49194

Page 61: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 11261, formulada polo Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Juan Manuel Díaz Villoslada e

outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “os datos referidos aos contratos públicos

adxudicados, nomeadamente no eido das emerxencias, protección civil ou da

seguridade pública, á compañía mercantil RicarSAT, S.L. ou a calquera outra compañía

na que figure nos seus órganos de administración a persoa que ven actuando como

coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e do Servizo Municipal de

Protección Civil da Estrada, así como as medidas adoptadas ou previstas polo Goberno

galego para evitar e corrixir eventuais conflitos de intereses”, (publicada no BOPG

número 144 do 12 de xullo de 2017), convertida en pregunta con resposta escrita por

finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así

dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a

contestación formulada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,

Administracións Públicas e Xustiza, que ten o seguinte contido:

“Carlos Faílde Pereiras está identificado na base de datos de medios e recursos susceptibles

de mobilización polo 112 como coordinador dos servizos de emerxencias do Concello da

Estrada, tendo sido estes datos achegados dende o Concello. Asemade, a Dirección Xeral de

Emerxencias e Interior ten constancia de que esta mesma persoa é o Presidente da AVPC da

Estrada.

Pola súa banda, a empresa Ricarsat realiza servizos habituais coas administracións; en

concreto, coa Xunta de Galicia veno facendo polo menos nos últimos doce anos. Neste marco,

todos os contratos adxudicados polo actual Goberno galego á empresa se fixeron cumprindo

estritamente a normativa. De feito, calquera tipo de procedemento, xa sexa externo ou interno,

supera unha auditoría.

Por último, cómpre sinalar que toda persoa concorrente a unha licitación pública teñen a obriga

de cumprimentar unha declaración expresa e responsable de ser certo que non se atopa en

paxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120577025/08/2017 18:10

CV

E-P

RE

PA

R: 4

858f

e78-

e575

-11d

9-df

76-1

f7e9

17c0

462

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las25/08/2017 18:10:48

49195

Page 62: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

ningún dos supostos de prohibición para contratar que establece a lexislación en materia de

contratación pública, así como tampouco en ningún dos supostos de conflito de intereses ou

incompatiblidade establecidas nas respectivas normas do Estado ou da Comunidade

Autónoma.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 2 de 2

CV

E-P

RE

PA

R: 4

858f

e78-

e575

-11d

9-df

76-1

f7e9

17c0

462

49196

Page 63: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 25/08/2017 18:10:48

49197

Page 64: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/mv

En relación coa pregunta con resposta oral -a tramitar pola Comisión 5ª- número 5763, formulada

polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de dona Noela Blanco Rodríguez

e outros/as deputados/as máis, sobre “as previsións do Goberno galego para a construción da

residencia para persoas maiores anunciada en Vigo”, (publicada no BOPG número 80 do 9 de

marzo de 2017), convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de

sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no

artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería

de Política Social, que ten o seguinte contido:

“A información que demanda esta iniciativa xa foi facilitada no Parlamento ao darlle resposta á

pregunta 5764 sobre o mesmo tema e formulada polos/as mesmos/a deputados/as.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia,

de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 1 de 1

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/120966328/08/2017 14:16

CV

E-P

RE

PA

R: c

155f

402-

b9e8

-de9

2-4b

21-0

3c2d

df1a

f76

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las28/08/2017 14:16:34

49198

Page 65: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 28/08/2017 14:16:34

49199

Page 66: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/AG

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 5480, formulada polo Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Abel Fermín Losada Álvarez, e

outros deputados/as mais do mesmo grupo sobre “a dispoñibilidade pola Xunta de Galicia

dalgunha estratexia en relación coa carencia de chan industrial a prezos competitivos

no sur da provincia de Pontevedra, as razóns da demora da licitación do proxecto

construtivo da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves, e o calendario

existente para a posta a disposición das empresas do seu chan industrial” (publicada no

BOPG número 76 do 2 de marzo de 2017), convertida en pregunta con resposta escrita por

finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así

dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a

contestación formulada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que ten o seguinte

contido:

“O contrato de proxecto e obra de construción e posta en marcha da depuradora da PLISAN

foi licitado o 10 de marzo de 2016.

O solo da PLISAN porase á disposición das empresas interesadas a través dun concurso de

venda que se convocará en 2017. Os primeiros 100.000 metros cadrados que se vendan terán

un prezo de 50 euros o metro cadrado.

Por outra parte, a Xunta ofrece solo empresarial no sur de Pontevedra nos parques de Arbo e

Mos, con prezos desde 30 euros por metro cadrado en compravenda e 0,90 euros por metro

cadrado e ano en dereito de superficie”.

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de

Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

paxina 1 de 1

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/121983430/08/2017 16:34

CV

E-P

RE

PA

R: d

020b

1c9-

0903

-6fb

1-52

29-5

ee0c

66d5

e88

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las30/08/2017 16:34:20

49200

Page 67: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 30/08/2017 16:34:20

49201

Page 68: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/mv

En relación coa pregunta con resposta oral -a tramitar pola Comisión 5ª- número 11435, formulada polo Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de dona Noela Blanco Rodríguez e outros/as deputados/as

máis, sobre “as previsións do Goberno galego respecto do incremento do número de prazas públicas na

escola infantil de Allariz, do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, ata cubrir a demanda existente; o

centro de educación infantil elixido para os nenos que se atopan en lista de espera nesa escola, así como os

datos referidos aos nenos nados no concello que se están a desprazar na actualidade a centros doutros

municipios da comarca”, (publicada no BOPG número 144 do 12 de xullo de 2017), convertida en pregunta con

resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así dar

cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola

Consellería de Política Social, que ten o seguinte contido:

“A escola infantil de Allariz, da rede autonómica ‘A Galiña Azul’, subrogada no ano 2008 polo Consorcio Galego de

Servizos de Igualdade e Benestar, é un centro que oferta un total de 82 prazas (6 unidades) para nenos de 0 a 3

anos dese concello ourensán e da súa zona de influencia.

Para o próximo curso (2017-2018), a escola infantil de Allariz contará con 69 alumnos, con 9 nenos -neste momento-

en lista de agarda. No caso do grupo de 1 a 2 anos, a existencia desa lista de agarda débese á distribución das

unidades do centro e ás esixencias legais para cada unha delas, aínda que todavía poderían levarse a cabo

reagrupamentos, o que suporía unha redución da lista. En calquera caso, a ratio de escolas infantís para nenos de 0

a 3 anos en Allariz é do 56,94%, moi por riba, polo tanto do 33% recomendado pola Unión Europea.

Compre lembrar ademais que existe un compromiso expreso do Goberno galego de conceder o bono-concilia a

todas aquelas familias de nenos de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos que non lograran obter unha praza

nunha escola infantil da rede autonómica ‘A Galiña Azul’.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co

previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 1 de 1

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/121968430/08/2017 14:31

CV

E-P

RE

PA

R: d

4a37

0c1-

c016

-88d

5-bd

52-3

1490

f1ee

fe9

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las30/08/2017 14:31:03

49202

Page 69: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 30/08/2017 14:31:03

49203

Page 70: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

RS/mv

En relación coa pregunta con resposta oral -a tramitar pola Comisión 5ª- número 11440, formulada

polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de dona Noela Blanco Rodríguez

e outros/as deputados/as máis, sobre “as previsións do Goberno galego respecto do

incremento do número de prazas públicas na escola infantil de Viana do Bolo, do Consorcio

Galego de Igualdade e Benestar, ata cubrir a demanda existente, o centro de educación

infantil elixido para os nenos que se atopan en lista de espera nesa escola, así como os

datos referidos aos nenos nados no concello que se están a desprazar na actualidade a

centros doutros municipios da comarca”, (publicada no BOPG número 144 do 12 de xullo de

2017), convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-

xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do

Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Política

Social, que ten o seguinte contido:

“A escola infantil de Viana do Bolo, centro da rede autonómica “A Galiña Azul”, que abriu as súas

portas no ano 2008 e que depende do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da

Consellería de Política Social, é un centro unitario que oferta un total de 20 prazas (1 unidade)

para nenos de 0 a 3 anos dese concello ourensán e da súa zona de influencia.

Nos últimos anos, durante os cursos 2010-2011, 2011-2012, 2012-2013, 2013-2014, 2014-2015 e

2015-2016 esa escola non rexistrou lista de agarda algunha, contando con 11, 13, 10, 17, 20 e 19

alumnos, respectivamente. Ao longo do curso 2016-2017 o centro tivo a 19 pequenos, cunha lista

de agarda que ascendeu a 14 nenos (11, do grupo de 0 a 1 anos e 3, do grupo de 1 a 2).

Nembargantes, a listaxe de agarda para o próximo curso 2017-2018, no que a escola de Viana do

Bolo volverá contar con 19 alumnos, é neste momento de só 7 alumnos. O feito de que nalgúns

cursos -como sucedeu no anterior ou como sucederá no próximo- haxa 19 alumnos, cando o

centro ten capacidade para 20, débese a que legalmente é obrigatorio reservar unha praza para

emerxencias. En calquera caso, a ratio de escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos en Viana do

Bolo é do 54,05%, moi por riba do 33% recomendado pola Unión Europea.

Páxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01

Nº Saída Data

2017/121968030/08/2017 14:30

CV

E-P

RE

PA

R: 1

f6dd

7b5-

1ed4

-419

7-5b

87-b

06e9

1bc5

5c4

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las30/08/2017 14:30:19

49204

Page 71: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Compre lembrar ademais que existe un compromiso expreso do Goberno galego de conceder o

bono-concilia a todas aquelas familias de nenos de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos

que non lograran obter unha praza nunha escola infantil da rede autonómica ‘A Galiña Azul’.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia,

de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 2 de 2

CV

E-P

RE

PA

R: 1

f6dd

7b5-

1ed4

-419

7-5b

87-b

06e9

1bc5

5c4

49205

Page 72: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

Asinado dixitalmente por:

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 30/08/2017 14:30:19

49206

Page 73: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

49207

X lexislatura. Número 172. 8 de setembro de 2017

ESTRUTURA DO bOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS 1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA

1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS

1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA

1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI 1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO

1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS

1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN

2. ELECCIóN E COMPOSICIóN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GObERNOINTERIOR, ORGANIzACIóN E FUNCIONAMENTO2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO

3. ADMINISTRACIóN DO PARLAMENTO DE GALICIA

4. INFORMACIóNS E CORRECCIóNS DE ERROS4.1. INFORMACIÓNS

4.2. CORRECCIóNS DE ERROS

Page 74: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra 49142 1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727