formas do relevo

Post on 05-Jul-2015

77 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Percorrido polas principais formas do relevo que podemos atopar

TRANSCRIPT

FORMAS DO RELEVO

Unha cordilleira é unha sucesión de montañas enlazadas entre sí . O Himalaia é unha cordilleira, o Everest unha montaña. Unha cordilleira é maior que unhaSerra.

1

SERRA DOS ANCARES, LUGO

ADELA LEIRO-CC-BY-SA

Un macizo é un conxunto compacto de montañas, que está formado por rochas antigas e duras que a miúdo atópanse fracturadas. Na foto aparece o Macizo Central galego que forma parte á súa vez do Macizo Galaico.

MACIZO

CENTRAL

ADELA LEIRO-CC-BY-SA

Unha depresión é unha zona do relevo terrestre situada a unha altura inferior que as rexións circundantes. Na foto aparece representada a Depresión do Guadalquivir, con que cores?

3

Un val é unha chaira entre montañas. Pode ter unha forma en U, orixinada a partir da erosión dun río, val fluvial ou en U; orixinadoa partir da erosión dun glaciar. Na foto río Conso, Ourense

ADELA LEIRO-CC-BY-SA

Un glaciar é un río de xeo.

Foto: Glaciar dos Alpes

franceses

5

Val glacial con forma de U. Val de Leh, India

6

Unha Chaira ou planicie é unha gran estensión de

terreo chá, sen elevacións. Foto: Pampa arxentina.

7

Unha meseta é unha zona alta e chá. Foto Utah, EEUU

8

ÁREAS MONTAÑOSAS

MON DAPORTA-CC-BY-SA

PARTES DUN RÍO

MON DAPORTA-CC-BY-SA

Un afluente é unha corrente de auga que vai desembocar

noutra principal. Foto: Ríos noruegos

11

Os meandros son as curvas que describe o curso dun río,

especialmente no seu tramo máis baixo, cando hai pouca pendente e

predomina a sedimentación de materiais. Foto: río Cauto en Cuba

12

Un río forma un canón cando se encaixa fortemente nos materiais do

lugar por onde discorre. Foto: Canón do río Sil, Galicia

ADELA LEIRO-CC-BY-SAADELA LEIRO-CC-BY-SA

Un encoro é unha construción

que se fai nun río e que impide

o paso da auga, coa finalidade

de que esta se acumule, e

poida ser aproveitada como

suministro para consumo nas

cidades ou nos regadíos, ou

tamén para producir

electricidade. Foto: presa de

Hoover en Nevada, EEUU.

14

Un delta é o territorio

triangular formado na

desembocadura dun

río, mediante a

acumulación de

sedimentos que se

depositan a medida

que a corrente do río

vai desaparecendo.

Foto, delta do río

Nilo, Exipto

15

Unha ría é un val fluvial asolagado polo mar. Na foto ría de Cée e

Corcubión, Galicia

ADELA LEIRO-CC-BY-SA

Un fiordo é un val glacial

asolagado polo mar. Na foto

fiordo noruego

17

Un esteiro (estuario en castelán) é unha zona de costa onde

desemboca un río e acumúlanse gran cantidade de sedimentos. Esta

área queda cuberta pola preamar. Foto: Esteiro do Umia, Cambados

ADELA LEIRO-CC-BY-SA

Unha fervenza é un

desnivel brusco no leito

dun río onde se precipita

a auga. Foto: Salto del

Ángel, Venezuela, a

fervenza máis alta do

planeta, supera os 1000

mtrs de caída.

19

Un lago é unha masa considerable de auga, de maior ou menor

profundidade, rodeada de terra e non comunicada directamente co

mar. Foto: lago en Nova Zelanda

20

Debuxo: Mon DaportaMON DAPORTA-CC-BY-SA

Unha península é unha

porción de terra

rodeada de auga por

todas as partes menos

por unha, que a une ao

continente. Na foto

Península da Baixa

California, México

22

Un cabo é unha parte da costa que penetra no litoral. Foto: Cabo

en Cornwall, Inglaterra

23

Un golfo é unha entrada do mar na terra, normalmente de forma

arredondada. Unha badía é similar a un golfo pero máis

pequena. Foto Golfo de Gabès, Túnez

24

Unha badía é algo máis pequena cun golfo.

Foto: badía de San Sebastián, País Vasco.

25

Os cantís son terreos

abruptos, de forte

pendente.

Foto: Cantís nas

proximidades do Cabo

Ortegal, A Coruña

ADELA LEIRO-CC-BY-SA

Unha illa é unha porción de terra rodeada de

auga por todas partes. Foto: Illa do

arquipélago das Fidxi, Océano Pacífico

27

Un arquipélago é un conxunto de illas máis ou menos

próximas. Foto: imaxe de satélite das Illas Canarias

28

Un Atol (atolón en castelán) é unha Illa de arrecifes de

coral en forma de anel, que ten unha lagoa no seu interior.

Foto: Illa no Pacífico (Tokelau)

29

PLATAFORMA CONTINENTAL TÁMARA

CONTINENTAL

CHAIRA

ABISAL

A plataforma continental é o perímetro estendido de cada continente, que

queda cuberto por mares pouco profundos. A plataforma nace na liña da

costa e esténdese ata a támara continental, forte desnivel que dá paso á

chaira abisal. Foto: Golfo de México visto en 3D

30

Unha duna é un monte de area formado pola acción do vento nos

desertos e nas praias. Foto: Dunas móbiles de Corrubedo, Galicia

ADELA LEIRO-CC-BY-SA

Unha Albufeira (palabra de orixe árabe) é a palabra coa que

se coñece unha lagoa litoral de auga salgada ou

lixeiramente salobre. Está separada do mar por unha lingua

ou barra de area pero en comunicación con este por un ou

máis puntos. Foto: Lagoa litoral situada ao pé do Monte

Louro, Muros, A Coruña

LAGOABARRA DE AREA

MAR

ADELA LEIRO-CC-BY-SA

Un tómbolo é o Istmo de area que une ao continente

o que antes fora unha illa ou illote.

Foto: tómbolo nunha illa grega

33

Unha marisma é un terreo baixo situado na desembocadura dun río

que queda inundado cando sobe a marea e está sempre encharcado

e cheo de lama. Foto: Marismas do Guadalquivir, Huelva

34

REFERENCIA DAS IMAXES QUE NON SE INDICAN NA PROPIA

DIAPOSITIVA

1- DOMINIO PÚBLICO- WIKIMEDIA COMMONS

3- JUAN PEDRO RUÍZ CASTELLANO- CC-BY-SA

5- GFDL- WIKIMEDIA COMMONS- CC-BY-SA

6- DAN HOBLEY- WIKIMEDIA COMMONS- CC-BY-SA

7- JAVIER GABRIELLI- WIKIMEDIA COMMONS-CC-BY-SA

8- QFL247- WIKIMEDIA COMMONS-CC-BY-SA

11- PEPPIGUE- WIKIMEDIA COMMONS -CC-BY-SA

12- DOMINIO PÚBLICO -WIKIMEDIA COMMONS

14-MIKANO- WIKIMEDIA COMMONS- CC-BY-SA

15- DOMINIO PÚBLICO- WIKIMEDIA COMMONS

15- Frédéric de Goldschmidt- WIKIMEDIA COMMONS- CC-BY-SA

19- POCOAPOCO- WIKIMEDIA COMMONS -CC-BY-SA

20- RICHARD PALMER- WIKIMEDIA COMMONS- CC-BY-SA

22- DOMINIO PÚBLICO- WIKIMEDIA COMMONS

23- TOM CORSER- WIKIMEDIA COMMONS -CC-BY-SA

24- DOMINIO PÚBLICO- WIKIMEDIA COMMONS

25- Hynek Moravec; modified by Generalpoteito- WIKIMEDIA COMMONS- CC-BY-SA

27- DOMINIO PÚBLICO- WIKIMEDIA COMMONS

28- DOMINIO PÚBLICO- WIKIMEDIA COMMONS

29- DOMINIO PÚBLICO- WIKIMEDIA COMMONS

30- DOMINIO PÚBLICO- WIKIMEDIA COMMONS

33- TBC-WIKIMEDIA COMMONS- CC-BY-SA

34- ULTRATOMIO-WIKIMEDIA COMMONS- CC-BY-SA

Dereitos de autor

Formas do relevo. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza:

Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel

Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenza

Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0

España.

Créditos e autoría:

Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos

con licenza CC-BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza

creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de

recursos educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao

dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos

diversos de diferentes páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa

licenza ao pé dos propios recursos, que manteñen integramente.

Outras licenzas:

Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa

propia licenza, sinalada en cada caso.

top related