as nosas árbores 2007 2008

1
AS NOSAS ÁRBORES Hai moito tempo -alá polo 2004- os alumnos e alumnas do centro decidiron facer un libro titulado O libro dos nomes e das árbores (os lectores da revista saberedes de que falamos), no que recollían a orixe e o significado dos nomes e apelidos de todos, e buscaban a árbore celta que guiaba os seus destinos. Non contentos con ese traballo quixeron plantar as “súas árbores” ao redor do instituto. Agora todos os alumnos que chegan novos ao centro teñen que seguir elaborando o libro cos seus datos e coidando as árbores. Este ano conseguimos poñer un cartel para saber a localización das árbores que forman este noso “pequeno xardín”. Nel aparecen as árbores debuxadas, as datas para identificar a túa árbore, e un poema de R. Tagore moi bonito. Para colocalo tivemos que elixir un lugar visible, e decidímonos pola porta que está cerca da entrada, pintámola de vermello e logo colgámolo. Pintando Todo é moi bonito, pero ten a parte dura. No mes de febreiro removémoslles a terra cos sachos e quitámoslles as malas herbas. Aproveitamos para cortar as pólas secas , as “guías” que non deixan medrar a árbore coa axuda dunha tesoira especial para podar. Logo recollemos as pólas cortadas, as malas herbas e botámolas nun lugar para que servisen de esterco nun futuro. Sachando e podando Foi unha bonita experiencia que, por sorte, podemos repetir cada ano varias veces. Non vexades o que ven os nosos ollos: a figueira xa ten cinco figos, as abeleiras están... ¡Ah! Tamén lles puxemos a súa identificación, mirade o “ noso pequeno xardín” Alba e o seu álamo A faia a abeleira e outras Yara Castro, 2ºESO

Upload: radiorasca

Post on 11-Apr-2017

159 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: As nosas árbores 2007  2008

AS NOSAS ÁRBORES Hai moito tempo -alá polo 2004- os alumnos e alumnas do centro decidiron facer un libro titulado O libro dos nomes e das árbores (os lectores da revista saberedes de que falamos), no que recollían a orixe e o significado dos nomes e apelidos de todos, e buscaban a árbore celta que guiaba os seus destinos. Non contentos con ese traballo quixeron plantar as “súas árbores” ao redor do instituto. Agora todos os alumnos que chegan novos ao centro teñen que seguir elaborando o libro cos seus datos e coidando as árbores.

Este ano conseguimos poñer un cartel para saber a localización das árbores que forman este noso “pequeno xardín”. Nel aparecen as árbores debuxadas, as datas para identificar a túa árbore, e un poema de R. Tagore moi bonito. Para colocalo tivemos que elixir un lugar visible, e decidímonos pola porta que está cerca da entrada, pintámola de vermello e logo colgámolo.

Pintando Todo é moi bonito, pero ten a parte dura. No mes de febreiro removémoslles a terra cos sachos e quitámoslles as malas herbas. Aproveitamos para cortar as pólas secas , as “guías” que non deixan medrar a árbore coa axuda dunha tesoira especial para podar. Logo recollemos as pólas cortadas, as malas herbas e botámolas nun lugar para que servisen de esterco nun futuro.

Sachando e podando

Foi unha bonita experiencia que, por sorte, podemos repetir cada ano varias veces. Non vexades o que ven os nosos ollos: a figueira xa ten cinco figos, as abeleiras están... ¡Ah! Tamén lles puxemos a súa identificación, mirade o “ noso pequeno xardín”

Alba e o seu álamo A faia a abeleira e outras

Yara Castro, 2ºESO