as árbores: morfoloxía, especies

109
AS PLANTAS as árbores

Upload: monadela

Post on 16-Apr-2017

561 views

Category:

Education


10 download

TRANSCRIPT

Page 1: As árbores: morfoloxía, especies

AS PLANTASas árbores

Page 2: As árbores: morfoloxía, especies

Unha árbore é un ser vivo, vexetal, terrestre, formado por raíz, talo e follas, no que destaca o toro elevado, leñoso e ramificado.

As árbores son os máis grandes e os máis lonxevos dos seres vivos.

Page 3: As árbores: morfoloxía, especies

AS IDADES DAS ÁRBORESMaceira: 30 anosCerdeira: 60 anosBidueiro: 100 anosChopo: 200 anosNoceira e faia: 300 anosFalso plátano: 400 anosAbetos e piñeiros: máis de 1000 anosCarballo: ata 2.000 anosTeixo e castiñeiro: ata 3.000 anosSecuoia: máis de 3.000 anos Pinus aristata: máis de 4.900 anos

O conxunto de árbores máis vellas que se coñecen son piñeiros de Tasmania, ou piñeiro de Huon (Lagarostrobus franklinni), con 10.500 anos.

A árbore individual máis vella que se coñece é unha pícea (Dalarna, en Suecia) de 9.550 años.

Page 4: As árbores: morfoloxía, especies

Árbore máis pequena: salgueiro ártico.

AS ALTURAS DAS ÁRBORES

Árbore máis alta: secuoia vermella Stratosphere Giant, con 112,34 m. California.

Page 5: As árbores: morfoloxía, especies

Árbore máis grosa: alcipreste mexicano (Taxodium mucronatum) de Tule-Oaxaca (México)

Page 6: As árbores: morfoloxía, especies

FOLLAEstrutura laminar de formas e tamaños moi variados, encargada da respiración e da fotosíntese (nutrición) da planta.

TALO (TORO)É a parte aérea, endurecida, xeralmente cónica, que serve de soporte a todas as demais. Realiza diferentes funcións: sostén, transporte, depósito e secreción de substancias.

RAÍZ: Asegura a súa fixación ao solo e, polos pelos absorbentes, o abastecemento de auga e sales minerais.

FLOR:Órgano produtor e portador das células reprodutoras

FROITO:Elemento que protexe o embrión mentres non está formado.

SEMENTE:Acolle o embrión para formar unha nova planta,

Page 7: As árbores: morfoloxía, especies

A RAÍZ

O sistema radicular das árbores pode ocupar un amplo espazo ou acadar unha gran profundidade dependendo das características do terreo ou da especie.

Page 8: As árbores: morfoloxía, especies

RAÍZ TÍPICAUnha raíz principal da que saen outras máis pequenas. É a que teñen a maioría das árbores

Raíces secundarias: aumentan a superficie de apoio e a capacidade de captación de auga e sales minerais.

Raíz principal

Page 9: As árbores: morfoloxía, especies

RAÍZ FASCICULADAVarias raíces iguais.

palmeira

Page 10: As árbores: morfoloxía, especies

Pelos absorbentes Aumentan a superficie das membranas celulares para facilitar e activar a ósmose (movemento de líquidos a través de membranas situadas entre disolucións con distinto grao de concentración).

Floema

Xilema

Punto de crecemento Parte final da raíz onde as células se reproducen moi activamente.

Zona de alargamentoNesta zona as células en contacto coa auga alónganse e fan que a raíz medre cara abaixo.

Cofia Parte engrosada da punta das raíces formada por unhas células endurecidas que protexen a zona de crecemento.

Page 11: As árbores: morfoloxía, especies

Os neumatóforos son formacións que teñen algunhas árbores de lugares asulagados para facilitarlles a respiraración das raíces.

As raíces fúlcreas amplían a base de sustentación e a suxección da árbore. Son propias de especies que viven en substratos anegados e móbiles.

mangle

alcipreste dos pantanos

Page 12: As árbores: morfoloxía, especies

As raíces aéreas ou adventicias serven para capturar a humidade do aire.

As árbores que acadan grandes dimensións amplian a súa base de sustentación emitindo reforzos tabulares entre as raíces e o toro.

metrosideiro

ficus

Page 13: As árbores: morfoloxía, especies

As raíces das leguminosas conteñen bacterias que lles axudan a fixar nitróxeno.

Unha forma de relación simbiótica típica entre os fungos e as árbores é a formación de micorrizas. O micelio dos fungos únese ás raíces das plantas, que aumentan deste xeito a súa superficie de absorción. O fungo recibe a cambio materia orgánica.

Page 14: As árbores: morfoloxía, especies

O TALO

TALO LEÑOSO - TOROEndurecido, con aneis de crecemento. castiñeiro

Page 15: As árbores: morfoloxía, especies

PARTES DO TALO

Zona de medra ou alargamento: comprende as partes máis novas situadas entre os últimos nós.

Toro: eixo, parte principal do talo. Leñoso, macizo e duro, con aneis de crecemento e ramificado.

Ponlas: talos laterais que xorden do principal, serven para aumentar a superficie de soporte e para distribuír e dispoñer de maneira axeitada as follas.

Punto de crecemento: con reprodución celular moi activa.

Nó: punto no que agroman as follas e as xemas.

Entrenó: distancia entre dous nós próximos.

Médula

Xemas: estruturas que protexen os puntos de crecemento en lonxitude. Están dispostas ao longo das ponlas. Desenvolvense principalmente as das partes máis novas.

Xilema

Cambium

Tona

Page 16: As árbores: morfoloxía, especies
Page 17: As árbores: morfoloxía, especies

TALO

Tona ou casca: estrutura de protección e illamento.

Durame: parte central do toro formada por madeira vella. As células están mortas e só realiza función de sostén.

Médula: parte central dalgunhas árbores que almacena susbtancias de reserva. Xeralmente desaparece nas árbores vellas.

Aneis anuais: están marcados polo diferente ritmo de desenvolvemento do cambium ao longo do ano

Cambium: tecido que produce as células do floema e o xilema (sistemas de transporte). É o que provoca o aumento de grosor.

Xilema: conxunto de vasos que transportan a auga e as sales minerais da raíz ás follas.

Albura: parte viva do talo, entre a tona e o durame na que aínda funcionan os vasos de transporte. Almacena substancias de reserva.

Floema: conxunto de vasos que transportan os elementos nutritivos procedentes das follas.

Page 18: As árbores: morfoloxía, especies

piñeiro

O estudo dos aneis de crecemento permite coñecer a idade da árbore (número de aneis) e as condicións ambientais nas que se desenvolveu (distancia que hai entre eles). En condicións favorables a árbore medra máis e os aneis están máis separados, en condicións desfavorables están máis xuntos.

sobreira

Page 19: As árbores: morfoloxía, especies

Instrumento para medir o crecemento en grosor das árbores.

Page 20: As árbores: morfoloxía, especies

As árbores poden vivir co toro oco xa que as capas externas (xusto debaixo da tona ou casca) son as que conteñen os vasos condutores da saiva e as células vivas.

no interior deste castiñeiro hai unha capela

Page 21: As árbores: morfoloxía, especies
Page 22: As árbores: morfoloxía, especies

O Baobad de África pode almacenar no seu toro 136.000 litros de auga.

Page 23: As árbores: morfoloxía, especies

As tonas ou cascas das árbores protexen e illan o toro e axudan na respiración. Son moi variables en cor, grosor e textura e características de cada especie.

Piñeiro rubio

Page 24: As árbores: morfoloxía, especies

carballo

eucalipto

chopo brancobidueiro

araucariasobreira

Page 25: As árbores: morfoloxía, especies

Lenticelos: poros ou furados polos que o aire penetra ao interior do talo para facilitar a respiración das células.

Page 26: As árbores: morfoloxía, especies

Copa esférica

O conxunto do toro e as ponlas dalle ás árbores o seu porte característico.

metrosidero

Page 27: As árbores: morfoloxía, especies

cilíndrica choposAlcipreste mediterráneo

Page 28: As árbores: morfoloxía, especies

cónicaabeto de Douglas

Page 29: As árbores: morfoloxía, especies

irregular

sobreira

carballo

Page 30: As árbores: morfoloxía, especies

POSICIÓN DAS PONLAS

HORIZONTAISFormando ángulo recto.

COLGANTES ou CAÍDASFormando ángulo obtuso.

ERGUIDASFormando ángulo agudo.

Page 31: As árbores: morfoloxía, especies

Ponlas horizontais araucaria

Page 32: As árbores: morfoloxía, especies

Ponlas colgantes salgueiro chorón

Page 33: As árbores: morfoloxía, especies

Ponlas erguidas chopos

Page 34: As árbores: morfoloxía, especies

DISTRIBUCIÓN DAS PONLAS

IRREGULARALTERNA

A distinta alturaVERTICILADA

Arredor dun punto.

Page 35: As árbores: morfoloxía, especies

Ponlas irregulares carballo

Page 36: As árbores: morfoloxía, especies

Ponlas alternas

Page 37: As árbores: morfoloxía, especies

Ponlas verticiladas

araucaria

piñeiro

Page 38: As árbores: morfoloxía, especies

TALO FEBROSO (ESTIPE)Sen aneis de crecemento (non medra en grosor) e sen ramificar agás excepcións. É o talo típico das palmeiras, que desde o punto de vista estructural non deben ser consideradas como verdadeiras árbores.

Page 39: As árbores: morfoloxía, especies

palmeiras

Page 40: As árbores: morfoloxía, especies

É unha estrutura, xeralmente laminar e de cor verde, de formas e tamaños moi variados. É a encargada da respiración, da fotosíntese (nutrición) e da transpiración.

A FOLLA

Page 41: As árbores: morfoloxía, especies

LIMBO

PECIOLO

xema

cara

envés

nervos

Capa superior: de células con moitos cloroplastos. É parte máis activa da folla.

Estomas: orificios da epiderme (no envés) por onde a planta realiza o intercambio de gases e elimina o exceso de auga..

Zona de abscisión: capa de células que provocan a caída da folla.

Tecido esponxoso: parte media con espazos ocos entre as células para permitir a circulación dos gases.

Condutos que transportan substancias.

Epiderme: capa exterior de células mortas que a illan e protexen.

Page 42: As árbores: morfoloxía, especies

Peciolo e xemas

Page 43: As árbores: morfoloxía, especies

CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A ESTRUTURA

SIMPLESLimbo nunha soa peza

COMPOSTAS limbo formado por varias pezas

(foliolos)

Page 44: As árbores: morfoloxía, especies

DISTRIBUCIÓN NO TALO

Alternas Opostas Verticiladas

Page 45: As árbores: morfoloxía, especies

CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A SÚA DURACIÓN

PERSISTENTES CAEDIZAS (CADUCAS)

Moitas árbores despréndense das follas ao chegar o inverno como adaptación á diminución da luz e á baixada das temperaturas.

Estas especies tamén mudan as follas, pero fanno sempre despois do desenvolvemento das follas novas.

ginkgoacivro

Page 46: As árbores: morfoloxía, especies

A folla máis grande: Raphia farinifera (Madagascar): 20 m.

Page 47: As árbores: morfoloxía, especies

FLORES

Pétalos(corola)

pistilo

estames

ANXIOSPERMAS

Teñen flores cos óvulos pechados en ovarios.

Sépalos(cálice)

Flor hermafrodita de marmeleiro

ovario

Page 48: As árbores: morfoloxía, especies

cerdeira

Flores completas (hermafroditas)

tulipeiro

laranxeira

Page 49: As árbores: morfoloxía, especies

Flores masculinas de salgueiro

Flores espidas

Flores femininas de salgueiro

Flores hermafroditas de eucaliptos

Page 50: As árbores: morfoloxía, especies

AS FLORES

acios

umbela

mimosa

arce

robinia

sabugueiro

Page 51: As árbores: morfoloxía, especies

XIMNOSPERMAS

Teñen flores sen ovarios e non teñen froitos.

As máis coñecidas son as coníferas nas que os óvulos aparecen en estruturas leñosas chamadas conos ou piñas.

FLORES FEMININAS

FLORES MASCULINAS

teixo

Page 52: As árbores: morfoloxía, especies

AS FLORES

cedro

alcipreste

Page 53: As árbores: morfoloxía, especies

FROITOS

capudre

Page 54: As árbores: morfoloxía, especies

FROITOS CARNOSOS

Drupas: unha única semente leñosa Baia ou baga: con

moitas sementes.

Hesperidio: epicarpo glanduloso, endocarpo membranoso, dividido en “chavos”.

Page 55: As árbores: morfoloxía, especies

Aquenio: unha soa semente sen apegar á envoltura exterior

FROITOS SECOS INDEHISCENTES

Sámara; aquenio con prolongacións membranosas a xeito de ás

Lomentocon tabiques separando as sementes

Glandecuberto cunha cúpula; semente cos cotiledóns carnosos

arce

avelá

acacia

carballo

Page 56: As árbores: morfoloxía, especies

Cápsula ou caixa: con varias sementes, ábrese lateralmente ou por arriba

Folículo: con moitas sementes, en xeral ábrese lateralmente

Legume: con varias sementes, ábrese lateralmente

FROITOS SECOS DEHISCENTES

árbore botella

eucalipto

acacia castiñeiro das Indias

camelia

Page 57: As árbores: morfoloxía, especies

Cúpula; varios froitos protexidos por envolturas

AGRUPACIÓNS (INFRUTESCENCIAS)fórmanse a partir de flores agrupadas en inflorescencias

Poliacantocarpo: grupos de aquenios acompañados de brácteas

Sicono: aquenios dentro dun soporte carnoso pechado.

Acio: froitos con rabo sobre un eixo

Umbela: rabos unidos nun punto.

plátano

pradairo

figueira

castiñeiro sabugueiro

Page 58: As árbores: morfoloxía, especies

Pomoreceptáculo coas sementes rodeado dunha formación carnosa

FROITOS FALSOSA parte carnosa non se desenvolve a partir do ovario

cotonaster

maceira

pereira

Page 59: As árbores: morfoloxía, especies

O froito máis grande é o da árbore Artocarpus heterophyllus que pode pesar ata 50 quilos.

Page 60: As árbores: morfoloxía, especies

É a estrutura a partir da que se propagan as plantas fanerógamas ou espermafitas.Prodúcese a partir da fecundación e maduración dun óvulo. Contén ao embrión xunto con substancias de reserva, protexidos por unha cuberta.

SEMENTE

Page 61: As árbores: morfoloxía, especies

Sementes xerminando

piñeiro claudieira

Page 62: As árbores: morfoloxía, especies

carballopalmeira

Page 63: As árbores: morfoloxía, especies

ESTRUTURAS REPRODUTIVAS DAS XIMNOSPERMASSementes que se desenvolven sen ovario

CONÍFERAS CICADAIS GINGKOAIS

Page 64: As árbores: morfoloxía, especies

Piñeiro silvestre

P. de Monterrei

Piñeiro bravo Piñeiro manso

CONÍFERAS

Page 65: As árbores: morfoloxía, especies

cedro

alerce

abeto

alcipreste

CONÍFERAS

Page 66: As árbores: morfoloxía, especies

Estróbilos femininos

CICADAIS

Flores masculinas

Cica

Page 67: As árbores: morfoloxía, especies

GINKGOAIS

Flores masculinas

Flores femininas

sementes

ginkgo

Page 68: As árbores: morfoloxía, especies

Semente máis grande: coqueiro do mar: ata 27 kg. Atópase nas illas Seychelles.

Page 69: As árbores: morfoloxía, especies

OS ARBUSTOS medran polas xemas inferiores, teñen unha estructura redondeada con abundante ramificación desde a base, onde non é doado distinguir o talo principal.

AS ÁRBORES medran en lonxitude, sobre todo polas xemas terminais, por eso presentan formas alongadas cun toro ergueito e unha copa na parte alta.

ÁRBORES E ARBUSTOS

Page 70: As árbores: morfoloxía, especies

CLASES DE ÁRBORES

XIMNOSPERMAS Teñen flores sen ovarios

e non teñen froitos.

ANXIOSPERMAS Teñen flores cos óvulos

encerrados en ovarios dos que se forman os froitos

CONÍFERASFollas aciculares,

estreitas, en xeral de folla

perenne, plántulas con dous ou máis cotiledóns.

GINKGOÁCEASFollas caedizas,

planas, cos nervos paralelos

TAXÁCEAS Semellantes ás coníferas, coa

semente rodeada dun arilo carnoso.

PALMÁCEAS Toro febroso sen ramificar,

Raíces fasciculadas.

PLANIFOLIOSDicotiledóneas, follas co limbo

plano e cos nervos formando redes.

CICADOFITASFollas pinnadas

dispostas en espiral,

flores en conos, sen froitos.

Page 71: As árbores: morfoloxía, especies

CLASES DE ÁRBORES TENDO EN CONTA A SÚA ORIXE

AUTÓCTONASOrixinarias do lugar

no que se atopan.

EXÓTICASProcedentes de

ecosistemas alleos.

ALÓCTONAS Especies alleas

naturalizadas nun lugar.

carballo castiñeiroliquidambar

Page 72: As árbores: morfoloxía, especies

Os BOSQUES NATURAIS son ecosistemas constituídos por unha estrutura de árbores, arbustos e outros vexetais na que domina o estrato arbóreo, cunhas condicións pouco ou nada influídos pola acción humana.

AGRUPACIÓNS DE ÁRBORES

A formación dun bosque é un proceso lento que dura máis de cen anos. Empeza coa disgregación das rochas e o asentamento das primeiras especies vexetais. Séguelle o asentamento dos arbustos e entre eles as primeiras árbores que, cando acadan unha certa altura crean un microclima axeitado para o desenvolvemento das especies de sombra; con elas o bosque acada a súa plenitude (bosque climax).

Page 73: As árbores: morfoloxía, especies

FRAGAS: fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Fraga do Eume

Page 74: As árbores: morfoloxía, especies

ABESEDOS: bosques situados en zonas sombrizas.

Abesedo de Donís-Os Ancares

Page 75: As árbores: morfoloxía, especies

DEVESAS: bosques mixtos (carballo, acivro, teixo, faia, capudre...)

Devesa de Rogueira (O Courel)

Page 76: As árbores: morfoloxía, especies

CARBALLEIRAS: bosques con dominio de carballos.

Carballeira do Xesta-A Lama

Page 77: As árbores: morfoloxía, especies

REBOLEIRAS: bosques con dominio de rebolos (Quercus pyrenaica)

Parque Natural O Invernadeiro

Page 78: As árbores: morfoloxía, especies

BIDUÍDOS, BIDUEIRAIS: bosques de bidueiras. Formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media.

Bidueiral de Montederramo

Page 79: As árbores: morfoloxía, especies

FAIAIS: bosques de faias.f Fonteformosa-O Cebreiro

Page 80: As árbores: morfoloxía, especies

ACIBEIRAIS: bosques de acivro Cabana Vella-os Ancares

Page 81: As árbores: morfoloxía, especies

SOBREIRAIS: bosques de sobreiras Arnego-Agolada

Page 82: As árbores: morfoloxía, especies

ACIÑEIRAIS: bosques de aciñeirasEciña da Lastra

Page 83: As árbores: morfoloxía, especies

SALGUEIRAL: bosque de salgueiros.

Page 84: As árbores: morfoloxía, especies

BOSQUES DE RIBEIRA: formacións vexetais que xorden e se manteñen ás beiras das correntes de auga. Dominan os salgueiros, amieiras, freixos...

Page 85: As árbores: morfoloxía, especies

BOSQUES DE PLANTACIÓN:Agrupacións arbóreas nas que predomina o estrato arbóreo de orixe artificial. As condicións están influídas polo ser humano.

CARBALLEIRAS: plantacións de carballos cun aproveitamento silvo-pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas

Page 86: As árbores: morfoloxía, especies

SOUTOS: bosques ou plantacións de castiñeiros.

Page 87: As árbores: morfoloxía, especies

PLANTACIÓNS FORESTAISMonocultivos de especies que se plantan para aproveitar a madeira ou os froitos.

Piñeirais: plantacións de piñeiros.

Page 88: As árbores: morfoloxía, especies

EUCALIPTAIS: plantacións de eucaliptos.

Page 89: As árbores: morfoloxía, especies

As SEBES e os BEIRAIS son espazos ocupados por ringleiras de árbores e arbustos plantados, naturalizados ou silvestres, nas que perviven especies que foron desaloxadas do seu medio natural polos cultivos.

Page 90: As árbores: morfoloxía, especies

PARQUES E XARDÍNS. Están formados por variedade de especies arbóreas plantadas con fins ornamentais. Situados xeralmente no interior das cidades ou en pazos.

Page 91: As árbores: morfoloxía, especies

IMPORTANCIA DAS ÁRBORESAs árbores son as que fan posible a vida na Terra, contribuíron a crear a atmosfera que nos rodea e son fonte permanente de vida e saúde. Forman parte da paisaxe, da nosa vida e da nosa historia.

Os bosques galegos eliminan ao ano medio millón de toneladas de dióxido de carbono

Page 92: As árbores: morfoloxía, especies

PRINCIPAIS BENEFICIOS DAS ÁRBORES-Purifican o aire (achegan osíxeno e humidade e consumen dióxido de carbono).-Reguladores hídricos (reteñen a auga da chuvia e controlan as canles dos ríos e as avenidas).-Crean e enriquecen o solo.-Protexen o solo da erosión grazas ao entramado das súas raíces.-Crean biodiversidade, son hábitat e refuxio para multitude de seres vivos.-Actúan de cortaventos para os cultivos.-Fan de pantalla para ruídos e radiacións.-Depuran solos contaminados.-Dan sombra e refrescan o ambiente.-Deles obtéñense miles de produtos utites e principios activos, moitos imprescindibles para a vida do ser humano.-Proporcionan información do pasado.-Adornan e fan os espazos máis agradables.

Page 93: As árbores: morfoloxía, especies

AS ÁRBORES DE GALIZA

A situación e o relevo de Galiza crean diferentes microclimas que favorecen unha gran diversidade vexetal con mestura de especies atlánticas e mediterráneas.

Calcúlase que en Galiza hai máis de 688 millóns de árbores.

Formacións máis abundantes:Coníferas: 506.026 ha (36%)Frondosas autóctonas: 375.922 ha (40%)Mesturas: 349.293 (24%) Eucalipto: 174.210 ha.

Page 94: As árbores: morfoloxía, especies

As árbores son o soporte para o asentamento de moitos seres vivos vexetais e animais. Proporciónanlles acobillo e sustento.Nos bosques establécense complexas redes alimentarias onde todo se aproveita.

A VIDA NAS ÁRBORES

Page 95: As árbores: morfoloxía, especies

A VIDA NAS ÁRBORES

fungo

Liques, brións, fento e hedra

Herba salgueira

Page 96: As árbores: morfoloxía, especies

A VIDA NAS ÁRBORES

esquíoeiruga

gabeador bacaloura e vésporas

Page 97: As árbores: morfoloxía, especies

FROITOS e SEMENTES

alimento para persoas e animais, zumes, licores, marmeladas, aceites, graxas, extractos, medicinas, alcohois...

FOLLAS alimento, aceites, extractos, tecidos, cestos, adornos...

MADEIRA En rolo: táboas, chapas, listóns, madeiros, manufacturas, esculturas...Madeira miúda: combustible, taninos, carbón vexetal, polpa de celulosa, cestería, colorantes, destilados...

RAÍCES infusións, aceites, medicamentos...

TONA cortiza, taninos, medicamentos, aceites, tintes, condimentos...

SAVIA e RESINAS

azucres, xabóns, bálsamos, gomas, trementina...

RESÍDUOS(BIOMASA)

produción de enerxía por combustión ou transformándoos en biogás, por fementación.

USOS DAS ÁRBORES

Page 98: As árbores: morfoloxía, especies

A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES EN GALIZAAs árbores ocupan un lugar importante na fisonomía e na economía de Galiza. O sector forestal, sen incluír a industria de segunda transformación, constitúe un 6,48 % do PIB (Produto interior bruto) de Galicia e xera máis de 40.000 empregos.

Madeira: 6.500.000 m3/ano, máis de 240 millóns de euros de madeira en pé. Castañas. 8.027 tonelasa/ano, 1,29 millóns de euros.

Cogomelos: 45 kg/ha/ano, uns 12 millóns de euros.

PRINCIPAIS PRODUCIÓNS DO BOSQUE EN GALICIA

Page 99: As árbores: morfoloxía, especies

PRODUCIÓN COLLEITA PRIMEIRA TRANSFORMACION

SEGUNDA TRANSFORMACIÓN

OUTROS

Produción de semente e plantas: viveirosSilvicutura: plantación, cultivo (podas, limpezas, tratamentos...)Proteción contra incendios

•Froitas•Cogomelos

•Envasado•Conservas, marmeladas, confituras, licores, fariñas

•Industria alimentaria e repostería...

•Administración, ensino e investigación, enxeñería, asesoramento técnico...•Industrias auxiliares: equipos, maquinaria, ferramenta...•Transportes

•Madeira: cortas•Outros: mato, follas...

•Serradeiros•Chapa e taboleiros contrachapados•Taboleiros de partículas e febras•Pasta de papel

•Estruturas de madeira•Embalaxe e envases•Elementos de construción (solos, vigas...)•Carpintería•Mobiliario•Papel e cartón

A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES E DO BOSQUE

Page 100: As árbores: morfoloxía, especies

PRINCIPAIS PROBLEMAS QUE AFECTAN ÁS ÁRBORES

CAUSAS EFECTOSELIMINACIÓN DO BOSQUE

-Cortas indiscriminadas-Obtención de terreos agrícolas-Urbanizacións-Construción de infraestructuras-Minería

-Deforestación-Desaparición de especies-Aumento de contaminación-Perdas económicas-Desertificación

INCENDIOS -Vandalismo-Accidentes

-Deforestación-Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna)-Arrastre de terras e erosión-Deterioro da paisaxe-Aumento da sequedade do solo e desertificación-Aumento das emisións de CO2

-Perdas de flora, fauna e vidas humanas-Perdas económicas

REPOBOACIÓNS POUCO AXEITADAS

-Deseños en función de intereses unicamente económicos

-Perda de biodiversidade-Diminución da vexetación autóctona-Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna)-Aumento da erosión

CONTAMINACIÓN -Emisións industriais, de vehículos, calefaccións...

-Alteración das propiedades do solo-Chuvia ácida-Envelenamento directo

ENFERMIDADES E PRAGAS

-Distintos tipos de parásitos: fungos, insectos...

-Destrucción de bosques e plantacións-Diminución do rendemento-Perdas económicas

Page 101: As árbores: morfoloxía, especies

PATRIMONIO PERDIDO

Castiñeiro talado en Viana do Bolo hai case 50 anos. Medía 14 m de perímetro.

Castiñeiro de Folgueira en Sobrado de Picato (lugo). Imaxe de 1949.

Page 102: As árbores: morfoloxía, especies

Cada ano elimínanse 15 millóns de hectáreas de bosque, a un ritmo de 38 Ha por minuto. De seguir así os grandes bosques tropicais terán desaparecido dentro de 50 anos.

Page 103: As árbores: morfoloxía, especies

“Cunha árbore pódense facer un millón de mistos. Cun misto pódense matar un millón de árbores”

Cada día de verán quéimanse en Galiza perto de 30 ha de monte que tarda un mínimo de 25 anos en recuperarse.

Page 104: As árbores: morfoloxía, especies

Non quero que o lumedestrúa e aniquile a miña carnena que, ás veces, cantou namorada a cotovía.Somente son terra.Só desexo ser terra,mesturarme coa terra,perderme, confundirme,no silencio da terra.e pídolle,con todo o meu ser, á terra miña nai,que sexa xentil comigo

Manuel María

Page 105: As árbores: morfoloxía, especies

QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR AS ÁRBORES E OS BOSQUES -Respectar á arbore como ser vivo e aos elementos dos que depende (solo, aire, auga...).-Evitar condutas que poidan ocasionarlles danos (facer lume...).-Non deixar pegadas do noso paso polos bosques.-Non usar madeiras de bosques nin de especies amenazadas.-Usar moderadamente as leñas, madeiras e carbón vexetal.-Usar papel reciclado e aproveitalo ao máximo. Reducir o consumo en embalaxes e envoltorios.-Aprender a coñecer as nosas árbores e bosques. Valorar as especies autóctonas.-Facerlle un espazo ás árbores nas vilas e cidades.-Colaborar coas persoas e institucións de defensa da natureza.-Plantar árbores.

Page 106: As árbores: morfoloxía, especies

ESPAZOS PROTEXIDOS: Fraga de Caaveiro, Devesa de Rogueira, Aciñeiral de Cruzul, Sobreiral do Arnego...

ÁRBORES PROTEXIDAS:Monumentos naturais: eucaliptos de Chavín (Viveiro), castiñeiros de Catasós, carballo da Rocha (A Saínza), castiñeiros de Rozabales (Manzaneda).

No catálogo de árbores senlleiras de Galiza están inscritos 146 exemplares e 31 agrupacións.

A PROTECCIÓN DAS ÁRBORES E OS BOSQUES EN GALICIA

Carballa da Rocha (Rairiz da Veiga)

Page 107: As árbores: morfoloxía, especies

O 21 de Marzo celébrase (desde 1971) o DÍA DA ÁRBORE .

Reforestación veciñal dunha zona queimada

Page 108: As árbores: morfoloxía, especies

O albre é o símbolo do señorío espiritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre danos a froita, que é un manxar composto polo mesmo creador, para regalía do noso paladar: o derradeiro ben que nos quedou do Paradiso perdido.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.O albre danos a sombra fresca no verán e quentura garimosa no inverno.O albre danos as trabes, o sobrado e as portas da casa. Danos a cama, o almario das sabáns e a artesa do pan. Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra.O albre danos o papel barato que nos trae a decotío as novas do que pasa no mundo.Val máis unha terra con albres nos montes que un estado con ouro nos bancos.A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o estado unitario.O albres son as minas galegas que nós saberemos explotar cando a nosa terra sexa nosa.A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da colectividade.Na nosa terra danse os mellores albres.O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar.

(Castelao, “Sempre en Galiza”, 1937)

Page 109: As árbores: morfoloxía, especies

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta, InternetDEBUXOS: Mon Daporta Setembro 2015