uxio sen efectos
Post on 23-Jun-2015
456 Views
Preview:
TRANSCRIPT
17 de maio de 2010Día das Letras Galegas
Ola, son o cuco Fuco e vou axudarche a que coñezas ao meu amigo Uxío Novoneyra.
Uxío era poeta e escribiu moitos poemas sobre a súa terra, o Courel e os animais que vivimos nela. Este é un poema que me adicou a min.
CANTA O CUCO CALA E CANTA
DOS CASTIÑEIROS DO VAL.
PASA O TEMPO E NON DI NADA
E VOLTA O CUCO A CANTAR.
Uxío naceu o 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda, unha aldea do Courel.
O Courel é unha zona montañosa da provincia de Lugo.
Os seus pais eran labregos.
PACEN AS VACAS
NA NABAREGA.
TREME A PEQUENA
QUE VAI COÉLAS.
FEBREIRO CHOVE
FEBREIRO XEA
FEBREIRO NEVA
NEVE LIXEIRA…
En Lugo estuda o bacharelato e en Madrid comeza os estudios universitarios. Anos máis tarde volve a Galicia, a Santiago de Compostela.
Uxío casou con Elva e tivo tres fillos cos que viviu en moitos lugares.
Pero onde máis lle gustaba vivir era no Courel, aínda que neste sitio durante o inverno vai moito, moito frío.
CAI A NEVE CAI CAI
FALOPIÑA A FALOPIÑA
NIN O VENTO A ARREMUIÑA
NIN A AUGA A DESFAI.
Traballou na radio e na televisión, pero o que máis lle gustaba era escribir, sobre todo poesía. Chegou a facer traducións de moitos idiomas, mesmo do chinés.
Uxío foi presidente da Asociación de Escritores en Linga Galega. Coñeceu a moitos escritores e escritoras como María Mariño, Ramón Piñeiro, Manuel María…
Este é outro dos seus poemas.
CHEGA A HORA DE IRSE Á CAMA.
O LUME XA NON DÁ FUME
NIN CHAMA.
TRAS TANTAS COUSAS CONTADAS
VAN INDO ACABADAS
AS GANAS DE FALAR.
O OLLO DO LUME
XUNTA NUNHA AS MIRADAS…
QUEDA A BRASA DAS RAGOADAS
AMONTOADA NO LAR.
Faleceu en Santiago de Compostela un 30 de outubro de 1999.
top related