serra de enciña da lastra

78
SERRA DE ENCIÑA DA LASTRA

Upload: monadela

Post on 15-Apr-2017

69 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Serra de Enciña da Lastra

SERRA DE ENCIÑA DA LASTRA

Page 2: Serra de Enciña da Lastra

Situada ao nordeste da provincia de Ourense, no linde con León, compartida entre as comarcas de Valdeorras e O Bierzo.

Vista leste dos Penedos de Oulego

Page 3: Serra de Enciña da Lastra

É unha cadea de montañas calcárias que discorre perpendicularmente ao río Sil e separa os vales do Galir e o Selmo. O Pico máis elevado é o Tara (1.112 m). No seu extremo oeste destaca a formación de picos coñecidos como “Penedos de Oulego”: Pena Tallada, Penouco Grande, Penouco Pequeno, A Petada...

Vista do conxunto da serra desde Vilar de Silva (á dereita o canón do Sil)

Page 4: Serra de Enciña da Lastra
Page 5: Serra de Enciña da Lastra

Cara noroeste de Enciña da Lastra

Page 6: Serra de Enciña da Lastra

Val do Galir e Penedos de Oulego

Page 7: Serra de Enciña da Lastra

Penedos de Oulego e Tara (cara oeste)

Page 8: Serra de Enciña da Lastra

Penedos de Oulego, desde a vertente oeste

Page 9: Serra de Enciña da Lastra

Penedos de Oulego e Tara (á esquerda), desde a vertente leste.

Page 10: Serra de Enciña da Lastra

Penedos de Oulego, desde a vertente leste

Page 11: Serra de Enciña da Lastra

Penedos de Oulego, desde a vertente oeste

Page 12: Serra de Enciña da Lastra
Page 13: Serra de Enciña da Lastra

Penedos de Oulego (cara oeste)

Page 14: Serra de Enciña da Lastra

Tara, o cume máis alto da serra (cara leste)

Page 15: Serra de Enciña da Lastra

Tara, na cara oeste

Page 16: Serra de Enciña da Lastra

Vista desde o miradoiro do Penedón cara ao Bierzo

Page 17: Serra de Enciña da Lastra

Pena Falcoeira

Page 18: Serra de Enciña da Lastra

Pena Falcoeira

Page 19: Serra de Enciña da Lastra

Pena Falcoeira

Page 20: Serra de Enciña da Lastra

Pena Falcoeira e Covas

Page 21: Serra de Enciña da Lastra

O Canón do Sil marca o extremo leste da serra de Enciña da Lastra

Page 22: Serra de Enciña da Lastra

A orografía é moi abrupta, con grandes desniveis entre os cumes dos montes e as partes baixas, ata 1.000 m en poucos quilómetros.

Page 23: Serra de Enciña da Lastra

O territorio está constituído na súa maior parte por terreos de natureza calcaria (pouco comúns en Galiza) formando unha unidade coas áreas veciñas do Bierzo, incluído na zona xeolóxica ástur-occidental leonesa. Pertencen ao dominio da calcaria da Aquiana, de tipo marmóreo con estratificación pouco marcada e en ocasións totalmente dolomitizada. Estas calcarias presentan restos fósiles de briozoos e outros organismos do período ordovícico, testemuñas dunha época en que esta zona estaba debaixo do mar. A parte inferior das vertentes da serra está constituída por lousas e cuarcitas.

Detalle de formación de estalactitas nunha cavidade dunha rocha calcária.

Page 24: Serra de Enciña da Lastra

As rochas calcárias dan lugar a formas características: canóns profundos, como o do Sil en Covas, agullas espectaculares (Penedos de Oulego) e covas ou palas.

Parede do canón do Sil nas proximidades de Covas

Page 25: Serra de Enciña da Lastra

AS COVAS ou PALASEsta área acolle o mellor exemplo de morfoloxía cárstica de Galiza, coa maior rede de covas e simas do país. Destacan as existentes nas inmediacións de Covas e Biobra, non afectadas polo encoro: Pala da Zorra, Pala do Pombo, Pala de Tralapala, Pala de Trasmonte, Pala de Xilverte...

Page 26: Serra de Enciña da Lastra

Pala en Pena Falcoeira

Page 27: Serra de Enciña da Lastra

Canón do Sil en Covas

REDE FLUVIALArticúlase arredor do Selmo e o Galir que desembocan no Sil.

Page 28: Serra de Enciña da Lastra

RÍO SILNace nas estribacións da Cordilleira Cantábrica e despois de percorrer as terras do Bierzo leonés penetra en Galiza pola zona coñecida como O Estreito formando un fermoso canón entre rochas calcárias, entre a caída ao Sil da serra de Enciña da Lastra e os montes de Penedo maior e O Páramo. Está retido no encoro de Penarrubia.

Canón do Sil. “O Estreito”

Page 29: Serra de Enciña da Lastra

Río GalirNace entre a serra de Enciña da Lastra e a serra da Agulla e xúntase co Sil en Éntoma. Recolle as augas da vertente oeste da serra de Enciña da Lastra. Ten un grande valor ecolóxico, por ser un dos poucos ríos galegos onde se atopa o cangrexo de río autóctono.

Val do río Galir, Oulego e O Piornal, onde se atopan as nacentes do río

Page 30: Serra de Enciña da Lastra

Río SelmoNace na aba sur do Pico Formigueiros e, despois de 8 km de percorrido por terreos do concello de Quiroga, vai morrer ao Sil preto da localidade berciana de Frieira. Recolle as augas da vertente leste da serra de Enciña da Lastra. O principal afluente é o Rego da Callejeira.

Val do Selmo coa serra de Enciña da Lastra á esquerda.

Page 31: Serra de Enciña da Lastra

CLIMADe transición entre os dominios oceánico de montaña e oceánico-mediterráneo, cunha precipitación media anual de 594 mm e unha temperatura media de 12,9 °C.

Page 32: Serra de Enciña da Lastra

É unha zona de transición entre as Rexións Eurosiberiana e Mediterránea polo que acolle unha ampla variedade de especies animais e vexetais raras, ameazadas e de distribución marxinal ou moi restrinxida en territorio galego.

ECOLOXÍA

Page 33: Serra de Enciña da Lastra

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Queirogais secos europeos-Prados alpinos e subalpinos calcáreos -Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (*)-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea (*)-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) (*)-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos-Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Pavimentos calcarios (*)-Covas non explotadas polo turismo-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) (*)-Soutos-Aciñeirais(*) paraxes con notables orquídeas

Page 34: Serra de Enciña da Lastra

FLORAA serra acolle a mellor representación de vexetación mediterránea en Galiza e nel describíronse un total de 16 asociacións ou comunidades vexetais naturais e seminaturais, entre as que se contan bosques mediterráneos calcícolas, espiñeirais, salgueirais, tomiñeiras, vexetación de paredóns calcarios e diversos tipos de pasteiros.

Page 35: Serra de Enciña da Lastra

A riqueza florística é elevadísima. Hai rexistradas 450 especies. Polo menos 40 taxóns son endémicos da península Ibérica e seis sono de Galicia (Armeria rothmaleri, Campanula adsurgens, Dianthus merinoi, Leontodon farinosus, Petrocoptis grandiflora, Rhamnus pumila subsp. legionensis).

Campanula adsurgens

Page 36: Serra de Enciña da Lastra

Petrocoptis grandiflora

Page 37: Serra de Enciña da Lastra

Rhamnus legionensis

Page 38: Serra de Enciña da Lastra

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEPetrocoptis grandifloraSantolina semidentata

Santolina

Page 39: Serra de Enciña da Lastra

Destaca a presenza de tomiñeiras de Thymus zygis, propias do subsector berciano e únicas en Galiza, así como diferentes tipos de pasteiros calcícolas mediterráneos e orocantábricos, presentes na parroquia de Oulego, Rubiá.

Tomelo (Thymus zygis)

Page 40: Serra de Enciña da Lastra

Entre a vexetación arbórea e arbustiva predominan os aciñeirais de carácter calcícola, que recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galiza. Están caracterizados pola aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) e o érbedo (Arbutus unedo) acompañados por arbustos mediterráneos como Genista hystrix, o aderno de folla estreita (Phillyrea angustifolia) ou o escornacabras (Pistacia terebinthus), e, dependendo da altura, da profundidade dos solos e da orientación, pola sobreira (Quercus suber), a abeleira (Corylus avellana), o mostallo (Sorbus aria), e o cancereixo (Sorbus aucuparia).

Aciñeiral

Page 41: Serra de Enciña da Lastra

Nos claros aparecen a lavanda (Lavandula stoechas) e diferentes especies de xaras ou estevas (Cistus spp.).

Arzaia (Lavandula stoechas) Cistus laurifolius

Cistus salvifolius

Page 42: Serra de Enciña da Lastra

Os espiñeirais aparecen nas beiras dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos espiñosos e plantas rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os que destacan diferentes especies de cerdeiras, (Prunus avium, Prunus mahaleb), abruñeiros (Prunus spinosa), escornacabras (Pistacia terebinthus), estripeiros (Crataegus monogyna), roseiras bravas (Rosa spp.) e silvas (Rubus ulmifolius).

Page 43: Serra de Enciña da Lastra

Chuchamel (Lonicera etrusca)

Page 44: Serra de Enciña da Lastra

Lentella, oliviña (Phillyrea angustifolia)

Page 45: Serra de Enciña da Lastra

Alaterno (Rhamnus alaternus )

Page 46: Serra de Enciña da Lastra

Érbedo (Arbutus unedo)

Cerdeira brava (Prunus mahalev)

Page 47: Serra de Enciña da Lastra

Arce de Montpellier (Acer monspessulanum)

Page 48: Serra de Enciña da Lastra

Cancereixo, mostallo (Sorbus aria)

Viburnum lantana

Page 49: Serra de Enciña da Lastra

Xazmín (Jasminum fruticans)

Page 50: Serra de Enciña da Lastra

Escornacabras (Pistacia terebinthus). Presenta unhas curiosas formacións semellantes a cornos dentro das que viven uns pulgóns (Peniphigus cornicularis).

Page 51: Serra de Enciña da Lastra

Roseira silvestre (Rosa spp.)

Page 52: Serra de Enciña da Lastra

Outros hábitats seminaturais de importancia son os matos de esteva (Cistus ladanifer) e os Pterosparto-Ericetum aragonensis, nos que medran Erica australis e Therospartum tridentatum, e os pasteiros vivaces de Helianthemo cantabrici-Brometum erecti.

Esteva (Cistus ladanifer), so se atopa nas zonas de ambiente mediterráneo de Galiza.Carqueixa (Therospartum tridentatum)

Page 53: Serra de Enciña da Lastra

Destaca a presenza 24 especies de orquídeas: Aceras anthropophorum, Anacamptis piramidalis, Cephalanthera longifolia, Cephalanthera rubra, Dactylorhiza insularis, Dactylorhiza markusii, Epipaptis fageticola, Epipaptis tremolsii, Himantoglossum hircinum, Limodorum abortivum, Limodorum trabutianum, Neotinea maculata, Ophrys apifera, Ophrys scolopax, Ophrys sphegodes, Orchis fragrans, Orchis italica, Orchis mascula, Orchis morio, Orchis provincialis, Orchis purpurea, Serapias lingua, Serapias parviflora, Spiranthes spiralis.

Aceras anthropophorumDactylorhiza markusiiOrchis purpurea

Page 54: Serra de Enciña da Lastra

Achicoria (Cichorium intybus). Florece ás beiras dos camiños nas áreas de clima seco. As flores abren pola mañán e péchanse ao medio día.

Ruda do monte (Ruta montana). Florece en zonas altas de clima mediterráneo.

Page 55: Serra de Enciña da Lastra

Alhelí (Erysimum linifolium).

Ourego (Origanum virens)

Page 56: Serra de Enciña da Lastra

Nas beiras do ríos dase unha gran variedade de salgueiros (Salix atrocinerea, Salix elaeagnos subsp. angustifolia, Salix neotricha, Salix salviifolia), acompañados polo lodoeiro (Celtis australis), o freixo (Fraxinus angustifolia), e o ameneiro (Alnus glutinosa).

Río Galir

Page 57: Serra de Enciña da Lastra

Os soutos (Castanea sativa) aparecen nos arredores das poboacións e acollen exemplares centenarios.

Biobra

Page 58: Serra de Enciña da Lastra

Aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) en Covas (Rubiá). A máis grande e máis antiga de Galiza. -16,9 m de altura e 8,8 m de perímetro na base.Incluída no catálogo de Árbores senlleiras de Galiza

ÁRBORES SENLLEIRAS

Page 59: Serra de Enciña da Lastra

“Castiñeiro do Tio Francisco” en Biobra. -11 m de perímetro

Page 60: Serra de Enciña da Lastra

A diversidade de hábitats propicia a presenza dunha gran variedade de especies, algunhas de rara presenza en Galiza. A fauna de vertebrados é unha das máis ricas do país con numerosas especies pouco comúns ou de distribución restrinxida. O catálogo rolda as 200 especies: 8 especies de peixes, 10 de anfibios 13 de réptiles, 125 de aves e 39 de mamíferos.

Voitre branco (Neophron percnopterus) (única parella en Galiza, aínda que de cría non regular)

FAUNA

Page 61: Serra de Enciña da Lastra

INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEGalemys pyrenaicusLutra lutraMiniopterus schreibersiiMyotis myotisRhinolophus euryaleRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

MAMÍFEROSTen un grande interese a riqueza da comunidade de quirópteros, dos que están presentes polo menos 9 especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galiza, como o morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale), o morcego das ribeiras (Myotis daubentonii), o morcego das covas (Miniopterus schreibersii) (con importante poboación a nivel estatal), ou o morcego rabudo (Tadarida teniotis). Tamén é destacable a variedade e abundancia de carnívoros: gato bravo (Felis sylvestris), lontra (Lutra lutra), armiño (Mustela erminea), teixugo (Meles meles), tourón (Mustela putorius), a garduña (Martes foina), lobo (Canis lupus), depresenza ocasional.Os grandes herbívoros do parque son o corzo (Capreolus capreolus), e o xabaril (Sus scrofa), que acadan boas densidades e ocupan sobre todo os aciñeirais.

Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum)

Morcego das covas (Miniopterus schreibersii)

Page 62: Serra de Enciña da Lastra

Xabarín (Sus scrofa)

Armiño (Mustela erminea)

Corzo (Capreolus capreolus)

Page 63: Serra de Enciña da Lastra

AVES A serra acolle a comunidade de aves nidificantes máis rica e senlleira de Galiza, con máis de 100 especies, unha excelente representación de avifauna rupícola e mediterránea no ámbito galego e unha rica comunidade de aves de rapina. Entre as aves de rapina destaca a presenza de polo menos 21 especies, incluíndo entre as nidificantes (12 especies diurnas e 6 nocturnas) o voitre branco (Neophron percnopterus) (unha das 2 únicas parellas que crían en Galiza), a aguia real (Aquila chrysaetos) (1 parella), a aguia cobreira (Circaetus gallicus) (2-3 parellas), a aguia calzada (Hieraaetus pennatus) (2-3 parellas), o falcón peregrino (Falco peregrinus) (3 parellas), e o bufo real (Bufo bufo) (1 parella). Tamén se rexistrou a presenza da aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), moi rara en Galiza.

Águia real (Aquila chrysaetos)

Falcón peregrino (Falco peregrinus)

Page 64: Serra de Enciña da Lastra

Andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris)

Entre a avifauna rupícola reprodutora están a pomba das rochas (Columba livia) (a maior poboación galega), o andoriñón real (Apus melba) (13 parellas e única poboación no interior de Galiza), a andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), o merlo rubio (Monticola saxatilis), o solitario (Monticola solitarius), o corvo (Corvus corax), a gralla pequena (Corvus monedula), e a choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) (10-15 parellas e poboación non reprodutora de máis de 100-150 exemplares, un dos mellores puntos de Galiza), a presenza invernal dos pouco comúns azulenta alpina (Prunella collaris), e gabeador vermello (Tichodroma muraria).

Gralla cereixeira (Corvus monedula)

Page 65: Serra de Enciña da Lastra

Hai unha variada mestura de avifauna eurosiberiana e mediterránea, ligada a aciñeirais, soutos, espiñeirais e matogueiras, con numerosas especies de distribución bioxeográfica marxinal, moi localizada ou mesmo única en Galiza, como o picanzo cabecirrubio (Lanius senator), o papamoscas cincento (Muscicapa striata), o rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus), a papuxa carrasqueira (Sylvia cantillans), a papuxa real (Sylvia hortensis), o pardal das rochas (Petronia petronia), ou o bicogroso (Coccothraustes coccothraustes).

Entre as aves acuáticas destaca a presenza como invernantes, do mergullón cristado (Podiceps cristatus), e o pato cristado (Aythya fuligula) no encoro de Penarrubia.

Mergullón cristado (Podiceps cristatus). Ten no encoro de Penarrubia unha das poucas áreas de cría de Galiza.

Page 66: Serra de Enciña da Lastra

INCLUÍDAS NA DIRECTIVA DE AVES DA UNIÓN EUROPEANeophron percnopterusAquila chrysaetosCircaetus gallicusHieraaetus pennatusHieraaetus fasciatusFalco peregrinusBubo buboPyrrhocorax pyrrhocorax

Choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax)

Bufo real (Bubo bubo)

Page 67: Serra de Enciña da Lastra

INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEELacerta schreiberi

RÉPTILES Especialmente os ligados aos ambientes calcícolas e secos: lagarta rabuda (Psammodromus algirus), lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus), osga (Taurentola mauritanica), cobregón (Malpolon monspessulanus), cobra de escada (Rhinechis scalaris), víbora fuciñuda (Vipera latastei)…

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)

Page 68: Serra de Enciña da Lastra

Lagarta rabuda (Psammodromus algirus)

Cobra rateira (Malpolon monspessulanus)

Page 69: Serra de Enciña da Lastra

INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEDiscoglossus galganoi

ANFIBIOS Píntega común (Salamandra salamandra), pintafontes común (Lisotriton boscai), pintafontes verde (Triturus marmoratus), sapiño comadrón (Halytes obstetricans), sapo pintoxo (Discoglossus galganoi), sapo común (Bufo bufo), sapo corriqueiro (Bufo calamita), estroza ou rela (Hyla molleri), ra verde (Pelophylax perezi), ra patilonga (rana iberica) e ra vermella (rana temporaria).

Sapiño pintoxo (Discoglossus galganoi)

Page 70: Serra de Enciña da Lastra

INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEChondrostoma polylepisRutilus arcasii

PEIXES Seis especies son autóctonas e varias atópanse ameazadas: anguía (Anguilla anguilla), escalo ou peixe (Squalius carolitertii), vermelliña (Achondrostoma arcasii), boga do Douro (Pseudochondrostoma duriense), espiñento (Gasterosteus gymnurus).Tamén podemos atopar dúas especies introducidas, a carpa (Cyprinus carpio) e perca americana ou ''black-bass'' (Micropterus salmoides).

Carpa (Cyprinus carpio) pescada no encoro de Penarrubia (Sil).

Page 71: Serra de Enciña da Lastra

INVERTEBRADOSDestaca a gran variedade de insectos, especialmente bolboretas e escaravellos.

INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEAustropotamobius pallipesCerambyx cerdoCoenagrion mercurialeEuphydryas aurinia Lucanus cervusMacromia splendensOxygastra curtisiiGeomalacus maculosus

Bolboreta (Charaxes jasius). As eirugas aliméntanse nos érbedos.

Bolboreta (Euphydryas aurinia).

Page 72: Serra de Enciña da Lastra

Cangrexo de río autóctono (Austrapotamobius pallipes) A súa presenza en Galiza está reducida a moi poucos puntos das provincias de Lugo e Ourense.

Cerambícido (Cerambyx cerdo) Coenagrion mercuriale

Page 73: Serra de Enciña da Lastra

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALA zona estivo poboada desde tempos moi antigos e conserva elementos artísticos e etnográficos de interese: igrexas, covas (adegas), pontes, núcleos tradicionais...Na pala de Cubelas atopáronse restos da Idade do Bronce.

Antigo forno de Cal en Covas.A especial composición xeolóxica dos terreos de Rubiá determinou que fosen explotados diversos minerais desde tempos antigos: ouro nas areas do Sil, limonitas e calcarias dos seus montes.

Page 74: Serra de Enciña da Lastra

Viñedos en Biobra (Acollidos á Denominación de Orixe Valdeorras

ACTIVIDADESAgricultura, gandaría, mineiría, turismo...

Page 75: Serra de Enciña da Lastra

ESPAZOS PROTEXIDOSPARQUE NATURAL. Decreto 157/2002, do 4 de abril (DOG 03-05-02).-ZEPA Zona de especial protección para as aves (1.787 ha)-LICs, Lugar de importancia comunitaria, “Serra de enciña da Lastra” 1787 ha (21 de setembro de 2006), cunha proposta de ampliación pendente de aprobar. “Sierra de la Encina de La Lastra” do Bierzo (León), cunha superficie de 289,44 ha.-ZEC, Zona especial de conservación, 1.742 ha (31 de marzo de 2014)-A área correspóndese parcialmente coa IBA 010 Montes Aquilanos, compartida polas comunidades autónomas de Galiza e Castela e León, incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).

Page 76: Serra de Enciña da Lastra

PROBLEMAS-Explotacións mineiras (calcarias)-Incendios forestais-Encoros-Especies invasoras

Page 77: Serra de Enciña da Lastra

PUNTOS DE INTERESE-Penedos de Oulego-Pena Falcoeira-Canón do Sil: O Estreito (Covas)-Miradoiros: Covas, O Penedón, Oulego...-Forno de cal (Covas)-Covas (adegas) do viño-Palas ou covas: Cubelas, Tralapala, Trasmonte, Xilberte

Page 78: Serra de Enciña da Lastra

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta DEBUXOS: Mon DaportaNovembro 2016