salvar un libro

Post on 13-Jul-2015

388 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Boas tardes. Interrompemos a programación para informalos dunha nova de última hora.Algo insólito está a acontecer nas bibliotecas galegas. Damos paso á nosa enviada especial para que nos explique con detalle o que está sucedendo.

Boas tardes. Estamos en Barallobre, nun colexio da provincia de A Coruña. Aquí foi un dos lugares onde aconteceron os feitos. Nas bibliotecas de Galicia están desaparecendo os libros!!

Temos en directo a Pablo, un alumno do centro que di saber algo. Cóntanos Pablo, que viches?

Ola a tod@s!Eu estaba tan tranquilo collendo un libro cando de súpeto…. Escoitei un ruído moi raro! Deume medo e agocheime entre os estantes.

Pero iso que é!!Espero que non me vexa!!

Dende alí puiden ver coma un ser cabezón e con cornos se achegaba aos estantes e collía libros. E … non lle valía calquera! Polo que dicía encántanlle os que están escritos en galego.

Este non me vale…Este si que debe de estar bo!!

Ñam, ñam, ñam,…Que boas están as palabras galegas!!Amorodo, axóuxere, galopín,….Deliciosas!!

Pero que fartiño vou!! Irei dar unha volta.

Despois de comer seis ou sete libros, dixo que polo momento que estaba farto que ía dar unha volta e marchou. E iso é todo o que sei.

Como solución a este problema, os nen@s deste colexio decidiron gardar baixo chave todos aqueles libros que lles gustan e que non queren perder. Polo de agora isto é todo o que sabemos Pedro.

Grazas Christelle. Dende aquí facemos un chamamento a tódolos cidadáns. Se alguén ve a esta misteriosa criatura comuníquenllo de contado á policía. Sen a súa colaboración os libros galegos corren un serio perigo. Moitas grazas e boas tardes.

top related