as razóns da lingua galega -...

16
32 E ste texto trata das razóns que poden existir para a utilización do idioma galego e unha intervención pública que o promova. En realidade, valoraremos en que medida é bo para o conxunto das e dos cidadáns de Galiza que os poderes públicos actúen de xeito decidido en favor da lingua galega. Noutros lugares teño abordado o tema da política lingüística —Cida- dania/Consello da Cultura Galega (2002), e Subiela, X. (2002)— explicando a súa evolución e avaliando os seus resultados; tentarei aquí des- envolver razoamentos que fundamenten o para que do uso do idioma galego. Trátase de facer unha reflexión aberta, no sentido de indetermi- nada, e tamén no sentido de apertura, dado que é unha tentativa inicial de abordar este tipo de argumentos “universais” en favor da lingua gale- ga e unha intervención pública lexítima 1 . As razóns que se recollen son de carácter subs- tantivo, e non instrumental. Dito de forma máis concreta, máis que reflexionar sobre a mellor forma de chegar a un punto prefixado (normali- zación da lingua galega), pensamos en cales son os obxectivos que se deben perseguir en materia de linguas en Galiza e cales son as vías lícitas para acadalos. Unha reflexión na modernidade reflexiva Concibimos a cuestión das linguas en Galiza como un problema complexo, non só polo carác- ter ‘complicado’ da súa análise ou a cantidade de factores que inflúen na intervención. A comple- xidade é un concepto que fai referencia ao carác- ter reflexivo dos suxeitos —neste caso na dimensión de falantes—, que pensan e actúan sobre si, e deciden parcialmente os seus usos lin- güísticos. A consciencia e a vontade dos/as gale- gofalantes, e do conxunto da cidadanía son claves para a evolución da lingua galega, o futuro está aberto, non somos un mero resultado das ten- dencias históricas ou da situación actual. Edgar As razóns da lingua galega X AIME S UBIELA Morin advírtenos que “complexidade é unha pa- labra-problema e non unha palabra-solución”, o que nos fai tomar consciencia de que non existen solucións máxicas, simples. Recoñecendo o papel preponderante dos poderes públicos, quero cha- mar a atención sobre a responsabilidade social compartida que temos no futuro do galego. Case todas as análises recentes dan conta do proceso de non reprodución da lingua galega; de forma acusada desde os anos 60, moitos pais e nais galegofalantes deixaron de falarlles ás súas fillas e fillos na súa lingua (véxase o artigo de Anxo Lorenzo neste mesmo número de GRIAL). O tránsito da comunidade tradicional á sociedade moderna —nos termos clásicos de Ferdinand Tönnies— tivo lugar de maneira profunda e masiva no noso país a partir destes anos. A subs- titución lingüística do galego polo castelán está fortemente influenciada por este proceso de modernización “desarrollista”, que asociaba o galego á sociedade tradicional, ao atraso. Esta concepción lineal do progreso implicaba des- prenderse das eivas que nos ancoraban ao pasado: o galego era un vestixio que non resistiría os imperativos da modernización. Non só influían os atrancos legais ou o prestixio, as actividades preponderantes na nova sociedade operaban en castelán, e a mobilidade social ascendente impli- caba a utilización deste idioma. É posíbel que na secuencia de modernización a lingua galega non tivese cabida; a máquina do progreso non reparaba na destrución que deixaba ao seu paso, e teóricos de distinto signo aplau- dían este feito en aras dunha mellor causa (entre eles marxistas ilustres como F. Engels). Como diría Ulrich Beck “os procesos de modernización autonomizados son cegos e xordos aos seus pro- pios efectos e ameazas”; pero que ocorre cando a modernización empeza a reflexionar sobre si mesma? O que se deu en chamar “modernidade avanzada” permite concibir a modernización como un proceso no que os suxeitos son máis Gran parte das dificultades polas que atravesa o mundo débense a que os ignorantes están completamente seguros e os intelixentes cheos de dúbidas. Bertrand Russell

Upload: others

Post on 08-Jan-2020

21 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

32

Este texto trata das razóns que poden existirpara a utilización do idioma galego e unhaintervención pública que o promova. En

realidade, valoraremos en que medida é bo parao conxunto das e dos cidadáns de Galiza que ospoderes públicos actúen de xeito decidido enfavor da lingua galega. Noutros lugares teñoabordado o tema da política lingüística —Cida-dania/Consello da Cultura Galega (2002), eSubiela, X. (2002)— explicando a súa evolucióne avaliando os seus resultados; tentarei aquí des-envolver razoamentos que fundamenten o paraque do uso do idioma galego. Trátase de facerunha reflexión aberta, no sentido de indetermi-nada, e tamén no sentido de apertura, dado queé unha tentativa inicial de abordar este tipo deargumentos “universais” en favor da lingua gale-ga e unha intervención pública lexítima1.

As razóns que se recollen son de carácter subs-tantivo, e non instrumental. Dito de forma máisconcreta, máis que reflexionar sobre a mellorforma de chegar a un punto prefixado (normali-zación da lingua galega), pensamos en cales sonos obxectivos que se deben perseguir en materiade linguas en Galiza e cales son as vías lícitas paraacadalos.

Unha reflexión na modernidade reflexiva

Concibimos a cuestión das linguas en Galizacomo un problema complexo, non só polo carác-ter ‘complicado’ da súa análise ou a cantidade defactores que inflúen na intervención. A comple-xidade é un concepto que fai referencia ao carác-ter reflexivo dos suxeitos —neste caso nadimensión de falantes—, que pensan e actúansobre si, e de ciden parcialmente os seus usos lin-güísticos. A consciencia e a vontade dos/as gale-gofalantes, e do conxunto da cidadanía son clavespara a evolución da lingua galega, o futuro estáaberto, non somos un mero resultado das ten-dencias históricas ou da situación actual. Edgar

As razóns da lingua galegaX A I M E S U B I E L A

Morin advírtenos que “complexidade é unha pa -labra-problema e non unha palabra-solución”, oque nos fai tomar consciencia de que non existensolucións máxicas, simples. Recoñecendo o papelpreponderante dos poderes públicos, quero cha-mar a atención sobre a responsabilidade socialcompartida que temos no futuro do galego.

Case todas as análises recentes dan conta doproceso de non reprodución da lingua galega; deforma acusada desde os anos 60, moitos pais enais galegofalantes deixaron de falarlles ás súasfillas e fillos na súa lingua (véxase o artigo deAnxo Lorenzo neste mesmo número de GRIAL).O tránsito da comunidade tradicional á sociedademoderna —nos termos clásicos de FerdinandTönnies— tivo lugar de maneira profunda emasiva no noso país a partir destes anos. A subs-titución lingüística do galego polo castelán estáfortemente influenciada por este proceso demodernización “desarrollista”, que asociaba ogalego á sociedade tradicional, ao atraso. Estaconcepción lineal do progreso implicaba des-prenderse das eivas que nos ancoraban ao pasado:o galego era un vestixio que non resistiría osimperativos da modernización. Non só influíanos atrancos legais ou o prestixio, as actividadespreponderantes na nova sociedade operaban encastelán, e a mobilidade social ascendente impli-caba a utilización deste idioma.

É posíbel que na secuencia de modernizacióna lingua galega non tivese cabida; a máquina doprogreso non reparaba na destrución que deixabaao seu paso, e teóricos de distinto signo aplau -dían este feito en aras dunha mellor causa (entreeles marxistas ilustres como F. Engels). Comodiría Ulrich Beck “os procesos de modernizaciónautonomizados son cegos e xordos aos seus pro-pios efectos e ameazas”; pero que ocorre cando amodernización empeza a reflexionar sobre simesma? O que se deu en chamar “modernidadeavanzada” permite concibir a modernizacióncomo un proceso no que os suxeitos son máis

Gran parte das dificultades polas que atravesa o mundo

débense a que os ignorantes están completamente seguros

e os intelixentes cheos de dúbidas.

Bertrand Russell

Page 2: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

O I D I O M A C A R A A O F U T U R O

33

conscientes da súa capacidade reflexiva, de facé-rense a si mesmos. É a modernización da moder-nización, a radicalización da modernidade(Giddens) que avalía criticamente a modernizaciónsimple. Esta modernidade reflexiva permítenosrecoller aqueles elementos da cultura, da tradición,da natureza, etc. que consideramos valiosos para asnosas vidas, desprendelos das ataduras tradicio-nais, e reformulalos como materiais para a eman-cipación humana na modernidade.

O galeguismo nunca foi un movemento dereacción aos avances sociais, pola contra, sempreprocurou unha modernización contextualizada.Nos últimos decenios a consciencia do riscodunha posíbel desaparición do idioma galegofixo saltar as alarmas —ideas e accións— entreos que vían perigar un elemento clave da nosaidentidade colectiva. Estes axentes da moderni-dade reflexiva —os auténticos conservadores quediría Manolo Rivas— comprenden que o idio-ma galego, e os significados que leva aparellados,permiten un desenvolvemento humano máispleno das súas xentes. Consideran que o galegoé un compoñente valioso para os seus falantes epara o conxunto da comunidade. Non entendenque a ignorancia do idioma galego poida serunha proposta de progreso. Son máis modernosca os modernos —e ca os posmodernos.

Debemos advertir tamén sobre a relevanciadas palabras, a importancia do discurso en tornoá normalización da lingua galega. A conceptuali-zación do problema e os argumentos esgrimidospoden mudar a realidade, tanto a percepcióncoma a propia actuación dos suxeitos. As pala-bras definen realidades e poden ter capacidademobilizadora (Austin); o futuro do galego taménse xoga no plano discursivo. De entrada é impor-tante que concibamos o futuro da lingua galegacon final aberto, no que a nosa acción é rele -vante. O fatalismo optimista ou pesimista sobrea evolución do galego non debera determinar apolítica lingüística.

1 Este artigo está baseado na conferencia titulada “Democracia e

política lingüística en Galiza”, que foi impartida dentro do foro

Sociedades plurilingües do Consello da Cultura Galega. Quero agra-

decer ao seu coordinador, Henrique Monteagudo, o seu apoio e os

seus comentarios, así como ás retrucantes do meu relatorio Jaine

Beswick e Alba Nogueira. Tamén quero deixar constancia de que boa

parte das ideas recollidas neste texto son froito de anos de reflexión

conxunta cos meus compañeiros de Cidadania.

Xaime Subiela Politólogo pola USC. Socio-fundador da empresa Cidadania na que traballou como investigador social e consultor público,

en temas relacionados coa participación cidadá, planificación estratéxica, normalización lingüística,

desenvolvemento sustentable e coa cultura. Director da investigación do CCG: O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000).

Volume I. Política lingüística: análise e perspectivas; director técnico dos plans de NL de Santiago (2001) e Ferrol (2003);

presidente da Comisión de sociedade do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004).

Na actualidade traballa como asesor da Conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Page 3: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

34

Defensa universal(ista) da lingua galega

Quero comezar dicindo que os debates de fondosobre a lingua galega son temas pendentes deresolución ao longo de todo o planeta, tanto noplano teórico como no práctico, e moi caracte-rísticos da nosa época. Debemos desbotar a per-cepción que comprende de xeito particular anosa situación: pensar que os idiomas da penín-sula conforman, xunto a outras rarezas minori-tarias. a excepción española nun universo deEstados-nación monolingües. Aquí imos falarnos termos dos debates mundiais sobre os derei-tos culturais.

Ao longo deste texto desenvolveremos diver-sas razóns que fundamentan as nosas propostasde política lingüística nos valores da liberdade, axustiza, ou a igualdade. En palabras de SeylaBenhabib “o dereito á autoexpresión culturaldebe estar baseado nos dereitos de cidadaníauniversalmente recoñecidos, en lugar de consi-derarse unha alternativa aos mesmos”. Nestesentido tomamos como referencia os argumen-tos que as institucións internacionais teñen des-envolvido ao respecto. Desde o meu punto devista, non teñen base razoable os intentos quepretenden connotar a política de normalizaciónda lingua galega como iliberal, como unha prác-tica impositiva allea á vontade dos cidadáns. Istoque non é certo na práctica, tampouco o é nateoría; ao longo do texto veremos en que medi-da a política lingüística en Galiza pode ser unhaestratexia para a liberdade cultural e o desenvol-vemento humano.

Un obxectivo implícito deste texto é producirargumentos sobre a defensa da lingua galega váli-dos para nacionalistas e non nacionalistas, moi-tos incluso aceptábeis para non galeguistas. Aomeu xuízo, é conveniente xerar unha base discur-siva común, clave para o futuro dos/as galegofa-lantes, da lingua galega, e para o conxunto dasociedade galega. Os argumentos atenden tantoás razóns para a reprodución lingüística do gale-go, é dicir, que motivos teñen as e os galegofa-lantes para falárenlle a súa lingua aos seus e ássúas descendentes; como de produción lingüísti-ca: cales son as motivacións para que persoas quenon falan habitualmente en lingua galega enten-dan que os seus fillos e fillas deben aprender efalar esta lingua.

Comezaremos despexando algunhas dúbi-das sobre a relación entre poderes públicos elinguas.

O Estado ten lingua propia

O primeiro que cabe dicir é unha obviedade: ospoderes públicos non son neutros en materia lin-

güística. “Se é posíbel e incluso recomendábelque un Estado permaneza neutral respecto daetnicidade ou da relixión, non é posíbel facelocoa lingua” (IDH 2004). E isto por varias razóns:os Estados comunícanse nunha ou varias linguasdeterminadas; oficializan o seu uso e obrigan aosseus cidadáns a que a/s coñezan, deciden calesdeben ser utilizadas no espazo público —porexemplo, polos medios de comunicación—; etamén definen como deben ser aprendidas e uti-lizadas no ámbito educativo. En moitos sentidoso Estado está obrigado a facer unha xestión máisou menos consciente das linguas que operan noseu territorio.

O Estado moderno caracterizouse por ser unEstado nacionalizador, é dicir, procurou que oconxunto dos seus súbditos —posteriormentecidadáns— dispuxesen dunhas característicasculturais homoxéneas. A diferenza do podermedieval —momento no que o galego si era lin-gua de reis—, ou do poder dos imperios, o Esta-do moderno procurou unha correspondenciacultural cos límites do seu territorio, a creacióndunha nación axustada ás súas fronteiras (Gell-ner). En palabras de Will Kymlicka, “os Estados--nación non apareceron no principio dos tempose tampouco xurdiron da noite para a mañá: sono produto de meticulosas políticas de constru-ción nacional, adoptadas polos Estados paraespallar e robustecer o sentimento vinculado ácondición de nación. Estas políticas inclúencurrículos educativos nacionais, apoio para unsmedios de comunicación nacionais, adopción desímbolos nacionais e de leis sobre a lingua oficial,leis de cidadanía e naturalización, etc. Por estarazón, quizá sexa mellor describir estes Estadoscomo Estados de construción nacional ou como Es -tados nacionalizantes en lugar de facelo comoEstados-nación.

As linguas son claves neste proceso de nacio-nalización desde o Estado: “A lingua oficial cons-tituíuse vinculada ao Estado. E isto tanto na súaxénese coma nos seus usos sociais. É no procesode constitución do Estado cando se forxan as con-dicións da creación dun mercado lingüístico uni-ficado e dominado pola lingua oficial: obrigatorionas ocasións oficiais e nos espazos oficiais (escola,administracións públicas, institucións políticas,etc.), esta lingua de Estado convértese na normateórica coa que se miden obxectivamente todas asprácticas lingüísticas” (Bourdieu).

No caso español, é ben coñecida a considera-ción do castelán como lingua nacional, o que lleoutorgaba un carácter obrigatorio; era o idiomano que se comunicaba o Estado, e o único auto-rizado no ámbito público. As restantes linguas,entre elas o galego, sufriron abundantes obstácu-los para a súa utilización pública ata épocas

Page 4: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

35

recentes (Monteagudo). Os poderes públicos doEstado procuraron a homoxeneidade lingüísticae cultural nos límites do Estado-nación, para oque desenvolveron políticas asimilacionistas,bastante estendidas na maioría dos Estados euro-peos da época. Podía haber certa diversidadeinterna sempre e cando non tivese significadopolítico de diferenza, e sempre que se apreciase arelación xerárquica entre as linguas.

A incorporación do castelán penetrou naselites sociais galegas de maneira temperá, os cor-pos vinculados ao Estado operaban nesta lin-gua, pero tamén outros segmentos sociaispoderosos —elite eclesiástica, burguesa, etc—;era a lingua do Estado moderno. Este procesoten unha relevancia simbólica e práctica clavena concepción dos idiomas, como nos explica oEuromosaic, son “as linguas de Estado, as lin-guas modernas, as que debían utilizarse paraexercer actividades modernas que esixían a esen-cia da razón: administración, educación, ciencia.As outras podían utilizarse no contexto emocio-nal do tradicional”.

A democracia e as linguas do Estado

A Constitución Española mudou substantivamen-te a situación na que operaban as linguas existentes

Page 5: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

no seu territorio, habilitando un marco que permi-tía desenvolvementos estatutarios que amparasenxuridicamente as demais linguas do Estado. Esta-blece unha consideración de partida: “o castelán éa lingua española oficial do Estado. Todos os espa-ñois teñen o deber de a coñecer e o dereito de ausar”; as outras linguas poderían ter un caráctercooficial se así se define nos estatutos, tal e comoaconteceu no caso galego; para estas linguas aplíca-se o principio territorial que as circunscriben aoámbito da súa comunidade autónoma.

A implantación dunha política lingüística enGaliza hai que enmarcala a partir deses antece-dentes: o castelán é a lingua do Estado, defineeste idioma como oficial para todo o territorio, eestablece a pauta do normal, unha especie de po -lítica lingüística de oficio (por defecto): de en -trada o castelán é o idioma de obrigadocoñecemento para toda a poboación española, epresuponse que toda comunicación no espazopúblico debe ser en castelán en todo o territorioespañol; calquera variación desta pauta hai queargumentala en boa medida como unha excep-ción á norma xeral.

Os estatutos de autonomía definiron este de -senvolvemento constitucional procurando que asinstitucións das Comunidades Autónomas conlinguas propias se erixisen nas principais valedo-ras das mesmas. Distribúense de xeito tácito ospapeis das Administracións na protección decada lingua: as institucións centrais do Estadoson as valedoras preferentes da lingua castelá, e asinstitución autonómicas das linguas propias decada Comunidade; o que sucede é que a actua-ción do Estado central é a penas perceptíbel, e sóse aprecian como políticas de promoción dunhalingua as políticas autonómicas.

En Galiza hai política lingüística en boamedida porque hai institucións autonómicas,pero tamén a lingua galega cobrou importanciacomo capital simbólico de lexitimación das insti-tucións autonómicas. As dinámicas de confron-tación arredor da lingua en Galiza teñen que vercon este valor simbólico, no que o idioma galegooperou como unha fonte de lexitimidade autó-noma2, unha característica cultural que introdu-cía unha certa unidade no interior, e unhadiferenza cara ao exterior da Comunidade.

Por unha política lingüística democráticae inclusiva

Todos os Estados están obrigados a realizaralgún tipo de xestión das linguas, pero non todasas políticas lingüísticas son igualmente democrá-ticas. O marco constitucional español permitediversos desenvolvementos destas políticas, to- dasconstitucionalmente aceptábeis pero non todas

36

igualmente inclusivas ou acordes con concep-cións avanzadas da democracia. De entrada haique ter en conta que a receptividade cara a estaspolíticas por parte da sociedade ten un carácterdinámico, no que o marco social interaccionacoas propias actuacións públicas; en termos deFrançois Grin “na oferta de políticas hai que teren conta a demanda de políticas”.

Os fundamentos morais da democracia plu-ralista e o liberalismo político adoptan unhaidea da liberdade que implica autonomía, as per-soas deben ser capaces de formar o seu propiosentido do ben, e de revisar criticamente as súaspreferencias, os seus fins (Rawls). Por tanto, paraos poderes públicos democráticos non son lícitas—moralmente aceptábeis— todas as formas depromoción dunha lingua; como ben dicía JohnLocke: “a fe imposta politicamente é un absurdoque non pode compracer a Deus”.

Tendo isto como marco, debemos analizartanto os límites dos poderes públicos para pre-servar un ámbito no que non deben interferir—o que desde Isaiah Berlin se deu en chamarliberdade negativa—; como a facultade detomar decisións para a acción, a liberdade posi-tiva. A política lingüística é unha responsabili-dade dos poderes públicos para facer efectivosos dereitos de todos os cidadáns, e tamén parasalvagardar un ben que ten un valor públicopara o conxunto da sociedade.

Se os poderes públicos non poden ser neu-tros, fagamos unha utilización consciente dascapacidades do Estado en materia lingüística.“A prohibición de discriminación por motivos deidioma non significa que o Estado non poidapreferir un idioma a outros” (de Varennes); é per-fectamente lexítimo que os Estados adoptenunha lingua propia, tanto no caso dos poderescentrais como autonómicos, sempre e cando sesalvagarden os dereitos individuais de todos osfalantes. O que aquí afirmamos é o seguinte:unha política lingüística que adopte o galegocomo idioma propio das institucións autonómi-cas é unha estratexia máis inclusiva, que favoreceglobalmente a efectividade dos dereitos de todosos cidadáns de Galiza, e permite que os poderespúblicos salvagarden e desenvolvan un legadoconsiderado valioso para o conxunto da comuni-dade, un ben público que debe estar ao alcancede quen así o desexe. Os dereitos dos falantesteñen un correlato nos deberes do poderes públi-cos (Ferreira e outros).

Nos primeiros momentos en que se formulaun problema público é habitual pensar que oestablecemento dun marco legal adecuado vaimodificar completamente a realidade social. Copaso do tempo facémonos conscientes da insufi-ciencia destas medidas —a igualdade de oportu-

Page 6: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

37

nidades entre homes e mulleres é un bo exem-plo—; e faise preciso “remover os obstáculos”que impiden na práctica a igualdade efectiva dedereitos. Sempre hai quen considera suficiente aequiparación legal —que tampouco é o caso daslinguas en España—, entenden estes que a inter-vención pública debe restrinxirse a ese plano eque o “libre mercado” social determine o queteña que ser. É un debate difícil. Somos cons-cientes de como algunhas políticas de acción afir-mativa (discriminación positiva) poden producirefectos non desexados, contrarios aos suxeitosque pretenden protexer; dito en breve, que sexapeor o remedio que a enfermidade. Pero isto nonten nada que ver coas intervencións lingüísticaslevadas a cabo no noso país, nin tampouco coaspropostas das entidades que están a facer deman-das máis ambiciosas de promoción da linguagalega. No noso caso sabemos que a equiparaciónlegal na norma non implica o cumprimento efec-tivo da legalidade, e que mesmo esta non seríaabondo para facer efectiva a igualdade de derei-tos; o que no noso caso afecta principalmente áimposibilidade dos galegofalantes de desenvol-verse no seu propio idioma.

Para valorar a lexitimidade das accións públi-cas Will Kymlicka estableceu unha distinciónentre proteccións externas e restricións internas. Asproteccións externas servirían a unha comunida-

ACCIÓNS DESENVOLVIDAS EFECTOS PRETENDIDOS

1. Ensino do/en galego a través do sistema educativo 1. Garantir o coñecemento das dúas linguas oficiais.Evitar que o ensino sexa un factor desgaleguizador

2. Medios públicos autonómicos en galego (CRTVG) 2. Prestixiar o idioma galego a través da súa presenza pública

3. Lingua da Administración autonómica. 3. Garantir os dereitos dos administrados. AA.PP. Apoio á incorporación a outras AA.PP. como elemento promotor na relación coa cidadanía

4. Cursos de formación: capacitación lecto-escritora, 4. Adquisición da competencia para garantir fundamentalmente dos traballadores públicos o desenvolvemento profesional. Promover o uso

5. Fixación da norma e desenvolvemento do corpus. 5 Conformación e actualización do corpus lingüísticoInvestigación científica do idioma

6. Campañas de promoción e sensibilización. 6. Mellora das actitudes cara ao galego7. Creación de SNL/ENL en entidades e organismo 7. Facilitar e promover o seu uso nas entidades. Garantir

públicos e privados do uso correcto8. Subvencións e axudas a empresas e asociacións 8. Promover a galeguización dos usos escritos

públicos das organizacións 9. Subvencións para a promoción da edición 9. Aumentar a oferta de recursos en galego,

sobre todo no ensino10. Subvencións a medios de comunicación privados 10. Incrementar o uso do galego nos medios

de comunicación

O DESENVOLVEMENTO DA POLÍTICA LINGÜÍSTICAFORMULACIÓN DO PROBLEMA SOLUCIÓN PROPOSTA

EVITAR A CONFLITIVIDADE GARANTIR O CUMPRIMENTO DA NORMATIVA

Fonte: elaboración propia, sobre a base do libro O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume I: Política lingüística: análise e perspectivas.

2 Durante estes 25 anos estableceuse unha dinámica política entre as

forzas que encabezaban o goberno autonómico e o central, que leva-

ba asociada a confrontación cando non coincidía a mesma forza nos

dous gobernos. Un exemplo disto foi cando en setembro de 1987 o

goberno de Alianza Popular, promulgaba o Decreto que establecía

que o galego como idioma vehicular de varias materias no Ensino

Medio, impugnada polo executivo de Felipe González diante do Tri-

bunal Constitucional; que deu lugar a histórica manifestación de

decembro de 1987, baixo o lema “aprender en galego non é un deli-

to”, á que asistiu Xerardo Fernández Albor.

Unha política lingüística que adopte

o galego como idioma das institucións

é unha estratexia que favorece a efectividade

dos dereitos dos cidadáns de Galiza

e permite que os poderes públicos

salvagarden e desenvolvan un legado

valioso para o conxunto da comunidade,

un ben público que debe estar ao alcance

de quen así o desexe

Page 7: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

38

Neste texto, mudamos o enfoque: os/as falan-tes somos portadores dun ben, e por tanto trans-misores dun legado; pero a cuestión relevante écomo ese ben pode ser valioso para as persoas queo teñen e para os seus descendentes. Desde estepunto de vista as linguas son valiosas na medidaen que o son para as persoas e as comunidadesque as falan. Fundamentamos este argumentonas ideas desenvolvemento humano e liberdade cul-tural que utilizan o Programa de Nacións Unidaspara o Desenvolvemento (PNUD) e a Organiza-ción das Nacións Unidas para a Educación, aCiencia e a Cultura (UNESCO), recollido deforma moi ilustrativa no Informe sobre desenvolve-mento humano 2004, A liberdade cultural nomundo diverso de hoxe.

“O desenvolvemento humano é o procesopolo cal se amplían as opcións da xente para queesta faga e sexa o que valora na vida” (IDH2004), deste xeito, outros procesos que inflúenno desenvolvemento humano como o crecemen-to económico son importantes pero de ningun-ha maneira exclusivos. Este concepto máisintegrador e cualitativo coloca as persoas e assúas vontades nun lugar prioritario, por iso asdimensións culturais e identitarias cobran unnovo valor, en canto xeradoras de sentido para osseres humanos.

“A liberdade cultural constitúe unha partefundamental do desenvolvemento humano dadoque, para vivir unha vida plena, é importantepoder elixir a identidade propia —o que un é—sen perder o respecto polos demais ou verseexcluído doutras alternativas” (IDH 2004). Amodernidade defínese pola autonomía, polaliberdade de elección individual, pero esta haique considerala nun sentido amplo, “a liberdadecultural é que a xente poida vivir e ser aquilo queescolle e contar ademais coa posibilidade adecua-da de optar tamén por outras alternativas” (IDH2004).

A concepción que asumimos aquí das linguase as políticas lingüísticas ten que ver con estasideas: alentamos unha política lingüística queamplíe as capacidades humanas das galegas egalegos, considerando de forma substantiva a súavontade e as posibilidades de optar. Isto, ao meuxuízo, fundamenta unha actuación decidida enfavor da lingua galega, para que sexa unha opciónefectiva, unha oportunidade real para a cidadaníagalega. Will Kymlicka subliña “o papel que xogaa pertenza cultural en canto promover a liberda-de ou a autonomía persoal. [...] se as opcións dis-poñíbeis nunha cultura diminúen, taméndiminúe a autonomía”. Unha política lingüísticaefectiva permitiría protexer “eses contextos cultu-rais de elección”. Tamén acouta cales son acciónspúblicas lícitas na promoción das linguas, e cales

de minoritaria para protexerse de determinadasdecisións da sociedade política na que se inserta.Este tipo de dereitos non entrarían en conflitocoas liberdades individuais, permiten reducir avulnerabilidade das minorías e poden ser fontede maior igualdade. Pola contra, as restriciónsinternas son medidas que supoñen limitar asliberdades civís e políticas básicas dos membrosdo grupo, co obxecto de preservar a cohesióncomunitaria ou asegurar o mantemento dedeterminadas tradicións. Kymlicka consideraque as restricións internas son inadmisíbeisnunha sociedade liberal; pero as protecciónsexternas non só son admisíbeis senón que per-miten desenvolver de forma máis profunda osvalores liberais. Obviamente, as medidas actuaise propostas en materia de normalización da lin-gua galega definiríanse como de protecciónexterna. Algunhas destas medidas, como noscasos da acción afirmativa contra a discrimina-ción racial ou de xénero, deberían ser de caráctertemporal, en canto haxa probas de que a des-vantaxe permanece.

Unha política lingüística democrática implicaque toda a sociedade entre no diálogo sobre abondade e lexitimidade dos seus obxectivos emétodos, en palabras de Ramón Máiz:

Non hai dereitos colectivos, institucións inclu-sivas nin políticas de recoñecemento sendemocracia en sentido forte que converta osseus destinatarios en autores dos mesmos, senque os propios membros da comunidadenacional, isto é, maiorías, minorías e cidadánssingulares de diversas procedencias, poidanarticular e lexitimar mediante discusiónspúblicas, baixo os principios de respecto moraluniversal e reciprocidade igualitaria, as aspira-cións, obxectivos e demandas, o alcance mes -mo da súa plural identidade nacionalitaria.

A promoción da lingua galega comopolítica de liberdade culturale desenvolvemento humano. As linguas a favor dos galegos e das galegas

Considero un requirimento democrático bási-co que a política lingüística se desenvolva enfavor dos galegos e galegas (Sen). Isto podesemellar unha verdade de pé de banco pero éhabitual que os humanos nos alleemos dasnosas propias creacións, e estas cobren unhanatureza que se volve contra nós. Neste textosomos cautelosos coas versións reificadas daslinguas, coa consideración dos obxectivos lin-güísticos como un fin en si mesmo, no que aspersoas que o utilizan serían un mero instru-mento portador.

Page 8: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

39

son os límites da normalización lingüística encanto enxeñería social. A primacía da autonomíapersoal e a consideración kantiana das persoascomo un fin en si mesmo, fan que se establezaunha certa prevención cara á cousificación daslinguas: “a liberdade cultural consiste en ampliaras opcións individuais e non en preservar valoresnin prácticas como un fin en por si cunha leal-dade cega cara ás tradicións” (IDH 2004).

Por que é bo falar en galego?

Neste apartado imos argumentar máis en concre-to cal é o valor que pode ter a lingua galega paraas galegas e galegos, globalmente para a nosasociedade, e tamén para o conxunto da humani-dade. Mostramos en que sentido a promociónpública da lingua galega pode comprendersecomo un factor de desenvolvemento humano.

O VALOR PARA AS PERSOAS

O multilingüismo amplía as capacidades das persoas

A Unión Europea indícanos que “o termo multi-linguismo aplica-se a uma situação na qual diver-sas línguas são faladas numa dada área geográfica eà capacidade de uma pessoa dominar várias lín-guas. Assim, o multilinguismo é uma característi-ca-chave da Europa em ambas as suas acepções. Asvantagens de conhecer línguas estrangeiras sãoinquestionáveis. A língua é via para a compreensãode outros modos de vida, o que, por sua vez, abreo caminho para a tolerância intercultural. Alémdisso, as competências linguísticas tornam maisfácil trabalhar, estudar e viajar através da Europa epermitem a comunicação intercultural”.

Tamén establece como “factores determinan-tes numa sociedade multilingue:

• O objectivo a longo prazo de que todos oscidadãos da UE falem duas línguas para além dasua língua materna.

• Aprendizagem de línguas ao longo da vidadesde uma idade muito precoce.

• A importância da educação”.

O multilingüismo ten unha importanciapráctica inmediata ao ampliar as oportunidadesdas persoas de cara a comunicárense cun abanomáis amplo de xente. Disto derívase unhaampliación das oportunidades para o coñece-mento, vivencias, etc, o que amplía á súa vez asoportunidades profesionais, laborais, académi-cas, etc. No noso caso, a lingua galega significaunha ampliación das posibilidades comunicati-vas, con respecto ao castelán, en dúas dimen-

Page 9: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

40

Ten xerado gran confusión a utilización dotermo bilingüismo4, non como un obxectivosocial, senón como forma de actuación públicaque trata de xeito formalmente equiparábel dúasrealidades cunha desigualdade real de fondo.Faise difícil separar os conceptos dos seus con-textos de utilización, e comprendemos comomoitos activos na promoción do galego son remi-sos á utilización do termo bilingüismo —moitomenos no caso catalán e vasco— ao asocialo a undiscurso e unha práctica políticas concretas, e porestar connotado cos detractores da normalizaciónlingüística. Pero en ningún caso nos podemosdesprender dos significados operantes a nivelinternacional, o multilingüismo está valorado deforma altamente positiva e viábel como realida-de, como obxectivo e como política favorecedoradun multilingüismo efectivo.

É importante concibir a promoción do idio-ma galego como unha estratexia para aumentaras capacidades humanas; dito en negativo, quenon reducimos as oportunidades relacionadas couso do castelán. Como sinala Will Kymlicka “asdesigualdades no acceso a unha lingua privilexia-da constituían unha das principais orixes doutrasdesigualdades sociais. A igualdade social só pode-ría acadarse a través da igualdade na aprendizaxee o uso da lingua”. Entendo que a promoción doidioma galego non debe identificarse cunha min-gua das posibilidades que nos ofrece o castelán,non só porque sexa pouco realista, senón porqueestariamos pechando portas ás galegas e galegos.En todo caso, non hai ningunha base empíricaque poida sustentar ese futuríbel; o que sabemosa día de hoxe é que as persoas que dispoñen dealtas destrezas en lingua galega, tamén as teñenen lingua castelá.

Multilingüismo para todos e todas

Teño comentado noutros lugares que a únicasociedade monolingüe que podería chegar a mate-rializarse en Galiza sería en castelán, e que na prác-tica os galegofalantes somos os bilingües reais(Subiela 2002). As accións en favor do galego sonaccións para que Galiza sexa unha comunidadeefectivamente multilingüe. Non creo que deba-mos caer en lóxicas do que Manuel Castells deno-mina “a exclusión dos exclusores polos excluídos.É dicir, a construción dunha identidade defensivaen termos das institucións/ideo loxías dominantes,invertendo o xuízo de valor, mentres se reforza afronteira”. A alternativa como sociedade ao mono-lingüsmo en castelán non é o monolingüsmo engalego, non é desexábel que nós perdamos capaci-dade de comunicación co espazo comunicativo docastelán, pero isto é unha ensoñación que nonresiste dous paseos por calquera lugar do país.

sións: intensiva, que profundiza e aumenta a sig-nificación en relación cos galegos e galegas, etamén a comprensión da súa cultura e territorio—moi semantizado—; e extensiva, estendendoas oportunidades de comunicación ao espazo lin-güístico do portugués.

A campaña da Universidade de Vigo: Europaé plurilingüe, quen sabe galego sabe algo máis3,recolle de forma sintética os beneficios do pluri-lingüismo no referente á ampliación das capaci-dades cognitivas, capacidades de aprendizaxe, een xeral un ensanchamento das oportunidadesen sentido amplo. O feito de aprender varias lin-guas desenvolve en si mesmo as capacidadescogniti vas: mellora o desenvolvemento das habi-lidades lingüísticas en cada unha das linguasreferidas, facilita a aprendizaxe de novas linguas,e ten efectos positivos sobre o desenvolvementoda aprendizaxe en xeral (Fernández Paz e outros).Estes autores —Fernández Paz, Lorenzo e Ra -mallo— sinalan ademais que a “dedicación detempo de instrución nunha lingua socialmenteminoritaria durante a formación educativa nonlimita o desenvolvemento académico na linguamaioritaria”.

Na sociedade do coñecemento a ampliación decapacidades cognitivas e comunicativas ten unharelevancia moi diferente á de outras épocas. A Axen-da de Lisboa apostaba por unha eco nomía fundadano coñecemento como unha estratexia de competi-tividade para Europa. O coñecemento de linguas ea mobilidade cognitiva son factores relevantes áhora de desenvolverse na nova sociedade. Por unhaparte a mobilidade persoal e os fluxos de infor -mación fan máis necesaria a utilización doutrosidiomas; e por outra parte, a centralidade do coñe-cemento na nova economía, fai pivotar parte dainnovación e da creatividade nas palabras e no diá-logo; ademais nas “industrias da imaxinación” aslinguas son materia constitutiva da produción e oconsumo. Apostar polo multilingüismo é un inves-timento en capital humano.

Linguas que suman

O conxunto das políticas lingüísticas desenvolvi-das en Galiza, mesmo as propostas máis ousadasneste sentido, son políticas tendentes a procurar omultilingüismo, comprendido como unha formana que o conxunto da cidadanía dispoña de xeitoefectivo do castelán, e galego (e do portugués). Aomeu xuízo, as accións públicas, privadas e sociaisde promoción do idioma galego teñen o multilin-güismo como meta social; outra cousa é que paraacadar este obxectivo os poderes públicos debanactuar decididamente en favor do galego, paracompensar a desigualdade estrutural de partidaentre as diferentes comunidades de falantes.

Page 10: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

41

Porén, as propostas contrarias á normaliza-ción lingüística alentan na práctica a ignoranciado idioma galego, ao meu xuízo, reducen a liber-dade e restrinxen as capacidades dos cidadáns ecidadás de Galiza. Non é moi comprensíbel queteñan patrimonializado o termo bilingüismocando, se facemos caso das súas demandas, moi-tas persoas deixarían de utilizar e mesmo coñecerunha das linguas da comunidade, poderán teroutros valores, pero non o bilingüismo. Comoben di o documento da Universidade de Vigo,Europa é plurilingüe, quen sabe galego sabe algomáis: “ninguén terá liberdade para falar/escribirentre varias linguas se só sabe falar e escribirunha. Non pode haber liberdade lingüística sencoñecemento lingüístico”.

É razoábel que algúns pais e nais teñandúbidas sobre como pode interferir na aprendi-zaxe das súas fillas e fillos o feito de que o gale-go sexa a lingua vehicular maioritaria, candoeste non é o seu idioma habitual. É normal quehaxa resistencias ao cambio en organizaciónsque sempre operaron en castelán. É comprensí-bel que xurdan dúbidas sobre a virtualidade dautilización da lingua galega nun espazo, candoao saír de alí todos se van expresar en castelán,idioma no que se senten máis cómodos. É en-tendíbel que alguén cuestione se compensatanto esforzo apoiar un idioma que algúns xadan por morto. As dúbidas non hai que oculta-las, hai que afrontalas e superalas. Non seicomo será o futuro do idioma galego, pero encanto haxa galegofalantes —que na actualidadeson maioría— as políticas lingüísticas debengarantir a súa liberdade e igualdade de oportu-nidades. Hai que observar tamén, que a maio-ría dos argumentos e propostas que se recollenneste texto son valiosas tanto para os que falangalego, como para os que non o fan.

Identidade (expresiva) fornecedora de autoestima

Na sociedade moderna, a identidade non é algodado, unha mera adscrición a un colectivo,senón que é un exercicio de liberdade de opciónno que se conectan elementos dunha traxectoriavital ou colectiva cun proxecto que te vincula adeterminada comunidade humana. A identidadeprecisa que haxa posibilidade de opción, “despoisde todo, preguntar “quen es ti?” só cobra sentidocando se cre que un pode ser alguén diferente aoque é” (Bauman). Que un opte polo que tenmáis próximo, polo “propio” non deixa de serunha opción, “incluso a decisión de afirmar unhaidentidade minoritaria adquirida ao nacer non éxa unha actitude natural senón que se convertenun acto de elección ante toda unha gama dealternativas accesíbeis” (Baubök).

Xuntanzas e presentación pública do Plan de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol. Imaxes da publicación

En galego chegarás moi alto

3 http://webs.uvigo.es/plurilinguismo/index.html4 O bilingüismo en Galiza sempre tivo diversas acepcións que se mes-

turan entre si: (1) unha descrición da realidade galega en canto

comunidade con dúas linguas, e definición das persoas que dispoñen

de competencia comunicativa en galego e castelán, ou que utilizan

as dúas linguas; (2) unha proposta ideolóxico-discursiva que consi-

dera bo o feito de dispor de dúas linguas na sociedade; (3) unha

política desenvolvida pola Administración autonómica que tiña

como sostén teórico a idea do bilingüismo harmónico.

Page 11: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

42

identidade reflexiva que poña en relación o queun/ha é co que un/ha ambiciona ser, a identida-de debe ser tamén unha estratexia emancipadoraque nos permita mellorar as nosas vidas.

A potencialidade da comunicación lusófona

O idioma galego ofrece unha oportunidadeextraordinaria para conectarnos cun espazocomunicativo internacional nunha das linguasmáis faladas do mundo, o que rompe en parte aconsideración do galego como lingua mino -ritaria. Neste sentido deberiamos estreitar arelación simbólica co mundo lusófono, e incre-mentar de xeito importante os intercambioscomunicativos entre as comunidades de linguaportuguesa e Galiza. Ao meu xuízo, deberiamosdesconnotar ideoloxicamente esta conexión, eapreciar a po tencialidade para a cidadanía gale-ga —que a Comunidade de Estremadura nosleve a dianteira neste ámbito mostra un com-plexo un tanto absurdo—, non aproveitala limi-ta as oportunidades das que os galegos e galegaspoderían dispor con escaso esforzo suplementa-rio. Obviamente, este vencello ten proveito paraa sociedade galega en diversas dimensións: éimportante na cualificación persoal, como novohorizonte de oportunidades, para reforzar nexosculturais ou de cooperación económica e socialcon áreas estratéxicas para Galiza. É especial-mente interesante reforzar os nosos vínculos coaeurorexión Galiza-Norte de Portugal, e tamén apotencialidade de Brasil para a nosa relacióncon América.

Ter ao alcance dúas linguas de comunicacióninternacional é un recurso que nos abre posibili-dades en moitos planos. Definir actuaciónspúblicas que permitan un fluxo fluído de infor-mación coas áreas lusófonas e unha competenciacomunicativa efectiva en lingua portuguesa éclave para ampliar as capacidades dos cidadánse cidadás e da sociedade galega.

O VALOR PARA A COMUNIDADE

A identidade como proxecto, estratexia para contarno mundo

A identidade é relevante para as persoas, perotamén é clave para a comunidade en moitosaspectos. A lingua é un factor clave para singu -larizarnos como un suxeito que opera no mundo,que é recoñecíbel externamente, que se sabe quené. Como se fose un valor de marca, o idiomagalego asígnalle á nosa comunidade un perfilpropio nun mar de indiferenciación; de non telo,estariamos inventando algún substitutivo quenos identificase. O idioma galego opera externa-

Na nosa sociedade tradicional a opción lin-güística non era real, entre outras cousas porqueboa parte da sociedade apenas tiñan un dominioprodutivo do castelán. Na modernidade, os quereivindican o idioma galego son xente cun domi-nio completo da lingua castelá que optan por uti-lizar o galego, e cando utilizan esta lingua ten unimportante compoñente expresivo. Especialmen-te para os falantes que utilizan o galego en todoo seu repertorio comunicativo, o acto de comu-nicación leva implícita unha maneira de mostrar-se ao mundo. As súas palabras van máis alá dafunción comunicativa, “expresan” o seu vínculocoa comunidade, que normalmente ten unhaimportante carga emotiva relacionada cunha tra-xectoria vital. Falar galego é un xeito de(de)mostrar o teu compromiso cunha comunida-de —entendida esta como se queira—. CandoCelso Emilio Ferreiro di “eu fáloa porque sí, por-que me gosta / porque me peta e quero e dáme agaña” o realmente relevante é manifestar queestás falando esa lingua como un acto expresivo, ofalante quere que os outros perciban a súa men-saxe implícita.

O cambio de valores culturais e a expansióncara aos valores da autoexpresión —fronte aosvalores da supervivencia— (Inglehart & Welzel)está na base da evolución da vindicación lingüís-tica en Galiza. Este cambio vai ao ritmo do tras-paso xeracional. Sempre houbo valores deautoexpresión, mais eran reduto das clases aco-modadas, a partir do proceso de modernización—especialmente das cohortes de galegos que xase criaron cunha certa folgura— fóronse esten-dendo á unha parte relevante da sociedade galegaos novos valores da autoexpresión5. Este cambiocultural dá conta do desfase paradoxal entre ouso e a valoración da lingua galega na nosa socie-dade; especialmente no caso das novas xeracións,apréciase unha boa actitude cara a este idioma ámarxe da súa utilización. A expresión adoptadapor Xan Bouzada e Anxo Lorenzo, lingua deliberdade, sintetizaba moi ben os novos usos dalingua galega; o idioma aparece como un com-poñente dunha identidade expresiva, que ossuxeitos utilizan como unha maneira de mostrar-se no mundo.

Pero a identidade tamén é complexa —múlti-ple e variable— e muda en función dos contex-tos e dos “outros” sobre os que se define o “eu”.Non é algo simplemente externo, no que as per-soas se relacionan co mundo exterior, é algoconstitutivo do propio “eu”, a identidade é unproxecto sempre en proceso. Desde aquí alenta-mos a consciencia da propia identidade; se aidentidade non é só o que un é senón comoun/ha se vai facendo —en relación co entorno—,cobra moita relevancia a reflexividade. Unha

Page 12: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

43

mente como un intanxible valioso para toda acomunidade, máis alá dos seus falantes.

Na actualidade, a lingua é un factor clave paraa autoestima colectiva da cidadanía galega; fainosequivalentes a outras comunidades máis avanza-das —da península e do mundo—. Aquela carac-terística asociada a unha sociedade en declive eun signo do atraso, reinterprétase como unhaparticularidade digna de manter, un valor enga-dido na modernidade. Veremos máis adiantecomo a política lingüística en canto política do re -coñecemento permite converter a identidade nega-tiva en identidade positiva, algo do que estarorgullosos. Igual que no plano individual a auto-estima é un factor clave para o desenvolvemento,un xerador de confianza que permite sabernoscapaces, un compoñente enerxético para impul-sar proxectos. Yes, we can.

Obviamente, non é responsabilidade da lin-gua galega nin da política relacionada o futuro dopaís, por suposto. Estamos subliñando, comoxogou e xoga no reforzamento dunha identidadepositiva de nós mesmos/as, e como esta contri-búe a reforzar as capacidades individuais e colec-tivas. Estamos falando de bastante máis que acontabilización da xente coa que nos podemoscomunicar.

A forza da cooperación, estreitar os lazos

Falamos moito ao longo do texto da liberdade eda igualdade, pero a lingua galega tamén podeser unha fonte de fraternidade. A lingua galegareforza e actualiza a idea de comunidade; pro-move unha forma de identidade que reforza osvencellos de relación entre nós e de compromi-so co país, lazos vinculantes froito da vontade.Permite xerar un espazo contextualizado para acooperación, esta versión da identidade fortale-ce o valor de pertenza, o que permite formarcapital social e fortalecer a contribución ao bencomún. Fainos partícipes dun proxecto compar-tido, temos poder para construír o noso futuro(Arendt). Os galeguistas sempre se denomina-ron como irmáns, nunha irmandade que nonvai contra ninguén, senón a favor da emancipa-ción e dunha comunidade de solidariedadereforzada. Non mingua os nosos lazos co restodo mundo —nin lonxano, nin próximo—, aconcepción de Galiza como “célula de universa-lidade” permítenos “traballar para facer quetodos os seres humanos formen parte da nosacomunidade de diálogo e sexan da nosa incum-bencia” (Nussbaum).

A lingua facilita a xeración dun espazo comu-nicativo propio, que permite aumentar os vence-llos entre a cidadanía galega, reforza a densidadedas relacións e incrementa o noso capital social;

5 “A dimensión da autoexpresión fronte á supervivencia pon de

manifesto a existencia dunha síndrome de tolerancia, confianza,

énfase no benestar subxectivo, activismo cívico e autoexpresión que

xorde nas sociedades postindustriais con niveis altos de seguranza

existencial e autonomía individual. No polo oposto, as persoas que

viven en sociedades con inseguranza existencial e ríxidas restricións

sociais e intelectuais á autonomía humana tenden a acentuar a

seguridade física e económica por riba de todo o demais. [...] Os

novos valores de autoexpresión transforman a modernización nun

proceso de desenvolvemento humano ao fomentar unha sociedade

que está cada vez máis centrada nas persoas” (Inglehart & Welzel).

Page 13: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

44

mover unha reciprocidade igualitaria, de xeito queos membros das mino rías culturais non merezanmenores dereitos que a maioría (Benhabib). Esterecoñecemento ten relevancia para a autoestima,para o benestar das persoas e para a súa proxec-ción en diferentes campos da vida; en negativo, alingua galega pode ser unha marca de identidadenegativa, un estigma de procedencia, mais taménpode ser positiva: o idioma galego como valor deautoexpresión, algo do que un se sente orgulloso.A contabilización de cantos falan en galego porveces eclipsa a valoración de como o falan, canti-dade e calidade son importantes; a política lin-güística debe atender que o uso da lingua galegasexa un motivo de orgullo e desenvolvementopersoal. As medidas que fomentan o prestixio doidioma galego non implican só a mellora de acti-tudes para manter ou gañar falantes, o prestixiopermite a reconsideración positiva de moitosfalantes, e a desocultación deste idioma en moitosámbitos.

A lingua é unha forma de recoñecer o valordas comunidades ás que está asociada e dos seusfalantes. No sentido da modernidade reflexiva, alingua é un xeito de valorizar os saberes e as for-mas de vida da sociedade tradicional, favorecen-do a recuperación simbólica dese patrimonio, enboa medida esquilmado pola “barbarie moder -nizadora” (Lorenzo Gallego). Unha estratexiamoderna de apropiación dos elementos valiososda tradición, que promove un tránsito máis sau-dábel destes suxeitos cara á nova sociedade. Nunpaís onde a inmensa maioría somos labregos desegunda ou terceira xeración, este proceso adqui-re trazos de epopea familiar. Atribuír dignidade aesta cultura implica unha certa conciliación coaprocedencia.

Pero non só opera a respecto do de antes,tamén afecta aos usuarios habituais desta linguana actualidade. Prestixiar o idioma galego impli-ca a reconsideración do mundo popular. A dife-renciación entre a cultura culta e as culturaspopulares (Grignon & Passeron) presenta en cal-quera país unha dominación simbólica, que estáatravesada no noso caso pola diferenza lingüísti-ca. O prestixio dun signo asociado ao mundopopular permite mudar as actitudes dos sectorespopulares cara a si mesmos e á súa producióncultural. Dicía Castelao: “abondaríalle ser a falado pobo traballador para estar diñificado de porsi, pois o galego é unha executoria viva do traba-llo e unha cédula honrosa de cibdadanía e demo-cracia. Non esquezamos que se aínda somosgalegos é por obra e gracia do idioma”. A valori-zación da lingua galega reivindica a dignidade dotradicional e do popular.

A promoción da lingua galega ten unhadimensión de inclusividade simbólica e de inte-

todo isto sen reducir as capacidades de conexióncon persoas, entidades, empresas, institucións...de fóra de Galiza. Na sociedade da información alingua é un activo para xerar un espazo comuni-cativo virtual, un factor que te identifica no ci -berespazo. O feito de que as novas formas decomunicación transcendan a dimensión espacialabre unha nova oportunidade para ampliar esacomunidade virtual ao conxunto das galegas egalegos esparexidos polo mundo.

A lingua galega tamén é clave para o desen-volvemento dunha comunidade cultural. A lin-gua é vital no caso galego para xerar un espazo decreatividade, non só recrear unha tradición, unhahistoria, o idioma galego permite crear unmundo cultural propio. A lingua introducetamén o valor das raíces, dunha herdanza cultu-ral, que se asenta tanto na tradición —na cul turaen sentido antropolóxico—, como na historiacultural e intelectual. Isto define unha traxecto-ria, unha comunidade de sentido que comparteun mundo de significados que se actualizan e seproxectan cara ao futuro. A lingua é a materiacoa que se fan moitas das creacións culturais, etamén xera unha comunidade cultural (produ-ción, consumo, análise, etc.), unha economía,unha didáctica, unha estética... Alentamos unha po -lítica cultural que faga do idioma galego unhaestratexia para abrir un campo de posibilidadesautónomo, que non sexa autorreferencial, quenon limite, que potencie.

Dignidade igualitaria e integración social

A identidade pode vivirse como algo desprezábel,do que un se avergonza e do que preferiría des-prenderse. “A miña propia identidade depende,en forma crucial, das miñas relacións dialóxicascos demais” (Taylor); se os “outros” nos devolvenunha imaxe degradante ou limitativa de nósmesmos acaba internalizándose e producindounha autodepreciación, unha identidade negativa.“Existe unha profunda necesidade humana de verrecoñecida e respectada por outros a propia iden-tidade. Percibir que a propia identidade é omitidaou pouco recoñecida pola sociedade produce undano profundo no sentido persoal do propio res-pecto. Os dereitos das minorías satisfacen a nece-sidade deste recoñecemento” (Kymlicka).

Fronte á identidade negativa aínda presente nonoso país, a política lingüística ten un compo-ñente de promoción da dignidade igualitaria e daidentidade positiva de todas as persoas. Unha polí-tica do recoñecemento (Taylor) procura unha igualdignidade aos falantes da lingua que ten conside-ración social desprestixiada. Os poderes públicosdeben actuar sobre unha das fontes de discrimi-nación social que opera na sociedade galega; pro-

Page 14: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

45

gración social, “recoñecer unha lingua implicamáis que a súa mera utilización. Simboliza o res-pecto polas persoas que a falan, a súa cultura einclusión total na sociedade” (Kymlicka). Ten unvalor importante para a cohesión social e territo-rial das galegas e galegos; diversas dinámicas deexclusión social existentes en Galiza tamén estánatravesadas pola diferenza lingüística, como ocaso da fenda territorial. Por outra banda, a pre-senza do galego favorece o nexo interxeracional,xa que leva implícita a valorización dun mundoque se desenvolvía maioritariamente en galegonoutro tempo; os vellos perciben que parte domundo que eles viviron é un legado digno deconsideración.

En moitos sentidos o galego é a lingua dopobo, “a énfase na importancia do ‘pobo’ repre-senta unha fonte de dignidade para todos osindividuos, sexa cal sexa a súa clase. [...] O uso dalingua do pobo é unha confirmación de que acomunidade política pertence en realidade aopobo e non á elite. De modo que non debera sor-prendernos que a maioría das persoas sintan unprofundo vínculo emocional co vernáculo, unvínculo que vai máis alá do interese puramenteinstrumental” (Kymlicka).

O VALOR PARA A HUMANIDADE

Diversidade cultural

A diversidade consiste en apreciar o valor exter-no da cultura para os que non pertencen a ela,pero tamén ten un valor para os individuos encanto accesibilidade a outras culturas asociadasa grupos diferentes do propio. É dicir, creo quea importancia da diversidade non ten que vercoa “diferenza” cultural, máis coa ampliacióndas oportunidades das persoas a través do diá-logo intercultural. A experiencia históricaadvírtenos que pode haber contacto culturalempobrezedor e degradante. O diálogo queaquí se alenta é o que amplía as oportunidadesa través do diverso.

En palabras de Rainer Baubök “o valioso dadiversidade non é simplemente a diferenza,senón o feito de que proporciona oportunidadesde comunicación entre formas de vida elixidas ereflectivas. Non hai por tanto ningunha xustifi-cación para impor a diversidade segregando gru-pos e animándoos a procurar preservar prácticasculturais tradicionais. A diversidade accesíbel ealgo que se opón tanto á uniformidade a travésda asimilación como á diferenza a través da segre-gación”. Entendo que as sociedades modernasnon poden comprender as culturas como totali-dades holísticas, e por tanto, a diversidade é algoconstitutivo de calquera sociedade moderna, que

“Recoñecer unha lingua implica máis

que a súa mera utilización. Simboliza o

respecto polas persoas que a falan, a súa

cultura e inclusión total na sociedade”

W. Kymlicka

Page 15: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

46

galego e a convivencia lingüística. Esta forma degobernar procura unha maior lexitimidade, perotamén unha maior eficacia. Establecer leis, nor-mas, ou plans, e facer que se cumpran é un com-poñente necesario pero non suficiente para arecuperación dunha lingua, como nos sinalan aspropostas de reversión da substitución lingüística(Fishman). Débense xerar dinámicas de diálogo ecooperación entre os diversos actores que operanna promoción da lingua galega, liderados polodepartamento responsábel.

Continúa sendo o momento de promovergrandes consensos —tales como o xerado arredorda Lei de Normalización Lingüística ou do PlanXeral de Normalización da Lingua Galega—, queincorporen nunha estratexia compartida os prin-cipais actores: as forzas políticas galegas, os axen-tes representativos da sociedade galega, incluíndoas institucións máis relevantes, os axentes de pro-moción da lingua galega na sociedade, etc. Enperíodos anteriores había unha certa confusiónsobre a maneira de acadar este consenso. A pro-cura dunha boa receptividade das accións dapolítica lingüística adoitaba ir ligada á laxitude,evitar problemas conxugando un alto grao decompromiso formal e un baixo grao de interven-ción efectiva. Entendo que evitar a crispaciónsocial en materia de linguas é un obxectivo va -lioso para a sociedade galega e para o propio pro-ceso de normalización lingüística, pero este debefundamentarse en consensos fortes sobre basessólidas: compromisos integradores para o con-xunto da sociedade.

Fronte a un imaxinario que concibe o proble-ma como unha guerra entre linguas, un xogo desuma cero; desde aquí alentamos unha concep-ción moral e política que promova a igualdadeefectiva de dereitos, e considere a lingua galegacomo un ben público valioso para o conxunto daci dadanía galega; defendemos unha política lin-güística que fomente a liberdade cultural para odesenvolvemento humano. As ideas que aquírecollemos, obviamente, non son as razóns dalingua galega, son algunhas das razóns que podenter as persoas para falar este idioma, e as razónsque xustifican unha intervención pública de pro-moción da lingua galega lexítima e democráticaen favor dos e das galegofalantes e do conxuntoda sociedade galega ■

pode reforzar por consideralo algo valioso a tra-vés do diálogo con “outras culturas”.

Obxectivos lexítimos dunha políticalingüística galega. O valor público dalingua galega

“Para expandir as liberdades culturais, requírensepolíticas explícitas que aborden as negacións dasliberdades culturais” (IDH 2004). As políticaslingüísticas en Galiza abordan esta situación.Para que unha comunidade cultural “minorita-ria” exista como opción é necesario que as insti-tucións velen pola súa supervivencia. As minoríasteñen dereito como as maiorías a utilizar ospoderosos recursos do Estado moderno paramanter e desenvolver a súa cultura nacional(Kymlicka).

No noso caso, as institucións do autogobernodeben salvagardar a lingua galega como un valorpúblico a protexer, algo valioso que debe desenvol-verse para que poida ser unha alternativa que per-maneza viva para os habitantes de Galiza presentese futuros. A sustentabilidade dunha comunidadelingüística (Bastardas) quere dicir salvagardar uncompoñente valioso para as persoas, e incorporarna reflexión tamén ás xeracións futuras, deberamoscederlle o mundo ás nosas fillas e fillos igual oumellor que como o recibimos.

As culturas teñen un valor intrínseco: “as dis-tintas culturas considéranse depositarias de formasúnicas de creatividade e realización humana e dei-xalas desaparecer é perder algo de valor intrínseco.Os dereitos das minorías preservan estas culturasintrinsecamente valiosas” (Kymlicka).

O concepto de lingua propia pode ser consi-derado neste sentido, os poderes públicos galegosson os encargados de velar polo desenvolvemen-to da lingua como un ben público intanxíbelvalioso para o conxunto da comunidade, e comounha opción efectiva na nosa sociedade. A sus-tentabilidade da lingua galega implica manter ascondicións de posibilidade dunha comunidadegalegófona, e o desenvolvemento dun espazocomunicativo galegófono. Tamén implica asumiro galego como idioma propio das instituciónspúblicas galegas, e a utilización preferente desteidioma como estratexia de compensación da des-igualdade estrutural de fondo.

Democracia e gobernanza lingüística

A gobernanza é a forma máis acaída de xestionara complexidade, e afrontar de maneira máisdemocrática a materia lingüística. A política daslinguas debe desenvolverse en diálogo cos cida-dáns, en especial cos directamente afectados, eimplicando os axentes sociais que promoven o

Page 16: As razóns da lingua galega - USCwebspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/02-2...lantes, da lingua galega, e para o conxunto da sociedade galega

47

Kymlicka, Will (1996 [1995]). Ciudadanía multicultural. Unateoría liberal de los derechos de las minorías. Barcelona:Paidós.

Kymlicka, Will (2003 [2001]). La política vernácula. Nacio na -lismo, multiculturalismo y ciudadanía. Barcelona: Paidós.

Lorenzo Gallego, Marcos (2005). Liquidación de existencias.Ourense: Difusora.

Lorenzo Suárez, Anxo (2005) “Planificación lingüística de baixaintensidade: o caso galego, en Cadernos de Lingua 27. A Co -ruña: Real Academia Galega.

Máiz Suárez, Ramón & Safran, Willian (coords.) (2002 [2000]).Identidad y autogobierno en sociedades multiculturales.Barcelona: Ariel.

Miller, David (1997 [1995]). Sobre la nacionalidad. Barcelona:Paidós.

Monteagudo, H. (1999). Historia social da lingua galega. Vigo:Galaxia.

Monteagudo, H. (2002). “A lingua galega na sociedade: des cri -ción actual e perspectivas de futuro”, en VV.AA., A nor -malización lingüística a debate. Vigo: Xerais, pp. 7-46.

Morin, Edgar (2003 [1990]). Introducción al pensamientocomplejo. Barcelona: Gedisa.

Moure, Teresa (2003). “A batalla das linguas no mundo actual.Multilingüismo e antiglobalización”, en Grial 160. Vigo:Galaxia.

Nelde, Peter & Strubell, Miquel & Willians, Glyn (1996).Euromosaic: Producción e reproducción de grupos lingüísticosminoritarios da Unión Europea. Santiago de Compostela:Xunta de Galicia.

Nussbaum, Martha C. (1999 [1996]). Los límites del patriotismo.Identidad, pertenencia y “ciudadanía mundial”. Barcelona:Paidós.

Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD)(2004) Informe sobre desarrollo humano 2004. Libertadcultural en el mundo diverso de hoy. Barcelona: Mundi-Prensa.

Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel: (2000 [1961]). Sempre enGaliza. Vigo: Galaxia.

Romaine, Suzanne (2002) “The Impact of Language Policy onEndangered Languages”, en Koenig, Matthias (ed.) IJMS Vol.4, No. 2, 2002 Protecting Endangered Minority Languages:Sociolinguistic Perspective, UNESCO.

Subiela, X. (2002). “Política lingüística en Galicia”. En VV.AA.,A normalización lingüística a debate. Vigo: Xerais, pp. 83-130.

Taylor, Charles (2001 [1992]). Multiculturalismo y la “políticadel reconocimiento”. Madrid: FCE.

UNESCO-Ad hoc Expert Group on Endareged Languages (2003).Language Vitality and Endargement, UNESCO.

Varennes, Fernand de (1997). Hablar o no hablar. Los derechosde las personas partenecientes a minorías lingüísticas. Grupode traballo sobre as minorías das Nacións Unidas.

Bibliografía

Álvarez Cáccamo, Celso (1987). “Fala, bilingüísmo, podersocial”, Agália, 10, AGAL, pp. 127-150.

Bastardas i Boada, Albert (2004). “Cap a una ‘sostenibilitatlingüística’”, en Diàleg sobre ‘Diversitat lingüística,sostenibilitat i pau’ Barcelona: Fòrum Universal de lesCultures.

Baubök, Rainer (1999). “Justificaciones liberales para losderechos de los grupos étnicos”, en García, Soledad &Lukes, Steven: Ciudadanía: justicia social, identidad yparticipación. Madrid: Siglo XXI.

Bauman, Zygmunt (2005). Identidad. Madrid, Losada.Beck, Ulrich & Giddens, Anthony & Lash, Scot (2001 [1994])

Modernización reflexiva. Madrid: Alianza.Benhabib, Seyla (2006 [2002]). Las reivindicaciones de la cultura.

Igualdad y diversidad en la era global. Buenos Aires: Katz. Berlin, Isaiah (1998 [1969]). “Dos conceptos de libertad”, en

Cuatro ensayos sobre la libertad. Madrid: AlianzaBourdieu, Pierre (1999 [1985]). ¿Qué significa hablar? Economía

de los intercambios lingüísticos. Madrid: Akal.Bouzada, X. (2005). “Cambio de valores e o futuro da lingua

galega”, Grial 165, pp. 80-93.Bouzada, X. & Lorenzo Suárez, A. M. (1997). O futuro da lingua.

Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.Calvet, Louis-Jean (1998 [1996]). A (Socio)lingüística. Santiago

de Compostela: Laiovento.Carvalho Calero, Ricardo (1990). Do galego e da Galiza. Santiago

de Compostela: Sotelo Blanco.Castells, Manuel (2003 [1997]). La era de la información, vol. 2.

El poder de la identidad. Madrid: Alianza.Cidadania, Rede de Aplicacións Sociais (2002). O proceso de

normalización do idioma galego (1980-2000). Volume I:Política lingüística: análise e perspectivas. Santiago deCompostela: Consello da Cultura Galega.

Fernández Paz, A & Lorenzo Suárez, A. M. & Ramallo, F. (2007).A planificación lingüística nos centros educativos. Santiagode Compostela: SXPL-Xunta de Galicia.

Fernández Rodríguez, Mauro (2000). “Cuando los hablantes seniegan a elegir: multilingüismo e identidad múltiple en lamodernidad reflexiva”, en Estudios de Sociolingüística (1),Universidade de Vigo.

Ferreira, Xavier & Nogueira, Alba & Tato, Anxo & Villares, Luís(2005). Estatuto xurídico da lingua galega. Vigo: Xerais.

Garcia Negro, Maria Pilar (2000). Direitos lingüísticos e controlpolítico. Santiago de Compostela: Laiovento.

Grignon, Claude & Passeron, Jean Claude (1992). Lo culto y lopopular. Madrid: La Piqueta.

Grin, François (2000). Evaluating policy measures for minoritylanguage in Europe. Flensburg: European Centre for MinorityIssues (ECMI).

Inglehart, Ronald & Welzel, Christian (2006 [2005]). Moder -nización, cambio cultural y democracia: la secuencia del de -sarrollo humano. Madrid: CIS

Koenig, Matthias (1998). El buen gobierno democrático en lassociedades multiculturales. Documento de debate nº 30,MOST, UNESCO.