coplas dos maios 2012

3
COPLAS DOS MAIOS 2012 Nenas e nenos de 3ºPrimaria A nai natureza coas súas frores, traen para os maios moitas, moitas cores. Este ano os maios veñen moi mollados, se non para de chover non poderemos pasealos. Os nenos de terceiro somos moi revoltosos, pero todos temos corazóns fermosos. Hai que estudar moito se queres aprobar, os profes deste ano non nos deixan descansar. No cole de Allariz non nos chegan as aulas, pero cos recortes teremos que arrendalas.

Upload: ticspadrefeijoo

Post on 20-Jul-2015

609 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Coplas dos maios 2012

COPLAS DOS MAIOS 2012

Nenas e nenos de 3ºPrimaria

A nai natureza

coas súas frores,

traen para os maios

moitas, moitas cores.

Este ano os maios

veñen moi mollados,

se non para de chover

non poderemos pasealos.

Os nenos de terceiro

somos moi revoltosos,

pero todos temos

corazóns fermosos.

Hai que estudar moito

se queres aprobar,

os profes deste ano

non nos deixan descansar.

No cole de Allariz

non nos chegan as aulas,

pero cos recortes

teremos que arrendalas.

Page 2: Coplas dos maios 2012

No patio do colexio

xogamos coma tolos,

pero nas clases

olvidámonos de todo.

O noso director

é unha pasada,

pero se nos expulsa

xa non mola nada.

Os recortes chegaron

a educación,

o ano que ven

sen calefacción.

O señor Rajoy

fai moitos recortes,

pero nós só queremos

diñeiro para o bote.

Os nosos país

queren traballar,

pero D. Rajoy

só os fai chorar.

Page 3: Coplas dos maios 2012

Por tanto recorte

e reforma laboral,

as nenas e nenos

queremos protestar.

Os políticos prometen

arranxar a economía,

pero entre eles

fan moitas tonterías.

As fragas do Eume

estaban protexidas,

pero co lume

quedaron moi perdidas.

Xa está rematando

este noso cantar,

para o ano que ven

voltaremos protestar.