lois pereiro

Post on 08-Jul-2015

350 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

LOIS

PEREIRO

Lois Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958. Foi un escritor e poeta en lingua galega ao que neste ano 2011 se lle adica o Día das Letras Galegas.

Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos.Ao finalizar COU marchou a Madrid, onde estudou Ciencias Políticas e Socioloxía.

Anos despois, nesa mesma cidade, estudou a lingua inglesa, francesa e alemá. Tamén foi en Madrid onde fundou a revista Loia con Antón Patiño, Manolo Rivas e o seu irmán, Xosé Manuel Pereiro.

En 1981 mudouse á Coruña onde se

uniu á revista La Naval. Nesta época

tamén participou en varias antoloxías

como De amor e desamor e colaborou

en revistas como Trilateral ou Luzes

de Galiza. Esta última publicaría en

1997 os oito capítulos da novela corta

Náufragos do Paradiso.

En 1983 e 1987 viaxou xunto con Fernando Saco por toda Europa. Nesta experiencia traballou como tradutor de alemán, francés e inglés, linguas que estudara anteriormente.

A imaxe de Lois Pereiro é reflexo da súa actitude fronte á vida: esgazada, crúa e espida coma os seus versos. Estes elementosdeterminaron o mito marxinal e cosmopolita que o poeta personifica. A autodestrución, a desolación, a morte, son os temas predominantes na súa poesía.

O seu primeiro libro publicado reflicte xa unha tendencia etiquetada como punk, moi presente na súa vida.

As características son unha actitude certamente existencialista, de sarcasmo esmagador e corrosivo, á autodestrución e á morte.

Lois Pereiro publicou unicamente dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 en 1992 e Poesía última de amor e enfermidade en 1995.

En 1996, o ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, onde se recollen obras da época madrileña e que contén un ensaio.

NarcisismoSigo os pasos do sangue no meu corpo

e coa unlla do meu dedo máis firme

abro un sulco vermello en media lúa

na vea que me acolle tan azul.

Este poema identifica a sangue coa morte e coa dor.

Nos poemas de Lois Pereiro, este sentimento, o decadentismo, é moi común.

En numerosas ocasións recompilouse toda a obra de Lois Pereiro por diferentes escritores e xornalistas para que toda a súa traxectoria non quedara esquecida.

Respecto ás causas da morte do célebre escritor, a pesar de padecer a sida, Lois tamén sufría unha insuficiencia hepática, e a súa morte foi causada por unha intoxicacción de aceite de colza desnaturalizado.

Algunhas páxinas web onde podes informarte sobre este autor son:

-www.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro

-www.loispereiro.blogaliza.org/.../recital-de-3-poemas-de-lois-en-galego

AUTORA DO TRABALLO

Nuria Bello Barral

3º ESO B

Lingua e Literatura Galega

Curso 2010-11

IES de Curtis

top related