dossier final gfff - galicianfreakyfestival.com · na tvg, fixémonos un oco tanto no telexornal...

Post on 02-Mar-2020

5 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Estimadx Colaboradorx, Despois de meses de traballo, o pasado 27 de outubro demospor rematada a #1 edition do Galician Freaky Film Festival. Poder realizar un evento cultural destas características supóno traballo e a implicación de numerosas persoas, institucións eempresas, as cales  aúnan os seus recursos para outorgarllevida propia a un proxecto no que cren. Grazas á túa axuda a última edición do noso festival foi quende acadar o obxectivo que se propusera, este era: crear unfestival de cinema freak e underground de referencia non sona cidade senón tambén no ámbito galego.  Para conseguilo o festival desenvolveu unha serie deactividades nas que destacamos:

CINEMAA programación constou de 38obras divididas en 7 bloques.Agrupadas por nacionalidade epor temática, expuxéronsetraballos de orixe galega,nacional e internacional, e dexéneros como o humor, o terrorou a ciencia ficción, todo dentrodo que consideramos "freak" ouserie B.

01

MÚSICAO xoves,  Joao Tombaaparecéusenos a través docorpo de Indy Tumbita paraensinarnos o verdadeirocamiño do Rock and Rolldurante a inauguración dofestival. O sábado, como broche final,Alfeizar levounos á súa goridado amor. Coa súa líricacomarcal, o dúo viguésconseguiu que o festivalterminase no máis alto.

02

ARTEJosef Méndez, coñecido artistade "Horror Art" expuxo unhavintena das súas obras naSala  Videodrome durante ostres días do Festival. Os monstros e seres máiscoñecidos do cinema deciencia ficción e terror detodos os tempos cubriron asparedes da sala,converténdose no espazo deencontro perfecto entre unhaproxección e a seguinte. Ademais, puidemos gozardurante dúas xornadas de vercomo pintaba in situ dúasobras novas. 

03

NOSTALXIACatherine e Eileen foron asdúas máquinas recreativasque conviviron connosco naSala e que fixeron as deliciasdos más nostálxicos dosvideoxogos. 

04

PERFORMANCE (1)Un ano máis contamos coacolaboración de RicardoSpencer, artista de efectosespeciais. Xunto aos actores RonyFlamingo e Suso Cortegosorecrearon escenas da serie"The Walking Dead". Na  performance non faltaronos disparos nin as grandesdoses de sangue e miolos.

05

PERFORMANCE (2)Doutra banda, o nosoFrontman, o Home Elefante,paseouse durante os tres díasdo festival pola SalaVideodrome, charlando conpúblico e convidados. Seres doutras galaxiasasolagaron a sede do festivalamenizando os intervalosentre unha proxección e outra.

05

CHARLASO chamamento que fixo ofestival aos artistas dounderground, xunto coapotente imaxe gráfica domesmo, fixo que algúns dosdirectores das obras que seproxectaban achegásense ataVigo para gozar do festival. Isto permitiu que antes edespois de varias proxecciónspuidésense realizar coloquiosentre eles e o público.

06

O Galician Freaky Film en cifras

3 +800 DÍAS

3 PREMIOS

38 CURTASESPECTADORES

Espazos de Visibilidade dos Colaboradores

Soportes Gráficos: Photocall/Roll-Up

Situado de forma fixa noentrada a SalaVidedrome.

Cartelería e Impresións: Carteis A1 e A3

500 unidades repartidas porrúas, locais e negocios da cidade,e na sede do festival.

Cartelería e Impresións: A3 Concertos

100 unidades repartidas porrúas, locais e negocios da cidade,e na sede do festival.

Cartelería e Impresións: Programa de Man

Folleto con toda a informaciónda programación do festival e da que imprimíronse 800 copiasque se repartiron a cada un dosasistentes ao evento, e en locaise engocios da cidade. Aparición na portada.

Cartelería e Impresións: Programa de Man

Folleto con toda a informaciónda programación do festival e da que imprimíronse 800 copiasque se repartiron a cada un dosasistentes ao evento, e en locaise engocios da cidade. Aparición na contraportada.

Cartelería e Impresións: Flyer

Panfleto que se utilizou parapromocionar o festival semanasantes do comezo do evento. Imprimíronse 1,500 unidadesque se repartiron de formamasiva por negocios e locais dacidade. 

Redes Sociais (I): Facebook

Mención e vinculación ás súas respectivas redes sociais.

Redes Sociais (II): Instagram

Mención e vinculación ás súas respectivas redes sociais.

Redes Sociais (III)

Mención e vinculación destacada e exclusiva ás súas respectivas redes sociais.

Web

Aparición do logotipo da marca de forma estática e fixa na web: https://galicianfreakyfestival.com/

Cobertura do Evento

PRENSA E MEDIOS DIXITAIS

Outros medios que se fixeron eco dasnosas aventuras foron: Cinema Galego, Comunicación Galicia,Cultura de Galicia, Diario de Pontevedra,Galicia Digital, Galicia é, Galicia.info,Noticias Vigo, Ocio en Galicia, ¿Qué haceren Vigo?, Revista Cousas, Vigo al Minuto,Vigo Film Office e Xornal de Galicia entreoutros.

RADIO E TELEVISIÓN

Cadena Ser - Radio Vigo difundiu a palabra  freak envarias ocasións sobre todo no programa "Vigo, Hoy porHoy". Tamén difundiron a nosa palabra en Radio Galegae Onda Cero. Na TVG, fixémonos un oco tanto no Telexornal como noprograma cultural  ZigZag. En Localia- Televigo os informativos cubriron as nosasnoticias en varias ocasións, ademais de que noprograma "Plató Abierto" foron entrevistados o HomeElefante (Óscar Suárez/programador) e o director docertame, Juan de Castro.

De novo queremos agradecerche a túa confianza e apoio neste proxecto e naspersonas que o fan posible. 

A nave do Galician Freaky Film Festival retorna ao seu planeta. Volveremos

aterrar en Vigo moi pronto. Coa túa axuda será posible!

Para calquera dúbida ou información adicional contáctanos: info@galicianfreakyfestival.com

/GalicianFreakyFilmFestival /galicianfreakyfilmfest

top related