lingua galega oral, escrita e estándar - inicio - usc · lingua galega oral, escrita e estándar...
TRANSCRIPT
Lingua galega oral, escrita e estándar
Ana Isabel Boullón Agrelo
GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO
2017/2018
FACULTADE DE FILOLOXÍA
DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA
2
FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA
AUTORA: ANA ISABEL BOULLÓN AGRELO
Edición electrónica. 2017
ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.
3
1. Descrición da materia
Nome Lingua galega oral, escrita e estándar
Código G5051323
Tipo: Obrigatoria
Titulación: Grao en Lingua e Literatura Galegas
Curso: 3º
Centro: Facultade de Filoloxía
Créditos: 6 ECTS
Semestre: 1º
Lingua nas aulas: Galego
Formación previa: Dominio instrumental avanzado da lingua galega. Coñecemento das ferramentas básicas de análise lingüística
Profesora: Ana Isabel Boullón Agrelo ([email protected]) (despacho 220).
Titorías: Luns: 10-1, xoves, 9-11, venres, 12-13 (primeiro cuadrimestre).
2. Sentido da materia no perfil da titulación
Esta materia está incluída no módulo Variación, cambio lingüístico e metodoloxía,
pertencente ó Maior en Lingua e literatura galegas. Dispénsase no terceiro curso,
despois de os alumnos cursaren materias preparatorias como Lingua galega I e Lingua
galega II (no primeiro curso), onde adquiriron os coñecementos esenciais sobre
variación lingüística, e mais varias materias de gramática, dialectoloxía, e fonética e
fonoloxía (no segundo curso), pragmática, análise do discurso e sociolingüística (no
terceiro) que terán ocasión agora de exercitar mediante esta materia, que se centrará na
análise de textos, tanto escritos coma orais, do galego moderno. Ademais, o manexo de
córpora e ferramentas informáticas dedicadas á lingua que manexarán veranse
ampliadas na materia de cuarto curso, pertencente a este mesmo módulo, de Tecnoloxías
aplicadas ao estudo da lingua galega. Por último, terán ocasión de profundar en
contidos que xurdirán da análise dos textos nas materias de Sintaxe do galego.
Ademais, ó analiza-lo proceso de estandarización terán ocasión de entrar en contacto
con estadios anteriores da lingua, isto é, coa época medieval, da que xa tiveron unha
introdución na materia de Historia da lingua galega (segundo curso), e que desen-
volverán con maior profundidade nas materias correspondentes á fonética, fonoloxía e
morfosintaxe histórica da lingua, que se cursan en terceiro e cuarto curso; e na materia
Léxico e terminoloxía do galego, de cuarto curso, verán máis por extenso as cuestións
relativas á estandarización e planificación do léxico e á lexicografía. Aquelas persoas
que o desexen, poderán escoller materias relacionadas con aspectos aquí esbozados nas
materias do Maior plus, especialmente en Planificación e normalización lingüística do
galego e Lexicografía e terminografía galega.
4
Este sistema de relacións, característico dunha materia de tipo transversal, plásmase
graficamente nos diagramas que se presentan a seguir1.
1 O sentido das frechas indica se a materia xa se cursou (←), se se ofrece no mesmo ano ( ── ) ou se se
cursará no ano seguinte (→)
Bloque 1
Lingua galega I Lingua galega II
Gramática textual do galego
Fonética e fonoloxía do galego
Introdución á gramática galega
Dialectoloxía galega
Sintaxe do galego
Morfosintaxe histórica da lingua galega
Bloque 2
Historia da lingua galega
Planificación e normalización lingüística
Fonética e fonoloxía históricas do galego
(Maior plus)
Tecnoloxías aplicadas ao estudo da lingua galega
Sociolingüística galega
Lexicografía e terminografía
Onomástica galega
Léxico e terminoloxía
5
3. Obxectivos e competencias
O obxectivo desta materia persegue, por unha banda, que a partir de textos diversos, os
alumnos recoñezan as características que distinguen os dous planos da variación
diamésica (oral e escrita) e analiza-los seus trazos desde o punto de vista fonético,
morfosintáctico e léxico. Por outra banda, coñecerán o proceso de estandarización da
lingua xunto cos criterios que o guiaron a partir de exemplos concretos.
Para isto terán que manexar o material bibliográfico recomendado, fundamentalmente
os presentados no soporte tradicional de libro, tales como os manuais gramaticais, o
Atlas lingüístico ou os repertorios lexicográficos de referencia. Pero, ademais, as
actividades prácticas que se desenvolverán ó longo do curso favorecen a adquisición das
competencias relativas á utilización das novas ferramentas informáticas, tanto os novos
repertorios dispoñibles en CD-ROM coma os corpora da lingua galega dispoñibles en
internet.
Como competencias xerais podemos indicar algunhas de tipo instrumental (pois terán
que utilizar ordenadores e bases de datos, exercitar a súa comunicación verbal e a
escrita na redacción e exposición dos seus exercicios, o manexo de idiomas estranxeiros
nas lecturas recomendadas), sistémicas (pois demostrarán a súa creatividade e os seus
estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais) e interpersoais (pois
ó coñeceren outras situacións lingüísticas poderán ter perspectiva distinta da súa propia,
e tamén terán que actuar cos seus compañeiros na exposición pública dos traballos).
4. Contidos
Características da lingua oral e da lingua escrita. Relación entre elas
Lingua estándar. O proceso de estandarización: aspectos sociopolíticos e aspectos
lingüísticos
Estes contidos principais, que se desenvolven a seguir en dous bloques temáticos, serán
analizados a partir de cuestións prácticas de fonética, fonoloxía, morfosintaxe e léxico.
Bloque 1. Oralidade e escritura
1. Caracterización da oralidade fronte a escritura por niveis de análise lingüística
(fonético, morfosintáctico, léxico-semántico)
Variación diamésica, segundo a canle de comunicación ou o modo do rexistro
Influencia mutua
2. A adecuación
emisor → mensaxe → receptor
↑
contexto
3. Aspectos da variación en textos orais e escritos
Exercicios
Comentario de tres textos (etnotexto, texto literario, discurso): análise das características
reveladoras da variación diamésica.
6
Bloque 2. A lingua estándar
1. Concepto de lingua estándar
2. Os precedentes da estandarización e a conformación da lingua literaria
3. Historia recente da estandarización: a elaboración das normas de 1982 Conflitos de
normas. O purismo
4. Os criterios para a regularización ortográfica e morfolóxica actuais
5. A actuación da prescrición no léxico, na fonética e na sintaxe
Lecturas de profundización
Alonso Pintos, Serafín (2006): O proceso de codificación do galego moderno (1950-
1980). Fundación Pedro Barrié de La Maza.
Álvarez de la Granja, María / Ernesto Xosé González Seoane (2003): “Limiar”, en M.
Álvarez de la Granja / E. X. González Seoane (eds.): A estandarización do léxico,
Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega.
Álvarez R. / F. Cidrás / E. González Seoane / X.L. Regueira / X. Xove (2005): “Entre o
uso e a norma. O proxecto da Gramática da Real Academia Galega”, en R.
Álvarez / H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación. Santiago de
Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 61-68.
Bartsch, Renate (2003): “Estandarización e cultivo das linguas. Posibilidades, límites e
xustificación”, Grial 160, 30-42.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2009): “Sobre a estandarización da antroponimia: proposta
para os apelidos”, Boletín da Real Academia Galega 370, 117-152.
Cidrás Escáneo, Francisco (2005): “A sintaxe na gramática: problemas de descrición e
problemas de prescrición”, en R. Álvarez / H. Monteagudo (eds.): Norma
lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega /
Instituto da Lingua Galega, 335-357.
http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/norma_lingua.pdf
Fernández Rei, Elisa (2005): “O estándar prosódico”, en R. Álvarez / H. Monteagudo
(eds.): Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 69-96.
http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/norma_lingua.pdf
González Seoane, Ernesto (1994): “Variedade e empobrecemento do léxico”, Cadernos
de Lingua 10, 89-102.
González Seoane, Ernesto (2002): “Léxico dialectal e estándar literario”, en R. Álvarez,
F. Dubert / X. Sousa (eds.): Dialectoloxía e léxico. Santiago de Compostela:
Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 95-113.
http://consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/dialectoloxia.pdf/
Monteagudo, X. Henrique (2002): “A demanda da norma, avances, problemas e
perspectivas no proceso de estandarización do idioma galego”, en Henrique
Monteagudo / Xan M. Bouzada Fernández (coord.): O proceso de normalización
do idioma galego (1980-2000). Santiago de Compostela: Consello da Cultura
Galega, 3, 37-129.
Monteagudo, X. Henrique (2004): “Outra volta na procura da recendente pantera? O
Acordo Normativo de 2003. Antecedentes e perspectivas”, Anuário Internacional
de Comunicação Lusófona, 79-93.
7
Monteagudo, Henrique (2011): “Variação e norma linguística”, en Xoán Carlos Lagares
/ Marcos Bagno (orgs.): Políticas da norma e conflitos linguísticos. São Paulo:
Parábola, 15-48.
Regueira Fernández, Xosé L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega.
Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega. http://ilg.usc.es/pronuncia
Regueira Fernández, Xosé L. (2005): “O estándar oral”, en R. Álvarez / H. Monteagudo
(eds.): Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 69-96.
http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/norma_lingua.pdf
Santamarina, Antón (1994): “Norma e estándar”, en Holtus / M. Metzeltin / C. Schmitt
(eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik, Tübingen: Max Niemeyer, vol. 6,
2, 66-79. Reed. en H. Monteagudo (ed.) (1995): Estudios de sociolingüística
galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia, 53-98.
Exercicios
1. A partir dun fragmento (15 liñas) do texto prenormativo que se propón, analiza
como se cumpriron os criterios das Normas nas formas que difiran (exclusión de
castelanismos, interdialectalismo, formas tradicionais, harmonía coas outras linguas
románicas).
2. Examina os criterios que levaron á escolla das formas que se propoñen.
Grafía: o grafema <x>
Fonética: vocalismo de nós, sogro, pega, ola, potente
Fonética: vocalismo de ponte, novo, ollo, perfecto, hora
Ditongo -oi- (noite/nuite – moito/muito – coiro/couro)
Plural de polisílabos rematados en –l
Terminacións: masc. –án / fem. -á (irmán/irmá)
-aría/-ería
-cio, -cia / -zo, za
-bel/-ble
Pron. persoal tu/ti
Os demostrativos, il/el
Verbo: desinencia de número/persoa do P2 (amaches) e P5 (amastes) do IPerf
Verbo: vogal temática da P3 do IPerf da CII e da CIII (colleu/colliu,
pariu/pareu)
Verbo: vogal temática e SNP da P1 do IPerf da CI (cantei / cantín / cantén /
cantein)
Verbo: Acentuación das P4 e P5 do ICopr, IAntepr., Pospret., SPret.
(andabamos / andabades, andaramos / andarades, andariamos / andariades,
andásemos / andásedes)
Verbo: Alternancia sirvo - serves, durmo - dormes
Verbos irregulares: estea / esteña (estía, esté)
Verbos irregulares: dei / din
Verbos irregulares: deu / dou
Verbos irregulares: dea / día / dé
Verbos irregulares: haxa / haba
Verbos irregulares: ía / iba / iña
Verbos irregulares: tiven / tuven / touven / toven / teven
Verbos irregulares: puidera / pudera
8
Verbos irregulares: vallo / valo / valio / valgo
Adv. mentres / mentras
Adv. quizais / quizá / quizabes / cecais / cicais
Adv. despois / dispois / dempois / despous / dispous
Adv. aínda / inda / eínda
Conx. pero / pro / mais
Prep.: ata / até
Prep.: desde / dende / des
Locución preposicional a pesar de / a pesares de
3. Os efectos da estandarización no léxico: o léxico dispoñible
3.1. http://gramatica.usc.es/dispogal/ [Usuario e contrasinal: USC. Proxectos:
seleccionar léxico dispoñible do galego. Centro de interese: seleccionar área
temática desexada].
López Meirama, Belén / María Alvarez de la Granja (2014): Léxico dispoñible
do galego. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de
Compostela.
4. A estandarización na onomástica
4.1. Estuda un topónimo que presentase formas diversas antes da súa
estandarización no Nomenclátor de Galicia (NG, 2003), e explica os criterios
aplicados no seu caso.
4.2. Estuda o teu nome persoal
Ferro Ruibal, Xesús (dir.) (1990): Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir
Indo.
Distribución municipal dos nomes por concellos no Instituto Galego de
Estatística:
http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?idioma=gl&ruta=onomast/nomes.jsp
4.3. Os teus apelidos
Machado, José Pedro (1984): Dicionário Onomástico Etimológico da Língua
Portuguesa. Lisboa: Confluéncia, 3 vols. (= DOELP)
Cartografía dos apelidos galegos, a partir da cal se deberá imprimir e
comentar o mapa correspondente (= CAG)
Nomenclátor de Galicia (Xunta de Galicia, 2003), cando se trate de apelidos
detoponímicos; neste caso, débese relacionar o topónimo coa área de
expansión do apelido. (= NG). Se é un topónimo que aparece máis
dunha vez no territorio, pódese ver a súa localización espacial na
ferramenta do Proxecto Toponimia de Galicia (PTG).
De orixe fitotoponímica: Navaza, Gonzalo (2006): Fitotoponimia galega. A
Coruña: Fundación Barrié. Biblioteca Filolóxica Galega do Instituto da
Lingua Galega. <http://ilg.usc.es/agon/wp-
content/uploads/2010/09/Fitotoponimia_galega.pdf>
Formas estándares dos apelidos máis frecuentes: Boullón 2009.
Méndez Ferrín, Xosé Luís (2007): Consultorio dos nomes e dos apelidos
galegos. Vigo: Xerais.
9
Traballo de curso
Para o traballo de curso, o alumno deberá demostrar que coñece a bibliografía básica da
materia, e que manexou as fontes fundamentais de lingua oral e as obras lexicográficas
que lle permiten coñecer a historia dunha palabra e xustificar cales foron as razóns para
incorporala ou non á lingua estándar.
Para facer isto será conveniente seguir unhas determinadas pautas:
1. Reproduci-lo mapa do Atlas lingüístico galego correspondente a un ítem semántico
e maila lenda correspondente (é conveniente incluír mapa e lenda na mesma
páxina). Nela indicaranse as voces que se van estudar, e subliñaranse as estándares.
De maneira complementaria, pódese consultar o Tesouro do léxico patrimonial
galego e portugués. http://ilg.usc.es/Tesouro/, que inclúe traballos lexicográficos de
léxico dialectal inéditos ou de difícil acceso.
2. Comprobar as formas do estándar no VOLGa ou, no seu defecto, o seu uso nos
dicionarios actuais. Haberá que ter en conta o Dicionario de pronuncia de Regueira
se hai dúbidas en canto á súa pronuncia estándar.
3. A estruturación do traballo farase segundo as familias léxicas. En cada unha delas
estudaranse os aspectos que seguen nos puntos 4, 5 e 6.
4. Orixe etimolóxica, para o que se poderán consultar os dicionarios etimolóxicos que
se indican a seguir, co fin para comprobar se se adecúan ou non ás normas
ortográficas e morfolóxicas do estándar.
Geraldo da Cunha, A. (1989): Dicionário etimológico Nova Fronteira, Rio de
Janeiro.
Machado, J. P. (19895): Dicionário Etimológico da Língua Portuguesa, Lisboa:
Libros Horizonte. [Citado: DELP, s.v.]
Corominas, J. / J. A. Pascual (1980-1991): Diccionario Crítico Etimológico
Castellano e Hispánico. 6 vols. Madrid: Gredos. [Citado: DCECH, s.v.
Cómpre buscar nos índices do vol. VI].
García de Diego, V. (19852): Diccionario etimológico español e hispánico.
Madrid: Espasa-Calpe. [Citado: DEEH, s.v.]
BILEGA (Bibliografía Informatizada da Lingua Galega). Aquí poden atoparse
estudos específicos de cada voz.
5. Historia de cada palabra, para o que, en ocasións, deberá comprobar se se
documenta desde a Idade Media, mediante a consulta das seguintes fontes:
a. DDGM: Dicionario de dicionarios do galego medieval, aplicación que permite
consulta-los principais glosarios, vocabularios e dicionarios da lingua
medieval galega. O máis importante é o Glosario de La traducción gallega de
la Crónica General y de la Crónica de Castilla (s. XIV), de Ramón Lorenzo
(Ourense: Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo, vol. 2, 1977).
b. Se non hai información nesta fonte, pódese consulta-lo TMILGa, o Tesouro
Medieval Informatizado da Lingua Galega, onde non se pode buscar por
lemas, senón por formas.
c. DdD: Dicionario de Dicionarios, aplicación que permite consulta-los
dicionarios máis recentes, desde Sarmiento ata o de Eladio Rodríguez (1958-
10
1962) e o de Constantino García (1982). Este último proporciona información
dialectal, que en ocasións pode axudar a completa-los datos do ALGa, o
mesmo ca Aníbal Otero (que ademais ofrece hipóteses etimolóxicas) e Elixio
Rivas (Frampas)..
d. TILGa: Tesouro Informatizado da Lingua Galega, que inclúe textos literarios
modernos de tódolos xéneros e rexistros, desde o Soneto de Pedro Bázquez de
Neyra, de 1612, ata a actualidade. Cumprirá aquí ter en conta o lapso
cronolóxico (anos da primeira ocorrencia e da última), e o número aproximado
de veces que se documenta. Pódese pór algún exemplo, sobre todo se aclara ou
se se considera pertinente por algunha razón. Adoita ser interesante comparar
entre o período previo e o posterior a 1982, data da norma, e ver os gráficos
coa distribución temporal (absoluta ou ponderada).
e. En ocasións tamén pode ser útil comprobar a súa existencia en portugués (para
o que se recomenda o Dicionário Houaiss ou o dicionario Priberam, en liña
(DPLP).
6. Distinguir acepcións, se cómpre, pois pode haber especializacións semánticas. Para
as definicións partirase do dicionario da RAG, xa que é esta institución quen ten a
potestade normativa. Subsidiariamente empregaranse os outros dicionarios.
7. Finalmente, cumprirá facer unha valoración crítica sobre as escollas do estándar:
¿estades de acordo?, ¿falta ou sobra algunha forma?
8. É fundamental a corrección lingüística: non poderá ser avaliado un traballo que
estea inzado de erros. Para comprobala é útil a aplicación do corrector ortográfico.
9. É importante estruturar ben o traballo: debe haber unha introdución metodolóxica,
(onde se indiquen as voces que se van tratar, o nº do mapa do ALG, etc.), e despois
uns capítulos organizados segundo os ítems ou familias léxicas que se tratan. Ó
final, un capítulo dedicado ás conclusións, en que se resumirán brevemente os
resultados da investigación realizada. E por último, a bibliografía utilizada citada
segundo as convencións usuais.
10. Cómpre prestar atención ós aspectos relativos á ortografía técnica (estrutura do
traballo, presentación dos contidos, citacións bibliográficas). O traballo debe
presentarse en letra Times New Roman, corpo 12, cunha entreliña de 1.5 espazos.
Os parágrafos deben estar xustificados. Tendes instrucións completas nas “Normas
para a presentación dos traballos académicos” no campus virtual. Aquí van unhas
indicacións de cuestións básicas:
Na portada do traballo debe constar: a) a palabra que se estuda (normalmente
corresponderá co nome do mapa do ALGa); b) o nome completo do alumno; c) o
curso académico.
Os títulos dos distintos epígrafes non levan puntos nin outros signos de
puntuación. É moi útil utiliza-los formatos dos títulos que se proporcionan nos
procesadores de texto: iso permitirá xerarquizalos de xeito uniforme e mesmo
facer índices automaticamente. Os títulos nunca deben quedar orfos ó final da
páxina.
As cursivas empregaranse para as palabras usadas metalingüisticamente; as
aspas simples, para as acepcións semánticas, e as aspas dobres para a
transcrición literal de determinadas fontes, ou para exemplos moi longos.
Exemplo:
11
o termo palanquín, co sentido ‘lacazán’, ten unha extensión xeográfica limitada. Segundo
Pereira (1876: 123), “é unha verba tremendamente interesante”.
As versaletas ou maiúsculas resérvanse para os étimos. Hai que prestar atención
ás vogais breves ou longas do latín, que se proporcionan no comando “inserir
símbolo”:
A voz xeo provén do lat. GĔLU-, mentres que Orriós pode vir do lat. HORREOLOS, dim. de
HORREUM ‘tulla, celeiro, despensa’, segundo parece indicar a grafía medieval Orriolos
(a.1029 TCelanova 62).
As citas indícanse cun tipo de parágrafo distinto: indexación á esquerda e tipo de
letra máis pequeno (10, dado que o corpo normal é 12), con letra redonda:
“Xan, non te volvas sin que lle toques / Ó misteiroso Santo dos croques / Que na portada da
Groria hai” (Lamas Carvajal, 1875)
As principais obras lexicográficas cítanse con acrónimos, e nos dicionarios con
cómpre indica-la páxina, senón a voz baixo a cal se atopa a información que se
cita. Por exemplo:
“… do lat. TAXU- “ (DELP s.v. teixo); “segundo Corominas, é diminutivo de Pero, forma antiga
do nome persoal Pedro” (DCECH s.v. perico).
Tódalas abreviaturas deberán figurar despois na relación bibliográfica, a carón
de cada obra. Non fai falta indica-la referencia completa das obras incluídas no
DdD ou no DDGM, pero si o autor, o ano e o título, que pode ser abreviado. Por
exemplo:
“Segundo se ve no DDGM, C. García (1985) localiza a voz lustregar en Santiago e no Incio ”.
Para as buscas nos textos medievais, téñase en conta que os sons representados
polos actuais grafemas <b>, <v> podían figurar con <b>, <v> ou <u>; e <i>,
<x>, con <i>, <j>, <y> ou <x>.
Citas bibliográficas: tómese como modelo as desta guía docente. Cómpre
fixarse no tipo de parágrafo (con sangría francesa), na colocación do ano e na
utilización das cursivas (títulos de libros e revistas) e das comiñas (títulos de
artigos publicados en revistas ou en colectáneas). A ordenación é alfabética, e,
nas obras dun mesmo autor, cronolóxica.
Débense numera-las páxinas (pero non a portada).
5. Distribución de carga de traballo (créditos ECTS)
Materia de 6 créditos ECTS (±150 horas de carga de traballo para o alumno)
Actividades presenciais Horas Actividades non presenciais Horas
Sesións expositivas 32 Estudo e preparación de actividades programadas na aula
50
Sesións de seminario 16 Realización de traballos 35
Sesións de tutoría programadas 3 Lecturas 6
Sesións de avaliación 3 Preparación de exames 5
Total de horas de actividade presencial
54 Total de horas de actividade non presencial
96
12
6. Planificación temporal dos contidos e indicacións metodolóxicas
Os bloques temáticos propostos teñen distinta relevancia relativa no desenvolvemento
da materia. No primeiro bloque, tras unha descrición das características da lingua falada
fronte á lingua escrita, o alumno porá en práctica eses coñecemento mediante a análise
dos textos propostos, que serán explotados de maneiras diversas.
Durante o desenvolvemento do segundo bloque, encamiñado a coñecer os
principios de estandarización da lingua galega, terán lugar sesións de debate que
partirán de etapas previas á realización da do galego, mediante textos os textos dos
autores, así como diversas reflexións dos protagonistas da conformación da lingua
literaria moderna sobre esa cuestión.
Ao longo desta segunda parte proporase o traballo de curso, que será exposto oralmente
diante dos compañeiros nas dúas últimas sesións do curso. Para a realización dese
traballo terán que pór en práctica os coñecementos vistos ata o momento e demostrar o
coñecemento da bibliografía fundamental. As titorías personalizadas terán lugar no mes
de decembro e irán encamiñadas á revisión do traballo de curso, previa á súa exposición
oral. Na aula virtual estarán ó dispor do alumnado materiais necesarios para a marcha
das aulas.
Os alumnos gardarán nun cartafol tódolos exercicios e actividades realizadas ao
longo do cuadrimestre, organizado de maneira ordenada e manténdoo separado do
material teórico, apuntamentos, lecturas propostas e todo o que non consista en traballo
persoal. Finalizará cunha breve valoración (entre 15 e 20 liñas) do aprendido durante o
curso, na que se expresen tamén os aspectos máis interesantes e construtivos para a
formación académica. Este cartafol do alumno será entregado contra o final do
cuadrimestre, en data que indicará a profesora, e formará parte da avaliación continua.
A asignación de sesións previstas para cada bloque amósase de maneira
estimativa no seguinte cadro.
Bloque Horas presenciais
1. Lingua oral, lingua escrita 22
2. A lingua estándar 23
3. Traballo de curso 3
Total 48
13
7. Criterios de avaliación
Haberá dúas opcións de avaliación.
Método 1 Tipo de actividade Porcentaxe
Avaliación continua a. Asistencia e participación activa nas aulas, o que inclúe ter feitos os exercicios encomendados para o seu comentario na aula
10%
b. Exame do Bloque I 35%
c. Cuestionario sobre os criterios das Normas 10%
d. Traballo obrigatorio: avaliaranse, amais dos contidos, a estrutura (presentación, desenvolvemento, conclusións, bibliografía), a calidade lingüística, a utilización dos materiais bibliográficos e as convencións de ortografía técnica. Tamén se terá en conta a exposición oral na aula.
25%
e. Cartafol: recollerase ó final do cuadrimestre e incluirá os traballos feitos na aula que lle correspondesen a cada alumno. Cumprirá ter unha axeitada calidade lingüística e axustarse ós requisitos formais de presentación.
20%
É fundamental asistir ás aulas e realiza-las tarefas encomendadas. Para poder supera-la
materia por avaliación continua é preciso ter unha asistencia e participación continuadas
(non poderá haber máis do 25% de ausencias), face-lo exame e o cuestionario, entrega-
lo cartafol e entrega-lo traballo obrigatorio, que se establecerá particularmente para cada
alumno de acordo coa profesora. Ademais, cumprirá ter unha nota mínima en cada un
dos bloques para facer media: a puntuación non poderá ser inferior a 4 no exame do
Bloque I ou á media da nota do traballo obrigatorio e o cuestionario, para o Bloque II.
A realización satisfactoria da avaliación continua eximirá os estudantes do exame final.
De tal maneira, estes coñecerán o resultado numérico da súa avaliación previamente á
realización do dito exame final, e terán a posibilidade de presentarse a el de aspiraren a
mellorar a cualificación recibida. Se as persoas con avaliación continua queren
presentarse ó exame final (de xaneiro ou de xuño) para subir nota, este contará un 45%
da nota final, pois manterán as notas correspondentes ós apartados a, d e e.
Outro dos requisitos imprescindibles para supera-la materia é un bo dominio
instrumental da lingua, tanto no nivel oral como no escrito, e moi particularmente, o do
código normativo. En consecuencia, na cualificación repercutirán negativamente as
faltas de ortografía e os erros de morfoloxía e sintaxe (-0'2 por cada falta), así como as
deficiencias de redacción e estilo.
O segundo sistema é para as persoas que teñan dispensa oficial das aulas ou que non
cumprisen cos requisitos de asistencia que posibilitan a avaliación continua. Neste caso,
para poderen aprobar, os alumnos deben ter unha nota mínima de 6 no exame.
14
Método 2 Tipo de actividade Porcentaxe
Exame final Exame global dos contidos, que será sobre todo de carácter práctico (comentarios, casos concretos)
75%
Traballo obrigatorio Avaliaranse, amais dos contidos, a estrutura (presentación, desenvolvemento, conclusións, bibliografía), a calidade lingüística, a utilización dos materiais bibliográficos e as convencións de ortografía técnica.
25%
Este segundo sistema é o único posible para a convocatoria de xuño. En todo caso, para
poder presentarse ó exame final, tanto en xaneiro coma en xuño, será necesario
presentar o traballo obrigatorio.
Bibliografía básica e complementaria
Manuais de referencia
Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega, Vigo: Xerais.
Fernández Rei, Francisco / Carme Hermida Gulías (ed.) (20032): A nosa fala. Bloques e
áreas lingüísticas do galego. Santiago: Consello da Cultura Galega. [Inclúe 3 CD-
Rom. A 1ª ed., de 1996, inclúe 3 casetes]
Instituto da Lingua Galega (1990, 1995, 1999, 2002, 2005): Atlas lingüístico galego. A
Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, 5 vols. Vol. 1, T.
1: Morfoloxía verbal, coordinado e redactado por F. Fernández Rei; vol. 2:
Morfoloxía non verbal, coord. por R. Alvarez Blanco; vol. 3: Fonética, coord. por
M. González González; vol. 4: Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico, coord.
por F. Fernández Rei; vol. 5: Léxico. O ser humano (I) , coord. por R. Álvarez
Blanco, F. Dubert, X. Sousa.
Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (2003): Normas ortográficas e
morfolóxicas da lingua galega. [Vigo]: ILG/RAG [18ª edición].
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf,
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/docs/normativa.pdf
Regueira Fernández, Xosé L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega.
Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega. http://ilg.usc.es/pronuncia
Recursos en internet
AGO = Arquivo do Galego Oral. Dir.: Francisco Fernández Rei. http://ilg.usc.es/ago/
[Consultado: ]
BILEGA (Bibliografía Informatizada da Lingua Galega). Dir.: Francisco García
Gondar. http://www.cirp.es/bdo/bil/bilega.html [Consultado: ]
bUSCatermos. USC. https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm
[Consultado: ]
CAG = Cartografía dos apelidos de Galicia (ILG/RAG). Dir.: Ana Boullón / Xulio
Sousa. http://ilg.usc.es/cag/ [Consultado: ]
DdD = Dicionario de dicionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega. Dir.: Antón
Santamarina. <http://sli.uvigo.es/ddd/index.html> [Consultado: ]
DDGM = Dicionario de dicionarios do galego medieval (ILG). Dir.: Ernesto González
Seoane. <http://sli.uvigo.es/DDGM/index.html> [Consultado: ]
15
Dicionario de pronuncia da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua
Galega. Dir.: Xosé Luís Regueira. http://ilg.usc.es/pronuncia [Consultado: ]
DISPOGAL = Diccionario de Léxico Dispoñible. https://gramatica.usc.es/dispogal/
DPLP = Dicionário Priberam da Língua Portuguesa: http://www.priberam.pt/dlpo/
DRAG = Dicionario da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/
[Consultado: ]
Loia. Guía aberta á lingua galega.
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/index.php?idioma=1
NG = Nomenclátor de Galicia: www.xunta.es/toponimia
PTG = Proxecto Toponimia de Galicia [inclúe a microtoponomia recollida ata agora]:
http://sitgaideg.xunta.es/buscadoravanzado/ [Consultado: ]
Terminoloxía: http://www.canalciencia.com/faladoiro/index.htm
TILGa = Tesouro Informatizado da Lingua Galega (ILG). Dir.: Antón Santamarina.
http://ilg.usc.es/TILG/ [Consultado: ]
TLPGP = Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués. http://ilg.usc.es/Tesouro/
[Consultado: ]
TMILGa = Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (ILG). Dir.: Xavier
Varela. Pódese consultar en dous enderezos: http://ilg.usc.es/tmilg/valida.php
(precisa clave), ou http://sli.uvigo.es/xelmirez/ (non precisa clave). [Consultado: ]
Un idioma preciso. USC. (propostas de denominación de termos galegos que aínda non
acadaron unha forma estable ou que se empregan de forma inadecuada):
http://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/uip/