hermanager humor

Post on 13-Aug-2015

193 Views

Category:

Travel

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

18 LECERGaLiCia hoxEDoMiNGo 5 DE xUÑo DE 2011

Ola meus (que pontevedrés e/ou posesivo me sinto hoxe)!!Aquí estou, un domingo máis, quitándolle punta á realidade e deixan-do ao descuberto as curiosidades deste curioso país.

Días atrás, practicando o saudable costume de camiñar, o “ir andar” nacional popular para entendernos, atopei esta singular estampa nun-ca rúa de Ribas do Sil (San Clodio). Por certo, esta fin de semana cele-bran a Festa da cereixa e do aceite na praia fluvial. Volvendo ao conto, nesta vila decateime unha vez máis que Galicia is diferent!! Como po-dedes comprobar na foto, hai dous coches aparcados, un invadindo a beirarrúa e outro invadindo a calzada. Os competentes encargados das obras deixaron ese pequeno espazo, entre a liña descontinua e a beirarrúa, supostamente para poder estacionar. Semella máis unha beiravía cunha zona de estacionamento, non vos parece?

Nos concellos haiche moito enxeñeiro do noso señor…Así, pois, fágovos unha pregunta e pídovos que escollades unha das tres respostas suxeridas, a non ser que teñades unha mellor, se fora o caso.

A cal dos dous vehículos multariades?

a) Ao gris por invadir a beirarrúa, lugar reservado para os peóns.b) Ao coche negro por invadir a calzada e poñer en perigo a circula-ción.c) A ningún dos dous. Que culpa teñen eles?

Espero as vosas contestacións: hermanagerproducciones@gmail.com

Textos:Xosé ManuelFernández

Hermanagerhumor

E n galego, “de balde” significa sen nada a cambio, gratis. Daquela, “andar de balde” significa facer

algo sen ánimo de lucro, desinteresadamente. Se que-redes, incluso se podería aplicar a facer cousas por amor ao arte... Hoxe en día hai poucas cousas e servi-zos que sexan de balde pois todo ten un prezo e a vida non está como para andar regalando por aí o noso va-lioso tempo. Podemos ser xenerosos nun momento da-do pero tamén debemos valorar o noso traballo na súa xusta medida. Na fraseoloxía galega atopamos dúas

sentencias moi enxebres que ilustran a idea central do aforismo de hoxe:

“De balde andan os cans e rompen a roupa”.“De balde andan os cans e levan pedradas”.Cómpre reparar na segunda frase que, con fina re-

tranca, nos advirte que non é aconsellábel traballar gra-tis. Ás veces, despois de ter feito traballos sen contra-prestación algunha aínda levamos malas contestacións e críticas ferintes. Xa sabedes, todo e tod@s temos un prezo...

ACTUALIDADE

• Coa nova ordenanza municipal, en Barcelona multarán os nudistas por “espido improcedente”.

•Para combater a seca primaveral moitos concellos ga-legos gratificarán as embarazadas que rompan augas nos encoros.

•Nacho Vidal será o escollido para a campaña publicitaria que pagarán as autoridades alemás co fin de recuperar a imaxe e o prestixio do cogombro español.

•Segundo apuntan certas investigacións, o empresario lucense Jorge Dorribo estaba engordando o seu patri-monio grazas ao consumo de “IGAPEína”.

•Galicia xa presume de superávit... para presumir de “su-perave” teremos que seguir esperando.

•Indignación: Ver como se ataca os acampados críticos e como se deixa campar ás súas anchas á banca, aos em-presarios corruptos e aos malos gobernantes.

FRASELOXÍA NACIONAL POPULAR

Andar de baldeCURIOSIDADES

CHISTES PARA TWITER E FACEBOOK

• Un orfo qUe pasa moita calor sería feliz cUn “pai pai”.

• o medicamento qUe máis engorda é o “pancetamol”.

• marchoU a italia e casoU cUn adiñeirado gondoleiro. disqUe se trata dUn matrimonio de “convenecia”.

•os peregrinos cataláns son diesel... andan moito pero consomen poUco.

• son pigmentos de padrón, Uns pintan e oUtros non.

• o lUgar de china onde se concentran máis afeccionados á lectUra é o “templo de Xa o lin”.

• a cidade galega preferida dos presos é “celanova”.

top related