coplas dos maios 2012
Post on 20-Jul-2015
609 Views
Preview:
TRANSCRIPT
COPLAS DOS MAIOS 2012
Nenas e nenos de 3ºPrimaria
A nai natureza
coas súas frores,
traen para os maios
moitas, moitas cores.
Este ano os maios
veñen moi mollados,
se non para de chover
non poderemos pasealos.
Os nenos de terceiro
somos moi revoltosos,
pero todos temos
corazóns fermosos.
Hai que estudar moito
se queres aprobar,
os profes deste ano
non nos deixan descansar.
No cole de Allariz
non nos chegan as aulas,
pero cos recortes
teremos que arrendalas.
No patio do colexio
xogamos coma tolos,
pero nas clases
olvidámonos de todo.
O noso director
é unha pasada,
pero se nos expulsa
xa non mola nada.
Os recortes chegaron
a educación,
o ano que ven
sen calefacción.
O señor Rajoy
fai moitos recortes,
pero nós só queremos
diñeiro para o bote.
Os nosos país
queren traballar,
pero D. Rajoy
só os fai chorar.
Por tanto recorte
e reforma laboral,
as nenas e nenos
queremos protestar.
Os políticos prometen
arranxar a economía,
pero entre eles
fan moitas tonterías.
As fragas do Eume
estaban protexidas,
pero co lume
quedaron moi perdidas.
Xa está rematando
este noso cantar,
para o ano que ven
voltaremos protestar.
top related