gymkana 5 froitas ao día

Post on 24-Jul-2015

1.179 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

5 FROITAS AO DÍA

PROXECTO ALIMENTACIÓN

EDUCACIÓN FÍSICA 1º DE PRIMARIA

Susana Esmorís Fernández.

GYMKANA 5 FROITAS AO DÍA

1ª PROBA: Mediante unha carreira de relevos, naque tiñan que correr arredor do ximnasio; cada equipo tivo que conseguir 6 pezas para formar un puzzle.

Ao montanlo, debían responder a seguintecuestión:

« Se tomas moitas froitas una boa …………………..

terás»

Xa temos as pezas, agora toca montar o puzzle e

descubrir a palabra secreta.

Se tomas moitas froitas unha boa cara terás!!!

2ª PROBA: A COLLEITA DA FROITA.

Non temos as mesmas frotas durante todo o ano; hai froitas de inverno, froitas de verán,…

Por iso, por equipos cada un debía recoller as froitas que lle correspondían.

Cada equipo tiña que recoller os balóns cacor que lles correspondían. Dispoñían dungran saco para ir almacenando a froita que recoletaban. E, este foi o resultado.

3ª PROBA:

Para todos é coñecido a infinidade de beneficios que nos aportan as froitas. Por iso, mediante este xogo debían formar unha palabra reuníndo as sílabas que a forman.O problema foi que as sílabas estaban agochadas baixoconos e, mediante relevos debían reunilas respetando as seguintes normas:

- Cada relevo só podían destapar unha «seta» - Se a seta contiña unha sílaba da súa cor, levana ao seu

grupo e sae o seguinte xogador.- Se atopan unha sílaba de distinta cor, non a poden coller

e dan o relevo- Se baixo a seta non hai nada, deben volver para dar o

relevo.

4ª PROBA:

O LEMA FINAL: « SE UNHA BOA …………

QUERES TER……………. ……………. AO ……………..

DEBERÁS …………………...»

A resposta estaba de novo agochada. Cada equipo debía reunir mediante relevos, 5 globos.Ao ter tódolos globos, podían comprobar que dentro tiñan pequenos papeles que lles darían a resposta así que, non quedou máis remedio que petar os globos. Cada un tivo que facer como podía.

Ao reunir os papeles tiñan que comprobar que conseguiran 5 diferentes e, senón intercambialos con outro equipo. Antes de pegar as etiquetas debían comprobar se tiña sentido o oración ou non.

RESOLUCIÓN DO LEMA

CHEGOU O FINAL E, DADO QUE A GYMKANA FUNCIONOU XENIAL CADA UN RECIBIU UN PEQUEÑO DIPLOMA POLA SÚA PARTICIPACIÓN.

top related